30
A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR

A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

  • Upload
    others

  • View
    10

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLARA HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLARA HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLARA HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLARA HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR

Page 2: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 2

Xosé Fernando Filgueira Valver-de, fillo da granadina Araceli Val-verde e do médico galego JoséMaría Filgueira, naceu en Pon-tevedra o 28 de outubro de 1906e faleceu, case aos 90 anos, o13 de setembro de 1996.

En Pontevedra realiza os seusestudos primarios e de bacha-relato, trasladándose posterior-mente á Universidade de Santia-go para seguir os estudos deDereito, que remata co PremioExtraordinario. Nesta mesma épo-ca realiza estudos de Filosofía eLetras en Santiago e Zaragoza, cosque acada a titulación de doutor enHistoria.

Traballou como profesor no Institu-to de Pontevedra, levando durantemoitos anos a súa dirección. Nosúltimos tempos da ditadura franquis-ta exerceu de alcalde da súa cida-de natal durante nove anos.

Tivo unha actividade cultural moi im-portante: fundou o Seminario de Es-tudos Galegos, dirixiu o Instituto Pa-dre Sarmiento e o Museo de Pon-tevedra, presidiu o Consello da Cul-tura Galega, foi membro da RealAcademia Galega, historiador, ar-queólogo e escritor.

Este ano 2015 adícaselle o Día dasLetras Galegas polo seu labor a prolda cultura e o idioma galego.

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDEARMANDO X.HERRERO,DINAMIZACIÓNIDIOMA GALEGO

Page 3: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 3

O DÍA DO LIBROPROFESORXAVI CHONREPORTEIRO

O día 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro.Esta conmemoración celebrouse internacionalmente, por vezprimeira, no ano 1995 baixo o patrocinio da UNESCO e a ideaera fomentar a lectura, aedición e a publicaciónde libros así como os de-reitos dos autores.Tamén se denominaeste día como Día Inter-nacional do Libro.No colexio, por vez pri-meira, conmemoramoseste día coa actividade«Padriños e afillados».En que consiste «Padri-ños e afillados»? Pois enque cada un dos alum-nos e alumnas maiores do colexio lle conta un conto a un dosseus compañeiros e compañeiras menores.Así que, durante a semana, foron baixando os alumnos e alum-nas «padriños e madriñas» cos seus «afillados e afilladas» aopatio do colexio para lerlle un conto de xeito individual. Un au-téntico luxo!!Que libros se leron? Pois de todo tipo: de aventuras, de fanta-sía, de viaxes, de medo...Xa quedamos todos citados para o ano 2016 e repetir esta ex-periencia. Contamos con todos vós: padriños, madriñas, afilla-dos e afilladas. Con todos e todas. Non falledes!

Page 4: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 4

Este curso visitounos Victor, o di-rector da Escola de Música de Ar-teixo. Un auténtico xenio da nosamúsica!. Explicounos o funciona-mento do acordeón e da gaita.Tamén nos descubriu que algunhascancións infantiles teñen o ritmo demuiñeira como por exemplo a deDoraemon. Que cousas!Cantamos todos xuntos canciónspopulares galegas, cancións dearrieiro, cancións tradicionais donoso concello... acompañados po-las notas da gaita de Victor.Nesta actividade participamos to-das as aulas do colexio, de infantila sexto. Foi unha maravilla.Que se repita no vindeiro curso!

CANTADO CON VICTORPROFESORXAVI CHONREPORTEIRO

Page 5: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 5

UN ANO CO LIBRO DIXITALDANIEL VALDE-RRÁBANO ENAIMA ELHAMDOUNI, 5º C

A min gústanme os ordenado-res e internet, pero ten algun-ha desvantaxes, aínda que ta-mén ten vantaxes.Primeiro vou dicir as vantaxesque ten.Ten os enlaces para aprendermáis, ten a autoavaliación parasaber se aprendimos, taménten audios para escoitar poemas, contos e moitas cousas máis.Agora vou dicir as desvantaxes que ten.Unha cousa que non me gusta é que non podes marcar as cou-sas máis importantes como nos libros e tes que pasalo a unpapel. Outra cousa é que aos nenos e nenas que deixan o orde-nador no colexio se llesdescarga antes de que re-mate o horario escolar e tesque mirar polo dos compa-ñeiros ou mirar para a piza-rra dixital ou o encerado.

Daniel Valderrábano

O «Proxecto Libro Dixital» consiste en traballar con portátiles edeixar os libros.Para algúns este proxecto é bo pero para outros malo. Para miné bo porque é moi cómodo para ler e non tes que te levantarpara coller un dicionario porque o podes buscar na rede de in-ternet. É como unha enciclo-pedia pero dixital. Ademais xanon precisas mercar máis li-bros e os noso pais xa nonteñen que gastar máis cartosporque no ordenador estántodos os libros que precisa-mos para as clases.

Naima El Hamdouni

Page 6: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 6

A XOANIÑA SEN LUNARESLATIFA ELBAJ-JE E NAHIRPAEZ, 4º C

Érase unha vez unha xoaniña chamada Linda.Chamábanlle Linda porque era moi fermosa.A pobriña non tiña lunares.Ela cando saía poñíase un calcetín.Unha vez a xoaniña chamou ao seu único amigoe díxolle:-Tom, teño un problema. Non teño lunares- ex-clamou Linda.-Tranquila, eu axudareiche.Ao día seguinte Tom veu con pintura negra epintoulle os lunares á xoaniña.-Linda, mira que guapa estás -díxolle Tom.-Iso é verdade! Agora xa podo saír sen ter que poñerun calcetín.Logo a xoaniñasaíu fóra e todas asxoaniñas tiveronenvexa e Lindacomprendeu o sig-nificado do seunome.

Page 7: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 7

Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando poloespazo para chegar a clase.Cando chegaron ao colexio viron que non que nonhabía ninguén.Miraron por todo o colexio e tamén polo pavillóninfinito durante catro horas e despois foron aobaño para ver se estaba alí o rapaz da limpeza:non estaba.Seguiron buscando polo comedor e tampouco habíaninguén.Ao final decatáronse de que era domingo e fóronseá súa casa e descubriron que seus pais lles monta-ran unha festa sorpresa e os levaron ao Macdonals.E alí estaba o seu profesor de inglés que lles dixo:-Tedes un exame de Inglés, agardo que estudiára-des.E os tres a coro:-Noooon.!!!E colorín, colorado, este conto está acabado.

SUPERHEROES NO COLEXIOJUAN, PEDRO EPABLO, 4º A

DEBUXO: JENNIFER MOREIRA, 4º B

Page 8: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 8

Un bico acordeón.

Un bico porque si.

Un bico poque non. Un bico como o lume.

Un bico corazón.

Un bico porque SI.

Un bico porque SOL.

UN POEMA DE BICOSALUMNADODE 1º C

A CARREIRA DO GATOÁNGELPINTADO, 4º B

Á

N

G

E

L

Ao gato lle falta unha pata.

Na pata ten unha venda e o

gato chegou con tres patas

e gañou nunha carreira.

Logo bailou nunha festa.

DEBUXO: ÁNGEL PINTADO, 4º B

Un bico porque MI.

Un bico... porque non?

Un bico porque LA.

Un bico DO, SI, FA.

Un bico porque FA.

Un bico porque RE.

Page 9: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 9

QUE É O GALEGO PARA 2ºC?ALUMNADODE 2º C

Unha das linguas que se fala en Galicia xuntoco castelán. Está emparentado co portu-gués. Podemos escoitalo na TVG, na Ra-dio Galega e tamén lela nos xornais. Óesemáis entre os maiores que entre a xuventu-de, así que temos que falar e escribir engalego porque é a NOSA LINGUA.

Darío Rebón

Alejandra

É a lingua que fala normalmente a xente.

O galego e a lingua que se fala en Galicia.Eu aínda non a sei falar moi ben pero é alingua materna da miña nai así que teño moi-tos libros en galego para ler xuntos.

É un idioma como calquera pero máis boni-to. Hai que respectalo e coidalo para que sepoida falar xeración tras xeración por todo omundo. Luna

Asier

Unha lingua moi divertida porque hai palabrasmoi graciosas. Adoro o galego.

Sara Eirís

É a lingua da nosa terra que serve para falarentre nós. Só se fala en Galicia pero son moi-tos os escritores que escribiron en galego asúa obra. Darío Rey

Page 10: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 10

A VIDA DA FAMILIA POLBOESTELAMARTÍNEZ, 5ºCANTONIOMARTÍNEZ

Había unha vez unha familia de polbos formada por cinco mem-bros: Papá e Mamá polbo e os seus tres filliños: Cefa, Lopo eDo.

Vivían nunha pequena cova no medio das rochas, na Bocato-ma. Todos os días saían comer mexi-llóns, lorchos, ourizos, etc pola zonado Pozote e Sartaña.

Unha mañá moi cedo espertounos unruído moi estraño, xa que estabanafeitos á tranquilidade e ao son dasfortes ondas deste mar. Papá e Cefaforon mirar, e a súa sorpresa foi quealí enriba no monte, había moitas per-soas moi ben vestidas, todas de traxee garabata; viron unha casa alongadade cor branca e fiestras pequeniñas,unha carpa, onde entrou toda a xen-te, oíronse voces, aplausos e brindesata que se foron todos nos seus gran-des coches con chófer.A familia Polbo seguiu coa súa vida cotiá, nadando entre pintos,barbadas, maragotas, robalizas... pola zona do Seixo, a Perce-beira e a Becha.De súpeto, un día apareceron grandes camións e maquinaria;dende aquela os ruídos e explosións foron constantes pola zonado Pío e a Pedra do Cabalo, aínda así Cefa, Lopo e Do, seatrevían a xogar coas burbullas que facían as grandes rochasque os camións guindabn ao mar; e dende o Malpaso mirar parao Castro que levaba asentado moitos anos na Punta de Muros,que está gardado para algún día ser reconstruído.Co paso do tempo case non puideron saír da súa coviña pormor da gran cantidade de area que por aquela zona se estaba aamorear, e tamén foron vendo como ían desaparecendo todasaquelas furnas e rochas, dando paso a unha gran explanada eun enorme dique no cal se están a construír naves, e cargar edescargar barcos.Agora viven noutra coviña, no dique artificial fronte o que era aMonte da Canle que desapareceu sendo un gran muro de ro-chas e deu lugar ao Porto Exterior-Punta Lagosteira.

Page 11: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 11

UN SON ARREPIANTEALEJANDRABARREIRA 6º AJUAN A.BARREIRA VIDAL

DEBUXO: PEDRO PÉREZ AMENEIROS, 4º A

O mes pasado, Mariña, unha nena de dez anos e co pelo loiro,mudouse a un lugar remoto de Kazajistán.Seuspais eran moi ricos pero moi aforradores, entón atoparonunha casa velliña e abandonada e decidiron quedarse alí.Cada noite, Mariña escoitaba sons estranos, pero unha noiteescoitou un que viña de debaixo da cama e lle entrou moitomedo.Así que decidiu chamar aos seus pais por se acaso.-Papá, mamá, escoitei un son moi raro que viña de debaixo dacama.-Mariña, iso serán imaxinacións túas xa que non pode ser máisca o vento ou algo que se rompeu. Non cres?-O que di a túa nai é certo. Veña, imos ver que pasa. Así quedasmáis tranquila.Pero cando foron mirar xa non se se escoitaba nada e así conti-nuamente.Un día pola noite, cara as doce, unha voz lle empezou a falar.Dicíalle que se fora desa casa porque se non se ía ao día se-guinte ás doce da noite, pasaríalle algo malo.A Mariña entroulle moito medo e tivo que convencer a seus pais.Tras intentalo e intentalo varias veces conseguiuno.Dende aquela non se volveron mudar a ningunha casa máis epara celebralo seu pai mercoulle un algodón de azúcar azul.

Page 12: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 12

Anxo é un neno de seis anos que vive cos seus pais e a súaavoa Lola nun pequeno pazo ás aforas do pobo.Dende hai tempo Anxo ten un segredo, contoullo ao seu melloramigo da escola, a Antón, pero este tomoullo a risa e xa nonquixo contarllo a ninguén máis.Dende os tres anos, de cando en vez, por unha regaña que tena porta do seu cuarto, ve unha pantasma que se pasea pasilloabaixo e arriba rebrilando branco na escuridade.Leva un hábito branco e unha melena branca tan longa e caselle chega ao cu. Anxo non sabe se ten pés ou cara porque aregaña non lle deixa ver máis. El é valente pero non tanto comopara abrir a porta.Tampouco ten moi claro se é unha pantasma ou un espírito por-que non coñece a diferenza, pero como diría a avoa Lola, nonparece deste mundo.Anxo oiulle a seu pai que a súa familia sempre viviu na mesmacasa, que xa vivían alí os tataravós de seus avós, de modo queel pensa que a súa casa debe ter ao menos mil anos ou máis ea pantasma debe ser algún tataravó de seu pai.Hoxe é sábado, mañá non hai colexio e Anxo tarda un poucomáis en irse á cama. Pensa agardar por se a pantasma aparecepero a súa nai lelle un conto e Anxo, rendido, adormece axiña.Mentres, a avoa Lola no seu cuarto xa se espiu, xa puxo o cam-misón, soltou o moño epeiteou a súa longa ebranca melena.Xa se metía na camacando, de súpeto, lem-bouse de algo, ruchouos beizos e marmurou:-Válgame o demo! xzavin outra vez para acama sen tomar a pas-tilla da tensión.A amodiño, sen acen-der a luz para non es-pertar nin amolar aAnxo, saiu do cuarto e percorreu o pasillo para baixar á cociña atomar a pastilla

A PANTASMAMARTINAGONZÁLEZ , 1ºAMANUELGONZÁLEZ DEBUXO: IVÁN SOUSA GERPE, 4º A

Page 13: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 13

Este conto ocurriu nun pobo de xunto as montañas.Os habitantes deste pobo estaban moi enoxados con paxariñosporque lles comían as froitas e as sementes ds colleitas e sencontar co ruído que facían.Así que decidiron botalos a todos. Puxeron espantallos por to-dos os lados, tiraron moitosfoguetes e fixeron tronar ascampás ata que os espan-taron tanto que non quedouun só paxaro no pobo.O pobo quedou en silencioe ao mesmo tempo triste.Foron pasando os meses echegou a primavera, non seoían os cantos dos paxari-ños nin a súa alegría.O peor foi que xunto as co-lleitas dese ano tamén seperderon as froitas polosvermes e as outras collei-tas por outras pragas.A xente do pobo decatouseque fora como fora ospaxariños non tiñan a culpa.Todos estamos no mundopara cumprir a nosa función,todos somos necesarios.Así que os veciños decidi-ron botar moitas sementesnos campos para eles epara os paxariños. Quitaronos espantallos e celebraonunha festa todas as prima-veras onde todos tiñan ca-bida.A alegría volveu ao pobo etodos foron máis felices...e tamén os paxariños!!

OS PAXARIÑOSMYRIAM SÁN-CHEZ , 2º BDIONI SÁNCHEZ

DEBUXO: PAULA POSE CARREIRA, 4º A

Page 14: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 14

Tono era un oso moi grande que vivía a uns pasos dun tranquiloe cristalino río. Ademais de gran tamaño o seu estómago nontiña fondo. Comía e comía todo o día e nunca se vía farto.Ano tras ano, cando se achegaba o momento no que os sal-móns tiñan que pasar polo tramo do río onde o oso tiña o seufogar para deixar os seus ovos no lugar onde desexaban quenaceran os seus fillos. Tono relamíase de gusto. Os pobressalmóns estaban aterrorizados pensando que os ía papar a casetodos por mor do seu gran apetito e a súa habilidade para caza-los.Toño, pola súa parte, preparábase para o gran banquete que seachegaba: centos de salmóns que ían pasando uns detrás dosoutros dereitos á súa boca que os estaba agardando.Nembargantes, este ano os salmóns estiveron pensando e pen-sando como poderían pasar polo territorio do oso sen que oscollera. Os máis vellossabían o refrán «Aunión fai a forza», peronon sabían como po-dían usar a forza paraescapar das poutas dooso.Prantexáronse variasideas pero ningunhaera suficientementeboa. Por fin un salmónchamado Crispín pro-puxo que en vez de ir pasando un a un por xunto o oso faríanotodos xuntos e dando saltos no aire con moita forza contra ooso. Así, axudados polo movemento da forte corrente da augado río, conseguirían que o oso perdera o equilibrio e caera paraatrás. aproveitando a confusión da caída poderían pasar rápida-mente e afastarse polo río arriba. Fixeron todo segundo o pla-neado e ese ano conseguiron cruzar o territorio de Tono senque case ninguén fora apresado.Esta e ningunha outra é a historia dos famosos saltos dos sal-móns que todos podemos contemplar cando imos ao río. Foisetransmitindo de pais a fillos e historia do osos e a idea de quepara afrontar o perigo tiñan que dar grandes saltos hacía arriba.Esquecéuselles de contar ás novas xeracións que tiñan que sal-tar «todos xuntos». Se non se esqueceran deste pequeno deta-lle aos salmóns non habería quen os pillase.

O SALTO DO SALMÓNLARA DOMÍN-GUEZ , 2º BSUSANABARREIRO DEBUXO: PABLO REY VIDAL, 4º A

Page 15: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 15

PASÁMOLO FENOMENAL ...ALUMNADODEINFANTIL

ESTE CURSO OS DE INFANTIL,DE FROITAS E DE VERDURAS,ENERXÍA, TEMOS MOITA,NON DIGAS QUE SABEN MAL.PORQUE XA TODOS SABEMOSOS DE INFANTIL CHE DICIMOS:O BOA QUE ESTÁ A FROITA!!VIVA O MUNDO VEXETAL!!

TOMAMOS PLÁTANO E PERA,LARANXA E MAZÁ TAMÉN.CADA DÍA UNHA DISTINTA...E TODAS CON BOA PINTA!!

MOITO GUSTARON AS FROITAS,DERON GANAS DE PINTAR;LARANXA, MAZÁS, LIMÓNS...MIRADE QUE BODEGÓNS!!

6º INFANTIL

Page 16: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 16

NESTE MUNDO VEXETAL!ALUMNADODEINFANTIL

E PARA SEGUIR MEDRANDOCON ALIMENTOS TAN SANS,FOMOS AO INVERNADOIROA PLANTAR COAS NOSAS MANS.

LEITUGA E AMORODOS,CENORIAS E MÁIS PEMENTOS...SACHAR, COIDAR E REGAR,E XA NOS TOCA APAÑAR!!

5º INFANTIL

4º INFANTIL

Page 17: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 17

Sabela estaba moi, pero que moi contenta porque hoxe chega-ba o seu curmán Hugo para pasar uns días na súa casa. Hugovivía en Madrid, e nunca visitara A Coruña, entón Sabela e osseus pais tiñan preparada unha sorpresa. Levarían a Hugo deexcursión! Pero a Hugo non lle fixo moita graza...El prefería quedar na casa xogando con Sabela na Nintendo aMario Bros.-Non, Hugo, dixo Sabela, xa ve-rás que ben o imos pasar, fai-me caso...A mañá seguinte dixolles Lui-sa, a mamá de Sabela:-Arriba, rapaces, a poñerseguapos que nos vamos de pa-seo.O primeiro que lle querían en-sinar era a Torre de Hércules ealá foron.-Guau! -dixo Hugo- imos subirata arriba, hai ascensor?Sabela botouse a rir e díxolle:-Non, Hugo, temos que subirpolas escaleiras... Cántas es-caleiras son, papá?-Son duascentas trinta e catro-dixo Manuel, o seu pai.E... unha... dúas... tres... come-zaron a subir, e mentras subíanManuel dixolles:-Conta unha lenda que un he-roe grego chamado Hérculeschegou a España na busca doxigante Xerión. Cando se atoparon, o enfrontamento durou tresdías e tres noites, por suposto gañou Hércules. Cortoulle a ca-beza, enterrouna na beira do mar, e alí mesmo se construíu unfaro. Preto deste faro fundouse a cidade da Crunia, nome daprimeira muller que habitou o lugar e da que Hércules se namo-rou.A Hugo e Sabela encantoulles a historia. E sin decatarse xa es-taban no alto da torre.-Papá, podemos sair ao miradoiro?

IMOS DE EXCURSIÓN?ANA NOVALSOUTO, 1º AFÁTIMA SOUTO

DEBUXO: MATEO CASTRO SANJOSÉ, 4º A

Page 18: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 18

-Si, pero non fagades moito ruído, non sexa que espertemos aoxigante.E dende alí arriba poideron ver unha impresionante vista da Co-ruña e do Océano Atlántico, mentras o vento soplaba con moitaforza. Estiveron alí un bo anaco e decidiron baixar.-Unha, dúas, tres, catro... e así ata duascentas trinta e catro.Despois foron á Casa dos Peixes onde coñeceron a Gastón, afamosa quenlla, e varios peixes máis. Pero iso é outra historiaque contaremos noutra ocasión.Tomaron uns xelados e foron para casa.Chegaron tan cansos que non quixeron nin cear. Foron dereiti-ños para a cama. Eso si, antes de se durmir, Hugo susúrralle aooido...-Sabes, Sabela? Tiñas moita razón, foi un día moi divertido e vinmoitas cousas fermosas.Sabela xa non contestou, dormía coma un tronco.

Había unha vez catro lobosque todas as noites entrabannos galiñeiros e comían asgaliñas, ata que un bo díaforon a Mos. Mos é a aldeaonde atoparon as galiñasmáis sabedoras de todas. Noi-te tras noite atacaban os gali-ñeiros, ata que o granxeirolles puxo unha trampa. Aodía seguinte estaban atrapa-dos e decidíu levalos ó vete-rinario, alí puxéronlle unhavacuna para non comergaliñas, despois o granxeiro

quiño poñelos de gardians na súa granxa. Nuncamáis lles volveu facer dano.

OS CATRO LOBOSUXÍA VARELAFRAGA, 4º CMÓNICA FRAGAFERNÁNDEZ DEBUXO: IVÁN, 3º C

Page 19: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 19

SOFI E O PAPA PALLASOSEVE VILLARDEUS, 3º CANDREAVILLAR

Había unha nena chamada Sofía, a cal seus pais e amigas cha-maban Sofi. Sofi tiña nove anos e sempre celebraba o seu ani-versario na casa.Cando era o seu aniversario invitaba a todos os seus amiguiñosdo colexio ademais dos seus curmáns e demais familia, e xun-tos pasábano moi ben xogando e comendo larpeiradas, pero oque máis lles gustaba a todos e que na festa de Sofi sempreviña un pallaso que lles facía rir moito, todo era maravilloso, agásunha cousa, que o pai de Sofi sempre chegaba cando xa esta-ba rematando todo, e Sofi sempre lle preguntaba, por qué nonviña antes e el contestáballe que non podía porque tiña quetraballar, pero Sofi andaba coa mosca detrás da orella porque oseu aniversario sempre era o domingo e o seu pai nunca traba-llaba os domingos.Pasou o tempo e un día cando Sofi rebuscaba nunhas caixas nagaraxe atopou un disfrace de pallaso; foi entón cando caeu naconta que aquel pallaso que tanto os facía rir era seu pai. Epúxose máis contenta aínda.Sofi seguiu disfrutando daquel pallaso, sen contarlle nada a nin-guén.

DEBUXO: OLALLA, 3º B

Page 20: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 20

OS COELLIÑOS DA AVOALAURAVERDES, 3º BANA PAZOS

Érase unha vez un pequeno coelliño que vivía na granxa da avoaMaría, era de cor marrón e moi suave; con él vivían outros coelli-ños, brancos, grises, negros... e todos eran moi felices. Nestagranxa había ademáis galiñas, galos, un quico e un porco moigrande, chamado o Porco Voador... sí amigos, chámanlle así asnenas da casa.María, Lara e Laura son tres curmáns que se levan moi ben eveñen todas as fíns de semana a coidarnos, acariciarnos, dar-nos de comer verzas e a xogar conosco.Un domingo que a familia saíra de paseo o avó Eduardo foi oúnico que quedou na casa e el viu o que vos vou contar: todosestabamos disfrutando na granxa dun día soleado e tranquilo,cando o gran porco decidiu que ía escapar, e cal sería a nosasorpresa cando vimos que dun salto cruzou o valo que nos se-para da estrada, o avó quedouse sorprendido e rápidamente foibuscalo para protexelo dos coches; de aí lle vén o nome de«Porco Voador». Despois disto os avós tiveron que construírun valo máis grande e as nenas que son moi listas tiveron unhagran idea:-Témoslle que dar máis de comer ao porco – dixo Lara.-Por qué? - responderon Laura e María, que non a entendían...- Porque se come mais engondaranlle as cachas e xa non po-derá saltar o valo - dixo a pequena Lara, que é moi lista, mentresas curmáns xa estaban preparando un gran cubo de comidapara o noso amigo.Son moi listas estas nenas e ogallá todos os animaliños tiverancasas nas que foran tan felices.

DEBUXO: LAURA LÓPEZ GONZÁLEZ, 4º A

Page 21: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 21

Eu non recordo á miña avoa porque ela morreu cando eu tiñacinco meses, pero teñoa moi presen-te por algo os meus pais me chamanManolita porque dicen que son cus-pidiña a ela e non tanto no físico se-non na miña forma de ser. A miñaavoa era moi garimosa, moi mimo-sa, moi alegre e divertida, gustáballecantar e bailar e sempre contaba quecando era moza alguén a quería le-var a cantar a Radio Ferrol.Eu son igual!Pero a miña avoa se por algo era co-ñecida era polo seu carácter, ade-máis de ser alta e forte. Cando meupai e o seu irmán eran pequenos nin-gún neno se atrevía a meterse con eles porque eran...os fillosde Manola!.E cando xogaban ao futbol, a avoa saltaba ao campo e non llecostaba nada agarrar pola pecheira ao arbitro e darlle unha boameneada ao tempo que lle decía:-Ti, fillo da fame e neto da sede...!, mentras meu pai morría devergoña.É unha pena que non viva porque as dúas pasaríamolo moi bensabendo o ilusionada que estaba coa súa única netiña. Seríaestupendo!.

UNHA GRAN FAMILIAPABLO CASTROCANOSA, 6º INF.ISABEL CANO-SA DEBUXO: DAVID VEIGA ABEL, 4º C

A AVOA MANOLAABRIL CAMPOVÁZQUEZ, 3º CROSA VÁZQUEZPASEIRO DEBUXO: AARÓN HERMIDA DALMAU, 3º C

Vivía nunha aldea moi pequena un granxeiro óque lle gustaban moito os animais. Tiña moitasgaliñas e todas tiñan nome. Berta, Casilda, Pepa,Susi, Rebeca e Petra. Tamén tiña dous gatos, coellos,

Page 22: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 22

porcos, pero o máis gracioso de todos era Marcelino.Así se chamaba aquel can tan perezoso que pasabao día durmindo, comendo e vendo como o granxeiroPedro acababa o día esgotado de tanto traballo.Un día, mentres recollía herba, levou un golpe etivo que estar na cama uns días.-Nada de traballar- dixéralle o médico. Os pobresanimais estaban todos moi tristes, pero sobre todoMarcelino. Aquel día estivo vixiando a granxa senparar, coidando das galiñas, dos coellos, dos gatos,dos porcos... Estaba esgotado. De repente era o canmáis obediente, traballador e responsable do mun-do enteiro. Ninguén podía crelo. Cando o granxei-ro se recuperou todo era máis fácil, pois tiña aaxuda do seu amigo Marcelino, que lle botaba unhaman en todo. Dende entón todos o querían e res-petaban moitísimo, por iso decidiron facerlle unhagran festa para celebrar que por fin eran unhagran familia.

Page 23: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 23

O CAN VELAQUÍDIEGO ARESSUÁREZ, 5º INF.Mª DEL PILARSUÁREZ DEBUXO: JUAN VIDAL MARTÍNEZ, 4º A

Érase unha vez un can chamado Velaquí; como vemos o nomedo can non era moi buscado; é que o seu dono era tan pregui-ceiro que nin un nome discurrira para o seu can. Pero así comoo dono era preguiceiro o can era todo o contrario. Pois cando íaco rebaño de ovellas o dono sentábase a botar unha sonecamentres Velaquí coidaba as ovellas. Sobre todo de que as ove-llas non fixeran das súas porque eran moi brincadoiras. Elassempre querían ir á leira do veciño a facer moitas trasnadas.Pero Velaquí xa as tiña máis que dominadas.Menos un día que unha das ovellas doulle un gran susto.Resulta que unha das ovellas decidiu disfrazarse de lobo. UFF!!Que susto levou Velaquí, que comenzou recoller as ovellas atodo meter, mentres o dono estaba aínda moi dormido, poisseguía coa súa soneca.O pobre can contaba e contaba, pero nada.E de súpeto, por detrás de Velaquí, apareceu un lobo o cal em-pezou a enfrentarse ao can. Ata que Velaquí lle deu unha traba-da e rompeulle odisfrace á ovella.Sorpresa!, era aovella que faltaba.Que alegría levouVelaquí ademaisdo enfado coaovella. E mentrestanto o dono es-pertou e comonon viu as ovellafoise para a casa,e cando veu a Ve-laquí na casa e asovellas no curral,felicitou a Velaquí.

Page 24: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 24

A REALIDADE DO RÍOAARÓNPILLADO, 2º ATERESAVILLAVERDE DEBUXO: ASSYA EL MESSAOUDI, 4º A

Máis eu tamén teño algo que dicir sobre a historia do meu irmán.Esta lenda sobre o famoso río chamado Albarellos xa foi conta-da hai moitos anos polos avós dos meus avós.O conto é que ese río que pasa pola miña aldea nace nunhasaltas montañas cheas de neve durante todo o inverno. Seu pai éun nubarrón gris o cal ten un bigote respingón, a nai é unha mon-taña moi bicuda e de moita altura por iso non se lle ve moitavexetación.O río facía un percorrido bastante longo por unhas pendentesmoi pronunciadas parecidas aos cantís que hai na costa. Leva-ba unha velocidadeesaxerada, pero chega-ba ao pé da montaña eas súas augas se cal-maban para descansar.Así é coma o río empe-zaba a laiarse xa que amonotonía apoderába-se del.Encontrábase só senfuturo ou mais ben cunfinal moi triste xa que assúas augas se ían xun-tar con outras descoñe-cidas moito máis pode-rosas e fondas. Unhasaugas que cobren granparte do noso planetachamadas «mar». Nes-te intre xa nos esquece-ríamos do famoso ríoque naceu nas monta-ñas da miña aldea e sódeixaría atrás esas ondas de escuma que a todos nos son tancoñecidas.Máis esta escuma foi a que lle explicou ao río que nada se faipor facer, que con el se xuntarían outras augas doutros lugaresinsospeitados, doutros países e se farían unha soa que entreelas habería unha amizade a cal sería sempre e que unhas apren-derían moito das outras.

Page 25: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 25

Había unha vez un cocho que se chamaba Manoli-ño, o su dono chamábase Don Martiño.Un día foi ó prado e alí encontrouse con cincocochas fachendosas.Chamábanse Lola, Carmela, Pita, Pepita e Rabuda.O cocho Manoliño estaba moi alegre, non sabía porquen decidirse para moza, daquela ocorreuselle fa-cer unha festa e así coñecelas mellor. Pasárono moiben e ao rematar o día Don Martiño foino buscar.El non quería marchar porque aínda non decidi-ra a que moza quería, así que lles dixo ás súasamigas que mañá volvería.O día seguinte volveu ao prado, pero non habíaninguén. Alí estivo agardando ata que viñeran.Cando chegaron, todas correron hacia el. Daquela eldixolles que non podía decidirse por ningunha xaque todas eran moi guapas, pero que se elas que-rían podía ser o mozo de todas, elas aceptaronencantadas e todos os días no prado facían festa.

O COCHO MANOLIÑOADRIÁN LADO,VÁZQUEZ, 1º ABELÉNVÁZQUEZ DEBUXO: ANGÉLICA, 4º C

Page 26: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 26

LOLA E CHISPAALICIA REGOALDAO, 1º CSONIA ALDAOCALVELO DEBUXO: FRANCISCO ARDIÓNS LÓPEZ, 4º A

Era venres, o último día de clase, Chispa, a coelliñae Lola, a gatiña érguense moi ledas e nerviosas:Hoxe é o festival de baile!! Chispa leva moito tempoensaiando e só quere gañar, mentres que Lola sódesexa pasalo ben e rirse moito cos seus amigos.-Xa nos vai tocar, dixo Chispa xa no salón deestudos.-Só espero que me saia moi ben e gañar, quero quetodo o mundo saiba que son a mellor!!, espeta Chis-pa de novo.-Un, dous, tres, xa!– Lola aní-maos a saír á pista. No mediodo baile Chispa esvara e cae aochan.-Oh, caín, xa non podereigañar!, Xa non serei a me-llor.Rematou o festival e as dúasamigas volveron á casa, peroChispa choraba moito, por non saber facelo ben;pero a súa amiga Lola animábaa. De repente ato-pan un can e Lola asústase moitísimo e comeza atremer. Chispa sobreponse e comeza a dar voltasarredor do can rápidamente, e a saltar por ribadel, era case coma se estivese bailando, pensou cunsorriso. Grazas a iso o can escapou e Lola dálle asgrazas e unha aperta. Chispa non foi a mellor enbaile pero foi a mellor amiga, que é moitísimomáis importante.

Page 27: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 27

DOUS MONSTRÍÑOSBRAISDÍAZ, 4º INF.VERÓNICAGARCÍA DEBUXO: IRIA GAVILÁN GONZÁLEZ, 3º C

Brais durmía cando dous pequenos monstriños entraron ás aga-chadas na habitación.Cóxegas e Polbiño, que así se chamaban, acostumaban a me-terse nas habitacións dos nenos polas noites para xogar cosxoguetes dos rapaces.Cóxegas era o máis pequeniño; tiña pelo de moitas cores portodo o seu corpo e nunca, nunca, andaba sen o seu sombreirogris.Polbiño, de cor violeta, verde e vermella, tiña tres ollos; e assúas pernas eran dous raxos.-Mira Polbiño! Que coche tan bonitooooo! – berrou Cóxegas.-Shhhh! Silencio; non berres- dixo Polbiño en voz moi baixa- xasabes que se un neno esperta e o asustamos perderíamos asnosas cores; voltariamonos de cor escura e tornariamos xigan-tes. Seríamos uns monstros horrorosos!Nisto a Cóxegas caiúselle o coche ao chan. Fixo tanto ruído queBrais espertou.-Aaaaah!- Berrou -Quen sodes vos?.Os monstros co-mezaban a facersegrandes, grandese a voltar de negro.-Non te asustes; sóqueriamos xogarcos teus xoguetes-dixo Polbiño.Brais decatousede que eran uns monstríños bos; comezou a rir e deulles unhaaperta moi grande.A Cóxegas e a Polbiño voltáronlle as súas cores e fixéronsepequenos outra vez.Dende aquela os tres fixéronse moi amigos e de cando en vezos monstríños visitan polas noites a Brais.

(Aaaaah; xa me esquecía: se algún día atopádesvos con al-gún xoguete fora do seu sitio, seguro que os nosos amiguiñosestiveron na vosa habitación.E lembrade: Non vos asustedes!, só queren xogar.)

Page 28: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 28

EUROCONCURSAZOPROFESORXAVICHON

%Para participar no Euroconcursazo só tes que ler a revista, cu-brir os pasatempos, recortar pola liña e introducir esta folla nomonstro azul do recibidor do colexio. O agasallo será... unhasorpresa modelo verán 2015. Rápido e... sorte!

NOME E APELIDOS CURSO

LABIRINTOQue camiño ten que seguir Xosé Filgueira Valverde para che-gar ao Museo de Pontevedra?

Page 29: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

AS NOSAS COUSAS 29

O ENCRUCILLADO TERRIBLE

Despois de ler a revista, non terás problema en solucionar esteencrucillado. Ah, podes pedir axuda. Sorte, de novo!

1.- Un dos tres superheroes da escola.2.- Colocárono os veciños para espantar aos paxaros.3.- Nome da xoaniña sen lunares.4.- Nome do oso que cazaba salmóns no río.5.- Localidade galega onde están as galiñas máis sabedoras.6.- Segundo apelido do autor homenaxeado no Día das LetrasGalegas deste ano 2015.7.- Seu pai traballaba de pallaso.8.- Material do que está feito o poema dos rapaces e rapazasde 1º C.9.- É o director da Escola de Música de Arteixo.10.- Unha planta que cultivaron os rapaces e rapazas de infantilno invernadoiro.11.- É a curmá de Hugo. Xuntos visitaron a Torre de Hércules.12.- O porco que quería ter cinco mozas ao mesmo tempo.13.- Nome da coelliña amiga de Lola, a gatiña.

9

10

13

5

3

8

1

2

4

6

12

7

11

A

S

O

S

A

S

N

C

O

U

S

A

S

Page 30: A HORTA E O INVERNADOIRO ESCOLAR · tevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. ... Certo día Pedro, Pablo e Xoán estaban voando polo

COMECOMECOMECOMECOMENDO FROITA NO COLEXIONDO FROITA NO COLEXIONDO FROITA NO COLEXIONDO FROITA NO COLEXIONDO FROITA NO COLEXIO