7
Programa Entroido 2010 Dende o 04 até o 21 de febreiro, Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis ancestrais, orixinais e participativos de Galicia. Máscaras de gran atractivo estético e visual e inesperadas manifestacións parateatrais fúndense nun incomparable ambiente de festa popular, no que o colorido dos disfraces mestúrase co branco da fariña e o negro dos fumes pirotécnicos.

Programa Verín Entroido 2010

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Programa Verín Entroido 2010

Programa

Entroido 2010

Dende o 04 até o 21 de

febreiro, Verín acollerá a

celebración dun dos Entroidos

máis ancestrais, orixinais e

participativos de Galicia.

Máscaras de gran atractivo

estético e visual e inesperadas

manifestacións parateatrais

fúndense nun incomparable

ambiente de festa popular, no que o colorido dos disfraces mestúrase co branco da

fariña e o negro dos fumes pirotécnicos.

Page 2: Programa Verín Entroido 2010

XOVES DE COMPADRES (04 FEBREIRO DE 2010)

Tras a primeira saída dos

cigarróns no día de San Antón,

arrinca o Entroido 2010 co Xoves

de Compadres. Despois de cear

nos restaurantes da vila e a partir

da media noite, os verinenses

percorrerán as rúas Montemaior,

avenida de Portugal, Irmáns

Moreno, Deputación, Luis

Espada, Lisa e praza García Barbón, onde se celebrará o xuízo e queima do

Maragato.Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e

da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para

acabar a festa na praza bailando coa Disco-Móvil Jorge.

DOMINGO DE CORREDOIRO (07 FEBREIRO DE 2010)

Descarga de bombas de

palenque e concentración de

cigarróns na praza do Concello

a partir das 11:30 horas. Con

posterioridade, saúdo aos

fregueses á saída das igrexas

Parroquial e RR.PP.

Mercedarios, baixo o son

atronador das súas chocas e o

castigo dos látigos.

Na praza García Barbón, Disco-Móvil Jorge será o encargado da música, e partir das

14 horas terá lugar un xantar popular na praza da Alameda. Xa pola tarde, de 18 a 22

horas, baile popular na praza García Barbón a cargo das charangas Támega e

Troulada e o grupo Aramio.

Page 3: Programa Verín Entroido 2010

XOVES DE COMADRES (11 FEBREIRO DE 2010)

A partir das 11:30 horas, Gran

Desfile Infantil de Entroido, no

que os máis pequenos do CEIP

Princesa de España, CEIP Amaro

Refojo, Colexio María

Inmaculada, Escolas Unitarias do

Val de Monterrei, CEIP Castrelo

do Val, Gardería Pinocho,

Preescolar na casa, CEIP Rodolfo

Núñez de Vilardevós e CEIP As Vendas da Barreira tomarán as rúas de Verín.

Ademais, este ano e dentro do programa Eurocidade Chaves-Verín, participarán

escolas de Chaves. O desfile, amenizado polas charangas Támega, Troulada,

Madialeva, Sinolá, Garrafón.com e Cuatro Gatos, partirá do entrocamento da Canella

Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e

Lisa, porase punto e seguido ao Xoves de Comadres na Praza García Barbón.

Pola noite, sairán as comadres e

encherán todos os restaurantes de

Verín, coa animación das

charangas Támega, Troulada,

Madialeva, Garrafón.com, Penas

Ceibes e Cuatro Gatos. Ás 00:00

horas, no Barrio de San Lázaro, a

Raíña do Entroido recibirá a

comitiva de Don Carnal,

procedente do Camiño Real.

Mareas e mareas de mulleres, e outros tantos homes disfrazados de damas,

percorrerán desde San Lázaro até a praza García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis

Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.

Page 4: Programa Verín Entroido 2010

Despois do saúdo da Raíña e

Don Carnal, arrincará a lectura

do pregón a cargo do escritor

verinense Xosé Carlos Caneiro

e a actuación das Cantareiras

de Ardebullo -humoristas da

CRTVG-. Luces, son e risas

recordaranlle aos presentes que

o Entroido 2010 chega con

paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!

A orquestra Passarela porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinense.

VENRES DE COMPADREO (12 FEBREIRO DE 2010)

Como todos os anos, o

Capuchón e a Mascarita serán os

uniformes oficiais que portarán

os asistentes á festa. Ás 18 horas

terá lugar a saída dos Escuadróns

de Capuchóns e Mascaritas para

percorrer diversas rúas e prazas

da vila, con paradas estratéxicas

para mollar a gorxa e encher o

bandullo. Irán acompañadas en todo momento do Carro do Compadreo e das

charangas Támega, Santiaguiño e N.B.A; para no fin, rematar na Praza de Edesio

Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes. Pola noite,

verbena popular na Praza García Barbón co orquestra Ritmo Joven.

Page 5: Programa Verín Entroido 2010

SÁBADO DE ENTROIDO (13 FEBREIRO DE 2010)

Desde as 10 horas, descarga

de foguetes e alboradas coas

charangas Támega, Xente

Nova e Madialeva. A partir

das 17 horas, na Praza do

Cigarrón, terá lugar un acto

solemne no que novos

cigarróns serán vestidos, con

todas as honras,

acompañados da Raína do Entroido e Don Carnal. Animación a cargo de Disco-Móvil

Jorge

As charangas Támega, Xente Nova, Troulada e Madialeva encargaranse porán a

banda sonora por todas as rúas da vila en sesión de tarde e noite, que culminará coa

actuación das orquestras Los Trovadores e América en Concerto.

Page 6: Programa Verín Entroido 2010

DOMINGO DE ENTROIDO (14 FEBREIRO DE 2010)

Día grande do Entroido. A

mañá arrinca cunha descarga

de foguetes que despertará a

todos os entroideiros,

seguido da concentración de

carrozas, comparsas,

máscaras e cigarróns ás 12

horas no Barrio de San

Roque para o gran desfile,

que como todos os anos, comezará a partir das 12:30 horas. As charangas Mekanika,

Xente Nova, Madialeva, Troulada, DDT e a Banda de Gaitas do Concello de Verín

serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada,

Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón.

Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila

coas charangas anteriores e, na Praza García Barbón, as orquestras Solara e Los

Españoles calmarán as nosas ansias de baile.

LUNS FARELEIRO (15 FEBREIRO DE 2010)

Unha descarga de foguetes

recordará aos sobreviventes que

o Entroido aínda non acabou e

que regresa a música ás rúas

coas charangas Terras Novas de

Trives e Madialeva.

A partir das 16.30 horas, xogos

infantís e inchábeis no Pavillón

dos Deportes, onde os máis

pequenos serán os auténticos protagonistas. Esixencia: ir disfrazados. Seguindo a

tradición, DÍA DA FARELADA, animada polas charangas Terras Novas de Trives,

Page 7: Programa Verín Entroido 2010

Támega e Madialeva. A partir das 19 horas, merenda con degustación de empanadas e

viño, baile e verbena popular na praza García Barbón, coas orquestra Compostela e o

grupo Alcotan.

MARTES DE ENTROIDO (16 FEBREIRO DE 2010)

Bombas de palenque e

pasarrúas matinais coas

charangas DDT e

Madialeva.

Ás 16 horas, como

sempre, concentración de

carrozas, comparsas,

máscaras e cigarróns no

Barrio de San Roque, para

ás 16:30 horas, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o

domingo. Todo iso amenizado polas charangas Mekanika, Troulada, Madialeva, DDT

e Támega, xunto coa xente da Escola de Música Tradicional do Concello de Verín.

A festa continuará, a modo de despedida, ata que o corpo aguante, na praza García

Barbón coa actuación das orquestras Trébol e América S.L.

DOMINGO DE PIÑATA (21 FEBREIRO DE 2010)

Almorzo de Piñata para os participantes en comparsas e carrozas. Baile popular na

Praza García Barbón a partir das 17:30 horas coa orquestra Luz de Luna, que porá o

broche final a este Entroido 2010.