11
A TECNOLOXÍA NA GLOBALIZACIÓN DO CAPITAL E NA HOMOXENEIZACIÓN CULTURAL. Sergio Fernández Alonso http://acovadameiga.net/ https://twitter.com/sergioferal Xa hai tempo que vense oíndo falar da globalización e, sobre todo nos primeiros tempos, como algo positivo. Tense falado tamén moito de que o mundo estase a converter nunha Aldea Global, onde todos podemos acceder a informacións de tódolos recunchos do planeta nun tempo moi corto, así como ter contacto con culturas e habitantes de todo o Globo. Isto pretende ser unha reflexión sobre a complexidade deste tema, os posibles efectos negativos que pode ter (e está tendo) na diversidade cultural do Mundo (e como consecuencia disto tamén os efectos negativos sobre o equilibrio do planeta) e, como a tecnoloxía (unha das principais bandeiras da cultura “depredadora” que está invadindo ao resto), pode ser parte do problema ou da solución. Somos uns paranoicos? Non será para tanto facer chegar a televisión e outras novas tecnoloxías aos países que non as tiñan, ou si? A quen lle interesa que isto ocorra?¿É a tecnoloxía que lles chega axeitada (ou sexa, eficiente, asimilable pola súa cultura e necesaria), ou estanse a crear necesidades artificiais? A información que circula pola Aldea Global, é a real ou está contaminada por certos intereses ? GLOBALIZACIÓN, SÍ, PERO ... DE QUE? Nos últimos tempos obsérvase en tódolos niveis como o entorno económico e institucional é cada vez máis propicio para que se dea unha gran expansión nos procesos de globalización económica (do capital). Isto influíu decisivamente na re- configuración dos procesos produtivos, dos sistemas territoriais que os acompañan e tamén nas estruturas sociais nas que se asentan (xa que os crecementos económicos non son uniformes, contribuíndo á desigualdade social e xeográfica). Todo isto, tal e como funciona o sistema económico predominante, fará que se agudicen os impactos sobre o equilibrio de todo o planeta. Isto basicamente ocorre porque o sistema neoliberal promove a explotación dos recursos cunha perspectiva temporal moi reducida, que non está a dar cabida a conceptos como 1

A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

A TECNOLOXÍA NA GLOBALIZACIÓN DO CAPITAL E NA HOMOXENEIZACIÓN

CULTURAL.

Sergio Fernández Alonso

http://acovadameiga.net/

https://twitter.com/sergioferal

Xa hai tempo que vense oíndo falar da globalización e, sobre todo nos primeiros

tempos, como algo positivo. Tense falado tamén moito de que o mundo estase a

converter nunha Aldea Global, onde todos podemos acceder a informacións de

tódolos recunchos do planeta nun tempo moi corto, así como ter contacto con

culturas e habitantes de todo o Globo. Isto pretende ser unha reflexión sobre a

complexidade deste tema, os posibles efectos negativos que pode ter (e está

tendo) na diversidade cultural do Mundo (e como consecuencia disto tamén os

efectos negativos sobre o equilibrio do planeta) e, como a tecnoloxía (unha das

principais bandeiras da cultura “depredadora” que está invadindo ao resto), pode

ser parte do problema ou da solución. Somos uns paranoicos? Non será para tanto

facer chegar a televisión e outras novas tecnoloxías aos países que non as tiñan, ou

si? A quen lle interesa que isto ocorra?¿É a tecnoloxía que lles chega axeitada (ou

sexa, eficiente, asimilable pola súa cultura e necesaria), ou estanse a crear

necesidades artificiais? A información que circula pola Aldea Global, é a real ou está

contaminada por certos intereses ?

GLOBALIZACIÓN, SÍ, PERO ... DE QUE?

Nos últimos tempos obsérvase en tódolos niveis como o entorno económico e

institucional é cada vez máis propicio para que se dea unha gran expansión nos

procesos de globalización económica (do capital). Isto influíu decisivamente na re-

configuración dos procesos produtivos, dos sistemas territoriais que os acompañan

e tamén nas estruturas sociais nas que se asentan (xa que os crecementos

económicos non son uniformes, contribuíndo á desigualdade social e xeográfica).

Todo isto, tal e como funciona o sistema económico predominante, fará que se

agudicen os impactos sobre o equilibrio de todo o planeta. Isto basicamente ocorre

porque o sistema neoliberal promove a explotación dos recursos cunha perspectiva

temporal moi reducida, que non está a dar cabida a conceptos como

1

Page 2: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

desenvolvemento sustentable (non crecemento sustentable) ou economía social

(conceptos estes últimos que necesitan de tempo para o seu estabelecemento, o

que non é “rendible” en termos neoliberais). Dunha maneira moi simplificada, o que

se está a facer é aproveita-los recursos a un nivel cada vez maior sen ter en conta a

súa reposición nin os custes dos residuos que se deixan (as chamadas

externalidades negativas), que non teñen cabida no ecosistema natural. Ambas

cousas están a rematar coa capacidade de acollida do planeta para a especie

humana (en realidade, para moitas máis especies).

Así pois, as claves dos problemas deste sistema económico veñen dadas pola

insustentabilidade física do mesmo e pola desigualdade social que crea (con

poboación vulnerable sen acceso aos servizos máis básicos sen distinción de

fronteiras xa que, como veremos máis adiante, cando se fala de globalización non

ten sentido falar de fronteiras).

O que se comentou neste apartado foi a globalización económica por parte

dun determinado tipo de modelo de desenvolvemento. Nestes tempos é esta

globalización económica o motor do resto das globalizacións, como a cultural, a

social, etc. Noutros tempos pódese falar de outros tipos de globalización (unha moi

intensa e que tivo moitos efectos na historia da humanidade foi a relixiosa), pero

hoxe todas vense mediatizadas pola Globalización Económica (do capital).

QUÉ SON TODAS ESTAS SIGLAS? A QUEN BENEFICIAN AO FINAL?

Unha das probas máis visibles do avance imparable da globalización

económica é que son cada vez máis as grandes institucións supranacionais as que

comezan a tomar as decisións máis importantes, pero non as toman pensando nas

poboacións máis vulnerables, senón na minoría máis acaudalada e con máis

capacidade de influencia (cartos chaman a cartos). Un exemplo disto foron as

roldas da OMC (Organización Mundial de Comercio). A OMC busca basicamente a

liberalización comercial mundial, de xeito que os estados non lle podan poñer

condicionantes ás empresas que se instalen nos seus territorios (condicionantes por

exemplo de tipo social, como que non podan despedir indiscriminadamente, ou

fiscal como aranceis para a protección de pequenos produtores, se ben se que

poden poñer outro tipo de condicionantes que en xeral favorecen aos países con

máis capital e vantaxe tecnolóxica). Ademais, promoven a liberalización de tódolos

2

Page 3: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

sectores para que sexan regulados por un mercado global (incluídos os que teñen

que ver con servizos básicos das persoas, como acceso a auga, alimentación,

saúde, etc.).

O aumento dos poderes do FMI (Fondo Monetario Internacional), que regula as

condicións das inversións mundiais cada vez a temas máis aló dos estritamente

económicos, e a coordinación cada vez máis estreita nas súas políticas entre o

propio FMI, a OMC e o BM (Banco Mundial), creou un marco de xogo onde as

capacidades de intervención autónoma dos chamados estados-nación (ou sexa, os

países) quedou cada vez máis mermada. Mesmo as Nacións Unidas, onde os países

eran protagonistas, sempre tenderon a adaptarse a nova orde mundial. As

declaracións que fixera Kofi Annan (ex-secretario xeral das Nacións Unidas) a favor

de involucrar ás empresas transnacionais (o que antes se chamaban multinacionais,

empresas que operan en moitos países, agora chámase transnacionais, que

transcenden aos propios países) na gobernabilidade mundial é una mostra clara do

que xa está a ocorrer. Todo isto, a pesar dalgunhas recomendacións de diversos

organismos dependentes da propia ONU desaconsellando incluír moitos dos

servizos básicos aos que ás persoas teñen dereito (segundo a declaración dos

dereitos humanos e moitas declaracións posteriores) nas negociacións da OMC.

As transnacionais queren impoñer o AMI (Acordo Multilateral de Inversións) a través

destas institucións mencionadas. O AMI permitiría a eliminación de calquera tipo de

restrición estatal á compra de terras, recursos (tamén os básicos como xa se

comentou, por exemplo cereais, cunha porcentaxe abrumadora en mans de 4

grandes empresas, as coñecidas como ABCD1) e servizos de toda índole (incluíndo

culturais ou de abastecemento de auga), así como a supresión de calquera clase de

condicionamento á inversión transnacional (como poñer como condición uso de

mano de obra da zona, usos de tecnoloxías apropiadas, repatriación de beneficios,

etc.). Os únicos sectores á marxe do AMI ían ser defensa e policía (pero

indirectamente tamén están comezando a ser controlados polas grandes empresas

de seguridade, que xa se subcontratan cada vez máis para diversos ámbitos e a

tendencia parece crecente2). Ademais, o AMI concede ás empresas e inversores

internacionais a potestade de levar ós gobernos ante un Xurado Arbitral da Cámara

1 http://www.oxfamblogs.org/fp2p/?p=11342 2 http://ccoopolicalocal.blogspot.com.es/2012/05/alemania-se-apunta-la-privatizacion-de.html

3

Page 4: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

de Comercio Internacional, que defende os mesmos intereses que as

transnacionais, e que pode facer que os gobernos teñan que compensar

economicamente ás empresas se considerase que a actuación estatal ten diminuído

a súa capacidade de obter beneficios.

De todo o que se falou até o de agora podemos dicir que o que se está dando

é unha globalización económica, e quen se ve máis favorecido son as institucións

que representan este poder económico: as transnacionais, coa conivencia de

políticos que polo efecto das “portas xiratorias” pasan da política a ocupar cargos

nesas transnacionais e viceversa con gran facilidade. Esta globalización do capital e

da cultura homoxeneizadora hiperconsumista que lle fai o xogo, non leva aparellada

unha globalización dunha conciencia ecolóxica integral do planeta, ou de xustiza

social global para as persoas máis vulnerables (os muros crecen e crecen), nin por

suposto da tecnoloxía, que en demasiadas ocasións serve tanto para manter o

status quo (escalada en tecnoloxía militar ou, no caso do “optimismo tecnolóxico”,

para escudarse en que a tecnoloxía salvará ao planeta a tempo e non fai falta

cambiar o modelo de desenvolvemento), como para usala como fin último case a

modo de “fetichismo”, a felicidade do consumo tecnolóxico como un “ter”, en vez

de usar a tecnoloxía para vivir mellor.

COMO AXUDAN A QUE A BOLA DE NEVE SIGA RODANDO.

O proceso de globalización non só se da por actividades de aqueles que están

máis interesados en que se dea, senón, ás veces, polos desexos de axudar sen

coñecer a realidade dos lugares onde se desenvolven actividades de cooperación

ao desenvolvemento que levan aparelladas procesos de transferencia tecnolóxica

(que son case todos). Así, pódense dar situacións de introdución de novos

materiais, servizos e tecnoloxías que poden desequilibrar o modelo de vida da zona,

crear competencia desleal cos produtores locais ou, en resumo, que se non están

ben planificados e non son sustentables poden crear necesidades, dependencias ou

a inmersión acelerada no sistema occidental sen tempo a adaptarse, o que pode

levar ó exterminio completo de culturas e graves impactos socio-económicos

aumentando a fenda tecnolóxica e as desigualdades. Esta mesma situación pódese

dar de forma interesada por representantes das grandes empresas, pero hai outras

4

Page 5: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

maneiras de axudar a expansión da globalización tecnolóxica vinculada ao modelo

hiper-consumista, unhas máis sutís e outras máis directas.

Un caso de maior sutilidade e a da manipulación da información e o

bombardeo con ideas da cultura occidental ao resto do mundo (facilitado

polo proceso de colonización histórico e as relacións asimétricas metrópole-colonia).

Aquí pode aparecer o debate de que a liberdade de información e de informarse

non se deben coartar. Así, nalgúns réximes integristas, por exemplo, a prohibición

de sintonizar cadeas de radio ou televisión occidentais pode interpretarse máis

como unha maneira de ter controlado o pobo, sen ideas revolucionarias, máis que

como unha maneira de evitar un colonialismo cultural ou consumista (o que

pretenden evitar os gobernantes de estes países é, en efecto, a caída do modelo

que a eles lles interesa, alegando que é parte da súa propia cultura, pero que lles

pregunten, por exemplo, ás mulleres de Irán, que opinan da súa cultura imposta

unha vez que tiveron a ocasión de traballar e pasear pola rúa sen necesidade de ir

cun home, como se conta no cómic, xa un clásico, Persépolis 3). Pero tamén é

preocupante saber que, por exemplo, os nenos latinoamericanos pasen o duplo de

horas fronte a TV que nas aulas ou facendo outras actividades (e os de aquí?). Así a

ninguén lle estraña a desestruturación das culturas tradicionais, provocadas pola

importación de valores de hiperconsumo iniciados no países máis exportadores e

“industrializados”, valores que propoñen como modelo de felicidade xa non a

posesión de bens e servizos e o seu consumo, senón o aumentar cada vez máis

esta posesión e este consumo, sen ter en conta as condicións socioeconómicas que

impiden a igualdade de acceso ós bens nin a limitada capacidade de carga e uso da

Terra. O efecto bumerán estase a ver coa invasión de produtos que se fabrican en

China ou Taiwán, encargados por moitas das empresas transnacionais inicialmente

situadas en países de Europa ou EEUU, pero que non teñen problema en

deslocalizar a súa produción en aras duns maiores beneficios para os seus donos (e

non tanto para a baixada dos prezos), pero que agora xa son “imitadas” por

empresas destes países chamados “emerxentes”.

A outra parte desta invasión nos medios de comunicación ven dada pola

concentración da información en unhas poucas mans. Por exemplo, en 1988 (antes

da revolución de INTERNET), catro axencias de noticias controlaban o 90% da

3 http://es.wikipedia.org/wiki/Pers%C3%A9polis_%28historieta%29

5

Page 6: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

información producida no mundo: dúas dos USA, unha francesa e outra inglesa. Así,

sen dúbida, esta concentración conduce cara unha redución do pluralismo na

comunicación e na cultura (outro dato é, por exemplo, a redución desde o século

XIX até hoxe en día desde 1000 idiomas nativos en Sudamérica a só 200). Trala

revolución de internet a cousa non mellorou demasiado, pero si se abriu unha

posibilidade que antes era máis complexa: así como a imprenta foi unha tecnoloxía

que facilitaba que puideran acceder a escritos e polo tanto a moita información

moitas máis persoas, a tecnoloxía dixital e posteriormente a internet fixo que

calquera poida de xeito bastante sinxelo xerar información e difundila (a pesar da

fenda dixital que aínda existe). Foron, pois, tecnoloxías que eran moi facilmente

utilizables para unha mellora da capacidade das persoas de decidir sobre o seu

modo de vida, a súa soberanía e a súa condición de “cidadáns” ou “cidadás”. Os

debates sobre estas novas tecnoloxías e o seu impacto seguen dando que pensar,

cos temas da privacidade, monopolio de uso de información e dos canais de

internet (con iniciativas centradas en “Internet como ben público” ou a “neutralidade

da rede”4).

Pero ¿é posible ademais o control do pensamento a escala planetaria? Hai

quen pensa que si, e ven nos medios de comunicación instrumentos eficaces para a

dominación ideolóxica (e máis recentemente o propio google ou as redes sociais).

Pero non ten por que ser sempre así. Por exemplo a Pinochet no lle valeu te-lo

control dos medios para gaña-lo plebiscito e foi derrocado, ou mesmo Berlusconi,

que non conseguiu manterse no poder de Italia a pesar de controlar a maioría dos

medios de comunicación do seu país (se ben sempre amaga a súa volta). Pero non

hai dúbida de que estes medios poden influír na imaxe que temos dos países

empobrecidos. As veces, coma sempre, se empregan cun afán manipulador máis

directo. Outras veces ten que ver máis coa cultura hiperconsumista que xa nos

rodea, que tamén alimenta valores e activa marcos vinculados coa

imposibilidade de acadar unha sociedade xusta, sen persoas que non contan coas

mesmas oportunidades de desenvolvemento persoal polo simple feito de nacer

onde naceron 5. Con estas mensaxes, non é casualidade que para moitos de nos a

fame de África sexa o vivo exemplo da incapacidade dos “negriños” para prosperar,

4 http://lasindias.org/la-neutralidad-de-la-red/ 5 Buscando marcos: nuevas formas de implicar a la ciudadanía del Reino Unido con la pobreza global

https://docs.google.com/file/d/0B0IWq6o1NngLR0FsRUNySnJoekk/edit?pli=1 onde se pode ver unha figura moi ilustrativa sobre como estes modelos se perpetúan no tempo http://acovadameiga.net/files/2013/02/iceberg_mental.jpg

6

Page 7: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

unha catástrofe natural ou a corrupción endémica, sen relación cos procesos

económicos e políticos inducidos polos países occidentais. As zonas máis

empobrecidas do globo son só noticia cando hai algunha catástrofe natural, unha

guerra, fame ou para dar unha nota de color co seu exotismo ou, como moito, para

sacudir as consciencias dalgúns durante un momento e que as tranquilicen doando

parte do que lles sobra (mensaxes en demasiadas ocasións tamén impulsadas por

certo tipo de organizacións caritativas, que non empregan a razón de xustiza para

eses apoios, xa que a xustiza non emociona, e a emoción é o que se traduce como

doazón inmediata).

- Un exemplo de invasión con impunidade é o que fan algunhas transnacionais

en países que, ou ben están moi necesitados de inversións (aínda que a longo prazo

pouco lles vai quedar a eles), ou teñen un goberno corrupto, mero monicreque dos

países con intereses económicos nesa zona. Entre isto, e a desinformación

interesada que practican nestes países, prodúcense casos como a comercialización

de produtos de uso milenario en países empobrecidos, que patentan as grandes

empresas farmacéuticas; ou os casos de substitución de variedades autóctonas de

produtos agrícolas por sementes resistentes a herbicidas pero que producen froito

estéril, co que obrigan a xente a ter que comprarlles sementes tódolos anos (e

tamén herbicidas, que casualmente fabrican as mesmas casas que as sementes).

Este tipo de invasión é frecuente, e ante isto a xente está moitas veces

desamparada legalmente e ademais des-informada.

OS EFECTOS, E OS EFECTOS DOS EFECTOS...

Os efectos de esta globalización económica, e tamén cultural (como xa vimos en

gran parte mediatizada pola económica) son, en xeral, unha perda de diversidade

cultural e substitución de costumes, tecnoloxías e tradicións propias polas

propostas da cultura occidental (diversidade que é moito máis desexable para

calquera sistema que unha homoxeneización galopante de culturas e mentes6). Isto

provoca que estas comunidades pasen a formar parte dun sistema económico que

se cadra non é mellor que o que tiñan. E o peor moitas veces non é isto, senón que

o cambio pode ser tan rápido e traumático que as comunidades non sexan

capaces de asimilalo, e queden absolutamente extintas, ou pasen de ser en certa

6 http://acovadameiga.net/2012/06/22/opciones-kowalsky/

7

Page 8: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

medida autosuficientes ou polo menos a decidir sobre os recursos básicos para

vivir, a ter que vivir completamente supeditadas á axuda do goberno ou externas

(con moitas persoas en situación de vulnerabilidade).

Ao acabar cunha cultura que levaba ligada ás condicións propias do medio moito

tempo, se está creando non só un desequilibrio cultural e económico, senón tamén

ecolóxico, pois cambian nun corto período de tempo ás relacións dun compoñente

do ecosistema (o home) co resto, sen dar tempo á adaptación (adaptación que se

deu ó longo de moitos anos e tivo tempo de evolucionar). ¿Quen introduciu os

cambios tecnolóxicos? ¿Foi un cooperante cheo de boa vontade, ou unha

transnacional interesada? Os efectos serían os mesmos, pero no primeiro caso

cunha boa preparación e coñecemento da cultura local e, sobre todo, cunha

educación integral e baseada na xustiza global tanto nas persoas que vivían nese

territorio, como das autoridades, como dos promotores desa transferencia

tecnolóxica, podería terse evitado.

Así pois chegamos a algo importante: as culturas non están aí porque si, senón que

son un proceso de adaptación ao entorno que durou moito tempo. Isto fai que

podamos ver unha relación profunda entre a globalización e invasión cultural-

tecnolóxica (van indisolublemente unidos e cada vez a segunda ten máis

importancia na primeira) e o deterioro do equilibrio ecolóxico. Pero isto prantexa un

problema importante: cales dos compoñentes culturais podemos considerar como

bos dunha forma absoluta? Cal é o límite entre o que podemos considerar

satisfacción de necesidades reais que melloran significativamente o nivel de vida

(que ademais son demandados polas persoas) e as meras necesidades creadas que

crean ademais dependencias dun sistema que poden resultar fatais? Ás

comunidades que por calquera medio teñen acceso a avances non se lles pode

obrigar a non aceptalas, ou illalos para que non lles cheguen estes avances (que

moitas veces son melloras só de fachada). Pero a capacidade de elección debe

estar acompañada coa formación. Alguén que non ten información sobre os efectos

da súa elección ou ten información sesgada por intereses, pode ser inducido a

decisións con consecuencias catastróficas.

A un nivel máis macro, é a mesma disxuntiva que se debate cos xa mencionados

países emerxentes. Queren subir ao “tren do desenvolvemento”, para o que o

crecemento é clave. Os que xa están no tren tras perpetrar desfeitas ao longo e

8

Page 9: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

ancho do planeta teñen algunha autoridade moral para poñer condicionantes (de

tipo ambiental, de xustiza social ou laboral, etc.) a estes países emerxentes, que

por riba están imitando o modelo que sempre lles “venderon” como ideal os

organismos internacionais?

Pode ser quizais a formación e a información una boa maneira de solucionar isto,

para todas as persoas (coñecer o que pasa e por que pasa). Pero, que tipo de

formación e información? Para quen?

¿HAY SOLUCIÓNS?

As solucións existen. Pero neste caso se cadra son das máis complexas de

acadar, xa que se trata de mellorar o mundo, o sono dos utópicos7. Hai solucións

que parten dende “arriba”, dende as máis altas institucións internacionais ou

nacionais (top-down). Outras parten da “base” (bottom-up), da xente que máis

sofre o problema, e dos que realmente queren axudar ao cambio. Ambas as dúas

correntes deben atoparse (e non recorrer todo o camiño nun sentido, o que non

sería posible). O que semella claro é que a solución non está en deixar ás

comunidades illadas e evitar a evolución das culturas e a interacción entre elas.

Pero. en moitas ocasións, fronte ós poderosos movementos de invasión cultural,

numerosas culturas ofrecen unha resistencia moi forte e chegan a evolucionar

deixando a súa pegada. Por exemplo, bastantes países asiáticos teñen desenvolvido

o cine nacional (India é o máis coñecido). Para isto fai falla formación da cidadanía e

certo tempo de re-equilibrio (elementos ambos que desgraciadamente non están de

moda nunha sociedade onde se busca cada vez máis formar persoas homoxéneas8

e todo é para onte) . Parece clara a pertenza dos novos medios e tecnoloxías de

comunicación ao conxunto dos elementos fundamentais para o desenvolvemento

dos pobos. Aínda que os medios sexan “civilización” os contidos son “cultura”, e é

neles onde debe centrarse a afirmación da identidade cultural dos pobos. Non hai

que esquecer, ademais, que os mesmos medios de uniformidade cultural son

portadores en ocasións de avances técnicos e importantes conquistas dos Dereitos

Humanos. Desta forma o interese de preservar culturas autóctonas debe estar

matizado pola aproximación de culturas e Estados a un ideal que as transcende, e

non axudar a formar “ghettos” de resistencia contra el. O que ocorre é que non

7 http://acovadameiga.net/2013/03/25/gotas-de-friki-frescor-sandman-para-la-revolucion-que-falta-hace/ 8 http://www.youtube.com/watch?v=AZ3JmuaUrxs

9

Page 10: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

tódolos modelos culturais están igualmente próximos a este ideal civilizador.

Pódense prever, polo tanto, conflitos por esta causa, pero conflitos que non se

darán entre culturas, senón máis ben entre partidarios de primar ás culturas sobre

o ideal civilizador (ou civilización) contra os que priman á civilización sobre as

culturas. Polo tanto o que se busca coas solucións é acadar ese ideal civilizador

(que dende organismos como a ONU se trata de impulsar, se ben moi lastrados pola

súa propia incoherencia institucional, onde non valen o mesmo os votos duns países

ou outros), baseado nunha serie de valores distintos aos actuais. A continuación

coméntanse catro destes “chanzos” que se consideran básicos para acadar este

ideal:

- Acadar unha igualdade real, cun dereito internacional que defenda ós países máis

desamparados das tropelías das transnacionais, e orientar ós grandes organismos

internacionais cara outro xeito de actuar máis igualitario.

- Estabelecemento de estados de dereito (aínda que a existencia de leis non é unha

garantía de respecto dos dereitos individuais, un sistema xudicial que funcione de

maneira equitativa é a pedra angular da democracia) que posibiliten menos

corrupción e represións culturais, a pesares de que estes son procesos moi

complexos, pois necesitan de moita vontade do pobo e son procesos caros

(pódense promulgar leis, pero se non se asignan os fondos necesarios para

aplicalas non serven de nada).

- Información real e formación axeitada para que as persoas e as comunidades

podan por elas mesmas valorar os efectos da tecnoloxía sobre as súas estruturas

sociais e naturais, e podan facer chegar o mundo a súa propia visión da importancia

da súa cultura. Isto a través de internet pode ser máis doado, aínda que este tipo

de tecnoloxías poderían servir só para engadir outra liña divisoria de desigualdade

coa fenda tecnolóxica. Isto estase vivindo sobre todo en África, onde moi poucas

persoas teñen acceso a internet. Isto poda facer que se cree un novo elitismo da

información que exclúa á maioría da poboación mundial, o que pode solucionarse

intentando achegar estas tecnoloxías ós países máis deprimidos e tomando o

acceso da información como dereito humano (a necesidade de expresión e

defensa da cultura é un dereito básico, o que fai pensar que estas tecnoloxías

poden ser útiles para isto). O derradeiro remedio para esta asimetría (entre países e

entre persoas) nos intercambios de información reside na conquista dun verdadeiro

10

Page 11: A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural

poder de informar o coñecerse a si mesmos (que non se podan dar casos como a

declaración do director dunha transnacional que dixo “Sabemos máis das riquezas

que posúe Brasil que o propio goberno de Brasil”).

- Axudas a adaptación o novo sistema, facéndoo un pouco máis xusto. Por exemplo

usar e promover tecnoloxías apropiadas e a creación de capacidades nos procesos

de transferencia tecnolóxica asociados tanto á cooperación ao desenvolvemento

como a calquera intercambio comercial. Hai que fuxir do tópico de que ás

tecnoloxías en si non son boas nin malas, senón neutrais. Non se pode

considerar unha tecnoloxía de forma illada, senón que hai que integrar o seu

impacto que varía segundo a zona onde se utilicen, esas externalidades das que

falamos. Tamén hai que promover a información e formación das persoas e

integralas a esas novas tecnoloxías, para que elas mesmas podan defender a súa

cultura e identidade, e tamén crear mecanismos de integración no novo sistema,

facéndoo un pouco máis xusto. Todo isto son elementos do enfoque de tecnoloxía

para o desenvolvemento humano9, que está en construción pola interacción dos conceptos

de tecnoloxías con rostro humano, tecnoloxías intermedias ou apropiadas

(mencionadas a finais dos anos 60 no libro O Pequeno é Fermoso)10 coa nova xeración

da educación para o desenvolvemento: a educación para a cidadanía cosmopolita11.

Cando se fala tanto de globalización e mundialización, hai que esixir que estas

non se fagan a costa do predominio de uns grupos ou culturas sobre outras, sen

perder a variedade que nos fai distintos pero tamén tolerantes e respectuosos con

outras culturas que, como vimos, teñen súa razón de ser. Sería lamentable que a

situación se convertera nun imperialismo cultural occidental máis que nunha

amalgama de culturas, e que se puxera as culturas por diante das persoas. Así, o

mellor non é ser “antiglobalizadores”, senón “alterglobalizadores”...

9 http://www.slideshare.net/esfgalicia/concepto-de-tecnologa-para-el-desarrollo-humano 10 http://es.wikipedia.org/wiki/Lo_peque%C3%B1o_es_hermoso 11 http://www.construmatica.com/construpedia/La_ED_de_Quinta_Generaci%C3%B3n._Educaci

%C3%B3n_para_la_Ciudadan%C3%ADa_Cosmopolita

11