Upload
andrea
View
435
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
TEMA 2TEMA 2
AS FORMAS DA TERRAAS FORMAS DA TERRA
1) 1) A COMPOSICIÓN DA TERRAA COMPOSICIÓN DA TERRA
• A Terra está formada por gases, auga e terra, e os tres fan posible a vida no noso planeta:- ATMOSFERA: capa gasosa que envolve a Terra.- HIDROSFERA: conxunto de todas as augas do planeta, doces e salgadas.- LITOSFERA: conxunto de toda a terra sólida do planeta.
1.1. A ESTRUTURA INTERNA DA TERRA:
• O interior da Terra está dividido en tres partes:
- NÚCLEO: parte máis interna, formada maioritariamente por ferro.
- MANTO: capa intermedia, de gran grosor, e está formada por MAGMA (rochas fundidas)
- CODIA: capa superficial, na que se sitúan os continentes e os océanos.
2) 2) A FORMACIÓN DOS A FORMACIÓN DOS CONTINENTESCONTINENTES
• Hai millóns de anos os continentes actuais formaban un só, chamado PANXEA.
• Polo movemento interno da Terra este bloque foi rachando e separándose en GRANDES PLACAS TECTÓNICAS, ata o estado actual.
• Isto é a chamada TEORÍA DA DERIVA DOS CONTINENTES.
3) 3) A FORMACIÓN DO RELEVOA FORMACIÓN DO RELEVO
• RELEVO: é todas as irregularidades da codia terrestre.
• Está en continua modificación debido a elementos internos e externos.
3.1. OS ELEMENTOS MODIFICADORES INTERNOS:
• A Terra está dividida en GRANDES PLACAS TECTÓNICAS.
• As placas están en continuo movemento, chocando e afastándose, dando lugar a montañas e cordilleiras.
• Nas zonas de maior contacto entre placas prodúcense TERREMOTOS ou SISMOS e VOLCÁNS, que transforman o relevo.
• As zonas de maior MOVEMENTO SÍSMICO son a zona do Pacífico(Xapón, Indonesia…) e en Centroamérica.
a) TERREMOTOS: tremor da Terra polo movemento das placas.
• O lugar onde se xera o movemento chámase EPICENTRO.
• A súa intensidade mídese a través da ESCALA DE RICHTER
b) VOLCÁNS: son grietas polas que sae o magma do interior da Terra.
• O orificio de saída chámase CRÁTER.
3.2. OS ELEMENTOS MODIFICADORES EXTERNOS:
• Outros elementos actúan no exterior, desgastando o relevo: o vento, a auga, os cambios de temperatura…
• Este proceso de desgaste chámase EROSIÓN.
4) 4) AS FORMAS DO RELEVOAS FORMAS DO RELEVO 4.1. FORMAS BÁSICAS DO RELEVO:
• Son as grandes estruturas do relevo. De maior altura a menor:
Montaña, meseta, chaira e depresión.
- MONTAÑA: elevación natural do terreo.
Hai dous tipos de agrupacións de montañas:
* SERRA: conxunto de montañas pouco elevadas.
* CORDILLEIRA: conxunto de montañas de gran altura.
Dúas montañas xuntas forman un VAL.
- MESETA: elevación do terreo plano.
- CHAIRA: superficie do terreo plano.
- DEPRESIÓN: afundimento do terreo.
4.2. AS FORMAS DO RELEVO COSTEIRO:
- ILLA: terreo rodeado de auga por todas partes.
- PENÍNSULA: terreo rodeado de auga por todas partes menos por unha, chamada ITSMO.
- GOLFO: entrante do mar na terra.
- CABO: saínte da terra no mar.
- RÍA: penetración do mar na desembocadura dalgúns ríos.
- DELTA: desembocadura dun río de forma triangular, debido á acumulación dos materiais transportados polo río.