61
XEOGRAFÍA FÍSICA DE GALICIA

4.1.galicia

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 4.1.galicia

XEOGRAFÍAFÍSICA

DE GALICIA

Page 2: 4.1.galicia

VOCABULARIO

• Esteiro • Landa • Ría • Tómbolo

Page 3: 4.1.galicia

ESQUEMA DA UNIDADE 5.1. O relevo de Galicia5.2. Os climas e o medio natural de Galicia

TEMA (pregunta teórica) • Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.- Diversidade climática.- Os ríos de Galicia.-A diversidade bioxeográfica.

PRÁCTICOS

- Comentario dun perfil topográfico O-E.

- Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías).

VOCABULARIO

Esteiro / Landa / Ría / Tómbolo (4)

Page 4: 4.1.galicia

SITUACIÓN E LÍMITES DE GALICIA

Localización: extremo noroeste da Península.

Superficie: 29434 km2.

Límites:

• rodeada por dúas grandes masas de auga (o mar Cantábrico, ao norte, e o océano Atlántico ao oeste)

• Sur: frontera con Portugal, con quen comparte o río Miño;

• Leste: cordilleiras orientais e sudorientais enlazan, ao mesmo tempo que individualizan o territorio, co resto do estado español.

Page 5: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO

Relevo sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. Pódense diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas:

A franxa litoral.

Serras.

Superficies de aplanamento.

Depresións interiores.

Page 6: 4.1.galicia

Chairas setentrionais

Contraste topográfico entre as terras baixas

costeiras e asmáis elevadas

do interior

Serras e depresións de

orixe tectónica no sector meridional

ASPECTOSDO RELEVO

Page 7: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO: a franxa litoral

• 1700 km de costa, a máis extensa da Península Ibérica gran diversidade paisaxística e ambiental.

• Carácter abrigado das rías o trazo máis diferenciador do litoral galego,

• Grandes contrastes:

• sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada, na Coruña,

• carácter rectilíneo da rasa cantábrica, que ocupa un pequeño tramo de costa cara ao límite con Asturias.

Page 8: 4.1.galicia
Page 9: 4.1.galicia

RÍAS ALTAS, dende Ribadeo

ata Muros

RÍAS BAIXAS,dende Muros

ata a foz do Miño

AS RÍAS

GALEGAS

Page 10: 4.1.galicia

TIPOS DE

RÍAS

Page 11: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO: as

serras

• Litoloxía: serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria.

• Materiais: gran diversidade lousas, cuarcitas, calcarías e pequeñas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos de orixe glacial e preglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroados fundamentalmente por cistas de cuarcita.

• Extremo oriental paredón rochoso creado por un encadeamento de serras, entre as que destacan as dos Ancares, O Courel e Eixe

• Algúns picos superan os 2000 metros (Pena Trevinca, 2124m) de alitude.

• Dificulta enormemente as comunicación coa Meseta.

Page 12: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO: as serras

• O tránsito entre a Galicia costeira e a interior marcado polas

• serras setentrionais: ao sur do litoral cantábrico, constitúen una antiga superficie aplanada, que se elevou ata a cota máxima dos 1056 m alcanzados no Cuadramón, dentro da serra do Xistral.

• Serras centro occidentais ou Dorsal Galega, esténdense de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700m) ata o Faro de Avión, que se aproxima aos 1100.

Page 13: 4.1.galicia
Page 14: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO: as superficies de

aplanamento

• Un dos aspectos máis destacados existencia de amplos sectores aplanados, que acentúan o contraste horizontalidade/verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular.

• Interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, a denominada Terra Chá supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 m de altitude.

• Cara ao litoral, nas comarcas de Bergantiños, Alto Xallas, península do Barbanza ou nas terras do Deza, as chairas presentas dimensións máis reducidas e están intensamente fragmentadas pola rede fluvial.

Page 15: 4.1.galicia
Page 16: 4.1.galicia

O RELEVO GALEGO: as

depresión interiores

Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, encadéanse unha serie de pequenas depresión, orixinadas fundamentalmente durante os movementos oroxénico da era terciaria, que presentan unha dirección dominante norte-sur.

Estas depresións, co fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe básicamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos con respecto aos sectores circundantes.

Page 17: 4.1.galicia

Espazo occidentalno que hai

maior presenza de rochas plutónicas

Espazo orientalno que dominanlousas e xistos

O ROCHEDO

Page 18: 4.1.galicia

Zócolo paleozoico Substrato xeolóxico

Oroxenia alpina (Terciario)

Fracturación do zócolo: numerosas fallas

Finais do Terciario Subsidencia no bordo continental que dá orixe a boa parte das rías. Configuración actual da rede fluvial

Cuaternario Periglaciarismo

HISTORIA XEOLÓXICA DE GALICIA

Page 19: 4.1.galicia
Page 20: 4.1.galicia
Page 21: 4.1.galicia

LITORAL

PRELITORAL

SERRAS SETENTRIONAISE DORSAL MERIDIANA

CHAIRA LUCENSE

SERRAS E DEPRESIÓNS ORIENTAIS E

SUDORIENTAIS

LITORAL

Page 22: 4.1.galicia

Modelado granítico no Pindo

Pregas cuarcíticas en Burela

ALGÚNS MODELADOS DO RELEVO

Cuarcitas e xistos en Ribadeo Lagoa glaciar no Courel

Sinclinal colgado na Serra do Eixe

Fotografías procedentesde:http://xhgalicia.blogspot.com

Page 23: 4.1.galicia

O CLIMA DE GALICIA

Page 24: 4.1.galicia

2.- A diversidade climática galega

Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48' e 43º 47' de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental,

CARACTERÍSTICAS:

• amplitude térmica reducida (baixa na costa e moderada no interior),

• invernos suaves, veráns frescos

• precipitacións abundantes(máis de 800 mm.) regularmente repartidas durante todo o ano xa que se atopa baixo a influencia das borrascas da fronte polar.

• dominio do anticiclón das Azores durante o verán dando lugar a un máximo de dous meses secos (que marca a transición ao clima mediterráneo continentalizado).

FACTORES introducen unha serie de matices climáticos.

• disposición do relevo -que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-;

• orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos,

• distancia ao mar,

• Peculiares características das depresións e dos vales fluviais,

Page 25: 4.1.galicia

2.- A diversidade climática galega

De oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva degradación dos trazos típicos do dominio oceánico.

Así a temperatura media anual diminúe cara ao interior (ainda que case sempre supera os 10º C ) e aumenta de norte a Sur.

a amplitude térmica aumenta do NO ao SE; na costa a amplitude é baixa debido á influencia do mar (9-12º), o verán é fresco e o inverno moderado; cara ao interior a amplitude é moderada (12-15º) ao disminuir a influencia mariña, e debido a este feito o inverno é frío.

as precipitacións diminúen da costa ao interior e en función da orientación do relevo.

Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica, as áreas de montaña, a Galicia interior e os vales e depresións do sector meridional.

Page 26: 4.1.galicia

VARIEDADE CLIMÁTICA

Galicia occidental: temperaturas medias arredor dos 12º e precipitacións arredor de 1500 mm anuais.

Area centro-occidental de Galicia a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire cara o interior que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións (oceánico hiperhúmido).

Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.

Fachada cantábrica

A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800-1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas: invernos frescos e veráns suaves.

O CLIMA DE GALICIA

CLIMA OCEÁNICO

1 Oceánico costeiro

2 Oceánico interior

(continentalizado)

3 Oceánico mediterráneo

4 Oceánico de montaña

5 Fachada cantábrica

5

Page 27: 4.1.galicia

VARIEDADE CLIMÁTICA

Galicia interior (oceánico continentalizado)

A distancia ao mar e a protección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos (e con tendencia a unha maior sequidade).

Vales e depresións do sector meridional (oceánico con matiz mediterráneo)

Os vales do Miño medio e do Sil, pequenas depresións do sur, constitúen os sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival.

As precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm

Aumento xeneralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.

O CLIMA DE GALICIA

CLIMA OCEÁNICO

1 Oceánico costeiro

2 Oceánico interior

(continentalizado)

3 Oceánico mediterráneo

4 Oceánico de montaña

5 Fachada cantábrica

5

Page 28: 4.1.galicia

VARIEDADE CLIMÁTICA

Áreas de montaña (oceánico de montaña) Dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude,

aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.

O CLIMA DE GALICIA

CLIMA OCEÁNICO

1 Oceánico costeiro

2 Oceánico interior

(continentalizado)

3 Oceánico mediterráneo

4 Oceánico de montaña

5 Fachada cantábrica

5

Page 29: 4.1.galicia

“O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a situación á beira do océano e a latitude na que se atopa marcan os caracteres climáticos. A orografía é outro factor definitorio do clima, que favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades. A posición dopaís fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados, alternando a influencia da correntepolar no inverno e das altas presións subtropicais (Anticiclón de Azores) no verán. Esta variedadede condicións atmosféricas explican a diversidade notoria de tipos de tempo que se dan en Galicia.O clima da nosa comunidade presenta trazos comúns con todos os climas oceánicos de Europa Occidental, pero tamén características diferenciais. Os elementos comúns son as continuas chegadas de masas húmidas do O que favorecen unhas intensas precipitacións e unhas característicastérmicas de suavidade. Malia estes caracteres comúns, Galicia individualízase pola seca estivalacentuada e a maior duración do verán.”

J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra

Page 30: 4.1.galicia
Page 31: 4.1.galicia

CLIMOGRAMAS DE GALICIA

Datos procedentes de www.pedrocolmenero.es e www.ucm.es

Page 32: 4.1.galicia

Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica de verán. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.

Page 33: 4.1.galicia

Situación sinóptica de precipitacións intensas de poñente. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.

Page 34: 4.1.galicia

Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica invernal. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.

Page 35: 4.1.galicia

Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.

EVIDENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO

A temperatura anual aumentou 0,18 ºC por década no período 1961-2006. O incremento non foi homoxéneo ao longo do período, destacando o aumento abrupto desde 1972, chegando a taxa a duplicarse: 0,36 ºC por década.O aumento foi maior en primavera e verán. No inverno aumentou a temperatura máxima e descendeu o número de días fríos. Canto ás precipitacións, aumentan os episodios de choiva intensa no outono e diminúen na primavera.Hai unha diminución de situacións do norte e do nordés en primavera e verán.

A partir do estudo “Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia” (http://www.siam.medioambiente.xunta.es/cligal/documentos/1.pdf)

Page 36: 4.1.galicia

Os ríos galegos

 A  compartimentación  do  relevo  xunto  cunha elevada  pluviometría  e  un  substrato litolóxico  moi  impermeable  propicia  unha rede fluvial moi densa. 

 2.1 A disimetría das vertentes: diferencias entre  as vertentes cantábrica e atlántica debido  á  proximidade  ao  mar  das  serras setentrionais. 

 A vertente cantábrica esténdese desde a desembocadura do río Eo ata o cabo Ortegal:

nacen nas serras litorais, a excepción do  Eo  e  do  Navia,  que  teñen  o  seu nacemento nas serras orientais. 

Son de curso moi curto, agás o Eo e o  Navia,  o  máis  longo  desta  vertente, ainda que desemboca fora de Galicia. 

 

Page 37: 4.1.galicia

Os ríos galegos

Galicia litoral polo xeral os ríos presentan unha lonxitude modesta e artellan concas de tamaño igualmente pequeno, nas que as máis importantes son as do Tambre, Ulla e Eume. 

Galicia interior a gran arteria fluvial que forman os ríos Miño e Sil:  O Miño e o Sil son os ríos máis longos de Galicia. O Miño (340 km) nace na Serra 

de Meira e desemboca nun esteiro. Conta con importantes afluentes como o Arnoia, ou  o  Avia  e  principalmente  o Sil,  que  lle  achega moita  auga. O Sil  nace  fóra  da Comunidade, na Cordilleira Cantábrica, a 1.980 m, polo que é único río galego de réxime pluvionival.

A  cunca meridional  situada  ao  sueste,  inclúe  algúns  ríos  que  nacen  en  Galicia pero  que  desembocan  fora  da  Comunidade,  como  o  Támega,  que  desauga  no Douro e o Limia, que desemboca en augas oceánicas portuguesas.

 

Os  ríos  da  vertente atlántica  (dende  cabo Ortegal ata a desembocadura do Miño):  nacen nas serras litorais ou nas occidentais dúas subvertentes: a da Galicia litoral e a da Galicia interior. 

Page 38: 4.1.galicia

A rede fluvial ven definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. Os dous favorecen a existencia de numerosísimos cursos fluviais, a meirande parte deles de curto percorrido. Case a totalidade dos ríos galegos amosan un réxime de tipo pluvial oceánico, caracterizado pola abundancia e regularidade dos Caudais, con enchentas invernais e estiaxes moderadas no verán. Os ríos que desembocan na vertente cantábrica (Navia, Eo, Masma, Landro, Sor, Mera, etc.) son os que teñen maior regularidade neste réxime. Pola contra, os que desaugan nas Rías Baixas presentan descensos moi importantes no seu caudal durante o verán (Tambre, Ulla, Deza, Umia, Lérez, Verdugo,etc.). Mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas).

A partir de J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra

Page 39: 4.1.galicia

Os ríos galegos

 2.2 O caudal abundante e regular

Os ríos galegos son moi caudalosos, por dous motivos: 

• as precipitacións son abundantes

• predominio da escorrentía fronte á infiltración,  isto  debido  á existencia de materiais impermeables e á presenza de pendentes medias elevadas. 

• O Miño é o río máis caudaloso de Galicia, chegando ao nivel máis elevado nos Peares, na confluencia co Sil.

Os  ríos  de  Galicia  presentan,  na  súa  maioría  un  réxime pluvial oceánico,  cun  ritmo  anual  simple  dun máximo no inverno,  en xaneiro  ou  febreiro,  e  un  mínimo no verán,  en  agosto  ou setembro.  O  réxime pluvio-nival do  Sil  maniféstase  no mantemento  duns  caudais elevados ata  ben  entrada  a primavera gracias á fusión das neves

 

Page 40: 4.1.galicia

Os ríos galegos

 

2.3 Os humedais e os acuiferos

 

Galicia  conta  con  gran  cantidade  de  terreos húmidos  diseminados por  todo  o  territorio  en  forma  de  zonas  de  marismas,  esteiros, deltas, lagoas, etc. 

Destacan  pola  súa  riqueza  natural  e  pola  cantidade  de  especies endémicas que as habitan a ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; as dunas de Corrubedo e finalmente o complexo intermareal de Umia-O Grove-A Lanzada.

Os acuíferos, bastante numerosos, supoñen un importante recurso xa que  as  súas  augas abastecen os pequenos núcleos das áreas rurais e algunhas industrias, aínda que a súa principal función é subministrarlles auga ás zonas húmidas e lagoas de Galicia.

Page 41: 4.1.galicia

A VEXETACIÓNO noroeste peninsular atópase no límite de dúas rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran 

parte de Galicia, e a Mediterránea ( sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense). Esta transición faise visible no paso do dominio do: • carballo (Quercus robur): típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, • cerquiño ou rebolo (Quercus  pyrenaica);  representa  o  tránsito  cara  a  condicións  climáticas 

caracterizadas por unha maior irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival  polo  que  estas  árbores  manteñen  as  follas  secas  ata  o  nacemento  dun  novo  gromo (bosque marescente).

Page 42: 4.1.galicia
Page 43: 4.1.galicia

A VEXETACIÓN

Pódese  establecer  unha  estreita  correspondencia  entre  os  diferentes  dominios  climáticos  e  as unidades bioxeográficas. Características: 

• a proliferación das plantacións de piñeiro e de eucalipto (orixe  antrópica)  esvaneceu,  en gran medida, a distribución de especies tradicionais 

• carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor rendabilidade económica. 

• Nas beiras dos ríos e polo xeral en áreas húmidas medran amieiros, salgueiros ou freixos. • Nas áreas máis secas do sueste de Lugo e interior de Ourense onde se produce a transición 

ao clima mediterráneo están presentes as sobreiras e as aciñeiras.

Dentro  das  formacións arbustivas  atópanse  os  breixos,  que  invaden  amplas  áreas  como sotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, as xestas, que ocupan principalmente  a  Galicia  interior  e  de  montaña,  e  o  piorno,  que  se  estende  polas  serras orientais. Nas áreas máis secas dos vales orientais aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a existencia de condicións mediterraneizantes. 

Page 44: 4.1.galicia

“Na rexión mediterránea as comunidades climácicas son tamén bosques, neste caso de cerquiños,agás na cunca do Sil, onde son substituídos por aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota). Os bosques de cultivo tamén adquiriron notable importancia dende épocas remotas, é o caso dos soutos de castiñeiros (Castanea sativa), introducidos hai máis de 2.000 anos.Os piñeirais son de implantación máis recente, especialmente o Pinus pinaster (piñeiro marítimo ou galego) chegadodende Portugal no século XVII. Máis recentemente Introducíuse o eucalipto (Eucaliptus globulus), orixinario de Australia e que comezou a cultivarse a partir de mediados do século XIX, malia os problemas medioambientais que xera.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra.

Page 45: 4.1.galicia

“A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climácica de Frondosas caducifolias está moi deteriorada e en franco retroceso, predominando na Actualidade as especies arbóreas foráneas, o mesmo o mato de substitución do bosque Orixinario, fundamentalmente os toxos (Ullici europaei), piornos (Cytisus lusitanicus) e Breixos (Ericetum cinerae).”

J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra.

Page 46: 4.1.galicia

Galicia pertenceao Reino Holártico,cuxo territorio se englobabaen dúas rexións ata hai pouco: a rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea. Na actualidade Prefírese incluír toda a comunidadena rexión Eurosiberiana.

Page 47: 4.1.galicia

No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas. A mestura de

coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia

na provincia de Lugo -principalmente- e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e,

sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais. O espazo non arborado ocupaba en 2003 o 52% do total.

(Documento PDF aloxado en www.cfeaguisamo.org)

Page 48: 4.1.galicia

“En Galicia hai poucos pés de especies arbóreas que acaden tallas próximas ás súas respectivas alturas máximas rexistradas no contexto europeo. Isto pode ser interpretado como resultado da ancestral presión antrópica efectuada sobre os nosos bosques para obter unha ampla gama de produtos e beneficios (madeira, leñas, carboneo, pastoreo, construción naval, travesas para o ferrocarril, etc.), o que ten producido un rexuvenecemento xeral nas nosas masas arboradas.”

A partir de Manuel A. Rodríguez Guitián: Bosques monumentais de Galicia... op. cit.

Page 49: 4.1.galicia

“Os bosques naturais da actualidade foron orixinados de dous xeitos diferentes: uns poucos son bosques primarios, fragmentos residuais herdeiros directos do antigo bosque primixenio anterior á destrución antrópica, mentres que outros chamados bosques secundarios consisten en rexeneracións que tiveron lugar en sitios que nalgún momento da historia foron deforestados. Os bosques primarios caracterízanse pola mínima perturbación dos seus solos e alta biodiversidade vexetal, e por conseguinte animal que atesouran. Nos bosques secundarios pódense aínda distinguir dúas categorías máis atendendo á súa idade: os secundarios antigos e os secundarios recentes. Os primeiros son moi similares aos bosques primarios xa que tiveron tempo abondo para seren recolonizados e adquirir especies e comunidades estables, axudoulles a isto formarse cando os bosques antigos aínda eran abondosos e o illamento ecolóxico era baixo, ámbolos dous tipos poden ser agrupados na categoría de bosques antigos. Son estes moi escasos en Galicia, as dubidosas estimacións de superficies existentes (…) achegarían en torno ás 25.000 hectáreas (...), en calquera caso para atopalos é preciso acudir ás máis esgrevias fragas, devesas e abesedos das serras dos Ancares, O Courel, a cunca do Eume e pouco máis.” Antón Bouzas: “Destrución, conservación e restauración da paisaxe”

Page 50: 4.1.galicia

ESPAZOS PROTEXIDOS

Page 51: 4.1.galicia

ESPAZOS PROTEXIDOS

Page 52: 4.1.galicia

ESPAZOS PROTEXIDOS

“A rica e abundante diversidade biolóxica de Galicia, en particular en forma de hábitats naturais débese,por unha banda, á gran heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática e, por outra, á

influencia do home desde a Antigüidade. Moitos destes hábitats posúen un especial valor e interese seaplicamos valores de naturalidade, endemicidade, rareza ou estado de conservación. Este é o caso de dunas, acantilados, lagoas e mariñas, turbeiras, montes, matogueiras da rexión mediterránea, xuntocoas reducidas manifestacións de laurisilva e de teixos. (…) [En Galicia hai] máis de 2.000 especies vexetais silvestres, entre as cales se atopan 44 endemismos.”

Ángel Miramontes: “A xeografía física de Galicia”. Ed. Lóstrego.

Page 53: 4.1.galicia

“As características singulares de Galicia convértena nun lugar onde certos riscos naturais son relevantes. O de inundacións é o que se manifesta como máis importante. O anegamento de áreas máis ou menos amplas aparece con relativa frecuencia, o que supón situacións de grave perigo colectivo ou catástrofe, motivadas esencialmente por un urbanismo desordeado que se traduce na habitual construción en chairas de inundación dos ríos. Para tratar de evitar as negativas consecuencias destas inundacións no Plan Especial de Protección Civil establecéronse as áreas de risco (142 municipios), que é particularmente extremo nas ribeiras do río Sar, especialmente na comarca de Santiago e A Mahía; nas do Ulla, sobre todo na súa desembocadura en Padrón e Pontecesures; as comarcas luguesas de A Terra Chá, Vilalba e Begonte; e nas ribeiras do Umia, fundamentalmente ao seu paso por Caldas de Reis.”

J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: “Breve xeografía de Galicia”. Ed. A Nosa Terra

RISCOS NATURAIS

Page 54: 4.1.galicia

O documento co ESTUDO DAS ZONAS DE RISCO DE INUNDACIÓN DA BACÍA GALICIA - COSTA (publicado en setembro de 2011) recolle 39 áreas con risco potencial significativo inundación en masas de auga costeiras e de transición (rías e esteiros).O resultado foi a determinación de que un total de 543 quilómetros de río presentan un risco significativo de enchente, o que supón un 3,7 % da lonxitude fluvial de Galicia Costa, e que se agruparon en 167 áreas con risco potencial significativo de inundación.

Page 55: 4.1.galicia

Outrofenómeno

que producegraves

trastornosé o dos

temporais,frecuentes

duranteo inverno

e que afectan

sobre todoás áreas

costeiras.

Page 56: 4.1.galicia

O ciclón extratropical “Klaus” (xaneiro 2009) veu acompañado de ventos cunha velocidade máxima de 198 km/h en Estaca de Bares.

Page 57: 4.1.galicia

MO

VEM

ENT

OS

SÍSM

ICO

S

Page 58: 4.1.galicia

O 22 de maio de 1997, o triángulo das localidades lucenses de Sarria, Becerreá e Triacastela converteuse no epicentro do terremoto de maior magnitude do século XX en Galicia. O sismo, cunha magnitude de 5,3 na escala Richter, foi o máis importante na comunidade desde 1969, cando se viu afectada polo terremoto de Cabo de San Vicente (magnitude de 7,3),con epicentro no Océano Atlántico. Previamente, en novembro-decembro de 1995 producíranse outros terremotos con magnitude 4,5 na escala Richter. Máis recentemente, sismos de 3,2 e 3,3 de magnitude producíronse en 2002 en Ponte Caldelas e A Rúa, e outro con epicentro no mar, a 61 km de A Coruña, de magnitude 5 (abril de 2006), así como un de magnitude 3,5 en marzo de 2011. Un recente estudo levado a cabo pola Universidade de Oviedo e publicado en 2004(http://www.geol.uniovi.es/~clopez/PDFs/TG24-04.pdf) permite comprobar que a sismicidade máis importante producida na rexión galega e na súa marxe atlántica está asociada ás fallas NE-SO, das que a de Becerreá e a de Sarria son ben significativas.

Page 59: 4.1.galicia

“(…) Os incendios teñen a súa orixe na man do home (...).En Galicia a intencionalidade na xeración de lumes é manifesta.”

Tomás Fdez. Couto

INCENDIOS FORESTAIS

Page 60: 4.1.galicia
Page 61: 4.1.galicia

Bibliografía básica:

- ALDREY, J.A. e LOIS, RUBÉN C. (2010): Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra.- MIRAMONTES CARBALLADA, Á. (2007): A xeografía física de Galicia. Ed. Lóstrego.- PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Ed. Galaxia.- TORRES LUNA, Mª P.; PAZO LABRADOR, A.J.; SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Ed. Universidade de Santiago.- VV.AA. (1996-1998): Xeografía. Tomos XVII a XXII do Proxecto Galicia. Ed. Hércules.- VV.AA. (1999): Atlas climático de Galicia (dispoñible en rede: http://www.meteogalicia.com/datosred/infoweb/meteo/docs/publicacions/libros/AtlasClimaticoGalicia.pdf)- VV.AA. (1986-2008): Atlas Nacional de España (dispoñible en rede: http://www2.ign.es/ane/ane1986-2008/)- VV.AA. (2011): Atlas climático ibérico (dispoñible en rede: http://www.aemet.es/es/divulgacion/publicaciones/detalles/Atlas-climatologico)