41
A violencia contra as mulleres en Galicia Santiago de Compostela, abril de 2004

A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia

Santiago de Compostela, abril de 2004

Page 2: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia - Índice

1

ÍNDICE

I. ESTADO DA CUESTIÓN _____________________________________________________________ 3

1. Definición ____________________________________________________________________________ 3

2. Violencia de xénero e/ou violencia doméstica______________________________________________ 4

3. Perspectiva histórica da violencia e a desigualdade_________________________________________ 5

4. Tipos de violencia de xénero ____________________________________________________________ 5

5. Factores que agravan a violencia contra as mulleres ________________________________________ 5

5.a) Factores agravantes que inciden sobre os maltratadores_______________________________________ 6

5.b) Factores agravantes que inciden nas mulleres maltratadas_____________________________________ 6

6. A situación actual da violencia contra as mulleres na nosa sociedade _________________________ 7

7. As cifras da violencia contra as mulleres __________________________________________________ 8

7.a) As cifras das mortes __________________________________________________________________ 9

7.b) As cifras do maltrato familiar __________________________________________________________ 14

8. A lexislación sobre malos tratos e a súa evolución_________________________________________ 18

8.a) A Orde de Protección a Víctimas de Violencia Doméstica ___________________________________ 18

8.b) A Lei 27/2003______________________________________________________________________ 19

8.c) Solicitude _________________________________________________________________________ 19

8.d) Principais aportacións da lei 27/2003 ____________________________________________________ 19

9. O Punto de Coordinación da Orde de Protección__________________________________________ 20

10. Divulgación da Orde de Protección ás víctimas de Violencia Doméstica ____________________ 21

11. Datos de Ordes de Protección desde o 1 de agosto de 2003 ao 31 de decembro de 2003 ________ 21

12. Reformas lexislativas desenvolvidas polo Ministerio de Xustiza para loitar contra a violencia

doméstica e para favorece-la igualdade de dereitos das mulleres______________________________ 22

12.a) Reformas do Código Penal ___________________________________________________________ 22

12.b) A reforma do Código Civil relativa ó divorcio de estranxeiras en España_______________________ 23

12.c) Reforma da Lei de Procesamento Criminal en materia de Prisión Provisional ___________________ 23

12.d) Xuízos rápidos ____________________________________________________________________ 23

II. AS ACCIÓNS DO SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA

DE XÉNERO____________________________________________________________________________ 24

1. AREA DE PREVENCIÓN ______________________________________________________________ 24

1.1. Accións no ámbito docente ___________________________________________________________ 25

Page 3: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia - Índice

2

1.1.1. Actividades formativas _________________________________________________________ 25

1.1.2. Actividades de innovación e experimentación de programas formativos de prevención da

violencia de xénero _________________________________________________________________ 27

1.1.3. Actividades de investigación ____________________________________________________ 29

1.2. Campañas de sensibilización en medios de comunicación ____________________________________ 29

1.3. Accións dirixidas a previ-la violencia____________________________________________________ 30

1.4. Outras accións de sensibilización convocadas _____________________________________________ 32

2. AREA DE INTERVENCIÓN ___________________________________________________________ 33

2.1. Centros Asesores e Servizos de Información ______________________________________________ 33

2.1.1. Centros de Información_________________________________________________________ 33

2.1.2. Servizos telefónicos de emerxencia _______________________________________________ 34

2.1.3. Guías de recursos ______________________________________________________________ 34

2.2. Unidades específicas de atención en servizos policiais a mulleres víctimas de violencia ____________ 34

2.3. Dispositivos electrónicos utilizados para o auxilio das víctimas de malos tratos ___________________ 35

2.4. Centros de atención e acollida ás mulleres víctimas de violencia doméstica ______________________ 35

2.5. Puntos de encontro __________________________________________________________________ 35

2.6. Protocolos de Coordinación ___________________________________________________________ 36

3. ÁREA DE INTEGRACIÓN_____________________________________________________________ 37

3.1. Programas de Intervención especializada para a rehabilitación dos homes violentos________________ 37

3.2. Programas de inserción laboral específicas para mulleres víctimas de violencia ___________________ 37

3.3. Recursos a ONG para desenvolver programas a favor de mulleres maltratadas____________________ 37

4. OUTROS RECURSOS IMPLANTADOS ________________________________________________ 38

4.1. Programa de fomento da inserción laboral das mulleres víctimas de violencia doméstica____________ 38

4.2 Programa de formación dirixido a mulleres víctimas de violencia doméstica _____________________ 38

5. PUBLICACIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO _________________________________ 38

5.1. Phisax, habitante de Igualdade _________________________________________________________ 38

5.2. Guía para rapazas. Como previ-las agresións e defenderse delas _______________________________ 39

5.3. Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria ___________ 39

5.4. Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación secundaria _________________ 39

5.5. Nin un biquiño á forza _______________________________________________________________ 39

Page 4: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

3

I. ESTADO DA CUESTIÓN

1. Definición A pesar das profundas transformacións de tipo social que se teñen dado nos países do mundo occidental durante todo o século XX, e de maneira máis acentuada no último tercio do século, en relación coa situación das mulleres e a significativa mellora na consecución dunha plena igualdade no plano político, cultural, económico e social con respecto aos homes, permanece nas nosas sociedades un gravísimo atranco para a igualdade, o desenvolvemento e a paz, a VIOLENCIA que sofren moitas mulleres en tódalas sociedades e tamén na nosa. A violencia contra as mulleres, chamada tecnicamente VIOLENCIA DE XÉNERO, afecta ás mulleres polo mero feito de selo, e ese aspecto específicamente o que se pretende por de manifesto con esta denominación. É unha violencia de tipo estructural, que ten a función de reforzar o control que tradicionalmente teñen desempeñado os homes sobre as mulleres nas nosas sociedades. Según a declaración das Nacións Unidas co gallo da Conferencia sobre a Muller celebrada en Beijing en 1995, a violencia contra as mulleres “é unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre homes e mulleres, que teñen conducido á dominación da muller polo home, á discriminación contra a muller e á interposición de atrancos contra o seu pleno desenvolvemento. A violencia contra a muller ao longo do seu ciclo vital dimana especialmente de pautas culturais, en particular dos efectos prexudiciais dalgunhas prácticas tradicionais ou consuetudinarias e de tódolos actos de extremismo relacionados coa raza, o sexo, o idioma ou a relixión que perpetúan a condición inferior que se lle asigna ás mulleres na familia, o lugar de traballo, a comunidade e a sociedade”. As formas da violencia contra as mulleres son moi variadas dependendo das sociedades, aínda que todas elas afondan as súas raíces nesa secular situación de desigualdade que fixo das mulleres seres dependentes legal e economicamente dos varóns. Podemos dicir sen medo ao erro que non existe país ou cultura no mundo onde as mulleres non sufran algún tipo de violencia. Así, a modo de lembranza, podemos mencionar eiquí o infanticidio feminino que se vive aínda hoxe nalgúns países como China, onde a preferencia polos fillos varóns xurdida da política limitadora da natalidade que permite ás parellas ter un só descendente leva a morte de nenas recén nacidas, teoricamente falecidas no momento do nacemento pero na realidade eliminadas para ter a posibilidade de tentar a sorte unha vez máis cun novo embarazo e un fillo varón ao final del, ou leva tamén ao abandono das nenas recén nacidas en orfanatos; do mesmo xeito debemos lembrar a ablación ritual ou mutilación de parte dos xenitais femininos en moitas culturas musulmanas africanas: trátase dunha operación moi perigosa desde o punto de vista da saúde, levada a cabo en nenas e rapazas e que se perpetúa na crenza de que se trata dun ritual que salvagarda a virxindade e asegura o matrimonio nas fillas, polo que as nais consenten, a pesar de ter sufrido a mesma amputación, en perpetuar a terrible operación, levada a cabo sen as mínimas condicións hixiénicas e sanitarias. Debemos lembrar ademáis que a prostitución e o tráfico con fins de explotación sexuais de mulleres e nenas ten acadado nas últimas décadas cifras alarmantes, que a violación e as violencias de tipo sexual continúan a ser frecuentemente utilizadas como armas de guerra contra a poboación civil nos conflictos armados, e que determinados rexímenes políticos, como o recén desaparecido dos talibán en Afganistán, basean a creación da súa estructura social na desaparición dos escasos dereitos conqueridos polas mulleres en períodos anteriores, confinándoas ao silencio, ao ámbito do fogar e á invisibilidade absoluta, claramente representada na utilización da burka ou gran velo que cubre a totalidade do corpo da muller, deixando só unha pequena ventaniña para non impedir totalmente a visibilidade. A violencia contra as mulleres e a súa situación de desigualdade están moi estreitamente unidas. A violencia de xénero é a expresión dese desequilibrio continuo nas relacións entre os sexos, nas que os homes continúan a exercer un determinado comportamento –violento- como un medio para continuar mantendo o control nas relacións sociais e particularmente nas relacións coas mulleres.

Page 5: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

4

Numerosas convencións e declaracións internacionais teñen condenado a violencia contra as mulleres, particularmente a Convención das Nacións Unidas de 1979 sobre a Eliminación de tódalas Formas de Discriminación contra as Mulleres (CEDAW), asinada por España no 1980 e a Plataforma para a Acción aprobada na IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres celebrada en Beijing en 1995. Desde a perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña europea de TOLERANCIA CERO ante a violencia contra as mulleres, ademáis da posta en marcha, por parte da Comisión Europea, nese mesmo ano, o Programa Daphne para a loita contra a violencia de xénero. En España, a Constitución Española de 1978 estableceu a igualdade de tódolos cidadáns e cidadás ante a lei e prohibiu as discriminacións por razón de sexo. Igualmente en 1998 púxose en marcha un Plan de Acción contra a Violencia Doméstica aprobado polo Consello de Ministros que tivo a súa continuidade nun Segundo Plan contra a Violencia, centrados ámbolos dous en seis grandes áreas: sensibilización e prevención, educación e formación, recursos sociais, sanidade, lexislación e práctica xurídica e investigación. Na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Servizo Galego de Igualdade, a loita contra a violencia formou parte dos tres plans de igualdade de oportunidades implementados pola Xunta de Galicia desde o ano 1992 en adiante. En 2002, e cunha duración cuatrienal, púxose en marcha o Plan de Acción contra a Violencia de Xénero 2002-2005, actualmente en proceso de execución. A violencia contra as mulleres, mediante os seus efectos no conxunto da poboación, sirve de freo no desenvolvemento social e económico xeral; trastorna a vida das mulleres, socava a súa confianza en sí mesmas e reduce a súa autoestima, ten graves efectos sobre a súa saúde e é unha grave violación aos seus dereitos como seres humanos. Supón ademáis un grave custe social e económico para os países e os gobernos, alarmados pola evolución das cifras relativas ás mortes desta violencia, ao número de denuncias e á existencia de casos particularmente sanguentos e crueis.

2. Violencia de xénero e/ou violencia doméstica En xeral, existe unha certa indefinición na utilización das denominacións distintas que recibe o fenómeno da violencia contra as mulleres. Con certa frecuencia utilízanse as dúas formas máis comúns, “violencia de xénero” e “violencia doméstica” como sinónimas, cando a realidade é que non o son. Nos principios do interese e da preocupación por este fenómeno de raíces ancestrais, comezou a ser denominado “violencia doméstica”. A razón, o feito de que os acontecementos de tipo violento adoitaban ocorrer tralas paredes do fogar familiar, na privacidade. Esa carácter privado dos feitos era tamén aceptado socialmente: non se consideraba un problema de carácter xeral, un problema de violencia no seo da sociedade, senón que se trataba dun problema privado entre os membros da familia que debía ser solucionado privadamente e non transcender o ámbito do fogar. Agora mesmo, debido á evolución do sentir social en torno a este gravísimo problema, xa non se entende como algo privado, ou “doméstico” senón como unha terrible lacra contra a que os gobernos teñen que arbitrar solucións en tódolos ámbitos. Ao mesmo tempo, os cambios na estructura familiar e a incorporación das mulleres ao traballo fóra do fogar teñen dado a esta violencia novos espacios: a violencia contra as mulleres levada a cabo por homes do seu entorno familiar ten lugar na rúa, no lugar de traballo da muller, nun local público, e ao mesmo tempo, en moitas ocasións tanto o agresor como a víctima non comparten vivenda, fogar; a violencia contra as mulleres dase moitas veces en parellas xa rotas. Por esta razón, agora mesmo o término “violencia doméstica” tende a ser utilizado para expresar aquela violencia exercida no ámbito familiar, entre persoas que comparten vivenda, pero non necesariamente home e muller, senón violencia entre os diferentes membros da unidade familiar, como contra as persoas maiores dependentes, violencia dos fillos hacia as nais, e non só violencia entre cónxuxes ou parellas. Ao mesmo tempo, e debedora da reflexión realizada sobre todo nos países anglosaxóns, a expresión inglesa “gender violence” pasou a ser traducida por “violencia de xénero” querendo po-la énfase no feito

Page 6: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

5

de que se trata dun tipo de violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de ser mulleres, executada por varóns e coa intención de seguir mantendo o control e o dominio social.

3. Perspectiva histórica da violencia e a desigualdade A violencia contra as mulleres comeza só a ser considerada un delito a finais do século XX. Ata ese momento, non se considera punible, non se visualiza, non se recoñece e non se advirte, é un rasgo consubstancial á conformación da sociedade, que, desde que temos coñecemento da súa organización, outorgou un papel secundario e un valor menor ás mulleres e ás súas actividades. As teorías evolutivas sosteñen que son as diferencias biolóxicas entre homes e mulleres as que fan que os seus roles na sociedade sexan tamén distintos: inicialmente teríase feito un reparto do traballo no que as mulleres se adicaron a criar aos fillos e fillas mentres os homes se encargaban da búsqueda do alimento e os recursos e da protección do grupo ou familia. A partir desta primeira organización social, explican o desenvolvemento dunhas maiores capacidades domésticas nas mulleres e un enfoque máis político, bélico e social nos homes. A necesidade de protección das mulleres nos períodos de reproducción levaría, polo tanto, á súa dependencia. A sociedade grega e a súa representación ideolóxica na creación dunha mitoloxía son claramente androcéntricas e terán unha influencia moi grande na nosa cultura. A historia e a mitoloxía, tanto grega como romana, está sementada de episodios violentos de homes e deuses contra as mulleres, raptos (Helena de Troia, Europa), violacións (Lucrecia, Leda) e tráfico de mulleres, que son utilizadas como moeda de cambio nos conflictos bélicos (Troia). Durante toda a Idade Media os dereitos das mulleres foron escasos e a súa suxeición ao pai ou o marido unha constante durante ás súas vidas. Tan só co desenvolvemento das sociedades democráticas e da conciencia sobre a situación de subordinación das mulleres a través das sufraxistas e do pensamento feminista comezan a verse algúns cambios, durante o século XX.

4. Tipos de violencia de xénero

A violencia de xénero adopta tres formas principais na nosa sociedade: violencia física, violencia psicolóxica ou emocional e violencia de tipo sexual.

• A violencia física é toda acción voluntariamente realizada que provoca ou pode provocar dano

ou lesións físicas á muller.

• A violencia psicolóxica ou emocional é a que pode provocar danos psicolóxicos na muller e normalmente é de carácter verbal ou económico, podendo ser maltrato pasivo ou activo. O pasivo céntrase nas actitudes de desapego con respecto á muller –ignorala, privala de afecto- e o activo céntrase nas actitudes máis violentas como gritar, ameazar, coaccionar, desprezar, ou privar da disposición de recursos materiais como o diñeiro, valores, teléfono, etc. A ameaza é ademáis o instrumento máis poderoso para atemorizar ás mulleres, manténdoas deste xeito en sumisión e obediencia.

• A violencia sexual é calquera tipo de contacto sexual practicado contra a vontade da muller.

5. Factores que agravan a violencia contra as mulleres É importante diferenciar entre as causas da violencia e aqueles factores que poden reforzala e agravala, sendo independentes da orixe mesma da violencia contra as mulleres. É importante voltar a sinalar que a causa está nesa situación de desigualdade aprehendida polos membros da nosa sociedade desde os

Page 7: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

6

primeiros anos da infancia, vivida no ámbito doméstico e no educativo, e reproducida posteriormente nas relacións adultas. Existen ademáis certo número de factores que reforzan a violencia contra as mulleres e que con moita frecuencia aparecen unidos a ela. Uns deles teñen que ver cos maltratadores e outros, coas víctimas. No primeiro dos casos, factores relacionados cos agresores, os máis importantes son o alcohol, as drogas e os problemas psíquicos do home maltratador. No segundo, todas aquelas circunstancias que fan das mulleres seres máis dependentes da súa parella, inciden tamén reforzando a violencia contra elas.

5.a) Factores agravantes que inciden sobre os maltratadores Existen algúns autores que falan incluso de que a aparición destes factores agravantes son serios obstáculos para a comprensión da raíz do problema, xa que en xeral actúan como imanes da atención da sociedade e moi particularmente dos medios de comunicación, que se quedan na representación do fenómeno como un resultado deses factores engadidos. Funcionan ademáis doutra maneira: teñen un importante valor cara a tranquilidade social en torno ao fenómeno da violencia. Cando se pon o acento no carácter de “enfermo” do maltratador –adicto ás drogas, enfermo psíquico- o problema da violencia de xénero alónxase de nós e se focaliza nun determinado entorno social –exclusión, adiccións- no que certas problemáticas non se consideran estrañas. Este mesmo interese –voluntario ou involuntario- por destacar eses factores como a causa central do problema da violencia sirve para descargar ao maltratador da culpa e escusar o uso da violencia: o maltratador é un enfermo non responsable dos seus actos, ao que o uso do alcohol ou das drogas levoulle á utilización da violencia nunha situación extrema. Tamén é frecuente a alusión ás circunstancias sociais e laborais do home maltratador para explicar o recurso á violencia: situacións de desemprego, de depresión, de problemas laborais ou de estrés, as presións externas son tamén recursos para descargar de culpa ao maltratador. A violencia contra as mulleres ten lugar en tódalas clases sociais e en tódolos niveis educativos, aínda que é certo que hai determinadas circunstancias que aparecen máis frecuentemente: os homes con nivel de formación escaso teñen tamén máis dificultades para atopar emprego, e esa falla de formación tende a traducirse nunha incapacidade para resolver os conflictos interpersonais dunha maneira eficaz e respetuosa; a falla de formación vai acompañada tamén dun gran número de prexuízos de tipo cultural que afectan ás súas relacións co outro sexo, sendo moi común entre eles o modelo de relación de dominación sobre as súas parellas femininas.

5.b) Factores agravantes que inciden nas mulleres maltratadas En xeral, podemos entender como factores que agravan a violencia todas aquelas formas de discriminación que aínda afectan ás mulleres nas nosas sociedades: menores oportunidades no eido laboral e formativo, discriminación salarial, fan ás mulleres máis vulnerables desde o punto de vista económico e por elo máis dependentes das súas parellas. A emigración pode tamén aumentar o risco e a vulnerabilidade das mulleres ante a violencia. As especiais dificultades económicas, sociais e culturais ás que se enfrontan os dous membros da parella emigrante, o aumento das tensións e dificultades na vida cotiá e o choque cultural producido en moitos casos pode agravar o risco afrontado polas mulleres. Así, atopamos como un número importante dos casos de violencia rexistrados en España teñen como víctimas -ou como agresores- a inmigrantes no noso país.

Page 8: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

7

6. A situación actual da violencia contra as mulleres na nosa sociedade Podemos dicir que nos atopamos en pleno proceso de transición, dunha sociedade patriarcal, na que os varóns gozaban de plenos dereitos que se lle negaban ás mulleres, a unha sociedade de carácter igualitario na que avanzamos, desde a igualdade ante a lei –xa conquerida en moitos dos países occidentais- hacia a igualdade de oportunidades noutros ámbitos, como o económico, social, político, educativo, laboral ou salarial. Ese proceso de transición leva consigo o “descubrimento” da violencia contra as mulleres como un fenómeno social, que non familiar ou privado, que ten unha resposta de tipo político, legal e mediático. A modificación das leis e das sancións que castigan aos maltratadores tentan protexer ás mulleres, fenómeno que vai parello da posta en marcha de medidas de carácter político e social coa mesma intención. As campañas publicitarias que tentan convencer ás mulleres da necesidade da denuncia da súa situación como a única solución posible levan a unha maior visibilidade. Ao mesmo tempo, os medios de comunicación fanse eco do crecente número de casos que saen á luz pública, nun proceso que se nutre do maior número de denuncias pero tamén do maior interese que os sucesos deste tipo espertan nos mesmos medios de comunicación. Todo isto, mesturado, produce a sensación de que a violencia contra as mulleres ten crecido espectacularmente nestes dez anos que leva no punto de mira da sociedade. Fallan datos estatísticos que nos permitan un estudio rigoroso sobre a incidencia destes fenómenos –lembremos que o interese político, sociolóxico e mediático é moi recente- pero en principio non existe ningunha razón para crer que a violencia contra as mulleres sexa neste comezo do terceiro milenio de maiores proporcións que noutras etapas da historia. As medidas de tipo lexislativo e de carácter social son aínda recentes e por ese mesmo feito existe a crenza de que un número moi numeroso de casos non son denunciados nin saen á luz pública. A este feito hai que engadir a dependencia económica da víctima con respecto ao seu agresor que se produce aínda en moitos casos, outra circunstancia que inhibe a moitas mulleres para denunciar a situación na que se atopan. Pero ademáis existe aínda unha importante tarefa a desenvolver na concienciación da sociedade de que as mulleres non son culpables da situación que sofren. O rexeitamento e a oposición social á violencia contra as mulleres é un logro aínda pouco firme; é algo moi recente e falla moito por facer no que se refire á concienciación da nosa sociedade de que a violencia contra as mulleres é algo inaceptable e inadmisible. Cando unha muller se anima a denunciar a súa situación de víctima de violencia, non é seguro que vaia a contar co apoio do seu entorno familiar e social. En xeral, as mulleres viven o proceso de concienciación e de denuncia dun xeito traumático e cun gran coste persoal: a violencia no seo familiar ten ribetes de vergoña, e moitas veces faise á propia muller víctima responsable, total ou parcialmente, da situación, buscando os posibles motivos que teña dado para a agresión. A investigación sobre as causas da violencia contra as mulleres e a cuantificación dos episodios que se realiza en cada país europeo sobre o proceso da violencia contra as mulleres pon de manifesto que é precisamente agora, cando as mulleres europeas teñen conquerido maiores cotas de igualdade e de participación en tódolos eidos da vida pública, cando se producen manifestacións violentas maiores por parte daqueles varóns que non conquiren aceptar eses cambios. Ao mesmo tempo, o estudio dos casos máis violentos, os asasinatos e mortes, danse en moitas ocasións cando as mulleres deciden rachar coa espiral violenta na que se moven as súas vidas, cando se produce a ruptura matrimonial ou sentimental ou a separación do cónxuxe ou compañeiro. É o momento no que os homes poden sentirse “desposuídos” de algo da súa propiedade. Por iso, o número de crimes é máis elevado naqueles países europeos onde as mulleres teñen acadado niveis maiores de igualdade con respecto aos homes –Finlandia, Noruega-. En España, o 67% das mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas estaban xa separadas ou en proceso de separación no momento da súa morte.

Page 9: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

8

7. As cifras da violencia contra as mulleres As estatísticas relativas á incidencia do maltrato nas mulleres dun determinado país son un fenómeno relativamente recente que se veu incentivado polas recomendacións dictadas na IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beijing (1995) sobre a necesidade de obter datos válidos que sirvan para a cuantificación do fenómeno en tódolos países e para a articulación de fórmulas cara a súa eliminación. Sen embargo, hai que ter en conta diversos factores que inflúen sobre a validez para a utilización desas cifras. En primeiro lugar, tódolos estudiosos sobre o tema da violencia inciden no feito de que as cifras que se manexan en tódolos países non son máis ca “punta do iceberg” dun fenómeno moito máis amplo. Unha porcentaxe frecuentemente manexada é a que indica que tan só un 10% dos casos de violencia saen á luz a través dunha denuncia. Así mesmo hai que ter en conta que, incluso nas cifras sobre a violencia, fenómeno que afecta fundamentalmente ás mulleres, en moitos países, e incluso na nosa Comunidade Autónoma, as estatísticas continúan frecuentemente sen seren desagregadas por sexos, o cal dificulta enormemente o estudio da incidencia deste fenómeno sobre as mulleres. A inexistencia dunha definición única e clara sobre o que é a violencia de xénero e os seus tipos diferentes dificulta a comparación entre cifras procedentes de distintos países e incluso procedentes de distintos organismos, corpos e forzas de seguridade do Estado e administracións nun mesmo país. Esta falla de claridade na utilización dos conceptos da lugar a discrepancias serias no que se refire á cuantificación non só dos feitos violentos, senón tamén –o que parece máis difícil- das mortes violentas de mulleres en cada país, e tamén en España. En primeiro lugar, existen diferentes entidades administrativas que levan un rexistro dos datos relativos á violencia contra as mulleres no noso país. En primeiro lugar, o Ministerio de Interior, quen, como responsable de seguridade no Estado, proporciona datos relativos ás estatísticas dos corpos e forzas de seguridade. En segundo lugar, o Ministerio de Xustiza, quen, a través da creación, en colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, do Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero, dedicado precisamente á tarefa de estudio do fenómeno da violencia, o tratamento desta por parte dos xulgados e a súa cuantificación, proporciona os datos relativos ás denuncias presentadas directamente nos xulgados –sen intervención, algunhas veces, dos corpos e forzas de seguridade do Estado- e, desde agosto de 2003, das ordes de protección emitidas polos xuíces e xuízas. Existen ademáis outros organismos, como o Instituto da Muller a nivel estatal e os organismos de igualdade de oportunidades a nivel autonómico, que fan tamén os seus propios seguimentos do fenómeno da violencia contra as mulleres. E, finalmente, hai que mencionar ás asociacións de axuda ás víctimas da violencia e as asociacións de mulleres, que fan tamén os seus propios recontos, baseados fundamentalmente nun seguimento exhaustivo das noticias de prensa. As disparidades no manexo das cifras e dos conceptos son moi evidentes. Hai que ter en conta, no que se refire aos datos de mortes, que o Ministerio do Interior só recoñece a identidade do agresor cando desde o primeiro momento está clara a autoría; se existen só fundadas sospeitas de que a morte pode deberse a un episodio de violencia na parella, pero non está completamente demostrada a autoría, a policía non rexistra o caso como un asasinato por violencia doméstica. Se esa autoría se demostra posteriormente, o caso tampouco pasará a engrosar os datos de violencia na parella. Pola contra, as asociacións de mulleres, que adoitan seguir estes casos na prensa, si que incluirán nos seus rexistros este caso como un caso de violencia de xénero. O Ministerio, ademáis, non inclúe os datos relativos aos corpos de policía propios do País Vasco e Cataluña, incorporando só os daquelas denuncias presentadas nesas comunidades autónomas ante os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. En canto ás mortes de mulleres producidas por agresión realizada polas súas parellas, pero nas que o falecemento se produce máis de setenta e dúas horas despois do momento do feito violento, tampouco son recollidas nas estatísticas do Ministerio do Interior.

Page 10: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

9

En canto ás cifras do Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero, refírense a aquelas denuncias presentadas ante os xulgados, con independencia de que se teña producido anteriormente unha denuncia ante os corpos e forzas de seguridade. Neste sentido, difiren tamén das anteriores, podendo estar incluídas as mesmas mulleres nuns datos e outros, ou non. Destacan polo seu interese, a partir de agosto de 2003, os datos relativos á utilización da Orde de Protección como instrumento xurídico válido para a tratamento da violencia doméstica e para a axeitada protección das víctimas, particularmente mulleres. Neste sentido, é moi interesante lembrar que o Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero tense creado como un instrumento para a investigación sobre a violencia doméstica en tódalas súas vertentes e non sobre a violencia de xénero, aínda que en xuño pasado a súa denominación tense modificado para atender ás reclamacións das asociacións de mulleres, que non consideraban acertada a denominación do organismo. Así, nos informes que se fan públicos periodicamente faise relación das víctimas de violencia doméstica por Comunidade Autónoma. É moi común que os medios de comunicación non presten atención ao feito de que se trata de todo tipo de víctimas no ámbito da violencia familiar e non exclusivamente de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, e se produzan así graves erros no que se refire ao numero de mulleres asasinadas en España e en cada Comunidade Autónoma. A recentísima creación do Rexistro Central para a protección das víctimas de violencia doméstica, o pasado cinco de marzo, establece un rexistro único que permite coñecer, desde a primeira agresión, tódalas accións cometidas polo mesmo agresor, garantizando ademáis a inscrición das medidas en materia penal e civil, e permitindo a imposición das agravantes na condena en caso de reiteración que se establecen por lei. O Rexistro, unha base de datos informatizada, proporciona información en tempo real, á que poden acceder a policía xudicial, fiscais e xuíces/as, permitindo dese xeito a axilización das decisións xudiciais para a protección das víctimas. Tamén facilitará a información necesaria para resolver as medidas civís que acompañan á orde de protección, como a separación, a patria potestade, o dereito de custodia ou de visita aos fillos e fillas. Será tamén un importante medio para obter datos fiables sobre a violencia contra as mulleres, que son as víctimas máis frecuentes da violencia doméstica. En España téñense acordado desde o 1 de agosto de 2003 6.004 ordes de protección.

7.a) As cifras das mortes Tendo en conta tódolos problemas devanditos na utilización das cifras sobre a incidencia da violencia contra as mulleres e moi particularmente no que se refire á contabilización das mortes, imos presentar agora os escasos datos relativos ao panorama internacional cos que se conta actualmente, non todos eles completamente actualizados.

Page 11: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

10

Asasinatos de mulleres (por millón de mulleres maiores de catorce anos) cometidos pola parella ou ex parella. Ano 2000.

Rexión País Incidencia Prevalencia América Canadá 67 5,21 USA 974 8,70 Europa Alemania 128 3,58 Dinamarca 12 5,42 España 43 2,44 Finlandia 19 8,65 Gran Bretaña 107 4,36 Holanda 12 1,83 Irlanda 3 2,01 Islandia 0 0,00 Luxemburgo 1 5,56 Noruega 12 6,58 Suecia 12 3,24

Fonte: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia Prevalencia: taxa resultante de dividir o número de víctimas producidas durante ese ano polo número de membros que integran a poboación obxectivo nese mesmo período.

Ranking de países por asasinatos de mulleres cometidos polas súas parellas (2000)

País Incidencia Prevalencia Estados Unidos 974 8,70 Finlandia 19 8,65 Australia 62 8,15 Noruega 12 6,58 Luxemburgo 1 5,56 Dinamarca 12 5,42 Canadá 67 5,21 Gran Bretaña 107 4,36 Colombia 63 4,31 Alemania 128 3,58 Suecia 12 3,24 España 43 2,44 Xapón 134 2,42 Irlanda 3 2,01 Holanda 12 1,83 Perú 15 1,16 Zimbabwe 4 1,15 Islandia 0 0,00

Fonte: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia.

Page 12: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

11

Relación entre o consumo abusivo de alcohol e/ou drogas psicoactivas e violencia doméstica contra as mulleres (ano 2000)

Rexión País Porcentaxe de agresores domésticos que consumen alcohol e/ou drogas

América do Norte USA 78% Canadá 43% México 11% América do Sur Bolivia 89% Perú 33% Uruguay 42% Unión Europea Alemania 26% Bélxica 40% España 72% Francia 93% Finlandia 64% Irlanda 23% Italia 33% Reino Unido 56% Resto Europa Suíza 33% Estonia 56% Polonia 65%

Fonte: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia. Particularmente para o caso español, preséntase eiquí un cadro que reflicte a diverxencia existente entre as cifras oficiais e as cifras manexadas polas asociacións de mulleres.

Mortes de mulleres a mans dos seus cónxuxes ou parellas en España 1998-2001

Anos Ministerio do Interior Asociación Themis de Mulleres Xuristas

(1999-2001) 1998 35 64 1999 42 68 2000 42 77 2001 42 69

Fonte: Inés Alberdi & Natalia Matas, La violencia doméstica. Informe sobre los malos tratos a mujeres en España.

Page 13: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

12

Así mesmo preséntanse eiquí os datos proporcionados polo Instituto da Muller (recollidos do Ministerio do Interior) para os anos 2002, 2003 e ata marzo do 2004, e os proporcionados polas asociacións de mulleres para o mesmo período.

Mortes de mulleres a mans dos seus cónxuxes ou parellas en España 2002 – 2004 (marzo)

Anos Ministerio do Interior Asociacións de mulleres

2002 52 77

2003 66 97

2004 (ata marzo) 9 21

Fonte: Elaboración propia. E, finalmente, as mortes por violencia doméstica en España no 2003, según os datos proporcionados polo Consejo General del Poder Judicial e relativos aos casos levados nos xulgados.

Mortes por violencia doméstica en España por provincia (incluídos homes, mulleres, menores e persoas dependentes) (según datos Consejo General del Poder Judicial, 2003)

Provincia Mortes Provincia Mortes A Coruña 3 Madrid 12 Albacete 1 Málaga 4 Alicante 2 Murcia 3 Almería 1 Ourense 1 Badajoz 2 Oviedo 3 Barcelona 8 Palma de Mallorca 4 Cáceres 1 Pamplona 2 Cádiz 4 Pontevedra 3 Castellón 3 Salamanca 2 Ceuta 1 Santa Cruz de Tenerife 4 Córdoba 1 Santander 2 Girona 3 Segovia 1 Granada 1 Sevilla 3 Guadalajara 1 Tarragona 2 Jaén 3 Teruel 1 Las Palmas 4 Toledo 2 León 1 Valencia 6 Logroño 2 Valladolid 1 Lugo 1 Vizcaya 1 Lleida 1 Zaragoza 1

Fonte: Informe sobre muertes violentas en el ámbito de violencia doméstica en el año 2003. Consejo General del Poder Judicial. No que se refire a Galicia, e voltando novamente ao noso ámbito, máis restrinxido, das mortes de mulleres a mans das súas parellas, este mesmo informe do Consejo General del Poder Judicial proporciona a cifra de catro asasinatos de mulleres na nosa Comunidade Autónoma durante o 2003: Carmen Rodríguez, de 72 anos, residente en Mugardos; Cándida Fernández, de Moaña, de 39 anos; Carmen Amado, de 35, residente en Ames e Luz María Castillo, colombiana, de 33 anos, residente en Lalín.

Page 14: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

13

Mª del Carmen Rodríguez Martínez, de 72 anos e residente en Mugardos (Ferrol). O seu cadáver foi atopado na cociña do seu domicilio pola Guardia Civil, tralo aviso do marido que aseguraba tela atopado morta cando regresara a casa. A víctima faleceu a causa dos fortes golpes que recibiu na cabeza, propinados cun martelo, que foi atopado nun pozo negro preto do domicilio. A Garda Civil detivo ao marido, Juan Fernández Cabral, de 73 anos, como autor da morte da esposa. Cándida Fernández, de 39 anos, residente en Moaña, foi asasinada cunha escopeta de caza polo seu marido, José P., de 44 anos, quen se suicidou posteriormente. A muller viña de chegar a casa procedente do seu traballo nunha empresa de conxelados. O marido, traballador nun asteleiro de Vigo, non tivera abandonado o domicilio familiar durante a mañá xa que non tiña ido a traballar. O matrimonio tiña dúas fillas de vinte e dez anos, e comezara neses días os trámites para a separación matrimonial. Carmen Amado González, de 35 anos, veciña de Castiñeiro do Lobo (Ames), coñecido lugar de asentamento de certas familias marxinais, foi asasinada polo seu compañeiro sentimental Andrés Pombo Botana, de 31 años, quen realizou dous disparos cunha escopeta. A víctima recibiu un deses disparos na cara. Posteriormente o asasino, drogadicto, tentou suicidarse sen éxito. E finalmente Luz María Castillo García, de 32 anos, veciña de Lalín e colombiana de orixe, foi asasinada en Lalín e atopado o seu cadáver nunha estrada con dous disparos de escopeta. O seu ex compañeiro sentimental, José Manuel Salgado González, e pai dos seus dous fillos, entregouse á Garda Civil. No ano 2002, o número de mulleres asasinadas polas súas parellas en Galicia foi de 3. Marta López Sanz, de 29 anos, natural de Bilbao e veciña de Lugo, foi asasinada de varias puñaladas polo seu marido, do que estaba en trámites de separación, en presencia do fillo común de cinco anos. Ela era caixeira nun popular centro comercial da cidade; Josefa Salgado, de 62 anos e veciña de Ourense, foi víctima do seu marido, J.D.R., de 75 anos, quen lle asestou un forte golpe na cabeza. A víctima denunciárao xa en repetidas ocasións por malos tratos. E a terceira víctima mortal no ano 2002 foi Purificación Prieto Fernández de 65 anos, veciña do barrio de Canido, en Ferrol; foi atopada morta coa cabeza destrozada; o marido Heriberto García, tíñase suicidado colgándose dunha viga.

Mortes de mulleres a mans dos seus cónxuxes ou parellas en Galicia 2002-2003

Ano Nome Idade Localidade Estado civil Cónxuxe/compañeiro autor do asasinato Idade Causa

morte 2002 Marta

López Sanz 29 Lugo Separada Coitelada

Josefa Salgado

62 Ourense Casada J.D.R. 75 Golpe cabeza

Purifica-ción Prieto Fernández

65 Ferrol (A Coruña) Casada Heriberto García 66 Golpe cabeza

2003 Mª Carmen

Rodríguez Martínez

72 Mugardos (A Coruña)

Casada Juan Fernández Cabral 73 Golpe cabeza

Carmen Amado

35 Castiñeiro do Lobo, Ames (A Coruña)

Compañeira sentimental

Andrés Pombo Botana 31 Tiro escopeta

Cándida Fernández

39 Moaña (Pontevedra) Casada, comezo trámites separación

José P. 44 Tiro escopeta

Luz María Castillo García

32 Lalín (Pontevedra), colombiana de orixe

Compañeira sentimental, separada

José Manuel Salgado González

Tiro escopeta

Fonte: Elaboración propia. Tendo en conta os sete casos producidos na nosa Comunidade Autónoma durante os dous últimos anos, podemos extraer os seguintes datos: as mulleres víctimas de violencia en Galicia son maioritariamente casadas e o tramo de idade no que se producen unha boa parte destes casos é o que va entre os 30 e os 40

Page 15: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

14

anos, seguido de preto polo tramo dos 60 aos 70 anos. Nun 40% dos casos, o feito de ter comezado ou avanzado no proceso de separación do cónxuxe ou compañeiro ten sido decisivo para o desenlace mortal. As armas utilizadas polos cónxuxes ou compañeiros para perpetrar os crimes son maioritariamente os golpes ou as escopetas de caza.

7.b) As cifras do maltrato familiar Se xa temos visto as dificultades coas que nos atopamos no que se refire á cuantificación dun determinado número de mortes violentas producidas en España por causa da violencia doméstica causada sobre as mulleres polas súas parellas, podemos intuír a grave problemática que atopamos cando pretendemos cuantificar un fenómeno moito máis amplo, máis complexo e máis agachado como é o maltrato familiar contra as mulleres en tódalas súas manifestacións. As estatísticas existentes, procedentes fundamentalmente do Ministerio do Interior, presentan ademáis un cambio substancial no ano 2002, que fai virtualmente non comparables as anteriores a esa data e as relativas aos anos 2002 e 2003. A razón fundamental é que no ano 2002, o número de relacións consideradas entre víctima e agresor foi ampliada, para dar cabida a aqueles casos nos que a agresión se producía cando xa non existía vínculo matrimonial ou convivencia entre a parella. Anteriormente cando ese vínculo non existía, o delito non pasaba a incluírse nas estatísticas relativas á violencia doméstica no seo da familia. No feito de presentar unha denuncia, inflúen dúas cousas distintas: unha, o feito intrínseco do maltrato; outra, a vontade de presentar unha denuncia, algo que non se da en moitos casos, como sabemos. Polo tanto, as cifras de maltrato proporcionadas a través da información que as administracións públicas manexan habitualmente, que se produce precisamente cando se da unha denuncia, nunca poden ser significativas para a totalidade do maltrato, senón só desa parte de maltrato que acaba na interposición dunha denuncia. En canto ao número de denuncias presentadas, os datos ofrecidos polo Ministerio do Interior e recollidos e tratados polo Instituto da Muller dan a seguinte secuencia para os anos 1991-2001:

Número de denuncias por malos tratos, de maridos ás súas mulleres, España 1991-2001

Anos Número de denuncias 1991 16.657 1992 15.888 1993 16.028 1994 16.419 1995 16.062 1996 16.378 1997 18.872 1998 19.621 1999 21.778 2000 22.397 2001 24.158

Fonte: Instituto da Muller según datos do Ministerio do Interior. Citados por Alberdi, I. & Matas, N., La violencia doméstica. Informe sobre los malos tratos a mujeres en España Polo que se refire aos dous últimos anos, e tendo en conta que necesariamente os datos non son comparables cos anteriores, este é o panorama que presentan:

Page 16: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

15

Mulleres víctimas de violencia exercida polo cónxuxe ou ex cónxuxe, según modalidade de parentesco (España, 2002-2003)

Mulleres 2002 Mulleres 2003 DELICTOS FALTAS DELICTOS FALTAS

TOTAL 11.047 32.266 15.464 34.626

CÓNXUGE 5.608 16.822 7.100 15.540

EXCÓNXUGE(*) 938 3.736 1.217 4.388

COMP. SENTIMENTAL. 2.575 5.591 4.310 6.814

EXCOMP.SENTIMENTAL 1.371 4.269 2.080 5.550

NOIVO/A 224 598 372 760

EXNOIVO/A 331 1.250 385 1.574

Fonte: Instituto da Muller, a partir dos datos proporcionados polo Ministerio do Interior. Existe ademáis, para o conxunto de España, unha fonte privilexiada no que se refire á incidencia do maltrato ás mulleres no ámbito familiar. Trátase dunha macroenquisa realizada polo Instituto da Muller e denominada Violencia contra as mulleres, feita no ano 2000 e que a través de entrevistas telefónicas realizadas a 20.552 mulleres maiores de dezaoito anos, tentou coñecer e cuantificar as situacións de violencia contra as mulleres nese ámbito familiar, evaluar esas formas de maltrato e indagar nas características socioeconómicas e culturais das familias onde se produce ese maltrato. Nesa enquisa, de alarmantes resultados, obtívose un número de 2.090.767 mulleres en España que estaban en situación obxectiva de violencia familiar, e con particular incidencia nas comunidades autónomas de Canarias, Madrid, Andalucía, Galicia, Cantabria e Valencia. Desas mulleres, os grupos de maior idade –de 40 en adiante- son as que están nunha situación máis grave de maltrato , cun 16% que tiñan entre 50 e 59 anos, e un 15,1 entre 60 e 64. Sen embargo as diferencias entre tramos de idade non son moi significativas xa que no tramo das idades mais novas –entre 18 e 29 anos- están en situación obxectiva de maltrato nas súas relacións de parella un 12,1% dese total de 2.090.767 mulleres españolas. Entre as características socioeconómicas e de tipo cultural, hai que destacar que as porcentaxes maiores de mulleres sen estudios ou con estudios primarios incompletos son as máis elevadas. No conxunto de mulleres en situación obxectiva de maltrato hai un 12% de mulleres con estudios universitarios. A enquisa preguntaba directamente sobre certos comportamentos obxectivos, a través da descrición de situacións concretas, sen etiquetalas como violencia, para obter respostas descritivas que puideran caracterizarse a posteriori. A partir destas respostas é como se diferenciou a dous grandes grupos, un o das mulleres “tecnicamente” consideradas como maltratadas e as autodenominadas como tal. Unha gran cantidade de mulleres declararon que frecuentemente ou ás veces recibían tratos por parte dos seus maridos ou compañeiros que poden ser considerados obxectivamente como comportamentos violentos, aínda que elas non se consideren a sí mesmas como víctimas de maltrato. As preguntas tentaban ademáis presentar un amplo abano de modelos de maltrato, exemplificados en preguntas como as seguintes:

Page 17: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

16

¿Insúltaa ou ameázaa? ¿Non a deixa estudiar ou traballar? ¿Decide as cousas que vostede pode facer ou dicir? ¿Insiste en ter relacións sexuais aínda que vostede non quera? ¿En certas ocasións lle produce medo? ¿Non respecta as súas cousas persoais? ¿Dille que coquetea continuamente ou polo contrario que non coida o seu aspecto? ¿Cando se enfada chega a empuxala ou a golpeala? ¿Enfádase sen que vostede saiba a razón? ¿Dille que tódalas cousas que vostede fai están mal? ¿Enfádase se as cousas non están feitas –comida, roupa- ? As porcentaxes, en canto á súa distribución por comunidades autónomas, dan os seguintes resultados:

Porcentaxe de mulleres maltratadas según Comunidades Autónomas

COMUNIDADE AUTÓNOMA Mulleres consideradas

tecnicamente como maltratadas ou en situación obxectiva de

violencia

Mulleres autodenominadas como maltratadas no último ano

ANDALUCÍA 13,6 4,8

ARAGÓN 9,9 3,5

ASTURIAS 10,4 3,7

BALEARES 7,9 3

CANARIAS 13,5 5,4

CANTABRIA 11,5 4,6

CASTILLA LA MANCHA 14,6 3,5

CASTILLA Y LEÓN 12,7 4,2

CATALUÑA 12,1 4,3

C. VALENCIANA 11,6 4,5

EXTREMADURA 12,7 2,3

GALICIA 13,1 4,7

MADRID 12,7 4,9

MURCIA 13,9 4,1

NAVARRA 9,8 2,5

PAÍS VASCO 11 2,4

LA RIOJA 11 2,6

CEUTA 14,1 1,2

MELILLA 14,3 6,2

TOTAL 12,4 4,2

Fonte: Instituto de la Mujer: Macroencuesta sobre "Violencia contra las mujeres"

Page 18: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

17

A porcentaxe de Galicia (13,1) corresponde en cifras absolutas a 156.001 mulleres en situación obxectiva de violencia na nosa Comunidade Autónoma no ano 1999. Os datos, por alarmantes que resulten, non revelan unha situación particularmente anormal do noso país en relación con outros países occidentais. Aínda que existen moi poucos estudios comparados da situación do maltrato a nivel internacional, fundamentalmente pola inexistencia de fontes estatísticas comparables, os resultados dunha macroenquisa realizada en Francia nas mesmas datas da española revelan resultados moi similares: un 10% das mulleres francesas están en situación obxectiva de violencia (en torno a unhas 1.588.400 mulleres entre 20 e 60 anos que vivían unha relación de parella no 1999). A característica que diferencia de maior maneira os resultados dos dous estudios é que o factor idade actúa en sentido contrario: mentres que en España son as mulleres maiores e moi maiores as que teñen as maiores porcentaxes de maltrato obxectivo, en Francia son as mulleres novas as que sofren en maior medida o maltrato por parte das súas parellas.

Mulleres maltratadas no ámbito familiar (prevalencia por 10.000) (ano 2000)

Rexión País Incidencia Prevalencia África Mali 299 0,53 Mozambique 402 0,40 Zimbabwe 2.330 3,97 Norteamérica USA 732.130 51,86 Centroamérica Costa Rica 8.160 41,15 El Salvador 1.107 3,46 Suramérica Ecuador 43.969 69,84 Paraguay 344 1,26 Venezuela 4.094 3,41 Europa Alemania 10.580 2,52 España 30.269 14,8 Finlandia 1.489 5,61 Irlanda 9.137 48,65 Luxemburgo 207 9,45 Rumanía 2.288 2,01 Suecia 21.987 48,96 Oceanía Australia 21.430 22,54 Nueva Zelanda 5.405 27,59

Fonte: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia

Page 19: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

18

Mulleres maltratadas polas súas parellas (prevalencia por 10.000 mulleres maiores de 14 anos) (ano 2000)

Continente País Incidencia Prevalencia África Mali 270 0,87 Mozambique 402 0,73 Zimbabwe 1.748 5,04 América USA 518.500 46,29 Asia Xapón 962 0,17 Europa Alemania 6.488 1,81 España 22.407 12,7 Hungría 1.017 2,31 Rumanía 1.017 1,08

Fonte: Centro Reina Sofía para el Estudio de la Violencia

8. A lexislación sobre malos tratos e a súa evolución Como xa mencionamos no punto 3, sobre a perspectiva histórica da desigualdade, as mulleres teñen vivido sempre nunha situación de inferioridade que tiña o seu reflexo tamén nas leis. En xeral, pasaban dunha situación de tutela levada a efecto polo pai a unha tutela do marido, e ata a implantación da Constitución Española de 1978, a situación legal das mulleres non era igualitaria con respecto aos varóns, dependendo do pai e do marido para a compravenda dos seus bens, a consecución do pasaporte ou o desempeño dun traballo remunerado. Por iso non é de estrañar tampouco que na lexislación penal non existise demasiada sensibilidade cara ao problema do maltrato, que practicamente non existía. É importante facer notar de maneira previa unha distinción no tratamento penal da violencia doméstica: a distinción entre faltas e delitos. A distinción entre unhas e outras é máis de carácter cuantitativo que cualitativo. Unha agresión física é falta ou delito dependendo das lesións producidas coa agresión e o seu tratamento. Sen embargo, na reforma do Código Penal de 1989 comezou a contar un novo rasgo a ter en conta, a habitualidade das agresións, nacendo o delito de violencia habitual no grupo familiar. Esa habitualidade refírese a repetición das mesmas accións do agresor sobre a víctima nun período próximo de tempo. Este novo concepto trátase de novo na reforma do Código Penal do ano 1995 (art. 153) quedando redactado da seguinte forma: “El que habitualmente ejerza violencia física sobre su cónyuge o persona a la que se halle ligado de forma estable por análoga relación de afectividad o sobre los hijos propios o del cónyuge o conviviente, pupilos, ascendientes o incapaces que con él convivan o se hallen sujetos a la potestad, tutela, curatela o guarda de hecho de uno u otro, será castigado con una pena de prisión de seis meses a tres años, sin prejuicio de las penas que se pudieran corresponder por el resultado que en cada caso causare”. En 1999 tivo lugar unha nova reforma no Código Penal na que se introduciu a novidade do trato penal, como delito, dos malos tratos psíquicos.

8.a) A Orde de Protección a Víctimas de Violencia Doméstica O 2 de agosto de 2003, e co consenso de tódolos grupos políticos, púxose en marcha, como novo instrumento legal para a loita contra a violencia doméstica e particularmente como mecanismo para

Page 20: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

19

defensa das mulleres, principais víctimas desta violencia, a ORDE DE PROTECCIÓN A VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DOMÉSTICA. A Orde de protección é unha resolución xudicial que constata a existencia dunha situación obxectiva de risco para unha víctima de violencia doméstica e, en consecuencia, ordena a súa protección durante a tramitación dun proceso penal por delicto, ou falta mediante, por un lado, a adopción de medidas de cautela civís e/ou penais; e por outra parte, a través da súa comunicación ás entidades competentes para a adopción de medidas de asistencia e protección social.

8.b) A Lei 27/2003 A principal novidade no ámbito de actuacións encamiñadas á erradicación da violencia de xénero constitúeo, sen dúbida, a aplicación da Lei 27/2003, do 31 de xullo, reguladora da Orde de Protección das Víctimas da Violencia Doméstica (BOE 1/8/2003). Este novo instrumento xurídico confire á víctima un estatuto integral de protección proporcionando unha resposta global e coordinada de tódolos poderes públicos. A nova regulación na nosa Lei de Procesamento Criminal da Orde de Protección, tramitada a partires dunha nova iniciativa de tódolos grupos parlamentarios e aprobada por unanimidade de ámbalas dúas Cámaras Lexislativas, supón un importante avanzo na loita conta a violencia doméstica porque unifica, a partires dunha soa solicitude, os diferentes instrumentos de protección da víctima previstos polo ordenamento xurídico (penais, civís e de protección e asistencia social), facilitando a coordinación da actuación dos diferentes organismos públicos competentes. A orde de protección ás víctimas da violencia doméstica pretende que a través dun rápido e sinxelo procedemento xudicial, substanciado ante o xulgado de instrucción, poida obte-la víctima un estatuto integral de protección que concentre dunha forma coordinada unha acción con cautela de natureza civil e penal. A orde xudicial de protección suporá, a súa vez, que as distintas Administracións públicas, estatais, autonómica e local, activen inmediatamente os instrumentos de protección social establecidos nos seus respectivos sistemas xurídicos. Nilo, consiste, precisamente o seu elemento máis innovador.

8.c) Solicitude Como afirma a propia Lei, a Orde de Protección poderá solicitarse directamente ante a Autoridade Xudicial ou o Ministerio Fiscal, ou ben ante as Forzas e Corpos de Seguridade, as Oficinas de Atención á Víctima, os Servizos sociais ou institucións asistenciais dependentes das Administracións públicas, ou nos Servizos de Orientación Xurídica dos Colexios de Avogados. Neste senso, cabe recorda-la sinatura do pasado 9 de xaneiro, do Convenio de colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e o Consello da Avogacía galega para a organización dun quenda de oficio específico de atención xurídica ás víctimas da violencia doméstica, prestándolles o necesario asesoramento e, de se-lo caso, defendendo os seus intereses en xuízos de faltas.

8.d) Principais aportacións da lei 27/2003 Entre as principais aportacións da Lei 27/2003 convén sinalar as seguintes:

• O Xulgado que coñeza dun proceso penal por violencia doméstica examinará se concorre unha situación obxectiva de risco para a víctima e si é así, debe ordenar aquelas medidas de cautela penais que resulten conducentes “atendendo á necesidade de protección integral e inmediata da víctima” (artigo 544 bis.6)

Page 21: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

20

• Por outra banda, a Lei habilita ó Xulgado ou Tribunal penal a dictar medidas de natureza civil relativas á atribución do uso e disfrute da vivenda familiar, á determinación do réxime de custodia, visitas, comunicación e estancia cos fillos, ó réxime de prestación de alimentos, así como calquera outra disposición que considere oportuna a fin de apartar ó menor dun perigo ou evitarlle prexuízos.

• En terceiro lugar, a constatación da existencia da situación obxectiva de risco realizada no auto

xudicial outorga á víctima un estatuto de protección que poderá facerse valer ante calquera Autoridade e Administración pública, e que poderá determina-la aplicación de aquelas medidas de asistencia e protección social establecidas no ordenamento xurídico.

• En cuarto lugar, a nova normativa establece un mecanismo de comunicación entre o órgano

xudicial e os órganos de asistencia e protección social, coa finalidade de que estes coñezan que aquel dictou unha Orde de Protección e as medidas adoptadas no seu seo.

• Así mesmo, a Lei estableceu un procedemento rápido e sinxelo para a adopción da decisión por

parte do órgano xudicial penal, a través da concentración de tódalas actuacións do proceso nunha audiencia celebrada ante o Xulgado de Instrucción coa citación de tódolos implicados.

• Por último, a nova regulación contén unha serie de disposicións destinadas a mellora-lo estatuto

da víctima de violencia doméstica dentro do proceso penal.

9. O Punto de Coordinación da Orde de Protección O parágrafo 8 do artigo 544 da Lei de Procesamento Criminal dispón que “se establecerá regulamentariamente un sistema integrado de coordinación administrativa que garante a axilidade destas comunicacións”, de tal maneira que a autoridade xudicial comunique a orde a un punto único en cada territorio. Unha vez en coñecemento da Autoridade competente en materia de asistencia ou protección social, será esta a que estableza qué prestacións sociais ou doutra índole serán de aplicación (normativa estatal, comunitaria ou local). Consciente da importancia deste novo instrumento, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a través do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, asumiu nesta Comunidade Autónoma a constitución dun sistema integrado de coordinación administrativa establecéndose como Punto de Coordinación, implicando ás Consellerías competentes en razón da materia. Así, estableceuse un Protocolo de actuación e coordinación entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o acceso das víctimas de violencia doméstica ás medidas de carácter social outorgadas pola autoridade xudicial a través dunha orde de protección, constituíndo os obxectivos básicos do mencionado protocolo os seguintes:

a) Establecer un punto de coordinación ó que a autoridade xudicial remitirá a orde de protección e dende o que se posibilitarán as axudas que sexan solicitadas pola víctima ou que resulten necesarias, previstas polo ordenamento xurídico.

b) Establecer un sistema de comunicación, preferentemente telemática, que permita a rápida

remisión da orde de protección dende o xulgado de garda ó centro de coordinación correspondente.

c) Establecer, por parte do punto de coordinación, a asistencia e protección axeitadas ás necesidades

da víctima facilitando o acceso ás axudas que soliciten as víctimas.

Page 22: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

21

10. Divulgación da Orde de Protección ás víctimas de Violencia Doméstica O coñecemento por parte das víctimas das propia existencia da Orde de Protección, así como das súas características e funcionamento, se configura como un dos elementos clave para o éxito da institución. A tal efecto, o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, seguindo as pautas establecidas no Protocolo para a implantación da orde de protección das víctimas de violencia doméstica, ven realizando numerosas actividades de divulgación do contido da mesma. Neste senso, desenvolvéronse accións formativas en sectores tales como Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, traballadoras e traballadores sociais, persoal técnico dos centros de información ás mulleres, persoal técnico dos Concellos...

11. Datos de Ordes de Protección desde o 1 de agosto de 2003 ao 31 de decembro de 2003

ÓRDES DE PROTECCIÓN VÍCTIMAS VIOLENCIA DOMÉSTICA

Resumo por provincias (Comunidade Autónoma de Galicia)

Provincia Solicitadas Acordadas Non acordadas

% Acordadas % Non acordadas

A Coruña 124 100 24 81 19

Lugo 24 19 5 79 21

Ourense 56 45 11 80 20

Pontevedra 97 72 25 74 26

Totais 301 236 65 78 22

ÓRDES DE PROTECCIÓN VÍCTIMAS VIOLENCIA DOMÉSTICA

Ámbito Solicitadas Acordadas Non acordadas % Acordadas % Non

acordadas

Nacional 7869 6004 1865 76 24

MEDIDAS PENAIS ADOPTADAS VÍCTIMAS VIOLENCIA DOMÉSTICA

Comunidade Autónoma

Privativas de liberdade

Orde de distanciamento

Prohibición de comunicación

Prohibición de volver ó lugar

GALICIA 9 198 84 42

Page 23: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

22

MEDIDAS CIVÍS ADOPTADAS

VÍCTIMAS VIOLENCIA DOMÉSTICA

Comunidade Autónoma

Atribución da vivenda

Custodia, visitas e comunicación cos

fillos

Prestación de alimentos

Protección do menor para

evitar un perigo ou prexuízo

GALICIA 51 59 40 4

12. Reformas lexislativas desenvolvidas polo Ministerio de Xustiza para loitar contra a violencia doméstica e para favorece-la igualdade de dereitos das mulleres

A Orde de protección remata un intenso proceso de reformas lexislativas que o Ministerio de Xustiza emprendeu tanto en materia penal, como en materia de Prisión Provisional, como en materia civil.

12.a) Reformas do Código Penal A Lei Orgánica 15/2003 de medidas concretas en materia de seguridade cidadá, violencia doméstica

e integración social dos estranxeiros e a Lei 11/2003 de modificación do Código Penal introduce importantes modificacións lexislativas no tratamento da violencia doméstica e de xénero co fin de garantir que o Estado de Dereito no seu conxunto sexa mais firme e dunha respostas proporcionada e axeitada á infracción que se comete. As reformas impulsadas polo Ministerio de Justicia de modificación do Código Penal nas dúas leis mencionadas con anterioridade pódense sintetizar nos seguintes aspectos:

1. Elévase á categoría de delicto tódalas actuacións delictuosas relacionadas coa violencia doméstica.

2. Endurécense as penas e substitúese a multa. 3. Hoxe as penas son máis duras e as condenas mais longas 4. Hoxe é agravante agredir ás mulleres en presencia de menores 5. Hoxe é delicto a ameaza con instrumento punzante, antes da reforma esa mesma conducta

considerábase falta. 6. Hoxe considérase tamén violencia doméstica a agresión entre noivos e parellas. 7. Inclúese o delicto de violencia doméstica no Título VII das torturas e outros delictos contra a

integridade moral. 8. O endurecemento da reincidencia como agravante cualificada permitiu incrementar un grado a

pena correspondente ó delicto. 9. O xogo conxunto de eleva-la violencia doméstica a delicto xunto coa reincidencia, supón a

posibilidade de elevación das penas para estes delictos. 10. Se prevé expresamente no tipo, a adopción da pena de inhabilitación especial para o exercicio da

patria potestade de 1 a 5 anos. 11. Acordase en todo caso a pena de privación do dereito de tenencia e porte de armas de 2 a 5 anos. 12. Reforzase a pena de distanciamento. 13. Regúlase a mutilación xenital. 14. Agrávase a pena do acoso sexual.

Page 24: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Estado da cuestión

23

12.b) A reforma do Código Civil relativa ó divorcio de estranxeiras en España A Lei Orgánica 11/2003 de modificación do Código Penal, introduce unha importante reforma no

Código Civil relativa ó divorcio de estranxeiras en España.

Con esta modificación permítese o acceso directo á separación e o divorcio en aqueles casos nos que a Lei de orixe facíano inviable ou facíano de maneira discriminatoria. A modificación do articulo 107.2 do Código Civil supón un avanzo moi significativo en aras da igualdade de dereitos das mulleres sexa cal sexa o seu lugar de orixe e sexa cal sexa a lei que regule as súas condicións familiares.

12.c) Reforma da Lei de Procesamento Criminal en materia de Prisión Provisional A Lei Orgánica 13/2003 de 24 de outubro reforza a prevención na comisión do delicto e evita

situacións de risco. Fortalécese a eficacia das medidas de cautela. • Prevé expresamente por primeira vez que os imputados por violencia doméstica poidan ser

sometidas a prisión provisional. • Prevé que poidan acordarse a prisión provisional como consecuencia do incumprimento da

medida de distanciamento ou doutra medida de cautela. • Hoxe o Xuíz/a pode aplica-la prisión provisional e o distanciamento fronte a calquera conducta

que atente contra a violencia.

12.d) Xuízos rápidos

A lei 38/2002 do 24 de outubro de reforma parcial da Lei de Procesamento Criminal, sobre procedemento para o procesamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas e de modificación do procedemento abreviado que permite o procesamento inmediato das faltas e delictos cometidos no ámbito doméstico.

Os xuízos rápidos permitirán que os delictos que agora tardan en procesarse incluso un ano (un ano que o que a víctima en grande parte das ocasións retira a denuncia, desiste do procedemento, abandona, cambiase de domicilio e resulta polo tanto dobremente prexudicada pola agresión, mentres o agresor segue coa súa vida á espera do xuízo) non tarden máis de quince días.

As faltas relacionadas coa violencia doméstica (hai que recordar que o Código Penal aínda mantén algunhas conductas, pola súa leve intensidade, como faltas por exemplo as ameazas, inxurias, calumnias e mínimas agresións) procesaranse en 48 horas cando agora tardan un mes.

Page 25: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

24

II. AS ACCIÓNS DO SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

1. AREA DE PREVENCIÓN Aborda-la prevención da violencia de xénero nunha sociedade na que os homes teñen sido tradicionalmente o centro sobre o que xiraba toda a vida condúcenos a planeamentos globais que incidan especificamente nas aprendizaxes que desde a infancia realizamos homes e mulleres. Numerosos estudios coinciden en destacar a importancia dun planeamento educativo e/ou reeducativo, segundo os casos, ó aborda-la prevención e/ou erradicación desta lacra social. Desde esta perspectiva formativa constitúe un obxectivo de primeira orde incidir sobre a reflexión e superación dos vínculos que sustentan o uso da violencia contra o feminino e por extensión contra as mulleres na sociedade. A violencia de xénero é un fenómeno complexo estreitamente vinculado ó modo en que mulleres e homes nos educamos e aprendemos a convivir

A existencia de agresións e comportamentos de violencia na infancia e na xuventude na actualidade está sendo abordada, desde unha análise de xénero, como unha conducta aprendida e reforzada, de xeito pouco reflexivo, ata a súa normalización/naturalización polos diferentes axentes educativos e nos múltiples contextos de relación polos que transita unha persoa na sociedade do coñecemento e da información. Así é relevante sinalar/destacar que a persoa -home ou muller- desde o seu nacemento está inmersa nun proceso de socialización no que a violencia contra as mulleres e contra o seu modo de participar na sociedade está sendo aprendida e reaprendida indefinidamente a través de múltiples medios e recursos, como cabe esperar dunha sociedade evoluída no que a información e o acceso ó coñecemento tenden progresivamente a maiores cotas de universalización. Ante este feito e, a luz das estatísticas sobre a propia realidade galega, imponse con maior urxencia se cabe que en etapas anteriores, deseñar e intervir explicitamente sobre a oferta formativa con actuacións globais, de probada eficacia en diferentes contextos, tendentes a incidir directamente sobre a propia raíz do proceso estructural no que se sustenta a violencia de xénero, o proceso educativo entendido en senso amplo como unha sucesión de oportunidades de desenvolvemento persoal nos que a oferta formal, non formal e informal comparten protagonismo e influencia no proceso formativo individual e colectivo. De modo específico destácase a necesidade de incidir nas aprendizaxes de xénero que sustentan o propio vínculo da violencia: a desigualdade (a desigualdade formativa, a desigualdade de oportunidades e en definitiva a desigualdade de consideración e valoración que tradicionalmente padeceu a contribución das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade). Diferencias de prestixio, de responsabilidade, de remuneración, de poder, de oportunidades, de formación e promoción, en definitiva, de participación equitativa de mulleres e homes na vida social e política son algunhas evidencias da discriminación estructural que pervive na sociedade galega, directamente relacionadas co uso da violencia como un recurso consentido para o mantemento dun status masculino en proceso de cambio e revisión. En referencia ó desenvolvemento do principio de transversalidade que preside a coordinación entre os diferentes Departamentos da Xunta de Galicia en materia de igualdade e tal como recolle o actual o Plan de Acción 2002-2005 vixente na Comunidade Autónoma, preséntanse a continuación, con brevidade, as actuacións realizadas ata o momento (moitas das cales seguen en curso neste momento) durante o ano 2003, e unha valoración das actuacións e intervencións que na área de prevención, intervención e integración se potencian a través do SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE.

Page 26: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

25

Trátase en tódolos casos de intervencións formativas pautadas e consensuadas interinstitucionalmente nas que ademais do compromiso particular de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, se esixe e se precisa do traballo de toda a sociedade na firme loita pola erradicación da violencia nas súas múltiples manifestacións. A igualdade de oportunidades e de valoración entre os colectivos masculino e feminino tórnase como obxectivo e alicerce na que asenta-la convivencia diaria sen violencia de mulleres e homes en tódolos e cada un dos ámbitos de relación e participación social. Na perspectiva de análise comentada, desde un enfoque integral e estructural na súa abordaxe, imponse capacitarnos para previr e atender con eficacia as múltiples manifestacións graduais que pode adoitar a violencia de xénero, a violencia contra o feminino. Neste senso será imprescindible tentar de mellorar os canles, incentivar novos canles de colaboración interdepartamental (na propia Administración autonómica) se realmente desexamos prontos e duradeiros resultados e ó tempo facilitar e pautar a incuestionable colaboración interdisciplinar entre os diferentes profesionais (educativos, sanitarios, xudiciais, policiais,...) con competencias explícitas na abordaxe das situacións de violencia.

1.1. Accións no ámbito docente

1.1.1. Actividades formativas Proxecto Relaciona en Galicia: Prevención da violencia de xénero desde o ámbito escolar. Trátase dun proxecto de sensibilización e formación do profesorado en activo que se desenvolve de modo ininterrompido desde o ano 1999 en colaboración co Instituto de la Mujer e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Pretende sensibilizar ó profesorado sobre a intervención da cultura de xénero nas manifestacións de violencia observadas na propia comunidade escolar co obxecto de potencia-la construcción de modelos de relación que contribúan a promover relacións de equidade e solidariedade entre o alumnado e un nivel de tolerancia cero para coa violencia de xénero. OBXECTIVOS: 1.-Analiza-las situacións de violencia que se producen nos centros educativos desde unha perspectiva de xénero 2.-Reflexionar sobre a importancia da práctica docente nesta cuestión e sobre os modelos e valores asociados tradicionalmente á masculinidade e á feminidade. 3.-Dar importancia ás relacións e a comunicación na convivencia escolar. COLECTIVO DESTINATARIO: Profesorado de ensino infantil, primario e secundario. DURACIÓN: 12 horas de formación

Page 27: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

26

PARTICIPACIÓN:

Inscricións Asistencia continuada Índice participación

MULLERES 725 392 54,07

HOMES 221 145 65,61

TOTAL 946 537 56,76

LUGARES DE REALIZACIÓN: Centros educativos solicitantes das catro provincias Realizadas 49 intervencións nas que estiveron implicados un total de 104 centros educativos. Foro galego de educación para a igualdade Trátase dunha actividade anual de formación centralizada organizada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dirixida ó profesorado galego de niveis non universitarios na que se pretende continuar avanzando colectivamente, desde a análise de xénero, en novos desenvolvementos da educación en igualdade, comprometida coa prevención da violencia contra as mulleres. Durante a quinta edición (abril de 2003) prestouse especial atención á construcción da identidade persoal e ás diferencias que os colectivos masculino e feminino adoitan no proceso. Sometéronse á valoración docente pautas didácticas que, reforzando calidades persoais en alumnas e alumnos, puideran derivar en eixes de formación procuradores de dignidade e madurez suficiente para evitar situacións de risco e exclusión social presentes na sociedade actual. Prostitución, abusos e acoso sexual, malos tratos, etc. COLECTIVO DESTINATARIO: Profesorado de ensino infantil, primario e secundario. DURACIÓN: 10 horas de formación PARTICIPACIÓN:

Inscricións Asistencia continuada

Índice de participación

MULLERES 225 172 76,4

HOMES 32 28 87,5

TOTAL 257 200 77,8

LUGAR DE REALIZACIÓN Santiago de Compostela.

Page 28: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

27

Xornada galega de nais e pais educando en igualdade

A importancia de xunguir esforzos entre as/os responsables escolares e familiares do alumnado motiva que desde o seu inicio no ano 1999, esta formación familiar se programase en secuencia temporal e de contido coa actividade anterior, o foro galego de educación para a igualdade. Na súa edición do ano 2003 resaltouse a importancia da convivencia familiar na construcción da identidade persoal que homes e mulleres asumimos nunha sociedade de xénero. Nais e pais compartiron momentos para o intercambio e reflexión sobre a necesidade de implicarse individualmente na creación de ambientes familiares capaces de promover proxectos de vida globais exentos de violencia e discriminación sexista. COLECTIVO DESTINATARIO: Nais e pais de alumnado de ensino infantil, primario e secundario. DURACIÓN: 6 horas de formación PARTICIPACIÓN:

Inscricións Asistencia continuada Índice participación

MULLERES 90 52 57,77

HOMES 21 16 76,19

TOTAL 111 68 61,26

LUGARES DE REALIZACIÓN Santiago de Compostela

1.1.2. Actividades de innovación e experimentación de programas formativos de prevención da violencia de xénero Programa de prevención de violencia de xénero para adolescentes No derradeiro trimestre do ano 2003, coincidente co inicio do curso escolar, ponse en marcha un programa formativo de carácter experimental en dúas comunidades escolares de ensino secundario na Comunidade Autónoma. OBXECTIVOS: 1.-Previ-la violencia de xénero e as relacións de poder asimétricas entre adolescentes a través dunha intervención formativa secuenciada en todos e cada un dos sectores da comunidade escolar. 2.-Favorece-la construcción de relacións de equidade como eixo dun pleno crecemento persoal e social . 3.-Sensibilizar e implicar activamente a tódolos sectores da comunidade escolar no desenvolvemento do programa como garante de éxito dos resultados pretendidos. 4.- Capacitar ós/ás responsables da formación do alumnado adolescente para incorporar de modo continuado e transversal unha educación en igualdade ó seu labor educativo.

Page 29: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

28

COLECTIVOS DESTINATARIOS: Equipo docente Alumnas e alumnos de ESO. Nais e pais do alumnado en formación. DURACIÓN: Novembro 2003/ xuño 2004 PARTICIPACIÓN:

PROFESORADO PAIS ALUMNADO

MULLERES 25 25 130

HOMES 16 9 146

TOTAL 41 34 276

LUGARES DE REALIZACIÓN IES “Ramón Otero Pedraio” A CORUÑA IES “ Xunqueira 1” PONTEVEDRA Obradoiros formativos para a xuventude: Aprendendo vínculos de equidade nas túas relacións. Con esta actividade de innovación formativa preténdese un achegamento a un colectivo escasamente traballado en cuestións de prevención da violencia de xénero, a xuventude e o alumnado universitario. Coa experimentación e avaliación desta iniciativa preténdese poder perfilar un programa formativo en igualdade e para a prevención das relacións de violencia adaptado ós intereses e características da xuventude; que redunde na capacitación de rapaces e rapazas para poder converterse en mediadoras e mediadores de igualdade nos seus contornos de relación e ámbitos de intervención e participación socio-comunitaria. OBXECTIVOS: 1.-Sensibilizar e formar á xuventude sobre a importancia de crear vínculos afectivos non violentos, solidarios e de colaboración. 2.-Facilita-la investigación persoal sobre as ideoloxías de xénero en torno ós modelos de amor e de relación sentimental. 3.-Analizar e reflexionar, desde unha análise de xénero, sobre os modelos vinculares tradicionais e aprender a elaborar alternativas non violentas. COLECTIVOS DESTINATARIOS: Alumnas e alumnos de ensino post-obrigatoiro e universitario. DURACIÓN: Novembro 2003/ maio 2004

Page 30: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

29

PARTICIPACIÓN:

Solicitantes Asistentes Índice de participación

MULLERES 91 28 30,77

HOMES 8 3 37,50

TOTAL 99 31 31,31

LUGARES DE REALIZACIÓN: Campus Universitario de Elviña. A CORUÑA Campus universitario de A Xunqueira. PONTEVEDRA

1.1.3. Actividades de investigación Bolsas de investigación universitaria. Co obxecto de incentivar entre o alumnado universitario recentemente titulado un maior coñecemento sobre o dereito a igualdade nos eidos legal, educativo, sanitario, social e cultural na Comunidade Autónoma, convócanse anualmente cun carácter formativo e de apoio ó estudio que realizará un/unha bolseiro/a e axudas a realización de estudios sobre a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes. Durante o ano 2003 concedéronse tres bolsas, investigándose sobre a actualidade galega nos seguintes aspectos: 1.- Utilización de medidas de acción positiva como mecanismo para avanzar na igualdade entre mulleres e homes. 2.-As mulleres e o mercado de traballo: medidas e instrumentos para a consecución da igualdade nos albores do século XXI 3.-A muller e os medios de comunicación en Galicia.

1.2. Campañas de sensibilización en medios de comunicación

Campaña publicitaria “Educar en igualdade é previ-la violencia de xénero”. Un dos actos mais relevantes para conmemora-lo 25 de novembro, día para a eliminación da violencia contra as mulleres, consistiu nunha campaña publicitaria difundida a través de radio, prensa, televisión, cine, valas publicitarias e carteis, co fin de sensibilizar á poboación de que a violencia doméstica é un problema social que temos que erradicar entre tódolos estamentos. A difusión foi a seguinte: Publicacións en prensa: 12 Proxeccións nas salas cinematográficas de Galicia: 2.280 Proxeccións en televisión: 72 Publicación de carteis: 5.000

Page 31: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

30

Comisión de xénero e medios de comunicación. Ó longo deste ano a Comisión de traballo cos medios de comunicación continuou a súa actividade a través de reunións periódicas nas que participaron con regularidade representantes dos diferentes medios de comunicación: radio, prensa e televisión, así como representantes da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, e o Colexio de Xornalistas de Galicia. Seguiuse afondando na formación de xénero e acordouse traballar na elaboración dun manual de estilo e un decálogo de actuacións realizado dende a perspectiva da igualdade con especial referencia á problemática da violencia de xénero.

Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista O Servizo Galego de Igualdade constituíu a Comisión Asesora da Publicidade non Sexista como órgano colexiado adscrito a este organismo ó obxecto de asesorar e orientar a entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para elimina-lo sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que favorezan a erradicación de todo tipo de discriminación por razón de sexo, incluíndo a violencia de xénero. Así mesmo, a instancia da parte interesada, esta Comisión canalizará as queixas que se reciban en relación coa publicidade non sexista. A labor da Comisión Asesora de Publicidade non Sexista está centrada na publicidade que se difunde a través de soportes publicitarios e medios de comunicación que teñen a súa principal actividade en Galicia.

Observatorio da Publicidade A Comisión Asesora de Publicidade non Sexista, en sesión celebrada o día 10 de marzo de 2003, acordou crear a nivel autonómico un Observatorio de Publicidade, co fin de lograr unha maior efectividade no desenvolvemento das competencias que ostenta en esta materia. O referido Observatorio ten as seguintes funcións:

• A recollida de denuncias cidadás sobre anuncios e campañas publicitarias consideradas

sexistas. • Análise e clasificación dos contidos denunciados co fin de obter unha visión da situación actual

da publicidade, xerada na Comunidade Autónoma de Galicia, con respecto ás mulleres. • Recibir información sobre medidas e actividades que poñen en marcha as Administracións

Públicas en materia de publicidade non sexista. • Constituír un foro de intercambio e comunicación sobre a publicidade non sexista, entre esta

Administración e a sociedade. • Difundi-la información obtida co fin de continuar fomentando o rexeitamento ó tratamento

discriminatorio na publicidade e nos medios de comunicación.

1.3. Accións dirixidas a previ-la violencia Actividades destinadas a mulleres Por medio da Resolución de actividades concédense anualmente subvencións para impulsa-lo asociacionismo e a participación das mulleres galegas en distintas actuacións realizadas a través de concellos e entidades. É requisito indispensable que na programación presentada se incorpore un módulo de igualdade de oportunidades incluíndo información sobre violencia de xénero. Durante o ano 2003

Page 32: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

31

apoiouse a realización de actividades en: 169 concellos e 451 entidades, sendo o total de usuarias 45.149 mulleres. Cursos de formación ocupacional Anualmente se realizan cursos formativos para impulsa-la inserción laboral de mulleres que inclúen ademais dos contidos técnicos específicos necesarios, módulos de igualdade de oportunidades informativos sobre a violencia de xénero e outros temas de interese. Concellos 83; entidades 157 e número de alumnas 3.467. Formación do persoal da Xunta de Galicia En colaboración coa Escola Galega de Administración Pública impartíronse módulos de política de igualdade que inclúen información sobre violencia de xénero nos cursos dirixidos ó persoal da Xunta de Galicia. Total de participantes: 600. Curso de formación “Marco teórico-legal en materia de igualdade de oportunidades” O Servizo Galego de Igualdade, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, consideraron necesario difundía-la normativa existente en materia de igualdade e fomenta-la formación en temas relacionados con conflictos familiares entre o persoal da Xunta de Galicia. Ó obxecto de debater, reflexionar e intercambiar experiencias nesta materia, realizouse o curso “Marco teórico-legal en materia de igualdade de oportunidades” que tivo lugar do 2 ó 6 de xuño en Santiago de Compostela, contando coa participación de 25 persoas. Encontro de formación e coordinación con colectivos que atenden a mulleres víctimas de violencia. Este curso dirixido a profesionais que traballan con mulleres en centros de información, centros de acollida e Servizos policiais de atención específica a mulleres, desenvolveuse co obxectivo de homoxeneiza-la formación dos distintos profesionais, posibilita-lo intercambio de opinións e experiencias e coordina-los distintos recursos e servizos dedicados á información e a atención a mulleres. O curso, realizado na residencia de Patos (Panxón, Pontevedra) os días 23 e 24 de outubro, contou coa participación de 46 profesionais. Formación na Escola Galega de Seguridade No ámbito da formación dirixida ós corpos e forzas de seguridade, vense desenvolvendo, en colaboración coa Escola Galega de Seguridade, a ensinanza dun módulo de tratamento socio-asistencial de mulleres víctimas de violencia de xénero. As persoas destinatarias do mencionado módulo pertencen ó corpo da policía local, e se integra tanto na formación de novo ingreso ó corpo como na formación destinada á promoción interna. Xornadas de formación no ámbito local sobre a Orde de Protección das víctimas de violencia doméstica. O 1 de agosto de 2003 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da Orde de Protección das víctimas da violencia doméstica. A mesma outorga un estatuto integral de protección á víctima creando un novo instrumento de amparo e tutela.

Page 33: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

32

O Servizo Galego de Igualdade, asumiu nesta Comunidade Autónoma o compromiso de realizar aquelas actividades de divulgación que se considerasen oportunas co obxectivo de dar a coñece-lo contido deste novo instrumento xurídico seguindo as recomendacións do Protocolo para a implantación da orde de protección das víctimas de violencia doméstica. Neste contexto desenvolvéronse inicialmente catro xornadas de difusión nas catro provincias dirixidas a todos aqueles profesionais das corporacións locais que traballasen no ámbito da atención a mulleres víctimas de violencia doméstica. As xornadas desenvolvéronse durante os meses de novembro e decembro, contando coa participación de 265 persoas. Xornadas de formación no ámbito policial sobre a violencia de xénero Con ocasión da entrada en vigor da Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da orde de protección a víctimas de violencia doméstica, leváronse a cabo xornadas formativas nas catro provincias destinadas principalmente á policía local, contando coa participación de 255 persoas. Xornada informativa-participativa sobre a Orde de Protección das víctimas de violencia doméstica. O día 24 de setembro de 2003, celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada informativa-participativa co persoal dos centros de información ás mulleres e as casas de acollida, co obxectivo de informar sobre o contido da Lei 27/2003, do 31 de xullo, reguladora da orde de protección das víctimas da violencia doméstica e do novo instrumento xurídico xurdido da mesma. Esta xornada contou coa participación de 80 profesionais. Xornada “As mulleres mozas: unha aproximación á realidade social” Esta xornada organizada en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia desenvolveuse en Santiago de Compostela durante os días 18, 19 e 20 de novembro, coa finalidade principal de proporcionar un espacio común de reflexión e co obxectivo de sensibilizar á poboación en xeral na necesidade de fomentar actitudes e comportamentos non sexistas. Ó longo da xornada do día 20 desenvolveuse unha conferencia sobre “A violencia contra as mulleres”, contando coa participación de 231 persoas.

1.4. Outras accións de sensibilización convocadas Premios Galicia en Feminino Os Premios Galicia en Feminino foron ideados para estimular e difundi-las actuacións que reflictan as aportacións das mulleres á sociedade e, denuncia-las situacións de discriminación por razón de sexo e promove-la transformación de estereotipos sexistas así como recoñece-la traxectoria e o esforzo de persoas ou entidades a favor da igualdade de oportunidades. As modalidades convocadas, para estes premios, son as seguintes:

• Premio á participación laboral das mulleres • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres • Premio á participación artístico-cultural das mulleres • Premio á participación social • Distinción honorífica pola defensa da igualdade

Page 34: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

33

Formación de grupos de profesionais que se dedican ó tratamento dos problemas derivados dos malos tratos.

Profesionais a quen se dirixen

Nº Cursos

Data realización

Nº asistentes

Lugar de celebración

Persoal docente 10 1 1

Varias 5 abril

26 abril

199 257 111

10 Centros Educativos de Galicia

Forzas e Corpos da Seguridade do Estado: Policía autonómica e Local

4 4

Varios Varios

120 255

A Estrada A Coruña, Ourense e Vigo

Profesionais Servicios Sociais

1 1 1 4

2 ó 6 de xuño 24 de setembro 23 e 24 outubro

Varias

25 80 46

265

Santiago Santiago Patos A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

TOTAL 27 1.358

2. AREA DE INTERVENCIÓN Tendo en conta a realidade e a gravidade do problema da violencia contra as mulleres, resulta evidente a necesidade de lles facilitar ás víctimas da violencia os recursos e servicios de apoio necesarios para afrontar esta situación, ademais de intensifica-las accións que leven a unha maior sensibilización social ante o problema e a unha igualdade de oportunidades real entre homes e mulleres. É necesario que se adopten medidas que favorezan a atención ás víctimas de malos tratos, agresións sexuais e acoso sexual, adecuando sempre os recursos ás necesidades detectadas.

2.1. Centros Asesores e Servizos de Información

2.1.1. Centros de Información

Tamaño do hábitat Titularidade dos centros

Centros específicos para

mulleres

Usuarias malos tratos

2003 Usuarias totais 2003

Poboacións de mais de 10.000 habitantes

SGI CONCELLOS

ONG 26 1.850 20.881

Poboacións de menos de 10.000 habitantes CONCELLOS 15 449 6.494

TOTAL 41 41 2.299 27.375

Page 35: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

34

Articulados en colaboración con Concellos e entidades sen ánimo de lucro e integrados por profesionais do traballo social, dereito e psicoloxía, informan sobre todo tipo de problemática que poda afectar ás mulleres, especialmente no relacionado con situacións de violencia de xénero.

2.1.2. Servizos telefónicos de emerxencia

Nº Teléfono Nº Chamadas Nº Chamadas específicas de malos tratos (2003)

900 400 273 * 824 111

Centro 24 horas 2.100 511

* Teléfono gratuíto e permanente con cobertura para toda a Comunidade Autónoma e teléfonos móbiles

2.1.3. Guías de recursos

2003

EDICIÓN (*) REEDICIÓN (*) TÍTULO EXEMPLARES

EDITADOS EXEMPLARES

DISTRIBUÍDOS EXEMPLARES

EDITADOS EXEMPLARES

DISTRIBUIDOS

Nin un biquiño á forza 2.000 1.600

I Plan de Acción contra a violencia de xénero en Galicia 2002-2005

4.000 3.200

Phisax, habitante de igualdade 5.000 4.000

Guía para rapazas. Cómo previ-las agresións e defenderse delas

3.000 2.400

Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria

4.000 3.200

Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación Secundaria

2.500 2.000

2.2. Unidades específicas de atención en servizos policiais a mulleres víctimas de violencia A Policía autonómica galega conta con seis servizos de atención a casos de violencia intrafamiliar e menores situados en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As actuacións que realizan consisten en:

• Recepción de denuncias • Acompañamento das víctimas o seu domicilio a efectos de recolle-las súas pertenzas. • Posibilita-la interposición de denuncia no domicilio da víctima ou lugar que para ela sexa máis

conveniente. • Protección inmediata a través do servizo de teleasistencia • Traslado a centros de acollida ou similares

Page 36: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

35

• Coordinación co SGI a efectos de coñecer mensualmente as denuncias interpostas por situacións de violencia de xénero

• Sensibilización social a través de charlas, foros, xornadas, encontros, etc.. • Participación de profesionais da Policía Autonómica nos cursos de formación específicos sobre

violencia de xénero e situación das mulleres en Galicia.

2.3. Dispositivos electrónicos utilizados para o auxilio das víctimas de malos tratos En múltiples ocasións, as mulleres víctimas de violencia, a pesar de interpor denuncia contra os seus agresores, continúan sendo víctimas de ameazas, acoso e persecución co conseguinte risco que esto comporta. Para evitar que estas ameazas poñan en perigo a integridade das mulleres articulouse en colaboración coa Policía autonómica un Servizo de Teleasistencia. Este servizo consiste na conexión directa coa policía por medio de telefonía móbil que permite a atención e protección inmediata das víctimas no momento en que corran algún risco de agresión. Está destinado para aqueles casos en que existindo, previa demanda xudicial ou sentencia firme, o xulgado decida a súa conveniencia. Durante o ano 2003 ofreceuse este servizo en 30 ocasións por parte da Policía autonómica.

2.4. Centros de atención e acollida ás mulleres víctimas de violencia doméstica

Capacidade Tipo de centro Nº Centros

Muller Menores

Tempo estadía

% ocupación

anual Titular Situación

Casa de Acollida 9 157 141 días 88%

Asociacións Concellos

ONG

Ferrol, A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra

Pisos Tutelados 3 25 95 días 31,5% Concellos Culleredo e Lugo

Centro Emerxencia 24 horas

1 ONG A Coruña

Outros servicios de acollida

3 19 192 días 66,76% ONG A Coruña, Vigo e Santiago

Os Centros de acollida de Galicia funcionan atendendo e asesorando ás usuarias durante as 24 horas. Desde o ano 2002 veñen funcionando un centro específico (Centro 24 Horas) de atención. A atención de situacións de emerxencia en toda a Comunidade autónoma de Galicia realizase en base ó Protocolo subscrito entre a Consellería de Sanidade, Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a FEGAMP.

2.5. Puntos de encontro A Rede galega de Puntos de Encontro articúlase a través de entidades colaboradoras da Administración autonómica, inscritas no Rexistro da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado como entidades sen ánimo de lucro sendo xestionados pola Dirección Xeral de Familia e cofinanciados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Os puntos de encontro están sitos en A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e son xestionados polas distintas entidades. O carácter de puntos de encontro é multidisciplinar e están integrados por persoal experto en intervención psicosocial familiar, dereito de familia e mediación familiar.

Page 37: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

36

Casos atendidos: 228; Nº de menores implicados 925; Visitas tuteladas 3.791; Intercambios 9.111 e Intervencións complementarias 4.107.

2.6. Protocolos de Coordinación

I. Colaboración co Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia para prestar asistencia terapéutica e información a homes agresores. Convenio anual prorrogable desde 2001.

II. Colaboración coa Asociación de Mulleres Xuristas de Galicia para proporcionar información gratuíta e asistencia letrada gratuíta en xuízos e faltas a mulleres víctimas de violencia.

III. Colaboración coa Escola Galega de Administración Pública para incluír na formación do persoal da Xunta de Galicia módulos específicos de igualdade de oportunidades e violencia de xénero. Anual desde 1999.

IV. Colaboración coa Policía autonómica para optimiza-la atención a mulleres víctimas de violencia e proporcionar información sobre denuncias por malos tratos.

V. Colaboración coas Escolas de Práctica Xurídica de Galicia para sensibilización e formación de profesionais do Dereito en materia de violencia de xénero. Anual desde 1999.

VI. Convenio coa Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local ó obxecto de proporcionar protección a mulleres víctimas de violencia por medio do servizo de teleasistencia, formación de profesionais do dereito en supostos de violencia e formación de profesionais de xudicatura e fiscalía incluíndo módulos sobre violencia de xénero na formación anual.

VII. Convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para realizar actuacións de prevención da violencia. Anual desde 1999.

VIII. Colaboración con concellos e entidades para mantemento de recursos e servizos específicos para a información, apoio e asistencia a mulleres víctimas de violencia. Anual a través da Resolución de apoio á creación de servizos especializados.

IX. Coordinación de centros de información, centros de acollida, programas específicos dirixidos a mulleres en situación de especial dificultade a través de formación de profesionais, reunións de coordinación, programa informático común, intercambio de información sobre atencións prestadas e elaboración conxunta de estatísticas.

X. Coordinación da rede de mediadoras sociais en materia de violencia de xénero facilitándolles formación, información, acreditación da súa condición de mediadoras e seguro de responsabilidade civil.

XI. Protocolo de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Radio Televisión de Galicia e o Colexio de Xornalistas de Galicia para a inclusión da perspectiva de xénero na formación dos e das profesionais en activo e estudiantes en proceso de formación. Anual prorrogable desde o 2002.

XII. Protocolo coa Federación Galega de Municipios e Provincias para a coordinación de esforzas, e unificación de metodoloxías de actuación na atención a mulleres víctimas de violencia, así como elaboración de modelo de acordo de adhesión de concellos para a realización de actuacións contra a violencia de xénero. Anual prorrogable desde 2002.

XIII. Protocolo xeral de actuación e coordinación no ámbito da Comunidade autónoma galega para a atención de mulleres víctimas de malos tratos, asinado pola Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a Consellería de Sanidade e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Anual desde o 2002.

XIV. Protocolo xeral de actuación e coordinación na Comunidade Autónoma galega para a intervención no ámbito da prostitución a través dunha atención máis eficaz ás mulleres que sofren violencia no mencionado entorno. Anual dende 2003.

XV. Protocolo de actuación e coordinación entre Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para a atención e protección de mulleres víctimas de malos tratos. Vixencia indefinida desde 2003.

Page 38: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

37

3. ÁREA DE INTEGRACIÓN A Administración é consciente de que a violencia contra as mulleres é un problema condicionado, en gran medida, polo contorno privado no que normalmente se produce, así como polos estereotipos educacionais que seguen a perpetuar a discriminación de xénero. Por esta razón, a nivel institucional, é fundamental dispoñer os recursos necesarios para acoller e atender a estas mulleres, así como garantir a súa autonomía, procurando a súa integración na vida social e laboral, a través de diferentes actuacións dirixidas a facilitarlles a busca de emprego, unha mellor formación e a dispoñibilidade dunha vivenda. Por outra banda, os propios agresores constitúen un colectivo sobre o que hai que dirixir tamén medidas cara á súa reeducación e/ou integración na sociedade sen actitudes violentas.

3.1. Programas de Intervención especializada para a rehabilitación dos homes violentos

ANO 2003 Entidade que organiza o programa Nº de homes atendidos Valoración

Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia 33

Terapias iniciadas: 30 Altas: 4

Abandonos: 5

3.2. Programas de inserción laboral específicas para mulleres víctimas de violencia

PROGRAMAS Nº MULLERES

Centros de día 1.079

Atención a mulleres reclusas 58

Atención a adolescentes embarazadas 55

Centros de Acollida 327

Unidades Móbiles 1.225

3.3. Recursos a ONG para desenvolver programas a favor de mulleres maltratadas

2003

Nº de entidades subvencionadas 19

Nº de programas 7

Importe total subvencionado 282.192,36

Convocatoria a través da Resolución anual para apoio económico a entidades que desenvolvan proxectos dirixidos a informar, asesorar, orientar, apoiar e acoller a mulleres en situación de especial dificultade derivadas de situacións de violencia de xénero, ou incluídas en colectivos susceptibles de sufrir agresións.

Page 39: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

38

4. OUTROS RECURSOS IMPLANTADOS

4.1. Programa de fomento da inserción laboral das mulleres víctimas de violencia doméstica A Xunta de Galicia, no ámbito de actuación das políticas activas de emprego, pon en marcha este programa, coa finalidade de facilita-la integración sociolaboral das mulleres víctimas de violencia doméstica, a través de distintas medidas activas de emprego. A articulación deste programa na estratexia das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia terá lugar a través dunha adecuación e utilización conxunta dos instrumentos e mecanismos que xa veñen formando parte de aquelas, para a realización dun modo integral a favor dun colectivo concreto, o das mulleres víctimas de violencia doméstica, incluíndo desde accións de mellora da empregabilidade ata incentivos á contratación indefinida e temporal, programas pilotos e programas mixtos de formación e emprego.

4.2 Programa de formación dirixido a mulleres víctimas de violencia doméstica Este programa de formación dirixido a mulleres víctimas de violencia doméstica perceptoras da renda activa de inserción veñen desenvolvéndose desde finais do 2003 na provincia da Coruña. O seu obxectivo é incrementa-la empregabilidade de colectivos de mulleres con especiais dificultades de integración social e laboral. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través de Marcos Comunitarios de Apoio, Programa Operativo Loita contra a discriminación para o período de programación 2000-2006.

5. PUBLICACIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO As medidas preventivas e educacionais revisten unha grande importancia de cara a erradicación da lacra social da violencia de xénero. Loitar para eliminar tódalas formas de violencia contra as mulleres supón, no que se refire á prevención, analizar as relacións que se dan no día a día, e que moitas veces levan implícita a violencia sexual, e así mesmo, axudar ás nenas, ás rapazas e ás mulleres a adquirir estratexias e confianza en si mesmas para afrontar situacións violentas. Con ese fin durante o ano 2003, desde o Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, coordináronse e editáronse diversas publicacións. Unhas están destinadas especialmente ao profesorado e ao persoal formador, e proporcionan pautas de traballo co fin de erradicar a violencia contra o colectivo feminino. Outras destínanse ás rapazas e ás nenas. Aínda que estes eran os colectivos para os que se deseñaron as publicacións, son demandadas e utilizadas por monitoras e monitores de xoves, persoal dos centros de información á muller, persoal de asociacións e bibliotecas, entre outros. De seguido, e en orde cronolóxico, preséntanse brevemente os obxectivos e características destas publicacións.

5.1. Phisax, habitante de Igualdade Este cómic e as fichas de traballo que o acompañan pretenden dar unha visión ó alumnado de que a sociedade debe ser xusta e igualitaria e debe ofertar as mesmas opcións a tódolos seus membros con independencia do seu sexo. Realizouse co fin de que o profesorado tivera clara ocasión de traballar a igualdade de sexos e abundar na reflexión dos valores que se formulan en defensa do papel da muller na sociedade occidental, entre eles o principio de tolerancia cero en materia de violencia de xénero.

Distribuíuse con motivo do 8 de marzo do 2003, Día Internacional dos Dereitos da Muller, a tódolos centros de ensino primario da Comunidade Autónoma.

Page 40: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña

A violencia contra as mulleres en Galicia – Accións do SGI contra a violencia de xénero

39

5.2. Guía para rapazas. Como previ-las agresións e defenderse delas Foi presentada con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este libro quérese axudar a tódalas rapazas a vencer a violencia contra elas; a non sentirse culpables, se chega a producirse; a rebelarse contra os agresores, e tamén dun modo máis amplo, a vivir con liberdade, sen temores nin restriccións, o proxecto de vida que cada unha desexe desenvolver.

O profesorado atopara nela suxestións para usala como instrumento educativo polo que se veu axeitado difundila entre os centros educativos que imparten secundaria aparte de entre os centros de información á muller de Galicia.

5.3. Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria Decidiuse a súa realización na crenza de que a mellor forma de previr é educar e de que o profesorado ten unha especial oportunidade para promover o cambio do proceso de socialización actual nas novas xeracións.

Esta e a equivalente de secundaria trata a necesidade de atender as relacións e os conflictos para previr dun modo eficaz a violencia, facendo especia fincapé en determinados modelos e formas de vivir a feminidade e a masculinidade.

Tendo a certeza de que é necesaria a colaboración das nais e dos pais dedícase un capítulo a reflexionar quen acode, cando acode, quen ensina a quen e como se pode mellorar o intercambio entre a escola e as familias.

Así mesmo para responder á demanda do profesorado inclúense en cada unha das publicacións, prácticas educativas concretas e unha unidade didáctica completa para cada nivel educativo.

Distribuíuse, entre outros, nos centros educativos que imparte ensinanza infantil e primaria na nosa Comunidade Autónoma.

5.4. Educar para previ-la violencia. Guía para o profesorado de educación secundaria Desta publicación, análoga á anterior, débese resaltar o feito de que está especialmente adicada ao nivel educativo de secundaria.

5.5. Nin un biquiño á forza

Decidiuse a reimpresión deste conto infantil pola grande demanda existente e por non dispor xa de exemplares. Preténdese con el identificar as sensacións e cimentar recursos persoais para o establecemento de relacións interpersoais non discriminatorias, libremente elixidas e sustentadas en valores como o respecto, a dignidade e o dereito á igualdade entre mulleres e homes.

Esta publicación ten por obxecto contribuír educativamente á prevención da violencia de xénero, concretamente á agresión que constitúe o acoso sexual, no marco do “Plan de Acción contra a Violencia de Xénero en Galicia (2002-2005)”.

Page 41: A VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIAigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...perspectiva europea, en 1997 o Parlamento Europeo emitiu unha resolución sobre a campaña