11
OS MAMÍFEROS

Os mamíferos

  • Upload
    cerredo

  • View
    391

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os mamíferos

OS MAMÍFEROS

Ciencias da natureza Yago Lestido Cardama 1º ESO Grupo- B

Page 2: Os mamíferos

1. Qué son os mamíferos? Os mamíferos son os vertebrados que acadaron un maior nivel de complexidade. A especie humana inclúese neste grupo. E diferéncianse dos demais polo desenrolo das glándulas mamarias, de aí o seu nome, mamífero.

2.Características xerais. - O corpo:

·Catro extremidades que están adaptadas a distintos tipos de locomoción, salvo nalgunhas especies acuáticas.

·Colo móbil que une a cabeza co tronco.

·Pálpebras móbiles nos ollos.

·Dúas fosas nasais.

·Orellas nos orificios dos oídos, exceptuando as baleas e algunhas focas.

·Varios tipos de dentes especializados segundo a súa función na mandíbula. A combinación e a disposición destes dentes varía segundo o tipo de alimentación da especie.

- A súa pel está total ou parcialmente cuberta de pelo, que lles proporciona illamento

Page 3: Os mamíferos

térmico, as veces de camuflaxe e nalgúns casos de protección contra feridas.

- Son homotermos, respiran mediante pulmóns e teñen unha larinxe coa que poden transmitir sons.

- Na súa reprodución, a fecundación é interna. A maior parte deles son vivíparos e coidan as súas crías cando nacen. Para alimentalas, as femias dispoñen de glándulas mamarias (mamas) que producen un líquido nutritivo, o leite, que as crías succionan.

- Especialidade das extremidades:

· Para nadar, as aletas.

· Para correr, os cascos ou pezuños.

· Para voar, as ás.

· Para agarrar cousas, as mans con dedos.

3. Principais tipos de mamíferos.-Os monotremos: son primitivos e

non son vivíparos e cando eclosionan as nais

Page 4: Os mamíferos

aliméntanas co leite que sae por uns poros da súa pel (non teñen mamas).

Ex: o ornitorrinco e a equidna.

Fotografía dunha equidna.

-Os marsupiais: as femias teñen útero pero carecen de placenta, cando nacen deben introducirse nun pregue de pel que rodea ás mamas, o marsupio, onde se desenrolan alimentándose de leite.

Ex: os canguros e as sarigüeias.

-Os placentarios: as femias teñen placenta. É o grupo máis numeroso e estendido por todo o mundo.

Ex:os golfiños, os seres humanos, os lobos, os cabalos, os morcegos…

Page 5: Os mamíferos

Fotografía dun cabalo.

Page 6: Os mamíferos

4.Bioloxía dun mamífero.

Nome común: Oso

Nome científico: Ursus arctos

Familia: Ursidae

1.DESCRICIÓNCaracterízase polo seu gran tamaño, cabeza ancha e maciza, na que destacan unhas orellas pequenas. Posúe unha cola curta, extremidades tamén curtas e fortes e ombreiros prominentes. Os machos, máis grandes e pesados que as femias, poden chegar a pesar 250 kg e medir preto de 2 m de lonxitude. As mans e os pés están provistos de cinco dedos con uñas longas. A súa maneira de camiñar é idéntica á nosa, é dicir, é un animal plantígrado, pois apoia toda a planta do pé e das mans cando camiña. A cor do pelo varía desde o amarelo pálido ata o pardo escuro, contrastando a maioría das veces as cores de cabeza, pescozo e extremidades. As crías adoitan presentar un colar claro do que poden quedar sinais nos adultos.

Page 7: Os mamíferos

2.REPRODUCIÓNSon polígamos, o que pode orixinar paternidade múltiple nunha camada. O celo abarca de abril a xullo. A xestación efectiva é de seis a oito semanas. O parto, dunha a catro crías, ten lugar na oseira, arredor de xaneiro, onde os osiños pasan os tres ou catro primeiros meses de vida, pois pesan ao nacer entre 265 e 380 g. As femias en Europa coidan das crías un ano e medio (o grupo de irmáns pode seguir unido un ano máis); poden parir cada dous anos e ser sexualmente activas desde os tres anos e medio ata a fin da súa vida.

3.ALIMENTACIÓNFalamos dun animal omnívoro, cuxa dieta está composta principalmente de vexetais, especialmente landras, castañas, abelás, noces, bagas, tubérculos... O resto da dieta é complementada con carne en descomposición de ungulados silvestres (corzos, cervos...), insectos (formigas e abellas), mel, cogomelos, aves e ovos.

4.HÁBITATNecesitan grandes extensións de superficie de campeo, que xeralmente están conformadas por mosaicos de bosque caducifolio (faias,

Page 8: Os mamíferos

carballos, abeleiras, bidueiros...), mesturado con pradarías, pasteiros, matogueiras de breixos, piornos e carrascos. Necesitan tamén zonas onde abunden os rochedos e os penedos.

5.DISTRIBUCIÓNMamífero cunha área de distribución en Europa principalmente no leste do continente, presenta poboacións reducidas e illadas nalgúns países occidentais (Francia, Italia e España). En Galicia distribúese exclusivamente nas serras orientais, que parecen recibir ocasionalmente exemplares do principal núcleo poboacional da cordilleira Cantábrica.

6.ESTADO DE CONSERVACIÓNAs principais ameazas de conservación para a especie en Galicia son a morte directa (lazos, veleno, furtivismo, etc.) e a alteración do hábitat (lumes, construción de infraestruturas, etc.). Galicia conta cun Plan de Recuperación do Oso desde o ano 1992 (Decreto 148/1992, do 5 de xuño; DOG 114, 16/06/1992) que trata de asegurar avances no hábitat dispoñible para a especie na nosa comunidade e a supervivencia dos exemplares que se acheguen a Galicia.

Page 9: Os mamíferos

7.CATEGORÍA DE CONSERVACIÓNEn perigo de extinción.