3
1 de febreiro de 2012 Acordo 2008-2010 Segundo o acordo 2008-10 asinado pola Administración, patronal e sindicatos as horas lectivas desde setembro de 2008 establecéronse en 24 para E.Infantil, Especial e Primaria. ESO, sempre segundo o acordo, debía establecerse unha redución a 24 h. lectivas en setembro de 2010. Esta redución non se fixo efectiva por incumprimento da patronal (merecería unha explicación que non vén ao caso). Para FETE-UGT debe considerarse lectiva toda hora que sexa de traballo con alumnos, pero non o considera así a patronal polo que a hora 25 en primaria, infantil e educación especial a maior parte dos centros emprégana asignar gardas aos profesores. Horas lectivas: definición e número Segundo o V Convenio a xornada dos traballadores de ensino concertado queda establecida como explicamos a continuación. Persoal docente (Art. 26 e 27): Xornada total de 1180 h => 850 lectivas + 330 non lectivas Lectivas : impartir clases en períodos de tempo non superior a 60 minutos, realización de probas escritas ou orais aos alumnos e titoría de grupos. En FP inclúese a formación en centros de traballo. Non lectivas : todas aquelas efectuadas na empresa que teñan relación co ensino. As actividades non lectivas distribuiranse ao longo do ano polo empresario. (Art. 27 e art. 9) O tempo dedicado a actividades lectivas será como máximo de 25 horas semanais que se distribuirán de luns a venres. Son horas non lectivas: Aquelas efectuadas na empresa que teñan relación co ensino, por exemplo: - as horas que fixemos entre o 1 de setembro e o comezo das clases e as que fagamos desde o día en que rematan as clases e 30 de xuño. - as horas que teñen un horario fixado semanalmente como: o O tempo dedicado a recibir pais de forma individualizada o Horas libres entre clases (os ocos no horario) o Tempo dedicado a reunións de coordinación de ciclo, de departamento, etc.

120921 fi xornada

Embed Size (px)

Citation preview

1 de febreiro de 2012

Acordo 2008-2010 Segundo o acordo 2008-10 asinado pola Administración, patronal e sindicatos as

horas lectivas desde setembro de 2008 establecéronse en 24 para E.Infantil,

Especial e Primaria.

ESO, sempre segundo o acordo, debía establecerse unha redución a 24 h. lectivas

en setembro de 2010. Esta redución non se fixo efectiva por incumprimento da

patronal (merecería unha explicación que non vén ao caso).

Para FETE-UGT debe considerarse lectiva toda hora que sexa de traballo

con alumnos, pero non o considera así a patronal polo que a hora 25 en primaria,

infantil e educación especial a maior parte dos centros emprégana asignar gardas

aos profesores.

Horas lectivas: definición e número Segundo o V Convenio a xornada dos traballadores de ensino concertado queda

establecida como explicamos a continuación.

Persoal docente (Art. 26 e 27):

• Xornada total de 1180 h => 850 lectivas + 330 non lectivas

• Lectivas: impartir clases en períodos de tempo non superior a 60 minutos,

realización de probas escritas ou orais aos alumnos e titoría de grupos.

En FP inclúese a formación en centros de traballo.

• Non lectivas: todas aquelas efectuadas na empresa que teñan relación

co ensino. As actividades non lectivas distribuiranse ao longo do ano polo

empresario. (Art. 27 e art. 9)

• O tempo dedicado a actividades lectivas será como máximo de 25 horas

semanais que se distribuirán de luns a venres.

Son horas non lectivas: Aquelas efectuadas na empresa que teñan relación co ensino, por exemplo:

- as horas que fixemos entre o 1 de setembro e o comezo das clases e as que

fagamos desde o día en que rematan as clases e 30 de xuño.

- as horas que teñen un horario fixado semanalmente como:

o O tempo dedicado a recibir pais de forma individualizada

o Horas libres entre clases (os ocos no horario)

o Tempo dedicado a reunións de coordinación de ciclo, de

departamento, etc.

1 de febreiro de 2012

o Entrada anticipada ou saída postergada

o O tempo de recreo se no teu centro non está considerado

lectivo

o Tempo dedicado a reunións informativas

o Tempo dedicado a reunións formativas

o Tempo dedicado a facer programacións, corrección de exercicios e

exames, preparación de clases…

- as horas realizadas durante o curso sen un horario fixo semanal:

o Reunións colectivas con pais

o Tempo dedicado a reunións de avaliación

o Tempo dedicado a formación organizada pola empresa

o Tempo dedicado a excursións, viaxes, visitas… realizadas fóra do

horario escolar

o Tempo dedicado a facer programacións, corrección de exercicios e

exames, preparación de clases… non fixadas semanalmente

o Tempo dedicado a reunións informativas non fixadas semanalmente

o O tempo dedicado a recibir pais de forma individualizada e

esporádica.

PAS (Art. 30)

• Xornada total de 1600h (o persoal interno 40 h. máis)

• Xornada semanal de 38 h distribuídas segundo as necesidades da empresa

de forma que a xornada diaria non supere as 8h. O sábado poderán facerse

un máximo de 4h. PERO a empresa pode reservarse 57h da xornada anual

que poderá distribuír ao longo do ando, aínda que se superen as limitacións

indicadas máis arriba.

• Este persoal gozará dun sábado libre en semanas alternas.

• Cando por necesidades de traballo non se poida gozar do día e medio de

descanso semanal en sábado e domingo, poderá gozarse deste día e

medio durante a semana.

• Sempre haberá 12h de descanso entre o final dunha xornada de traballo e

comezo da seguinte.

• Nos meses de xullo e agosto e nas vacacións escolares de Nadal e

Semana Santa este persoal realizará xornada continua, cun máximo de

6h. diarias e terán un descanso semanal de 48h. Poderán establecerse

quendas. Isto poderá non aplicarse en internados ou análogos.

• Este réxime de xornada non é de aplicación ao porteiro e demais servizos

análogos de vixilancia.

Persoal que desempeña categorías funcionais directivas temporais (Art. 28): Incrementará a súa xornada en 210 h. que deberán dedicarse á empresa no

desenvolvemento da súa función específica.

1 de febreiro de 2012

Persoal complementario (Art. 29)

• Xornada anual: 1400 h. (o persoal interno 40h. máis)

• Xornada máxima semanal: 34h.

A ambigüidade do concepto de xornada lectiva

A ambigüidade do concepto de xornada lectiva tal e como aparece nos art. 26 e 27

do actual convenio permite interpretacións diversas e inxustas da xornada lectiva,

como comprobamos a raíz da sinatura do Acordo 2008-10 que contempla a

redución a 24 das horas lectivas. Que fixeron en máis dun centro? Pois optar por

calquera das dúas “solucións” seguintes:

Solución A: un mestre imparte 24 períodos lectivos pero a dirección considera que

este dura 60 minutos, é dicir, debe impartir 1440 minutos lectivos.

Solución B: a dirección considera que un mestre debe impartir 24 horas lectivas, é

dicir, 1440 minutos lectivos polo que lle corresponden 28’8 períodos lectivos.

(Cómpre sinalar que 25 períodos lectivos de 50 minutos equivalían a 1250 minutos)

Por iso FETE-UGT considera imprescindible mudar o concepto hora lectiva polo de

período lectivo, entendendo este como cada sesión de traballo que se realiza con

alumnos.

E mentres non

clarifiquemos o que é

lectivo e mudemos o

concepto de hora por

período estaremos

infinitamente dándolle

voltas á nora. E a

ambigüidade nunca vai

beneficiar ao traballador.

Esta vai ser unha das

principais batallas na

negociación do VI

Convenio.

Xuntos podemos máis

Secretaría de Ensino Privado de FETE-UGT Galicia