Software Libre En Educacion

Preview:

Citation preview

Software Libreen

Educación

Carlos Mariño PegoEquipo TIC C.R.A. “Os Remuíños”

Curso 09/10”

Que?

O seu código (a forma en que están feitos estes programas) non é pechado senon que está aberto para que calquera persoa poda velo, modificalo, melloralo,...

O software libre é un conxunto de utilidades, programas e sistemas operativos elaborados por un grupo de persoas de xeito altruísta que non esperan obter un beneficio económico polo seu traballo, como moito un recoñecemento social.

Por que?

Tendo en conta todo o anterior, o tema da utilización de este tipo de software en educación vai moito mais alá do uso de un programa concreto ou outro, vai moito mais alá da preferencia persoal de cara a unha utilidade informática determinada, vai mais alá do cómodas/os que nos atopamos con un programa ou o incómodos/as que nos resulta outro.

A discusión do uso de software libre en educación debería estar por encima de “guerras” entre diferentes sistemas operativos: windows, linux,...

O debate que nos ocupa tería que deixar a un lado “batallas” entre as grandes compañías da tecnoloxía da información e da comunicación: microsoft, apple, google,..., porque...

...a formación dos nosos rapaces/as e moito máis importante que todo isto.

Como?

...debemos concretar o tipo de educación que pretendemos para os nosos rapaces/as, e buscar a coherencia entre esta e as novas tecnoloxías que estamos a utilizar no contorno educativo.

Tendo en conta que todos os elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, inflúen, en maior ou menor medida, na formación das nenas/os, sexa de forma consciente e intencionada (currículo ordinario), ou de xeito inconsciente (currículo oculto)...

ESCOLA TRADICIONALEnsino Condutista

Metodoloxía Directivista

ESCOLA MODERNAEnsino Constructivista

Metodoloxía menos Directiva

ESCOLA TIC?

WEB 1.0Escaparates na Internet.

En mans duns poucos eruditos. A información

viaxa nunha soa dirección.

WEB 2.0Webs interactivas.

Accesibles a todo o mundo. A información viaxa en

todas as direccións.

WEB 3.0?

SOFTWARECOPYRYGHT

Dereitos reservados.Código pechado en mans

duns poucos. Non hai posibilidade de contribuír.

SOFTWARE LIBRECOPYLEFT

Sen dereitos reservados.Código aberto. Todo o

mundo pode contribuír á súa mellora.

SOFTWARE EN INTERNET, NA “NUVE”?

“COÑECEMENTO NAS MANS DUNS POUCOS”Uns poucos “producen” e outros moitos “consumen”

contidos.

“INTELIXENCIA COLECTIVA”

A era dos “prosumidores”: todo o mundo produce e

consume contidos.

“...”?

Escola Tradicional – WEB 1.0 – Software Copyright

Os coñecementos están en mans duns poucos.

A información viaxa nunha soa dirección.

Internet pouco popular (bancos, grandes empresas,...) e pouco accesible.

A información viaxa nunha dirección

Coñecementos en poder duns poucos

Escola Moderna – WEB 2.0 – Software Libre (Copyleft)

Todo o mundo produce e consume coñecementos: a era dos “Prosumidores”.

A información con “billete” de ida e volta.

Internet mais accesible e popular (casa, escola, bibliotecas,...).

Intelixencia colectiva. Todo o mundo colabora

na elaboración de contidos.

A información viaxa en todas as direccións.

Onde?

Non se trata dunha visión radical en contra ou a favor do software libre, só de promover a utilización deste dentro das aulas.

Está claro que o currículo transmítese nas escolas, de aí que é neste contorno onde se debería utilizar este tipo de software.

Cando?

Non é cuestión de facer un cambio drástico xa que, como nos ten ensinado a historia, as modificacións nos sistemas establecidos funcionan mellor si se fan de xeito progresivo.

De todas maneiras, este é un bo momento para comezar xa que estamos en pleno proceso de construción das Escolas TIC.

Pero...

As TIC son as que van cambiar a escola?

Só coas TIC podemos facer que ese cambio se produza?

NON

É imprescindible un cambio de mentalidade para que o cambio sexa efectivo.

Para aqueles aos que todo isto non lle convenza... Economía

O presuposto da consellería de educación é limitado.

Os cartos que se gastan en software, poderíase investir en outras melloras para os rapaces/as se utilizáramos software libre: bibliotecas, instalacións, mestres de apoio, AL, PT,...

Hai outra alternativa para incrementar a inversión en educación: O PIRATEO; pero non pensamos que estes sexan os mellores valores para inculcar ao noso alumnado.

Presuposto de compra de Software Copyright (por ordenador)

“Oferta” de software de Microsoft á Consellería de Educación de Galicia

30 Eurosx

Ordenadorx

Ano

Presuposto software (por ordenador) – Software Libre

Menos cartos en Software tradúcese en mais cartos para a educación!!

Recommended