2

Click here to load reader

Boletin xuño 2015 nº 182

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletin xuño 2015 nº 182

BOLETIN PARROQUIALNº 182 - Xuño 2015

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

VODAS DE PRATA PARROQUIAIS

No anterior boletín do mes de Maio invitábavos a unha reflexión ante asvodas de prata parroquiais, reflexión que se centraba nas características

dos vintecinco anos de vida dunha comunidade: madurez, compromiso,

experiencia, o realizado e o non realizado tanto a nivel individual como

colectivo. Remataba o artigo facéndome e facéndovos unha pregunta: ¿Non

vos parece unha boa ocasión, a das vodas de prata, para dar un paso adian-

te para formar parte das diferentes comisións e ofrecerte a servir á comuni-

dade no teu tempo libre?

Pois ben, o primeiro gran acto desta celebración, será o 7 de Xuño, ó que

todos estades invitados.

O segundo gran acto será o 4 de outubro, festa de S. Francisco de Asís, o

noso patrón. Ese día celebrarao con nós o noso querido Sr. Arcebispo, D.

Julián. Coincidirá co cume da celebración das vodas de prata e comezo do

curso pastoral parroquial. Previamente teremos a asemblea parroquial pre-

paratoria do novo curso, que será o 19 de Setembro, sábado, en horario de

mañá.

¡Que bo colofón sería, aproveitando a presenza do Sr. Arcebispo, presentar-

lle a todos os colaboradores das diferentes actividades parroquiais e, ó

mesmo tempo, a programación das actividades pastorais no novo curso

2015-2016!

Pensa, comprométete e participa na asemblea de comezo de curso e nagran celebración eucarística, ás 12 da mañá, do día 4 de Outubro e,logo, no compartir no salón de actos da Asociación.

Benjamín

PARROQUIA, EUCARISTÍA E ACOLLIDA

Que a celebración dos 25 anos –VODAS DE PRATA– da parroquia coincida coa

festa de Corpus Christi é unha afortunada coincidencia chea de simbolismo.

O cerne dunha parroquia é o seu templo, o seu referente o altar ou mesa na que

Xesús se ofrece por amor e se nos ofrece como alimento, así como o sagrario no

que permanece como veciño fiel que ás veces, en circunstancias especiais, se nos

ofrece como viático ou alimento para os momentos difíciles ou como amigo para

ser visitado e consultado en oración. Por tanto, a parroquia ven ser un lugar euca-

rístico que nos presenta a Xesús como “camiño, verdade e vida”.

Camiño por ser centro e referente, lugar de encontro e de acollida. No templo con-

flúen todos os camiños.

Verdade porque proclama a Palabra, mantén viva a Fe, alenta a esperanza fronte

ás dificultades da vida e constrúe comunidade e fraternidade.

Vida que nace coa auga bautismal e que se alimenta cos sacramentos, especialmen-

te, co do Corpo e Sangue de Cristo. Pola caridade facilita que os máis débiles

encontren apoio e favor.

Esta forza só se mantén pola presenza de Xesús que permanece entre nós e polo

servizo que a propia comunidade establece para apoiar aos irmáns caídos e facili-

tar a vida aos que teñen dificultades.

A chamada que nos fai Cáritas dentro da súa campaña anual do Día da Caridade:

“Unha soa familia, alimentos para todos”, fainos pensar nunha visión universal

para que nos esquezamos que, segundo a FAO, hai uns 805 millóns de persoas con

fame crónica no mundo, o que constitúe un verdadeiro motivo de escándalo, xa que

sabemos que hai alimentos suficientes para todos e que a fame se debe á mala dis-

tribución dos bens e da renda, problema que aumenta polo mal uso deses bens e dos

alimentos.

A celebración festiva, nesta data tan importante, non pode permitir que nos esque-

zamos do gran papel que xogamos cada cristián, cada familia e cada comunidade.

Pode axudarnos a compréndelo aquela frase memorable do Papa Francisco: “A

medida da grandeza dunha sociedade –nós podémolo aplicar á nosa parroquia–

está determinada pola forma en que trata a quen está máis necesitado, a quen non

ten máis que a súa pobreza”.

A parroquia hase distinguir sempre por ser lugar de celebración eucarística, de fra-

ternidade e de acollida.

Page 2: Boletin xuño 2015 nº 182

Seguro que haberá cambios na con-

cepción pastoral das parroquias, pero

o seu matiz de comunidade viva e

depositaria dunha fe coherente co

Evanxeo, hase manter para dar res-

posta ás necesidades espirituais e

humanas das novas xeracións.

Este ano de celebracións debe axu-

darnos a ir conseguindo unha maior

autenticidade e compromiso cristián.

O sentido de Igrexa mentense vivo

coa presenza, primeiro, do bispo

auxiliar, D. Jesús; nesta data coa pre-

senza do vicario territorial, D. José

Antonio; e na próxima festa de San

Francisco coa presenza do noso arce-

bispo, D. Julián.

Todos xuntos celebramos “unha soafe, un só bautismo e un sóSeñor…”.

PARROQUIA VIVA

5.- Pleno do Consello pastoral

Parroquial, ás 20,45.

7.- Festa de Corpus Christi. Día

nacional da Caridade. XIX aniversa-

rio da consagración do templo parro-

quial e celebración das vodas de

prata parroquiais (ver programa

aparte).

13.- Viaxe-excursión a Marcelle

Natureza, como fin do curso cate-

quético.

14.- Remata o curso de catequese.

15.- Comeza a preparación intensiva

dos nenos/as da Primeira Comuñón,

ás 7 da tarde.

24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás

20,30.

27.- Celebración do perdón, ás 6 da

tarde

28.- Primeiras Comuñóns, as 12 da

mañá.

5 de Xullo: Primeiras Comuñóns, ás

12 da mañá (en galego).

DÍA DA CARIDADE

Con motivo desta celebración, o Papa

Francisco, anímanos a ser solidarios:

“Encontrámonos ante un escándalo

mundial de case mil millóns de perso-

as. Mil millóns de persoas que aínda

sofren fame hoxe, non permiten mirar a

outra parte, finxindo que o problema

non exista. Os alimentos que hai a dis-

posición hoxe no mundo abondarían

para quitar a fame de todos.

A parábola da multiplicación dos pans

e os peixes ensínanos precisamente

iso: cando hai vontade, o que temos

non se esgota, mesmo sobra e non se

perde.

Por iso, queridos irmáns e irmás, inví-

toos a que fagan un lugar no seu cora-

zón para esta urxencia, respectando

ese dereito que Deus concedeu a todos,

de ter acceso a unha alimentación

axeitada.

Compartamos o que temos, con carida-

de cristiá, con todos aqueles que se ven

obrigados a facer fronte a numerosos

obstáculos para satisfacer unha nece-

sidade tan primaria e, á vez, sexamos

promotores dunha auténtica coopera-

ción cos pobres, para que a través dos

froitos do seu traballo e do noso traba-

llo poidan vivir unha vida digna”.

Só o amor constrúe a paz. Nos Tilos

debemos ser promotores desa paz de

Xesús.

CÁRITASSUPERCELEBRACIÓN

Este mes iníciase –domingo 7– coa

solemne e festiva celebración das

VODAS DE PRATA parroquiais.

Son 25 anos cheos de dificultades,

historias e ilusións desde que un

grupo de fregueses entusiastas se

puxeron en marcha para configurar

unha parroquia desde a súa base

humana e crente.

Entre as primeiras aventuras estivo a

idea de construír un complexo parro-

quial no que o templo fose o elemen-

to central. O proceso construtor

levou un tempo pero rematou con

éxito en tempo récord coa xenerosa

colaboración de todos.

No transcurso destes anos, coa

imprescindible colaboración inicial

dalgún crego e, sobre todo, do noso

párroco Benjamín, foron quen

–todos eles– de contaxiar aquel espí-

rito intrépido aos que nos fomos

incorporando ou foron nacendo den-

tro da propia comunidade.

O camiño segue e estamos seguros

que aínda nos queda moito que facer,

pero tamén confiamos en que o teste-

muño dos que tanto se sacrificaron

dará froito abundante para que os

máis mozos, que tanto recibiron da

parroquia, se incorporen para manter

unha parroquia viva que responda ás

necesidades espirituais e humanas

que demandan uns novos tempos.

ACONTECEMENTOS

Bautismo:

Alejandro Martínez Sánchez, de

Pablo e Beatriz (24-05-2015)