26

A Guarda

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Guarda
Page 2: A Guarda

A guarda (pontevedra)• Xerografía: A Guarda e un concello do suroeste

de Galicia, que pertence a comarca do Baixo Miño, a poboacion mais meridional da provincia de Pontevedra ( España).

• Comunicase con Portugal pola fronteira natural do río Miño polo sudeste, co Océano Atlántico polo oeste e con o concello do Rosal polo norte.

• E accesible pola estrada PO-552 desde Tuy e desde Baiona, e desde Camiña polo transbordador. Encontrase a 50 Km. de Vigo e 120 de Santiago de Compostela.

• Ten dous montes importantes o monte de Terroso e o monte de Santa tegra( 350m e 314 respetivamente) desde este ultimo pódese ver e disfrutar da desembocadura do río Miño, o océano Atlántico e os montes de Portugal e Galicia.

• Ten importantes praias como a de O Muiño, sita na desembocadura do río Miño,A Lamiña, que é a continuacion dista, que ten unha peculiaridade moi especial, cando sube a marea estas son de auga salada e cando baixa de auga dulce, ainda que son de augas moi frias. Ademais das anteriores temos unha moi coñecida, Area Grande é so de auga salada e ten moita afluencia.

• Este concello esta formado por 3 parroquias, Camposancos (Santa Isabel), A Guarda (Santa Maria) e Salcidos(San Lourenzo.)

Page 3: A Guarda

Historia.

• Aínda que o poboamento se remonta ao Paleolítico, o desenvolmento e significación histórica da Guarda ten como principal protagonista o Monte Santa Trega co castro de Santa Trega como núcleo habitado entre os séculos I a. C e o I d.C., ata que os seus poboadores se instalan no val.

Algúns historiadores consideran A Guarda como a Ostium Mini, a porta do Miño, o pai Sarmiento busca a súa orixe na palabra gótica ou sueva ou Garda.

Segundo Xoán Dominguez Portela, A Guarda estivo enlazada cos castros doutras localidades galegas era a VÍA PER LOCA MARÍTIMA que viña dende Braga cara A Guarda para seguir a Vicus Espacorum (Vigo).No 445 os vándalos invaden Turoníum e Gauda( A Guarda); outras invasions que sufriu a vila foron as de Almanzor no 997, que destruiu os pobos dos vales de O Rosal e MIño e a dos viquingos de Olaf Haraldson no 1014.

Page 4: A Guarda

HISTORIA.

• A Guarda pertenceu aos templarios ata que a orde foi proscrita no 1312 e máis tarde por doazón de Pedro de Castilla a Suero Yañez de Parada. Enrique de Trastámara cedeuna ao cabido de Tui.

Durante a querra contra Portugal no século XVII, A Guarda foi invadida por un exército portugués con tropas mercenarias alemás e inglesas que toman a forte de Santa Cruz, e deste xeito o 21 de

novembro de 1665, A Guarda queda baixo dominio portugués ata o final da guerra no ano 1668.

Na Guerra da Independencia, o 10 de Marzo do 1809, a vila guardesa arriou a bandeira francesa

sendo unha das primeiras poboacións galegas en facelo.

No século XIX o empeoramento das condicións económicas e sociais propicia que moita da poboacion da Guarda emigre cara América, sobre todo a Brasil e Puerto Rico.

A principios do século XX, esa corrente migratoria emprende o regreso reinvirtindo parte do seu

traballo no desenvolvemento do pobo non só dende un punto de vista unicamente económico,

senón tamén cultural, social ou comunitario.

Page 5: A Guarda

Patrimonio.

• Arquitectura Relixiosa

• Casco Antigo

• Patrimonio Civil

Page 6: A Guarda

Arquitectura relixiosa

• Igresa de Santa María.- A igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no século XVI, sendo bispo de Tui Diego de Torquemada. No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco de século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María.

• Convento de San Bieito.- Fundado no século XVI pola familia Ozores de Sotomayor. As moxas abandonaron o convento no ano 1983 e trala reforma o convento converteuse nun afamado hotel e restaurante. A igrexa, pequena e deteriorada reconstruíuse no XVII e segue adicada ó culto relixioso.

Page 7: A Guarda

Arquitectura Relixiosa.

• Igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos.- Edificio promovido polo párroco D. Álvaro Ozores de Sotomayor no século XVI. No 1760 eríxese a capela maior.

• Santuario de San Roque de Salcidos.- De estilo neogótico construído no 1914, sustituíu a antiga ermida do século XVII. Fronte a fachada érguese un artístico cruceiro do XVIII.

Page 8: A Guarda

Arquitectura Relixiosa.

• Ermida da Nosa Señora das Mercedes.- Localízase no barrio da Gándara (parroquia de Salcidos) e data do 1918.

• Ermida de San Caetano.- Situada no barrio da Cruzada. Construída no século XVII nun lugar extratéxico xa que foi guía dos navegantes. A actual campá procede dun barco inglés que no, ano 1735, evitou o naufraxío cando divisou a capela.

• Igrexa parroquial de Camposancos.- Igrexa de principios do século XIX.

Page 9: A Guarda

Arquitectura Relixiosa.

• Ermida da Nosa Señora da Guía.- Edificada no século XVI.

• Antigo colexio dos Xesuítas.- No barrio da Pasaxe, na parroquia de Camposancos, sitúase o antigo colexio dos Xesuitas, adquirido pola Orde converteuse en pouco tempo no máis grande de España en poder da Campañía. Ademais foi sede da Escola Universitaria durante oito anos (1877-1885),

• Xerme da Universidade de Deusto.

Page 10: A Guarda

Arquitectura Relixiosa.

• Cruceiro Pinto e Peto de Ánimas.- Na parroquia de Salcidos atópase este conxunto monumental composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela. A data de construcción abarca do 1746 ata o 1764. Sobre unha base levántase unha columna cilíndrica rematada cun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un cristo e a esquerda San Francisco orante.

• Cruceiro da Proba.

• Cruceiro da Cal.( a imaxen de abaixo).

Page 11: A Guarda

Casco Antigo.

• Praza do Reló.- A actual do praza do Reló recibiu outros nomes en función da epoca e da situacion política do momento: Praza Maior ata o século XVI, logo praza de Costitucion, da Repíblica, de España. Os edificios máis significativos son o actual concello, a torre do Reló e a Casa dos Alonsos.

• Torre do Reló.- A torre, emprazada no máis alto do recinto amurallado,protexía un dos acesos á vila. No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. No corpo da torre

deben salientarse os escudos de armas.

Page 12: A Guarda

Casco Antigo.

• Rúa San Marcos.- Esta rúa debe o seu nome a un Hospital situado no solar que hoxe ocupa o Xulgado de Paz e que prestaba auxilio ós pobres e peregrinos procedentes de Portugal.

• Rúa Colón.- Dividía en dous sectores a cidade amurallada. No comezo e no final encontrábase as únicas portas de acceso á vila. As escaleiras de pedra tamén datan de tempo inmemorial, comunican o centro da vila co barrio da Mariña.

• O Muro.- O Muro, xunto coa lareira, son os restos da antiga muralla que defendía a poboación dos ataques externos. Na actualidade dan nome ás rúas onde se encontran.

Page 13: A Guarda

Patrimonio Civil.

• Casas indianas.- Son numerosas as vivendas construídas na segunda metade do século XIX e principios do XX polos emigrantes guardeses que regresaron de Puerto Rico, República Dominicana e Brasil. Unhas emprazábanse no casco urbano, outras, as vilas, nas aforas. Adoptaron as estructuras propias do país americano e empregaron pedra ou azulexos que lle dan un característico colorido.

• Centro Cultural.- Edificio de singular beleza, construído en 1921 grazas a colaboración dos guardeses emigrados a América para ser destinado a Hospital Casa-Asilo. Trala reforma do 1990 converteuse no actual edificio, alberga a Biblioteca Pública Municipal, salón de actos, salas de exposicións e oficina de turismo.

Page 14: A Guarda

Patrimonio Civil

• Castelo de Santa Cruz.- Esta edificición forma parte dunha serie de fortalezas que foron construídas no tramo final de río Miño para defenderse dos portugueses. O recinto amurallado foi restaurado e está sendo acondicionado para ser punto de partida de rutasorganizadas, poís vai contar cunha aula de interpretación das fortalezas situadas a ambas marxes do río Miño.

• Atalaia.- Era unha antiga fortaleza circular construida polos portugueses canda A Guarda estivo en poder do país veciño. Foi derrubada no 1943 e reconstruída en 1997 no paseo marítimo, en fronte do lugar orixinal. Alberga o Museo do mar que ademais de contidos etnográficos expón unha importante colección malacolóxica.

Page 15: A Guarda

Patrimonio Civil.

• Monumento ao Mariñeiro.- Obra de José Antúñez Pousa do 1991. Esta obra resalta a dureza do traballo mariñeiro no mar e tamén o traballo complementario realizado por mulleres coma as redeiras.

• Monumento ao Mariñeiro Desaparecido.- Obra de Magín do 2004 na que se rende homenaxe a dor da muller mariñeira cando perde ao ser querido no mar. É o sentimento que acompaña ás mulleres: a incerteza e a soidade.

Page 16: A Guarda

Patrimonio Civil.

• Rúa Malteses.- Rúa estreita e mariñeira por excelencia, con casas estreitas que dan directamente cara o mar. Esta tradicional rua discorre en paralelo ao paseo maritimo peonil.

• Rúa Calvario .- Coñecida popularmente como rúa da Cordoería en alusíon a unha fabrica da cordas que existiu alí. O Via Crucis acompaña o visitante ata a ermida da Guía de século XVI, no barrio de Ribadavila.

• Muiños de Vento.- Debido a falta de pequenos cursos de auga, na Guarda conservanse algúns exemplos de muiños de vento construidos no século XVIII.

Page 17: A Guarda

PRAÍAS.

• A vila conta con praías fluviais e marítimas, as características das praías son diferentes polo que A Guarda oferta aos seus habitantes e visitantes variadas opcións para todos os gustos.

Aos que lles guste gozar da natureza e dos paisaxes do Río Miño, dispoñen das praías fluviais da Arona, A Lamina e O Muiño que se estenden ao longo de 2 km, formando unha bela unidade. Ademais da gran tranquilidade e magníficas vistas, as praías do río Miño están enmarcadas por un piñeiral que permite realizar alí a merenda ou se se prefire gozar dun agradable paseo. Destacar que estas praías fluviais pense afectadas polas mareas ao encontrarse situadas na desembocadura do río. É decir, a salinidade das súas augas aumenta considerablemente cando a marea sobe. A marea tamen afecta a temperatura da auga, é oceánica en preamar e temperada en baixa mar.

Page 18: A Guarda

PRAÍAS.

• PRAÍAS MARÍTIMAS.

Para os que prefiran a paisaxe que ofrece o océano Atlántico e tomar o sol na praía o nas rochas poden escoller entre as praías de Area Grande, Fedorento e O Carreiro, únha praía situada no casco urbano. Estas praías marítimas son coñecidas polas propiedades beneficiosas para a saude que teñen as suas augas. Tratase de pequenas calas de area abertas ao océano, ideais para o baño, e a practica de actividades deportivas coma a vela, o submarinismo ou a pesca deportiva.

Page 19: A Guarda

ESTEIRO DO MIÑO.

• O esteiro do Miño é unha extensa zona húmeda de gran valor ecolóxico e está situado na desembocadura do Miño, comprende municipios da Guarda e O Rosal, con 1668ha.

Ademais de pertencer á Rede Natura 2000 (LIC) está incluída desde 1965 na “Lista de zonas de humidas de Europa e Norte de África de importacia internacional”. Así mesmo esta recoñecido como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e foi declarado como Zona de EspecialProtección dos Valores Naturais (ZEPVN).

As augas do Esteiro do Miño, polo seu carácter salobre, permiten a convivencia de especies mariñas e fluviais, resultando unha diversidade floral e faunistica excepcional, garzas, parrulos, mazaricos….

Page 20: A Guarda

Esteiro do Miño.• O carrizal é considerado un dos máis importantes de Galicia pola súa diversidade ecoloxica. Na ribeira do río, o

piñeiral conforma un agradable paseo mesturándose cos carballos, sobreiras, xestas ou acacias.

Ademais o Esteiro do Miño pertence a zona protexida do Baixo Miño, e é o espazo natural ca maior superficie protexida da comarca con case 3000 ha, baixo a catalogación de Lugar de ImportanciaComunitaria (LIC), Rede Natura 2000. Abrangue os municipios de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, Arbo, As Neves, As Neves, A Cañiza, Crecente e Pedrenda.

A horizontalidade do terreo permite a existencia de prados ó lado de río navegable, con illas como ade Goián ou a Canosa.

Page 21: A Guarda

Monte Santa Trega.

• Polo seu valor arqueolóxico e histórico, o Monte Santa Trega foi declarado no seu conxunto Monumento Histórico-artístico no ano 1931.

A poucos metros do cume do monte, atópase o Poboado Galaico-romano, que constitúe a mostra máis significativa da Cultura castrexa, datada entre os séculos I a.C. e I d.C. Durante as escavacións encóntraronse restos das vivendas e da muralla, fornos, canles de auga e outros materiais arqueolóxicos.

Nas inmediacións do Poboado e noutras zonas do monte, son visibles grupos de gravados rupestres da Idade de Bronce, onde se representan elementos espirais, liñas, círculos…

Page 22: A Guarda

Monte Santa Trega.

• O Museo Arqueolóxico está situado na címa do monte (Pico de San Francisco) e conservas restos arqueolóxicos das diferentes escavacións, Nas vitrinas do museo é posible ver pezas do Paleolitico, Idade de Bronce, Cultura Castrexa e os obxectos da Época Romana.

Cerca do museo encóntrase a Ermida de Santa Trega, datada no século XVI ainda que a ermida orixinal é de estilo románico (século XII), pero, foi modificada nas sucesivas ampliacions e reformas nos seculos XVI eXVII que lle configuraron o aspecto actual. No entorno pódese visitar a “Cova de Santa”, que é un furado na pedra que segundo conta a tradición lle serviu de lugar de descanso

• O Vía Cruces, situado entre o poboado e a cima do monte, foi erixido no 1922 aínda que existe outro anterior pero de menor valor artístico. O Vía Cruces está formado por catorce monumentos pétreos que teñen un medallón de bronce, onde aparecen as diferentes escenas do Calvario.

Page 23: A Guarda

Monte Santa Trega.

• O pico do Facho ofrece vistas panorámicas sobre o porto eo océano. Dende o pico de San Francisco, de maior altitude, pódese gozar coa panoramica do entorno: océano, val do Rosal, esteiro e desembocadura do Miño, etc.

Page 24: A Guarda

Porto Pesqueiro.

• A actividade pesqueira está moi arraigada na Guarda e segue constituindo unha das principais fontes de ingresos. Hoxe, xunto coa pesca de baixura, ten gran relevancia a de altura, e a frota guardesa do peixe espada é considerada como unha das máis importantes de España.

O porto da Guarda caracterizase polas casas típicas mariñeiras, estreitas, de varios pisos e de gran colorido, que xunto coas ruas peanís e os diques configuran o porto como un lugar de obrigada visita. No paseo peníl sitúanse restaurantes e terrazas.

Page 25: A Guarda

Porto Pesqueiro.

• O Dique Sur.- Coñecido como o “dique dos mariñeiros” construíuse a comezos do século XX. É aquí onde se poden observar as tarefas dos mariñeiros, as suas embarcacións e aparellos de pesca, tamén a curiosa venda do peixe na lonxa.

• Paseo Marítimo.- Este paseo é peonil e conta con zonas axardinadas e de recreo. AO final do paseo sitúase a Atalaia e o malecón.

• Malecón.- Este malecón ou dique novo cerra o porto da bravura do mar de inverno. No ano 2008, o malecón foi pintado conformando un lenzo xigante que reflite as cores das casas típicas mariñeiras e a vida social da Guarda converténdose nun lugar máis de interese.

Page 26: A Guarda

Festa

• Festa de San Amaro ( 15 de xaneiro)

• Festa da Paletada ( sabado variable en col de 15 de xaneiro, festa grastronomica)

• Festa do Roscon de Xema(ultima fin de semana dexuño)

• Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira (primeira fin de semana de xullo)

• Festa do peixe espada (ultimo domingo de xullo)

• Festa do monte (segunda semana de agosto)

• Festa de San Roque ( terceira semana de agosto)

• Procesion do Voto (ultimo sabado de agosto)

• Virxe da Guía (7 e 8 de setembro)

• Romaría de San Trega (23 de setembro)

• Festa da zorza (venres anterior ou posterior ao 24 de setembro)

• Festa da Virxe das Mercedes (24 de setembro.