Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
25 de NOVEMBRO , 2019 Hoxe luns 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero. Trátase dunha data institucionalizada por
Nacións Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario
escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida
contra as mulleres de todo o mundo.
Desde o Departamento de orientación quixemos achegar o noso gran
de area participando na actividade colectiva de todo o colexio
cantando e representando con xestos as cancións “LA PUERTA
VIOLETA” de María Rozalén e “QUE NADIE” de Manuel Carrasco e
Malú.
Ao mesmo tempo realizouse un mural decorado con lazos que recollían
frases significativas aportadas por nenas e nenos de diversos cursos.
E finalmente, as nenas e nenos de E.Infantil deixáronnos unha bonita
estampa nas árbores do noso xardín.