2
A Escola na Cidade 2018 I CONCERTOS Alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2018 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA MAXIMINO ZUMALAVE director | Escola de Altos Estudos Musicais | I Malcolm Arnold: Concerto nº 1 para frauta e orquestra de cordas I Allegro con Energico II Andante III Con fuoco Carl Maria von Weber: Andante e Rondó Húngaro Bernhard Henrik Crusell: Introdución, tema e variacións en Si b M Joseph Haydn: Concerto en Mi b M I Allegro II Andante III Allegro II Serguéi Prokófiev: Concerto nº 2 en Sol m I Allegro moderato Ludwig van Beethoven: Concerto en Re M Allegro ma non troppo sábado 9 xuño I 20:30 h Teatro Principal I Santiago de Compostela Real Filharmonía de Galicia Iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013 Paul Daniel é o seu director titular e artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende o seu nacemento, é director asociado, e Jonathan Webb o principal director convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago, a RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, por Portugal. De maneira paralela, potencia a súa actividade en Santiago cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e polos que cada ano pasan máis de 7.000 escolares galegos. En 2009 presentou dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e en 2012 un novo disco dedicado a Ravel. En 2013 editou “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe ao compositor Antón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra, baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga á guitarra. Estreitamente vencellada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral cos músicos da orquestra como profesores. A Real Filharmonía de Galicia forma parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas. Maximino Zumalave director Director e pianista compostelán, foi discípulo de Brage, Gardiner e Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995). Na actualidade é director asociado da RFG, á que está vencellado dende os seus inicios. Con el actuaron solistas do talle de Achúcarro, Barto, Bayo, Bitetti, Castromil ou Zimmermann. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu ás máis destacadas orquestras españolas e estranxeiras. Tamén levou a batuta en estreas absolutas de obras de Bernaola, Castelo, García Abril e Mestres Quadreny; coidando en especial as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buide ou Viaño. O seu compromiso coa cultura galega vai máis alá da música: en 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 recibiu o Premio da Cultura Galega. CONCERTO EXTRAORDINARIO

A Escola na Cidade - EAEM · RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Escola na Cidade - EAEM · RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina

A Escola na Cidade

2018 I CONCERTOS

Alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2018

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIMINO ZUMALAVE director

| Escola de Altos Estudos Musicais |

IMalcolm Arnold: Concerto nº 1 para frauta e orquestra de cordas

I Allegro con EnergicoII Andante

III Con fuoco

Carl Maria von Weber: Andante e Rondó Húngaro

Bernhard Henrik Crusell: Introdución, tema e variacións en Si b M

Joseph Haydn: Concerto en Mi b MI Allegro

II AndanteIII Allegro

IISerguéi Prokófiev: Concerto nº 2 en Sol m

I Allegro moderato

Ludwig van Beethoven: Concerto en Re MAllegro ma non troppo

sábado 9 xuño I 20:30 hTeatro Principal I Santiago de Compostela

Real Filharmonía de GaliciaIniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013 Paul Daniel é o seu director titular e artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende o seu nacemento, é director asociado, e Jonathan Webb o principal director convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago, a RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, por Portugal. De maneira paralela, potencia a súa actividade en Santiago cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e polos que cada ano pasan máis de 7.000 escolares galegos. En 2009 presentou dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e en 2012 un novo disco dedicado a Ravel. En 2013 editou “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe ao compositor Antón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra, baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga á guitarra. Estreitamente vencellada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral cos músicos da orquestra como profesores. A Real Filharmonía de Galicia forma parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas.

Maximino Zumalave directorDirector e pianista compostelán, foi discípulo de Brage, Gardiner e Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995). Na actualidade é director asociado da RFG, á que está vencellado dende os seus inicios. Con el actuaron solistas do talle de Achúcarro, Barto, Bayo, Bitetti, Castromil ou Zimmermann. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu ás máis destacadas orquestras españolas e estranxeiras. Tamén levou a batuta en estreas absolutas de obras de Bernaola, Castelo, García Abril e Mestres Quadreny; coidando en especial as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buide ou Viaño. O seu compromiso coa cultura galega vai máis alá da música: en 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 recibiu o Premio da Cultura Galega.

CONCERTO EXTRAORDINARIO

Page 2: A Escola na Cidade - EAEM · RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina

BEATRIZ GALLARDO_ frauta

Nace en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) en 1990, onde comeza os seus estudos musicais con 8 anos. Posteriormente marcha a Sevilla, lugar no que obtén o Título Superior de Música e a Diplomatura de Maxisterio Musical. Máis tarde, no Conservatorio do Liceo de Barcelona, obtén o título de Máster en Música de Cámara. Ten recibido clases maxistrais de prestixiosos frautistas como Emmanuel Pahud, Felix Renggli, Clara Andrada, Claudi Arimany, Vicens Prats, Pilar Constancio, Albino Mattei… Pertenceu durante varios anos á Academia de Estudos Orquestrais Barenboim-Said e foi membro de orquestras como a NJO Summer Festival and Tour, Orquesta Joven de Extremadura, Joven Orquesta Sinfónica del Aljarafe, Orquesta Joaquín Villatoro…

Concerto nº 1 para frauta e orquestra de cordas, Malcolm Arnold

MARIO VERCHER_ fagot

Nace en Alba de Tormes (Salamanca) en 1995. Comeza os seus estudos de fagot no Conservatorio Profesional de Música de Salamanca baixo a tutela de Vicente Moros, finalizando coas máximas cualificacións e obtendo o Premio Extraordinario de Castilla y León. En 2017 obtén o Título Superior de Música no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León cos profesores Guillermo Salcedo e Carlos Tarancón. Asiste a clases de profesores do talle de Dag Jensen, Juan Sapiña, Gustavo Núñez, Guilhaume Santana, Vicente Palomares ou Marco Posthingel. Foi membro de orquestras xoves como a JOGV ou a JOSCAN e forma parte da Banda Municipal de Salamanca como fagot solista.

Andante e Rondó Húngaro, Carl Maria von Weber

FRANCISCO GASPAR TOMÁS_ trompeta

Comezou a estudar trompeta aos 6 anos e tivo como profesores a Leopoldo Vidal, Enrique Abello, Reinhold Ambros, José Javier Pastor, Adán Delgado e Jorge Almeida. Asistiu a cursos de R. Friedrich, A. Vizzutti, E. Aubier, R. Romm, F. Flores, F. Damrow, J. Burgstaller, L. González, P. Badel, M. Blanco, K. Steenstrup, M. Pierobon, Spanish Brass… Licenciado en Trompeta e Pedagoxía da Trompeta (as dúas con Premio Extraordinario) polo CSMA de Alacante, onde tamén obtivo un Máster de Trompeta. Recibiu bolsas e premios en Concursos Nacionais e Internacionais. Membro da JONDE, Lucerne Festival Academy Orchestra, EUYO, GMJO… Foi Trompeta Solista A da Orquestra Clássica do Sul de 2014 a 2016. Ten colaborado coa Orquesta Ciudad de Granada e a Orquestra Sinfónica Portuguesa. Actualmente é academista da Orquesta Nacional de España e da Chamber Orchestra of Europe.

Concerto en Mi b M, Joseph Haydn

GERMÁN MARTÍNEZ_ clarinete

Nace en Sevilla en 1991. Comeza os estudos de clarinete co profesor Pepe Benítez no Conservatorio de Música Francisco Guerrero. En 2015, titorizado polo profesor Antonio Salguero, obtén o título superior de música no Conservatorio Superior de Música “Manuel Castillo” coa cualificación de matrícula de honra no recital de fin de carreira. Na súa formación orquestral destacan a Orquesta Joven de Andalucía, a Academia de Estudos Orquestrais Barenboim-Said e a Mahler Chamber Orchestra Academy. En 2017 finaliza o Máster en Música no Royal Northern College of Music en Manchester. Ten sido convidado a colaborar con orquestras como a BBC Philharmonic, The Hallé Orchestra en Manchester e a Orquesta Bética de Cámara en Sevilla.

Introdución, tema e variacións en Si b M, Bernhard Henrik Crusell

MAGDALENA GACEK_ violín

De nacionalidade polaca, comezou a estudar violín aos 5 anos. Os seus principais profesores foron Halina Waszkiewicz-Rosiek e Tomasz Król. Cursou un Máster de Violín (Módulo Orquestral) en The Grazyna and Kiejstut Bacewicz Academy of Music en Łódź (Polonia). Recibiu clases maxistrais de Mieczysław Szlezer, Monika Urbaniak Lisik, Wiesław Kwaśny, Avri Levitan, Andrés Cárdenes, Herbert Greenberg, Richard Roberts, Sergiej Krawczenko… Membro de IOIA 2015 (proxecto da Orquestra Filharmónica de Viena), PRISMA, Miami Summer Music Festival, Junge Sinfonie Berlin, Al Bustan Festival, Britten-Pears Young Artist Programme e da European Union Youth Orchestra. Foi premiada en concursos nacionais e internacionais en Polonia, Eslovaquia, Países Baixos e Lituania. Conseguiu varias bolsas en Polonia e realizou un concerto como solista na Arthur Rubinstein Philharmony (Łódź).

Concerto nº 2 en Sol m, Serguéi Prokófiev

HÉCTOR ROBLES_ violín

Nace en El Ejido (Almería) en 1993. Graduado polo Conservatorio Superior de Música de Aragón coas máximas cualificacións, ten recibido clases de Juan Luis Gallego, o Cuarteto Quiroga, Pablo Suárez, entre outros. Forma parte de diversas formacións orquestrais de renome; é membro da Orquesta Sinfónica de Bankia, Joven Orquesta Nacional de España, academista na Orquesta Nacional de España e reforzo na Orquesta Sinfónica de Radio Televisión Española. Tamén integrou outras agrupacións como a Orquesta Joven de Andalucía, Joven Orquesta Sinfónica de Granada ou a Academia de la Orquesta Ciudad de Granada.

Concerto en Re M, Ludwig van Beethoven