Dante e a Divina Comedia

Preview:

Citation preview

Dante Alighieri e a Dante Alighieri e a Divina ComediaDivina Comedia

BiografíaBiografía

Dante Alighieri naceu en Florencia en 1265.

Formou parte do grupo de poetas do dolce stil nuovo.

Na súa mocidade, entregouse con paixóná creación poética, cuxo ideal espiritual e amoroso estaba centrado na figura de Beatriz.

Mentres o bando dos güelfos brancos estivo no poder, Dante ocupou cargos diversos.

Cando os güelfos negros se fixeron co poder, o poeta foi acusado de malversación e condenado a morte.

Durante o exilio escribiu as súas obras de carácter doutrinal (Convivio, en italiano, e De vulgari eloquentia e De monarchia, en latín) e a que, sen dúbida, é a súa obra máis importante, a Divina Comedia, escrita no dialecto italiano da Toscana.

Xamais regresou a Florencia e morreu en Rávena en 1321.

Divina ComediaTítulo e composiciónO título orixinal foi simplemente Comedia, atendendo ao final ditoso da obra. Foi Boccaccio quen, anos máis tarde, a rebautizou como Divina Comedia, e con este nome publicouse sempre a partir dunha edición de 1555.A redacción da Divina Comedia

ocupou a Dante, como mínimo, os últimos quince anos da súa vida.

Argumento e estrutura

A Divina Comedia mostra o percorrido que o propio Dante, partindo dunha situación de vida licenciosa e turbulenta, realiza polos mundos de ultratumba para alcanzar a purificación da alma e a redención.No Inferno e o Purgatorio é guiado por Virxilio, o gran poeta latino, por quen Dante profesaba unha rendida admiración.

No Paraíso a súa guía é Beatriz.

O número tres, que simboliza a Santísima Trindade, está na base da composición formal da obra: Tres son, como vimos, as partes que a conforman: Inferno, Purgatorio e Paraíso. Cada parte está formada por 33 cantos, máis un introductorio no Inferno,

o que supón un total de 100 cantos. Toda a obra está composta de versos hendecasílabos, distribuídos nun número variable de tercetos encadeados en cada canto.

O Inferno está concibido como un

inmenso anfiteatro formado por nove círculos concéntricos, polos que Dantee Virxilio descenden.

Nestes círculos distribúense os pecadores, que sofren terribles tormentos.

Gianciotto descobre a Paolo e Francesca, óleo de Jean Auguste Dominique Ingres.

O Conde de Ugolino, de Jean-Baptiste Carpeaux (1861); tamén foi representado por Rodin.

Ambos atópanse no Musèe d´Orsay en París.

O Purgatorio preséntase como unha montaña en forma de cono truncado, constituído por sete cornixas onde os pecadores arrepentidos expían as súas culpas en espera da salvación.

Neste percorrido, Dante, que segue acompañado por Virxilio, experimenta un proceso depurificación ascética.

A cima da montaña é unha planicie onde se acha o Paraíso, habitado polas almas dos benaventurados que poden gozar da presenza divina.Dante, que xa se despediu de Virxilio,

atopa a Beatriz. Esta encamíñao cara ás proximidades

de Deus, que se acha no centro doParaíso rodeado de coros de anxos.

A obra acaba cando o poeta dirixea mirada cara a Deus e a grandiosidade da luz divina lle desborda o pensamento.

Características formais e estilo

Afianza o uso do hendecasílabo, que será para sempre o verso por excelencia da poesía culta.

Crea a distribución dos versos en tercetos encadeados, os cales permiten composicións de longo alento, solemnes e áxiles á vez.

Usa unha lingua literaria chea de viveza e expresividade, na que inclúe tanto os vocábulos máis refinados do clasicismo como os termos do rexistro popular da variante toscana do italiano.

Contido

A Divina Comedia é un compendio de saberes de moi diversa índole; pero é, por encima de todo, unha creación de vocación teolóxica.

Dante non rexeita incluír nela elementos claramente pagáns; mestúranse, así, motivos da tradición cristiá con outros da tradición mitolóxica.

Alúdese tanto a grandes acontecementos da historia da humanidade como a sucesos concretos da política particular de Florencia.

Recommended