25
Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 113-137 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 113 A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha Introdución Este traballo pretende describir dunha forma panorámica a Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (CID) levada a cabo durante o goberno biparti- to (PSdG-PSOE e BNG) da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Sería negar a realidade, que a chegada do bipartito ao goberno da Xunta e que esta área quedase enmarcada dentro das competencias asumidas polo PSdG- PSOE, levantou no sector expectativas importantes, dada a experiencia que tiña este partido noutras partes do Estado. A Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia Pouco máis de 15 anos pasaron dende 1994, que pode ser considerado o ano en que se inician as accións de cooperación por parte da Xunta de Galicia coa publicación da primeira convocatoria de axudas para ONGDs. Dende a pequena contía de 168.283,39 € que serviu para financiar 11 proxectos ata o Plan Anual do 2009 que asigna á cooperación internacional máis de once millóns de euros, houbo un longo camiño. E a pesar das políticas postas en marcha por parte dos diferen- tes departamentos da administración autonómica, durante estes anos, Galicia non abandonou o vagón de cola no que se refire aos fondos destinados polas Comuni- dades Autónomas á CID. Galicia foi pioneira na creación, no ano 1994, do Rexistro Galego de ONGDs, primeiro deste tipo en España. Con anterioridade, os poucos anteceden- tes en materia de cooperación se enmarcan no Convenio Marco asinado entre a Axencia Española de Cooperación internacional (AECI) e a Xunta de Galicia en outubro de 1992. Nos dous anos seguintes, a Xunta de Galicia realizou algunhas accións con Mans Unidas e con fondos para axudas directas da Presidencia da Xunta de Galicia (1) . (1) ALONSO, Jose Antonio: Diagnóstico del Sistema Gallego de Cooperación al Desarrollo: instrumentos y acciones. Xunta de Galicia. 2003

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 113-137

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 113

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencantoXosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Introdución

Este traballo pretende describir dunha forma panorámica a Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (CID) levada a cabo durante o goberno biparti-to (PSdG-PSOE e BNG) da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Sería negar a realidade, que a chegada do bipartito ao goberno da Xunta e que esta área quedase enmarcada dentro das competencias asumidas polo PSdG-PSOE, levantou no sector expectativas importantes, dada a experiencia que tiña este partido noutras partes do Estado.

A Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia

Pouco máis de 15 anos pasaron dende 1994, que pode ser considerado o ano en que se inician as accións de cooperación por parte da Xunta de Galicia coa publicación da primeira convocatoria de axudas para ONGDs. Dende a pequena contía de 168.283,39 € que serviu para financiar 11 proxectos ata o Plan Anual do 2009 que asigna á cooperación internacional máis de once millóns de euros, houbo un longo camiño. E a pesar das políticas postas en marcha por parte dos diferen-tes departamentos da administración autonómica, durante estes anos, Galicia non abandonou o vagón de cola no que se refire aos fondos destinados polas Comuni-dades Autónomas á CID.

Galicia foi pioneira na creación, no ano 1994, do Rexistro Galego de ONGDs, primeiro deste tipo en España. Con anterioridade, os poucos anteceden-tes en materia de cooperación se enmarcan no Convenio Marco asinado entre a Axencia Española de Cooperación internacional (AECI) e a Xunta de Galicia en outubro de 1992. Nos dous anos seguintes, a Xunta de Galicia realizou algunhas accións con Mans Unidas e con fondos para axudas directas da Presidencia da Xunta de Galicia(1).

(1) ALONSO, Jose Antonio: Diagnóstico del Sistema Gallego de Cooperación al Desarrollo: instrumentos y acciones. Xunta de Galicia. 2003

Page 2: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009114

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Marco institucional

Dende estes comenzos ata o ano 1998, as actuacións en materia de CID dependían organicamente da Dirección Xeral de Relacións Institucionais. Poste-riormente, e co mesmo equipo responsable, mediante o Decreto 108/2000 modi-fícase a estrutura da Consellería de Presidencia e Administración Pública e pasa a denominarse Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias. Este período, ata o goberno saído das eleccións de outubro do 2001, caracterizase por unha preca-riedade nas estruturas públicas, con escaso persoal técnico e, sobre todo, pola inexistencia dunha unidade administrativa específica para encarar estes temas.

Tralas eleccións de outubro de 2001, e atendendo ao disposto no Decreto 403/2001 do 28 de decembro, créase a Dirección Xeral de Cooperación Exterior formando parte da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Esta Di-rección Xeral estaba estruturada nunha Subdirección Xeral e tres Servizos, un deles denominado “Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento”. Con esta estrutura da Dirección Xeral coménzase a desenvolver por parte da Xun-ta de Galicia unha mínima estrutura administrativa coa que promover e executar accións futuras. Neste momento faise o primeiro diagnóstico do Sistema Galego de Cooperación ao Desenvolvemento e póñense as bases para a elaboración da Lei de Cooperación ao Desenvolvemento.

Pero esta estrutura tivo unha vida efímera. Tralo afundimento do Pres-tige en novembro do ano 2002 e a posterior reestruturación da Xunta de Galicia, mediante o Decreto 23/2003 do 20 de xaneiro, suprímese a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, pasando as competencias nesta materia a depender direc-tamente da Presidencia da Xunta, atribuídas á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Esta estrutura mantívose ata a chegada do bipartito en 2005. Neste pe-riodo elaborouse e foi aprobada a Lei 3/2003 do 19 de xuño de Cooperación ao Desenvolvemento, e creouse o Rexistro de Axentes da Cooperación, así como os órganos de coordinación e asesoramento: Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento, a Comisión Interdepartamental e a Comisión Interterritorial. Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da Cooperación Galega. Podemos dicir que este período remata coa constitución do Consello Galego de Cooperación Exterior, semanas antes das eleccións de xuño de 2005.

Mención aparte merece a Fundación Axencia Humanitaria de Galicia (FAHG). Esta fundación foi creada no ano 2003, dependendo da Consellería de Emigración cando xa as competencias de Cooperación Exterior pasaran á Secre-taría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior. Esta Fun-dación naceu, en palabras de Aurelio Miras Portugal, Conselleiro de Emigración nese momento, porque:

Page 3: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 115

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

“los centros y hermandades de gallegos y los propios emigrantes y sus familias, son como antenas privilegiadas para poder detectar casos derivados de situaciones de crisis agudas o catástrofes naturales”(2) .

Na súa natureza constitutiva estaba o apoio ás Comunidades Galegas no Exterior, sen ter en conta nos seus estatutos os principios que deben rexer a acción humanitaria. Na súa constitución participaron diversos organismos da propia Xunta de Galicia, así como o SERGAS, Bombeiros, Protección Civil e algún Colexio Pro-fesional. Pero en ningún momento se tiveron en conta nin se consultaron aos únicos axentes que executaban en Galicia acción humanitaria que son as ONGD ou axencias das Nacións Unidas. Ata a chegada do bipartito, a actividade desenvolvida por esta Fundación foi practicamente inexistente, limitándose a algúns simulacros de rescate e emerxencias, e a participacion nalgúns foros como foi un Encontro de Comunida-des Galegas en Nova Iorque no ano 2004. O equipo da FAHG estaba constituído por un Director-xerente e dúas persoas en administración. A creación desta nova estru-tura, desde os seus inicios foi considerada polo sector das ONGD como superflua e máis como outro instrumento para canalizar axudas á emigración galega que como acción humanitaria.

Chegada do bipartito

Tralas eleccións de xuño do ano 2005, no posterior acordo de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG(3) que deu paso ao goberno bipartito, aparece explicitamente reflectido como obxectivo destinar ao final da lexislatura (2009) o 0,4% dos orzamen-tos da Comunidade Autónoma para CID. Con este compromiso ábrese unha nova etapa na Cooperación Galega.

Nesta etapa mantense a dependencia orgánica do anterior goberno: adscri-ción á Presidencia da Xunta de Galicia e enmarcada na Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, e creación dunha nova Dirección Xeral de Cooperación Exterior (DXCE). A nova DXCE bota andar con varios meses de retraso, en outubro dese mesmo ano, co nomeamento de Fabiola Sotelo Sotelo como Directora Xeral. O organigrama com-plétase cunha Subdirección Xeral (cargo para o que se designou a Carlota Román, ta-mén con máis dun ano de retraso) e dous servizos. É de destacar o rango de Dirección Xeral acadado por esta área, se ben as persoas nomeadas para a dirección política non contaban con experiencia coñecida no sector.

O equipo técnico da DXCE complétase coa incorporación de tres persoas como gabinete da Directora Xeral. Con esta configuración e equipo, a DXCE co-

(2) ABC. 09/06/2003.(3) Acordo de goberno PSdG-PSOE e BNG. "Acordo sobre bases programáticas para a acción da Xunta de Galicia que

asinan os grupos políticos PSdeG-PSOE e BNG". 24 de xullo de 2005

Page 4: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009116

menza o seu traballo, fixando como prioridade sacar adiante o I Plan Director da Cooperación Galega.

Respecto á FAHG, a súa dependencia orgánica pasou á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, rompendo, en certa forma, a unidade política que representaba a DXCE. Os seus estatutos foron reformados, eliminando o sesgo de axudas á emi-gración galega e introducindo uns mínimos principios da acción humanitaria. Aínda desta maneira e a pesar do reforzo técnico operado na FAHG, a súa actividade foi escasa e a súa mesma existencia seguiu sendo obxecto de discusión entre os actores da cooperación galega.

O I Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009

Durante o anterior goberno do Partido Popular, na sesión constitutiva do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE) de abril de 2005, foi informado favorablemente o Plan Director da Cooperación Galega, que posteriormente debería ser aprobado polo Parlamento de Galicia. O adianto electoral impediu concluir o trámite parlamentario.

O novo goberno redactou outro Plan Director, levado de novo ao CONGA-CODE en febreiro de 2006, recibindo un ditame favorable. Posteriormente, foi apro-bado polo Parlamento de Galicia por unanimidade o 24 de abril de 2006. O Plan Director supón a ferramenta fundamental que orientará as accións en cooperación nos vindeiros anos. Esta aprobación produciuse tras algunha enmenda parlamentaria que obrigou a considerar a Arxentina, Uruguai e Venezuela como países preferentes, a engadir aos 18 países prioritarios, orixinando críticas posteriores no sector.

O Plan Director, no seu capítulo de financiamento, sinala dous elementos claves para o seu correcto desenvolvemento ata o ano 2009:

• Incrementar nun mínimo do 50% anual os orzamentos adicados pola Xunta de Galicia á CID.

• Acadar ao remate do Plan o 0’4% dos orzamentos da Comunidade Au-tónoma para a CID.Sen embargo, a pesares destes compromisos, os datos económicos non se-

guen estes criterios. Segundo os informes elaborados pola Secretaría de Estado de Cooperación Internacional do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación(4), os datos son os seguintes:

(4) Informes anuais do "Seguimiento del Plan Anual de Cooperación Internacional (PACI)”

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 5: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 117

CADRO 1

Ano Total AOD/Orzamentos

2004 5.627.134,00 € 0,07%

2005 6.597.546,00 € 0,07%

2006 6.700.000,00 € 0,07%

2007 10.703.097,00 € 0,10%

2008 9.873.774,00 € 0,09%

2009 11.598.724,00 € 0,10%

(Fonte: Elaboración propia segundo o Seguimento PACI

da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional)

Estes datos contrastan co esforzo económico que fixeron as outras comu-nidades autonómas do Estado, sobre todo aquelas que partían de niveis máis baixos

CADRO 2

2005 2006 2007 2008

Media das Comunidades Autónomas 0,20% 0,22% 0,24% 0,27%

Galicia 0,07% 0,07% 0,10% 0,09%

(Fonte: Elaboración propia segundo o Seguimento PACI

da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional)

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 6: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009118

Se tiveramos en conta os criterios do Plan Director de incrementar os orza-mentos un mínimo dun 50% e tomando como referencia inicial os orzamentos do ano 2005, estaríamos ante un panorama moi diferente:

CADRO 3

Ano Total Estimado AOD/Orzamentos

2005 6.597.546,00 € 0,07%

2006 9.896.319,00 € 0,10%

2007 14.844.478,50 € 0,14%

2008 22.266.717,75 € 0,20%

2009 33.400.076,63 € 0,29%

(Fonte: Elaboración propia segundo o I Plan Director da Cooperación Galega)

As cifras amosan un incumprimento, non soamente do pacto de goberno asi-nado entre os dous partidos, senón do mesmo Plan Director, extremo que se recoñece no Plan Anual do 2009:

“De tal forma, resulta evidente que non se cumpre o obx-ectivo de acadar o 50% de incremento anual, establecido como mínimo polo Plan Director e de que, a pesar de duplicar os fon-dos dende o comezo do actual Plan Director, se está lonxe de aca-dar o 0,4% dos orzamentos comprometidos para a cooperación internacional”.(5)

As ferramentas: As convocatorias

Durante este período mantívose esencialmente a estrutura existente das con-vocatorias, iso sí, aumentando a dotación económica. As convocatorias de Proxectos, Sensibilización e Formación e Fortalecemento continuaron sendo os piares da políti-ca de axudas da DXCE. Así mesmo, implementouse un formulario estándar para os proxectos, que permitiu homoxeneizar as solicitudes.

Ata o ano 2006, a Coordinadora Galega de ONGDs, a proposta da Xunta de Galicia, designaba representantes que conformaban unha comisión encargada de emitir un informe de avaliación dos proxectos presentados. A realización deste in-

(5) Plan Anual 2009 da Cooperación Galega, páx.8

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 7: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 119

forme non vinculante, impulsaba a transparencia do proceso. A partir do ano 2007 esta participación externa desapareceu.

O 2005 foi o derradeiro ano que se publicou a convocatoria de subvencións para situacións de emerxencia. Era unha convocatoria que, segundo o Plan Director, non tiña sentido xa que os fondos adicados a unha emerxencia non poden depender dos prazos dunha convocatoria. O Plan Anual de 2006, substituíndo estas axudas, crea a convocatoria de subvencións para crise e conflitos esquecidos, cunha dota-ción orzamentaria de 210.000 €. Esta convocatoria, que suporía unha innovación na cooperación española, non chegou a saír á luz, e xa a partir do Plan Anual do 2007 estableceuse a convocatoria de microproxectos, que chega ata hoxe en día.

O obxectivo desta convocatoria é “permitir o financiamento de pequenas accións de cooperación, como un primeiro paso para incrementar a capacidade e a experiencia na xestión de proxectos no exterior, por parte do tecido galego”(6). A primeira convocatoria de microproxectos veu a luz no ano 2008 e caracterízase pola flexibilidade na súa xustificación. Esta flexibilidade non debería estar en contradi-ción co rigor necesario.

O Plan Anual do 2008 establece unha nova ferramenta que é a convocatoria de programas para ONGDs. Esta convocatoria está ligada a unha calificación previa das ONGDs, independentemente de que estas xa tiveran a calificación por parte da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional. Catro son as ONGDs que aca-dan financiación no ano 2008: Asemblea de Cooperación pola Paz, Entreculturas, Jó-venes y Desarrollo (antes co nome de Jóvenes del Tercer Mundo) e Paz y Desarrollo.

Outras ferramentas que se elaboraron durante este período foron os Plans Actuación País (PAP), que marcarían as estratexias da Cooperación Galega nestes ámbitos. Estes PAP, dos que se aprobaron oito, aínda que como ferramenta de pla-nificación son importantes, contaron con críticas do sector, discutindo a súa perti-nencia dados os escasos fondos destinados a algúns destes países. Un exemplo sería o PAP dos Territorios Saharahuis, que no ano 2008 non recibiron ningún tipo de financiación oficial por parte da Xunta de Galicia.(7)

Outras actuacións como a posta en marcha, en 2006, do SIC Galicia (Siste-ma de Información da Cooperación), tiveron unha vida efímera e nunca cumpriron a función para o que foron creadas. Polo contrario, e tras diferentes cambios de estru-tura e aspecto, a páxina web da Cooperación Galega é unha ferramenta útil para o sector e para difundir aspectos da cooperación galega entre a poboación.

Un importante obxectivo non acadado neste período foi a creación da Axen-cia Galega de Cooperación, órgano existente noutras comunidades autónomas, pre-visto no I Plan Director da Cooperación Galega e na Lei 3/2003 (disposición adi-cional cuarta). No Plan Anual 2008 anunciábase que “o borrador de proxecto de lei de creación da Axencia Galega de Cooperación para o Desenvolvemento xa está

(6) Plan Anual da Cooperación Galega 2007(7) Informe Anual 2008 da Cooperación Galega

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 8: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009120

listo”(8). No mesmo documento marcábase o ano 2008 para que o Parlamento aproba-se a Lei da súa creación e así a Axencia fose unha realidade en 2009.

Sen embargo, este borrador de proxecto recibiu o informe negativo por parte da Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, polo que a creción da Axencia quedou en suspenso. Algo similar aconteceu coa Avaliación Intermedia do Plan Director, encargada en 2008 á Secretaría Xeral de Análise e Pla-nificación de Presidencia da Xunta de Galicia, que non chegou a ver a luz e soamente se presentou un borrador da citada avaliación no I Foro da Cooperación Galega en novembro de 2008.

O feito da adxudicación dunha avaliación a outra unidade administativa da mesma Presidencia da Xunta de Galicia concitou a sorpresa e as críticas do sector, xa que no Plan Anual do 2008 se destacaba que “Esta avaliación intermedia será elabo-rada por unha entidade ou persoa experta, recoñecida e independente, garantindo aspectos como o enfoque participativo ou a análise de xénero.(9)

Un aspecto positivo foi, sen dúbida, o incremento de bolsas no exterior, pa-sando de dúas a catorce, o que permitiu acadar experiencia no terreo a titulados e persoas saídas dos másters ou cursos superiores que sobre Cooperación Internacio-nal se imparten neste momento nas universidades galegas.

Así mesmo, durante esta etapa tentouse dar un pulo importante aos aspectos formativos e de sensibilización. Para iso creouse un Catálogo de Recursos Educati-vos na propia web da Cooperación Galega. A pesares dos esforzos, tanto en campa-ñas como en recursos, a visibilidade da cooperación foi máis ben escasa e sen sair dos círculos endogámicos. Do mesmo xeito, a presenza dos temas relacionados coa cooperación nos centros escolares segue, na práctica, limitado a celebracións como do Día da Paz e á asistencia a diferentes iniciativas promovidas polas ONGD galegas.

Os Axentes da Cooperación Galega

ONGD As ONGs galegas adicadas á cooperación internacional son a forma en que a

sociedade civil se organiza para canalizar o esforzos solidarios. Diversos datos e estu-dos dan conta do incremento continuado das ONGDs en Galicia.

As ONGDs en España executan unha parte maioritaria das cantidades desti-nadas polas comunidades autónomas para a cooperación ao desenvolvemento. Así, o informe “Seguimento PACI 2007”, editado pola Secretaría de Estado de Cooperación Internacional, indica que, en 2007, as autonomías destinaron 390 millóns de euros a axuda oficial ao desenvolvemento bilateral; desta cantidade, as ONGDs executaron o 73%, sendo o restante executado por outros axentes (universidades, sindicatos, etc.) ou

(8) Plan Anual da Cooperación Galega 2008(9) Plan Anual da Cooperación Galega 2008

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 9: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 121

de forma directa pola administración autonómica. Esta canalización da AOD a traverso das ONGDs aínda é maior en comunidades de longa tradición en cooperación e que in-visten importantes recursos na mesma. É o caso do País Vasco, que canaliza o 92% dos 29 millóns de euros de AOD a traverso de ONGDs; ou de Navarra, co 93% dos seus 19 millóns de euros; ou a Comunidade Valenciana, co 80% dos seus 31 millóns de euros.

Fronte a isto, a Xunta de Galicia aposta de modo decidido pola cooperación di-recta, de modo tal que, en 2007, dos seus casi 11 millóns de euros de AOD, só canalizou a traverso de ONGDs o 45%, a porcentaxe máis baixa de todas as autonomías.

Esta cifra non debería suscitar ningunha controversia: a elección do procede-mento de xestión corresponde de modo lexítimo ao goberno respectivo saído das urnas, se ben debería invitar á reflexión que comunidades autónomas de longa tradición nesta materia (País Vasco, Navarra, etc.) aposten pola cooperación a traverso de ONGDs, e que a media de todas as autonomías case duplique a cifra –só 45%- que destina a Xunta de Galicia.

Por outro lado, a cooperación directa non necesita xustificación en si mesma: está claro que en determinados proxectos –boa gobernanza de administracións do Sur, deseño de políticas públicas, etc.- a participación directa dunha administración autonó-mica pode aportar experiencias propias de maneira máis clara.

Por iso sorprenden as razóns empregadas pola Xunta de Galicia para xustificar a cooperación directa, que é o menor volume dos custos indirectos, persoal expatriado, administración, desprazamentos, etc. Así, sinala que”…nos proxectos de cooperación directa realizados durante 2007, o volume medio destes gastos non superou o 8%...”, fronte aos custos soportados polos proxectos financiados por convocatorias, “…que os-cilan entre o 20 e o 23%...”(10).

Esta descalificación da cooperación indirecta, dirixida en especial ás ONGDs, que se une a declaracións realizadas pola responsable, entre 2006 e 2009, da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, referidas á baixa calidade dos proxectos presentados polas ONGDs galegas(11), sorprende ao ser realizadas por unha autonomía con escasísi-mo esforzo en cooperación ao desenvolvemento, con moi curta tradición nesta materia e que non está contrastada nin validada polos estudos académicos comparados realizados sobre a cooperación das autonomías. De feito, estes estudos reflicten máis ben todo o contrario: que a cooperación directa ten moita menor eficiencia que a realizada a traver-so de ONGDs ou outras entidades.(12)

Sorprende, ademáis, o escaso rigor utilizado para construir cifras como a do 8% de custos indirectos, xa que non se utilizan para o cálculo os custos de persoal da dirección xeral respectiva, nin gastos correntes que loxicamente non están incluidos nos custos dos proxectos.

Pero aínda é máis sorprendente esta descalificación cando provén da Xunta de

(10) Plan Anual da Cooperación Galega 2008, páx. 50(11) Discurso inaugural no Encontro de Coordinadoras Autonómicas de ONGDs. Vigo, novembro 2007(12) HOMBRADO MARTOS, Angustias. Coordinación entre el Gobierno Central y las comunidades autónomas:

asignatura pendiente de cooperación española. Fundación Alternativas. Documento de Trabajo 20/2008.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 10: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009122

Galicia, que mantivo durante anos unha entidade pública, a Axencia Humanitaria de Galicia, como exemplo de organismo ineficiente; así, durante 2005, 2006 e 2007 dis-puxo duns recursos anuais en torno a 200.000 euros, dos cales o 70% estaba destinado ao pagamento de salarios e aluguer da sede.

O número das ONGDs en GaliciaO número de ONGDs galegas ven aumentando de modo progresivo, tal e

como sucede –con maior ou menor ritmo- noutras partes de España. Así, en xuño de 2005, no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación, sección ONGDs, había inscritas 123 entidades. Case 4 anos despois, xaneiro 2009, ese mesmo Rexistro anotaba 185 inscricións. Fronte a isto, a Coordinadora Galega de ONGDs estaba integrada, a me-diados de 2009, por 48 entidades(13).

Esta disparidade de cifras debe ser precisada coas seguinte acoutacións:A DXCE non foi quen, nestes 4 anos, de depurar o Rexistro, a pesar das peti-

cións da Coordinadora Galega de ONGDs, que sinalaba:

a) A persistencia no Rexistro de entidades de ámbito estatal hai xa tempo desaparecidas en Galicia. É o caso de Medicus Mundi-Galicia, entre outras.

b) Entidades galegas sen actividade real desde hai anos, como Estudantes Solidarios.

c) Entidades inscritas sen ser realmente ONGDs, pois debería terse feito noutra sección do Rexistro, denominada “Outros axentes” polo decre-to 326/2004. É o caso dalgunha consultora, de entidades culturais ou de acción social. A lista é interminable: COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) -curiosamente con doble inscrición, pois ta-mén aparece na sección de “Outros axentes”-, Proxecto Home, Asociación Galega de Hemofilia, Radio ECCA, Fundación Canaria (!?)…. É certo que algunha destas entidades executan ou poden facer algunha actividade no ámbito da cooperación internacional, pero é evidente que esta materia non está entre os obxectivos fundamentais nin se reflicte nos gastos da entidade.

Este labor de depuración de datos obsoletos, traslado de inscricións e incluso negación do Rexistro, é unha tarefa que queda para a nova Dirección Xeral de Rela-cións Exteriores e a UE.

Por outra banda, para coñecer o dato real, debemos ter asimesmo en conta outras consideracións:

(13) HOMBRADO MARTOS, Angustias. Coordinación entre el Gobierno Central y las comunidades autónomas: asignatura pendiente de cooperación española. Fundación Alternativas. Documento de Trabajo 20/2008.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 11: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 123

a) Que en torno a 10 entidades teñen transformado a súa forma xurídica de asociación a fundación, polo que aparecen os seus asentos duplicados.

b) A existencia de entidades en rede –como Cáritas Diocesanas- que son xuridicamente independentes e poden inscribirse individual-mente, e por tanto aumentar o número de ONGDs de modo aparente.

Deste modo, consideramos que a cifra de case 50 organizacións que confor-man a Coordinadora Galega de ONGDs, representan, realmente, en torno ao 90% da actividade real de cooperación internacional que se fai en Galicia.

Para constrastar a nosa opinión, podemos analizar os datos de destinatarios das cinco convocatorias públicas de subvencións realizadas pola Xunta de Galicia en 2008: Proxectos no exterior, Sensibilización, Fortalecemento, Microproxectos e Pro-gramas.

Un dos indicadores desta realidade que apuntamos é que, en 2008, das 36 ONGDs que recibiron subvencións da Xunta de Galicia para cooperación internacional a traverso das convocatorias públicas, a maioría, 24 (un 67%), estaban integradas na Coordinadora Galega de ONGDs. Se o dato que utilizamos como indicador é o núme-ro de proxectos financiados, vemos que dos 77 programas ou actividades financiadas, 64 (o 83%) eran executados por ONGDs integradas. Por último, se o indicador fose o volume económico recibido, dos 7,2 millóns de euros recibidos polas ONGDs nas dife-rentes convocatorias, 6,6 millóns de euros, o 92%, foi recibido por ONGDs integradas na Coordinadora.

Estes datos podemos aprecialos con máis detalle no seguinte cadro:

CADRO 4

ONGDs integradas na CGONGD

ONGDs non integradas na CGONGD TOTAL

ONGDs subvencionadas 24 12 36

% 67% 33% 100,00%

Nº de proxectos financiados 64 13 77

% 83% 17% 100,00%

Montante recibido 6.612.236 € 599.846 € 7.212.082

% 92% 8% 100,00%

(Fonte: Boletíns Galicia Solidaria nº 5 e 6-7 da Coordinadora Galega de ONGD (2008-2009))

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 12: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009124

Ben é certo que hai outros datos que deben ser postos sobre a mesa, como é que hai ONGDs que non piden –ou non reciben- subvencións á Xunta de Galicia, o cal non quere dicir que non existan ou non desenvolvan actividades, pero iso ocórre-lles tanto ás que non están integradas como ás 24 ONGDs da Coordinadora que non reciben subvencións.

Outro indicador de interese é o das entidades que teñen sede aberta ao pú-blico, e o das que teñen persoal contratado. Non é fácil dar unha cifra precisa da variable “sede aberta”, pois a entidade pode adicarse de modo maioritario a outra ac-tividade que non teña nada que ver coa cooperación internacional (ONGD dalgunha congregación relixiosa, ou dalgún sindicato, por exemplo) e, aparentemente, poden indicar que teñen sede aberta, pero sen ter ninguén que poida informar deste tema. En todo caso, ofrecemos datos estimativos:

CADRO 5

ONGDs integradas na CGONGD

ONGDs non integradas TOTAL

ONGDs con sede aberta ao público 32 9 41

% 78% 22% 100%

ONGDs con persoal contratado 27 6 33

% 82% 18% 100%

Nº persoas contratadas 70 10 80

% 88% 13% 100%

(Fonte: elaboración propia a partir da Guía de ONGDs de Galicia 2007/2008. Coordinadora Galega de ONGD.)

Financiación das ONGDs por parte da Xunta de GaliciaUn dato de interese para valorar a xestión da DXCE entre 2006 e 2009 é

o derivado da análise do volume e destino das subvencións concedidas ás ONGDs neste periodo.

Cómpre, primeiro, precisar que as subvencións a ONGDs se conceden por dúas vías:

a) por convocatorias, en concorrencia competitiva coas demais ONGDs, e

b) mediante convenios, que se rexen por criterios de discrecionalidade, e a súa transparencia é máis reducida.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 13: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 125

A DXCE, nun intento de xustificar o recurso aos convenios, anunciou en 2007 que as solicitudes de subvencións via convenios terían que cumprimentar un formulario de contidos similares ao das convocatorias ordinarias. Sen embargo, tal estratexia non pasou de ser un mero cambio formal, pois a discrecionalidade na súa concesión seguiu sendo elevada por parte da DXCE, e a súa transparencia reducida, sen difundirse máis que na memoria anual, unha vez finalizado o exercicio, algúns datos.

Convén citar, por exemplo, que dacordo coa normativa legal vixente requí-rese:

a) Estar inscrito no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación-sección ONGDs para poder recibir fondos da Xunta de Galicia en materia de co-operación exterior. Os convenios subscritos en 2006 e 2007 coa ONGD Mundo Cooperante para actuacións na India conculcaron da maneira máis evidente esta prescrición legal.

b) Os convenios de cada departamento da Xunta de Galicia, dacordo coa Lei 4/2006 da Transparencia e Boas Practicas da Xunta de Galicia , deberían ser difundidos de forma regular -trimestralmente- na páxina web de cada consellería, indicando destinatarios dos fondos, o volume dos mesmos e a data de subscrición. Esta obriga, non foi cumprida durante este período pola DXCE.

c) Asi mesmo, nas subvencións a traverso de convocatorias requeriase, desde 2004, co anterior goberno PP, unha antigüidade mínima de 12 meses den-de a inscrición no devandito rexistro para poder solicitar fondos á Xunta de Galicia. Tal requisito foi modificado e reducido a seis meses, sen consulta previa e coa oposición posterior da Coordinadora Galega de ONGDs. A pesar desta redución, a DXCE conveniou con ONGDs como ACSUR e Mundo Cooperante e algunha outra máis sen respectar esta mínima distan-cia entre o seu asentamento en Galicia e o comezo da recepción de fondos.

Na análise que facemos excluimos os fondos recibidos a traverso de conve-nios, pendentes aínda dunha mínima regulación e transparencia, pois nin sequera son enumerados ao final de ano no Informe Anual, senón que aparecen desperdigados nas mesmas, cunha dificultade evidente de seguimento.

Tamén excluimos desta análise os fondos destinados a ONGDs para o ma-croproxecto de Guatemala que a Xunta de Galicia ía implementar como exemplo de actuación integral (con recursos en catro anos superiores aos 5,5 millóns de euros), e que de momento non pasou de intento fallido, por unha inaxeitada planificación e por incapacidade de asumir as grandes tarefas de coordinación por parte da DXCE. Cómpre ter en conta as experiencias previas nesta zona, como, por exemplo, o Pro-

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 14: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009126

grama AVANT da Generalitat Valenciana. Nos tres anos en que se leva forxando o proxecto (2007, 2008 e 2009), a DXCE non foi capaz de conceder máis que 300.000 euros ás cinco ONGDs asinantes do convenio de actuación, unha mínima parte dos fondos previstos.

Respecto da Convocatoria de Microproxectos, hai que observar que foi pu-blicada por primeira vez en 2008, única incluida na análise feita, pois a resolución co-rrespondente á de 2009 foi xestionada xa polo novo goberno galego do PP. O mesmo cabe dicir da convocatoria de programas, iniciada en 2008, cuxos datos se inclúen, non así a de 2009, que no momento de redacción destas liñas –outubro de 2009- debe ser resolta aínda pola nova administración da Xunta de Galicia.

Dos datos que transcribimos a continuación obsérvanse as seguintes conclu-sións referidas aos catro anos de xestión da DXCE (en realidade apenas tres anos e medio: finais de 2005, 2006, 2007, 2008 e principios de 2009),

- 52 ONGD recibiron fondos da Xunta de Galicia a traverso de calquera das convocatorias.

- A totalidade de fondos distribuidos foi de 18.059.770 euros, para un total de 250 iniciativas, tanto de cooperación no exterior como de sensibiliza-ción/fortalecemento en Galicia.

- As dúas primeiras ONGDs en recepción de fondos, con apoios superiores a 1,5 millóns de euros son: Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Paz y Desarrollo. Con trece actuacións ACPP, e con 11 proxectos Paz y Desarrollo.

- Con apoios superiores a 1 millón de euros figuran outras catro ONGDs: Axuda en Acción, Solidariedade Internacional de Galicia, Entreculturas e Jóvenes y Desarrollo (anteriormente Jóvenes del Tercer Mundo), que reci-ben –salvo a última citada- apoios para máis de 10 actuacións diferentes, sexan de sensibilización, fortalecemento ou a clásica de proxectos no ex-terior.

- A concentración de fondos é moi significativa: as 15 primeiras reciben 13,7 millóns de euros, o 75,9% do total. As 23 seguintes reciben 3,7 millóns (20,5%), mentres que as 19 finais reciben fondos residuais: 644.000 euros, apenas o 3,6% do total.

- Das ONGDs subvencionadas sorprende a décima posición acadada por In-termón-Oxfam, unha das ONGDs con maior antigüidade en Galicia, con profesionais contratados, maior plantel e capacidade técnica contrastada.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 15: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 127

- Igualmente poderiamos dicir da posición de Médicos do Mundo, no posto 19 do total, con menos de 250.000 euros recibidos, a pesar de ser unha das ONGDs con máis capacidade técnica, presenza social e tradición en Galicia. Esta organización, no ano 2008, retirouse do programa de Gua-temala anteriormente citado, non obtendo financiación para proxectos a partir desa data.

- O mesmo poderiamos dicir de entidades como UNICEF e Cruz Vermella, con sedes, técnicos e respaldo social máis que evidente, e que reciben moi escasos fondos a traverso de convocatorias, se ben no caso de Cruz Vermella parece ter existido algún problema de xustificación de recursos.

- Sorprende, para calquer coñecedor da realidade do mundo das ONGDs en Galicia, a ausencia de apoio nestas convocatorias a Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, unha das entidades con maior capacidade de actuación nas diferentes comarcas do país, quen é capaz de mobilizar a case 900 fa-milias galegas todos os anos para acoller a outros tantos nenos saharauis, e de impulsar actuacións por toda Galicia. Se ben esta entidade ten reci-bido algúns apoios mínimos mediante convenios, non mereceu o apoio da DXCE nin para realizar actividades de sensibilización.

- Outro dato a salientar é a ausencia nesta lista (non recibiu ningunha sub-vención nestes 4 anos) da Fundación Cume, unha das poucas entidades de matriz galega con presenza noutras partes do Estado, e que recibiu fondos noutras comunidades autónomas. Cando se observan as valoracións dos proxectos denegados da Fundación Cume, non deixa de chamar a atención que, por unha ou outra causa, os seus proxectos non acadan a puntuación necesaria mentres noutras comunidades autónomas os mesmos proxectos obteñen financiación.

ONGDIniciativas financiadas 2006-2009

Total 2006-2009

Asemblea de Cooperación pola Paz 13 1.641.042 €

Paz y Desarrollo 11 1.567.474 €

Axuda en Acción 10 1.214.930 €

Solidariedade Internacional Galicia 14 1.140.498 €

Entreculturas 12 1.112.800 €

Jóvenes y Desarrollo (antes Jóvenes del Tercer Mundo) 6 1.060.393 €

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 16: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009128

Veterinarios sen Fronteiras 10 848.693 €

Taller de Solidariedade 12 759.007 €

Enxeñería sen Fronteiras-Galicia 9 751.863 €

Intermón Oxfam 11 710.115 €

Farmacéuticos Mundi 7 676.411 €

Amigos da Terra-Xuventude 8 640.882 €

Educación sin Fronteras 8 585.275 €

InteRed 9 520.608 €

Amigos Escaes-Perú 5 481.096 €

Amarante-SETEM 11 403.139 €

Cruz Vermella 4 351.138 €

FERE (Federación Española de Religiosos de Enseñanza) 4 250.260 €

Médicos do Mundo 6 244.768 €

FUDEN 3 240.200 €

COVIDE-AMVE 2 237.000 €

Acción contra a Fame 5 230.522 €

ACSUR-Las Segovias 2 198.002 €

ISCOD 2 196.887 €

Tierra de Hombres 2 187.949 €

FISC 1 174.953 €

Implicadas/os no Desenvolvemento 8 174.078 €

SGEP Seminario Galego de Educación para a Paz 4 164.460 €

PROYDE 2 153.611 €

Madreselva 1 133.560 €

España con ACNUR 1 131.125 €

Mans Unidas 3 127.995 €

A Cova da Terra 7 105.143 €

Acción Social Néboa 2 72.500 €

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 17: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 129

Labañou solidaria 2 69.402 €

UNICEF-Galicia 6 45.417 €

Emaús Fundación Social 2 42.209 €

IGAXÉS-3 2 41.000 €

Asoc. Hospital 1º de mayo 1 36.939 €

SOTERMUN 1 33.360 €

Paz y Solidaridad 2 32.252 €

Solidariedade Galega 1 28.573 €

Equus Zebra 2 28.240 €

Bicis pola Paz 4 28.050 €

Ecos do Sur 2 27.782 €

Meniños 3 26.017 €

Asoc. para a Cooperación con Cabo Verde 1 25.000 €

Cooperac. Internacional ONG 1 23.854 €

Asoc. Galega Hemofilia 2 23.000 €

Ecodesarrollo Gaia 1 22.405 €

Volunt. Social Rogas 1 19.860 €

AXUNICA 1 18.033 €

TOTAL 250 18.059.770 €

- En canto a número de iniciativas subvencionadas, a máis exitosa foi Solida-riedade Internacional-Galicia, cun máximo de 14 iniciativas; por detrás es-tán ACPP con 13 (5 delas nun mesmo ano, o máximo acadado por ningunha) e Entreculturas e Taller de Solidariedade con 12.

- Cómpre diferenciar nas convocatorias o maior carácter finalista da relativa a proxectos no exterior a diferencia da de sensibilización e fortalecemento, que permite, en maior medida, una financiación das estruturas das ONGDs.

- Tamén se pode salientar a Amarante-SETEM, que se ben en cantidade ab-soluta de fondos sitúase no posto dezaseis, con 0,4 millóns de euros, sen embargo, é quen de recibir fondos en once convocatorias diferentes, que con-

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 18: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009130

trasta con outras ONGDs como Cruz Vermella e Médicos do Mundo, que só reciben apoios en catro e seis convocatorias respectivamente.

Do resto dos axentes, imos só, por razóns de espazo, a dar apenas unhas liñas valorativas.

Administracións locais: o Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeNo ámbito local, os concellos galegos se sitúan entre os de menor compromiso

de todo o Estado. Por dar unha cifra, en 2008 o concello de Oviedo, unha cidade de 220.000 habitantes (inferior á poboación de A Coruña e moito menor que a de Vigo) destinou máis de 1 millón de euros a axuda ao desenvolvento –un 0,4% do seu orza-mento- mentres que todos os concellos e deputacións galegas aportaron menos de 0,8 millóns de euros en 2008.

Cómpre sinalar que a pesar dos compromisos contidos nos programas dos par-tidos políticos, a realidade é que unicamente a Deputación de A Coruña supera o 0,1% de esforzo en CID.

É salientable o esforzo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, con máis de 10 anos de actividade, por acumular unha expertizaxe no tema, e por impulsar o compromiso solidario das administracións locais, pero se ben acumula determinadas iniciativas de apoio ao longo do tempo (o caso de Cabo Verde é paradigmático) se non fose polo apoio da Xunta de Galicia, a súa capacidade económica sería moi limitada. Falta, de modo claro, algún concello que exerza o papel de líder, que se ben no pasado foi exercido por Oleiros, na actualidade, este liderado está moi desfigurado.

Sindicatos Os sindicatos teñen unhas posibilidades de actuación moi amplas no terreo da

defensa e difusión dos dereitos laborais, pero non teñen, ata o momento, aproveitado en Galicia esas posibilidades, a pesar de existir unha convocatoria destinada a “outros axentes” na que estarían comprendidos.

É certo que varios dos sindicatos teñen ONGDs propias, e as iniciativas de co-operación internacional son impulsadas a traverso delas. É o caso de CC OO, coa Fun-dación Paz e Solidariedade, e UGT, con ISCOD, ou SOTERMUN, unha ONGD pro-movida pola central USO. Unicamente a CIG carece dunha destas entidades paralela.

De todas as entidades, a de maior tradición en Galicia é a Fundación Paz e Solidariedade, que xa desde hai case 10 anos ten impulsado iniciativas no Perú, en de-fensa dos indios ashánincas, na zona amazónica. Con todo, é necesario unha reflexión interna nestas entidades para definir os criterios e os compromisos que queren acadar en Galicia no ámbito da CID.

Universidades Non é este o espazo oportuno, por falta de extensión, para falar da cooperación

realizada polas universidades galegas no periodo 2006-2009; unicamente poderiamos

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 19: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 131

salientar o esforzo puntual de determinadas iniciativas, como a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña, ou de determinados profesores ou técnicos. Pero tamén se debe evidenciar o fracaso da DXCE durante este periodo para aproveitar todas as capacidades técnicas que existen nas universidades galegas na ma-teria que nos ocupa.

Un exemplo disto foi a convocatoria de 2008 para “outros axentes”, destina-da a universidades, sindicatos, empresas e comunidades galegas no exterior, e dotada nese ano con 1,3 millóns de euros. Máis alá de constatar o desatino que representa pensar que pode haber convocatorias que se adecúen a destinatarios tan dispares desde calquer punto de vista como as universidades e as comunidades galegas no exterior, a proba da frustración ven dada pola resolución desta convocatoria en 2008, que quedou deserta en máis do 70%, e na que non houbo ningún proxecto univer-sitario aprobado. Esta circunstancia non se pode xustificar, como se ten predicado para outros actores como as ONGDs, pola escasa capacidade técnica dos solicitantes.

Ademáis disto, algunhas iniciativas emprendidas pola DXCE para o coñe-cemento da cooperación nas tres universidades galegas, como reunións internas de profesores e persoal investigador, foron postas en marcha sen respectar ou -o que tal vez sexa máis grave- sen comprender a xerarquía interna das institucións académi-cas, co resultado da irritación e parálise das sinerxías posibles.

Empresas. As Obras Sociais Tampouco hai espazo aquí para expoñer con detalle a cooperación realizada

polas empresas galegas no periodo analizado. Con todo, poderiamos salientar algun-ha característica:

- As grandes empresas galegas amosan un moi escaso interese próximo por esta materia. Só de maneira moi puntual e de importancia residual, empresas como Inditex, Calvo, Pescanova, Gadisa, COREN, etc. teñen adicado algo a CID. Nin sequera a Confederación de Empresarios de Galicia, entidade representada no CONGACODE, ten elaborado a máis mínima estatística ou documento de traballo neste ámbito, o que resulta revelador.

- Das entidades financeiras de matriz galega (Banco Pastor, Banco Ga-llego, Caixa Galicia, Caixanova…) unicamente Caixa Galicia ten unha liña clara de apoio á CID. De feito, iniciou en 1998 unha convo-catoria anual de apoio a proxectos de cooperación internacional dota-da cuns 300.000 euros (o 0,7% da súa obra social segundo destacaba a mesma entidade), que foi mermando en esforzo porcentual, tanto polo grande aumento que tivo o conxunto da Obra Social, que su-perou os 100 millóns de euros en 2008, mentres que o fondo destina-do a cooperación mantívose e incluso diminuiu lixeiramente, aca-

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 20: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009132

dando cifras cercanas a 250.000 euros na última convocatoria de 2008, o que representa menos do 0,3% do conxunto da obra social.

Para contar con elementos valorativos do esforzo, cómpre saber que, en 2008, o conxunto das obras sociais das case 40 caixas de aforro presentes en España xestio-naron, segundo se recolle na web da Conferederación Española de Caixas de Aforro (CECA), en torno a 2.000 millóns de euros, e arredor do 1% destinouse a cooperación internacional.

Con todo, cómpre salientar que, en 2009, Caixa Galicia, a pesar de manter o montante total destinado a Obra Social con respecto ano ano anterior, decidiu non realizar convocatoria algunha, o que resulta criticable, e esperamos que rectifique en 2010. Aínda así, nada que ver coa outra caixa galega, Caixanova, que simplemente, non destina fondos a cooperación internacional, máis alá dalgunha axuda puntual a algunha ONGD, actitude inexplicable dada a súa vontade de converterse nunha entidade rele-vante no ranking de caixas tralo proceso de fusión acometido hai poucos anos.

Finalmente, cabe indicar que durante estes anos, por parte da administración autonómica non se fixo un esforzo real para coñecer e impulsar a CID no ámbito em-presarial.

Comunidades galegas no exteriorA consideración das comunidades galegas no exterior como axentes de co-

operación, prevista na lei de cooperación galega de 2003, foi unha proposta insólita no panorama estatal (unicamente en 2008 Castela-León fixo unha proposta similar; o seu goberno autonómico creou un Rexistro de axentes de cooperación, no que se poden inscribir tamén as comunidades de castelán-leoneses no exterior).

Esta consideración foi o resultado da confluencia de varios factores, entre os cales non é menor o feito de que a cooperación exterior galega, no momento de apro-barse o proxecto de lei citado, estaba organizativamente situada na Consellería de Emi-gración. Con todo, calquer somero exame neste ámbito reflicte que o número de comu-nidades galegas no exterior inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación é mínimo (apenas 6, e todas anteriores a 2005), e sen actividade coñecida nesta ámbito. De feito, no periodo 2006-2009 non fixeron ningunha solicitude de axuda á Xunta de Galicia nesta materia, o que evidencia o seu escaso interese.

CONGACODEO Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento foi creado polo De-

creto 326/2004, e representa o órgano de participación da sociedade galega para enri-quecer e acompañar a actuación da Xunta de Galicia en materia de cooperación inter-nacional.

A súa importancia nestes catro anos non ten pasado, por desinterese da admi-nistración autonómica, de ser un órgano onde se desenvolve periodicamente o trámi-te obrigatorio de presentación dos plans anuais de cooperación e doutros documentos

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 21: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 133

(plan director, documentos de estratexia país, proxectos de normas, etc.) e onde a única capacidade crítica á politica autonómica desenvolvida na materia ven sendo exercida polas ONGDs e por algún dos expertos presentes no mesmo.

O Consello presenta non poucas rixideces na súa configuración actual, cunha ampla maioría de departamentos da Xunta de Galicia. A pesar desa maioría, na única sesión celebrada en 2008, a DXCE decidiu non someter a votación o Plan Anual dese ano, conculcando a obriga legal marcada polo Decreto 326/2004.

Unha triste despedida

Durante a campaña previa ás eleccións do 1 de marzo de 2009, os medios de comunicación revelaron a existencia, no almacén dunha empresa de Monforte de Le-mos, de 400 toneladas de leite en pó, valoradas en 1 millón de euros. O seu obxectivo aparente era a axuda humanitaria a Cuba tralo paso do furacán Ike, o 8 de setembro do ano anterior. Tralo insólito da xustificación –o leite levaba seis meses almacenado e tería problemas de caducidade de non empregarse a curto prazo- a Consellería de Medio Rural recoñeceu o verdadeiro obxectivo da iniciativa: retirar do mercado galego os excedentes de leite líquido –en torno a cinco millóns de litros- para evitar a caída do prezo do leite. Unha vez máis, un uso espúreo da acción humanitaria –pero nin siquera executado- para salvagardar outros intereses.

O envío de leite en pó a Cuba lembra –pola disparatada xestión que se fixo- aquel tren cargado de alimentos que a Xunta de Galicia de Manuel Fraga decidiu enviar a Romanía en 1990 ante os tráxicos sucesos que se dicía sucederan en Timisoara e noutras localidades. Lembremos os detalles: o 15 de marzo de 1990 sae da estación de Monforte de Lemos un convoi con 18 vagóns cargados con 350 toneladas de alimentos, sobre todo leite, pero tamén conservas, xoguetes, roupa…e incluso un cruceiro de 5 to-neladas. Sen embargo, tras un recorrido estrambótico no que se perdeu a pista ao convoi en varias ocasións –os telefonos móbiles estaban iniciando a súa difusión nesa época-, o tren chega á estación de Baneasa-Bucarest 11 días despois, o 26 de marzo. Ademáis de chegar con 3 vagóns menos –perdidos polos insondables camiños de ferro de Europa- a sorpresa salta cando se abren os vagóns, e aparecen case baleiros, cunha cifra nunca revelada de alimentos, moi lonxe das 350 toneladas iniciais.

A presenza da CID no pensamento político de acción exterior

Antes de finalizar, parece oportuno reflexionar sobre a importancia política que tivo a CID durante este período nos posicionamentos estratéxicos da Xunta de Galicia.

O documento “Estratexia de acción exterior de Galicia. 100 reflexións”, im-pulsado pola Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, ao cargo naquel momento de

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 22: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009134

Santiago Gómez-Reino, e publicado en 2007, é un informe de interese que apunta re-flexións de carácter estratéxico sobre a política exterior de Galicia. O documento foi elaborado por un grupo de traballo encabezado polo ex-Presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe.

Dos 12 capítulos que contén a obra hai un adicado á cooperación ao desenvol-vemento, no que se enumeran apenas 5 reflexións: a) que existe un plan director cuatrie-nal, b) que Galicia se suma aos esforzos para combater a pobreza, c) que o obxectivo ao final do plan é acadar o 0,4% dos orzamentos da Xunta, d) que hai 18 países prioritarios e prioridades sectoriais e e) que o órgano encargado é a DXCE.

Sen embargo, estas “reflexións estratéxicas” examinadas cun mínimo de rigor, producen sorpresa, e incluso rubor pola ausencia de ideas. Que unha comisión com-posta por doce persoas de procedencia maioritariamente académica, se limiten a copiar cinco datos ou ideas contidas no Plan Director, sen aportacións propias, nin sinalar liñas de actuación, resulta desalentador, aínda que tamén coherente co perfil dos com-poñentes do grupo de traballo, sen coñecemento real nin traballo investigador realizado en materia de cooperación internacional, algo que en Galicia é unha eiva habitual.

Como resume de todo o exposto, pódese concluir que o balance neste período que comenzou dunha maneira esperanzadora, rematou cun grande desencanto tanto por non acadar a financiación comprometida como pola adopción dalgunhas decisións controvertidas.

Avances e retos da cooperación galega no período 2006-2009

Para finalizar, pode ser de interese indicar de modo sucinto as luces e as som-bras, isto é os logros acadados pola cooperación galega do bipartito, así como os retos pendentes:

Na parte dos avances, das luces, poderíamos citar

- Estrutura de xestión ben ubicada organicamente, na Presidencia da Xunta e cun nivel xerárquico axeitado.

- Orzamento para cooperación con incrementos anuais.

- Execución completa do orzamento nos tres primeiros anos, 2005, 2006 e 2007 (se ben baixando ao 80% de execución en 2008).

- Cooperación directa centrada no ámbito da pesca artesanal e acuicultura (xa iniciado co goberno do PP).

- Posta en marcha de novas iniciativas (proxectos integrais, microproxectos, programas…), con indudable potencial.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 23: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 135

- Adicación de máis do 20% dos recursos a países menos adiantados (PMA).

- Lei de subvencións de Galicia de 2007, que contén importantes e útiles dis-posicións que permiten no ámbito da cooperación internacional ao desen-volvemento:

a) eliminación de avais bancarios

b) anticipos do 100% para as axudas concedidas

c) xustificación simplificada das axudas recibidas.

No que respecta ás sombras, aos retos pendentes, cómpre sinalar os seguintes:

No plano orzamentario

- Incrementos anuais nesta materia inferiores aos do conxunto da cooperación autonómica.

- Escaso esforzo para cooperación, o 0,1% dos orzamentos da Xunta, o máis baixo de todas as autonomías, fronte ao 0,4 % de obxectivo ao final da lexis-latura, en 2009.

- Distribución de fondos discrecional, incumprindo en ocasións premisas bá-sicas para recibir subvencións da Xunta de Galicia, como a necesidade de inscrición no Rexistro de Axentes.

No plano orgánico-administrativo

- Persoal escaso e sen consolidar, con recurso a persoal en formación (bolsei-ros) e persoal externo.

- Mantemento de estruturas ineficientes e non xustificadas, en concreto a Axencia Humanitaria de Galicia.

- Falta de fomento da participación dos empregados públicos da Xunta de Ga-licia en proxectos de cooperación internacional. A disposición presentada en 2007 no CONGACODE –unha tímida iniciativa neste sentido- nunca chegou a publicarse no DOG.

- Xustificación da cooperación directa por descalificación da realizada a tra-verso das ONGDs, por outra banda, a máis baixa de todas as autonomías.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 24: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009136

- Posta en marcha de programas de cooperación (macroproxecto de Guatema-la) sen capacidade real de coordinación e sen base real orzamentaria.

- Posta en marcha de iniciativas innecesarias como os documentos dos Plan Acción País ou mal enfocadas (microproxectos).

- Escaso rigor na xestión do Rexistro de Axentes, en especial na sección de ONGDs, cunha nula depuración de datos, co mantemento no rexistro de en-tidades desaparecidas hai anos.

- Escasas iniciativas por parte das outras Consellerías, coa salvedade feita da Consellería de Vivenda e da Consellería de Pesca (se ben a falta de transpa-rencia desta última impide valorar realmente se estas actividades se integran nos criterios do CAD para ser considerados cooperación ao desenvolvemen-to) e con iniciativas insólitas como o gasto de 1 millón de euros para o envío de leite a Cuba.

- Escaso peso político da cooperación ao desenvolvemento no goberno do bipartito PSOE-BNG.

No plano de relacións cos axentes

- Diálogo co sector, en especial coas ONGDs, necesitada de melloras impor-tantes, salvo casos puntuais, como no caso do comercio xusto.

- Transparencia e rendición de contas mellorable.

- Falta de impulso ao compromiso doutros axentes (universidades, empresas, sindicatos…) para aproveitar as súas potencialidades.

Xose María Torres Bouza é Presidente da Coordinadora Galega de ONGD (*), membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento dende 2005 ata a

actualidade.

Fidel Martín Rocha é Consultor especialista en Cooperación Internacional, membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento dende 2005 ata 2009.

(*) Este artigo reflicte opinións personais do autor e non representa un posicionamiento da Coordinadora Galega de ONGDs.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha

Page 25: A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG ...Así mesmo, comenza a redacción do proxecto do I Plan Director cuatrienal da ... dación naceu, en palabras de Aurelio

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 137

Bibliografía:

ALONSO, José Antonio. Diagnóstico del Sistema Gallego de Cooperación al Desarrollo. Instrumentos e Acciones. Xunta de Galicia, 2003

GONZÁLEZ LAXE, Fernando (coordinador). Estratexia de acción exterior de Galicia. 100 reflexións. Xunta de Galicia. Secretaria Xeral de Relacións Exteriores. 70 páxs. Santiago de Compostela, 2007.

HOMBRADO MARTOS, Angustias. Coordinación entre el Gobierno Central y las comunidades autónomas: asignatura pendiente de la cooperación española. Fundación Alternativas. Documento de Trabajo 20/2008. 92 páxs. Madrid, 2008.

IGLESIA-CARUNCHO, Manuel (Coordinador). Avances y retos de la Cooperación Española: reflexiones para una década. Siglo XXI. Madrid. 2007

ILLÁN SAILER, J.C. La cooperación para el desarrollo autonómica y local: balance y tendencias. IUDC-Revista Española de Desarrollo y Cooperación, nº 21 (inverno 2008), páxs. 27-43. Madrid, 2008

Informe cero do sector das ONGD en Galicia. Coordinadora galega de ONG para o Desenvolvemento. 172 páxs. Santiago de Compostela, 2007.

MARTÍNEZ RIVAS, Emilio M. As ONGDs e a Cooperación ao Desenvolvemento. Tempo Exterior, vol. II, nº2. Xaneiro-Xuño 2001.

I Plan Director da Cooperación Galega 2006-09. Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Xunta de Galicia.

Plans Anuais da Cooperación Galega 2006, 2007, 2008, 2009. Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Xunta de Galicia

RÍOS PAREDES, Xulio (coordinador). Libro Branco da acción exterior de Galicia. Secretaria Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior. 82 páxs. Santiago de Compostela, 2004.

RÍOS PAREDES, Xulio e TEIJO GARCÍA, Carlos (coordinadores). Galicia Solidaria. O Sistema Galego de Cooperación ao Desenvolvemento. Edicións Xerais, Vigo, 2009

SOTELO SOTELO, Fabiola, A Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia: avances e retos. Tempo Exterior, vol. IX, nº 17. Xullo-decembro 2008.

VAQUERO MARÍN, Jesús Alfonso. Galicia e a Cooperación cos Países Menos Desenvolvidos. Tempo Exterior, vol. 2, nº 2. Xaneiro-Xuño 2001.

A cooperación internacional do bipartito (PSdG-PSOE e BNG): Crónica dun desencanto / Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha