68

Á sombra da muralla 18

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 18 da revista do IES Xoán Montes de Lugo, correspondente ao curso 2009-2010

Citation preview

Page 1: Á sombra da muralla 18
Page 2: Á sombra da muralla 18
Page 3: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Editorial

Estimados lectores:

Un ano máis, xorde unha nova edición da revista do noso

instituto... e xa van dezaoito, a maioría de idade. Tén máis

anos a revista que os membros do equipo de redacción. Así

pensado, case deberíamos coller algo de medo ante tanta

responsabilidade, pero é don da mocidade a ousadía.

Un ano máis, esta vez con crise, a dicir dos líderes políticos...

e cun novo equipo directivo no Xoán Montes.

Un ano máis con máis cousas que contar. A xente vaise indo

do centro cada ano, e cada ano chegan caras novas, pero Á

sombra da muralla continúa, e os novos xornalistas traen

tamén cousas distintas.

Era de agardar, pois xa levamos unha década completa de

Século XXI, chea de cambios (uns a mellor e outros a peor,

pero, en defnitiva, cambios). Ata nas aulas houbo cambios

(ordenadores, proxectores, armarios...).

Xa está todo dito, podes darlle a volta á páxina, que non vai

ser a presentación máis longa que o contido. Agardamos que

che guste e... a ver se colaboras para o ano que vén, ho!.

Páxina 1

Page 4: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Esgrima de bastón Francisco Xabier Souto Ares

Xa que o bastón é un utensilio que se utiliza moi pouco na actualidade, é natural que a práctica deste tipo de esgrima quedara obsoleta hai xa bastantes anos. Sen embargo, trátase dun exercicio excelente, tanto se o consideramos entrenamento físico e defensivo, como se o consideramos deporte.O bastón é unha arma que non pincha nin corta, e non adoita producir grandes danos nos que combaten desta maneira. Non obstante é de gran utilidade, xa que supón unha prolongación do campo de alcance dos brazos.Este deporte pode practicarse con ámbalas dúas mans e fai necesario o movemento de todo o corpo, para esquivar os golpes, manter o equilibrio, avanzar, retroceder, facer amagos, etc.Os bastóns a utilizar deberán ser ríxidos e fibrosos, dun metro de longo e vintedous milímetros de

diámetro. Como protección úsanse unhas caretas especiais e unha luva que protexe os dedos con caucho.

Exercicios preparatorios:-Preliminares: de pé, facendo as mans dun extremo a outro do caxato, e posteriormente, agarrándoo por un extremo e describindo pequenos círculos no aire co extremo oposto.-Evolucións: avanzando e retrocedendo en todas direccións.-Cun adversario: ataques, paradas e contraataques.-Golpes especiais: asaltos.

Tipos de golpes:-Á cara e á cabeza.-De franco.-Ás pernas.-Golpes a dúas mans.-Golpes en salto.-Tacadas ou pinchazos.-Non se permite golpear as mans nin o brazo armado, para evitar o desarme e a "vitoria doada".

A posición debe ser erguida, cos xeonllos algo dobrados, debe producirse un movemento continuo de todo o corpo, para despistar, e manter a mirada fixa na do adversario, co fin de adiviñar as súas intencións.

Páxina 2

Page 5: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Amal Ait Mohand por Amal Ait Mohand

Amal Ait Mohand é unha rapaza marroquí

que chegou a España hai tres anos, se

instalou en Lugo e se matriculou no noso

instituto. Logrou integrarse na sociedade

galega a pesar dos prexuízos de idioma, os

costumes e o ambiente xeral da vida

europea.

Sen saber dicir nen sequer “ola”, puido en

tres anos adquirir unha boa parte do idioma

castelán e galego. Aparentemente non está

nada mal.

Amal é unha rapaza soñadora e con unha

inmensa forza de vontade que quere

realizar os seus soños a través dos seus estudos, xa que este ano vai

conseguir ter o título de Bacharelato.

O ano 2010 preséntase con moitas sorpresas agradables para ela. Para

comezar, traduciu ao árabe un poema de Paco Pestana, grande artista e

poeta lucense, segundo recoñece Amal. Por outra parte, pronunciou unha

conferencia no colexio de Paradai, na segunda xornada sobre a Diversidade

Cultural dese centro.

Non quere esquecer o seu agradecemento ao instituto Xoán Montes e a

todas as persoas e o profesorado do centro, que sempre se atopan aí,

dando a alumnos e alumnas todo o que precisan para poder chegar a altos

niveis nos seus estudos.

É difícil ser unha rapaza nova nun país que non é o seu?

Si, é difícil porque a mocidade é unha etapa de cambios radicais na vida da

Páxina 3

Page 6: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

persoa. Polo tanto, ser unha moza bicultural supón un esforzo extra para

adaptarse a levar dúas culturas nunha única personalidade.

Amal, comparte afeccións e gustos cos rapaces galegos?

Non. Comparto certos gustos con eles, máis non estou de acordo coa

maioría das súas afeccións.

Con que tipo de lectura disfruta máis: a poesía, a novela ou o ensaio?

Gústame máis a novela, porque mistura a poesía e o ensaio.

Como non hai nada imposible, ves en ti unha embaixadora de Marrocos

en España?

Pois porque non, tal vez si.

Como coñeciches a Paco Pestana e que opinas da arte

contemporánea?

Coñecín a Paco Pestana no restaurante onde traballo as fins de semana. É

unha gran persoa. Axudoume moito a saír adiante, sen esquecer tamén aos

seus amigos. O meu agradecemento a todos eles.

A miña opinión sobre a arte contemporánea... pois hai cousas desa arte que

me gustan e hai outras que non.

Páxina 4

Al-Manara. Marrakech

Page 7: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Os alumnos do PDC van de viaxe Jonathan Lopes Expósito

O día 9 de decembro, os alumnos do

Programa de Diversificación

Curricular fomos á Deputación

Provincial, onde nos recibiu a

vicepresidenta, que nos explicou en

que consistía a iniciativa Km0. O

obxectivo deste programa da

Deputación é dar a coñecer os

valores culturais e turísticos da

provincia de Lugo.

Dispostos a participar nunha das

actividades organizadas dentro do

programa Km0, encamiñámonos ao

Centro de Artesanía e Deseño, onde

estivemos vendo traxes típicos,

instrumentos musicais de madeira,

cerámica tradicional e xoias.

Despois fomos en autobús,

acompañados de persoas de terceira

idade que facían o mesmo percorrido

que nós, ata Cervo, onde comemos.

Pola tarde, visitamos a factoría de

Sargadelos, onde vimos todo o

proceso de elaboración da porcelana,

despois demos un paseo pola

contorna da vella fábrica e

regresamos á casa.

FACTORÍA DE SARGADELOS

HISTORIA

A cerámica de Sargadelos xurdiu da

iniciativa ilustrada de Antonio

Raimundo Ibáñez Llano y Valdés nos

primeiros anos do século XIX coa

inauguración dunha fábrica de louza

en Sargadelos, municipio de Cervo

(Lugo).

O fundador foi unha figura destacada

da industrialización. A súa

personalidade emprendedora

Páxina 5

Page 8: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

levouno a desenvolver actividades

innovadoras como a

explotación de rutas

comerciais desde Ribadeo e

Cádiz ata o Báltico.

Entre os seus proxectos

figuraba tamén a creación

dunha empresa siderúrxica que non

chegou a consolidar pola súa morte

temperá (1809).

Durante o resto do século XIX seguiu

a produción de louza en varias

etapas, ata o seu peche en 1875. A

fábrica volve rexurdir en 1949 da

mau dun grupo de ilusionados

galeguistas.

A EMPRESA

Sargadelos é unha sociedade

limitada que ten como principal

accionista á empresa Cerámicas de

Castro, na que participan, entre

outros membros, as familias que

desenvolveron a entidade desde o

ano 1949. Ten dúas plantas de

produción nas que traballan

máis de 245 persoas. Unha está

situada en Sada (A Coruña) e

outra en Cervo (Lugo).

Xunto coa súa actividade

comercial, Sargadelos leva

adiante un importante labor de

difusión e promoción da cultura

galega, principalmente dos

talentos máis novos da arte e a

literatura.

Páxina 6

Page 9: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

RENFE Francisco Xabier Souto Ares

RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles) é un organismo estatal de transporte ferroviario fundado en 1941 pola fusión e nacionalización dunha serie de compañías ferroviarias españolas (Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España, Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, Compañía del Oeste e Compañía de los Ferrocarriles Andaluces). Esta empresa tivo durante máis de sesenta anos o monopolio do sector ferroviario español. Vexamos agora algunhas das claves que levaron a este organismo á mellora do sistema ferroviario estatal e á consecución dos adiantos técnicos dos que podemos desfrutar nos trens de hoxe en día.

En 1941, RENFE contaba con 12.401 quilómetros de vía. As primeiras medidas que tomou a xunta directiva da coñecida empresa pública foron a reparación dos danos provocados pola Guerra Civil (1936-1939) nas vías férreas e a normalización e unificación dos sinais de tráfico ferroviario. En 1949 aprobouse un plan de reformas coñecido como Plan Guadalhorce, co obxectivo de resolver as necesidades máis importantes, tales como:

-Substitución e reforzo de pontes metálicas.

-Renovación de máis de mil quilómetros de vía. -Electrificación e introdución de sinais luminosos. -Ampliación de estacións. -Instalacións de seguridade.

O número de locomotoras, pasou de 130 (en 1950) a 252 (en 1952). Entre 1953 e 1960, RENFE recibiu 242 locomotoras máis, do tipo Mikado. Todas estas locomotoras eran a vapor, nunha época na que en toda Europa xa se utilizaban locomotoras diésel. Este feito pódese explicar co illamento político e a autarquía que imperaban en España durante a primeira etapa da ditadura franquista (década dos anos 40 e 50). Isto era tamén debido a que España tiña que importar petróleo doutros países, mentres que era autosuficiente na produción de carbón.Nos anos cincuenta, comezáronse a apreciar os resultados do Plan Guadalhorce. Comeza a circular o Talgo (Tren Articulado Lixeiro Goicoechea Oriol), entran en servizo os motores diésel TAF, etc. En 1955 inaugúranse as locomotoras Marilyn, e en 1958 as Suízas, para o tráfico de cercanías. Coa crise económica do 59, abandónanse por un tempo as inversións en ferrocarrís. En 1964 iníciase un proceso de modernización, no que se inclúe o aumento da velocidade máxima dos trens a 140 km/h (1967), a introdución das máquinas Xaponesas da serie 7900 (1967), etc.

Páxina 7

Page 10: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

En 1968 inaugúrase o Ferrocarril de Madrid a Burgos por Aranda do Douro, a única nova liña de importancia que se salvou da decisión de abandonar a construción de novas liñas.En 1975, coincidindo o ano co da morte de Franco e a fin da ditadura franquista, remata tamén o sistema de tracción a vapor.

En 1979 elabórase o Plan Xeral de Ferrocarrís, que só se realizou parcialmente.Cinco anos despois, RENFE atópase nunha situación crítica, con xigantescos déficits anuais, que tratará de solucionar co peche de 914 km de vías férreas, a principios de 1985. Neste mesmo ano, obtéñense os mellores resultados en canto a transporte de viaxeiros por parte desta empresa. Ao ano seguinte, autorízase, por vez primeira, a circular os trens a unha velocidade de 160 km/h nalgúns tramos.En 1987, apróbase o Plan de Transporte Ferroviario, para superar a crise do

ferrocarril, con medidas coma o Novo Acceso Ferroviario a Andalucía ou a dobre vía no triángulo Madrid-Barcelona-Valencia, na que se permitía a circulación a 200 km/h. Cinco anos despois, inaugúrase a Liña de

Alta Velocidade Madrid-Sevilla. Por último, en 2003, inaugúrase a Liña de Alta Velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, cun límite de velocidade de 200 km/h.O 1 de xaneiro de 2005, finalizou o

monopolio legal de RENFE, que quedou dividido en dúas empresas: ADIF, encargada da xestión de infraestruturas ferroviarias, e RENFE Operadora, que se encarga da explotación dos ferrocarrís.Actualmente, o traballo destas empresas está orientado, mais que nada, á creación de Liñas de Alta Velocidade (liñas do AVE), unha das cales, supostamente, chegará a Galicia en 2015. Actualmente, a lonxitude total da rede ferroviaria española é de 17.074 km, dos cales máis de 7000 están electrificados (é dicir, o tren móvese con corrente eléctrica).

Páxina 8

Page 11: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Astano-Izar-Navantia Francisto Xabier Souto Ares

Como seguramente saberedes, Navantia é unha empresa de construción naval militar que xurdiu da segregación de activos militares do Grupo Izar. Pero para poder contar a historia desta

peculiar empresa temos que regresar ao ano 1941, cando o enxeñeiro José María González-Llanos, cunha inversión inicial de 1.600.000 pesetas, fundaba ASTANO (Astilleros y Talleres del Noroeste). Contaba daquela con 33 empregados. Estableceuse en Perlío (Concello de Fene), na ría de Ferrol e dedicouse, nun principio, á construción de barcos pesqueiros de madeira. En 1944, xa era Sociedade Anónima e tiña como principal accionista ao Banco Pastor. Co capital deste, comézanse a construír os barcos en metal, o que propiciará o crecemento da empresa nos anos posteriores, grazas á expansión da área

pesqueira (ao esgotárense os caladoiros próximos aparecía a necesidade da pesca de altura, para a que eran imprescindibles barcos máis resistentes).

Nestes anos, 1947, aparecía na zona unha empresa estatal dedicada á construción naval, Bazán, que tamén foi dirixida polo citado González-Llanos,

que posteriormente escribiría o libro El Decenio, que trata da factoría naval de Ferrol na década comprendida entre 1936 e 1946 (previa á fundación de Bazán). Mais continuemos con ASTANO. En 1956, a empresa ferrolá tivo que enfrontarse á súa primeira grande crise. O esgotamento dos caladoiros do Gran Sol, fixo que cambiara a orientación da empresa cara ao transporte de carbón e petróleo (cargueiros), un mercado novidoso e con boas expectativas naquela época.

Páxina 9

Page 12: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

En 1971, a empresa atravesaba unha situación crítica, que se agravou coa crise do petróleo de 1973. O INI (Instituto Nacional de Industria), tratou de solucionar o problema, pero non o conseguiu. A botadura do navío “Arteaga”, de 323.000 toneladas de peso, en 1972, e do “Santa María” (o

barco máis grande construído nestes estaleiros, de 365000 toneladas) en 1975, supuxeron o medre tecnolóxico de ASTANO, pero non impediron a súa continua decadencia económica. En 1979, ante a situación, o INI faise cargo da empresa e inviste nela un capital de

350.000.000 de pesetas.

O ingreso de España na Unión Europea en 1981, esixíalle a España o peche dun estaleiro, a elixir entre os de Sestao, Porto Real ou Fene. O goberno de Felipe González (1982-1996) limitou a capacidade produtiva de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola Unión Europea, que pretendían reducir o sector naval en tódolos países da súa área, pois estaba pasando por momentos difíciles. ASTANO foi a empresa que máis empregados perdeu por mor desta reconversión (3600 empregados).

A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade. Isto provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. No 2000 óptase, como posible solución, á integración de ASTANO no Grupo Izar (que pasou a estar en novena posición a nivel mundial e cuarta a nivel europeo), ao que tamén se uniu Bazán, xa fusionada con AESA (Astilleros Españoles

Sociedad Anónima). Da separación da rama militar de Izar, xorde en 2005 a actual Navantia, cuxas oficinas principais se atopan en Fene, Ferrol, Porto Real, San Fernando e Cartaxena.

Páxina 10

Page 13: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Manuel Ares Díaz (xubilado de Astano) Francisco Xabier Souto Ares

E: Manuel, canto tempo estiveches traballando en ASTANO? M: vintecatro anos. Entrei no 64 e prexubiláronme no 88.E: Cal era a túa función na empresa? M: Primeiro estiven de soldador e, despois de catro ou cinco anos, pasei para a oficina, de administrativo. Cando estaba de soldador, soldaba bloques de ferro que facían para os barcos. Había que facelo con precisión, posto que non podían quedar poros. Para saber se os levaba, quitábanlle radiografías á soldadura.Tíveno que deixar porque me facían dano os gases da soldadura. De auxiliar administrativo encargábame de quitar copias nunha máquina. Despois había que clasificalas e cortalas cunha tesoira ou cunha guillotina de palanca. Os papeis aos que lles facíamos as copias contiñan os traballos que se facían, distribuídos en horas. Cada folla levaba tres fichas e cortábase en tres. Ultimamente, xa nos anos oitenta, pasei a traballar nun ordenador, no que se facían as fichas directamente. Os sábados tocaba facer o programa, é dicir, quitar as copias do Programa de Traballo (que se facía para toda a semana) e grampalas. E: Por que deixaches de traballar para a empresa? M: Porque sobraba xente. Saín no 88, prexubilado. Os que saímos naquela época, primeiro pasamos ao "Fondo de Promoción de Emprego" (que viña sendo cousa semellante ao paro). Del recibíamos unha paga ata que nos xubilábamos (aos 65 anos). E: Houbo folgas contra a perda de empregos? M: Houbo. Cando empezou a cousa a andar mal, houbo folgas e chegou a haber enfrontamentos entre a policía e os manifestantes, algúns dos cales resultaron feridos. Peores foron as da Bazán, uns anos atrás, nas que resultaron mortas, polo menos, dúas persoas. E: En cantos departamentos se dividía a empresa? M: Había os talleres, as oficinas, as gradas (unha especie de ramplas moi grandes polas que se botaban os barcos á auga, unha vez acabados). Tamén había e segue habendo unha grúa moi grande, a ponte-grúa, que se utilizaba para levantar os bloques. E: Había algún tipo de medidas ou axudas para o benestar dos traballadores? M: Si. Tíñamos un comedor (a prezos económicos), que custaba unhas cen pesetas ao mes; un economato, con comestibles, bazar, roupa, calzado... O economato de ASTANO xa existía antes de que se instalaran os modernos supermercados e hipermercados en Ferrol, e funcionaba da mesma maneira que estes. Tamén daban bolsas de estudos para os fillos dos traballadores. Facíanlles o recoñecemento médico aos empregados, gratuitamente. E: Como foi a experiencia? M: Moi boa, paseino moi ben mentres traballei alí. Eran moi bos compañeiros todos. Recordo que me erguía ás cinco e media para chegar ao traballo cedo, pois antes da construción da Ponte das Pías, había que cruzala ría en lancha, ou ben ir no coche de liña, dando un rodeo por Xubia. Eu case sempre ía na lancha. Tamén lembro que nos descansos (cando se ía comer o bocadillo), facíamos, ás veces, un extraordinario: levábamos pan, roxóns e chourizos, que asábamos nunha lata con alcol, e daquela si que o pasábamos ben... (risas).

Páxina 11

Page 14: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Ano Internacional da Biodiversidade Marta Salgado Castelo

A ONU declarou o Ano 2010 como o Ano Internacional da Biodiversidade (IYB). Durante todo o ano, organízanse innumerables iniciativas para difundir información, promover a protección da diversidade biolóxica e alentar ás organizacións, institucións, empresas e público en xeral a tomar medidas directas para reducir a perda constante da diversidade biolóxica mundial.

Facer frente á diversidade biolóxica require a participación universal. A comunidade internacional, a través das actividades organizadas a nivel mundial, debe unir os seus esforzos para un futuro sostible para todos nós. Establecido no «Cumio da Terra» de Río de Janeiro no 1992, o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica é un tratado internacional para a conservación e utilización sostible da biodiversidade e a distribución equitativa dos múltiples beneficios da biodiversidade. Con 193 estados asinantes, o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica ten unha participación case universal. A través do Ano Internacional da Biodiversidade 2010 esperan reflectir os obxectivos das

organizacións que traballan en todo o mundo para salvagardar a biodiversidade. Como tal, os obxectivos do Ano Internacional da Biodiversidade 2010 son os seguintes:•Mellorar a conciencia pública sobre a importancia de salvagardar a diversidade biolóxica e tamén sobre as ameazas subxacentes á biodiversidade.•Aumentar a conciencia dos logros para salvar a diversidade biolóxica que xa foron feitas polas comunidades e os gobernos.•Alentar ás persoas, ás organizacións e ós gobernos a tomar as medidas inmediatas necesarias para deter a perda da biodiversidade.•Promover solucións innovadoras para reducir as ameazas á biodiversidade.•Iniciar o diálogo entre as partes interesadas polas medidas que deben adoptarse no período posterior a 2010.

Páxina 12

Page 15: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

O racismo Adriana Anthoska Gómez Mena

Hai moitos anos, a sociedade manifestaba moito racismo coa xente

negra, intolerancia coa relixión doutras persoas e coa súa

cultura. Mais é hoxe o día que pensamos que non hai

racismo e estamos equivocados.

Na actualidade segue a haber racismo, hai xente que rexeita a unha

persoa de cor no momento mesmo de vela, xente que a marxina e a

insulta. Esa persoa á que rexeitan e marxinan séntese mal e chega

ata a chorar porque, aínda que non o creades, todos somos iguais:

tanto se somos doutra cor como se somos doutra relixión, e ninguén

pode maltratar a ninguén polo que é ou polo que cre.

As persoas hai que coñecelas para saber como son.

Todos somos seres humanos e en todo país hai xente

mala, boa, asasina, ladroa, bebedora, fumadora ata

violadora. Ningún país nace coa súa clasificación,

todos teñen os mesmos defectos e as mesmas

virtudes, e por iso eu sempre pensei que todos somos

iguais.

Espero que co avance da nosa xeración poidamos evitar este maltrato

cara as persoas doutras razas porque a nós non nos gustaría que

fósemos de vacacións a un sitio e que nos maltratasen polo

que somos. Porque unha persoa sexa negra, non quere dicir

que non sinta, que non ría ou que non sexa tan intelixente

como lle queremos facer ver a esa persoa. Todos temos os

mesmos sentimentos aínda que non teñamos as mesmas crenzas.

E por que escribir sobre este tema nunha revista escolar como a

nosa? porque máis adiante nos imos arrepentir do que lle facemos a

algunhas persoas, só porque o racismo foi avanzando.

Páxina 13

Page 16: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Os riscos de Internet Jonathan Lopes Expósito

A finais de febreiro, un policia visitou o instituto para dar unha charla sobre os riscos

de Internet a todos os grupos da ESO. En concreto, a charla correspondente ao 3º

curso, á que asistín, tivo lugar o 25 de febreiro.

Segundo nos informou, o risco máis

importante son os chats abertos,

porque non sabes con quen estás a

charlar. Aínda que non o pareza,

estanche a quitar información sobre a

túa vida privada. Esta información pode

ser utilizada por redes de tráfico de

persoas, sempre e cando encaixes no

perfil que buscan, e corres o risco de

ser secuestrado e levado a outro país

para traballar en redes de prostitución

ou outras actividades ilegais.

Mais non só son os chats abertos os lugares perigosos senón que tamén existen

páxinas falsificadas, que adoptan a aparencia de outras pero non son, como

por exemplo, RENOVACIÓN DE DATOS NA CAIXA GALICIA!! ...e nós imos e crémolo.

Para que non ocorra iso, procura chatear en chats cerrados, son máis seguros, e non

deas as túas claves de acceso a ninguén, aínda que sexan amigos ou páxinas que

aparentemente son de fiar.

Páxina 14

Page 17: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A todos nos incordian as

publicidades que poñen ao lado en

moitas das páxinas que visitamos:

nunca lles fagamos caso, moitas

delas son unha estafa e sempre

traen problemas.

Ademais dos anuncios, debemos

fuxir das páxinas de bandas

organizadas, como por exemplo os LATIN KINGS. Ultimamente esta crecendo o

número de mulleres que se integran nestas bandas, pero nestas bandas a cuestión

non só consiste en apuntarse e xa está: non, os homes deben de recibir unha

malleira de todos os do grupo, e as mulleres deben ter relacións sexuais con todos

os homes da banda. E este é só o principio, porque se a entrada é difícil, saír destas

bandas ou de outros grupos sectarios resulta practicamente imposible.

Ainda que non o creas o internet é moi perigoso, ASÍ QUE, XA SABES: TEN COIDADO

CO O QUE ESTÁS A FACER!

Páxina 15

Page 18: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Visita ao CEI-NodusAndrés Armesto Cortiña, Ánxela Calaza Rodríguez

José Manuel Núñez Vázquez, Noelia Méndez FernándezTomás Corredoira Loureiro, Zhenya Georgieva Karagyozova

O día 29 de outubro tivemos, os alumnos de 3º e 4º da ESO de Iniciativas emprendedoras do Xoán Montes, una saída ao CEI-NODUS con Beatriz e Leonor, profesoras de Iniciativas e Bioloxía respectivamente. O primeiro que fixeron foi falarnos das becas para ir a estudar ao estranxeiro e aprender outros idiomas, culturas, maneiras de vivir, etc. Tamén unha charla sobre as vantaxes e inconvenientes de traballar por conta propia e allea, formas xurídicas máis empregadas, facendo fincapé nas cooperativas, trámites de constitución, trámites de Facenda e coa Seguridade Social e tipos de cooperativas. Tamén dos principios cooperativos, que son necesarios para montar unha empresa e tipos de emprego. De maneira resumida, isto foi o que aprendemos:

•Traballo por conta allea: Consiste en desempeñar unha actividade profesional baixo as directrices dun empresario.•Traballo nas administracións: Consiste en desempeñar unha actividade profesional nas AAPP (Administracións Públicas)•Autoemprego: Traballar por conta propia, ser o teu propio xefe/a (autónomo)

•Formas Xurídicas:–Comunidade de bens e sociedade civil–Autónomo–Sociedade Limitada–Sociedade Anónima–Sociedade Laboral–Cooperativa (facendo fincapé neste)

A cooperativa:A cooperativa é un grupo de persoas traballando xuntas, un conxunto de persoas asociadas que se unen coa mesma meta.Os principios cooperativos:•Adhesión voluntaria e aberta•Xestión democrática•Participación económica dos/as socios/as•Autonomía e independencia•Educación, formación e información•Cooperación entre cooperativas•Interese pola comunidade

Tipos de cooperativa:•Agrarias•Transporte•Mar•Vivenda•etc...

Os pasos para facer unha cooperativa son:–Expoñer o produto ou servizo que se vai a facer–Definición do mercado–Análise da competencia–Definir obxectivos–Previsións de venda–Promoción e publicidade–Seleccionar persoal–Análise económica e financeira

Despois, todos colaboramos para pintar un mural da muralla no que estabamos divididos en 3 grupos: Un dos grupos encargábase de pintar o mural. Outro encargábase de mesturar as cores coas que se pintou, e o

Páxina 16

Page 19: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

último encargábase de buscar conceptos que tiveran que ver co cooperativismo. Todo isto fíxose co fin de aclarar a nosa idea de cooperativa mediante o traballo en grupo. E por último fomos ao “espazo lab.”, dedicado á orientación laboral, no cal faláronnos de diversos modos de conseguir traballo e saber pedilo, xa que é preciso ter seriedade, un bo vocabulario e saber falar de forma adecuada. Outros servizos que nos ofertan son:–Plataforma multimedia–Asesoramento personalizado–Salas de actividades–Acceso a Internet–Publicacións

A experiencia foi proveitosa, sacamos en

limpo que para saber pedir traballo fan falla

habilidades sociais, seriedade, tranquilidade

e coidar as aparencias, así como ter sempre

un bo sorriso. Tamén aprendemos a traballar

en equipo, e que se nos esforzamos temos

oportunidades para chegar a ser o que

queiramos. Puidemos coñecer in situ o CEI

Nodus, e agora sabemos que, ante calquera

dúbida laboral, eles poden axudarnos así

como a montar unha empresa. Tamén foi

unha actividade divertida, relacionámonos

cos compañeiros de 3º e realizamos unha

actividade diferente, que nunca antes

fixeramos.

Páxina 17

Page 20: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Club Deportivo Lugo David Graña Parga

O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol da cidade de Lugo. Actualmente xoga no

Grupo I da Segunda División B de España. Na xornada 17, atópase no posto 3º da

clasificación, praza que dá paso á promoción a Segunda División A.

O Club Deportivo Lugo fundouse

en xuño de 1953, despois de que

desaparecesen, consecutivamente,

os dous equipos que ata entón

ostentaran a representación do

fútbol local, a Gimnástica Lucense,

disolta en 1952 e que militou en

Segunda División A durante

ventitres tempadas, e o Club

Deportivo Polvorín, desaparecido

en 1953 por motivos económicos.

Esa era a historia oficial que se contaba hai anos, pero a realidade é que en 1953 o

Club Deportivo Polvorín non desapareceu, senón que cambiou de nome,

converténdose no C.D. Lugo. A principios do verán de 1953 rumoreábase que o C.D.

Polvorín non tiña diñeiro e que podía desaparecer, pero finalmente celebrouse unha

Asemblea que decidiu seguir adiante e cambiar o nome do equipo. A intención era

que se chamase Lugo C.F., pero a Federación non o permitiu (probablemente por

existir outro equipo anterior con ese nome), así que finalmente quedaron co de C.D.

Lugo. A data de fundación do Polvorín foi 1946, e esa é, xa que logo, a que lle

corresponde ao C.D. Lugo.

Páxina 18

Page 21: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

O problema do C.D. Polvorín en 1953 non foi económico, o que

ocorreu é que ninguén quería facerse cargo da directiva do club, ata

que chegou Emilio Núñez Torrón. O primeiro que intentou facer foi

cambiar o nome do club a Lugo F.C., logo de facer unha enquisa

entre a afección. Finalmente, o 9 de xullo de 1953, levou a cabo o cambio de nome

polo de C.D. Lugo.

Na etapa en Terceira división, construíuse o actual estadio Anxo Carro, con

capacidade para 6.000 espectadores, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974, cun

torneo triangular no que participaron, xunto ao CD Lugo, o CD Lemos e o Deportivo

da Coruña. O CD Lugo venceu ao Lemos na quenda de penaltis e perdeu a final co

Deportivo por 1-0.

Páxina 19

Page 22: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Literatura de despedida Nerea Balboa LópezIES “A Piringalla”

O reloxo da praza marcaba as

nove en punto cando a campá da escola

Santa Tareixa de Xesús reclamaba ao seu

pouco alumnado. Moito suspiraran as

xentes daquela pequena comarca, próxima

a Viveiro, por aquela escola, que no seu

día fora o centro de ensino máis solicitado

de case toda a costa lucense. Pero co paso

do tempo fora quedando no

esquecemento de moitos e na ignorancia

de aínda máis. Actualmente xa no era

máis ca unha pequeniña escola de aldea á

que só asistían a pouca xuventude que

quedaba na comarca. Aínda que non

contaba con máis de setenta alumnos na

primaria e arredor dos cen na secundaria,

aquela escola dispoñía dos recursos

necesarios para ofrecer unha boa

formación aos rapaces. Quizais esta era a

razón pola que seguía en case pleno

apoxeo e era tan querida polas xentes da

parroquia.

Pero como ía dicindo, hoxe era un

día, concretamente luns, coma outro

calquera. Tanto o profesorado como o

alumnado asistiu con normalidade ás

clases. Co reducido número de mestres e

alumnos cos que contaba o centro de

ensino, o feito de que alguén faltase á

clase era case antinatural e sempre había

razóns claramente xustificadas para

explicar esa falta. Hoxe só faltaba María,

unha rapariga de terceiro da ESO. Era

unha pequena aplicada que mantivera as

súas notas sempre sobre nove. Tiña

especial devoción pola escritura e sempre

deixaba embelesada a toda a escola cos

seus contos e poemas. Pero desde había

uns meses esa devoción convertírase en

algo obsesivo. Só tiña ollos para o papel e

o bolígrafo e por esa razón as súas

cualificacións baixaran

considerablemente. O certo é que era raro

que faltase sen haber unha explicación

lóxica, ou sen que esta explicación

chegara a oídos dos mestres do centro. A

verdade é que ninguén soubo nada dela

durante toda a mañá e, cando os alumnos

voltaron para a casa, algúns mestres foron

falar co director para comentarlle o

asunto.

Páxina 20

Page 23: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Don Afonso era o director da

escola. Era un home xa entrado en anos

pero que mantiña unha gran vitalidade.

Algúns dicían que isto era debido á súa

devoción polos rapaces, polo seu afán por

gañar a súa confianza e educalos como a

fillos, non coma alumnos. Era moi

querido entre os pequenos e entre os

propios pais, pero no caso de María era

un cariño especial o que se tiñan

mutuamente. Por iso o máis normal sería

que el soubese algo da rapaza. Mais os

mestres quedaron abraiados cando

coñeceron a ignorancia de don Afonso

sobre o paradeiro da pequena.

Aínda así, non lle deron

importancia á falta da rapaza e marcharon

para as súas casas, pois eles tamén tiñan

familias que atender. Ademais, se lle

pasara algo á moza pronto estarían

informados. Pero a don Afonso, viúvo e

cos fillos xa criados, ninguén o esperaba

para xantar e decidiu poñerse en contacto

coa familia antes de ir para a casa.

Chamou ao enderezo familiar, aos

teléfonos móbiles dos pais e mesmo ao da

propia rapaza, pero ninguén contestou en

ningún deles. Nun caso coma este

calquera outra persoa daquela comarca se

preocuparía, xa que alí todos son coma

irmáns e o que lle acontece a un xa o sabe

toda a vila, en cuestión de minutos. Pero

don Afonso era moi positivo e pensou

que ao mellor a familia tivese que facer

algunha viaxe rápida e por iso non

avisaran á escola. Convencido dos seus

pensamentos, marchou para a casa a

xantar.

Tras un bo prato de caldo, saiu dar

unha volta polo paseo marítimo y logo foi

tomarlle un café a Bieito, o dono da

taberna do que era moi amigo desde facía

tempo. Alí pasaba unha ou duas horiñas

ao día, botando a partida cos amigos,

discutindo de temas da actualidade e,

como non, lendo a prensa. Sempre se

detía a observar as novas locais e

comarcais, esas que contan os sucesos dos

seus paisanos. Botaba unha ollada a todas

Páxina 21

Page 24: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

elas e entretíñase lendo moi amodo as que

máis lle chamaban a atención.

Aquela tarde non tiña ganas de ler

e a piques estivo de marchar sen tocar o

xornal, mais decidiu botarlle unha visual

antes de marchar para a casa. Abriuno ao

chou por unha das páxinas locais e, nada

máis facelo, sentiuse atraído por un

pequeno artigo situado a pé de páxina.

Pola súa aparencia non semellaba nin

unha noticia, nin unha reportaxe, nin tan

sequera un artigo de opinión. Máis ben

semellaba ser unha poesía. Pero quen

publicaría algo así no xornal da comarca?

A don Afonso comezoulle a picar a

curiosidade e decidiu ler o artigo.

Un adeus con sabor a Galicia

Ai! A miña terra queridada fermosa mariña lucense!En tan poucos anos namoreimedo teu verdor e das túas xentes.

O teu airexo galego acariñou a miña branca pel nada máis nacer.A madeira vella dos altos piñeirosacompañoume durante o meu crecer.

A ondada branca do teu mar azul pechou os meus ollos en tardes douradas.Mais o amor que recibín das xentes de aquínon se comparará endexamais con nada.

Remato estas liñas con dor no peito.Quizais mañá non amencerá para min!O que en verdade me doe non é o adeussenón non levar comigo todo o que vivín.

María Castro López

A don Afonso case lle saltan as

bágoas a medida que lía aqueles versos tan

cheos de sentimento. Pero as bágoas

tornaron en desacougo cando se fixou no

nome do autor. Non podía ser certo! A

rapaza que faltara pola mañá á escola era a

mesma que publicara hoxe no xornal aquel

fermoso poema! Don Afonso non puido

soportar aquela presión. Quizais María

simplemente estaba na cama cunhas

décimas de febre e escribira aquel poema

por pasar o tempo, tal vez lle gustara tanto

que lle pedira á súa nai que llo publicase

no xornal. Pero e se non era así? Para saír

de dúbidas decidiu facerlle unha visita ao

seu enderezo familiar.

Xa anoitecera cando don Afonso

chamou á porta da fermosa casa de campo

na que vivía María cos seus pais ás aforas

da vila. En verdade algo pasara, diso non

tivo dúbidas desde que o pai de María lle

abriu a porta co rostro totalmente

desfigurado. Invitouno a entrar e guiouno

ata o salón, onde se atopaba a súa muller

sentada nunha cadeira cos ollos cheos de

bágoas. Cando os dous homes estiveron

sentados, ela botouse a chorar. Fora

demasiada carga para ela vivir, sabendo

que a súa filla tiña unha enfermidade

Páxina 22

Page 25: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

terminal, e aínda fora máis duro ter que

despedila para sempre. O único que a

consolaba era saber que durante moito

tempo toda a comarca recordaría con

sentimento á súa filla ao ler aqueles versos

que publicara no xornal as vésperas a

morrer.

Don Afonso marchou pronto

daquela casa coas bágoas nos ollos.

Recordaba a aquela nena como unha

rapaza loitadora que co paso dos anos

alcanzaría grandes logros, pero que

inxusta é a vida con quen menos o

merece.

A luz dun día chuvioso penetraba

polas fiestras das aulas da escola cando os

rapaces se dispoñían un día máis a adquirir

novos coñecementos. Xa todos sabían das

malas novas e quizais por iso se respiraba

un clima de impotencia e tristeza.

Oficiouse o funeral sobre as cinco da

tarde. O ceo ennegrecido deixou caer auga

a mares, pero iso non foi inconveniente

para os centos de persoas que asistiron ao

acto. Don Afonso non foi quen de acudir

á cerimonia. Moito lle custou durante

bastante tempo levarlle flores ao

cemiterio. Quizais esa devoción que

sempre tivo cara aos seus

alumnos levouno ata o

estremo de querelos como a

fillos. Pero nunca se

arrepentiu de facelo. E aínda

hoxe, que descansa xunto a

María, lémbraselle coma o

pai dunha gran familia que é

a escola Santa Tareixa de

Xesús.

Páxina 23

Page 26: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Entrevista a Gerardo Andrés Armesto Cortiña

Pregunta: Porque che deu polo ensino? Resposta: Porque me gustaba. Comecei dando cursiños sobre electricidade e tecnoloxía e gustoume. Presenteime ás oposicións hai 26 anos e aquí cheguei.P: Desde cando te dedicas ao ensino?R:Comecei dando prácticas de electricidade en FP, en Palas de Rei. Alí disfrutaba moito dando clases, pero como quedaba lonxe de Lugo, tentei vir aquí, a Lugo. A única posibilidade era pasarse á tecnoloxía e aínda por enriba, na ESO (risas). Quen ía dicir que acabaría así? Pero agora estou encantado.P: Como explicas que aos alumnos, ou lles encantas ou te odian?R: (risas) Os que me odian, supoño que ou non se enteran ou non lles gusta a materia... P: A que máis te dedicas a parte de profesor?R: Ás miñas cousas (risas). Algúns proxectos técnicos da miña rama profesional.P: Cóntanos algo do que fixeches este curso cos de 4º da ESO.

R: A experiencia do Proxecto FEUGA trastocou bastante o programa do 1º trimestre, pero foi ben empregado. O resto do curso, espero seguir co temario de sempre, electricidade e todo iso.P: Que é o que mais odias dos alumnos? R: Categórico, o ruído que fan. Falan constantemente, é imposible mantelos calados e a orde da clase.P: O mellor curso do Xoán Montes en todos estes anos? R: Sen dúbida, 4º da ESO deste ano, aínda que hai 2 ou 3 anos houbo bos tamén. Debe ser porque xa é optativa.P: De onde sacas as ideas extravagantes para a clase (o “IGC”, animaladas da Biblia, etc) R: (risas) Ocorrencias miñas. O “IGC” xurdiu polas burradas que dicían algúns en 2º e ocorréusenos facer unha estatística con elas. O da Biblia, é simplemente ensinarlles que barbaridades di. Non obstante, é un dos mellores libros que existen, eu recomendo a súa lectura, e que cada un saque as súas propias conclusións, como adoito dicir: “Eu lin a Biblia para discutir sobre ela”P: Que pensas de Manuel Veiga? R: Un fenómeno. Para min, calquera que saiba inglés xa o é, porque eu son un “acémila” completo no inglés. Ademais, controla moitas cousas de informática, é un manitas en moitas cousas, etc. Considéroo moi competente.

Páxina 24

Page 27: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Emprendedores do Xoán Montes Cristóbal Pablo Vega Rojas

Na primeira avaliación deste curso, os alumnos de tecnoloxía de 4º de ESO

(Cristóbal Pablo Vega Rojas, Andrés Armesto Cortiña e Andrea Vázquez

Mendoza de 4ºA e Marco Gugliandolo López, Christian Toimil Arango, Marta

González Gegúndez, Alejandro Boado Vázquez, Aitor Baamonde Afonso,

Alba Mourelos Pernas e Omar Leonel Díaz Rodríguez de 4º B) participaron

no concurso "TIC-TAC!" (Taller da Innovación e Creatividade - Todos A

Competir!), promovido por FEUGA. Neste concurso, os alumnos de Gerardo

Baamonde Mulet (profesor de Tecnoloxía), traballaron moito para poder

presentarse.

Desenvolveron varios inventos, dos que traballaron finalmente dous, un por

parte dos alumnos de 4º A e outro por parte dos alumnos de 4º B. O proxecto

de 4º A levaba por título "paneis solares fotovoltaicos de células orientadas".

Estes paneis consisten nunha nova distribución para os paneis solares fixos,

Páxina 25

Page 28: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

conseguindo un aproveitamento óptimo cunha mínima instalación. Están

pensados principalmente para a integración arquitectónica (integralos en

fachadas de naves industriais, casas...)

O traballo presentado polos alumnos de 4º B abordaba a "dobre roda con

catadióptricos", a separación das rodas de automóbiles en dúas cámaras,

para evitar pinchazos e dar máis estabilidade. Tamén lle engadiron

catadióptricos (reflectantes, como os das bicicletas), que a unhas

determinadas revolucións fan diferentes debuxos, advertindo, pola noite

sobre todo, de que o coche está freando, acelerando, etc.

Finalmente, tras 3 sesións entre FEUGA (Santiago de Compostela) e

Tecnópole (Ourense), foi premiado o segundo proxecto. A finais de

novembro, Cristóbal Pablo e Andrés Armesto volveron a Tecnópole a

expoñer os proxectos na feira Galiciencia.

Páxina 26

Page 29: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

O proceso de Boloña Alejandra Abuín Sixto

Para comezar, podemos dicir que o

famoso proceso de Boloña é o

nome que recibe o proceso

iniciado a partires da Declaración

de Boloña, acordo que en 1999

frmaron os ministros de

educación de diversos países.

Tratouse dunha declaración

conxunta que deu inicio a un

proceso de converxencia que tiña

como obxectivos facilitar o

intercambio de titulados e adaptar

o contido dos estudos

universitarios ás demandas

sociais. A Declaración de Boloña

levou á creación do Espazo

Europeo de Educación Superior

que serviría de marco de

referencia ás reformas educativas

que moitos países da UE terían

que iniciar, sendo a data límite

para implantalo en España o 2010.

Como alumna do novo grao de

Administración e Dirección de

Empresas da USC (Universidade

de Santiago de Compostela;

www.usc.es), e consciente da

opinión dos meus compañeiros e

amigos que cursan tamén outros

graos, podo dicir que, como todo,

ten as súas vantaxes e

desvantaxes.

Na miña opinión, é unha boa idea

mal levada á práctica. Ao igual

que sería un gran erro poñer a

multiplicar a un cativo de cinco

anos, é un gran erro pretender

implantar no noso país uns

métodos de estudo como os que

actualmente gozan países como

Suecia, Finlandia ou Dinamarca.

Antes de levar a cabo tal proposta,

sería importante un proceso máis

longo de formación e adaptación,

non só para os alumnos (que este

ano somos coellos de indias do

novo plan), senón, na miña

opinión, dirixido aos docentes, que

con este plan eles mesmos nos

Páxina 27

Page 30: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

expresan estar máis perdidos que

un peixe nun avión.

Para a nota fnal dunha materia, o

traballo de clase conta un 30% e o

exame fnal un 70%. Tes máis

parciais e máis posibilidades de

aprobar. Con todo, ás veces,

semella que tes mil traballos que

non che serven de moito. A

asistencia é obrigatoria para

aprobar e hai traballos en grupo

como na escola.

Favorables ou non a dito plan, é o

que nos toca, o que loitaremos por

mellorar e o que nos dará a

titulación pola que estamos a

estudar. Evidentemente fóra de

todos os métodos, os plans

educativos e a política europea, o

máis importante é estudar o que

che gusta, teñas profesores e

plans mellores ou peores.

Anímovos a todos a estudar (a

parte de que as festas

universitarias son as mellores e os

de empresas somos sen dúbida os

máis festeiros ☺☺).

Para rematar, debo dicir que tiven

a sorte de ter unha profesora de

economía que me axudou sempre

e me transmitiu o lado máis bonito

da ciencia que tanto me gusta,

estudo, e se Deus quere, me dará

un traballo. Grazas, Bea!

Páxina 28

Page 31: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Manifesto de Correlingua 2º Bacharelato A

Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato A conseguiron quedar finalistas no concurso de manifestos para o Correlingua. O premio consistiu nunha excursión didáctica de dous días a Allariz, dentro do Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos de Galiza coa colaboración de outras entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Este é o texto do Manifesto máis aquí!:

Nós, os galegos, nun momento da nosa historia

deixamos de ser nós; dende que lle arrebataron o

trono a Xoana a Beltranexa, dun día para outro

vímonos avasalados por Castela, impuxéronos un

idioma que non era o noso, roubándonos a nosa

cultura. Estivemos silenciados ata que nos

socorreron uns heroes encabezados pola nosa

querida Rosalía de Castro baixo o lema "denantes

mortos que escravos", entón puxémonos en pé e

comezamos coa nosa loita para recuperar a nosa propia identidade e a día

de hoxe nós, coma galegofalantes e ferventes defensores do noso idioma

manifestámonos para evitar unha nova etapa de silencio. Dános mágoa a

xente que non é capaz de entender o que é sentir morriña pola nosa

propia terra.

Non podemos permitir que pola perda da lingua de Pondal os nosos fillos

Páxina 29

Page 32: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

medrasen vendo "cascadas" no lugar de fervenzas, que teñan "novias

guapas" no lugar de mozas riquiñas coas que pasar o tempo de lecer.

Deberiamos ter en conta que o idioma galego vén de moitas xeracións e

pensamos que para a súa difusión precisamos de todos os medios posibles

como a radio ou o cine porque... como esquecer as tardes diante do

televisor vendo o Xabarín Club e cantando as inesquecibles cancións como

por exemplo "estou na lavadora" ou os cánticos de Heredeiros da crus,

porque preferimos os "Bolechas" a "Manolito Gafotas", e porque a nosa

vida é máis fácil sen tempos compostos.

En síntese, e para non aburrir ao lector ou lectores, o galego é un idioma

digno do cal nos podemos sentir realmente orgullosos, por iso dende aquí

queremos concienciar á xente de que "malo será" que se nos xuntamos

todos e nos valoramos como galegos que somos, chegaremos a acadar de

novo a época de esplendor da que gozaban os nosos devanceiros onde a

nosa lingua se valoraba moito máis que nos tempos que corren, pleno

século XXI.

Por todos estes motivos só diremos con respecto ao galego:

"Ten as súas razóns o corazón que non entende a razón."

Páxina 30

Page 33: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Vida de aldea María Teresa Dopazo Sotillo, Verónica Méndez BaoSara López Flores, Belén Corral Val (IES “Anxel Fole”)

O pasado 14 de xaneiro entrevistamos

no instituto a un antigo alumno que na

actualidade está levando a cabo un

innovador proxecto.

Este home, Xosé Ramón, despois de

deixar o instituto realizou unha carreira

de enxeñería agrónoma, e traballaba na

explotación de leite que tiña a súa

familia. Pero este traballo non lle

gustaba e tampouco lle vía moito futuro

polos prezos do leite, nese momento, foi

curioso como se lle ocorreu o proxecto

do que nos falou, xa que un día mentres

estaba vendo un documental na

televisión viu como noutras cidades

había hortas para alugar

temporalmente, e de aí xurdiu a súa

idea.

Nun principio pensou que o seu

proxecto non tería éxito, porque en

Galicia hai, a diferenza doutras

comunidades de España, unha gran

actividade rural. Pero logo pensouno

máis, e deuse conta que esta actividade

se concentraba máis ben nas aldeas, e

quizais a xente da cidade necesitaría un

lugar para poder cultivar os seus propios

alimentos ou simplemente para

desconectar un pouco da vida de cidade.

Por iso está levando a cabo este

proxecto no que aluga pequenas

parcelas.

Os seus principais obxectivos son, por

unha parte obter produtos ecolóxicos de

primeira calidade e por outra parte, a

divulgación da forma de vida de aldea

entre a poboación en xeral, e entre

diversos colectivos como xubilados,

escolares, discapacitados...

Pretendese implantar un servizo de

aluguer de terreo en parcelas para

cultivar produtos para o autoconsumo,

estas serían nun principio de 100m2 con

un invernadoiro de 12m2, toma de auga

con mangueira, un armario individual e

con todas as ferramentas necesarias

para traballar a terra. As parcelas están

perfectamente limitadas e contan con

peche individual, tamén se labrarán cun

tractor da explotación cando sexa

necesario.

Estas pequenas parcelas non permiten o

cultivo de produtos que necesitan de

gran cantidade de terreo como é o caso

da pataca, dese modo poderase obter

unha parte de terreo aparte, que estará

dedicado só para ese cultivo, o lado da

plantación dos donos. Tamén se

Páxina 31

Page 34: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

dedicará unha zona do terreo para a

descomposición dos restos que se vaian

xerando.

Unha parcela independente será

cultivada polos donos e servirá como

guía para as persoas que non teñan

coñecementos en horticultura, tamén se

dedicara un local para o fomento da vida

social entre as persoas que teñan

alugada unha parcela, o cal contará con

maquina de café, cheminea, mesas,

cadeiras, aseos... E posto que o que se

intenta e pasalo ben en contacto coa

natureza hai unha carballeira rodeando

as parcelas que estará equipada con

mesas, bancos, grellas...

A agricultura non ten porque estar

ligada a tradición e por iso procurarase

utilizar no proxecto enerxía renovábeis e

utilizar novas tecnoloxías. O proxecto

estará en internet e así cada usuario

poderá informarse do que acontece no

horto, quizais máis adiante colocarase

unha cámara de vídeo en cada parcela o

que lle permitiría a cada usuario vela

desde a súa propia casa. Tamén se as

persoas que arrendan unha parcela non

se poden facer cargo dela, contarán coa

opción de que sexa traballada polos

donos, e incluso lle mandarán os

cultivos ao domicilio do usuario.

Como vimos nesta primeira etapa o

proxecto centrarase na produción

vexetal, pero posiblemente, se o

proxecto ten éxito, no futuro tamén se

dedicará a produción animal, e tamén se

dedicará a produción do monte. Estase a

repoboar con frondosas, principalmente

de castiñeiros micorrizados para a

produción de madeira, cogomelos,

castañas... Así como tamén se plantarán

árbores froiteiras. Todo iso estará o

servizo de todos os usuarios para que

poidan pasalo ben en contacto coa

natureza, xunto con árbores

centenarias.

Contan cun local rehabilitado onde se

farán charlas e cursos sobre os

coñecementos que deben ter todos os

usuarios, así como para colectivos como

escolares ou asociacións que queiran

cultivar unha parcela, para coñecer e

estar en contacto co mundo rural, etc.

Este proxecto conta tamén cunha parte

solidaria, xa que a produción dunha

parcela, que correrá o cargo dos donos e

de todos os usuarios que queiran

colaborar, será destinada a un comedor

social que está próximo.

Para obter máis información sobre este

innovador proxecto, pódese consultar as

páxinas web [email protected] ou

www.vidadealdea.com. Tamén se

poderá ir consultar o proxecto a

dirección San Clodio nº2 27153 Outeiro

de rei (Lugo), preguntando polo dono, o

señor Xosé Ramón Rodríguez Iglesias.

Páxina 32

Page 35: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Adolescentes: vida lixeira? Adriana Anthoska Gómez Mena

Os adolescentes, a partir

dos 13 anos, cambian,

comezan a facer cousas

que non son adecuadas

para a súa idade. Os

motivos deste compor-

tamento poderíamos

buscalos no feito de que

eles ven o que os maiores

fan, e pensan que esta ben

feito.

Por exemplo, moitos deles

póñense a fumar e a beber

alcohol só por ser mellores

ca os seus colegas. Moitos

fano porque os seus

amigos o fan, e iso non se

pode facer. Nunca podes

facer o mesmo ca os teus

amigos, porque iso non te

fai mellor persoa. Hai

moitos rapaces que se fan

pasar polos teus amigos

para danar a túa vida

inculcándoche malos

comportamentos. Só para

que eles pensen

que es guai non

podes facer as

mesmas cousas

que eles, iso

non é de bos

amigos. Por iso

tedes que pensar mellor as

cousas que facedes, porque

vos pode prexudicar a vida

nun futuro.

Outro aspecto no que se

producen cambios é nos

estudos. Respecto aos

estudos, hai que pensar

sempre que non todos os

nosos pais tiveron a

oportunidade e a facilidade

de estudar que temos nós,

que agora contamos con

moitas facilidades para

facer unha carreira

académica. Así que non

podemos desaproveitar esa

oportunidade que nos deu

a vida pero, como digo eu,

sempre hai algún que cae

na tentación de facer as

cousas mal sen pensar nos

seus pais.

Pensade as cousas ben, é

un bo consello para todos

aqueles que queren ter un

bo futuro.

Páxina 33

Page 36: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Google Earth: a capa 3D e Street View Andrés Armesto Cortiña

Probablemente todos coñezades Google Earth, o programa gratuíto de Google no que se recompilan fotografías aéreas nun globo terráqueo, e podemos observar a vista de paxaro case calquer lugar no mundo, co engadido de que é unha visión tridimensional, podemos ver montes, vales, cantís... Esta é a función principal, coa que comezou no 2005 (2004 se contamos coa versión de Keyhole, de pago) pero actualmente dispón de moreas de funcións, dende rueiro con información de case cada tenda ou bar, pasando por información de terremotos, o tempo, mapas antigos, barcos afundidos; ata o mesmo sistema de fotografías aplicado ao ceo, á Lúa ou á Marte. Pero unha das opcións que mais peso ten agora mesmo é a dos edificios 3D.

Como dixen antes, as fotografías están colocadas amoldándose a un terreo en tres dimensións, pero só o terreo, os edificios son una imaxe plana do tellado. Nos EEUU había uns prismas nas grandes cidades coma Nova York, Chicago, etc, que representaban os rañaceos destas cidades. Grises e sen textura.

Pero en 2006 Google mercou a empresa @Last Software, creadora do programa SketchUp, un programa de deseño 3D de

moi fácil uso pero co que se poden facer traballos profesionais. Déronlle aos usuarios o poder de engadir eles mesmos edificios á Google Earth. As cidades comezaron a encherse de modelos en 3D, e cunha nova ferramenta, o Modelador 3D, aínda máis intuitivo e semiautomático, as cidades saturáronse de modelos. Isto en EEUU, claro. Europa e Xapón están seguindo ese camiño, comezando polas capitais, cidades importantes, etc.

Por poñer un exemplo coñecido, concentrareime en Lugo. Ata hai uns meses, non había nada na nosa urbe, pero diversos usuarios (coma un servidor) dedicáronse a facer algún traballo na cidade. Evidentemente, o importante

Páxina 34

modelo 3D da Casa Consitorial de Lugo

Page 37: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

destaca, e os primeiros edificios foron a Águia de Santo Domingo e a Casa Consistorial. Agora só tedes que acercarvos a Lugo no programa para ver que a algúns dos edificios importantes e non tan importantes da cidade están feitos (menos a Muralla, pola súa complexidade). Calquera cun pouco de paciencia e ganas, pode colaborar, só necesita descargar ambos programas da páxina oficial de Google Earth [http://earth.google.es / ] e poñerse ao asunto!

En canto á Street View, é unha serie de fotografías tomadas polas estradas e rúas de milleiros de vilas e cidades dende un automóbil cunha cámara de 360º na baca. Tomando fotos cada pouco, conseguen un efecto de avance polas rúas no que nos podemos mover con total liberdade, facéndonos unha idea do que é. Aínda que a calidade é algo baixa nalgúns sitios, está en constante mellora.

Finalmente, recoméndovos botarlle unha ollada, xa que merece a pena, sobre todo en Lugo, onde, ao contrario que outras cidades, se impuxo a calidade sobre a cantidade.

Moguda Víctor Rodríguez Ferreiro

Moguda é unha das páxinas máis coñecidas a nivel español para que os grupos poidan presentar os seus traballos musicais sen ter que ser editados por ningunha discográfica.Ademais, esta páxina non é só para os cantantes coñecidos, posto que pode subir documentos toda a xente que queira darse a coñecer sen ter que gastar moitos cartos.Non só serve para subir música e que todo o mundo a poida escoitar. Tamén podes anunciar os concertos que vaias facer para que todo o mundo que queira poida irte ver e así poder facerte máis coñecido e, se lle cadra, podes chegar a facerte famoso.Non só se anuncian en Moguda as persoas que non son coñecidas, pois moitos dos grupos que hoxe son coñecidos empezaron por anunciarse nunha paxina do estilo desta.

Páxina 35

vista parcial da Praza de Santo Domingo en Street View

Page 38: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Xeración XD Noemí García Rodríguez

Dixitais, ecoloxistas e familiares, así son os novos adolescentes.

“Estes nenos recibiron unha

educación completamente dixital

e non se imaxinan a súa vida sen

internet, ordenadores ou

teléfonos móbiles, pero tamén

están máis concienciados

socialmente, son ecoloxistas e,

ante todo, posúen profundos

valores familiares. É a Xeración

XD, adolescentes de entre oito e

catorce anos.”

Os pais destes nenos roldan

entre os 35 e os 45 anos, é dicir

os que naceron na década dos 70.

Estes pais xogaron ás canicas,

pero ese xogos quedaron atrás

xa que hoxe en día son moi

poucos os que xogan a iso.

Segundo un estudo realizado por

toda Europa, os nenos

adaptáronse tan ben ás novas

tecnoloxías que non poderían

vivir sen elas.

A xeración XD pensa que a

felicidade, a saúde, un bo traballo

e os amigos son as catro cousas

máis importantes da vida.

Outro estudo afrma que as

profesións que máis atraen aos

adolescentes son: mestre,

médico, veterinario, policía...

-aínda que ser futbolista ocupa o

terceiro posto de preferencias.

Páxina 36

Page 39: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A educación física no instituto Marta Salgado Castelo

Actualmente vivimos nunha sociedade onde os adolescentes teñen hábitos insanos

(fumar, beber alcol, drogas...). Estes hábitos, engadidos ao sedentarismo precoz,

estragan a saúde. A principal causa pola que os adolescentes practican deporte non é

polo pracer que conleva, nin polo feito de ser beneficioso para a súa saúde. Os mozos

e mozas que realizan exercicio físico hoxe en día, fano baseándose na

competitividade e, na maioría dos casos, co obxectivo de ser unha figura nese

deporte e gañar moito diñeiro. Este aspecto vese fomentado frecuentemente por

diversos factores: medios de comunicación, publicidade, opinión dos seus pais e

unha pobre educación deportiva en valores. Os mozos que non destacan na

competición ou que non teñen "grandes cualidades" para o deporte abandonan a

actividade física nos últimos anos de estudos obrigatorios. Nese momento, xa non

teñen clases obrigatorias de

Educación Física e coincide,

ademais, cun aumento deses

hábitos insanos na mocidade.

O problema do tabaco, as drogas

e o alcol nos adolescentes debe

atallarse incluso antes das

primeiras idades desta etapa do

desenvolvemento evolutivo, e sen

dúbida unha das solucións máis

eficaces, é instaurar no

adolescente hábitos saudables como a actividade física, que sirvan de factor protector

a este problema.

A práctica da educación física no instituto e a práctica doutros deportes, aporta

cualidades, tanto físicas como psicolóxicas, da vida futura. En definitiva, a actividade

física e deportiva non é só diversión senón que tamén é saúde.

Páxina 37

Page 40: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Novas do deporte Marta Salgado Castelo

Edurne Pasaban Lizarribar (Tolosa, Guipúscoa, 1 de agosto de 1973) é unha alpinista española que descendeu 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta. É enxeñeira técnica industrial. Na actualidade reside e traballa en Barcelona impartindo conferencias sobre superación persoal en Esade, prepárase para obter o título de adestradora persoal e adestra de forma diaria tres ou catro horas no Centro de Alto Rendimento de Sant Cugat (Barcelona). A súa afección pola montaña comezou desde moi pequena grazas aos seus pais. Aos 14 anos, comezou a escalar en rocha no Club de Montaña de Tolosa e pouco a pouco foise adentrando no mundo do alpinismo facendo ascensións de maior dificultade. Completou a sua xesta en 9 anos, dende a sua primeira ascensión a un oitomil, no Everest o 23 de maio de 2001, á última do Shisha Pangma o 17 de maio de 2010. Edurne é a primeira muller e a vixésima segunda persoa en chegar ao cume dos 14 oitomiles.Edurne Pasaban ascendeu, por esta orde:Everest (2001), Makalu (2002), Cho Oyu (2002), Lhotse (2003), Gasherbrum II (2003), Gasherbrum I (2003), K2 (2004), Nanga Parbat (2005), Broad Peak (2007), Dhaulagiri (2008), Manaslu (2008), Kangchenjunga (2009), Annapurna (2010) e o Shisha Pangma (2010).O 5 de outubro de 2008, despois de chegar ao cume do Manaslu, sumaba o seu undécimo oitomil dos catorce existentes, igualando os que tiñan entón

a austríaca Gerlinde Kaltenbrunner e a italiana Nives Meroi. O 18 de maio de 2009 subiu ao Kangchenjunga con, entre outros, Juanito Oiarzábal e a polaca Kinga Baranowska. Con isto converteuse na primeira muller en ascender 12 "oitomiles". Tres días antes xa ascendera a esta montaña Oh Eun-sun, que entón sumaba 10 "oitomiles". Gerlinde Kaltenbrunner igualou dous días máis tarde a Pasabán ao facer cume no Lhotse. Nives Meroi, que intentaba tamén chegar ao cume no Kangchenjunga e sumar o seu duodécimo oitomil, tivo que renunciar ao amosar o seu esposo, Romano Benet, co que sempre escala, graves problemas físicos. Á vista da súa desvantaxe e das poucas esperanzas da pronta recuperación, declarou no verán de 2009 que non seguiría intentando converterse na primeira muller en ascender os catorce oitomiles.

Páxina 38

Page 41: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A alpinista guipuscoana conta habitualmente entre os seus principais patrocinadores co programa de Televisión Española (TVE) Al filo de lo imposible, que a acompañou nas súas últimas oito ascensións deste tipo. O 17 de abril de 2010 conseguiu conquistar o cume do Annapurna, o seu décimo terceiro oitomil. Edurne xa intentara con anterioridade ascender a este cume en maio de 2007. O 17 de maio de 2010 coroou o Shisha Pangma, no seu quinto intento, completando xa os 14 oitomiles.

Juan Antonio Samaranch

Torelló naceu en Barcelona o 17 de xullo de 1920 e faleceu tamén na súa cidade natal o 21 de Abril de 2010. Compaxinou a práctica de diversos deportes (foi destacado xogador e adestrador de hockey a patíns, boxeador, futbolista...) cos estudos de profesor mercantil e diplomouse posteriormente no Instituto de Estudos Superiores da Empresa. Foi xornalista deportivo, presidente da Federación Española de Patinaxe, xefe da delegación española en varios Xogos Olímpicos e concelleiro de Deportes no Concello de Barcelona,

organizando na devandita cidade os II Xogos do Mediterráneo e posteriormente foi designado Delegado Nacional de Educación Física e Deportes. Foi elixido Presidente do Comité Olímpico Internacional (COI) desde 1980 ata 2001. Samaranch foi o que aplicou a lei antidopaxe e foi un gran personaxe na historia do deporte español.

Marta Domínguez, campioa do mundo dos 3000 metros obstáculos, vén de ser declarada mellor atleta europea de 2009 pola Asociación Continental de Atletismo (AEA). Domínguez, mellor atleta española da historia, conseguiu en Berlín '09 o ansiado ouro que levaba perseguindo toda a súa carreira, despois de ser dúas veces campioa europea e medallista mundial nos 5000 metros.

Páxina 39

Page 42: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

As sete profecías maia Noemí García Rodríguez

PRIMEIRA PROFECÍA:

O 22 decembro de 2012 o Sol recibirá un

raio que iniciará un novo ciclo. Será a fin

do mundo e o inicio dunha nova etapa

de respecto e harmonía.

SEGUNDA PROFECÍA:

A segunda profecía anunciou que, a

partir da eclipse do 11 de agosto de 1999,

as transformacións físicas no Sol

alterarían o comportamento dos homes.

TERCEIRA PROFECÍA:

Aumentará a temperatura, produciranse

desequilibrios climáticos e xeolóxicos. A

falta de sincronía entre o noso

comportamento e a natureza traerá

grandes problemas.

CUARTA PROFECÍA:

Aquí producirase unha ola de calor que

provocará o derretemento dos polos.

Este será o modo no que o planeta se

limpará, pero á vez inundaranse as costas

e miles de persoas enfrontaranse a serios

perigos.

QUINTA PROFECÍA:

Se non sintonizamos o noso

comportamento cos ritmos da natureza,

veremos fallar todos os sistemas sobre

os que está baseada a nosa civilización.

SEXTA PROFECÍA:

A aparición dun cometa que traerá

transformacións físicas bruscas no noso

planeta. Os maias aseguran que existen

altas probabilidades de que o cometa

choque coa Terra. Pero, ao mesmo

tempo, sosteñen que é posible desviar a

súa traxectoria por medios físicos ou

psíquicos.

Páxina 40

Page 43: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

SÉTIMA PROFECÍA:

Na sétima profecía os maias deixáronnos

unha mensaxe de esperanza. Dixeron

que a partir dun esforzo voluntario,

poderemos desenvolver novos sentidos e

integrarnos no funcionamento da

galaxia. Así poderemos reducir os

efectos nocivos anunciados

anteriormente e renacer nunha nova Era,

“a Era da Luz”.

Para os maias, o ciclo actual rematará o

22 de decembro do 2012, debendo a

humanidade escoller entre desaparecer

ou evolucionar cara unha nova era.

Dunha maneira ou outra, sentimos que

estamos comezando a vivir os tempos da

Apocalipse. Debilitamos a capa de

Ozono que nos protexe das radiacións

do Sol. Contaminamos o planeta cos

nosos desfeitos industriais e lixos. A

devastación dos recursos naturais está

acabando coas fontes de auga, co aire

que respiramos, etc. O clima cambiou e

as temperaturas aumentaron; os glaciares

e lugares nevados derreten, grandes

inundacións ocorrerán en todo o mundo.

Estas profecías tal vez nunca sucedan.

Moitos destes mitos foron creados polas

diferentes xeracións e non sempre se

apegan á realidade.

Páxina 41

Page 44: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Que pasará no futuro? Avances Antonino Gugliandolo López

Que nos aportará o futuro? É unha pregunta que moitos adoitan facer... que ocorrerá dentro duns anos?Non nos referimos á vida individual das persoas, senón aos avances cos que contará a sociedade. Hoxe comezamos a desfrutar dunha televisión diferente, dixital, a TDT. Para o 2026 está previsto que os vehículos de fórmula 1 sexan voadores e hai planos para construír unha ponte entre Italia e Sicilia que sería a ponte colgante máis grande do mundo. Por outra banda hai interese en fabricar coches que non afecten tanto ao medio ambiente.Estas son as cousas que poderemos ver no futuro, ou as cousas que desexamos para o futuro, ou o que nos interesa ver no futuro. En todo caso, o que ocorrerá no futuro continuará a ser un misterio, mais o que si é claro é que o futuro pode cambiar en calquer momento. Todos os seres humanos somos donos do noso futuro. Calquer día, a calquer hora pode cambiar o teu futuro. O futuro depende do que facemos no presente.

Teorías da fin do mundo Antonino Gugliandolo López

As teorías da fin do mundo son simples teorías, poderíamos dicir incluso falsas teorías. Unha das teorías da fin do mundo que máis impacto tivo foi a que predicía a fin do mundo para o ano 2000. Dicíase que o mundo remataba a causa da tecnoloxía. Segundo algúns, na festa da fin do ano 1999 e a chegada do 2000, comezaría a caer a bóla do relóxio da Porta do Sol de Madrid, pero no último momento atoaría, todos os ordenadores se volverían tolos e liberarían as bombas atómicas que estaban almacenadas e dispostas para un posible ataque, ocasionando o que se chama un holocausto nuclear. Outros dicían que isto acontecería no ano 2001 e non no 2000.Outras persoas, baseándose en determinados textos bíblicos, predican que o mundo rematará cando ninguén o agarde e no medio dun grande caos. Esta teoría recebe o nome de Harmaguedón, citando a palabra que aparece no libro do Apocalipse 16, 16, e que se refire ao lugar no que os demos reúnen aos gobernantes da terra para opoñerse ás forzas de Deus no combate final. O resultado final do combate será o castigo dos malvados e a recompensa dos bos co paraíso.De todos os xeitos, a teoría que máis medo nos

mete agora mesmo é a suposta predición maia da fin do mundo, da que trata outro artigo desta mesma revista. Segundo esta teoría, o calendario maia prevé que o mundo remate o 31 de decembro de 2012 ás dúas da mañá. Pero neste caso, como nos outros, parécenos que é probable que o calendario fale dun gran cambio, positivo ou negativo, pero non da fin do mundo. Mais é doado malinterpretar datos para construír teorías que metan medo á xente, especialmente agora que se pode facer facilmente a través da rede. As teorías da fin do mundo son simples teorías que non teñen nin pés nin cabeza, pois todas as predicións anteriores non ocorreron. O ser humano tende a pensar que haberá unha fin do mundo, mais ninguén pode predicir o que acontecerá. A fin do mundo que máis nos debe preocupar é a que estamos ocasionando nós mesmos ao destruír o planeta no que vivimos, polo que non creo que precisemos calquer teoría da fin do mundo, a realidade abonda. Como dixemos xa, as teorías da fin do mundo son inventos da xente para asustar a outros, mais ningunha das predicións publicadas ata agora é certa.

Páxina 42

Page 45: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A lenda da pisada de Roldán Francisco Xabier Souto Ares

Para coñecer esta maravillosa lenda sobre o tan mitificado cabaleiro de Carlomagno, Roldán, témonos que situar na parroquia de Cambás (Concello de Aranga, A Coruña), na zona localizada entre a ermida e o cruceiro de San Vitorio e as Medoñas do Galiñeiro, que non son outra cousa que mámoas megalíticas.A presencia da ermida e do cruceiro atopa doada explicación no proceso de despaganización que levou a cabo a Igrexa durante a Idade Media. Ao existiren nese lugar enterramentos ou lugares de culto pagáns, para "tapar" estas reminiscencias da relixión anterior, construíronse a ermida e o cruceiro, a modo de exorcismo.Pois ben, segundo a lenda que aínda circula por estas terras, Roldán viña perseguindo dúas mouras que eran irmás, sen conseguir alcanzalas. Ao baixar do cabalo, botoulles unha maldición e quedaron transformadas en rochas, mentres que a pisada do cabaleiro quedaba impresa na pedra. Ata hai pouco podíanse contemplar as dúas mouras, petrificadas no lugar coñecido como Penas de Entrámbalas Irmás. Un desgraciado accidente rematou cunha das penas. Os veciños aseguran que eran idénticas. Conta tamén a lenda que as mámoas, que están furadas por dentro, non son máis que as pisadas dos cascos do cabalo, e que, dende San Vitorio, Roldán deu un salto tan grande que chegou á Pena Ferreira. Polas dimensións da "pegada" e da considerable distancia que separa a Pisada de Roldán da Pena Ferreira, podemos supor que, na imaxinación popular, este personaxe estaba representado por un xigante. A Pisada de Roldán, que en realidade debeu ser orixinada pola erosión, pódese ver hoxe en día, xunto á ermida de San Vitorio. En canto ás Medoñas do galiñeiro, a continuación desvelaremos os segredos que encerra esta singular cadea de túmulos, que non son, en absoluto, pegadas de ningún cabalo nin besta, por moi grandes que estes puideran ser.

Mámoas Francisco Xabier Souto Ares

No artigo anterior fixemos referencia a este tipo de enterramento megalítico, e neste outro veremos máis a fondo a súa relación coa Serra das Medoñas do Galiñeiro, antes citada.As Medoñas do Galiñeiro son en realidade mámoas, que foron profanadas pola acción humana no século XIX, utilizando a súa estrutura para a construción de trampas para lobos.Visto o anterior, podemos dicir que os monumentos funerarios de carácter megalítico son estruturas complexas, compostas por un túmulo ou mámoa, de terra e pedras, recuberta ou non, por unha coiraza pétrea, formada por pedras perfectamente ensambladas entre si. Os túmulos presentan un diámetro variable que oscila entre os 10 e os 40 metros e unha altura que, na maioría dos casos, non

Páxina 43

Page 46: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

excede dos 4 metros. Son estruturas concibidas para sobresaír na paisaxe e para humanizala.No interior dos túmulos, pode existir unha cámara funeraria, arca ou dolmen, composta por grandes pedras ou ortostatos que era utilizado como espazo de inhumación. Esta cámara presenta unha forma circular ou poligonal, cuberta ou non por varias pedras de gran tamaño que, a xeito de tapa, selan o espazo funerario. No seu interior, ademais de importantes enxovais compostos por cerámica e útiles de pedra, descubríronse restos de pintura e gravados de traza serpentiforme, dos que se descoñece a súa función, aínda que, sen lugar a dúbidas, están relacionados co ritual funerario. Algunhas cámaras posúen un corredor de acceso, que representa un tránsito non só físico, senón tamén

simbólico cara ao mundo dos mortos. A cámara e o corredor están orientados cara ao nacente, e nalgunhas escavacións arqueolóxicas atopáronse ronseis de pedra con trazos antropomorfos dispostos fronte ao corredor. A xente que durante séculos construíu estruturas deste tipo buscaba, sen dúbida, que a tumba sobresaíse da paisaxe. Estaba destinada e deseñada para ser vista dende lonxe, como un símbolo da comunidade de mortos e sinal da comunidade de vivos, como un posible indicador territorial.

Cruceiros Francisco Xabier Souto Ares

“Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo”

Afonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950)

O cruceiro é, probablemente, unha das construcións que mellor se identifican coa realidade histórica galega, xunto co hórreo e o peto de ánimas. Os cruceiros, cruces de pedra de tamaño considerable que se erguían (ou continúan erguéndose) maxestosamente en camiños, adros de igrexas e encrucilladas, tiveron sempre unha función na sociedade, aínda que esta función foi cambiando e evolucionando co paso dos séculos. Nun principio, parece ser que se utilizaron para facilitar o proceso de cristianización, sobre todo, en lugares onde existía un forte arraigamento á cultura pagá (principalmente pedras ou penedos de significación pagá, coma a do Pendón, preto de Castro Caldelas, ou o no caso do cruceiro de

Presqueira, sobre un petroglifo) . Posteriormente, adquiriron tamén unha función orientadora (situábanse nos camiños e encrucilladas) e por outra banda, unha función purgativa, tras o Concilio de Trento (1545-1563) e a Contrarreforma, que recoñecían a existencia do Purgatorio. Así pois, a xente pagaba a construción dos cruceiros como medio para conseguir a súa salvación na outra vida ou para a salvación dos seus seres queridos, xa que incorrían nun sacrificio (neste caso económico) por un monumento adicado a Deus.

Páxina 44

Page 47: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Era unha maneira de pedir perdón a Deus polos pecados cometidos. Os cruceiros, tal como son hoxe en día, teñen a súa orixe na época gótica, e máis concretamente, entre os séculos XIV e XVI. Como case tódalas mostras de arte, os cruceiros adquiriron maior sinxeleza durante o Renacemento e foron recargados ornamentalmente e con maior intensidade dramática no barroco. É posible, tal como explica Castelao nos seus ensaios sobre este tema (As cruces de pedra na Bretaña -1930- e As cruces de pedra na Galiza -1950-), que foran na súa orixe, simples cruces de pedra, que se podían transportar con facilidade dun sitio a outro, ata que se establecían nun lugar determinado (sobre todo onde había persistencia de culturas pagás anteriores, como xa dixemos). As cruces de pedra sen evolucionar (sen ornamentos, sen fuste ou sen capitel) son máis escasas, mentres que os cruceiros pódense atopar en case calquera lugar do territorio galego, e adoitan estar integrados polas seguintes pezas de cantería: Plataforma ou base : Adoita estar composta por tres gradas de forma cuadrangular, e nalgúns casos triangular, octogonal ou circular. Esta peza é a que sostén o cruceiro e o mantén en equilibrio. Normalmente está adaptada á pendente do terreo onde se sitúa (é dicir, para que o cruceiro non estea torto). Pedestal : Peza cúbica de arestas biseladas. Poden ter inscricións que indican o nome do que os encargou e/ou a data na que se construíron. Fuste ou varal. Columna de sección cuadrangular, octogonal ou circular. A súa superficie pode ser lisa ou estriada e adoita estar decorada con elementos relativos ao pecado orixinal (caveira, serpe...) ou á paixón de Cristo (tenaces, martelo...). Tamén pode levar "santiños", figuras de santos, patróns da parroquia en cuestión ou de devoción maioritaria na súa zona. Capitel Case sempre ten a feitura, inversa e loxicamente máis pequena da base, aínda que máis estilizado. Pode ter relevos con motivos florais (follas e flores), relixiosos (anxos e santos) ou necrolóxicos (caveiras). Pode tratarse tamén dunha figura esférica ou orbe, que simboliza o Mundo. Cruz Pode ser latina, grega, bifurcada, lisonada, etc. Nela distínguense dúas caras: a anterior e a posterior. Na anterior, orientada ao camiño principal,

adoita estar representado Cristo crucificado, só ou con figuras que o acompañan, como poden ser San Xoán e a virxe María. Na posterior, a Virxe ou algún santo. A súa sección pode ser cuadrangular, octogonal ou circular. Pousadoiro Só aparece en cruceiros situados nos camiños de acceso a igrexas e cemiterios (San Cristovo de Muniferral, por exemplo). Trátase dunha mesa de pedra, xeralmente cadrada, situada sobre a base do cruceiro (sobre un dos seus lados) e era utilizada para pousalo cadaleito e rezalos responsos ao morto, nos enterros.

Así mesmo, as figuras representadas poden ser: Xesus Cristo crucificado: con pequenas variacións dun cruceiro a outro (detallismo, posicionamento, etc.). No de Melide, o máis antigo de Galiza de entre os que aínda se conservan, pódese observar un cristo sedente coas mans abertas por un lado, e polo outro un cristo crucificado. A Virxe María no reverso ou aos pés da cruz. A tipoloxía das figuras marianas no cruceiro é moi variada. Cabe destacar os seguintes tipos de virxes:

Páxina 45

Page 48: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Nai, co neno no colo; Virxe do Leite, dándolle de mamar ao neno; Virxe do Socorro, co neno no colo e golpeando ao demo, aos seus pés; Virxe da Soidade, cos dedos cruzados sobre o peito; Virxe Dolorosa, cun ou incluso sete puñais atravesándolle o corazón; Inmaculada Concepción, en posición orante, sobre anxos; Peregrina, ataviada co traxe tradicional dos peregrinos (sombreiro, capa, bastón, cabazo e cunchas de vieira) e Virxe do Carme, co neno no colo, e o Escapulario Carmelita colgando das mans do neno.

O Espírito Santo representado en forma de pomba. Imaxes coma esta podémolas atopar no cruceiro de Vilalonga (Sanxenxo), por exemplo. Anxos: son frecuentes as cabezas de anxos, arcanxos e querubíns aos pés da Virxe ou

nas catro esquinas do capitel. Máis raros son os anxos de corpo enteiro, e entre estes merece ser mencionado o do cruceiro da Ascensión, en Entenza (Salceda de Caselas), representado fronte a Xesús co cáliz nas mans para recoller o seu sangue. O Demo adoita estar representado en forma de serpe ou de píntega, que pode estar aos pés da virxe, enrolada arredor do capitel... Unha excepción, na que o demo aparece como un monstro antropomorfo é o calvario de Bueu, no que o demo aparece no capitel do ladrón malo, Xestas, con xesto burlesco e botando a lingua. A Morte simbolizada xeralmente coa caveira e as tibias cruzadas. Adán e Eva atópanse normalmente na metade do fuste e están representados no momento da tentación ou ben no da expulsión do Paraíso, xunto co anxo da espada ardente. Santos e santas É frecuente a figura de San Xoán, axeonllado aos pés da cruz, xunto á virxe (cruceiro do Home Santo, en Santiago de Compostela, por exemplo). Outros santos recorrentes son San Francisco (Pontevedra), San Pedro, Santiago, Santa Lucía, San Xoán Bautista, San Dimas (o bo ladrón do calvario de Bueu), San Cristovo (co neno ás costas sostendo o globo do mundo e o caxato na man, en Muniferral), Santo Agostiño e moitos outros que

farían demasiado longa a enumeración. Garda Civil só hai un. Está sobre un pedestal da parede dunha casa próxima ao cruceiro de Mourente, vixiándoo, cun fusil na man. O doador do cruceiro de Fervenzas (Aranga), que aparece axeonllado entre San Xoán e a Virxe. Outras figuras coma as alegóricas das esquinas do pedestal do cruceiro de Santiago de Covelo, que simbolizan a Xustiza, as Artes, a Industria e a Agricultura. Ferramentas da Paixón lenda do INRI, martelo, cravos, tenaces, coroa de espiñas, escada (por exemplo no cruceiro de Hío), etc.

Entre os escultores de cruceiros de máis sona figuran homes como Xosé Cerviño García (1843-1922), autor do Cruceiro de Hío, entre outros. Este canteiro, tamén coñecido como Mestre Cerviño ou Pepe da Pena foi considerado un dos mellores escultores de cruceiros de tódolos tempos, dende os rena-centistas como Xoán de Santiago ou Xoán de Bouzas e os contemporáneos como Antón Faílde (1907-1979) ou Fran-cisco Asorey (1889-1961), autor do coñecido monumento a San Francisco fronte á igrexa do mesmo nome, en Com-postela, que tamén ten forma de cruceiro. Hoxe en día os cruceiros son considerados máis ben como un elemento decorativo, presente nos xardíns de moitas casas rurais, sen embargo, continúan facendo referencia á forma de pensar, á fé e ás experiencias e criaturas sobrenaturais tan características do noso pobo dende sempre.

Páxina 46

Page 49: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A promesa Iria Buide Pena

Eran as oito e media da mañá daquel nove de xullo e Sabela recén cumprira os

dezaoito anos. Non quería espertar a ninguén, pero debía advertilos, debía

avisalos. Colleu unha folla de papel e escribiu nela:

“Mamá, marcho xa. Non podes impedirmo. Voltarei cando estea preparada. Sabes

que é polo meu ben. Non te enfades. Non me chames, vouno facer. Botareivos de

menos. Sabela”

E sen volver a vista atrás, cargando só cunha pesada mochila e a esperanza de

encontrar a paz que poucos meses atrás perdera, abandonou a casa na que

crecera. Non era unha viaxe sinxela a que acababa de emprender, e menos para

ela, que ía acompañada por unha profunda tristeza que convertía nun pesadelo

cada paso que daba, pero ben sabía que esa viaxe non era un sacrificio, senón

unha promesa. Adicou todo o camiño daquel día a pensar en calquera cousa que a

puidese apartar dos recordos que se afundían nela como afiados coitelos, coma

chagas na súa pel. Pasou a noite nun albergue na metade do camiño e non puido

evitar a profunda agonía que a invadiu ao ver a un grupo de rapaces rindo felices

ao redor dunha mesa. Noite de bágoas outra vez para Sabela.

O segundo día de viaxe, na soidade, non puido evitar o recordo daquela conversa.

O ceo estaba nubrado esa mañá e o día que tiña en mente, tamén.

-É o meu soño, sempre foi. Sei que non é a moda xa, pero cando era pequena,

antes do falecemento da miña avoa, planeámolo xuntas moitas veces – dixo

Míriam, era o seu primeiro ano de instituto, o mestre sentaraas xuntas para facer

un traballo e diso falaban nese momento.- A avoa prometeume que en canto

cumprira os dezaoito iría a facelo con ela.

-Cando cumpres os dezaoito?

-O nove de xullo de 2010

-Coma min!

-Vaia casualidade! Poderiámolo facer xuntas... Se queres.

-Claro que quero!

Páxina 47

Page 50: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Non puido avanzar máis, as bágoas inundárona mentres caía ao chan. Un xemido

saíu da súa gorxa.

Co paso do tempo, Míriam convertérase na súa mellor amiga, Sabela estivo ao seu

carón cando esta se namorou de Álvaro, apoiounos sen ter en conta a diferenza de

idade, sabía que se amaban... Como se arrepentía, todo fora culpa súa! Un día os

pais de Míriam chamaron a Sabela no medio da noite, o automóbil no que esta e

Álvaro viaxaban estrelárase. Álvaro estaba morto e Míriam operada de urxencia.

Por desgraza, nada puideron facer por ela e ás poucas horas falecía. Sabela nunca

deixou de culparse.

Pasou a noite alí tirada, chorando. Pero os milagres existen e pouco antes de

amencer un ruído espertou a Sabela. Non podía crer o que vía: unha moza morena

de ollos verdes estaba ao seu carón.

-Non foi culpa túa, foi un

accidente, non foi culpa túa...

-Míriam...

-Non foi culpa túa, non te

atormentes, por favor...

-Pero foi pola miña culpa.

-Non, e non volvas a repetilo.

-Bótote de menos...

-Sempre estou contigo, aínda que

non me vexas, prometincho.

Durme un pouco máis! E grazas por

cumprir a túa promesa.

Varias horas despois, Sabela continuaba o camiño e chegou ao seu destino. O sol

resplandecía no ceo e no seu corazón, sentía a alegría do espírito da súa amiga.

Sorriu sinceramente e por primeira vez, xa que, como oíra, esa viaxe lle aportara

un sentido á súa vida. Sabela, con dezaoito anos e moitas ganas de continuar a súa

vida e apartar a tristeza, rematara o Camiño de Santiago.

Páxina 48

Page 51: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Cando quero... Noelia Méndez Fernández

Cando quero falar, teño que estar en silencio.

Cando quero ver, tápanme os ollos.

Cando quero saltar, teño que estar quieta.

Cando quero chorar, tócame ser a dura.

Cando quero rir, hei de estar seria.

Cando quero coñecer, cérranse en banda.

Cando quero preguntar, ninguén contesta.

Cando non quero contestar, todos me preguntan.

Cando quero ser boa, esixen que me rebele.

Cando quero ser mala, xa fun moitas veces.

Cando quero correr, páranme os pes.

Cando quero voar, córtanme as alas.

Cando teño algo interesante que dicir, ninguén escoita.

Cando quero soñar, pídenme que sexa realista.

Cando teño ilusións, arráncanmas de súpeto.

Cando quero xogar, dinme que xa son maior.

Cando actúo como unha adulta, pregúntanme si xogo con eles.

Cando necesito axuda, todos se dan a volta.

Cando quero axudar, simplemente, non me deixan.

Cando dou a man, cóllenme o brazo.

E cando me fan dano… claro, a min nunca me fan dano.

Páxina 49

Page 52: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Excursión a París Alicia López Varela, Vanesa Fernández RodríguezSabela Thais Sanjurjo Varela, María García Ferreiro

A ansiada viaxe que levabamos agardando as alumnas de Francés de 1º de Bacharelato case desde comezos de curso, empredíamola o venres 19 de marzo ás 8 da mañá. Partimos do I.E.S Lucus Augusti, e pasamos no bus practicamente todo o día, aínda que fixemos algunha que outra parada para estirar as pernas, tomar algo, ir ao baño, etc. Esa mesma noite paramos a durmir no Hotel Étap Libourne en Bordeos, onde coñecemos a Fito (do grupo Fito e Fitipaldis), mais en versión francesa.Ao día seguinte, saímos de Bordeos en dirección a Versalles, para visitar o coñecidísimo Palacio de Versalles e os seus xardíns, onde puidemos descansar, tomar fotos,... Todos quedamos sorprendidos coa inmensidade e o luxo deste lugar. Á saída, apareceron os vendedores de souvenirs, que nos facían moita graza porque non paraban de dicirnos que eramos todas moi "chulis-chulis", que quere dicir "guapas". Dende ese intre, a palabra máis escoitada na excursión foi "chuli-chuli".

Pola tarde, chegamos por fin a París, e aínda que estaba programado ir ó Quartier Latin (Barrio Latino), o cansazo puido connosco e preferimos quedar xa no hotel, o Étap París Porte de Bercy.

O domingo visitamos o París medieval; primeiro fomos á Saint Chapelle, da que destacan as súas impresionantes vidreiras; despois vimos o Hôtel de Ville (Concello); o Phanteón, encabezado pola frase "Aux grands hommes la patrie reconnaissante" (que significa Aos grandes homes a patria recoñece), onde ademais de ver esculturas conmemorativas da guerra e demais, estaban soterradas personaxes tan célebres como Antoine de Saint-Exupéry, Victor Hugo, Voltaire,... Finalmente dirixímonos á catedral de Notre Dame, pasando pola Sorbonne (a universidade), e a praza Saint Michel. Ao rematar este percorrido, tivemos tempo libre para xantar e mercar agasallos.

O noso próximo destino era a Torre Eiffel, que a pesar de ter que agardar unha longuísima cola, mereceu a pena, xa que puidemos vela de día e de noite. Ésta ofrecía unhas vistas espectaculares de todo París, incluído o Sena, por onde máis tarde fariamos un cruceiro. O feito de que

Páxina 50

Page 53: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

fose xa de noite, fíxoo máis fermoso, xa que toda a cidade estaba iluminada e isto dáballe un toque moi romántico. Despois disto, voltamos ao hotel, onde non se podía parar por mor da insoportable calor, e aínda por riba as fiestras non se podían abrir.

No plan para o día seguinte, estaba incluída a visita ao Museo do Louvre, e malia ter toda a mañá para facelo, non nos deu tempo a percorrelo enteiro. Unha das cousas que máis nos sorprendeu á maioría foi a "Gioconda", xa que resultou ser un pequeno cadro, e non o que esperabamos. Pola tarde, partimos cara ao París medieval, visitando a Place de la Concorde (onde se atopa o obelisco), a igrexa da Madeleinne, a ópera, as Galeries LaFayette,... Por último, dirixímonos cara os Champs Elysées (Campos Elíseos) para visitar o Ard du Triomphe (Arco do Trunfo); ceamos na zona, e regresamos ao hotel. Cando chegamos, atopámonos con outra excursión na nosa planta, e casualmente eran madrileños, polo que comezamos a falar con eles e pronto fixemos boas migas.

O martes visitamos o Museo de Orsay, e aínda que tiñamos a reserva feita, houbo unha confusión e tivemos que agardar unha longa cola para entrar. Esa tarde camiñamos ata o Barrio Xudeu, e a continuación ao Centro Pompidou e Les Halles. Xa cando estaba anoitecendo, dirixímonos a Montmartre, un barrio ateigado de cabarets (entre os que salientaba o famoso Moulin Rouge), e alí visitamos a Sacré-Coeur, unha basílica realmente fermosa. Ceamos na zona e logo voltamos ao hotel.

O seguinte día era o máis esperado por moitos de nós: a visita a Disneyland Resort París. Estivemos alí dende as 10 da mañá ata as 7 da tarde, e durante ese tempo montamos nunha morea de atraccións, sacamos fotos coas personaxes de Disney, vimos o show de Mickey e varios desfiles, e tamén tivemos a oportunidade de mercar agasallos e recordos, xa que o parque estaba cheo de tendas e restaurantes temáticos. Para cear, fomos ao Barrio Latino.

O xoves 25 foi o último día en París. Pola mañá, fixemos as maletas e as cargamos no autobús. A continuación dirixímonos á estación de metro para facer un percorrido ata a Défense, un barrio moi futurista, onde puidemos admirar os modernísimos edificios e facer algunhas compras nun centro comercial. Aproveitamos ata o último momento, xa que era a

Páxina 51

Page 54: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

nosa derradeira visita na cidade, e tiñamos por diante un día enteiro en autocar para voltar a Lugo. Polo camiño, fixemos dúas paradas para ver os castelos de Chambord e Chenonceaux; deste último podemos salientar o feito de que estaba construído sobre un río (accedíase a el a través dunha ponte de pedra), e que todos os mobles, cadros, e demais, estaban conservados en perfectas condicións. Cando rematamos estas visitas, voltamos ao bus e puxémonos rumbo a Lugo.

O día seguinte, ás 7 da mañá, paramos en Vega de Valcárcel para almorzar e, sobre as 10, chegamos á nosa cidade. Malia que o pasamos moi ben na excursión, xa tiñamos ganas de chegar aos nosos fogares, porque estabamos todos esgotados de tanto camiñar polas rúas de París e de pasar tanto tempo no autocar.

A parte de facer moitas amizades, coñecemos un montón de sitios importantes, e todos quedamos abraiados coa fermosura e grandiosidade da capital francesa. Sen dúbida algunha, París quedará na nosa lembranza para sempre.

Páxina 52

Page 55: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

A vida antes dos dinosauros Jonathan Lopes Expósito

Hai 4500 millóns de anos, a Terra era unha bola tóxica. Un asteroide, Cea, chocou contra a Terra. Un pequeno fragmento de Cea converteuse na Lúa.Hai 530 millóns de anos, nada tiña posto ainda o pé na Terra, pero no mar era diferente, xa que existían certas especies de medusas. En todo este tempo, surxiron os primeiros depredadores cunha gran forza e axilidade. O primeiro vertebrado era do tamaño dun dedo gordo e non tiña unha cola "normal". Era interna, situada no lombo. Comían carne. Co paso do tempo, medran e comezan a ter cola e cabeza pero non poden nadar en moito tempo.Despois de 100 millóns de anos, segue a guerra pola supervivencia e surxen os Brontoscorpios. Miden 1m, teñen bronquios cos que poden respirar. É

necesario para que o osíxeno corra polo seu sangue. Andan pola costa para alimentarse dos artrópodos. Había outra especie que comía aos que eran antes os seus inimigos, os Brontoscorpios.Nos últimos 50 millóns de anos, as flores medran e convértense en árbores proporcionando máis osíxeno á Terra.Hai 30 millóns de anos, parte da Terra está cuberta de bosques e pantanos. Nacen os novos artrópodos, que teñen o tamaño dunha cabeza humana. A humidade da Terra aumenta o crecemento das plantas. O aumento da cantidade de auga fai que aumente tamén o número de anfibios.Co tempo, os pequenos artrópodos medran e, sen a protección da súa coiraza, convértense en monstruosos réptiles.

Crocodilos nas Pontes? Francisco Xabier Souto Ares

Parece ser que na época oligocena, a zona das Pontes, que estaba constituída por lagoas e pantanos pouco fondos, foi poboada por réptiles moi semellantes aos actuais crocodilos. Nas últimas escavacións que se fixeron na bisbarra do Eume, apareceron, preto das Pontes, unha serie de vestixios naturais de épocas moi remotas, entre os que se atopa un cranio dun crocodilo pigmeo, de pouco máis dun metro de lonxitude (o crocodilo completo, non o cranio), que viviu hai arredor de 28 millóns de anos. Nos anos oitenta, xa se descubrira na mesma zona a mandíbula doutro crocodilo da mesma idade, aproximadamente. Ademais do crocodilo tamén se atoparon rás e caracois, cuxo tamaño é semellante ao dos actuais.Nestes xacementos, apareceu igualmente o toro dunha árbore

descoñecida, duns tres metros e medio de lonxitude, sesenta centímetros de diámetro, e un peso de... 1500 kg! A idade deste resto é duns 24 millóns de anos. Da mesma época son unhas pinaretas, que se atopan en perfecto

estado de conservación, aínda que un pouco aplanadas polo peso da terra que tiveron enriba durante máis de 20 millóns de anos.Existen tamén indicios da existencia de hipopótamos na zona, ainda que isto

último está por demostrar.Quizais Miro Pereira non estivese tan enganado cando, antes de saír de caza, dicía aquilo de: "Non vou deixar un só rinoceronte en toda Galicia". Posiblemente só se trabucara de período xeolóxico...

Páxina 53

Page 56: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Videoxogos Antonino Gugliandolo López

Os videoxogos son un gran

entretemento para os rapaces ou

so é unha maneira tonta de gastar

os cartos e, ao final, acabarte

aburrindo deles?

Realmente a cousa non está clara

e hai moitas opinións contrarias

sobre a cuestión. E iso non é todo,

hai persoas que cren que viven nun

videoxogo e acaban sen poder saír

del e sen parar de xogar en todo o

día. A xente comete asasinatos por

culpa dos videoxogos como o que

ocorreu en Estados Unidos, que

por culpa dun videoxogo chamado

DOOM uns rapaces mataron a

profesores e alumnos. Un dos

autores dixo que os mataran

porque quixeran.

Non obstante, os videoxogos

tamén son bos porque axudan a

aprender e a ter máis intelixencia

para pensar que é só un

videoxogo, non a realidade.

Hoxe en día existe un sistema de

recomendación chamado PEGI que

indica a idade recomendada para

xogar a cada un dos xogos. Con

todo, ocorre que en moitas tendas

non lles prestan atención e venden

os videoxogos a calquer persoa,

teña a idade ou non.

Nós non temos solucións, pero

quizá cada un deba reflexionar

sobre o uso que fai destes xogos.

Páxina 54

Entretemento ou negocio?Debemos reflexionar sobre

o uso que facemos deles

Page 57: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

O día 18 de novembro, Mónica, unha voluntaria de COGAMI cun problema medular, visitou o noso centro. Despois da charla, algunhas das alumnas escribiron para Á sombra da muralla as súas impresións.

Enfermidades medulares Marta Lamela MartínInês Maria Estebainha Magalhães Pereira Favas

Para vir ao Xoán Montes, Mónica veu no seu coche, e fíxoo perfectamente. Viña en cadeira de rodas, máis a pesar de todo, manexábase moi ben polo instituto. Non puido entrar pola entrada principal, senón que o fixo pola entrada oeste.Chegou á nosa clase e comezou a charla. Non a acabamos alí, tivemos que baixar ao desdobre un. Como era de saber, baixou no ascensor.

Chegamos alí e proxectou unhas imaxes para que vísemos como son os problemas medulares e como se poden previr. Tamén nos dixo que a maior parte dos accidentes son provocados por:

• accidentes de tráfico• laborais• accidentes no mar, piscinas, ...

E a maior parte deles nos homes, aínda que os accidentes das mulleres son cada vez máis frecuentes. Destes accidentes, só o 6% recuperan a mobilidade e quedan sen secuelas.

Para evitar todo isto:• non debedes beber alcohol e logo conducir• debes levar casco cando vas na moto• tampouco debes tomar drogas e logo conducir

Aprendemos moitas cousas, pero sempre é mellor previr que curar.

Discapacidade e barreiras Lesly Escarlett Marcelino MonteroMaría Pereira Blanco, Yeimy Viviana Burgos Mancilla

Mónica falou do que era a paraplexia e a

tetraplexía, ademais de explicar as

barreiras que estas persoas poden atopar

na cidade.

Hai veces que a paraplexia e a tetraplexía

non se poden evitar, debido a que somos

vítimas dunha imprudencia, pero a

Páxina 55

Page 58: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

maioría das veces poden ser evitadas,

como por exemplo non bebendo nin

tomando drogas antes de subir a un

coche, xa que pode ter graves

consecuencias que nos poden prexudicar

á propia persoa e a outras persoas.

Esta charla causou unha grande

impresión ao alumnado. Decatáronse das

dificultades que unha cidade ten para

estas persoas, por exemplo: escaleiras

nalgúns centros, ramplas moi

inclinadas, ...

En resume, moitos obstáculos para

desprazarse nunha cidade que non está

habilitada para estas persoas.

SE HAI TRABALLO PARA AXUDAR

A DISCAPACITADOS, OFRÉCETE,

NON O PENSES MÁIS!

Invasión no Gustavo Freire María Pereira BlancoLesley Escarlett Marcelino Montero

O día 27 de abril, os alumnos de 1º e 2º da ESO, disfrutaron da película "PEQUENOS INVASORES" no Gustavo Freire.A película trata dunha familia que vai a unha pequena casa alugada cerca dun lago. Todo parecía normal pero o día da súa chegada os adolescentes da casa descubriron uns pequenos invasores. Pero, entre todos e organizándose puideron salvar o mundo.A película creou unha opinión positiva nos alumnos, xa que ademais de transmitir unha ensinanza: que se traballan en equipo poden conseguir o que sexa; poucos puideron aguantar unha gargallada.

Opinións:"Para nós a película foi a mellor deste curso. Foi divertida, con moita acción. Encantounos ir vela." (Marta Lamela e Inês Maria Estebainha)"Esta película trata de dicirnos que ser un listillo non é malo." (Carlos Canto e Yeray Rego)"Aprender a axudarnos e estar sempre unidos pode ser a finalidade desta película" (Yésica Fernández e Claudia Edrosa)

Páxina 56

Page 59: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

O fútbol Laura Román Reigosa

Un deporte? Unha paixón? Un sentimento? Unha afección? É moi difícil definir o fútbol cunha soa palabra, porque cando ves este deporte mundialmente famoso, xorden sentimentos de emoción e alegría, mentres que á súa vez vaste afeccionando ata tal punto que se converte nunha paixón. Hai xente que di que o fútbol só son once persoas correndo detrás dun balón, non saben o que é o fútbol, porque non o ven, non o senten. Pero, coma todo, o fútbol ten a súa cara e a súa cruz.

As cruces deste deporte mundial son moitas, para empezar están eses afeccionados tolos aos que non se lles pode chamar nin aficionados, chamémoslles ‘hinchas’, esas persoas, que mentres estás disfrutando do teu partido no estadio, nun bar, ou o estás celebrando por todo o alto cos teus amigos, pois veñen eses indesexables e amólante. Insultan ao teu equipo, fan comentarios moi desagradables e vanse da lingua, o que fai que os verdadeiros afeccionados doutros equipos se enfaden (e con razón) e llelas devolvan, pero iso NON! Así, o fútbol non é fútbol, e só se queda nun deporte para animais, estropeando esa esencia que ten o fútbol. E ademais, ningún equipo merece ser insultado por moi malo ou bon que sexa, se es dun equipo céntraste no teu equipo e deixas aos demais.Ben, por outra parte, está a prensa. Tanto a prensa deportiva escrita como a televisiva, fan un traballo inútil, é dicir, non fan outra cousa que meter presión. Cando un equipo gaña ponse da súa parte, cando un xogador ou o equipo fan mal algunha cousa, alí están eles, a condenada prensa, para mirar todos o detalles do suceso con lupa, e recórdancho toda a vida. E isto que fai? Que os xogadores e os clubs se sintan presionados, agobiados e perseguidos. Só lles pediría que a información que dan fose máis veraz á vez que apaixonante.

Pero deixemos a un lado as partes negativas do fútbol e vaiamos ao que realmente importa, o positivo! Ben, entre as caras do fútbol, cabe destacar que é unha das mellores terapias que pode existir, porque durante os noventa minutos que dura o partido esquéceste de todo e céntraste no xogo, en cada pase, en cada falta, en cada movemento, en cada xogador, e sobre todo, en cada gol!Tamén che fai saltar, berrar, enfadarte, emocionarte…faiche sentir de todo. E se xa crees que o partido foi emocionante, o que sentes cando o teu equipo marca un gol… iso si que é emocionante, porque non hai palabras para describilo, saltas, riste, berras… pero por enriba de todo isto, sénteste orgulloso/a de ser do equipo que es.Porque os fins de semana quédaste na casa só ou cos amigos/as vendo o partido e o mellor é velo no estadio, ¡en vivo e en directo! E cando remata o partido, gañe ou perda o teu equipo, podes ir coa cabeza ben alta, porque o pasaches xenial! Que perdeu o teu equipo, pois outra vez será, que gañou, pois mira que ben.

Con isto xa remato, e quero concluir dicindo que ver o fútbol vale a pena, e sentilo aínda mas; e por favor, non estragalo con xente como os hinchas ou inventando historias como a prensa.

Páxina 57

Page 60: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Olvídate de min Adriana Cano Vila

Olvídate de min cando todo rematepero agora só quéreme, só bícame

Pensa en ti, en min, en nósnon discutamos e vivamos o noso amor

Dáme longas noites de paixóne dozura ó amencerSé a primavera do meu serque eu serei a túa belida flor

Lembro o día no que te coñecínO tempo deteuse cando te vinNon creo no amor a primeira vista,Pero algo similar sentín

Ti sorriches,E eu tan tonta non souben que facerPensei, que importa, quizais non o volva a ver.

Cando todo remate?Non me importa,Se algo sei é que a vida e curtaQue o tempo non agardaE os momentos felices pouco duran

Cando todo remate?Non sei, haberá bágoasÉpocas de espesa néboaSentirei nostalxia

Estrañarei os teus beizos suavesOs reproches voltaranse na nosa contraOlvidaremos os momentos agradablesE pecharemos definitivamente a porta

Pasarei no meu cuarto noites sen finOllarei a nosa fotoE lembrareime do momento no que te coñecínUnha cristalina gota mollará o meu rostroPor que estarei pensando en ti.

Páxina 58

Page 61: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Pasatempos Noemí García Rodríguez

Atopa os meses do ano nos diferentes idiomas

FRANCÉS

Y S E P T E M B R E

D E C E M B R E T A

J U L L E T T E U O

U G H C S A R J T U

I E U R F B T A R T

N F A S M A E N U I

R M A E J I K V V Q

G A V Z A V R I L I

A O C T O B R E Y P

N F E V R I E R H Ñ

C A A Z I B X M A I

INGLÉS

A V I J U L Y D A D

U J A N U A R Y O E

G O F P A N R S C C

U Y I O R A E C T E

S A V G U I C E O M

T M A R C H L U B B

F D B C U S E Y E R

S E P T E M B E R E

F A E V I K H A G T

N O V E M B E R U A

CASTELÁN

N O V I E M B R E S

E N E R O F F A L E

D I C I E M B R E T

J M M A R Z O W E I

U A H K G R F A R E

L Y B M E O L P B M

I O F R R L S D U B

O F B Y I Q U T T R

V E G N S L A L O E

F G J U N I O B C A

GALEGO

X U L L O X D O S D

A S E T E M B R O E

N A N D H A S B O C

E X U H O G I U R E

I L A G I O L T B M

R X S U A S X U M B

O Z R A M T A O E R

E A Q U N O R E V O

S F E B R E I R O E

L A B R I L A S N S

ADIVIÑAS solución na páxina 60

1. Teño follas sen ser árbore, falo sen ter voz, e se me abres non me queixo, adiviña quen son.2. Ten copa e non para tomar, ten ás e non para voar. ¿Quen será?3. Cántoche con boa arte, apuñálote e retírome coa música a outra parte. 4. Torrado e mudo é. Moitos o toman ao día máis dunha vez.

Páxina 59

Page 62: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Sopa de letras José Antonio Vila Moreira

Busca os seguintes animais na Sopa de Letras:

Tartaruga, Iguana, Tritón, Píntega, Lagosta, Cazón, Ra, Crocodilo, Lagarto, Víbora, Lumbrigante, Quenlla, Estrelamar, Lesma, Polbo, Croque, Curuxa, Solla, Garza, Arao, Pardal, Merlo, Pega, Rula

solución na páxina 62

Solucións adiviñas:1. O libro 2. O sombreiro 3. O mosquito 4. O café

Chistes Diego Graña PargaJonathan Lopes Expósito

Ábrese o pano e aparece un pitufo facendo un calvo: como se chama a peli?ver ano azul

– cal e o colmo dun chepudo?– estudar dereito

Era un home, tan, pero tan goloso, que pasou por diante dunha pastelería, fíxoselle auga a boca, e afogou.

Este era unha vez un xogador tan malo, pero tan malo, que cando por fin un día meteu un gol, na repetición fallouno. Chega o fillo logo de xogar un partido de fútbol á súa casa e dille ao seu pai:Papá, xogueime o mellor partido da miña vida, fixen 3 goles.E pregúntalle o pai: e logo como quedastes,

ho?Perdemos 2-1!

Carapuchiña Vermella casou co príncipe azul, e tiveron un fillo violeta Din que Carapuchiña Vermella ía á casa da súa avoíña, caeu a noite... e esmagouna Estaba un borracho nunha esquina, cando unha muller pasa camiñando, o borracho obsérvaa e dille:– Adeus fea!A muller indignada dá media volta e dille:– Borracho!O borracho cun sorriso dille:– Ten razón, señora, pero a min, hame pasar mañá. No manicomio, un tolo gritaba:

Páxina 60

Page 63: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

– Eu son o enviado de Deus!Achégaselle outro tolo e dille:– Non, eu son o enviado de Deus!E así, os dous tolos discuten. Entón, achégase un terceiro tolo, e pregúntalles:– Que pasa aquí?E o primeiro tolo di:–Eu son o enviado de Deus!E o segundo di:–Non, eu son o enviado de Deus!Entón, o terceiro tolo di:– Un momentiño... Eu non enviei a ninguén!

Entran dous mozos na aula, e a mestra dille a un deles:– Por que chegou tarde?– É que estaba soñando que viaxaba por todo o mundo, coñecín tantos países que

espertei un pouco tarde.– E vostede?, pregúntalle ao outro.– Eu fun ao aeroporto a recibilo...

Entra unha señora na carnicería e di:Déame esa cabeza de porco de alí.E contesta o carniceiro:Perdoe señora, pero iso é un espello.

– Como mantés a un bobo ocupado?(Le abaixo)– Como mantés a un bobo ocupado?(Le arriba) – papá lévame ao circo.– non, diso nada, se queren verte, que veñan á casa.

Novas interesantes Francisco Xabier Souto Ares

AS VÍTIMAS DE DERRAMES CEREBRAIS PODEN RECUPERAR A FALA A TRAVÉS DO CANTO. Segundo indicaron algúns científicos estadounidenses, as vítimas de derrames cerebrais poden recuperar a capacidade de falar a través do canto. Segundo estes científicos, as persoas que sufriron derrame cerebral do lado esquerdo, non son capaces de pronunciar palabras, pero si de cantalas.Nun vídeo realizado por eles, pode verse a un paciente con este tipo de derrame ao que se lle pide que cante a canción típica do aniversario (en inglés). O paciente non puido facelo ata que lle colleron a man esquerda e lle comezaron a dar golpiños nela ritmicamente, o paciente cantou "Happy birthday to you". A outro paciente aprendéronlle a dicir cando tiña sede a través do canto.

FUMAR MATA... CADA 5,8 SEGUNDOS! Segundo o Reloxo da Morte, chamado así porque leva a conta do número de falecementos causados cada minuto polo consumo de tabaco, cada 5,84 segundos rexístrase unha morte no mundo por esta causa. Estes datos son aproximados e inexactos, pero dan unha idea do perigoso que é o vicio do tabaco, que como xa sabemos, produce doenzas cerebro-vasculares, cancro de pulmón, anxina de peito, aneurisma aórtico, enfermidade arterial periférica, bronquite, cáncer de larinxe, tumores na cavidade bucal, cáncer de esófago, de vexiga, de ril, de páncreas, de útero, úlcera duodenal, adianto da osteoporose e da menopausa nas mulleres...

Páxina 61

Page 64: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Osteoodontoqueratoprótese. Unha muller estadounidense de sesenta anos, que estaba cega dende o ano 2000 recuperou a vista grazas a un tipo de cirurxía que implica a implantación dun dente nos ollos, denominado osteoodontoqueratoprótese modificada. A técnica inventouse en Italia e aplicouse por primeira vez nos Estados Unidos. O dente extraído á paciente, implantóuselle nos ollos tras ser esculpido, e serve de subxección a unha prótese de lentes. A muller operada por fin puido ver, por primeira vez, aos seus sete netos máis pequenos. Trátase dun procedemento de último recurso, para persoas cuxo corpo rexeita unha córnea artificial ou transplantada.

O PEIXE BALÓN é unha rara especie abisal, é dicir, daquelas que habitan a profundidades superiores aos mil metros, onde non chega a luz solar. Os peixes desta especie dispoñen dun apéndice similar a unha cana de pescar, ao que se adhiren bacterias luminescentes que lles serven para atraer ás súas presas. Ademais, a femia chega a alcanzar os sesenta centímetros, mentres que o macho mide só catro e vive na boca da súa compañeira e aliméntase do sangue, coma un parasito.Un exemplar deste tipo foi pescado, non hai moito, pola tripulación dun barco de Celeiro, cando faenaban a 22 millas

da costa de Ribadeo, onde a sonda marcaba 850 metros de profundidade.

Solución á sopa de letras José Antonio Vila Moreira

Páxina 62

Page 65: Á sombra da muralla 18

Número 18 Á sombra da muralla

Índice

Páxina

Editorial............................................................................................................................ 1Esgrima de bastón........................................................................................................... 2Amal ait Mohand.............................................................................................................. 3Os alumnos do PDC van de viaxe................................................................................... 5RENFE............................................................................................................................. 7ASTANO-Izar-Navantia.................................................................................................... 9Entrevista a Manuel Ares Díaz....................................................................................... 11Ano Internacional da Biodiversidade..............................................................................12O racismo...................................................................................................................... 13Os riscos de Internet...................................................................................................... 14Visita ao CEI-Nodus....................................................................................................... 16Club Deportivo Lugo...................................................................................................... 18Literatura de despedida................................................................................................. 20Entrevista a Gerardo...................................................................................................... 24Emprendedores do Xoán Montes.................................................................................. 25O proceso de Boloña..................................................................................................... 27Manifesto de Correlingua............................................................................................... 29Vida de aldea................................................................................................................. 31Adolescentes: vida lixeira?............................................................................................ 33Google Earth: A capa 3D e Street View......................................................................... 34Moguda.......................................................................................................................... 35Xeración XD................................................................................................................... 36A Educación Física no instituto...................................................................................... 37Novas do deporte...........................................................................................................38As sete profecías maia.................................................................................................. 40Que pasará no futuro? Avances.....................................................................................42Teorías da fin do mundo................................................................................................ 42A lenda da pegada de Roldán........................................................................................ 43Mámoas......................................................................................................................... 43Cruceiros....................................................................................................................... 44A promesa...................................................................................................................... 47Cando quero... .............................................................................................................. 49Excursión a París........................................................................................................... 50A vida antes dos dinosaurios......................................................................................... 53Crocodilos nas Pontes?................................................................................................. 53Videoxogos.................................................................................................................... 54Enfermidades medulares............................................................................................... 55Discapacidade e barreiras............................................................................................. 55Invasión no Gustavo Freire............................................................................................ 56O fútbol.......................................................................................................................... 57Olvídate de min.............................................................................................................. 58Pasatempos................................................................................................................... 59Sopa de letras................................................................................................................ 60Chistes........................................................................................................................... 60Novas interesantes........................................................................................................ 61

Páxina 63

Page 66: Á sombra da muralla 18

Á sombra da muralla número 18

Director:

Francisco Xabier Souto Ares

Consello de redacción:

Adriana Anthoska Gómez Mena

Andrés Armesto Cortiña

Antonino Gugliandolo López

Cristóbal Pablo Vega Rojas

David Graña Parga

David Sánchez Torres

Diego Graña Parga

Jonathan Lopes Expósito

José Antonio Vila Moreira

Noemí García Rodríguez

Víctor Rodríguez Ferreiro

Tamén colaboraron:Adriana Cano Vila

Alejandra Abuín Sixto

Alicia López Varela

Amal Ait Mohand (IES Lucus Augusti)

Ánxela Calaza Rodríguez

Belén Corral Val (IES “Anxel Fole”)

Hilario Armesto Gómez (fotografías centrais)

Inês Maria Estebainha Magalhães Pereira Favas

Iria Buide Pena

José Manuel Núñez Vázquez

Laura Román Reigosa

Lesly Escarlett Marcelino Montero

María García Ferreiro

María Pereira Blanco

Marta Lamela Martín

Marta Salgado Castelo

Mª Teresa Dopazo Sotillo (IES “Anxel Fole”)

Nerea Balboa López (IES “A Piringalla”)

Noelia Méndez Fernández

Sabela Thais Sanjurjo Varela

Sara López Flores (IES “Anxel Fole”)

Tomás Corredoira Loureiro

Vanesa Fernández Rodríguez

Verónica Méndez Bao (IES “Anxel Fole”)

Yeimy Viviana Burgos Mancilla

Zhenya Georgieva Karagyozova

Deseño portada:

Andrés Armesto Cortiña

Páxina 64

Page 67: Á sombra da muralla 18
Page 68: Á sombra da muralla 18