35
TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.8 XINZO Páx.8 Número: 72 - Ano:VII - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 ESPECIAL P.19-21 Agricultores limiáns fórmanse na xestión de residuos OCIO Páx.22 Xinzo ten máis dunha vintena de obras en execución Pleno de Xinzo, este martes 13, que aprobou a actualización de 28 ordenanzas, cos votos a favor do grupo de goberno. /P.L. Xinzo xa pensa no Entroido: convocado o concurso do cartel Resultado das eleccións: Feijoo revalida a maioría Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal [páx.24] O PP aproba a suba de 26 taxas Especial Vodas: fotografía, traxes de noivos, restaurantes...

Novembro 2012 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Chega aos buzóns das comarcas da Limia, Monterrei, Allariz e Celanova un novo número da publicación Barrios. Entre outros temas tratados, destacamos a crise política en Celanova, co paso da concelleira popular Monserrat Álvarez ao grupo dos non adscritos, deixando ao goberno de José Luís Ferro en minoría. En Xinzo e en Allariz as corporacións municipais veñen de aprobar suba de taxas para o vindeiro ano, e en Verín, este concello e o de Vilardevós compartirán obradoiro de emprego.

Citation preview

Page 1: Novembro 2012 - BXVAC

TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.8XINZO Páx.8

Número: 72 - Ano:VII - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ESPECIAL P.19-21

Agricultores limiáns fórmanse na xestión de residuos

OCIO Páx.22

Xinzo ten máis dunha vintena de obras en execución

Pleno de Xinzo, este martes 13, que aprobou a actualización de 28 ordenanzas, cos votos a favor do grupo de goberno./P.L.

Xinzo xa pensa no Entroido: convocado o concurso do cartel

Resultado das eleccións: Feijoo revalida a maioría

Entrevista ao piragüista olímpico

galego David Cal [páx.24]

O PP aproba a suba de 26 taxas

Especial Vodas: fotografía, traxes de noivos, restaurantes...

Page 2: Novembro 2012 - BXVAC

� BARRIOSNovembro de �01�

TEMA DO MES

O novo Parlamento galego formarase o 16 de novembro

P. Lodeiro

O resultado das eleccións galegas do �1 de outubro deparou unha ampla maio-ría para o PP. Malia recibir unha porcentaxe e número de votos inferior aos dos anteriores comicios, os po-pulares superaron ampla-mente a barreira da maioría absoluta (fixada nos 38 es-canos), acadando 41 depu-tados. Pola contra, a actual oposición parlamentaria sufriu un forte batacazo, caendo os socialistas de �5 a 18 deputados e o BNG de 1� a 7. A sorpresa da xornada deuna Alternativa Galega de Esquerda, que irrumpe no Parlamento ga-lego como terceira forza política, sumando 9 parla-mentarios.

No que respecta aos datos da provincia de Ourense, o PP repetiu o seu éxito, en-gadindo un parlamentario máis aos sete que xa tiña, a costa do PSOE, que baixa de 5 a 4. Das dúas actas que tiña o BNG unha vai parar agora para a coalición entre Anova e Esquerda Unida. Así, na lexislatura que co-meza serán deputados por Ourense os populares Jesús Vázquez, Carmen Pardo, Miguel Ángel Santalices, Antonio Rodríguez Miran-da, Cristina Romero, Anto-nio Mouriño, Enrique Poly Nóvoa e Moisés Blanco, os socialistas Pachi Vázquez, María Quintas, Carmen Acuña e Raúl Fernández, a nacionalista Tereixa Paz, e David Fernández Calviño, de AGE.

Democracia Ourensa-

na, con 4.203 votos, Com-promiso por Galicia, con 3.246, o partido de Mario Conde, SCD, con 2.800 vo-tos, e Escanos en Branco, con �.070 votos, foron as catro seguintes forzas máis votadas na provincia, pero xa sen conseguir represen-tación.

No conxunto de Galicia a abstención foi apenas un punto maior que nas elec-cións de �009 (pasou do 35,57 ao 36,20%) , mentres que Ourense foi a única pro-vincia que rexistrou máis participación (a abstención caeu do 35,87 ao 33,01%).

Resultados por comarcasAo igual que no conxunto

de Galicia e na provincia de Ouense, nas catro comarcas nas que se reparte o perió-dico Barrios (Monterrei, Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Celanova) o PP foi o claro vencedor das elec-cións do �1 de outubro.

Na comarca de Allariz-Maceda, o PP foi o partido máis votado, co 46,68% dos votos (4.090), seguido por BNG (23,01% e 2.016 votos), PSdeG (14,03% e 1.230 sufraxios) e AGE (6,70 % e 587 votos). A abstención foi do 30,59%.

Na Limia, os popula-res obtiveron o apoio do 56,55% dos votantes (7.534 papeletas), o PSdeG o 19,92% (e 2.654 votos). O BNG foi a terceira forza máis votada (7,90 e 1.053 votos) e a coalición AGE a cuarta (746 sufraxios e 5,59% dos votos). Abstivé-ronse o 30,55% dos votan-tes. Houbo un 29,51% de

abstención. Na Terra de Celanova,

o PP subiu ata un 57,55% de apoios (6.982 votos), os socialistas alcanzaron un 18,06% (2.191 votos), o Bloque tivo 1.738 vo-tos (14,32%) e a coalición EU-Anova 533 sufraxios (4,39%). A abstención foi dun 34,22%.

Por último, na comarca de Verín-Monterrei, o do-minio do PP aínda foi maior (58,50% e 8.479 votos), o PSdeG sacou 3.045 votos (21%), o BNG 1.370 votos (9,45%) e Alternativa Gale-ga de Esquerda 692 votos (4,77%).

Como excepcións ás vito-rias populares en case todos os municipios, salientan os resultados en Vilar de Santos, onde Compromiso por Galicia foi a forza máis votada, Allariz, onde gañou o BNG, e Castrelo do Val, con vitoria socialista.

O PP gaña tamén no CERA

No reconto do voto do Censo de Residentes Au-sentes (CERA), o PP aca-dou 1.�0� votos dos �.44� emitidos –dos cales �.414 foron válidos-, acadan-do deste xeito o 49,80% de apoio. A segunda forza política, o PSOE, acadou 636 sufraxios, supoñendo o 26,34% do total de votos emitidos.

O PP amplía a súa maioría 4 Os populares suben ata 41 deputados, o PSOE cae a 18 e o BNG a 7 e irrumpe AGE con 9 par-lamentarios.

De arriba a abaixo: os deputados Jesús Vázquez, Carmen Pardo, Miguel Á. Santalices, Antonio Rguez. Miranda, Cristina Romero, Antonio Mouriño, Enrique Poly, Moisés Blanco (PP), Pachi Vázquez, María Quintas, Raúl Fernández, Carmen Acuña (PSOE), Tereixa Paz (BNG) e David Fdez. Calviño (AGE).

Page 3: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

3VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería de Traba-llo e Benestar concedeu aos Concellos de Verín e Vilardevós un obradoiro de emprego para a formación de 26 desempregados nas áreas de xardinería, carpin-tería e axuda a domicilio.

Este obradoiro, denomi-nado ‘Pozo do Demo’ e de seis meses de duración, bus-ca a formación das persoas participantes, favorecendo a súa inserción laboral e facilitando a obtención do certificado de profesiona-lidade nas áreas nas que se formen.

Os interesados en partici-par só deben cumprir dous requisitos: ser maiores de �5 anos e estar inscritos no INEM.

Os distintos módulosO módulo de axuda a

domicilio está destinado a oito alumnos, que recibirán clases teóricas nos distintos ámbitos de axuda e pode-rán realizar prácticas nos domicilios das persoas que demandan este servizo en Vilardevós e Verín, que no momento actual ascenden a 162. Os participantes rea-lizarán actividades destina-

26 parados de Verín e Vilardevós participarán nun obradoiro de emprego4 Formaranse durante seis meses en xardinería, carpintería e axuda a domicilio.

das coa atención das necesi-dades básicas dos usuarios (aseo persoal, atención doméstica, limpeza da vi-venda, acompañamento ós servizos sanitarios e outras xestións que poidan xurdir na vida diaria).

Con respecto aos módu-los de xardinería e carpin-tería, están destinados a 10 e oito alumnos, respectiva-mente, e o seu obxectivo é a recuperación do antigo ca-miño que comunica Cabrei-roá (Verín) con A Veiga das Meás (Vilardevós), agora desaparecido nalgúns tra-mos debido á vexetación, co fin de convertelo nunha ruta de sendeirismo.

Por iso, entre as activi-dades que realizarán os participantes neste obra-doiro atópase o desbroce e retirada de escombro; estabilización de firmes; implantación de sinaléti-ca; colocación de valado de madeira naquelas zo-nas nas que existan fortes desniveis; elaboración de escaleiras ou pasos de ma-deira nos lugares que, de-bido as fortes pendentes, así o requiran; a execu-ción e colocación de ban-cos de madeira nas zonas de lecer; e a execución e colocación de mesas inter-pretativas da fauna, flora e historia do lugar.

O alcade de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o de Vilardevós, Manuel Cardoso, durante a presentación deste obradoiro de emprego./CdV.

Redacción

O departamento de Edu-cación Familiar do Con-cello de Verín promove para o novo curso un am-plo abano de actividades educativas destinadas a nenos, mozos e adultos, co obxecto de fomentar unha educación de calidade, e evitar o absentismo e fra-caso escolar.

Segundo sinalou o al-calde de Verín, Juan Ma-nuel Jiménez Morán, “o complicado momento que nos toca vivir está dando lugar a un dobre fenóme-no: por un lado, as per-soas desempregadas, de baixa cualificación, ante a imposibilidade de atopar traballo, deciden regresar ao sistema educativo para completar os seus estudos; por outro lado, o alumna-do, ante as baixas expec-tativas de atopar emprego desanímase, chegando a situacións de absentismo e fracaso escolar”.

Con esta iniciativa bus-can precisamente facer fronte a ambos problemas, xa que segundo Morán “a inversión nas persoas é a mellor maneira de prepa-

Actividades educativas para todos durante o curso escolar4 O programa “Kero-kolo”, idiomas, debate e preparación para a obtención do graduado.

rarnos para saír da crise”.

ActividadesO Programa de Activi-

dades Educativas para este curso inclúe un total de sete iniciativas. A primeira de-las é a actividade ‘Estudar pode ser divertido’, enca-miñada a evitar o abandono escolar do alumnado de 3º e 4º de ESO en risco de ex-clusión.Tamén se realizará un obradoiro de graduado e corresponsabilidade, no que os alumnos se preparan para as probas de acceso libre ao título da ESO, ao mesmo tempo que traballan a corresponsabilidade e re-parto equitativo de tarefas domésticas.

Outra das actividades é un programa de compe-tencias clave e certificados de profesionalidade, que formarán aos participantes en lingua galega e castelá,

matemáticas, ciencias, tec-noloxía, inglés e dixital. Así mesmo, realizarase un obradoiro de debate para, principalmente, eliminar o temor a falar en público. Os adultos serán obxecto dun-ha campaña de información e sensibilización sobre as ensinanzas especiais e os certificados de profesiona-lidade.

Ademais, chega a Verín o programa ‘Kero-Kolo’, dirixido a cativos de � e 3 anos e as súas familias, unha aula de convivencia que se levará a cabo os mar-tes, ás 11.30 horas, na aula de Psicomotricidade do Pa-villón Municipal.

Por último, organizarase o II Pleno Infantil, que terá lugar o �7 de novembro no salón de actos do Concello e no que participarán os ne-nos dos centros educativos de Verín.

O II Pleno Infan-til terá lugar o 27 de novembro

Presentación das actividades educativas./CdV.

Page 4: Novembro 2012 - BXVAC

4 BARRIOSNovembro de �01�

VERÍN E COMARCA

Esta biblioteca dispón de 5.000 exemplares e 4 ordenadores

EN BREVE

4 Curso de monitor de tempo libre

O Plan de Competiti-vidade Turística “Puertas de Galicia” e a Fundación Cipri Gomes programan un curso de monitor de ac-tividades de tempo libre, destinado aos habitantes dos doce municipios inte-grantes deste plan.

Este curso gratuíto será impartido nas localidades de Verín (na Casa da Xu-ventude) e Viana do Bolo, terá unha duración de �00 horas, e a súa finalización os participantes recibirán unha titulación expedida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntaria-do.

En Verín o curso im-partirase a partir do 26 de novembro. As inscricións realízanse en [email protected] ou no teléfono 698-111603.

4 I Concurso de fotografía “As co-res de Monterrei”

Co obxectivo de pro-mocionar, difundir e re-coñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño a D.O. Monterrei e a Asociación “Ruta do viño de Monterrei” convocan o concurso de fotografía “As cores de Monterrei”.

Poderán participar todos os maiores de 18 anos con fotografías que reflictan obrigatoriamente o caste-lo de Monterrei e un viñe-do. O primeiro premio re-cibirá 300 euros e haberá dous accésits. O prazo de admisión de obras finaliza o 23 de novembro.[+ info en [email protected]

e 988 590 354 ]

Redacción

O conselleiro de Cul-tura, Educación e Orde-nación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez, visitou o pasado 30 de outubro as novas insta-lacións da biblioteca do CEIP Princesa de España de Verín, co gallo da súa inauguración trala am-pliación realizada, da que se benefician os 269 estu-dantes do centro. Cómpre salientar que a Conselle-ría ten achegado a esta biblioteca 17.150 euros a esta biblioteca, tanto para a adquisición de fondos como para contribuír á súa ampliación.

Durante o seu percorri-do pola biblioteca, no que estivo acompañado pola xefa territorial da Conse-llería na provincia, Merce-des Gallego, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jimé-nez Morán; Vázquez Abad

Vázquez Abad acode á inauguración da biblioteca do CEIP Princesa de España4 A Consellería investiu un total de 17.150 euros nesta instalación.

destacou a importancia das bibliotecas escolares para fomentar entre o alumnado a lectura e a investigación. De feito, esta conta con arredor de 5.000 exempla-res e 4 ordenadores, e ten previsto adquirir outros 2 computadores máis.

O conselleiro en funcións recordou tamén que este centro está a traballar con tres kits de aula dixital, coas que o departamento educati-vo da Xunta dotou ao CEIP para que o seu alumnado desenvolva as súas com-petencias no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Contrato-programaAsí mesmo, Vázquez

Abad salientou o esforzo realizado polo CEIP Prin-cesa de España para poñer en marcha iniciativas para o apoio e reforzo educativo, impulsadas pola Conselle-ría a través do contrato-pro-

grama asinado co centro. No marco do mesmo, o colexio desenvolveu un programa de reforzo, orientación e apoio, na modalidade de acompaña-mento para realizar a aten-ción educativa de 3 grupos de alumnos de 2º e 3º ci-clo de primaria, do que se beneficiaron 32 alumnos. Cómpre sinalar que a ini-ciativa superou incluso as súas expectativas iniciais, coa mellora dos resulta-dos académicos de, polo menos, un 59% de alum-nos destes grupos.

“Estamos a falar dun programa que foi elabora-do polo propio centro, en base ás súas debilidades e fortalezas”, eloxiou Váz-quez Abad.

Xesús Vázquez estivo acompañado na súa visita do alcalde de Verín, entre outros./R.T.

Redacción

A vendima na Denomi-nación de Orixe Monterrei tivo nesta edición o seu comezo o día 15 de set-embro, 9 xornadas máis tarde que na anterior cam-paña e finalizou o 25 de outubro. Este atraso estivo motivado pola tardanza na brotación, así como as suaves temperaturas que se produciron durante o ciclo fenolóxico da planta e a ausencia de precipita-cións durante este ciclo, o que reduciu considerable-mente o número de trata-mentos fitosanitarios que permitiu obter uns viños moito máis complexos.

Nesta edición recollé-ronse un total de �,7 mi-llóns de quilos de uva, 500.000 máis que na an-terior campaña, o que fai que esta vendima sexa a de maior recollida de uva na historia desta Denomi-nación de Orixe.

As uvas que entraron nas adegas presentaron un estado fitosanitario ex-

celente, sendo en primeiro lugar vendimiadas as varie-dades Godello, Treixadura, Doa Branca e Albariño en brancos, mentres que en tintos foron Mencía e Bas-tardo.

Aumenta a entrega de contraetiquetas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei distribuíu duran-te os primeiros 9 meses do ano 1.337.159 contraeti-quetas, supondo esta cifra un incremento do 9 % res-pecto ao mesmo período do �011.

O presidente do Conse-llo Regulador, Antonio A. Méndez Atanes, mostrou unha gran satisfacción polo incremento porcentual ex-perimentado durante os últimos cinco anos, cons-tante e sostido en vendas, así como polos resultados da última vendima que si-nalaron á denominación de Orixe Monterrei como a única de todas as galegas que aumentou a súa produ-ción.

Monterrei culmina a súa maior vendima4 A DO superou en 500.000 quilos a colleita do 2011.

A de Monterrei foi a única Denominación de Orixe gale-ga que aumentou a súa produción na colleita do 2012.

Page 5: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

5VERÍN E COMARCA

Redacción

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Mesa da para a mellora da aten-ción ás vítimas da violencia de xénero, presidida pola concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira, a representante da Subde-legación do Goberno de Ourense, María José Fer-nández, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres, Carmen Serrano; e na que participaron traba-lladores sociais das manco-munidades da comarca de Verín, persoal do hospital comarcal, centro de saúde, dos corpos e forzas de se-guridade do Estado, colexio de avogados, educación e xustiza.

Ao longo da sesión, pre-

Nova reunión da Mesa para a atención ás vítimas de violencia de xénero4 Fíxose un balance do ano, resolución de dúbidas xurídicas e promoción dun obradoiro para menores.

sentouse a labor do CE-DIM de Monterrei, que é un proxecto europeo que pretende promover redes de cooperación transfronteiri-za de ámbito municipal en-tre Galicia e o norte de Por-tugal, mediante a creación de Centros de Información ás Mulleres que presten ser-vizos de información, for-mación e orientación, que ata o momento se crearon en Tui, A Cañiza e Monte-rrei, así como no municipio portugués de Vila Verde.

Contido da reuniónAdemais da realización

dun balance do ano �01�, aclaración de dúbidas xurí-dicas co obxecto de mello-rar a coordinación entre os diferentes servizos que con-forman esta Mesa, e promo-ción do obradoiro de ‘Tera-

pia ocupacional en menores vítimas de violencia de xé-nero”, destinado a restable-cer as ocupacións dos me-nores vítimas da violencia de xénero, utilizando como medio de intervención as artes plásticas para lograr a máxima independencia e autonomía.

Obxectivos da MesaA Mesa para a mellora da

atención ás vítimas da vio-lencia de xénero busca me-llorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesi-dades reais das mulleres ví-timas de violencia; garantir os dereitos e liberdades da cidadanía; eliminar a vitimi-

A esta reunión - presidida pola concelleira de Igualdade, unha representante da Subde-legación do Goberno e a responsable do Centro de Información ás Mulleres- acudiron traballadores sociais, persoal do hospital, e corpos e forzas de seguridade.

zación secundaria; garantir que desde os servizos so-ciais, sanitarios, policiais e operadores xurídicos se transmita información responsable e unificada ás mulleres afectadas por unha situación de mal-trato; promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e de detección precoz de situa-cións de violencia na fami-lia; sensibilizar e potenciar a formación continua dos profesionais que reciben demandas de atención a ví-timas de violencia; e incre-mentar o nivel de confian-za das vítimas no sistema.

Bos datos en asistencia sanitariaRedacción

Segundo datos do Ser-gas, a 30 de setembro, os hospitais de Ourense, Ve-rín e O Barco manteñen bos índices asistenciais, cunha media de 48 días para intervencións cirúr-xicas (32 no caso concreto de Verín). O aumento, ata o 70,67%, do rendemento cirúrxico permitíu reali-zar 10.821 intervencións, de xaneiro a setembro en xornada ordinaria en todos os hospitais, delas 1.268 en Verín. Esta actividade mantén á baixa a espera media de patoloxías, sen-do de 10 días no caso das de Prioridade 1 e de 48 en Prioridade �.

En canto á media de es-pera para unha primeira consulta, a media global nos tres hospitais é de 38 días, baixando ata os �� en Verín, moi por debaixo da media global do Sergas de 58 días.

Page 6: Novembro 2012 - BXVAC

6 BARRIOSNovembro de �01� VERÍN E COMARCA

Redacción

Casa Manola, Restauran-te Bruma e Bar Gandainas foron os tres establecemen-tos gañadores da I Olimpía-da Gastronómica, iniciativa organizada polo Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”.

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu, a entrega dos premios do concurso, que se desenvol-veu nos fins de semana do 15 de setembro ao 14 de outubro e no que participa-ron 16 establecementos das comarcas de Verín e Con-so-Frieiras, ofertando tapa, menús e cócteles, realiza-dos con produtos autócto-nos ou representativos das dúas comarcas

Os cócteles, menús e ta-pas participantes optaban a premios, que foron outorga-dos polos clientes dos esta-blecementos que efectuaron as súas votacións a través

da páxina web de “Puertas de Galicia” e as súas redes sociais. O resultado da vo-tación, na que participaron 271 persoas que formaliza-ron 7�9 votos, outorgoulle o primeiro posto a Casa Ma-nola -na categoría de tapa-, Restaurante Bruma -na de menú- e Bar Gandainas -na de cóctel-. Con todo, como segundo e terceiro clasifica-do en cada unha das catego-rías quedaron: Restaurante Brasil e Bar Gandainas, en tapas; Casa Manola e Res-taurante Brasil na categoría de menús; e Aldea Rural A Cortiña e Pub Golf’s na de cócteles.

Revalorizar a gastronomíaA I Olimpíada Gastro-

nómica ‘Puertas de Gali-cia’ tivo como obxectivos revalorizar a gastronomía das dúas comarcas como un produto turístico en si mesmo e alongar a tempada turística na zona.

4 Estrea dunha guía turística

O territorio de “Puertas de Galicia” estrea guía turística. Aproveitando a entrega de premios da I Olimpíada Gastronómi-ca, presentouse esta guía na que se detalla infor-mación natural, patrimo-nial e histórica de cada un dos doce municipios adheridos a este plan e que conforman o xeo-destino Verín-Viana, así como os recursos econó-micos máis significativos destas comarcas, como o viño da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta guía aparece coa intención de desenvolver un destino turístico cohe-sionado, que permita pro-mocionar conxuntamente os recursos existentes das comarcas de Verín e Con-so-Frieiras e así competir no mercado turístico.

Entréganse os premios da I Olimpíada Gastronómica4 Resultaron vencedores Casa Manola, Restau-rante Bruma e Bar Gandainas.

Autoridades xunto aos gañadores./CdV.

Redacción

O Diario Oficial de Ga-licia (DOG) publicou o 26 de outubro a licitación das obras para a mellora das infraestruturas hidráulicas na rúa Canella Cega de Verín, por un importe de 392.133 euros.

Na actualidade, a rede de saneamento discorre polo medio da rúa e aco-métense a ela as augas pluviais, o que provoca que en época de chuvias se producen inundacións.

O proxecto autorizado agora recolle a modifica-ción do trazado do colec-tor procedente do barrio

Licitada a mellora da rede hidráulica da rúa Canella Cega4 Instalarase un colector de pluviais.

de San Roque, convertén-doo no colector xeral ata o seu entroncamento coa rede existente. Fanse ali-viadoiros á canle existente de pluviais. Na parte alta da rúa Canella Cega fai-se a separación das augas, cunha rede para pluviais. Ademais, completarase a rede de abastecemento por ambas as marxes da rúa e reporanse todos os servizos afectados.

MellorasNa rúa Canella Cega

instalarase un colector de pluviais que recolla as ver-teduras que se producen na cabeceira da propia rúa

Tamén se colo-carán tubaxes de abastecemento nas marxes e bo-cas rega-incendio

e verta na canle existente de pluviais. Así mesmo, na cabeceira da rúa Espido proxéctase tamén un pe-queno colector de pluviais procedentes da zona de Fontenova.

As actuacións tamén se centrarán na colocación de tubaxes de abastecemento en ambas as marxes da rúa, bocas de rega-incendio e as correspondentes válvulas de corte.

O territorio “Puertas de Galicia” participou no intercambio cultural ‘Vive Galicia’, or-ganizado durante os días 9 e 10 de novembro na cidade de Alicante. Como representación destas dúas comarcas asistiron os Concellos de Verín, Oímbra, Riós e Viana do Bolo, Asociación do Cigarrón de Verín, Banda de gaitas de Verín, Boteiros e folións rurais de Viana do Bolo, Vellarróns do Riós, PCT “Puertas de Galicia”, Denominación de Orixe Monterrei, Ruta do Viño Monterrei, e adegas Fragas do Lecer, Tabú, Abeledos e Pazo de Valdeconde.

Redacción

Do 19 ao �4 de novem-bro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntaria-do convoca o Seminario europeo ‘A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas’ na Euro-cidade Chaves-Verín, coa finalidade de que repre-sentantes de colectivos xuvenís de distintas agru-pacións transfronteirizas europeas poidan debater sobre as súas propias rea-lidades e compartir as súas experiencias.

Durante unha semana, mozos e mozas galegas compartirán as súas reali-dades con mozos europeos doutras cidades transfron-teirizas. O número de par-ticipantes galego-portu-gueses, con idades entre 18 e 30 anos, será de seis, procedentes das Euroci-dades Chaves Verín e Tui – Valença.

ObxectivosO seminario impartirase

na oficina de información xuvenil transfronteiriza da Eurocidade, situada en Feces de Abaixo. Os

seus obxectivos son, entre outros, visibilizar a reali-dade da mocidade residente en localidades transfrontei-rizas; fomentar a participa-ción xuvenil e a emprega-bilidade entre a mocidade das zonas europeas trans-fronteirizas; promover un espazo de intercambio de experiencias entre dinami-

zadores e líderes xuvenís de rexións transfronteri-zas; proporcionar os me-dios para a creación dunha rede europea de localidades transfronteirizas de cara a futuros proxectos conxun-tos; e xerar novos recursos e ferramentas para promo-ver a participación xuvenil en áreas transfronteirizas.

Un seminario analizará a participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas4 Do 19 ao 24 de novembro, na Eurocidade.

A Eurocidade Chaves Verín participou os días 26 e 27 de outubro no programa ‘Xuventude en Movemento’ na lo-calidade pontevedresa de Tui, unha iniciativa da Estra-texia Europa 2020 para fomentar a mobilidade, educa-ción, emprego e espírito empresarial entre a mocidade.

Page 7: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

7VERÍN E COMARCA

Redacción

O obradorio “Comuní-cate”, enmarcado no pro-grama Activa da Dirección Xeral de Xuventude, recala nos vindeiros días en Verín e en Sandiás. Mozos dos dous municipios coñecerán os días 16 e 17 as claves comunicativas para enfron-tarse con solvencia ás ne-cesidade de cada día.

En Verín, a cita é o ven-res 16 de 18 a 20 horas na Casa da Xuventude. En Sandiás, o sábado 17 a par-tir das 11:30 horas na Casa da Cultura.

Aspectos que se abor-

darán no obradoiro son a comunicación verbal e non verbal, a importancia de saber transmitir, a co-municación no grupo, a preparación do discurso, a xesticulación, a voz, o movemento e estratexias para perder o medo escé-nico.

As dúas charlas están dirixidas a mozos meno-res de 30 anos, e son de especial interese para téc-nicos locais, animadores xuvenís, ou membros de asociacións. Na de Verín é preciso inscribirse con anticipación na OMIX ou no 988 414 776.

O obradoiro “Comunícate” chega a Verín e Sandiás4 O 16 e 17 de novembro.

Alumnos daneses visitan a Eurocidade dentro programa educativo ComeniusDo 6 ao 9 de novembro, doce alumnos procedentes de Copenhague, acompañados de profesores, unha vintena de

estudantes do IES Taboada Chivite e educadores do mesmo visitaron a Eurocidade, dentro do proxecto ‘Xóvenes estudantes en Europa’, enmarcado no programa educativo Comenius.

Durante esta visita, alumnos e mestres foron recibidos polo tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, que lle amosou as actuacións e iniciativas sociais, deportivas e culturais que se están a desenvolver no concello. Así mesmo, visitaron Ourense e Santiago de Compostela, e os recursos termais, vitivinícolas e patrimoniais de Verín.

O proxecto ‘Xóvenes estudantes en Europa’naceu co obxectivo de estudar diversos temas de traballo como a auga (realizado no pasado curso), o estado de benestar (prestando atención a crise económica), a dimensión intercultural a través do cine e os personaxe do Entroido nas zonas de Verín e Veneto (Italia).

No vindeiro mes de maio, serán os estudantes de Verín os que viaxarán a Dinamarca.

Foto de grupo dos estudantes verineses e daneses diante da Casa do Concello de Verín. /CdV.

O cooperativismo chega a VerínDentro da súa labor de fomento e promoción do cooperativismo, a Consellería de Traballo e Benesta achegou a

Verín a Escola Cooperativa Móbil, na que se ofreceu información completa sobre este sistema, orientación da man de técnicos especializados e un completo programa de actividades, co obxectivo divulgar e fomentar o coopera-tivismo entre a xuventude; presentar o autoemprego en xeral e o cooperativo en particular como fórmula viable, desexable e aconsellable para acadar un traballo de calidade e satisfactorio; ou visibilizar as cooperativas como unha alternativa real ao desemprego.

Durante a semana do 15 de outubro a Escola Cooperativa Móbil -que ao longo deste curso achegarase ata 25 cen-tros de ensino e a aproximadamente 2.000 alumnos- estivo situada no complexo deportivo de A Granxa e, ademais de ser visitada por estudantes do IES García Barbón, achegáronse ata a mesma diversos grupos de emprendedores da zona. De seguido esta Aula Móbil visitará outras localidades ourensás como Xinzo de Limia ou a propia capital.

Durante a semana do 15 de outubro a Escola Cooperativa Móbil estivo situada no complexo deportivo de A Granxa.

Redacción

A Deputación de Ouren-se presentou a Campaña de Vialidade Invernal �01�-2013, cuxo obxectivo é reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fronte ás adversida-des meteorolóxicas propias do inverno. Para tal fin, ponse en marcha un opera-tivo que contará con 49 ve-hículos e maquinaria, entre quitaneves, camións, car-gadoras, motoniveladoras e vehículos de menor tamaño con coitela, que actuarán nos 2.340 quilómetros de estradas da provincia de Ourense (1.840 dos cales

pertencen a vías provin-ciais e 500 a vías munici-pais). Como novidade este ano incorpóranse equipos GPS nas quitaneves e nos vehículos dos vixiantes de liñas.

Cabe destacar que a pre-visión de almacenaxe de sal para as estradas aché-gase ás 1.900 toneladas e o persoal da Deputación adscrito a este operativo é de 62 persoas, persoal que podería incrementarse se as condicións meteo-rolóxicas fosen extremas. Entre outros almacéns, os de Verín e Xinzo reciben cada un �00 toneladas de sal.

Reforzan a seguridade nas estradas provinciais de cara ao inverno

Page 8: Novembro 2012 - BXVAC

8 BARRIOSNovembro de �01� XINZO E COMARCA

Xinzo ten máis dunha vintena de obras en execución4 Todas elas supoñen unha inversión total de ao redor de 1,6 millóns de euros.Redacción

Instalación solar térmica e de biomasa na piscina, me-llora das beirarrúas da rúa Rosalía de Castro, renova-ción de parte do alumeado do casco vello.... e así ata �� son as obras que neste intre permanecen en execución en Xinzo de Limia. Máis dunha vintena de proxectos que sumarán unha inversión que supera o millón e medio de euros, e dos que a con-celleira de Persoal, Montse Lama, destaca “o aforro nas facturas que lle suporá aos veciños”, así como que estas melloras teñen como finali-dade “que Xinzo teña o ni-vel de vida que merece”.

Unhas das instalacións pendentes de máis melloras son as piscinas. Por unha banda, está aínda por reali-zar a instalación solar térmi-ca e de biomasa na piscina climatizada, cuxo importe de 268.500 euros permi-tirá un aforro do 60% dos 80.000 euros de consumo anual que ata o de agora vén sumando esta instalación. Así mesmo, a mellora do in-terior do edificio das pisci-nas municipais tamén figura en execución, e suporá unha inversión de 1.500 euros.

InfraestructurasPero ademais, hai outras

insfraestructuras que en Xinzo se mellorarán ou exe-cutarán nos vindeiros meses (e anos). Por exemplo, está aínda pendente a creación do Museo Galego do En-troido (que terá un custo de 300.000 euros) e dun centro social en Paredes (por un im-porte de 60.000 euros). No

tocante ás melloras, agarda unha ampliación o Centro de Visitantes da rúa San Mamede (�4.000 euros), a instalación de ascensor nas oficiñas de Servizos Sociais da estación de autobuses (27.925,28 euros), e a refor-ma da Casa da Cultura e a ampliación do seu salón de actos (60.000 euros).

Ademais, mantense á es-pera das determinación de AGADER, a recuperación do centro social de Moreiras (60.000 euros), a creación dun centro social en Pena e a recuperación do forno de Baronzás.

Reformas urbanísticasAsí mesmo, diversas rúas

de Xinzo están pendentes dalgunha reforma, como é o caso da avenida de Ourense, na que se renovarán as bei-rarrúas, saneamento e abas-tecemento da súa marxe dereita (por 150.000 euros). Ademais, nas rúas Rosalía de Castro e Álvaro Cunquei-ro tamén se mellorarán as beirarrúas (por un importe de 41.300 euros cada unha); no casco vello renovaranse

tres callejóns (por 49.000 euros); mellorarase a pis-ta da Armada e travesía de Baronzás (por 58.800 euros), tamén se renovará a zona sita entre Rosalía de Castro e avenida de Portu-gal (49.500 euros) e cons-truirase unha rotonda nos cruces do parque do Toural (por 1.000 euros).

Alumeado Por último, figuran aín-

da en execución diversas obras de mellora de alu-meado e saneamento.

Por unha banda, renova-rase a iluminación de San-ta Mariña e outras rúas do casco vello (por preto de 59.000 euros) -co que se logrará un aforro do 40% no gasto de luz-, e insta-laranse Leds no parque empresarial (cun custo de 64.480,80€).

Por outra, mellorara-se a conexión da rede de saneamento entre Pena – Soutelo – Trandeiras (por 116.611 €), e o colector de saneamento de San Pedro – Rebordechá (por un im-porte de 153.555€).

Edificio no que se situará o Museo Galego do Entroido, que terá un custo de 300.000 euros.

Paula Lodeiro

Saber como desfacerse correctamente dos envases baleiros de produtos fito-sanitarios é un dos temas centrais dunha serie de charlas organizadas pola Oficina Agraria Comarcal de Xinzo coa colaboración da empresa Sigfito. Ante a aparición de nova norma-tiva sobre xestión e trata-mento destes produtos, de uso habitual nos cultivos da comarca, desde a Ofici-na Agraria consideraron de importancia informar aos agricultores sobre as novi-dades neste eido.

Rosa María García é a técnica de Campo que imparte as charlas, nas que se aborda que facer cos residuos procedentes de produtos fitosanitarios. Nin enterrar, nin queimar, os envases deben entregar-se nun punto de recollida, por exemplo, unha coope-rativa agraria ou no propio distribuidor de produtos

Agricultores limiáns fórmanse na xestión dos residuos de produtos fitosanitarios4 A través de charlas organizadas pola Oficina Agraria Comarcal de Xinzo.

fitosanitarios. Na provincia de Ourense, recollen os resi-duos en, entre outros, catro establecementos de Xinzo e un de Verín. Os envases deben entregarse baleiros e secos, sen produto nin nin-gún outro tipo de residuo. Ademais, as garrafas e botes deben enxaugarse tres ve-ces. Unha vez depositados, o agricultor obterá un xusti-ficante como comprobante. Nas charlas recórdase que a lei sanciona con multas de ata 1�0.000 euros por ente-rrar, queimar, ou mesturar estes envases con outros re-siduos.

Próximas charlasProximamente as char-

las impartiranse no resto de municipios da comarca da Limia: o 20 de novembro en Trasmiras, o 28 en Por-queira, o 4 de decembro en Sandiás e o 11 de decembro en Xinzo de Limia.

Outras actividades A organización destas se-

sión informativas é tan só a punta do iceberg do labor que desenvolven desde a Oficina Agraria de Xinzo. Segundo informa o técnico Guillermo Budiño, entre as súas principais tarefas están a tramitación de incorpora-cións de mozos á actividade profesional agrogandeira, de transferencias de explo-tacións e cotas lácteas, ou de ceses anticipados na ac-tividade agraria.

Impartir cursos para a obtención do carné de apli-cador de produtos fitosani-tarios, realizar campos de ensaio de patacas e cereais, formar parte das xuntas locais de concentración parcelaria, confeccionar informes para organismos competentes en materia de colleitas, pragas en cultivos ou danos meteorolóxicos, ou a atención diaria de con-sultas nas propias oficinas son outras das actividades que realizan na Oficina Agraria Comarcal de Xin-zo.

Grupo de agricultores de Xinzo asistentes a unha destas charlas./PAULA LODEIRO

Page 9: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

9PUBLICIDADE

Page 10: Novembro 2012 - BXVAC

10 BARRIOSNovembro de �01�

XINZO E COMARCA

Os cursos son necesarios para acceder á subvención da administración

Redacción

A coordinadora da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, Lola Rico, participou en San-tiago na I Xornada Ga-lega de UPP (úlceras por presión) en Dependentes organizadas polo Sergas. Por primeira vez tívose en conta a participación do “coidador” nunhas xorna-das técnicas.

Rico, que asistiu en re-presentación de todos os coidadores de Galicia, in-terviu co relatorio “Ache-gando a formación ao coi-dador”, que versaba sobre a experiencia que se está desenvolvendo en Xinzo

Lola Rico, na súa ponencia en Santiago.

de Limia coa implicación de persoas coidadoras, profesionais e institucións locais, e como a proposta educativa que están a levar a cabo no medio rural está a ter tan bos resultados.

En palabras de Lola, “só o feito de que os coidadores estean representados por-primeira vez nunhas xorna-das profesionais do Sergas xa dan conta dos pasos que se van dando a favor dun colectivo tan esquecido, e se, ademais, se nos pide que sexamos nós quen os repre-sentemos, é unha grandísi-ma honra que se nos fai en recoñecemento de que imos polo bo camiño no noso tra-ballo”.

A coordinadora da Escola de Saúde da Limia participa nunha xornada do Sergas

Redacción

�5 mozos da provincia ourensá remataron na lo-calidade de Xinzo da Li-mia un curso de aptitude empresarial agraria, coa orientación produtiva de gandería extensiva, or-ganizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar, a través do seu servizo de Explotacións Agrarias.

Os alumnos, con idades comprendidas entre os 18 e os 40 anos, participaron neste curso intensivo du-rante �50 horas lectivas, repartidas en 8 módulos, co fin de obter a forma-ción necesaria para poder acceder á subvención que a administración autonó-mica concede, cofinan-ciando xunto coa Unión Europea e o Estado, aos mozos que desexen in-corporarse como titulares dunha explotación agraria con garantía de éxito.

No que vai de ano, a Consellería de Medio Ru-ral impartiu sete cursos máis de aptitude empre-

sarial agraria, así como al-gúns módulos específicos nalgunhas das orientacións produtivas.

Este tipo de cursos teñen como principal obxectivo capacitar aos mozos para a súa incorporación á activi-dade agraria. Ademais, pro-porcionan aos participantes a formación para lograr que a actividade agraria empre-gue medios de produción

agraria sustentable e com-patible co medio ambien-te, ao mesmo tempo que se conseguen uns produ-tos máis saudables para a poboación.

Remata en Xinzo un curso de capacitación agraria para mozos 4 Os �5 alumnos recibiron formación para ser titulares dunha explotación agraria.

Responsables da delegación provincial de Medio Rural estiveron na clausura do curso en Xinzo.

Vilar de Santos desenvolve actuacións ambientaisRedacción

Cunha dotación global de 55.000 euros, o Conce-llo de Vilar de Santos está levando a cabo un progra-ma ambiental con diversas actuacións no termo muni-cipal, territorio englobado na Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Unha das actuacións financiadas dentro des-te programa é a mellora e acondicionamento dos cauces de regatos e desau-gadoiros, coa súa limpeza, drenaxe e continuidade, para evitar o encharca-mento dos terreos agríco-las e posibles inundacións e o deterioro dos cultivos e das infraestruturas. Estan-se acondicionando un total de 12 quilómetros de cau-ces e desaugadoiros.

A eliminación e selado dun vertedoiro ilegal exis-tente no municipio, coa recollida e separación dos residuos, o seu traslado a un lugar autorizado xunto con outros labores de des-contaminación e restau-ración e rexeneración da zona procedendo ao acon-dicionamento da zona, é outra das actuacións.

Unha terceira acción é o acondicionamento da rede de sendeiros e camiños para mellorar e diversificar a oferta de turismo e ocio do concello con novas po-sibilidades de goce da pai-saxe e o medio natural e patrimonial. Deste modo, o Concello está acondicio-nando, limpando e desbro-zando case 20 quilómetros de sendeiros en Castelaus, Parada e o Ruxidoiro, na zona núcleo da Reserva da Biosfera.

Por último, o Concello desenvolve un Programa de Educación Ambiental que inclúe cursos, confe-rencias e un proxecto pi-loto específico sobre resi-duos, reciclaxe e fomento da compostaxe.

Estas actuacións están enmarcadas dentro do convenio asinado entre os concellos da Reserva da Biosfera (Vilar de Santos, Allariz, A Bola e Rairiz de Veiga) e o Ministerio de Medio Ambiente, con vixencia ata o 31 de marzo de 2013.

Page 11: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

11XINZO E COMARCA

Aprobada unha modificación da ampliación do polígono de XinzoRedacción

O Consello da Xunta aprobou a modificación puntual do proxecto sec-torial do Parque Empre-sarial de Xinzo de Limia, que ten como obxectivo a súa execución por fases. Con esta modificación a ampliación queda dividi-da en cinco polígonos, o que permitirá adaptar a súa execución á demanda real existente.

En total, a ampliación terá unha superficie de 695.860 metros cadra-dos, dos que 463.855 se-rán para uso industrial, 38.494 para uso terciario, 72.135 para zonas verdes, 8.432 para esapazos libres non computables, 13.987 para equipamento público e 98.957 para rede viaria.

O investimento total previsto para esta amplia-ción proxímase aos 19 millóns de euros.

O PP de Xinzo aproba en solitario a suba de 26 taxas 4 Toda a oposición solicitara que se conxelaran. Paula Lodeiro

O debate sobre a actua-lización de 28 ordenan-zas municipais para 2013 centrou o pleno do mes de novembro da corporación de Xinzo. O PP fixo va-ler a súa maioría absoluta para aprobar a actualiza-ción das taxas, das que só dúas baixan de prezo: as de instalación de terrazas po-los hostaleiros e de paneis publicitarios, mentres que o resto se incrementan, �� delas aplicándolle a actua-lización do IPC (3,4%).

Toda a oposición solici-tara ao grupo de goberno que se conxelaran os tribu-tos municipais, ao entender que non era o momento axeitado debido á crise económica e que trala suba só hai un afán recadatorio. O alcalde, Antonio Pérez,

xustificou a actualización de taxas na aplicación do Plan de Axuste e repro-choulle á oposición que non fixera unha “oposición constructiva”; “nunca vin a ninguén que trouxera unha solución”, dixo.

Finalmente, BNG, PSOE e Manuel Pérez Campos (Anova) votaron en contra, e os dous membros do gru-po mixto (APGA e AIDAL) abstivéronse.

Coa mesma votación, o PP ratificou a supresión da paga extra de Nadal aos funcionarios, que suporá un aforro duns 196.000 euros ao Concello.

UnanimidadePor unanimidade aprobá-

ronse unha moción conxun-ta para que non se aplique o IVE do 21% nos consumos eléctricos realizos antes do

1 de setembro e se devol-va aos veciños de Xinzo o indebidamente cobrado, así como unha moción socialis-ta contra os desafiuzamen-tos. De igual modo saíron adiante, co apoio unánime de toda a corporación, a aprobación do estudo de detalle que afecta a algo máis de 14.000 metros ca-drados na paraxe de Lame-la, no núcleo de Morgade, e unha iniciativa para instar á Xunta e á Deputación a colocar pasos elevados nos núcleos de Lamas, Ganade, San Pedro e Parada de Ri-beira, con fin de reducir os atropelos.

A unanimidade mantívo-se nas votacións de sendas declaracións institucionais sobre o �5 de novembro, Día contra a violencia de xénero, e sobre o Alzhéi-mer.

Antonio Pérez, alcalde de Xinzo (PP). M. Pérez Grande (Anova).

Elvira Lama (PSOE). Ramiro Suárez, (BNG).

Francisco Romero (APGA).Teresa Puga (AIDAL).

Page 12: Novembro 2012 - BXVAC

1� BARRIOSNovembro de �01� ALLARIZ E COMARCA

4 Aprendendo a facer “mexunxes”

As asociacións veciñais de San Mamede, Queiroás de Igrexa e Vilaboa de Allariz organizaron duran-te a última semana de ou-tubro un obradoiro de ela-boración de “mexunxes” para o autocoidado. A actividade, enmarcada no programa Mulleres Com-partindo, está baseada nos coñecemento das mulle-res nos usos das herbas da contorna.

Zeltia Burgos, axente forestal, mostrou ás asis-tentes a elaboración dun “mexunxe” relaxante e tamén para os golpes así como unha almofada para durmir mellor.

4 O Parque de Chorente reforza o subministro eléctrico

O Concello de Allariz adxudicou o contrato de mellora de infraestruc-tura eléctrica do parque empresarial de Chorente. “A nova obra de submi-nistro permitirá mellorar a iluminación pública e o abastecemento ás em-presas, ao mesmo tempo que mellorará a eficiencia enerxética no polígono” explicaba o alcalde.

Os traballos foron adxu-dicados por un importe de 119.999 euros á empresa Montajes Eléctricos Her-manos Fraguas e “consis-tirán na instalación de vías alternativas de subminis-tro para, ante calquera in-cidente, garantir o servizo ás empresas do polígono”. A actuación conta cunha subvención do 80% da Consellería de Industria.

4 A Fundación Vicente Risco dixitalizará os seus fondos

A Fundación Vicente Risco de Allariz acaba de iniciar o proceso de dixi-talización de todos os seus fondos, un total de 60.000, co obxectivo de achegar o legado documental de Vi-cente e Antón Risco a toda a poboación.

As primeiras obras dixitalizadas xa se poden consultar gratuitamente a través da web www.fun-dacionvicenterisco.com

EN BREVE

Paula Lodeiro

Declarada de interese galego en 1986 e recoñe-cida e clasificada como benéfico-docente pola Consellería de Educa-ción, a Fundación Ramón González Ferreiro é un verdadeiro promotor edu-cativo en Allariz, desde as súas instalacións en Pa-ciños. Milagros Ferreiro Estévez, neta dun primo de Ramón González, é a súa apoderada e adminis-tradora, e forma parte do padroado da Fundación xunto a outros seis mem-bros, entre os que está o seu irmán, o seu pai e outros familiares do fun-dador.

Cal é a orixe da Fun-dación Ramón González Ferreiro?

Milagros Ferreiro: “O fundador, Ramón Gonzá-lez Ferreiro, foi natural de aquí, da aldea de Paci-ños; emigrou a México no ano 1914, de noviño, fixo fortuna e morreu no ano 1980. Nós constituimos a Fundación en 1985, apa-receu o testamento, non houbo últimas vontades nin tiña familia directa porque non casou nin tivo fillos. Fíxose o edificio no ano 91, 9�, e a partir de aí arrincamos.

O obxecto social estaba encamiñado á formación, porque el deixou dito no testamento que era para un colexio; claro, no ano 1948 non había escolas, e iso deixouno moi claro e mantémolo. Quería unha cátedra de inglés, pois como estaba en México tiña negocios con Estados Unidos e botou en falta o idioma. No ano 98, 99 empezamos a dar clases de inglés extraescolares, os sábados toda a mañá, cos nenos de Allariz, e foi a máis e xa fixemos para adultos e toda a semana”.

O Centro de educación ambiental O Rexo é outra das vosas iniciativas.

M.F.: “Empezou como un centro de formación de gan-deiría, o que chamábamos nós escola silvopastoril, no ano 98. É un proxecto xun-to co Concello de Allariz, buscamos que a xente poi-da gañar cartos sen aban-donar o campo, e fomos a unha granxa de ovellas, e de ovellas de leite, en Gali-cia as ovellas son de carne, pero aí non lle sacas cartos, sácalles cartos no queixo. É un proxecto no que nos axudou un instituto de in-vestigación vasco a polo en marcha, trouxemos un rabaño da zona de Vitoria, �00 ovellas en setembro de �000, a parideira foi en xa-neiro de �001 e empezamos. É un queixo tipo Idiazabal, maduro. A Fundación creou unha SL para comercializar o queixo, que se vende no Corte Inglés de toda Gali-cia, en Allariz vendemos en todas as tendas de delicate-sen e en restaurantes.

É unha experiencia moi bonita, aínda que deu moito

traballo; unha experiencia piloto para que a xente o vira, coa idea de facer unha cooperativa. Nós non lle sacamos máis que o comi-do polo servido, pero para unha familia si resultaría; economicamente, sería un soldo para un matrimonio. E de feito hai unha fami-lia de madrileños en Cas-tro Caldelas que montaron unha granxa de cabras; nós facemos seis meses queixo de ovella, de xaneiro a xu-llo, e eles fan o resto do ano, é dicir, a queixería está en funcionamento todo o ano.

Na escola silvopastoril tiñamos poucos alumnos, pero tiñamos visitas, ás ve-ces viñan colexios. Entón o que fixemos foi unha aula de natureza, e agora é o que funciona: o Centro de Edu-cación Ambiental O Rexo. O ano pasado tivemos máis de 4.000 visitas, sobre todo de escolares, moitas escolas infantís, moitos veñen ver os cordeiros na época da pa-rideira, xaneiro e febreiro, e ata xullo e agosto funciona. O noso forte é o centro de

educación ambiental”. E a Fundación tamén

ten un albergue…M.F.: “E outra actividade

para nós importante, o al-bergue, que é complemen-tario do centro de educación ambiental, porque moitos escolares veñen visitar o Rexo e demandan activida-des para dous ou tres días, fan rutas, un obradoiro de reciclaxe en inglés, teñen saídas a Allariz…

E o albergue é no verán cando funciona máis, cando facemos os campamentos, todo o mes de xullo, este verán tamén fixemos unha semana en agosto, e agora vou ofertar xullo e agosto, con grupos de 8 a 11 anos e de 1� a 14”.

Durante unha década tivestes unha colabora-ción coa escola de deseño Felicidad Duce, ides apro-veitar as instalacións para ofertar algún curso de formación?

M.F.: “A colaboración coa Escola de Deseño de Felicidad Duce comezou en 1998, cunha visita do da-quela alcalde Anxo Quin-

tana e o deseñador Adolfo Domínguez, quen mandaba os seus traballadores a for-marse a Barcelona, aí em-pezou a escola de deseño.

Agora sacamos o curso de costura básico, porque a xente nova o solicita, xente a quen sempre lle facía as cousas a súa mamá e agora non poden. Impárteo unha profesora que estivo dan-do patronaxe, e ensina a manexar as máquinas, e a chegar a confeccionar unha prenda. Facémolo tres me-ses e despois iniciaremos un curso máis avanzado.

Para aproveitar o que nos quedou da colaboración con Felicidad Duce, as má-quinas de coser, o material, queremos falar coa Conse-llería de Educación e homo-logar o centro para impartir un ciclo de deseño, e ade-mais outro curso que teña que ver co medio ambiente. Agora saíu o ciclo formati-vo de monitor en educación ambiental, que podía en-caixar aquí, empezou este ano e en toda Galicia só se dá en Ponteareas. A ver se conseguimos implantalo co apoio da Consellería”.

Que tal é a relación da Fundación con outras ad-ministracións?

M.F.: “A colaboración co Concello de Allariz é total; de feito, Cristina Cid, a te-nente de alcalde, é membro do padroado, tamén está Antonio Blanco, que foi concelleiro de Cultura fai anos”.

Aféctavos a crise?M.F.: “Nós mantemos os

prezos do albergue, do cur-so de inglés e nos cursos de cociña cobramos só o mate-rial. Facemos as actividades con fondos da Fundación e algunha subvención, ata o ano pasado tiñamos un convenio con Caixa Ga-licia e algunha colabora-ción coa oficina alaricana de La Caixa, pero estamos buscando financiación por outro lado, pois agora cos tipos de interese que hai, cos fondos propios da Fun-dación non chegamos”.

Que vos quedaría por facer na Fundación ?

M.F.: “Dar a coñecer máis as nosas actividades en Allariz e en todo Ouren-se, parece que a zona máis próxima é a que menos nos coñece, e seguir coas nosas actividades principais: os idiomas, o albergue, darlle máis actividades ao centro de educación ambiental…”

ENTREVISTA A MILAGROS FERREIRO ESTéVEZ, ADMINISTRADORA:

“O obxecto social da Fundación está encamiñado á formación”

4 Os seus retos: dar a coñecer máis as actividades da Fundación Ramón González Ferreiro en Allariz e contorna e conseguir cursos homologados pola Xunta relacionados co deseño e o medio am-biente.

Milagros Ferreiro, na sede da Fundación Ramón González Ferreiro, en Paciños (Alla-riz)./P.LODEIRO.

“O ano pasado tivemos máis de 4.000 visitas, sobre todo de escolares, ao Centro de Educación Ambiental O Rexo”

Page 13: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

13ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A modificación de cinco ordenanzas fiscais regula-doras provocou o pasado xoves 8 de novembro un intenso debate no pleno municipal alaricano.

O pleno aprobaba a suba en cinco ordenanzas fiscais, IBI, lixo, auga e saneamento, “xantar so-bre rodas” e instalacións deportivas “para poder sufragar o custe de man-tementos dos servizos, así como para manter progra-mas sociais ou de emprego que sufriron graves recor-tes por outras administra-cións” defendía o rexedor, Francisco García.

Cos votos en contra dos populares, a corporación aprobaba a suba do tipo

de gravame do Imposto de Benes Inmobles do 0,5 % ao 0,7%; o incremento de sete euros ao ano do recibo do lixo (4� euros nas parro-quias e 62 na capitalidade); un 5% da factura da auga e a actualización do IPC (2,7%) no saneamento.

Por unanimidade refren-dáronse as subas en torno ao 10% das taxas en instala-cións deportivas e o “Xan-tar sobre Rodas” custará, en función da renda, ata un máximo de cinco euros.

O pleno de Allariz aproba a suba de cinco taxas4 Tras un intenso debate.

Redacción

Preto de 30.000 persoas visitaron nos seis meses que estivo aberto o Festival de Xardíns de Allariz (FIXA). Segundo informaron o al-calde, Francisco García, e o concelleiro de Medio Am-biente, Bernardo Varela, a edición �01� do festival deixou unha recadación to-tal de máis de 34.000 euros. Despacháronse 26.649 entradas, cunha media de 4.000 visitas ao mes e un pico de 9.000 visitantes en agosto, cifras ás que hai que engadir os 3.000 visitantes con tarxeta de cidadanía con entrada gratuíta.

Todas estas cifras amo-san o cumprimento de tres obxectivos principais polos que foi creado o festival, e

que fixeron del unha rea-lidade consolidada “dina-mización económica ala-ricana, facer de Allariz un referente no paisaxismo e na xardinería e a creación dun espazo de ocio para ve-ciños e visitantes que forma parte dunha rede de parques e xardíns á beira do Arnoia que suman entre todos 13

hectáreas”, expresaron as autoridades locais.

Raúl Diniz, gañadorAs votacións do público

elixiron a proposta do pu-blicista e deseñador brasi-leiro afincado en Allariz, Raúl Diniz, “El agua es vida, el agua viva”, como o xardín gañador deste ano,

O Festival de Xardíns pecha con preto de 30.000 visitas4 A proposta gañadora foi “El auga es vida, el agua viva”, do brasileiro Raúl Diniz.

con máis do 50% dos vo-tos. O segundo posto foi para “Magua”, de Paivert, e o terceiro para “Natura-leza Líquida” do grupo de paisaxe APEVC de Cata-luña.

Próxima ediciónO 15 de novembro pe-

cha o prazo de propostas que formarán parte, xunto ao xardín gañador des-te ano, da cuarta edición do FIXA, que terá como lema “Allariz, beleza que inspira” e no que o recin-to de festival se ampliará noutros �0.000 metros cadrados no parque do Fe-rradal.

Xardín gañador, deseñado por Raúl Diniz./ARQUIVO.

O recibo do lixo sube 7 euros, a factura da auga un 5%, e o uso das instalacións deportivas, un 10%

Page 14: Novembro 2012 - BXVAC

14 BARRIOSNovembro de �01� CELANOVA E COMARCA

Alejandro Mínguez

Julio Gosende Carballo naceu en San Cibrao das Viñas hai 41 anos, pero é de Celanova, onde leva toda a vida á fronte do negocio familiar relacio-nado cos mobles. Traba-llador, inquedo e sociable. Casado e con dúas fillas, é organizador de distin-tos eventos na vila de San Rosendo nos últimos anos, concretamente na rúa Celso Emilio Ferreiro, onde está o seu negocio. Tamén é directivo da Aso-ciación de Comerciantes e Empresarios de Celanova, ACCE. A última cita orga-nizada baixo a súa tutela, o pasado venres 9 de no-vembro, un magosto po-pular con sorteos, comida, castañas e música do trío Imperio.

Como xorde en vos-tede a inquietude para organizar eventos en Ce-lanova?

Julio Gosende: “No ano �009 organicei a primeira Feira da Oportunidade de Celanova coincidindo co nacemento da miña filla pequena. Había tempo que non se celebraban feiras anuais e deuse a circuns-tancia de que tiña moita mercancía no meu nego-cio, a crise estaba afec-tando de xeito importante e había que buscar unha solución. Preguntei en

ENTREVISTA A JULIO GOSENDE, ORGANIZADOR DA FEIRA DA OPORTUNIDADE E MEMBRO DE ACCE

“Na Feira da Oportunidade do 2013 haberá novidades e algún famoso en Celanova”

4 Gosende encárgase tamén da organización da festa do San Xoan, o magosto e a Noite do Poeta.

Expourense para participar na Mostra da Oportunidade que celebraban para desfa-cerme do importante stock e o stand custaba mil euros. Pareceume moi caro. Deci-dín que podía facer algo si-milar en Celanova para dar saída ao meu produto e ao mesmo tempo ofrecelo ao resto dos comerciantes da rúa Celso Emilio Ferreiro que puideran estar na mes-ma situación pero sen ter que facer fronte a un pago por stand”.

Pero vostede xa tivera algunha iniciativa ante-rior.

J.G.: “Si, fun dos que loitei para que o mercado semanal dos xoves de Cela-nova se mantivera o Xoves Santo, ao entender que era un día especial no que ha-bía moita xente no pobo e turistas de vacacións, e non podía cambiar para outro día só por ser festivo”.

E a xente responde ben ás súas iniciativas?

J.G.: “A verdade é que non hai queixa, responde moi ben”.

Como consegue o tre-mendo éxito de público e traer a Celanova a or-questras como Panorama ou París de Noia na súa feira e non se consegue nas festas do verán?

J.G.: “Con moito traba-llo, para financiar a Feira da Oportunidade e traer orquestras punteiras teño

que organizar outros even-tos como a festa do San Xoán, a Noite do Poeta ou o Magosto e recadar o po-sible para despois investir na Feira da Oportunidade, vendendo lotería, pedindo algún favor...”

Actividades nas que a rúa é unha festa.

J.G.: “Si, pechamos a rúa ao tráfico e organiza-mos unha cea, xogos para nenos, música, actividades para todos”.

Cómo se portan as ad-ministracións?

J.G.: “A verdade é que tanto Concello de Celanova como Mancomunidade fan achegas mínimas, testimo-niais”.

Organizou o magosto, con prezo especial para parados de longa dura-ción.

J.G.: “Si, a idea foi fa-cer algo accesible e nestes tempos de crise, o magosto tiña un prezo xeral de 10 euros pero para parados de 1 euro”.

Pódese dicir que a Cel-so Emilio Ferreiro é a rúa comercial de Celanova?

J.G.: “Hai 36 establece-mentos abertos con oferta variada e moi poucos locais pechados.

Hai algunha necesidade

na rúa?J.G: “Estamos no centro

de Celanova, próximos ao estacionamento, con boa iluminación e servizos, de momento non hai queixa”.

Como será a edición 2013 da Feira da Oportu-nidade?

J.G.: “A feira será por quinto ano o día de Xoves Santo, coincidindo co festi-vo, as vacacións e o merca-do semanal. Teremos, como en edicións anteriores, me-dio cento de postos de ven-da na rúa de cuestións moi variadas e, do mesmo xeito que no 2012, os concesio-narios de automóbiles de Celanova que queiran parti-cipar ocuparán a rúa peonil paralela a Celso Emilio Fe-rreiro. Despois de acudir as orquestras de renome en anos anteriores, para 2013 estou negociando a asisten-cia dalgún famoso, haberá sorpresas”.

A Festa do Comercio cambia de día, non?

J.G.: “Si, a Festa do Co-mercio que era na véspera, o mércores, en 2013 pasará ao Sábado Santo. Haberá unha cea popular como nas edicións anteriores no Par-que das Trigueirizas e como novidade no 2013 teremos a ocasión de degustar por-

co ao espeto, por parte dun especialista de Salamanca. Tamén haberá polbo e sor-presas para as máis de 543 persoas que participaron no 2012 e que esperamos superar no 2013. Pendente de pechar aínda a atracción musical”.

Todo o traballo e de-dicación, incluso supoño que algún sen sabor, com-pensan?

J.G.: “Para min si, para min nese momento é grati-ficante, é unha satisfacción persoal”.

Ata cando?J.G.: “Supoño que ata

que me aburra”.Vostede encárgase da

organización, sen vostede haberá continuidade?

J.G.: “Pois non sei, á xente hai que darlle as cou-sas feitas, se ofreces todo listo participan, senón ao mellor nin preguntan.

E para rematar, como ve o comercio celanovés en xeral?

J.G.: “Pois mal, supo-ño que haberá xente á que lle vai máis ou menos ben, pero hai xente moi afectada pola crise”.

Algunha solución?J.G.: “En Celanova fan

falla empresas, crear rique-za, que haxa xente, que se reactive o gasto de novo”.

Julio Gosende organizou o 9 de novembro un magosto popular en Celanova./A.MÍNGUEZ

Gosende é o xerente da tenda de mobles da súa familia.

4 Premio de investigación

Co obxecto de manter o legado intelectual, cultural e relixioso do que fora pá-rroco de Celanova ao longo de dúas décadas, Manuel Iglesias Grande, falecido en 1994, a súa familia es-tableceu dende hai 14 anos a convocatoria dun premio de investigación, convoca-toria que asume tamén a Academia Auriense-Min-doniese de San Rosendo dende �011.

Nesta edición, o xoves 15 de novembro péchase o prazo de recepción de traballos, que deben pre-sentarse na Parroquia de Celanova, ou a [email protected]. O autor premiado recibirá un diploma acre-ditativo, 1.500 euros de dotación económica e a edición do traballo (de ser unha personalidade ou ins-titución, recibirá unha es-cultura de San Rosendo).

4 Pechada a oficina de turismo de Celanova

O Concello de Celanova informa que de xeito tem-poral a Oficina Municipal de Información Turística manterase pechada e só efectuará visitas guiadas ao Mosteiro de San Salva-dor previa reserva, para grupos de 10 ou máis per-soas.

O horario das visitas é de martes a sábado (ex-cepto festivos) ás 11, 1� e 13 horas e pola tarde ás 16 e 17 horas. As reservas poden realizarse no 988 432 201 ou en [email protected].

4 Cursos nas aulas CeMIT

Desde o 19 de novem-bro e ata o 4 de decembro desenvolverase unha ac-tividade sobre Creación Multimedia e Web �.0 nas aulas da rede CeMIT dos concellos de Celano-va e Allariz, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Esta actividade gra-tuíta de 40 horas ten por obxecto facer un perco-rrido polos procedemen-tos básicos de creación de contidos adaptados á web.

EN BREVE

“En Celanova fan falla empresas, crear riqueza, que haxa xente, que se reactive o gasto de novo”

Page 15: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

15CELANOVA E COMARCA

A. Mínguez / P. Lodeiro

A dimisión de Antonio Mouriño como alcalde para dar o salto a Santiago como parlamentario foi o inicio dos problemas entre os sete concelleiros do PP que mantiñan a maioría absolu-ta en Celanova dende as úl-timas eleccións do pasado ano. Designar a José Luís Ferro como alcalde non foi tarefa fácil e nos 10 días de prazo houbo reunións varias a moitas bandas con tres candidatos na terna, Máximo Losada, Pilar Re-gueiro e o propio Ferro. O �5 de setembro chegou a fumata branca, pero o gru-po xa estaba tocado.

Durante a campaña elec-toral (5 ao 19 de outubro) houbo tensión, presións e amago de dimisións de máis dun concelleiro popu-lar, pero ao final todo pasou pola proximidade electoral e a necesidade de dar apa-riencia de unidade no Parti-do Popular.

Os feitos, día a díaO luns �9 de outubro,

Montserrat Álvarez Vispo, concelleira do PP dende �011 (foi a número 5 da lista), non se presentaba á Xunta de Goberno do Con-cello de Celanova da que formaba parte con outros catro compañeiros popula-res.

O martes 30 de outubro, a corporación municipal de Celanova celebraba un ple-no de 18 puntos na orde do día e a concelleira popular Montserrat Álvarez Vispo non acudía e non xustifica-ba a súa ausencia. Deixa-ba polo tanto en minoría ao grupo de goberno con seis concelleiros e poñía de manifesto as diferenzas no PP iniciadas coa marcha de Antonio Mouriño Vi-llar como alcalde o 15 de setembro para presentarse como candidato ao Parla-mento de Galicia. Era a pri-meira sesión ordinaria pre-sidida polo novo alcalde, José Luís Ferro Iglesias.

O mércores 31 de outubro o grupo de goberno do PP de Celanova solicitaba pu-blicamente por medio dun

comunicado de seis puntos a dimisión da concelleira díscola. Nese comunicado, asinado polos seis conce-lleiros do PP, recoñecen as “presións exercidas” por Montserrat Álvarez den-de o mesmo momento da dimisión de Mouriño para facerse cunha dedicación e en caso contrario pasarse ao grupo mixto e impedir que o PP seguise no poder de Celanova.

O venres � de novembro a concelleira presentaba a renuncia ás súas com-petencias e formalizaba o seu paso ao grupo de non adscritos, polo que mantén a acta de edil. Xustificou a súa actitude no feito de ter coñecido pola prensa que as festas de 2013 non estarán tuteladas polo Concello, tra-tándose dunha área da súa competencia. Tamén negou as acusacións formuladas polo grupo de goberno no comunicado do día 31.

O sábado 3 de novembro o alcalde de Celanova, José Luís Ferro, emite un novo comunicado para contes-tarlle á edil díscola, subli-ñando que era coñecedora da decisión de non organi-zar as festas e incluso tiñan preparada unha reunión cos comerciantes para o día 6. Ferro acusa veladamente a Álvarez Vispo de intereses económicos polas relacións familiares que ten con em-presas de organización de eventos. Ese mesmo sábado

O goberno de Celanova, en crise4 A concelleira Montserrat Álvarez abandonou, de xeito polémi-co, o Partido Popular, que pasa a gobernar en minoría.

O luns 12 de novembro celebrouse unha xunta de portavoces na que participaron os vo-ceiros do PP, Máximo Losada, do PSOE, María Jesús Boo, o alcalde, José Luís Ferro, do BNG, Leopoldo Rodríguez, e a concelleira non adscrita, Monserrat Álvarez. /A.MÍNGUEZ

Os socialistas de Cela-nova fixeron pública a súa postura en relación a este polémico asunto. E foron claros, descartan levar a cabo unha moción de censura contra Ferro, pero reclaman que a partir da agora o rexedor celanovés ten que “consultar e nego-ciar con todos os grupos políticos”.

Sen querer “marcarlle a liña política a ninguén”, os socialistas parten para

4A postura do PSOE (3 concelleiros)negociar de varias prio-ridades. Entre elas está acordar a paralización do traslado do instituto, que haxa unha maior transpa-rencia na xestión, que se devolvan ao pleno com-petencias delegadas na xunta de goberno, que se negocie unha postura co-mún fronte á mancomuni-dade, e que nos orzamen-tos de 2013 se modifiquen os soldos e as dedicacións exclusivas.

4A postura do BNG (3 concelleiros)O BNG de Celanova

descarta unha moción de censura e anuncia “un tra-ballo intenso de control para acabar con �0 anos de xestión popular autori-taria”. Xa que, a xuízo dos nacionalistas, “esta situa-ción entra dentro do que o PP considera norma-lidade” e é froito do seu estilo de politica, “na que priman os seus intereses económicos en lugar das necesidades dos veciños”.

O BNG presentou xa unha moción para reducir as tres dedicacións parciais a unha soa, así como unha única dedicación exclusi-va, a do alcalde, e cun sa-lario acorde á situación de crise económica actual.

Os nacionalistas quixe-ron deixar claro que “pola vía do diálogo estaremos dispostos, como sempre, a colaborar cos demais gru-pos para acadar a gober-nabilidade do Concello”.

4A explicación do alcalde (PP, seis edís)O alcalde José Luís Fe-

rro, acusou veladamente a Álvarez Vispo de inte-reses económicos na or-ganización das festas de Celanova. Ferro subliñou que o compañeiro sen-timental da concelleira

“díscola” aparece como responsable de dúas so-ciedades “casualmente dedicadas á organización de eventos festivos” e á contratación de dúos, tríos, orquestras, charan-gas, bandas, etc”.

Montserrat Álvarez Vis-po non fixo máis declara-cións públicas que dous comunicados enviados á prensa. Neles di que non se considera política, só aceptou a invitación que en 2011 lle fixo Antonio Mouriño para ir na lis-ta do PP, e recoñece que unha vez como concellei-ra “todo estaba prepara-do” e se limitaba a votar. Reclamou participación máis aló de levantar a man, explica, “propuxen facerme cargo dunha con-cellería” sen importar o que ía cobrar, di Álvarez Vispo, estando disposta a esperar ata que os orza-mentos permitisen un sol-do para ela. Ofrecéronlle a Concellería de Cultura “que aceptei” pero denun-cia que nada más empezar a traballar na súa área se atopou con trabas e pro-

blemas por parte dos seus compañeiros de grupo e funcionarios municipais. Acusa ao actual alcalde de terlle mentido e ase-gura que a súa dimisión é o resultado de todas estas dificultades e de terse en-terado pola prensa da non organización das festas do verán 2013 por parte do Concello, sendo unha competencia directa dela e tendo xa iniciados con-tactos para tal fin.

Nun segundo comuni-cado, é moito máis dura coa persoa de José Luís Ferro a quen acusa de terlle mentido en reitera-das ocasións e defende ao anterior rexedor, Antonio Mouriño, quen mediou para que tivera unha con-cellería propia e de peso. Remata dicindo que non é ningunha traidora e soli-cita a baixa no partido.

4A explicación de Monserrat Álvarez

o BNG de Celanova ofrecía unha comparecencia para falar da situación municipal, descartando unha moción de censura e anunciando un traballo intenso de control para acabar con �0 anos de xestión popular autoritaria. A rolda de prensa do PSOE sería o 8 de novembro, e nela a portavoz socialista, María Jesús Boo, conside-raba que se abría unha nova etapa en Celanova na que o alcalde debería “negocialo todo” con todos os grupos políticos.

Xunta de portavocesA historia continou este

luns 1� de novembro coa primeira xunta de portavo-ces do mandato de Ferro, na que, ademais dos vocei-ros de PP, PSOE e BNG e o propio alcalde, estivo pre-sente a concelleira non ads-crita, Monserrat Álvarez.

Malia ser tránsfuga e por tanto non poder formar par-te da xunta de portavoces, o rexedor convidouna a estar presente nesta primeira re-unión “por se consideraba oportuno dar a coñecer nese foro plural as razóns que a levaron a provocar a situa-ción que súa decisión está provocando no Concello. Razóns que non deu a co-ñecer, xa que se abstivo en todo momento de falar na rolda de intervencións que abriu o alcalde na reunión”, indica Ferro nun comunica-do.

O alcalde insiste en que “a maioría electoral tena o PP”O luns 19 volverá haber xunta de portavoces

Entre outros asuntos, na xuntanza acordouse faci-litar a contratación de per-soal para reabrir a oficina de turismo, e os voceiros da oposición solicitaron o traslado a horario de tarde dos plenos e a dotación dalgún local para cada grupo, algo que o alcalde de Celanova se compro-meteu a estudar. O próxi-mo luns, día 19, volverán manter unha segunda re-unión “para seguir avan-zando nestas e noutras propostas”.

A respecto da situación política en Celanova, José Luís Ferro insistiu trala xunta de portavoces en que “a maioría electoral tena o PP, a alcaldía tena o PP e, polo tanto, a ini-ciativa política seguiraa tendo o PP”. Ferro desta-cou “a prudencia amosada ata o de agora tanto polos tres concelleiros do BNG como polos dous conce-lleiros do PSOE”. Non así de María Jesús Boo, que a través dalgunhas das declaracións “daba a sen-sación de que xa se sentía alcaldesa”, engadiu.

Page 16: Novembro 2012 - BXVAC

16 BARRIOSNovembro de �01� CELANOVA E COMARCA

Redacción

O BNG de Celanova vén de rexistar unha moción que se debatirá no próxi-mo pleno ordinario, para solicitar un estudo á Xunta de Galicia que solucione a mobilidade en dous núcleos da parroquia de Mourillós, afectados pola futura auto-vía.

Os concelleiros nacio-nalistas realizaron nestes días varias visitas ás obras que se están a realizar da autovía A5�-fronteira Por-tuguesa, concretamente no ramal de acceso centro á vila de Celanova, ramal que transcorre por dous lugares da parroquia de Mourillós, concretamente os núcleos

do Campo e O Val.Neste lugar o trazado

do enlace centro provoca “unha grave deficiencia de acceso tanto peonil como para automóbiles, xa que este novo trazado atravesa a anterior estrada que é a única vía de comunicación entre o pobo do Campo e o pobo do Val”, explican os edís do Bloque nun comu-nicado.

Este novo trazado con-verte esta zona “nun lugar perigoso para a circulación dos coches, impracticable para peóns e moito máis para as persoas con mobili-dade reducida, debido a que os veciños teñen que atra-vesar este ramal da autovía a pé”, engade o texto. A data

Xornada formativa da Cruz Vermella en CelanovaA Cruz Vermella celebrou en Celanova un enconto autonómico de ERIE, o seu equipo

de resposta inmediata en emerxencias. Durante a xornada do sábado 10 de novembro desenvolveuse na praza Maior celanovesa unha acción formativa coa finalidade de que o voluntariado puidese adestrar as habilidades básicas e ser así máis eficientes na inter-vención en emerxencias. A Cruz Vermella montou varias carpas e realizou un exercicio para aprender a traballar de maneira coordinada e en equipo e coñecer os materiais que utilizan os equipos de resposta inmediata en emerxencias.

En Galicia, a Cruz Vermella dispón de dous equipos de resposta inmediata en emer-xencias, un de intervención psicosocial, que ten como principal tarefa proporcionar unha adecuada atención aos afectados por unha situación de emerxencia, e un segundo equipo de albergue provisional o cal ten por obxecto a subministración e distribución de ele-mentos de abrigo, alimentación e hixiene.

A xornada desenvolveuse o sábado 10 de 10 a 22 horas na praza Maior. /A.MÍNGUEZ.

de hoxe, non se contempla ningunha infraestrutura que garanta a comunica-ción dos devanditos pobos “sen que supoña un risco para a seguridade das per-soas”.

Por todo isto, o BNG propón ao pleno da cor-poración de Celanova a un acordo de solicitude inmediata, antes do rema-te das obras, á Consellaría de Medio Ambiente dun estudo “para a busca dun-ha solución de mobilidade peonil integral e para au-tomóbiles”.

O BNG de Celanova reclama solucións de mobilidade na parroquia de Mourillós4 Dous núcleos están afectados pola constru-ción da autovía.

Queren unha solución antes de que rematen as obras da autovía

Page 17: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

17CELANOVA E COMARCA

Redacción

Os concellos de Cartelle e Ramirás beneficiáronse de subvencións do Gober-no autonómico para a rea-lización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por par-te dos concellos. En to-tal, estes dous municipios ourensáns recibiron 63 mil euros que destinaron á ade-cuación de prazas e paseos e á mellora dun parque in-fantil.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recepcionou as obras e asinou coas alcal-desas das dúas localidades as actas de conformidade.

En Cartelle, a obra fi-

Rogelio Martínez recepciona tres obras nos municipios de Cartelle e Ramirás4 Supuxeron o acondicionamento dunha praza, dunha parcela e dun parque infantil.

A alcadesa de Ramirás e o delegado da Xunta no parque infantil remodelado.

En Outomuro, Cartelle, a actuación consistiu na adecua-ción da praza do Concello.

nanciada ao abeiro destas axudas da Consellería de Presidencia foi a adecua-ción da praza do Concello, emprazada no núcleo de Outomuro. Esta actuación executouse co obxectivo de integrala visualmente con respecto aos edificios da Casa do Concello e Cen-tro Médico que acceden a través dela. Este espazo contaba con pavimento as-fáltico bastante irregular que se substituíu por pavi-mento de lastras de granito e cerámico. Ademais, gra-zas á subvención recibida por importe de case 35 mil euros, o Concello instalou mobiliario –xardineiras e bancos- para mellorar o as-pecto da praza.

O delegado territorial visitou, acompañado pola alcaldesa do municipio, Carmen Leyte, a praza re-modelada e constatou as obras realizadas.

Parque en RamirásRogelio Martínez ta-

mén recepcionou as obras realizadas en Ramirás. As actuacións consistiron no

acondicionamento dunha parcela situada no núcleo de Reguengo, a carón da igrexa de San Salvador de Penosiños, e a mellora do parque infantil no Picouto. Ambas as dúas actuacións tiveron un orzamento de 28.308 euros.

O delegado territorial da Xunta en Ourense compro-bou que as obras realizadas se axustaron ao proxecto e asinou, xunto coa alcalde-sa do concello, Pilar Otilia

López, a acta de conformi-dade.

No parque infantil subs-tituíuse o leito de area por un novo pavimento de bal-dosa de caucho. A parcela anexa á igrexa parroquial de Penosiños pavimen-touse con lastras de pedra e recolléronse as augas plu-viais. Ademais, instaláron-se morróns de pedra para delimitar a praza pública e mobiliario, e colocáronse plantas e árbores.

Page 18: Novembro 2012 - BXVAC

18 BARRIOSNovembro de �01� PROVINCIA

Rematou a primeira fase da escavación do túnel de Seiró, de 1.842 m Obras de remate do viaducto de Valdemouro.

Adif finaliza o viaduto de Valdemouro e inicia túneles en Corga de Vela e Laza4 Trátase dos últimos avances da liña de alta ve-locidade Madrid-Galicia.Redacción

Novidades nas obras de construción da liña de alta velocidade entre Ma-drid e Galicia ao seu paso pola provincia de Ouren-se. Adif vén de finalizar a construción do viaduto de Valdemouro, sito no tramo Porto-Miamán, que disco-rre polos termos munici-pais de Vilar de Barrio e Baños de Molgas, e acaba de iniciar dous túneles no concello de Laza.

ViadutoO viaduto de Valde-

mouro, que supuxo un investimento de 88,7 mi-llóns de euros, ten unha lonxitude de 411 metros, e está composto por unha plataforma ferroviaria para dobre vía de 14 me-tros de ancho.

O tramo no que está sito, Porto-Miamán, per-tencente ao Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade, Liña Madrid-Galicia, ten unha lonxitu-de de 6,5 kms.

Neste mesmo tramo ta-mén vén de ser rematada a primeira fase da esca-vación do túnel de Seiró, que terá unha lonxitude de 1.842 metros.

A construción do mes-mo -que requerirá un investimento de 88,7 mi-

llóns de euros- pasa ago-ra á súa segunda fase, que consiste na escavación da metade inferior da sección do túnel.

Novos túnelesTamén a finais de outubro

Adif iniciou a perforación dos túneles de Corga de Vela e O Corno, no munici-pio de Laza.

No primeiro no que co-mezaron as obras foi o de Corga de Vela, sito no tramo Prado-Porto. Tráta-se dun túnel bitubo (dous tubos paralelos, un para cada vía), cunha lonxitude de 1.170,6 metros para a vía dereita e 1.171,5 me-tros para a esquerda, o cal disporá de galerías trans-versais de emerxencia que conectarán ambos os tubos cada 400 metros como in-tervalo máximo.

O tramo Prado-Porto,está composto por 9,1 quiló-metros en vía dereita e 1,6 quilómetros en vía esquer-da. Trátase dun tramo con plataformas independentes para cada vía, que se com-plementa co tramo Túnel

de Prado (vía esquerda), de próxima adxudicación.

O orzamento para a exe-cución das obras de pla-taforma deste tramo é de 123,2 millóns de euros.

Túnel do CornoAdif tamén iniciou recen-

temente a perforación do túnel do Corno (de 8.570 metros de lonxitude), situa-do no termo municipal de Laza. Esta estrutura alber-gará a vía dereita do tramo, mentres que o túnel Cerde-delo-Prado acollerá a vía esquerda.

Esta primeira fase permi-te abrir a sección superior do túnel para facilitar o ac-ceso da maquinaria pesada. Posteriormente continúase coa segunda fase, denomi-nada de esnaquiza ou esca-vación da parte inferior do túnel (contrabóveda).

Concluídas as tarefas de perforación procederase a executar a drenaxe, imper-meabilización, hormigona-do da contrabóveda e re-vestimento do túnel cunha capa de formigón reforzado con fibras.

A finais de outubro iniciouse a perforación do túnel de Corga de Vela. P. Lodeiro

Cunha masiva afluencia saldouse a principal mani-festación na provincia des-te 14 de novembro, xornada de folga xeral, a que trans-correu polas rúas do centro de Ourense, onde a maioría de negocios secundaron o paro. Baixo o lema, “Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións”, unhas �0 mil persoas par-ticiparon na manifestación convocada polas principais centrais sindicais, UGT, CCOO e CIG. Coreando lemas como “nós non rou-bamos, só traballamos”, “así, nin un paso atrás, es-tes recortes ímolos parar” e “e culpa de quen é? dos que votan ao PP”, os ma-nifestantes amosaron a súa oposición á reforma labo-ral e ás políticas baseadas nos recortes e na perda de dereitos fundamentais do Goberno.

De histórica cualificaron os representantes sindicais a participación nesta mar-cha. “Estamos profunda-mente satisfeitos porque creo que se está dando a resposta adecuada a unhas medidas agresivas e nunca vistas por parte do capital contra a clase traballado-ra e o conxunto dos cida-dáns”, apuntaba o secreta-rio xeral da CIG, Etelvino Blanco. O sindicalista ci-tou o importante paro nos polígonos que rodean a capital ourensá, na reco-

llida de lixo, no sector de panadarías, nos autobuses e taxis e fixo unha referenza ao sector do comercio, “que por primeira vez na historia vese que esta manifestación non foi só feita polo sector de traballadores, senón que houbo unha participación importante de pequenos comerciantes e de autonó-mos.”

Pola súa banda, o sindi-cato CCOO Ensino estimou nun 60% o profesorado de ensino público de Ouren-se que decidiu secundar a folga, así como unha par-ticipación “masiva” do es-tudantado. Superan o 70% de paro, entre outros, cen-tros como o CPI de Mende, o IES As Lagoas, o CEIP de Celanova o IES de Allariz o CEIP Condesa de Fenosa do Barco, e o IES Chamoso Lamas do Carballiño.

A patronal baixa o seguimento ao 15%

Mentres, para a patronal, as cifras foron ben diferen-tes. A CEO cifra nun 15% o seguimento da folga xeral na provincia. Os empresa-rios só ven incidencia no sector da industria auxiliar da automoción, mentres que “na industria agroali-mentaria, na distribución de alimentación, na piza-rra, nas novas tecnoloxías, e na construción especiali-zada a convocatoria apenas tivo repercusión laboral”. Ademais, a CEO atribuiu o peche de comercios e esta-

blecementos hostaleiros, sobre todo no centro de Ourense, á actuación dos piquetes. Moitos deles, como cafeterías, manti-ñan a actividade no seu interior, malia teren as persianas a medio subir, e outros reabrían trala ma-nifestación, como algún supermercado.

Segundo informou a Xunta, o seguimento da folga xeral na Administra-ción autonómica e os seus organismos dependentes rolda o 25% e os servizos mínimos “estanse a cum-prir con normalidade na súa totalidade”.

IncidentesPara a Delegación do

Goberno en Galicia, a nor-malidade e a ausencia de incidentes destacados mar-ca o desenvolvemento da xornada de folga na nosa comunidade. A Garda Ci-vil informou da presenza de piquetes nos polígonos industriais próximos á ca-pital ourensá e un corte do acceso á autovía A-5� de madrugada. A este respec-to, o secretario xeral da CIG considerou “lamenta-ble” a actuación da Garda Civil no polígono de San Cibrao contra os piquetes, que tachou de “antidemo-crática”, pondo de exemplo a un axente “facendo osten-tación coa súa pistola”. A CIG preguntará á Subdele-gación do Goberno “quen deu as ordes da actuación”.

Masiva participación na manifestación do 14-N 4 Unhas 20 mil persoas acudiron á protesta orga-nizada polas centrais sindicais na capital ourensá durante a xornada de folga xeral.

20.000 manifestantes segundo a Policía e 30.000 segundo os sindicatos participaron na manifestación do día da folga xeral./P.LODEIRO.

Page 19: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

19VODAS especial

Desde hai anos cada vez que os nosos amigos recen-temente casados convidá-bannos a ver o “fantástico” álbum de fotos non sabía-mos onde meternos... Sen-tarnos no seu salón e porse ver as típicas fotos de poses totalmente surrealistas, e que máis que fotos bonitas, eran fotos de maniquíes cunhas poses totalmente ficticias. Ao deleitarte co álbum, tiñas un certo re-cordo ás fotos da voda dos teus pais. Todas igual, todas no mesmo sitio... Por sorte a tendencia fotográfica xa non vai por ese camiño, a pesar de que moitos fotó-grafos da vella escola si-gan utilizando as mesmas composicións unha e outra vez.

A reportaxe nupcial ac-tual busca crear un recordo do momento vivido, onde os invitados e os noivos sexan os protagonistas, imaxes orixinais e impactantes nas que os noivos se sintan có-modos fronte á cámara.

Un claro exemplo de fo-tografía nupcial innovado-ra é o fotógrafo de Verín Borys Martínez, o cal foxe dos tópicos fotográficos das reportaxes de voda. Con imaxes moi coidadas pero sempre cun toque orixinal e fóra do común.

“Esta claro que o día da túa voda pasarache voan-do e un recordo dese mo-mento do “si quero” ou simplemente as risas que pasasches cos teus amigos, terá unha gran importancia pasado uns anos”, afirma

Borys Martínez. “A voda é para que a

goces. Unha sesión de fo-tos non ten que estragar-che o día interrompendo a marcha normal da voda. Moitos son os noivos que me comentan: ‘fóronse a facer as fotos ao xardín e non apareceron ata que es-tabamos sentados para cear, non estiveron connosco en ningún momento nin nos aperitivos...’”

“Persoalmente creo que esa forma de traballar non é nin moito menos a ade-cuada. O único que conse-gues son fotos forzadas con présa e sen dúbida facendo perder aos noivos ese fan-tástico tempo que poden utilizalo en gozar cos seus amigos, familiares... Vistete outro día e goza da sesión de fotos, conseguirás unhas fantásticas instantáneas”, explica.

Borys recoméndanos or-ganizar as vodas con dous ou tres anos de antelación. “Soa a unha tolemia, pero é de entender. As vodas polo xeral son os sábados, e só hai catro sábados ao mes. É moi posible que o mes que

queiras casarte o restau-rante que che gusta, ou o fotógrafo no que confías estean xa ocupados. Ago-ra mesmo estamos a con-tratar as vodas do �014 e 2015 quedando practica-mente xa ningunha data libre para 2013. Se estás a pensar en casarte orga-niza sempre con moita antelación”, aconsella o fotógrafo.

“Non dubides en com-parar, no mundo das vodas atoparás ofertas e opcións moito máis baratas, pero ten en conta que é o teu día. Eu véxoo moitas ve-ces en restaurantes onde vou traballar. Os noivos escatiman á hora da ani-mación, non levando nin-gún tipo de discoteca mó-bil e a voda faise pesada e aburrida. Non todo é o vestido da noiva. Os invi-tados agora din ‘que ben o pasamos’, antigamente era ‘que ben comemos!!!’

Creo que as vodas están a cambiar totalmente, e os profesionais como nós temos que estar sempre á vangarda deste mundo”.

[www.borysmartinez.es]

As fotos de voda están a cambiar Restaurante Os Caracoles, para todas as celebraciónsEste hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas, banquetes e ceas de empresa

A calidade dos produtos e o servizo personalizado son dous dos puntos fortes de Asador-Restaurante Os Caracoles, a mellor elec-ción para aquelas parellas que están a decidir onde celebrar o convite do seu enlace ou para os grupos de amigos ou empresas que estean pensando onde celebrar a súa cea de Na-dal.

Situado na Derrasa, a tan só oito quilómetros da cidade, Os Caracoles con-ta dende o seu nacemento coa confianza de moitos ourensáns para elexilo como o marco perfecto das súas celebracións.

Servizos específicos para vodas

No tocante ás vodas, este establecemento, es-pecializado en alta coci-ña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose aos seus gustos e necesidades. Así mesmo, poden optar po completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou or-questra, segundo a elec-ción de cada parella.

Ademais, co fin de dar o mellor servizo e a máxi-ma comodidade aos seus clientes, Asador-Restau-rante Os Caracoles tan só

se compromete a un ban-quete por día e salón.

E precisamente en canto ás salas das que dipón, Os Caracoles conta na primeira planta cun salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas así como dous salóns específicos para ban-quetes, un para 70 e outro para �00 comensais, no se-gundo andar.

Outros servizosAdemais de restaurante,

Os Caracoles é tamén hotel (ten 15 habitacións), e ofre-ce os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e ta-pas típicas galegas.

O establecemento conta cun amplo aparcadoiro ex-terior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Fachada do hotel-restaurante Os Caracoles.

Información e reservas: Tel. 988 380 165

A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar

A calidade en cociña e o servizo personalizado son dous

dos puntos forte deste restaurante

Page 20: Novembro 2012 - BXVAC

�0 BARRIOSNovembro de �01�

especial VODAS

Colección de noivo, novidade a partir de xaneiro en Noar NoviasEsta tenda especializada da Valenzá (Ouren-se) xa dispón das coleccións de noiva, festa e comuñón da próxima tempada

Na Valenzá (Barbadás, Ourense), o pobo máis di-námico da provincia, ató-pase Noar Novias, unha boutique onde lle orienta-rán na elección do vestido de noiva, madriña, festa ou comuñón, axudándolle a atopar o modelo que en-caixe perfectamente con cada estilo e gusto. Como novidade, a partir de xanei-ro de 2013 a tenda disporá de colección de noivo.

Nesta tenda atopará to-das as novidades no mundo da moda que lle axudarán a preparar eses eventos importantes. Para a tem-pada 2013 as noivas van poder atopar en exclusiva as coleccións dos deseña-dores nacionais e interna-cionais máis recoñecidos, por exemplo, White One de Pronovias, Lugo Novias, Nalia e Alba Moda.

En madriña e festa para o vindeiro ano a tenda conta-rá cos mellores deseñadores coas mellores coleccións, como Pepa Recasens, De-metrios e Lugo Noivas, con tallas segundo colección desde a 36 á 60.

E en comuñón 2013, te-ñen os mellores deseños tanto para nena como para neno, con traxes a medida. Disporán das coleccións de Lovely Day, Venus, Mar-garita Lasalvia, Cemaros e Parti Kids, e todos os com-plementos que necesite.

En Noar Novias teñen vestidos para todos os gus-tos, e por iso, fan especial fincapé na alta calidade da roupa, a perfección do aca-

bado, a beleza dos materiais e cortes, e a adecuación dos prezos.

En definitiva, neste esta-blecemento atopará a peza ideal que realzará a súa fi-gura para cada ocasión. Se ten unha solicitude especial,

Estamos en:Av. Celanova, 37, baixo – A Valenza – Barbadás - Ourense - Telf: 988 606 488

Segundo un informe da Federación de Usuarios e Consumidores Indepen-dentes (FUCI), casar en España en 2012 custa en-tre os 7.580 e os 18.800 euros, co que a media é de 13.190 euros, o que supón un descenso do 8,3% con respecto a 2011. En Gali-cia o custo medio dunha voda é de 12.800 euros, lonxe de Madrid, á cabeza cun gasto medio por enla-ce de 16.600 euros.

Esta organización de consumidores realizou un estudo para coñecer a canto ascende o custo real dunha voda cunha media dun cento de comensais, que revela que o gasto en vodas en España descende por quinto ano consecuti-vo. Atribúe a FUCI este feito á negativa conxun-tura económica que está a lastrar a economía dos españois.

Recortes no gastoO gasto previsto polos

noivos descendeu desde 2008 ata un 42% . O ban-quete, a viaxe de noivos e algúns detalles nupciais son os capítulos onde se producen os maiores re-cortes.

O banquete representa o principal dispendio dunha voda ao supor a metade da factura total. En función do restaurante e menú elixido, o custo por invi-tado pode variar entre os 36 e os 85 euros, ao que habería que engadirlle a música e a barra libre que supón uns 850 euros de media.

Segundo a FUCI, os contraentes esfórzanse en

buscar a mellor relación calidade/prezo, e así ocorre nun gasto tan importante como o banquete, cuxa me-dia supón uns 7.000 euros, 600 menos que hai un ano.

O traxe das noivas supón un desembolso non inferior aos 500 euros, cantidade á que hai que sumar o prezo dos zapatos, complemen-tos, maquillaxe, peiteado e ramo que incrementan o orzamento até chegar aos case 1.500 euros de media. Nos homes, o gasto oscila entre 310 e 750 euros.

Os detalles nupciais, é di-cir, as arras, alianzas, invi-

tacións e as flores da igrexa supoñen ao redor de 1.200 euros. Mentres, o custo me-dio da reportaxe fotográfica e de vídeo, sitúase ao redor dos 650 euros.

A viaxe de noivos va-ría en función do destino elixido, aínda que é difícil que sexa inferior aos 1.200 euros por parella, segundo o estudo.

En canto ás autonomías nas que contraer matrimo-nio é máis caro, Madrid sitúase á cabeza cun gasto medio de 16.600 euros, se-guida de Cataluña (15.900) e Valencia (15.500).

Canto custa casar?En Galicia o gasto medio nunha voda é de 12.800 euros

estudarán a súa petición e seleccionarán a peza que mellor se adapte ás súas necesidades persoais. Non dubide en ir visitar a súa tenda, preguntar e ver o seu catálogo. Estarán en-cantados coa súa visita.

Vestido de festa á venda en Noar Novias.

Ofrece en exclusiva as coleccións 2013 de White One (de Pronovias),

Lugo Novias, Nalia e Alba Moda

Page 21: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

�1VODAS especial

Estilo e comodida-de en roupa de festa é o que ofrece Komodamoda a aquelas mulleres que queren estar a última con pezas cómodas e actuais independentemente da ta-lla que necesiten.

Para esa ocasión epe-cial Komodamoda ofrece unha colección con ves-tidos tanto curtos como longos, e incluso prendas máis poñibles. Ante todo o máis importante é que a muller se sinta cómoda, que non teña a sensación de non ser ela mesma.

Tamén che axudan a sentirte nova e atractiva, co estilo máis actual en “envase” grande para mulleres modernas e sen complexos.

O que se levaEntrou o outono en Ko-

modamoda cunha nova tempada chea de bonitas cores, modernos estam-pados, pezas en polipel e sobre todo moito punto.

As súas clientas habi-tuais xa coñecen a ampla variedade en moda va-queira que ofrece Komo-damoda, con pantalóns desde a talla 44 até a 70 e que ademais esta tem-pada incorpora as teas estampadas, con relevos, sen renunciar á comodi-dade que tanto fai falta no día a día.

Volve con forza o le-ging -tanto liso como con debuxo- para acompañar de pezas longas, pichis, xerseis e vestidos de pun-

Abrigo e vestido da colección de Outono 2012.

Conxunto de festa formado por vestido, chaqueta e top.

Ademais de vestidos de festa -longos e curtos-, Komodamo-da ofrece unha ampla colección de roupa de outono, entre

a que destacan modernos estampados e moito punto

A moda sen complexosKomodamoda ofrece estilo en traxes de festa e roupa informal

to longos, pezas con flo-cos e con tachas.

As pezas de pilopel son tamén unha boa opción tanto en cazadoras como en saias, que ademais dan un toque moderno e xu-venil. Pódese acompañar este look coas botas de

cana ancha que teñen até 60 centímetros de contor-no na pantorrilla e que se poden atopar con tacón, planas, en diversas cores. E sen esquecer as medias, para pasar o inverno ben quentiñas.

E lembra, “complexo” é unha palabra que non existe no vocabulario de Komodamoda, pásate e compróbao.

Page 22: Novembro 2012 - BXVAC

�� BARRIOSNovembro de �01�

Foto Dacal, máis de 100 anos de fotografía

Os irmáns Gonzalo e José Luís Dacal de Cas-tro rexentan Foto Dacal, un establecemento que leva 55 anos en Xinzo da Limia, aínda que son cuarta xeración dunha familia que leva máis de 100 anos dedicándose ao apaixonante mundo da fo-tografía.

Foto Dacal abrangue todo tipo de servizos tan-to en fotografía como en vídeo. Tamén son exper-tos en fotoacabado como marcos, laminados, etc. Inclusive traballaron en campañas de fotografía aérea.

A súa especialidade son as reportaxes de vodas, o retoque fotográfico e a foto de estudo.

A calidade é un elemen-to constante en todos os seus traballos, un elemen-to esencial en todos os servizos de Foto Dacal.

especial VODAS / ENTROIDO

Verín e Xinzo xa pensan no Entroido4 Ambas localidades convocan senllos concursos na busca do que será o seu cartel oficial na edición de 2013.Redacción

Mentres moitos aín-da organizan magostos e outros comezan a comprar adornos e agasallos de Na-dal, en Verín e Xinzo xa arrincou a conta atrás para o Entroido 2013, xa que ambos municipios veñen de convocar concursos de carteis para seleccionar a imaxe que os representa-rá de cara á vindeira edi-ción. Así mesmo, a vila do Támega xa comezou a recollida de axudas econó-micas polos establecemen-tos da localidade e abriu o prazo de inscrición para o obradoiro do Cigarrón.

Carteis oficias do En-troido de Verín

Verín organiza dúas se-leccións de carteis, unha encamiñada a procura da imaxe oficial da festa xeral e outra que represente o desfile infantil.

No tocante ao concurso de cartel oficial, poderán

presentarse ao mesmo to-dos aqueles que o desexen e co número de traballos que consideren, sempre que sexan inéditos. Estes traba-llos, que terán como temáti-ca a celebración na comar-ca, poden presentarse ata o 19 de decembro no Rexistro de Entrada do Concello de Verín.

De seguido, os carteis par-ticipantes serán expostos na Casa do Escudo para que os veciños poidan votar o que máis lles guste ata o día �7. Posteriormente, o Xurado Cualificador someterá a to-dos os carteis participantes a unha segunda elección, trala cal sumaranse os pun-tos obtidos por cada traballo e o que máis obteña será o gañador.

O premio consistirá na edición do cartel selecciona-do e nunha dotación econó-mica de 400 euros.

Así mesmo, o Concello de Verín vén de convocar un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile In-

fantil”, ao cal poderán con-correr os alumnos de infan-til e primaria dos colexios participantes en dito desfile, de xeito que cada un deles estará representado por un máximo de tres traballos in-éditos.

Ao igual que no concurso do cartel oficial, as creacións que se presenten a este cer-tame tamén se deben basear no Entroido de Verín, e terán que ser entregadas no Rexis-tro de Entrada do Concello antes do 14 de decembro.

Pola súa banda, a valora-ción dos traballos será reali-zada por un xurado cualifi-cador, que estará composto por un representante de cada colexio e un membro desig-nado polo Concello.

Neste caso, o premio con-sistirá na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecemen-

tos de Verín-.

Cartel oficial de XinzoPola súa banda, a Conce-

llería de Cultura e Turismo de Xinzo, en colaboración coa Comisión do Entroido 2013, tamén vén de convo-car un concurso para selec-cionar o cartel oficial desta celebración na vindeira cita.

No mesmo poderán parti-cipar, ao igual que no caso de Verín, tódalas persoas que o desexen e con cantas obras determinen, pero sem-pre que sexan inéditas.

Os orixinais, que terán como temática o Entroido en Xinzo, deberán presen-tarse antes do �1 de decem-bro no propio Concello. De seguido, ata o 5 de xaneiro a Casa da Cultura acollerá a exposición dos traballos e a votación dos mesmos para determinar o gañador (se-gundo a valoración do xura-do profesional e o voto po-

pular). Finalmente, o autor da creación elixida recibirá un premio de 500 euros.

Obradoiro do CigarrónO Concello de Verín está

a organizar tamén un obra-doiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os interesados po-den inscribirse até o �0 de novembro na oficina de in-formación do Concello.

As actividades formativas comezarán o 26 de novem-bro, e na semana do Domin-go de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os traxes que se confeccionaron.

Os grupos, de 10 partici-pantes cada un, fórmanse tendo como preferencia as persoas empadroadas en Verín e a orde de preinscri-ción.

O prezo da inscrición para participar en todas as actividades é de 85 euros, mentres que para realizar só o traxe ou a careta é de 65. Nembargantes, como o obxectivo é que se fagan traxes completos, acéptase que dúas persoas da mesma familia -parentesco até o 3º grao-, pagando unha única matrícula, participen com-plementariamente en activi-dades distintas.

Colaboración económicaEn Verín xa están a per-

correr os establecementos comerciais e hostaleiros co fin de solicitar colaboración económica na organización do vindeiro Entroido. Para iso ofrecen diversas posibili-dades, como é anunciarse no libro do Entroido ou aportar unha axuda económica e aparecer nun cartel como es-tablecemento colaborador.

Así mesmo, os veciños poden colaborar mercando produtos como camisetas, pañoletas ou sombreiros conmemorativos do Entroi-do de Verín.

O concurso do cartel oficial do Entroido 2013 de Xinzo está aberto ata o 21 de decembro.

Verín está a preparar un obradoiro para elaborar o traxe e a máscara de cigarrón. A inscrición remata o día 20.

Ata o 19 de decembro poden presentarse carteis ao concurso de Verín e ata o 21 en Xinzo

Estamos en:r/ San Roque, 39,

XinzoTel. 988 460 251

A súa especialidade, as reportaxes

de vodas

Page 23: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

23PUBLICIDADE

Page 24: Novembro 2012 - BXVAC

�4 BARRIOSNovembro de �01�

DEPORTES

Ramsés Torres

David Cal, campión olím-pico en Atenas 2004 en C1 1.000 metros e catro veces medalla de prata: Atenas ´04 -C1 500m.-, Pequín ´08 -C1 500m. e C1 1.000m-, Londres ´12 -C1 1.000m.-.

Familiar e próximo. Así se mostrou o palista Da-vid Cal -o deportista es-pañol que máis medallas olímpicas ten da historia dos Xogos Olímpicos- na entrevista concedida a este periódico.

Que se sente ao ser o es-pañol máis laureado dos xogos olímpicos?

David Cal: “É unha sen-sación moi bonita porque levo catro anos preparán-dome para iso. Ao saber que empatara con outros dous españois a 4 medallas olímpicas, marcámonos como obxectivo conseguir unha quinta, polo que can-do traballas e ao final se cumplen os obxectivos a verdade é que é moi grati-ficante”.

E notaches o recoñece-mento que merece tanto esforzo?

D.C.: “A verdade é que si. Cando máis me sorpren-dín foi ao chegar a Cangas, de onde eu son, porque es-taba a reventar de xente, veciños, amigos e coñeci-

“Teño que pensar se estou disposto a pagar a peaxe que implica ir a Brasil 2016”

4 Logo de facer historia en Londres 2012, o medallista olímpico galego David Cal aínda non decidiu sobre a súa participación nos vindeiro xogos.

Xunto ao seu adestrador (peza chave da súa carreira), a súa familia e amigos son para David Cal “vitais” para garantir o seu éxito deportivo./RAMSÉS

dos da zona. É un pracer chegar dunha olimpiada, despois de conseguir uns resultados e que te reciban desa forma”.

Que recordos tes da ca-rreira de Londres 2012?

D.C.: “Lembro que foi unha carreira moi rápida, que ía moi atrás e que ao final logrei tirar para adian-te. Pero foi moi angustiosa. Ía, ía, ía…pero non daba enganchado ao grupo. Fi-nalmente logrei avanzar, sobre todo foron decisivos os últimos �00 metros”

Cal foi a medalla que máis ilusión che fixo con-seguir?

D.C.: “A primeira é a que máis ilusión che fai. Cando non tes unha medalla olím-pica e levas tanto tempo buscándoa, porque é o soño de calquera deportista, lo-gralo é o que mellor recor-do che deixa, e máis no meu caso que foi un ouro”.

E a máis amarga?D.C.: “Amargas hai moi-

tas. Por exemplo, en �007 cando quedei terceiro en 1.000 metros eu pensaba que estaba en condicións de gañar, pero ese día houbo vento en contra que me difi-cultou a carreira. Na xorna-da seguinte, aínda que esta-ba mellor preparado para a proba de 1.000 que para a de 500 metros, nesta última

como o vento cambiou lo-grei proclamarme campión do mundo. Non sempre os cálculos saen ben”.

Comparando Atenas con Londres, tratouse dun cambio de estratexia o de ir de menos a máis?

D.C.: “En Atenas tiña 21 anos, non tiña tanta expe-riencia, non tiña medallas olímpicas e buscaba asegu-rar unha. Por iso o que fixen

O 8 de agosto, na proba C1 1000 metros, David Cal fixo historia converténdose no pri-meiro español que lograba cinco medallas olímpicas.

foi sair rápido, irme adiante para ir estirando o grupo de carreira e ir seleccionando á xente, e ao final funme só e asegurei a medalla. Pola contra, nestes xogos olímpicos saín ao ritmo que considerei que debía levar. Todo o mundo saiu moi rá-pido, pero eu reserveime, e ao final remontei e quedei segundo”.

Como é a preparación para unha cita olímpica?

D.C.: “Nós preparamos unha cita olímpica duran-te un ciclo de catro anos. O primeiro deles é o máis suave, despois de vir dos xogos anteriores procura-mos descansar e recuperar-nos todo o que poidamos. O segundo ano consta de moito volumen de ades-tramento, para recuperar o perdido o ano anterior. No terceiro, adestramos me-nos en volume pero moito máis en intensidade, co fin de clasificarse para os xo-gos. E o cuarto ano do ciclo é no que hai que exprimir todo porque é no que toca competir”.

Que opinión che merece que de moitos deportes só

se fale cando se celebran xogos olímpicos?

D.C.: “A verdade é que molesta, pero xa o tes asu-mido. Deportes como o fútbol acaparan toda a aten-ción mediática e outros mi-noritarios, como o meu, só se dan a coñecer cada catro anos.

Ademais, hai moita xente que me ten comentado que durante os xogos se tiran no sofá e ven cantos deportes hai, polo que é unha pena que o resto do tempo non se retransmitan estas disci-plinas porque habería moita xente que as seguiría”.

Motívate a cita de Bra-sil 2016?

D.C.: “Aínda teño que valorar se me motiva ou non. Cando non tes unha medalla olímpica a moti-vación para acudir a unha cita olímpica é moi sinxela de conseguir, porque todo deportista quere unha, por iso non custa pagar a peaxe correspondente durante os catro anos anteriores para lograla.

No meu caso, cando me fixen con esta quinta meda-lla estaba motivado por ser o único español con cinco preseas olímpicas, pero xa coa sexta parece puro co-leccionismo, polo que teño que valorar se desexo pagar esa peaxe ou non”.

Que rituais tes nas com-peticións?

D.C.: “Nas competicións temos certos rituais entre o meu adestrador e máis eu para quitarle presión ás pro-bas. Collemos a canoa entre os dous, eu levo a miña pa, el vai diante e eu detrás, e xusto antes de comezar a competición tócame a ca-beza e dime “ven pronto”.

O que si que non me gusta é que me toquen o material porque calquera tontería pode ser decisiva, por exemplo, se alguén que botou unha crema de mans toca a miña pa cando eu a use pode esvararme. Polo tanto é mellor que o teu material só o trates ti.

Ademais, temos amule-tos, como unhas pulseiras que compramos en Atenas, gardámolas e sacámolas para os xogos, e de momen-to vainos ben. Así mesmo, o meu adestrador usou os días de competición de Atenas, Pekin e Londres os mesmos calzóns e os mesmos tenis, sácaos cada catro anos. Ta-mén temos unha toalla rosa cun coello que é a que lle dá a última pasada á canoa. Son rituais estúpidos, pero axudan a quitar presión”.

A madurez do piragüis-ta en que idade está?

D.C.: “Depende moito do piragüista, de como ade-stre. Eu en teoría podería aguantar bastante porque nos tomamos o ciclo olím-pico de xeito repartido, polo tanto se vas gastan-do menos consegues que a túa carreira deportiva se alongue. Pero o habitual é que un piragüista de 1.000 metros acade a madurez de-portiva ao redor dos 30 ou 32 anos”.

Que supón Suso, o teu adestrador, para ti?

D.C.: “É o outro lado de min que non se coñece. É a persoa coa que levo 15 anos adestrando, levamos tanto tempo xuntos que non me imaxino a miña vida deportiva sen el. É o 49% e eu son o outro 49% des-te equipo, o outro 2% son o médico, o fisioterapeuta, a familia e os amigos, que son vitais”.

“Da carreira de Londres só lembro que foi moi rápida e angustiosa”“Non imaxino a miña vida deportiva sen Suso” (o seu entrenador)

Page 25: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

�5PUBLICIDADE

Page 26: Novembro 2012 - BXVAC

26 BARRIOSNovembro de �01� DEPORTES

Participantes da edición do 2011 da carreira do San Matiño. /ARQUIVO

Redacción

O Concello de Mace-da, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza a 5ª andaina con-tra a violencia de xénero, que terá lugar o sábado �4 de novembro. Antes da andaina, ás 16 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello un acto para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, para

Maceda organiza unha andaina solidaria4 Será o �4 de novembro.

deseguido comezar a an-dadura polo paseo fluvial, rematando na Praza das Toldas.

InscriciónsA inscrición é gratuíta e

pode facerse no Centro de Información ás Mulleres ou na oficina de Servizos Sociais (tlfs. 988 463 554 e 988 463 761) de luns a ven-res entre as 8:30 e as 15:00 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de novembro.

Redacción

A web do concello de Verí páxina web do Con-cello de Verín inclúe unha nova sección deportiva destinada a resultados e clasificacións da Liga Lo-cal de Fútbol Sala, Liga Local de Veteranos e Es-colas Deportivas de Fút-bol do Concello de Verín.

O obxectivo desta inicia-

A web de Verín, co deporte4 A web do Concello de Verín inclúe unha nova sección deporti-va destinada a resultados e clasi-ficacións dos equipos da zona.

tiva é divulgar a actualida-de deportiva no municipio, e que se suma á xa existente da piscina climatizada, que recolle tamén imaxes e noti-cias sobre cada unha destas disciplinas deportivas. Esta actuación pretende ache-gar aos cidadáns as últimas novidades tanto en Fútbol Sala, como na Liga Local de Veteráns ou as Escolas Deportivas do Concello.

Redacción

O domingo 18 de no-vembro, a zona da capela de San Antón (Ábedes-Verín) acollerá a cele-bración do terceiro Trial

Trial infantil en Verín4 Celebrarase o domingo 18 de novembro.

infantil e clásicas ‘Vila de Verín’, organizado polo Moto Club Entrimo e o Concello de Verín.

Esta proba deportiva é puntuable para o Campio-nato Galego, e celebrara-

R.T.

Récord histórico. A 36ª edición da Carreira Popu-lar do San Martiño acada o récord de participación con 8.948 atletas inscri-tos. A proba, de 10 qui-lómetros homologados de percorrido na categoría absoluta e 4.500 metros na escolar, celebrarase o próximo domingo, 18 de novembro. A carreira está organizada polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co Concello de Ourense.

Co prazo de inscrición

Récord histórico de inscritos4 A Carreira Popular do San Martiño acada o récord histórico de participación con case 9.000 inscritos.

pechado, un total de 5.458 adultos formalizaron a súa inscrición, cifra á que se engaden os 3.490 nenos que se inscribiron a través dos seus centros educati-vos, para facer un total de 8.948 participantes. Esta cifra supón un aumento dun 13% con respecto á pasada edición do 2011, que suma-ra 7.800 corredores.

Como cada ano a carrei-ra partirá desde a ponte do Milenio e rematará no Pavillón de Deportes, con saída ás 11 horas na proba de adultos e ás 12:30 na de escolares.

Feira do corredorUnha das novidades

principais desta edición é a I Feira do Corredor, que se celebrará a véspera, en-tre as 10 e as �0 horas no Pavillón dos Remedios, e que contará con stands e charlas informativas di-rixidas ao corredor popu-lar.

se nas categorías infan-til, alevín e clásicas. Na clásica participaran 18 competidores, mentres que nas outras dúas res-tantes serán un total de 15 menores, con idades comprendidas entre os 6 e 13 anos. A proba está dividida en cinco zonas, que cada un dos partici-pantes (de todas as cate-gorías) deberán percorrer tres veces.

O Trial chega a Verín e será puntuable para o campionato galego.

A andaina solidaria de Maceda chega a súa quinta edición este ano.

EN BREVE

4SendalimiaA asociación Sendalimia

organiza para os meses de novembro e decembro unha serie de andainas.

O sábado 17 de novem-bro desenvolverán unha andaina en San Miguel de Congonstro, percorrendo a súa ruta de muíños. Fi-nalizarase cun magosto na casa rural de Santo André. O sábado �4, a andaina terá lugar no monte da Cunca (Os Blancos). O sá-bado 1 de decembro des-prazaranse ata o mirador do Castelo (Congostro). O 15 de decembro despiden o ano andarín coa que rea-lizarán en Vilar de Santos. Ao remate terá lugar a cea de Nadal e despedida da tempada.

[Máis información e ins-cricións na Concellería de

Deportes de Xinzo]

4European F3 Open

O �01� non será un ano de agradable recordo para José Luis Abadín. Non puido disputar a maioría de carreiras da tempada, e nas dúas últimas disputa-das en Montmeló viuse na obriga de abandonar.

Na primeira xornada en Cataluña, o piloto ouren-sán abandonou por per-der totalmente os freos ao rompérselle o conducto de freado. Na segunda xor-nada o abandono foi polo choque cun piloto rival.

4Verín CFO Verín CF é noveno

con 17 puntos no grupo sur da Rexional Preferen-te tralo empate na Estrada contra o Estradense (0-0).

Para o domingo 18 de novembro, o Verín reci-be ao Portonovo na loita pola sétima posición. Os verineses van de novenos con 17 puntos e os pon-tevedreses marchan de sétimos con dous puntos máis, 19.

Partido do Verín CF nesta tempada.

A Popular de San Martiño ten un percorrido de 10 km polas rúas de Ourense

Page 27: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

�7

4AXENDAExposicións- Desde o 16 de no-

vembro ao 7 de decembro - “Ao pé de rúa /Síntese” fotografías de Yolanda Rodríguez- Casa do Escu-do de Verín

- Ata o 30 de novembro - Mostra fotográfica colec-tiva “Estampas dunha ro-mería” - Casa do Concello de Celanova

- Ata o 30 de novembro - Fotografías “Nos camiños da Luz” de J. L. Diz - Casa da Cultura de Xinzo

- Do �� de novembro ao 20 de decembro - Fo-tografías “Arde Ourense” de Fátima Abal - Taberna Cultural A Corte dos Bois de Sandiás

Cine- 15 de novembro - ��.15

h - “La armada Brancaleo-ne” - Casa da Cultura de Verín

- �� de novembro - ��.15 h - “Arrebato” - Casa da Cultura de Verín

- �9 de novembro - ��.15 h - “La infancia de Iván” - Casa da Cultura de Verín

Música- 24 de novembro - Con-

certo de Santa Icía - 19 h. - Casa da Cultura de Verín

Feiras e festas- 17 de novembro - Fei-

ra en Trasmiras- 17 de novembro - Ma-

gosto en Maceda- 18 de novembro - Fei-

ra en Cualedro- 23 de novembro - Fei-

ra en Verín- 24 de novembro - Feira

en Xunqueira de Ambía- �4 de novembro - Ma-

gosto en Chaioso, Maceda- 27 de novembro - Fei-

ra en Xinzo- Primeiro domingo de

mes - Feira en Porqueira- Primeiro luns de mes

- Feira en Sandiás- 2 de decembro - Feira

en Calvos de Randín- 7 de decembro - Feira

en- Vilardevós- Todos os xoves - Feira

en CelanovaOutros- 18 de novembro - Trial

infantil - Ábedes, Verín- �4 de novembro - An-

daina solidaria Maceda- 30 de novembro - Pre-

sentación do libro “Histo-ria de Xinzo de Limia” de Miro Martínez Cerredelo - 20 h. - Museo do Entroido de Xinzo

www.mundourense.com

4SUDOKUS

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Nivel medio

4TRIBUNA ABERTA

Támega, o río que falaDende o principo dos

tempos, o Támega xurdiu dende San Mamede coa forza innata da natureza, apurando a baixada, po-los recunchos máis doa-dos e sinxelos. As súas augas, coa inercia suave, buscaron o cauce que sen tempo para elexir, ba-ñando lugares fermosos, antes de mesturarse co Douro. Un deses lugares é o meu pobo, Verín.

Antes que os homes, o río Támega, coa súa dan-za particular, xa curveaba ao son do carnaval e dos ventos, rachando pola mi-tade o val de Monterrei. Os antergos buscaron o río para crear un pobo, e a herdanza segue impolu-ta a través dos séculos.

Lin nos diarios da pro-vincia, que o río Támega está enfermo no val de Monterrei, e que o aban-dono por parte das insti-tucións é patente. Tanto a Confederación Hidrográ-fica como os responsables de Medio Ambiente, con retrógradas normativas, preocúpanse máis da ex-plotación administrativa e política do río, esque-cendo o que máis im-porta, a súa saude. Ver-tedoiros incontrolados, a maleza que cubre as au-gas en diferentes zonas, e o lixo que ás veces flota visible, fan o panorama desolador.

A solución, está na nosa man! O río, fala, e o home, escoita. Actue-mos con responsabilida-de e sentimento. Antes, o Támega baixaba alegre, creando unha sinfonía de sons que invitaba ao paseo polas súas beiras e a gozar de paraxes incri-bles. Dende Tintores ata Verín, quen non se aga-sallou algunha vez cun baño no Támega? Hai anos, as zonas de baño do río estaban prepara-das por iniciativa dos ve-ciños, para poder gozar dos chapuzóns no verán,

ou siquera tirar uns lan-ces coa cana en procura dalgunha das abundantes troitas. Dende a Pousa, pola marxe esquerda, un camiño estreito guiaba ao camiñante ata a vila, nun percorrido que tantas veces fixemos os rapaces de todas as xeracións, para buscar o mellor sitio de recreo, cada quen coa sua intención. Un, relaxarse coa lectura, outros, fumar os primeiros pitos da xuventude e outros, mesmamente, namorar a rapazaciña dos seus sonos. O Támega albergaba a todo “kiski” e facíase cómplice das aventuras que xurdiran ao seu carón.

Contan os vellos que an-tes o río estaba cristalino, as augas permitían ver as pedras do fondo, e os do-nos das fincas colindantes tiñan os tramos axeitados, con “posturas pescantis” para poder arrimarse e ver a multitude de peixes que brillaban con destellos de prata. Era o divertimento no verán. Alí medíanse os valentes, superando a pro-ba arriscada de sumerxirse na profundidade do “ Pozo Negro” ou lanzarse de ca-chola dende as árbores do “Mango” na frescura da Perguiza. Catorce son os pozos de baño que adornan o tramo dende A Pousa ata Verín. Os pozos míticos de toda a vida, os nomes, que os nenos de antano recita-ban “de carretilla”, e que ainda hoxe, despois de máis de medio século, ao preguntarlle a algún da-quela xeración por estes lu-gares, seguen narrando os nomes emocionados, para que nós, os de agora, sinxe-lamente, non os esqueza-mos. “A Presa”, “O Seño-ritas”, “O Estudiantes”, “O Mefa”, “O Paquita”,

“Troita”, “O Negro”, “O Mango”, “O Raiz”, “O Tres rás”, “O Paloma”, “O Redondo”, “O Ame-ricano” e “O Campiño”, ponse a pel de pita!

Seguramente moitos dos que ledes estas liñas estades a imaxinar algúns destes lugares, cando de-safiando as xélidas augas, ninguén impediu o impul-so espontáneo da xuven-tude. Para ben ou para mal, os ríos sempre foron referencia dos pobos, e creo sinceramente que o Támega. o noso río, foi, é e será, referencia positiva da nosa vila, a pesar de que algunha vez, desboca-do pola nai natureza, fíxo-se notar, plantándose en protesta na praza Maior, para deixar patente o seu poderío.

Coido que mimalo, se-ría alomenos xusto, inclu-so, ás veces, facer unha paradiña e ollalo un intre, e soamente escoitar, o río fala! e nós podemos per-cibir a súa mensaxe.Con-tan que Don Xesús Ta-boada Chivite, nunha das súas clases maxistrais,con ánimo de axudar, díxolle a unha alumna “se me dis que río pasa por Ve-rín aprobas o exame”. A moza púxose tan nerviosa que non arrancaba; entón, Don Xesús, ao ver a moci-ña en branco e trabada, noutro xesto de bondade exclamou “el Táaa..” e a rapaza, aliviada, con-testou “el Táaa...mesis”. O mestre quedou abraia-do, e facendo gala da súa irónica casta verinesa, re-plicoulle “a unha rapaza que fai pasar o Támesis por Verín non teño máis remedio que aprobala”.

Miguel Sotelo

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Actualmente tanto os portugueses como os espa-ñois, se non están en depre-sión con visitas regulares ao psiquiatra, polo menos están con moito medo do futuro.

A democracia trouxo unha ambición desmedi-da, infundindo nas persoas un espírito egoísta e hipó-crita; cada facción polí-tica fomenta unha guerra contra as outras faccións, incentivando un espírito fanático en defensa das súas doutrinas que aca-ban por ser extremamente faciosas e protexendo au-ténticas sectas mafiosas á súa volta. Recórdese, a este propósito, as palabras dun coñecido mafioso italiano que, nunha breve pasaxe pola televisión portuguesa (TVI) afirmou: “Eu formei parte da mafia italiana, mais en Portugal e España existe unha mafia política peor que a italiana”. É por iso polo que, nos días que corren, a sociedade loita, esperando que apareza un sistema mellor que esta de-mocracia, e esa mudanza xa parece vislumbrarse no horizonte.

Non cremos neste sistema fiscal, sobre todo na xusti-za e no seu funcionamento; como podemos confiar nun-ha xustiza que só é aplicada aos mendigos da rúa?!...

Os partidos políticos son corruptos e usan mé-

todos habilidosos cando gobernan, prometendo e non cumprindo. Por iso, teñen xerado descrédito nas persoas, provocando gravísimas ondas de con-testación e de conflitos sociais. Tanto o Partido Socialista como o Parti-do Social Demócrata ou o Partido Popular están abrazados a un gran ca-pitalismo que os manipula cegamente.

Se ollarmos para o pa-sado e para o anterior sis-tema político, todos somos unánimes en considerar que a ditadura non sendo un sistema ideal, talvez presentase menos inxusti-zas que o actual sistema. Ao Franco e moito menos ao Salazar non lle foron atribuídas tantas suspei-tas de corrupción como actualmente aos nosos úl-timos gobernantes.

Vivimos nunha socie-dade ibérica mergullada nunha profunda depre-sión con auténticas ma-fias instaladas. A política é corrupta, a xustiza é corrupta e os gobernos corruptos! Ao final, o que nos resta??!

João Damião

Relacións sociais en decadencia (continuación)

OCIO E CULTURA

“Contan os vellos que antes o río estaba cristalino, as augas permitían ver as pedras do fondo, e os donos das fincas colindantes tiñan os tramos axeitados”

“Portugueses e españois están con moito medo do futuro”

Page 28: Novembro 2012 - BXVAC

28 BARRIOSNovembro de �01� OCIO E CULTURA

A.M.

As XXVII Xornadas Mi-colóxicas comezaron o 5 de novembro, coa conferencia sobre os principais cogo-melos comestibles a cargo do micólogo Ricardo Mín-guez Abajo. Entre os cogo-melos que hai en tempada nos montes celanoveses destacan unha vintena de bos comestibles de grupos como Boletus edulis, Ma-crolepiota procera, Can-tharellus cibarius, Lacta-rius deliciosus, Coprinus comatus ou Lepista nuda. O 6 de novembro, o vete-rinario Carlos Suárez San-talices falou dos principais cogomelos tóxicos, media ducia de extremo perigo como a mortal Amanita phalloides moi abundante e causante da maioría das intoxicacións. O día 7 de novembro, abordáronse curiosidades e virtudes de fungos e cogomelos, me-dicinais, de extraordina-rio tamaño, potenciadores

P. L.

A pesar do mal tempo, a organización considera un éxito a XVII Feira do Outono de Allariz, con gran afluencia de visitan-tes durante as xornadas do 10 e o 11 de novembro. Os obxectivos desta cita eran “apoiar os produtores locais”, dandolles vías de comercialización, e cubrir “o calendario anual de eventos e desestacionali-zar o turismo”, explicaba a edil de Promoción Eco-nómica, Cristina Cid.

A programación come-zaba o sábado cunha saída ao monte na procura de cogomelos, na que parti-ciparon máis de 40 per-soas. Pola tarde, os pro-tagonistas foron os máis pequenos que gozaron cos obradoiros de refugallos de outono que impartiu o Centro de Educación Am-biental de O Rexo. E moi-to público quedou á pre-sentación do libro “Volve a cociña dos Larpeiros”, de Benigno Campo.

Na xornada do domingo a ruta organizada por Xei-

sexuais... a cargo do xor-nalista Alejandro Mínguez González. O xoves 8, ás 17:30 houbo unha visita á explotación de cultivo Pan do Demo en Pontefechas e despois, ás 19:30 unha con-ferencia sobre o Cultivo de Champiñón, Agaricus bis-porus a cargo do técnico e propietario de Pan de Demo, Diego Borja Mínguez Gon-zález. As sesións formativas remataron o 9 de novembro coa presentación do proxec-to da Sala Micolóxica de Celanova e Tapería de Co-gomelos que abrirá en 2013 e unha serie de recomenda-cións culinarias para sacar mellor partido aos cogome-los e rematar cos “revoltos” para dar protagonismo aos distintos cogomelos.

A fin de semana arrinca-ba o sábado ás 10:30 horas coa saída ao campo para a recollida de exemplares, seguida dunha comida mi-colóxica na Rectoral de An-semil onde medio cento de comensais gozaron de en-

trantes, pratos e sobreme-sas cunha ducia de distin-tas especies de cogomelos apañadas na zona cociña-dos por Javier Torquatti. Pola tarde clasificáronse os exemplares e tivo lugar a montaxe da exposición, así como a asemblea xe-ral da Asociación Cultural e Micolóxica de Celano-va. Entre as actividades programadas está a identi-ficación de exemplares os luns de 5 a 7 da tarde no local social da avenida de San Rosendo, 9, ata que remate a tempada a finais de ano.

Finalmente o domingo tivo lugar a exposición de exemplares reais e obxec-tos relacionados con co-gomelos, con máis de me-dio cento de cogomelos diferentes. As actividades rematarán ás 20:00 horas co magosto micolóxico na sede da asociación.

Máis de 60 persoas se-guiron a diario as sesións formativas. As degusta-cións gratuítas diarias, xentileza da empresa Pan do Demo e da Asociación de Mulleres rurais Ma-ravalla foron: Pleurotus ostreatus empanados con maionesa; Crema de Bo-letus edulis, Fabada de cogomelos, Agaricus bis-porus guisado e arepas de Lactarius deliciosus.

Conclúen as XXVII Xornadas Micolóxicas de Celanova4 Máis de 60 persoas seguiron a diario as sesións formativas.

tura sufría unha redución de percorrido por mor das in-clemencias metereolóxicas.

Concursos e sorteosMentres, no recinto do

instituto de Allariz, sede da feira, o xurado valora-ba as propostas do II Con-curso Amateur de Tapas de Outono e escolleu a deno-minada “Monte do Outono alaricano: Castañas. Orti-gas e Boletus”, de Enrique Bangueses, como a mellor. Rita Cid con “Bombóns de champiñóns” e Isabel Ca-rrillo “Tosta de caviar de berenxena e noces” queda-ron en segundo e terceiro

Saída ao campo para a recollida de exemplares nas Xornadas Micolóxicas./A. MÍNGUEZ. Fin de semana outonal en Allariz4 A Feira do Outono congrega miles de visitantes.

lugar. Durante as dúas xorna-

das houbo sorteos de ces-tas ateigadas de produtos da feira entre os clientes que mercaran nos stands. Na xornada do domingo tamén se fixo entrega do II Concurso de fotografía a través do facebook do Con-cello de Allariz, que recaeu en Esther González, cunha instantánea dunha seta cun río e rocas recubertas de musgo ao fondo, e nos pre-mios dun menú para dúas persoas e dunha estancia dunha fin de semana en es-tablecementos da vila.

Na Feira de Outono de Allariz participaron 4� ex-positores, produtores do sector agroalimentario ga-lego, e postos de libros, flo-res e artesanía.

A feira complementouse cunha exposición micoló-xica e etnográfica no salón da Praza de Abastos, na que se amosaban as variedades máis comúns de cogume-los, así como as tóxicas. E cunha serie de charlas sobre o agro e os servizos no Fo-gar de Maiores.

Por último, a hostalaría local colaborou con esta iniciativa ofrecendo menús e tapas especiais de outono durante a fin de semana.

Posto de noces e castañas na Feira. /P.LODEIRO.

Obradoiro infantil de refugallos. /P.LODEIRO.

Participaron 42 expositores

Page 29: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

�9PUBLICIDADE

Page 30: Novembro 2012 - BXVAC

30 BARRIOSNovembro de �01� OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Riós, capital da castaña600 quilos de castaña consumíronse na primeira fin de semana de novembro en Riós,

dentro da 18ª edición da Festa da Castaña e do Cogomelo, unha celebración que ten por obxecto enxalzar estes produtos tradicionais e promover o futuro económico do cam-po. Amáis da degustación das castañas, acompañadas de chourizos, castañas e viño, durante as dúas xornadas houbo exposición de cogomelos, de artesanía e de pratos de cociña elaborados con produtos locais, charlas, concerto, un tour ciclista, e menús especiais nos restaurantes da zona.

EN BREVE

4 ‘Contos de Outono’ na Biblioteca de Verín

O venres 16 de novem-bro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Mu-nicipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Outono’, dentro das súas actividades destinadas ao fomento da lectura e di-namización da instalación municipal.

Poderan participar un máximo de �5 menores de 3 a 9 anos, socios da biblioteca, que deben ins-cribirse antes. A activida-de consistirá na realiza-ción de contacontos sobre outono, así como manuali-dades da mesma temática: un centro de mesa adorna-do con froitos desta época do ano.

4 Exposición “12 Artistas da Eurocidade”

O Centro Cultural de Chaves acolle do 16 de novembro ao 31 de dec-embro a exposición ‘1� Artistas da Eurocidade’, na que participan doce ar-tistas (pintores, escultores e fotógrafos) verineses e flavienses: Alvárias, An-tónio Pizarro, Carina Nas-cimento, Julio Pousada, Leonardo, Manuela Cabu-gueira, Manuela Pinheiro, Manuela Sánchez, Mário Lino, Marisa Pardo, Paulo Fontinha e Pedro Araujo.

Esta mostra retoma a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, ininterrumpidas ata o ano 2008, co obxecto de apoiar, e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais. A exposi-ción poderase contemplar na sede da Eurocidade, a partir do �4 de xaneiro.

4 Charla en Maceda

A Dirección Xeral da Polícía e a Garda Civil or-ganizan, coa colaboración do Concello de Maceda, unha charla sobre o “Plan Maior Seguridade”.

Será o martes �0 de no-vembro, ás 18 horas, no salón de plenos do Con-cello e nela explicaranse pautas de actuación para persoas maiores na vía pú-blica, viaxes, domicilio ou entidades financieiras.

Entrega de premios de fotografía da Romaría “Raigame” Coincidindo co Outono Fotográfico, entregáronse os premios do Concurso Fotográ-

fico que anualmente se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes. A moza ourensá Salomé Garrido foi a gañadora á mellor serie fotográfica sobre a romaría por unha colección de imaxes presentadas baixo o título “As mans que tecen”, mentres que no apartado dedicado á mellor foto-grafía única, o gañador foi o fotógrafo e animador cultural valdeorrés, Víctor Nieves. Os premios están dotados, respectivamente, con 600 e 300 euros. Premiáronse outras 10 persoas máis, entre mencións, accésits e segundos e terceiros premios.

O delegado da Xunta e o conselleiro de Cultura en funcións, xunto ao alcalde de Verín, degustando chourizos na Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós. /RAMSÉS.

Premiados no concurso fotográfico. /ALEJANDRO MÍNGUEZ.

Allariz acolle unhas xornadas contra a violencia de xénero4 Ata o �7 de novembro.Redacción

Con motivo da conme-moración do Día Interna-cional contra a Violencia de Xénero o 25 de novem-bro, Allariz acolle durante este mes unhas xornadas encamiñadas á concien-ciación sobre este pro-blema social. Así, do 1� ao �7 deste mes diversos emplazamentos da vila serán o escenario destas actvidades, dirixidas á po-boación en xeral.

Esta iniciativa botou a andar o pasado 1� de no-vembro coa posta en mar-cha do obradoiro “Canto hai de violencia de xé-nero! Conceptos e estra-texias para a autodefensa feminista”, impartido por Ana Cardoso -técnica de Igualdade do Concello de Allariz e especialista en xénero educación, e po-lítica de igualdade- e que continuará os días 15, 19 e �1.

O día 13 tivo lugar no instituto de Allariz un es-pectáculo lúdico-musical que analiza os roles de xé-

nero a través das cancións de amor.

Próximas actividadesNos vindeiros días terán

lugar outras tres activida-des dentro da programación destas xornadas.

A primeira delas será o xoves 22 ás 19:30 horas no Fogar dos Maiores, e trátase dunha charla-coloquio de-nominada “As sombras do proceso penal e a violencia de xénero”, impartida pola avogada Yolanda Ferreiro.

Así mesmo, do 23 ao 27 colocarase unha pancarta conmemorativa do Día In-ternacional contra a Violen-cia de Xénero nos balcóns da Casa do Concello; e o luns 26 procederase á lec-tura dun manifesto para a elminación da violencia de xénero por parte da Asocia-ción Silvardeira e o Con-cello de Allariz (organiza-dores destas actividades). Terá lugar ás 19:30 horas no Fogar dos Maiores e irá seguido do visionado da curtametraxe realizada coas mulleres que participan no Programa Clara.

4 Magostos en Maceda

A Concellería de Cul-tura de Maceda organiza un magosto o vindeiro sábado 17 de novembro, coa colaboración da Aso-ciación “Taberneiros do Pobo”. Apartir das �0 ho-ras, os que se reúnan na praza das Toldas de pode-rán degustar empanada, costela, chourizo, casta-ñas e viño polo módico prezo de cinco euros, e cunha taza de agasallo.

Pola súa banda, no pobo de Chaioso organizan o seu magosto popular o �4 de novembro. O menú este ano estará compos-to de empanada, xamón asado, panceta, chourizos asados, castañas, pos-tre, pan, viño e chupitos. Todo por só cinco euros. Este ano coa novidade de organizar unha carreira de burros onde correrá un famoso da TVG.

4 Presentación literaria en Xinzo

O libro “Historia de Xinzo de Limia”, de Miro Martinez Cerrede-lo será presentado o día 30 en Xinzo. Trátase dun minucioso traballo de in-vestigación bibliográfica e documental, que forne-ce unha perspectiva xeral sobre todos os períodos da historia de Xinzo e do seu concello, desde a época castrexa, pasando pola ro-manización, continuando coa Idade Media, a Mo-derna e abordando polo miúdo a Idade Contempo-ránea. “Unha obra impres-cindible para ollarmos, en conxunto, máis de dous mil anos da rica historia do concello de Xinzo de Limia e coñecermos o seu patrimonio cultural”.

O acontecemento terá lugar o venres 30 de no-vembro, ás �0 horas, no Museo do Entroido.

Page 31: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

31

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 412 121Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Alejandro Mínguez, S.N.

Nº72 / 8- Ano: VII - Novembro 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

CLASIFICADOS / SERVIZOS

Se eres un particular, publi-ca os teus anuncios clasifi-cados de maneira gratuíta

no 988 239 634 ou en [email protected]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamentos dunha e dúas habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 27 19 16.Vendo piso no Couto de 75 m2, 3 dormitorios, 1 baño, cociña amo-blada, terraza de 35 m2, calefac-ción gas cidade, 93.000 euros ne-gociables. Tel. 699 01 45 60.Vendo apartamento con � ha-bitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21, Ourense. Tel. 675 521 179.Vendo casa para restaurar na es-trada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10.Emprendedores: terreo de 2.300 m� en Melias (Pereiro de Aguiar) , con agua propia, apto para todo destino (por exemplo: horta, col-meas, viñedos etc. ) a 50m. da es-trada, vendese ou alúgase por cen euros ao mes, con opción a compra (negociable). Máis información en [email protected] apartamento de � habita-cións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Vigo, céntrico, � dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04

VENDASVendo fabricador de xeo e cafe-teira de dous brazos para hostale-ría. Tel. 616 76 44 37.Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 375 (Xinzo)Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751.Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía � anos, sen usar. Tel. 647 232 974Vendo vestido comuñón, semi-novo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824.Vendo Volvo 760 turbo inter-cooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practi-camente novas. Tel. 629 87 90 82.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448Vendo carriño de bebé comple-to (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, �50 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asen-tos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942Vendo traxe comunión neno. Ta-lla 1�. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo sofás 3+2, caldeira calefac-ción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10.Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51Véndese canapé de madeira ta-pizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e semino-vo, 230 euros Tel. 637 756 687.

EMPREGO

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 112Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

Posto de traballo para un Autó-nomo. Labor puramente Comer-cial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. TEl. 664 615 990.Ofrécese rapaza para tarefas do-mésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19.Formación a distancia subven-cionada. Titulación oficial. Aseso-ra para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly.Apoio psicolóxico gratuíto. Te-rapias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749.

Page 32: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

Page 33: Novembro 2012 - BXVAC

Número: 72 - Ano:VI - Novembro 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.26VERÍN Páx.3 VERÍN Páx.4 OCIO Páx.22

Trial infantil en Ábedes, Verín, o 18 de novembro

Comezou a perforación do túnel do Corno, no municipio de Laza, da liña de alta velocidade Galicia-Madrid.

Verín e Vilardevós compartirán obradoiro de emprego

Verín xa pensa no Entroido: convocado o concurso do cartel

Resultado das eleccións: Feijoo revalida a maioría

A Denominación Monterrei culmina a súa maior vendima

[páx.18]Adif inicia dous túneles en Laza

Entrevista ao piragüista olímpico

galego David Cal [páx.24]

Page 34: Novembro 2012 - BXVAC

BARRIOSNovembro de �01�

Page 35: Novembro 2012 - BXVAC

Número: 8 - Ano: VI - Novembro 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CELANOVA Páx.14ALLARIZ Páx.12 OCIO Páx.28

Entrevista a Julio Gosende, da Asociación de Comerciantes

Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal

DEPORTES Páx.24

Rematan as XXVII Xornadas Micolóxicas de Celanova

O Festival de Xardíns pecha con preto de 30.000 visitas

TEMA DO MES Páx.2

Resultados das eleccións: Feijoo revalida a maioría

A edil Monserrat Álvarez e o alcalde José Luís Ferro./A. M Stands no pavillón do instituto de Allariz./P.LODEIRO.

O goberno do PP de Celanova, en minoría

Feira do Outono en Allariz

[páx. 28] [páx. 15]

[páx.12]

Entrevista a Milagros Ferreiro,

da Fundación R. Glez. Ferreiro