25
A MOVERSE… NA CASA

NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

A MOVERSE…

NA CASA

Page 2: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e

da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas

adquiren, entre outras cousas, o coñecemento do esquema corporal, o

dominio do equilibrio, a coordinación global e segmentaria, o control da

respiración, a orientación espacial, a definición da lateralidade, etc.

Os papás e mamás desde casa podedes contribuír a que os vosos fillos e

fillas adquiran progresivamente unha imaxe axustada de si mesmos e

desenvolvan unha boa autoestima realizando actividades amenas, sinxelas e

divertidas. Por iso, imos darvos unhas ideas e xogos para que podades

desfrutar cos peques e… que o ritmo non pare!

XOGO: OS ANIMAIS

O xogo consiste en sacar as tarxetas seguintes e realizar as ordes que estes

animaliños tan simpáticos nos dan. Podemos facelo moito máis divertido se

poñemos música e cumprimos as consignas ao son.

Poñede en marcha a vosa creatividade… e creade as vosas propias tarxetas

con distintas ordes con rima. Podedes facelas en tamaño folio (rima máis

debuxo) e envialas a vosa titora para que todos e todas podamos movernos con

elas.

Page 3: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 4: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 5: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 6: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 7: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 8: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 9: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 10: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 11: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 12: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 13: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Só precisades un soporte de papel de cociña e un tubo

de cartón do mesmo. Cortádeo en tiras (que

previamente podedes pintar e decorar) e intentade

ensartar os distintos aneis no pao desde unha distancia

prudente.

Colocando cintas, cordóns de distintas cores ou mesmo

pintando con tizas,… podedes crear camiños e

sendeiros enredados que os nenos e as nenas poden

percorrer, intentando non caer. De cada vez, seguirán

o camiño da cor que lle digamos.

Se tedes na casa dúas tinas e varias pelotas pequenas, podedes facer

este divertido xogo: metemos todas as pelotas

nunha tina e poñemos ao seu lado a outra tina

valeira. Teremos que coller cada unha das

pelotas cos pés e ilas pasando á tina valeira. Se

as condicións da casa e da meteoroloxía o

permite, podedes meter auga nas tinas para

facelo máis divertido e refrescante.

Con varias botellas de plástico (que antes

podedes pintar e decorar) e unha pelota

pequena, podedes xogar ao tradicional xogo dos

bolos.

Page 14: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Se tedes unha culler, podemos xogar a outra cousa:

poñemos a culler na boca e colocamos nela boliñas de

papel pequenas. Deberemos ir dun lugar da casa a

outro sen que se nos caia ningunha boliña ao chan.

Outra variante é facelo con dados en lugar de bolas

de papel. Tamén podemos facer outras adaptacións,

como levar na man un tubo de papel hixiénico cunha

boliña enriba, intentando que non se caia, …

Distribuímos folios e papeis de distintas cores

polo chan e debemos colocarnos enriba do papel

da cor que se indique. Primeiro lentamente e

despois máis rápido, para facelo máis divertido.

Aproveitando estes papeis, faremos outro xogo:

colleremos obxectos (que non rompan) destas

cores e intentaremos que caian enriba do papel

da súa cor.

Poñendo unha papeleira deitada no chan e

cuns globos, temos unha estupenda

portería! A ver cantos globos podemos

meter na papeleira primeiro co pé, despois

ca man, empurrando os globos cun pao,…

Distribuímos debuxos de mans e pés polo

chan e percorremos o camiño segundo as

consignas. Para facelo máis divertido,

podedes separar os debuxos das mans e

dos pés co fin de estirar máis os nosos

corpos.

Os deixamos os modelos a continuación.

Page 15: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 16: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 17: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Cada neno/a collerá unha destas tarxetas de animais cos ollos pechados.

Deberá imitar os movementos do animal que lle tocou e os demais

adiviñarán de que animal se trata. Podedes construír as vosas propias

tarxetas con outros animais.

Page 18: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Distribuír polo chan folios cunha orde diferente en cada

un, facendo un camiño con eles. Por exemplo, dar 5

saltos, 4 voltas, tocar cos pes o noso traseiro, facer 6

flexións,… Camiñamos ao son da música. Cando esta

pare, deberemos realizar o que pon no papel onde

paramos.

Sobre unha liña recta podemos: gatear, saltar,

correr, avanzar en cuclillas, cos talóns, coas

pernas abertas, camiñar cargando algún obxecto

ou cunha bolsiña na cabeza,…

Debuxar un cadrado no chan. Os nenos e nenas cunha

vasoira, deberán barrer as follas ou anacos de papel e

metelos todos dentro do cadrado.

Cunhas pinzas, suxeitamos vasos de papel no

borde da mesa a modo de cesta. A ver quen

mete máis pelotas nos vasos!

Se a nosa casa o permite, debuxamos círculos no chan e xunto cos

cativos/as podemos: saltar cos pés xuntos cara adiante,

saltar cos pés xuntos lateralmente, saltar cun pé nun círculo

e o outro pé no seguinte, saltar só nos círculos dunha

determinada cor, etc.

Damos ao neno/a un pano que moverá ao ritmo da música.

Cando a música cesa, nomearemos un membro do corpo

onde o pequeno/a ten que atar a cinta. Por exemplo:

xeonllo, nocello, cóbado,…

Page 19: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Os nenos e nenas se desprazan polo chan en

cuadrupedia, simulando unha tartaruga. A un sinal noso,

xiran o seu corpo cara arriba e se desprazan coma se

fosen cangrexos. Se recomenda previamente quentar

ben as mans e as bonecas.

Nunha caixa de cartón, fanse 3 buratos a modo de

portas. Deberemos meter por estas portas unha

pelota pequena, ben co pé ou coa man… pero mellor

cun pau, semellando o golf. Afinade a puntería, a

ver cantas boliñas sodes quen de meter!

Xogando con este dado o día farase máis ameno. E moito mellor e máis

divertido se poñedes algo de música para xogar.

Page 20: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Camiñamos alternando diferentes lateralidades e velocidades: cara

adiante, cara atrás (mirando de costado para

non chocar con nada), camiñamos cara un lado,

cara outro, rápido, lentamente, máis lento

aínda,…

Nos movemos con distintas sensacións e

emocións (nerviosos/as, tristes, ledos/as,

asustados/as, divertidos/as, pensando, moi

cansos/as, aburridos/as,…) ou coas diferentes

partes do pé (de puntillas, cos talóns, apoiando

só os laterais externos do pé, sen levantar

ningunha parte do pé, é dicir, arrastrándoos,…).

Poderemos xogar ao semáforo se contamos con círculos

de 3 cores diferentes: verde, amarelo e vermello.

Despois de falar sobre o significado das cores do

semáforo, pasaremos a realizar a actividade: se

levantamos o círculo verde o neno/a avanzará; cando se

amose a cor amarela, debe cambiar de sentido na súa

traxectoria e ca cor vermella, deterase.

Precisamos dunha corda e de algo de

música. Mentres esta soa, o neno/a dalle

forma a corda no chan. Cando pare a

música, intentará repetir dita forma co

seu corpo e explicar o que fixo.

Que tal se ideamos un pequeno circuíto na casa? Faremos un recorrido con

almofadas e trapos, cordas, cadeiras, aros, xoguetes,… que sirvan como

obstáculos da nosa peculiar sala de psicomotricidade. Pode que a novidade

esperte a curiosidade dos máis pequenos/as e lles motive a moverse e a

explorar o entorno.

Page 21: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Se na casa tedes un banco corrido ou algo semellante,

podedes facer que os vosos fillos/as exerciten as pernas,

a coordinación e o equilibrio propoñendo que camiñen por

enriba sen caer.

Outro xogo sinxelo que soe gustar a todos e todas é facer a carretilla.

Ademais, sirve para que os seus brazos tomen forza e melloren a

motricidade grosa. Podemos facelo moito máis divertido se pomos música e

lle unimos o reto de facer un crebacabezas, con

pezas que se poidan coller facilmente. O neno/a

terá que coller unha peza desde un lado da casa e,

facendo a carretilla, dirixirse ata onde se atope a

disposición do crebacabezas e colocala alí no seu

sitio adecuado.

Non podemos esquecernos da axuda inestimable dos xogos populares

coñecidos por todos/as: o corro da pataca, a comba, a pelota, a peonza, a

pomba branca, a raiuela, o escondite, o pilla-pilla, o escondite inglés, o

pase-misí, o xogo das cadeiras, das estatuas, etc. que brindan a

oportunidade de traballar exercicios motores.

Sobre todo, bailade,… bailade moito

(cancións infantís dos Cantaxogos, do

folclore popular,…) e creade coreografías

todos/as xuntos. Aproveitade estas

circunstancias excepcionais que nos tocaron

vivir para moveros cos nenos e nenas, pasalo

ben con eles e desfrutar da súa enerxía, do

seu optimismo e da súa compaña.

Page 22: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Non podemos esquecernos de aspectos moi importantes como

A RESPIRACIÓN…

OU A RELAXACIÓN…

Neste apartado son moi útiles algunhas posturas de ioga

Page 23: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,
Page 24: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

E outras estratexias como, por exemplo…

O globo: imos imaxinar que somos globos que se enchen pouco a pouco pola

nariz, xesticulando cos brazos que nos enchemos, e se desinflan

expulsando o aire pola boca.

A pelota de praia: imaxinamos, mentres estamos deitados, que temos unha

pelota de praia na barriga que se enche pouco a pouco, collendo aire polo

nariz e botándoo pola boca.

A tartaruga: neste xogo somos unha tartaruga que se agocha na súa

concha. O neno/a deitado boca abaixo, cos brazos e as pernas estiradas,

lentamente encóllese ata quedarse sentado. O segundo paso é ir

estirándose lentamente ata a posición inicial.

Page 25: NA CASA - edu.xunta.gal · Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas adquiren,

Nuria Trias, Susana Pérez, Luis Filella (2014): Juegos de música y expresión corporal. Parramón

Ediciones.

Instagram: aterapiadejuego #infancia#respira#controldelaansiedad#controldelenojo

www.juegosinfantiles.bosquedefantasía.com/blog

/posturas-yoga-ninos-pdf

www.sonandosonrisas.blogspot.com/2011/12/acci

on-tarjetas-para-psicomotricidad

www.imageneseducativas.com

www.mibebeyyo.elmundo.es

www.ayudartepsicologia.es

www.tugimnasiacerebral.com

www.guiainfantil.com

www.deaprenderjuntos.cl

www.miguerreroymiprincesa.blogspot.com

www.guiamaschicos.blogspot.com

www.terapiarehilete.com

www.esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com