31
A VOZ D@S NEN@S Colexio Alborada Curso 2011/2012 PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN da lingua galega DO CEIP ALBORADA

A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

A VOZ D@S NEN@S Colexio Alborada

Curso 2011/2012

PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE

DINAMIZACIÓN da lingua galega DO CEIP “ALBORADA”

Page 2: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

2

LIMIAR

Outro ano máis, sae a luz un novo número da revista “ A Voz d@nen@s” e isto foi

posible pola cooperación de toda a comunidade educativa. Sen esta colaboración non

sería posible. Por iso, dende estas páxinas, o Equipo de Dinamización da Lingua

Galega, damos a grazas a todos e todas polo traballo desenvolvido e que amosaremos ao

longo destas páxinas.

Como nos anteriores números, con esta publicación, faremos un pequeno resumo das

actividades máis salientables levadas a cabo este curso. Tamén están publicados os

traballos realizados para esta revista polo alumnado de todos os ciclos da Educación

Infantil e a Educación Primaria.

E, como novidade, publicaremos os traballos que foron seleccionados no I concurso de

narrativa, poesía e banda deseñada. Tamén a portada desta publicación, foi elixida por

unanimidade polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, no I concurso de debuxo

convocado para tal fin.

Como un dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é a promoción

da lingua galega, amosaremos algunha das actividades feitas, como o proxecto”Contos

a carón da lareira”, onde as familias colaboraron desinteresadamente para vir a contar

contos na nosa lingua, ao alumnado de Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de

Educación Primaria. Con esta actividade queremos manter viva a tradición oral, tan

presente na nosa cultura. Dende aquí queremos dar as grazas as familias colaboradoras

e emprazar esta actividade para darlle continuidade o vindeiro curso.

Así mesmo queremos reflectir o labor desenvolvido polo profesorado, fóra do seu

traballo puramente docente. Dende o Colexio Alborada queremos ter presentes valores

como o respecto e coidado do medio natural, tamén o respecto as diferentes culturas,

formas de aprender, por iso o profesorado organiza grupos de traballo sobre estas

temáticas que este curso se concretan en:

Proxecto “ Voz Natura “

Grupo de traballo sobre o autismo para coñecer máis en profundidade este

trastorno e poder dar resposta educativa nas aulas onde exista alumnado con el.

Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente.

E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

ano está adicado o autor Valentín Paz Andrade, persoeiro ben importante para a cultura,

a política e a economía galega. Non podía faltar, nestas páxinas, a homenaxe adicada a

este galego ilustre.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos enviar un agarimoso

saúdo a toda a comunidade educativa, arelando que a nosa lingua sexa cada vez máis

valorada e, en consecuencia, máis falada polas novas xeracións que estamos a educar.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA

Page 3: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

3

GAÑADORES/AS DO I CONCURSO DE NARRATIVA, poesia e banda deseñada

Este curso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso de

narrativa, poesía e banda deseñada para promocionar entre o alumnado o uso da lingua

escrita. Os traballados premiados son os seguintes:

NARRATIVA :

Na etapa de Educación infantil foron as aulas de 5 anos, os que levaron o

premio, con esta historia ben ecoloxista:

Page 4: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

4

Page 5: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

5

Na etapa de Educación Primaria, os seleccionados na modalidade de narración

foron:

- Kevin Souto Cillero, de 1º B, Samuel Martín e Aitxiber Torres de 2º B, todos eles do 1º Ciclo, as obras premiadas son as que publicamos a

continuación:

Page 6: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

6

Page 7: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

7

Page 8: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

8

POESIA

Os gañadores de poesía por cada ciclo foron os seguintes:

En Educación Infantil: foi seleccionada esta composición poética realizada

polos nenos e nenas das aulas de 4anos.

Estes rapaces e rapazas cos seus sorrisos, anímanos a falar na nosa língua.

Grazas rapaces e rapazas por esta fermosa rima e polos vosos sorrisos!

Page 9: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

9

No 2º Ciclo de Educación Primaria foi seleccionado os seguinte poema, do

que son coautoras Ana Cristina Caramés e Uxía Freire Olveira, de 4º curso.

Page 10: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

10

No terceiro ciclo de primaria, o poema o” rir do gaiteiro”, de Adrián

Méndez de 6º B, foi o premiado.

Page 11: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

11

Tamén obtivo 1º accésit o poema adicado o noso colexio, escrito por Paula

García Esmorís, de 6ºA.

O 2º accésit correspondeulle a esta composición do que son autores Julia A.

Barbosa de 5º curso.

Page 12: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

12

Banda deseñada

Os traballos seleccionados na modalidade de banda deseñada foron para

Rebeca de 6º B, que obtivo o 1º premio .

Page 13: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

13

O segundo premio foi para Noemí, de 5º B

Page 14: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

14

Premios do concurso de debuxo para seleccionar a portada da revista

Os debuxos seleccionados foron os seguintes: 1º premio para as aulas de 4anos, por

esta interpretación dun poema de Valentín Paz Andrade. Os seguintes accésits foron

para os debuxos realizadas en 4º con frases alusivas á utilización da nosa fala.

Page 15: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

15

TRABALLOS REALIZADOS NAS AULAS

Os nenos e nenas de 1º construíron un poema cos seus nomes e aquí está o resultado:

Page 16: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

16

Page 17: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

17

Page 18: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

18

Julia Andrea Barbosa de 5º compuxo este poema adicado a súa nai.

Andrea Trujillo de 2 º fixo esta narración:

Page 19: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

19

María González Justo, de 2º curso co seu debuxo explica en que consiste a reciclaxe.

Adrián Méndez Espasandín debuxou un baile tradicional da nosa cultura. Diego Infante

de 2º, tamén realizou este debuxo sobre a Praza de María Pita.

Page 20: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

20

Pasatempos

Page 21: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

21

Contos a caron da lareira

Unha das actividades realizadas para fomentar a lingua galega é a chamada “contos a

carón da lareira, onde as familias veñen ao colexio a contar un conto ao alumnado de

Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria. Dende estas páxinas damos a

grazas a todos e todas as participantes. Contamos con vós para o curso que vén!

Page 22: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

22

Page 23: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

23

Page 24: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

24

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS COLABORADORAS !

Page 25: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

25

Proxecto voz natura

Este curso estamos a levar a cabo un proxecto de Voz Natura para a reforestación do

patio do centro e a limpeza do mesmo. Realizamos unha plantación de árbores de

diversas especies.

Arelamos un patio verde e limpo!

Page 26: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

26

Letras galegas 2012 Ano de Valentín Paz Andrade

O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 898. Fixo o bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou Dereito en Compostela onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo... Chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia». Foi membro do Partido Galeguista sendo nomeado o seu secretario en 1934. Anteriormente fora candidato a deputado ás Cortes Constituíntes. Colaborou na redacción do primeiro Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1931. Cando estalou a Guerra Civil defendeu a moitos galeguistas e mesmo axudou a fuxir a algunhas persoas. Foi desterrado a Verín, Badaxoz... e ao longo da súa vida foi detido en varias ocasións por mor da

Page 27: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

27

súa militancia política e polos seus artigos periodísticos. Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Impulsou a creación do grupo industrial galego Pescanova que foi a primeira compañía armadora europea de buques conxeladores e da que foi vicepresidente. Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título «Pranto Matricial» (1954). Máis tarde escribiu «Sementeira do vento» (1968) e «Cen chaves de sombra» (1979). Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias, galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis polo seu traballo a prol de Galicia.

Faleceu en Vigo no ano 1987. Un poema do seu libro “Galicia matricial,”adicado a Castelao, é o seguinte:

CANDO TI VOLVAS

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,

que dende a Torre de Hércules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte,

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

Page 28: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

28

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti volvas polo mare;

cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

Page 29: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

29

Valentin Paz Andrade Baixo a mirada dos nenos e nenas de 1º

Page 30: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

30

SIMULACRO NO COLEXIO

Este curso realizamos un simulacro no noso centro, contando coa colaboración dos

bombeiros.

Page 31: A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

31

Despedimos ao alumnado de 6º curso que comeza unha nova

etapa