19
Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 1 de 19 ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS San Marcos, s/n; 15.318 - Abegondo (A Coruña); Teléf. 981.669.541 www.biosferamarinasbetanzos.wordpress.com [email protected] ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL “MARIÑAS - BETANZOS”, CELEBRADA O DÍA 9 DE MARZO DE 2015 En Abegondo, a 9 de marzo de 2015 sendo as 19 horas, e presentes as persoas que a continuación indícanse, no Salón de Plenos do Concello de Abegondo. Asistentes: o D. Xoan Alvarez Llana, en representación da Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo (Asociación para a recuperación, defensa, produción e promoción Galiña Piñeira - AGALPI). o Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, en representación da Mesa sectorial de Asociacións e Colectivos de mulleres (AMFAR Cambre). Secretaria da Asociación. o D. José Juan Rico Rodríguez, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Val de Aranga). o D. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Cultura Aberta de Carral). o D. Andrés Rodríguez Pereira, en representación da Mesa Sectorial Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza (Grupo Naturalista Habitat). o D. José Soto Martínez, en representación da Mesa do sector de turismo e hostalería (Asociación de Turismo Sostible de A Coruña). o Dna. Aida Pérez Barredo, en representación da mesa sectorial Asociacións de empresarios multisectoriais (Asociación de Empresarios de Culleredo) e Tesoureira da Asociación. o D. Juan Manuel Neira Fernández, en representación da Mesa do sector institucional (Sociedade Galega de Historia Natural). o Dna. Carmen Borobio Vázquez, en representación da Mesa do sector institucional (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA-) o D. José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde do Concello de Abegondo, en representación da Mesa sectorial das Administracións Locais. Presidente o D. Francisco Quintela Requeijo, Alcalde do Concello de Coirós en representación da Mesa sectorial das Administracións Locais. o Dna. Marta Iglesias Becerra, Concelleira de Promoción Económica e emprego do Concello de Culleredo, en representación da mesa sectorial das Administracións Locais. o D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros, en representación da Mesa sectorial das Administracións Locais. o Dna. María José Crespo Fraga, en representación da Mesa da pesca, marisqueo e acuicultura (Confraría de Pescadores de Miño).

ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 1 de 19

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS

San Marcos, s/n; 15.318 - Abegondo – (A Coruña); Teléf. 981.669.541

www.biosferamarinasbetanzos.wordpress.com [email protected]

ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA ASOCIACIÓN DE

DESENVOLVEMENTO RURAL “MARIÑAS - BETANZOS”, CELEBRADA O DÍA 9 DE

MARZO DE 2015

En Abegondo, a 9 de marzo de 2015 sendo as 19 horas, e presentes as persoas que a continuación

indícanse, no Salón de Plenos do Concello de Abegondo.

Asistentes:

o D. Xoan Alvarez Llana, en representación da Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo

(Asociación para a recuperación, defensa, produción e promoción Galiña Piñeira - AGALPI).

o Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, en representación da Mesa sectorial de Asociacións e Colectivos

de mulleres (AMFAR Cambre). Secretaria da Asociación.

o D. José Juan Rico Rodríguez, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas,

recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Val de Aranga).

o D. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas,

recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Cultura Aberta de Carral).

o D. Andrés Rodríguez Pereira, en representación da Mesa Sectorial Asociacións e colectivos

medioambientais ou actividades na natureza (Grupo Naturalista Habitat).

o D. José Soto Martínez, en representación da Mesa do sector de turismo e hostalería (Asociación

de Turismo Sostible de A Coruña).

o Dna. Aida Pérez Barredo, en representación da mesa sectorial Asociacións de empresarios

multisectoriais (Asociación de Empresarios de Culleredo) e Tesoureira da Asociación.

o D. Juan Manuel Neira Fernández, en representación da Mesa do sector institucional (Sociedade Galega

de Historia Natural).

o Dna. Carmen Borobio Vázquez, en representación da Mesa do sector institucional (Centro de

Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –CEIDA-)

o D. José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde do Concello de Abegondo, en representación da

Mesa sectorial das Administracións Locais. Presidente

o D. Francisco Quintela Requeijo, Alcalde do Concello de Coirós en representación da Mesa

sectorial das Administracións Locais.

o Dna. Marta Iglesias Becerra, Concelleira de Promoción Económica e emprego do Concello de

Culleredo, en representación da mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros, en representación da

Mesa sectorial das Administracións Locais.

o Dna. María José Crespo Fraga, en representación da Mesa da pesca, marisqueo e acuicultura

(Confraría de Pescadores de Miño).

Page 2: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 2 de 19

o Dna. María Teresa Tiemblo Marsal, en representación da Mesa de colectivos de interese

social, discapacidade e ONG´s (ASPANAES).

o D. José Francisco Castro Vilariño, asesor externo da Asociación Mariñas – Betanzos.

o D. Jorge M. Blanco Ballón. Xerente Programa LEADER. GDR Mariñas – Betanzos.

o Dna. Concepción Bonome González. Técnica Programa LEADER. GDR Mariñas – Betanzos.

o D. Miguel Fernández Pardo. Técnico Asociación Mariñas – Betanzos.

o D. Diego López Pedreira. Axente Emprego e Desenvolvemento Local Consorcio das Mariñas.

o Dna. Beatriz Suárez Sánchez. Técnica Programa Alimentario Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas

e Terras do Mandeo.

o Dna. Lucia Candal Gándara. Técnica Programa Alimentario Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e

Terras do Mandeo.

o Dna. Susana López Rodríguez. Técnica Programa Alimentario Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas

e Terras do Mandeo.

--------------------------------

A SESIÓN DESENVOLVEUSE, CO SEGUINTE RESULTADO:

1. LECTURA E APROBACIÓN, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Apróbase a acta da sesión anterior celebrada o día 15 de decembro de 2014.

1.B. CONSIDERACIÓN SE PROCEDE DE ASUNTOS URXENTES QUE XURDIRON CON

POSTERIORIDADE A ESTA CONVOCATORIA.

Os membros da Xunta Directiva acordan incorporar os seguintes asuntos nesta orde do día,

recibidos con posterioridade ao envío da convocatoria.

1.B.1. ACTIVACIÓN PROXECTOS FAVORABLES DE AGADER

1.B.1.1. CREACIÓN DE SALÓN DE BELEZA EN ABEGONDO (L14-41300-29-259)

Con data 10 de abril de 2014 tense presentado a solicitude de axuda do Programa Leader para o

proxecto produtivo “Creación de salón de beleza en Abegondo”. Con data 05 de marzo de 2015,

recíbese o Informe de Control de Elixibilidade favorable de Agader.

O proxecto consiste na creación dunha empresa adicada á prestación de servizos de beleza e imaxe

(tratamentos faciais e corporais, solarium…) no Concello de Abegondo. Se crearía un novo servizo

que non existe na actualidade no Concello de Abegondo, que contribuirá a fixar poboación no rural

e a crear o emprego como autónoma, dunha muller nova (menor de 35 anos).

A promotora, Lidia García, conta con ampla experiencia no sector, xa que traballou en centros de

beleza de recoñecido prestixio o que contribuirá positivamente na realización da actividade. Os

investimentos deste proxecto comprenden o mobiliario e equipamento necesario para a realización

da actividade.

Page 3: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 3 de 19

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 3.660,46.-€ (3.025,18.- € sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 79,83 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 35 %

(1.058,81-€) sobre un orzamento elixible de 3.025,18.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

1.B.1.2. CREACIÓN DA IMAXE CORPORATIVA DA RESERVA DA BIOSFERA

MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO (L14-43100-29-B299)

Con data 26 de novembro de 2014 a Asociación Mariñas-Betanzos presenta a solicitude de axuda

do Programa Leader para o proxecto “Creación da imaxe corporativa da Reserva da Biosfera

Mariñas-Coruñesas e Terras do Mandeo”. Con data 05 de marzo de 2015, recíbese o ICE favorable

de Agader.

En maio de 2013, o territorio de actuación da Asociación Mariñas – Betanzos é declarado dentro do

Programa MaB da UNESCO como Reserva de Bisofera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Este recoñecemento ao territorio como lugar de experimentación de prácticas innovadoras para

conciliar a actividade humana e a conservación do medio ambiente, abre novas oportunidades para

traballar no fomento da sustentabilidade, contribuíndo a reducir a perda de biodiversidade

conciliando aspectos ecolóxicos, sociais e económicos. A entidade xestora encargada de levar a

cabo as distintas funcións ligadas á Reserva da Biosfera é a propia Asociación.

Durante o ano 2014 desenvolveuse un proceso participativo de deseño dun logotipo que servise

como posible imaxe da reserva da biosfera “MCeTM”. Dito proceso foi aberto á participación de

toda persoa física, presentándose un total de 44 propostas, das que foron seleccionadas tres

propostas que servirán como fonte de inspiración para a creación do logotipo definitivo.

O proxecto consiste na contratación dunha empresa, a través dunha convocatoria pública, para

realizar a creación da imaxe corporativa e manual de identidade corporativa da Reserva da Biosfera

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, para elaborar posteriormente materiais promocionais do

territorio.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 2.950.-€ con 100% a cargo do Programa Leader.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

1.B.1.3. CATERING ECOLÓXICO E AULA DE COCIÑA (L14-41300-29-267)

Con data 15 de abril de 2014 tense presentado a solicitude de axuda do Programa Leader para o

proxecto produtivo “Catering ecolóxico e aula de cociña”. Con data 05 de marzo de 2015, recíbese

o ICE favorable de Agader.

A entidade promotora do proxecto, LEIRALONGA S.C., quere ampliar a súa actividade de

catering ecolóxico coa instalación dun establecemento e aula de cociña en Carral. É unha entidade

de recente constitución que comezou a súa actividade no ano 2013 prestando o servizo de catering

a pequena escala dende o seu domicilio. Dúas mulleres menores de 30 anos se uniron para

emprender esta actividade.

Vendo a demanda que están tendo, queren ofertar este servizo a un maior número de sectores,

colexios, persoas maiores e centros de día, eventos, empresas, etc., para o cal necesitan contar cun

establecemento independente, ubicado en Carral.

Page 4: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 4 de 19

En paralelo dispoñen dunha explotación agraria onde producen a maior parte dos produtos (algúns

en ecolóxico) e utilizan os restos de comida para facer compost ecolóxico na propia explotación.

Os investimentos deste proxecto consisten na adecuación do local e dotación do equipamento

necesario para levar a cabo a actividade.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 35.534,94.-€ (29.367,72.- € sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 58 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 35%

(10.278,70-€) sobre un orzamento elixible de 29.367,72.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

2.- SEGUIMENTO PROGRAMA LEADER

2.1. ENTRADA NOVOS EXPEDIENTES (2014-2015).

O Xerente do Programa LEADER, toma a palabra para presentar aos asistentes as solicitudes de

proxectos que teñen entrado no rexistro da Asociación Mariñas – Betanzos.

2.1.1. LOCAL PARA ALMACENAXE E EMBALAXE DE PLANTAS DE VIVEIRO PARA

A SÚA COMERCIALIZACIÓN (L15-411-29-303).

Con data 16 de febreiro 2015, Mª Carmen García Fiaño solicita unha axuda para o proxecto “L15-

411-29-303 Local para almacenaxe e embalaxe de plantas de viveiro para a súa comercialización”

A promotora é unha persoa física ubicada en Carral, que está dada de alta na actividade agraria

dende o ano 2006. Conta co código CEA nº 1502100687 e a explotación está considerada

explotación agraria prioritaria. Tamén está inscrita no rexistro provisional de produtores de planta

de viveiro e leva de alta como autónoma máis dun ano.

A promotora con este proxecto pretende instalar un local para almacenaxe e embalaxe da produción

dun viveiro de planta ornamental e deste xeito mellorar a comercialización do produto.

Investimentos: obra civil do local. Con este proxecto a promotora non adquire o compromiso de

creación de emprego.

Este proxecto produtivo ten cabida na medida 411.-Dinamización do sector agrario e forestal.

Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais. Comercialización produtos agrarios,

do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 75.340,31.- € (62.573,06.-€ sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 52 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 36%

(22.526,30€) sobre un orzamento elixible de 62.573,06.-€

O xerente do Programa informa ós asistentes que se procederá a enviar o ICE para a súa

verificación a AGADER.

2.1.2. AMPLIACIÓN CLÍNICA VETERINARIA (L15-41300-29-304)

Con data 25 de febreiro 2015, a entidade Fraga Piñeiro S.C, solicita unha axuda para o proxecto

“L15-413-29-304 Ampliación clínica veterinaria”. A entidade promotora é unha sociedade civil

ubicada en Abegondo que quere ampliar os servizos actuais da clínica veterinaria e solicita axuda

para instalar un quirófano co equipamento necesario.

Con este proxecto non se adquire o compromiso de creación de emprego, pero sí a consolidación

de dous empregos autónomos.

Este proxecto produtivo ten cabida na medida 413.-Diversificación da economía rural e mellora da

calidade de vida. Ampliación de PEMES do Rexime de Axudas do Programa Leader.

Page 5: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 5 de 19

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 22.644,05.- € (18.714,09.-€ sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 61,83 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do

40,91%. A PORCENTAXE DE AXUDA SERÍA DO 35%, tope máximo dende o día 01/06/2014

na medida 413 de proxectos produtivos. A axuda máxima por proxecto é de 40.000 euros.

Polo que, para este proxecto correspondería unha axuda de 6.549,93€ sobre un orzamento elixible

de 18.714,09.-€.

O xerente do Programa informa ós asistentes que se procederá a enviar o ICE para a súa

verificación a AGADER.

2.2 . ACTIVACIÓN PROXECTOS FAVORABLES DE AGADER

2.2.1. ADAPTACIÓN PARA USO PÚBLICO DE CAMIÑOS E XARDÍNS DO PARQUE

HISTÓRICO O PASATEMPO DE BETANZOS. (L14-41300-29-289)

Con data 02 de setembro 2014 tense presentado a solicitude de axuda do Programa LEADER para

o proxecto “ADAPTACIÓN PARA USO PÚBLICO DE CAMIÑOS E XARDÍNS DO PARQUE

HISTÓRICO O PASATEMPO DE BETANZOS”. O día 6 de febreiro de 2015 recíbese o ICE

favorable de Agader.

Este proxecto de carácter non produtivo, promovido polo Concello de Betanzos consiste na mellora

de acceso público no parque “O Pasatempo” construído polos irmáns García Naveira no ano 1893.

Este parque ten unha serie de características que o fan singular en relación a outros parques

públicos.

A entidade promotora deste proxecto é o Concello de Betanzos. As actuacións consisten na

adaptación da urbanización do parque para dar acollida de forma sostible a visitantes.

O incremento da afluencia de público nestes últimos anos responde a un aumento de interese neste

tipo de espazo, o cal esixe a mellora das condicións de acceso e das zonas de maior intensidade de

uso como espazo público, de recreo e divulgación cultural e ambiental. Na actualidade o parque

intégrase como un espazo prioritario no programa de aproveitamento do recurso turístico

promovido polo Concello de Betanzos.

As actuacións previstas son a pavimentación de catro viais para conquerir uniformidade co resto do

parque e a implantación de céspede e incremento de zonas axardinadas.

Con este proxecto non se adquire o compromiso de creación de emprego. Ten cabida na medida

413, como “Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do

patrimonio rural”, do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 66.590,83.- € (55.033,74.-€ sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 44 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 46,32 %

(25.491,63€) sobre un orzamento elixible de 55.033,74.-€

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

Page 6: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 6 de 19

2.2.2. AMPLIACIÓN EMPRESA DE COMERCIO AO POR MAIOR DE MADEIRA (L14-

41100-29-258)

Con data 4 de abril de 2014 tense presentado a solicitude de axuda do Programa Leader para o

proxecto Ampliación empresa de comercio ao por maior de madeira. O 13 de febreiro de 2015

recíbese o ICE favorable de Agader.

O promotor do proxecto é a persoa física, José Manuel Maceira Sanmartín, con domicilio en Irixoa,

que adícase á tala e venda de madeira do monte.

Este proxecto consiste na adquisición dunha procesadora forestal con grúa e un cabezal procesador.

Na actualidade conta cunha procesadora máis pequena. A nova procesadora ademais de ser máis

grande conta con máis potencia o que vai permitir coller troncos de máis grosor.

Con este proxecto o promotor quere ampliar a súa actividade e deste xeito contribuir a consolidar a

empresa

O proxecto tería cabida na medida 411.”Diversificación da economía rural e mellora da calidade de

vida, do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 166.980.-€ (138.000.- € sen IVE). O proxecto acadaría

unha puntuación de 59 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 39,5 % (54.510-€)

sobre un orzamento elixible de 138.000.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

2.2.3. SINALIZACIÓN VIARIA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E

TERRAS DO MANDEO (L14-41300-29-288)

Con data 2 de setembro de 2014 tense presentado a solicitude de axuda do Programa Leader para o

proxecto SINALIZACIÓN VIARIA DA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E

TERRAS DO MANDEO. O 13 de febreiro de 2015 recíbese o ICE favorable de Agader.

A entidade promotora deste proxecto non produtivo é o Consorcio das Mariñas. Con este proxecto

quérese colaborar na dinamización do territorio da Reserva da Biosfera coa sinalización das

principais redes viarias de entrada no territorio Mariñas Betanzos. Concellos: Abegondo, Miño,

Arteixo, Carral e Culleredo.

Os investimentos solicitados: fabricación e colocación de sinais nos anteriores Concellos.

A localización da sinalización de entrada na Reserva da Biosfera nos diferentes Concellos son:

- Abegondo (AP-9 Santiago – Coruña P.Q. 33)

- Aranga (A6 Madrid – Coruña P.Q. 540)

- Carral (N-550 Santiago – A Coruña P.Q. 25)

- Culleredo (N-550 Rotonda aeroporto Alvedro P.Q. 7)

- Miño (AP-9 Ferrol – A Coruña P.Q. 14)

- Miño (N-651 Fene – Betanzos P.Q. 14)

Ten cabida na medida 413 Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida. do Réxime de

Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 18.608,06.-€ (11.533,92.-€ sen IVE) O proxecto

acadaría unha puntuación de 54 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 50 %,

5.766,96.-€ sobre un orzamento elixible de 11.533,92.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

Page 7: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 7 de 19

2.2.4. XORNADAS BIOMASA, REDE NATURA E PAISAXE AGRARIA VITÍCULA (L14-

43100-29-B294)

Con data 18 de novembro de 2014 a Asociación Mariñas-Betanzos solicita a axuda para o proxecto

anterior. O 13 de febreiro de 2015 recíbese o ICE favorable de Agader.

A estratexia de desenvolvemento do GDR Mariñas – Betanzos ten como obxectivo último a

valorización do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local e a creación

de emprego, sempre partindo dos recursos locais e do patrimonio natural, ambiental e cultural.

Por outra banda, dende o Grupo estase traballando en visualizar no territorio de “Mariñas –

Betanzos” as oportunidades de emprendemento que poden xurdir no territorio ligados ao

aproveitamento da biomasa forestal, melloras na xestión forestal, emprendemento verde; paisaxe

agraria vitícola (Viño da Terra de Betanzos), podendo ser canalizadas algunhas destas

oportunidades a través das axudas do Programa LEADER.

O obxecto deste proxecto sería o desenvolvemento dunha serie de actuacións (talleres), nos que van

a estar presentes o medio xeográfico, a actividade económica, a ordenación do territorio, o medio

ambiente, o sector forestal, a viticultura, o Programa Leader e a paisaxe agraria vitícola.

Desenvolvemento do proxecto: Talleres temáticos desenvolvidos:

Taller 1. A Biomasa Forestal como recurso enerxético: Unha oportunidade para o emprendemento e a

mellora da paisaxe rural.

Taller 2. Viticultura, emprendemento e paisaxe na Reserva da Biosfera MCeTM.

Taller 3. A Paisaxe como traballo previo para a busca de aproveitamentos sostibles e xestión no espazo

natural protexido de Dexo, orientada á posta en valor da paisaxe e dos ecosistemas naturais.

Ten cabida na medida 431-B Adquisición de capacidades e promoción do territorio, do Réxime de Axudas

do Programa Leader. Os investimentos desta iniciativa ascenden a 4.277,86.- €. O proxecto acadaría

unha puntuación de 100 puntos o que daría lugar á porcentaxe de axuda solicitada do 30 %

(1.823,36.-€) sobre un orzamento elexible de 4.277,86.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

2.2.5. AMPLIACIÓN SERRADOIRO EN VILACOBA (L12-41300-29-164).

Con data 03 de febreiro de 2012 Maderas J.Seoane S.L. solicitou unha axuda para a ampliación do

serradoiro en Vilacoba- Abegondo. O 18 de febreiro de 2014 recibiuse o ICE favorable dende

Agader.

Con data 07 de maio de 2014 recibiuse solicitude de aprazamento na emisión da resolución de

concesión da axuda ata o ano 2015.

Este proxecto consiste na ampliación da actividade dun serradoiro en Vilacoba coa instalación

dunha máquina específica para montaxe de palets e deste xeito incrementar o volume de actividade

e contribuír á mellora das condicións de traballo dos operarios. Pode contribuír á consolidación da

empresa facéndoa máis competitiva. Os investimentos deste proxecto consiste na adquisición da

máquina para facer palets. Ten cabida na medida 413.-Diversificación da economía rural e mellora

da calidade de vida do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 30.000.- € (35.400.-€ con IVE). O proxecto acadou

unha puntuación de 61,83 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 35 % (10.500.-€)

sobre un orzamento elixible de 30.000.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

Page 8: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 8 de 19

2.2.6. ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA AGROECOLOXÍA (L14-43100-29-B284).

Con data 28 de xullo de 2014, a Asociación Mariñas-Betanzos. solicitou unha axuda para a

realización de actividades para o fomento da agroecoloxía. O 26 de febreiro de 2014 recibiuse o

ICE favorable dende Agader.

Actuacións programadas a realizar con persoal da Asociación Mariñas Betanzos:

1. Deseño dun protocolo de itinerarios de inserción emprego-verde: Deseño dun protocolo de

asesoramento-acompañamento para emprendedores verdes en producións ligadas ao medio

natural.

2. Animación e deseño da posta en marcha de menús ecolóxicos nos centros escolares.

3. Fomento de acordos entre produtores e distribuidores identificados para acadar compromisos

de compra-venda de produtos dentro dos territorios.

4. Tarefas de difusión, sensibilización, comunicación e concienciación á sociedade.

Ten cabida na medida 431.- Adquisición de capacidades e promoción do territorio do Réxime de

Axudas do Programa Leader. Os investimentos desta iniciativa ascenden a 20.000.-€ con IVE) . O

proxecto acadaría unha puntuación de 100 puntos o que daría lugar á porcentaxe de axuda

solicitada do 56,35 % (11.270.-€) sobre un orzamento elixible de 20.000.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

2.2.7. AMPLIACIÓN SERVIZOS DE ASISTENCIA DE ANIMAIS (L14-41300-29-260).

Con data 10 de abril de 2014 a Asociación Protectora de Animais Gatocan, solicitou unha axuda

para a ampliación de servizos de asistencia de animais. O 26 de febreiro de 2015 recibiuse o ICE

favorable dende Agader.

Este proxecto consiste na adaptación dun local para ofrecer un servizo de veterinaria aos animais

do centro de acollida. A existencia deste servizo no mesmo centro facilitaría as tarefas sanitarias e

evitaría os desprazamentos dos animais ata a clínica veterinaria en moitos casos. Os investimentos

solicitados consisten: obra civil da adaptación do local; equipamento da clínica veterinaria e

baterías para o incremento do subministro enerxético

Ten cabida na medida, 413.-Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.

IV.Servizos para a economía e a poboación rural, do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 47.598,73- € (41.604,79.-€ sen IVE). O proxecto

acadaría unha puntuación de 62,25 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 50 %

(23.799,37.-€) sobre un orzamento elixible de 47.598,73.-€.

A Xunta Directiva acorda unha resolución favorable e que sexa remitida á Dirección Xeral de AGADER.

2.2.8. AMPLIACIÓN EMPRESA FORESTAL EN ASPRA (TABEAIO-CARRAL) (L14-

41100-29-266).

Con data 15 de abril de 2014 o promotor Andrés Seoane Villaverde, solicitou unha axuda para a

ampliación de empresa forestal en Aspra (Tabeiao-Carral). O día 3 de marzo de 2015 recibiuse o

ICE favorable dende Agader.

O promotor do proxecto, Andrés Seoane Villaverde, é unha persoa física que conta na actualidade

cun serradoiro en Carral e quere potenciar a súa actividade coa adquisición de máis equipamento.

Este serradoiro tradicional, adícase a compra e tala da madeira para posteriormente transformala en

taboleiros.

Page 9: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 9 de 19

Esta empresa estase consolidando no mercado e a súa actividade está incrementándose pouco a

pouco xerando emprego.

Os investimentos deste proxecto consisten na adquisición dun remolque con grúa para cargar e

transportar madeira no monte e levala posteriormente ao serradoiro. Tamén necesita contar cunha

cuchilla para incrementar a seguridade do tractor en zonas con certa inclinación.

Ten cabida na medida 411.- Aumento do valor económico dos montes. Posta en valor de

superficies forestais, do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 61.770,50- € (51.050.-€ sen IVE). O proxecto acadaría

unha puntuación de 47 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda do 33,50%

(17.101,75.-€) sobre un orzamento elixible de 51.050.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

2.2.9. AMPLIACIÓN ACTIVIDADE DESEÑO REVISTA PROMOCIONAL SERVIZOS

FOTOGRÁFICOS (L14-41300-29-256).

Con data 03 de abril de 2014 a sociedade MAGUS 18-10 SL., solicitou unha axuda para a

ampliación da actividade deseño revista promocional servizos fotográficos. Con data 03 de marzo

de 2015 recibiuse o Informe de Control de Elixibilidade favorable dende Agader.

A entidade promotora do proxecto é a sociedade limitada, Magus 18-10 S.L., que conta na

actualidade cun estudo de fotografía en Abegondo, adicado practicamente na súa totalidade ó

deseño e distribución dunha revista promocional de servizos fotográficos, restaurantes, comercios,

catering, empresas de animación etc, especializada en vodas e cuios potenciais clientes son a

mesmas empresas.

A revista BE¬C, os salóns nupciais EXPOBE¬C e o portal www.guiaparanovios.com, son dende

fai anos un referente no territorio. Nesta última sección é onde están desenvolvendo novos espazos

audiovisuais (micrositios web), entrevistas en formato video con tecnoloxía Full HD.

A entidade promotora quere ampliar a súa actividade a través da compra do equipamento necesario

para ofrecer un video de calidade profesional en varios formatos de fotograma e contar cunha

amplia gama de melloras operativas que permitan exercer un maior control sobre a metraxe durante

a filmacion e unha mellorada gravación de son.

O novo equipamento vai permitir ao promotor gravar vídeos coa calidade necesaria para podelos

subir a rede. Co actual equipamento non pode ofrecer este servizo dado que non obtería a calidade

que se require.

Os investimentos deste proxecto consisten na adquisición dunha cámara de video-foto, flash, lente,

monitor retoque, batería, ordenador portátil, monitor, tarxetas memoria, TV. Led. Ten cabida na

medida, 413.-Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida. Ampliación de

PEMES, do Réxime de Axudas do Programa Leader.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 12.249,06- € (10.123,19.-€ sen IVE).

O proxecto acadaría unha puntuación de 46,83 puntos o que daría lugar a unha porcentaxe de axuda

do 33,42 % (3.383,17.-€) sobre un orzamento elixible de 10.123,19.-€.

A Xunta Directiva acorda a resolución favorable e que sexa remitida a AGADER.

Page 10: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 10 de 19

2.3. PROPOSTA DE PECHE DOS PROXECTOS DENEGADOS POR AGADER

2.3.1.-PARQUE DE OCIO INFANTIL EN BERGONDO (L13-41300-29-0252)

Con data 09 de setembro de 2013, Peque Monsters S.L., solicita axuda para o expediente “L13-

41300-29-252 Parque de ocio infantil en Bergondo”. Con data 03 de febreiro de 2014 remítese a

Agader a verificación do informe de control de elixibilidade desfavorable pola presentación da

solicitude de axuda fora de prazo.

Con data 21 de xaneiro de 2015, recíbese de Agader a conformidade do informe anterior para

proceder ao peche do expediente. A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente e a súa

comunicación a AGADER.

2.3.2.-AMPLIACIÓN DESTILERÍA EN SANTA CRUZ DE MONDOI (L11-41300-29-0126)

Con data 11 de outubro de 2011, Mª Moar López y Otro S.C., solicita axuda para o expediente

“L11-41300-29-126 Ampliación destilería en Santa Cruz de Mondoi”. Con data 25 de xuño de

2012 enviouse a Agader o ICE desfavorable dado que a entidade promotora non presentou a

documentación requirida.

Con data 21 de xaneiro de 2015, recíbese de Agader a conformidade do informe anterior para

proceder ao peche do expediente.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente e a súa comunicación a AGADER.

2.3.3.-RECUPERACIÓN FONTES NAS PARROQUIAS VIÑAS E VELOUZÁS (L11-41200-

29-0106)

Con data 27 de abril de 2011 o Concello de Paderne, solicita axuda para o expediente “L11-41300-

29-106 Recuperación de fontes nas parroquias de Viñas e Velouzás”. Con data 18 de xuño de 2012

enviouse a Agader o ICE desfavorable en base as indicacións de Agader respecto a que non teñen

consideración de patrimonio cultural por non estar construídas con materias nobres (pedra e

madeira)

Con data 02 de febreiro de 2015, recíbese de Agader a conformidade do informe anterior para

proceder ao peche do expediente.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente e a súa comunicación a AGADER.

2.3.4.-AMPLIACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN AGRARIA EN ABEGONDO (L13-41100-

29-0246)

Con data 29 de agosto de 2013 a promotora Judith García Andrade, solicita unha axuda para o

expediente “L13-41100-29-246 Ampliación dunha explotación agraria en Abegondo”.

Con data 02 de abril de 2014 solicitouse a Agader o Informe de Control de Elixibilidade.

Con data 26 de febreiro de 2015, recíbese de Agader o informe desfavorable por “non considerar

que exista unha explotación agraria recoñecida formalmente dado que se deu de alta en

autónomos con data posterior á solicitude de axuda e ademais os investimentos solicitados non se

considera que aporten innovación nos métodos de produción xa que se trata de apeiros ou

equipamentos comúns na totalidade de empresas agrarias hortícolas de Galicia”.

A Xunta Directiva mostra a súa disconformidade coas alegacións efectuadas por Agader respecto a

verificación do ICE desfavorable polos seguintes motivos:

1. A promotora Judith García Andrade contaba co Código de Explotación Agraria dende o 17 de

xullo de 2013, xúntase documento de Inscrición no REAGA. Esta data é anterior a solicitude

de axuda.

Page 11: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 11 de 19

2. A solicitude de axuda pertence a convocatoria do Programa Leader 2007-2013, antes da

entrada en vigor do novo Réxime de Axudas. Neste novo Réxime de Axudas (2014-2015) se

especificada que o código de explotación e o recibo de autónomos tería que ter unha

antigüidade dun ano para poder ser beneficiaria da axuda. O criterio seguido na anterior

convocatoria era que se consideraba explotación agraria se o Código de Explotación era

anterior á solicitude de axuda polo que a promotora cumpriría este requisito dado que a

solicitude de axuda foi efectuada no ano 2013.

3. Por outra banda enviáronse tamén facturas de adquisición de sementes efectuadas pola

promotora antes da solicitude de axuda o que xustifica a existencia de actividade agraria da

promotora antes da solicitude de axuda.

4. Respecto a innovación do equipamento solicitado, dicir que dado que a promotora vai producir

en ecolóxico, ademáis de incorporar abonado con materia orgánica e loita biolóxica con

plantas, vai a efectuar a comercialización na propia explotación, entendendo isto como unha

innovación. A produción en ecolóxico é moi excasa no territorio polo que sería un proxecto

innovador.

A Xunta Directiva acorda que sexan enviadas estas alegacións a AGADER solicitando que este

expediente sexa considerado como favorable.

2.4. PROPOSTA DE PECHE PROXECTOS NON ELIXIBLES DO PROGRAMA LEADER.

2.4.1.-AMPLIACIÓN EMPRESA DE FOTOGRAFÍA EN BETANZOS (L14-41300-29-0261)

Con data 14 de abril de 2014, a sociedade civil Jose Fernández Saavedra y otra S.C. ubicada en

Betanzos presenta a solicitude de axuda “L14-413-29-261 Ampliación empresa de fotografía en

Betanzos”

Este proxecto consiste na ampliación do equipamento actual dunha empresa de fotografía familiar

para incrementar a actividade. O proxecto non acada a puntuación mínima necesaria.

A Xunta Directiva acorda a emisión dun ICE desfavorable e ser remitido a AGADER.

2.4.2.-CENTRO DE DÍA E SERVIZOS TIC NO RURAL (L14-41300-29-263)

Con data 14 de abril de 2014, a sociedade limitada Mayores Atención a la Dependencia S.L.

presenta a solicitude de axuda “L14-413-29-0263 CENTRO DE DÍA E SERVIZOS TIC NO

RURAL”.

Este proxecto consiste na creación dun centro de día que sirva de soporte a prestación de servizos

tecnolóxicos para o coidade de persoas maiores na súa casa. O centro se ubicaría en Abegondo

Con data 21 de abril de 2013 requiriuse documentación complementaria por correo electrónico.

Non se recibiu a documentación solicitada.

Con data 19 de febreiro requiriuse por correo certificado a documentación complementaria e

tampouco se recibiu contestación.

A Xunta Directiva acorda a resolución desfavorable, polo que emitirase ICE e enviarase a AGADER.

2.4.3.-CREACIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL NA AULA DA NATUREZA “MUIÑO

VELLO” PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO PATRIMONIO NATURAL(L14-413-

29-286).

Con data 08 de agosto de 2014, o Concello de Arteixo presenta a solicitude de axuda “L14-413-29-

0286 CREACIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL NA AULA DA NATUREZA “MUIÑO VELLO”

PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO PATRIMONI NATURAL”.

Page 12: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 12 de 19

Este proxecto consiste na creación dun novo servizo por parte do Concello de Arteixo para difundir

os valores ambientais do LIC Costa da Morte e a súa conexión coa Reserva da Biosfera Mariñas

Coruñesas e Terras do Mandeo. Este proxecto ubícase no núcleo de Arteixo, núcleo excluído do

Programa Leader por contar con máis de 2.000 habitantes.

A Xunta Directiva acorda a resolución desfavorable, polo que emitirase ICE e enviarase a AGADER.

2.5. PROPOSTA PECHE EXPEDIENTE POR DESISTIMIENTO DOS PROMOTORES.

2.5.1. CULTIVO E PROCESADO DE ESTEVIA EN ARANGA (L13-41100-29-0216)

Con data 29 de xaneiro de 2013 Artexana Mondi S.L. solicita axuda para o expediente “L13-

41100-29-216 Cultivo e procesado de Estevia en Aranga”. Con data 04 de febreiro de 2014

remítese a Agader a desistencia presentada pola entidade promotora.

Con data 22 de xaneiro de 2015, recíbese de Agader a resolución de desistencia do expediente

anterior para proceder ao peche do expediente.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente.

2.5.2. AMPLIACIÓN TANATORIO EN BETANZOS (L13-413-29-242).

Con data 27 de agosto de 2013 a entidade promotora do proxecto “FUNERARIA MARIANO S.L.”

solicita unha axuda do Programa Leader. Con data 17 de marzo de 2014 solicitouse o Informe de

Control de Elixibilidade a Agader. Con data 26 de febreiro de 2015, a entidade anterior presenta no

rexistro da Asociación a desistencia da axuda.

Remitiuse a Agader para que proceda a emisión da resolución de denegación da axuda.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente.

2.5.3. AMPLIACIÓN EMPRESA SERVIZOS FORESTAIS EN CULLEREDO (L13-413-29-

234).

Con data 29/05/2013 a entidade promotora do proxecto “MADERAS REBOREDO S.L.” solicita

unha axuda do Programa Leader.

Con data 22 de xaneiro de 2014 enviouse o Informe de Control de Elixibilidade a Agader.

Con data 10 de xullo de 2014, Agader emitiu o Informe de Control de Elixibilidade Favorable.

Con data 16 de xullo de 2014 a entidade promotora solicitou un aprazamento na emisión da

resolución de concesión. Con data 03 de febreiro de 2015 presentou na Asociación, a desistencia da

axuda anterior.

Remitirase a Agader para que proceda a emisión da resolución de denegación da axuda.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente.

2.5.4. CREACIÓN EMPRESA COMERCIALIZADORA AO POR MAIOR DE

MAQUINARIA AGRÍCOLA (L11-413-29-112).

Con data 20 de xuño de 2011 Comercial S. Panete, S.L. solicita unha axuda para o proxecto “L11-

41300-29-112 “Creación Empresa Agrogandeira comercializadora ao por maior de maquinaria

agrícola”.

Con data 01 de agosto de 2012 Agader emitiu a emisión de resolución favorable. Con data 23 abril

de 2013, a entidade promotora solicitou unha demora na emisión da resolución de concesión da

axuda.Con data 25 de febreiro de 2015 recíbese a desistencia da solicitude de axuda da entidade

promotora.

Remitiuse a Agader para que proceda a emisión da resolución de denegación da axuda.

A Xunta Directiva acorda o peche deste expediente.

Page 13: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 13 de 19

2.6 SITUACIÓN ACTUAL DOS EXPEDIENTES PROGRAMA LEADER.

FONDOS DISPONIBLES MEDIDA 411 264.221,38

L13-411-29-222 Creación almacen para o envasado do kiwi e fresa. 4.264,72

L13-411-29-236 Nave complementaria á implantación dun campo de cepas para producíón e comercialización de castaño híbrido. 11.931,88

L14-41100-29-258 Ampliación empresa comercio ao por maior de madeira 54.510,00

L14-41100-29-266 Ampliación serradoiro en Carral III 17.101,75

TODOS FONDOS COMPROMETIDOS MEDIDA 411 87.808,35

TOTAL FONDOS PENDIENTES DE COMPROMETER 411 176.413,03

FONDOS DISPONIBLES MEDIDA 412 158.532,83

L14-412-29-289 Posta en valor parque histórico "O Pasatempo" 25.491,63

TODOS FONDOS COMPROMETIDOS MEDIDA 412 25.491,63

TOTAL FONDOS PENDIENTES DE COMPROMETER MEDIDA 412. 133.041,20

PROXECTOS MEDIDA 413PRODUTIVOS Axuda

FONDOS DISPONIBLES MEDIDA 413 PRODUTIVOS 528.442,77

L11-413-29-122 Implantación dunha empresa de fabricación de pezas de madeira para o sector da carpintería. 16.444,42

L11-413-29-142 Ampliación de actividades do Club de Tenis a Pedralba. 2.005,44

l11-413-29-156 Construción pista para actividades deportivas e culturais. 3.112,26

L12-413-29-162 Creación campo de Pitch and Putt en Paderne 37.928,97

L12-41300-29-0174 Ampliación actividades serradoiro de madeiras en Betanzos. 6.000,00

L12-413-29-182 Creación centro hípico en Carral 38.769,59

L12-413-29-190 Dinamización e diversificación do sector forestal. 4.587,17

L12-413-29-194 Residencia 3º idade en Bribes. 3.806,86

L12-413-29-198 Creación restaurante de produtos do territorio e actividades complementarias "Mesón xente no camiño" 30.270,10

L14-41300-29-0270 Novo equipo de analise para mellorar o valor engadido da produción láctea. 2.000,00

L12-413-29-164 Ampliación serradoiro en Vilacoba. 10.500,00

L14-41300-29-256 Ampliación actividade deseño revista. 3.383,17

TOTAL FONDOS COMPROMETIDOS 413 (produtivos) 158.807,98

TOTAL FONDOS PENDIENTES DE COMPROMETER 413.(Produtivos) 369.634,79

FONDOS DISPONIBLES 413 NON PRODUTIVOS 105.688,55

L14-41300-29-260 Ampliacion servizos de asistencia de animais 23.799,37

L14-413-29-288 Sinalización viaria da reserva da biosfera Mariñas-Coruñesas e Terras do Mandeo. 5.766,96

TOTAL FONDOS COMPROMETIDOS 413.(non produtivos) 29.566,33

TOTAL FONDOS PENDIENTES DE COMPROMETER 413.(non produtivos) 76.122,22

FONDOS COMPROMETIDOS 301.674,29

FONDOS PENDIENTES DE COMPROMETER 755.211,24

Page 14: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 14 de 19

2.7. OUTROS PROXECTOS PENDENTES DE PRESENTAR A SOLICITUDE.

Sinalización da Reserva II.

Fragas do Mandeo

Modernización restaurante en Abegondo.

Ampliación centro de ocio en Bergondo II.

Ampliación empresa de servizos forestais en Arteixo II.

Ampliación imprenta en Abegondo.

Ampliación empresa de servizos forestais en Bergondo.

Concello de Abegondo

Concello de Coirós

3. PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO

3.1. BIOEMPRENDE (2015-2016).

Con data 13 de febreiro de 2015 presentouse ao Servizo de Orientación Laboral da Consellería de

Traballo e Benestar unha solicitude dentro da Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se

establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a

posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia durante os anos 2015e 2016.

A Asociación Mariñas Betanzos trata de promover e apoiar a transición cara unha sociedade verde e unhas

dinámicas sostibles na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, promovendo o

aproveitamento sostible dos recursos locais, o intercambio de coñecementos e as boas prácticas e/ou o

emprendemento social.

Itinerarios propostos (75 participantes):

- Itinerario I. Agricultura Ecolóxica

- Itinerario II. Elaboración de transformados agroalimentarios

- Itinerario III. Emprendemento verde

- Itinerario IV. Iniciativa emprendedora

O custe total do proxecto ascende a 132.720€ dos que se solicitaría o 85% á Consellería que sería

cofinanciado nun 15% pola Asociación.

Pendente de resolución pola Consellería de Traballo.

4. INFORME REPRESENTANTES ÓRGANOS DE XESTIÓN DA RESERVA DA

BIOSFERA

Se ten elaborado un informe actualizado dos Órganos de Xestión da Reserva da Biosfera , que foi enviado a

todos os membros da Xunta Directiva por correo electrónico.

O Presidente informa que se convocará a unha reunión do Consello de Dirección nestes próximos meses,

seguramente despois da celebración da Asemblea Xeral da Asociación Mariñas Betanzos.

Visitouse en Madrid a persoal técnico da Axencia Tributaria especializado en Utilidade Pública, de cara a

solicitar para a Asociación a Declaración de Utilidade Pública. Tamén visitouse a persoal do Ministerio de

Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, entidade que convoca a concesión de subvencións estatais a

entidades que realizan programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do Imposto sobre a

Renda das persoas físicas.

Informa tamén que o 3 de marzo Antonio Cañás, Deputado Provincial visitou o Concello de Abegondo e

mantivo unha reunión co persoal técnico e co Presidente. Nesta reunión acordouse solicitar ao Servizo

Xurídico da Deputación Provincial un informe para a posible creación dunha Fundación ou o que se

considere oportuno para poder acceder a Asociación Mariñas Betanzos a financiamento público e/ou privado.

Page 15: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 15 de 19

Este mesmo día houbo no Consorcio de As Mariñas unha reunión de seguimento do Organismo

Autónomo de Parques Nacionais para propoñer a terceira fase de sinalización de Reserva de

Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Por outra banda, Rodrigo López, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros comenta

aos asistentes que o Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas” aínda está en funcionamento, polo

que propón unha reunión da Asemblea de Terra das Mariñas, co obxecto de liquidar legalmente

esta Asociación que non ten actividade ningunha, e incluso aproveitar a Asemblea Anual de

Mariñas – Betanzos.

5. INFORME DE ACTIVIDADES

5.1. XORNADAS DESENVOLVIDAS

5.1.1. XORNADA DE TRABALLO SOBRE A XESTIÓN INTEGRADA NAS ZONAS

COSTEIRAS NO TERRITORIO DA RESERVA DA BIOSFERA

Celebrouse o 27 de xaneiro no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, onde se contou coa

presenza do Profesor Stephen Olsen, Ex-director do Coastal Resources Center da Universidad de

Rhode Island (Estados Unidos) e unha das maiores autoridades mundiais na xestión integrada das

zonas costeiras.

Esta xornada presentábase como unha oportunidade para contribuír ao cumprimento dos obxectivos

do Plan Estratéxico da Reserva da Biosfera, aproveitando a experiencia e os coñecementos de casos

prácticos desenvolvidos polo Profesor Stephen Olsen en diferentes lugares do mundo.

5.1.2. PRESENTACIÓN NOVAS MARMELADAS. MEIGAMOURA, S.L.

O 31 de xaneiro de 2015 tivo lugar unha presentación pública do obradoiro de marmeladas

“MeigaMoura, S.L., que tivo lugar na Fundación Wenceslao Fernández Florez en Cecebre

(Concello de Cambre). Persoal técnico da Asociación Mariñas Betanzos, aproveitaron para

presentar aos asistentes o Plan Alimentario da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do

Mandeo.

5.1.3. REUNIÓN COMISIÓN TÉCNICA AXENTES DE EMPREGO E

DESENVOLVEMENTO LOCAL.

O 13 de febreiro de 2015 celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Abegondo, unha reunión

da Comisión Técnica de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local da Reserva da Biosfera

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, á que se convocaron 20 técnicas e técnicos do territorio.

Os principais temas que se trataron foron: Execución do Programa Leader 2014-2015; Programa

Integrado para o Emprego Biosfera Emprega 2014-2015; Liñas de axudas a emprendedores no

marco do Programa de Acción Costeira e Plan Alimentario da Reserva da Biosfera Mariñas

Coruñesas e Terras do Mandeo.

5.1.4. FERRAMENTAS DE EMPRENDEMENTO NA RESERVA DA BIOSFERA

O 3 de marzo de 2015, coa colaboración da Asociación Cultura Aberta, o Concello de Carral e

CaixaBank de Carral, organizouse un taller sobre as ferramentas de emprendemento na Reserva de

Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que entre outros obxectivos estaban: dar a

coñecer as iniciativas postas en marcha dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras

do Mandeo para promover a xeración de iniciativas emprendedoras ligadas ao sector

agroalimentario, e a presentación da Bolsa de Terras da Reserva a propietarios de terras

infrautilizadas da zona.

Page 16: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 16 de 19

5.2. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA.

PROMOCIÓN ECONÓMICA 2015.

O 25 de febreiro de 2015 tense publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución pola

que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondente ao Programa Foenaa:

Convocatoria de Programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción

económica durante o ano 2015.

A Asociación Mariñas Betanzos no mes de novembro presentou unha solicitude a través do rexistro

telemático da Deputación para desenvolver o proxecto “Observación e Biodiversidade na Reserva

da Biosfera: Identificación e seguimento de especies” e complementar a subvención concedida á

Asociación pola Fundación Fecyt, coas seguintes actuacións:

Solicitábase á Deputación Provincial o 70% do total do orzamento solicitado que ascendía a

6.525,75 euros.

Segundo a concesión provisional publicada no BOP ás entidades, á Asociación Mariñas Betanzos

tería unha subvención para este proxecto de 3.393,39€, tendo que xustificar como mínimo do

orzamento total 4.847,70€.

6. PLAN ALIMENTARIO DA RESERVA DA BIOSFERA

Mariñas Betanzos continúa coas accións enmarcadas no proxecto de deseño do Plan alimentario

2014-2017, baseado na conservación da biodiversidade, o fomento do consumo responsable e o

emprego verde, para o que se conta co apoio da Fundación Biodiversidad ata agosto de 2015 e do

Programa LEADER.

De seguido, detállanse os avances acaecidos nos últimos meses e os traballos previstos para as

próximas semanas dentro das principais liñas de traballo do proxecto:

1. Deseño participativo da estratexia do Plan alimentario.

Estase traballando na elaboración do documento do Plan alimentario, coa previsión de organizar

dúas reunións nas próximas semanas: a mesa temática de formación, asesoramento e innovación e a

comisión técnica do Plan alimentario, para continuar co proceso de deseño de liñas de acción para

os próximos anos, no que participan cerca de 50 axentes do sistema alimentario.

2. Bolsa de Terras da Reserva de Biosfera

O acceso á terra é un dos principais problemas dos emprendedores do sector agroalimentario. Por

elo, estase traballando en diferentes zonas piloto do territorio na identificación de terras

infrautilizadas para a súa posible inclusión na Bolsa de Terras da Reserva, axudando así á xeración

de iniciativas emprendedoras ligadas á terra. Trátase dunha base de datos con parcelas dispoñibles

cuxas características e situación poderá ser consultada proximamente nun visor web que se está a

crear.

Na actualidade, xa se visitaron e incluíron no visor 8 parcelas.

Área amparada pola IXP Viño da Terra de Betanzos:

A paisaxe agraria ligada á produción vitícola xoga un papel clave na riqueza e desenvolvemento

económico do territorio. Por isto, resulta fundamental traballar na mobilidade de terreos e viñedos

abandonados.

O pasado 18 de decembro, tivo lugar no Liceo de Betanzos, unha Xornada sobre Viticultura,

emprendemento e paisaxe como primeiro paso na identificación de viñedos abandonados ou

propietarios con interese en deixar as súas viñas a viticultores.

Page 17: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 17 de 19

Costa de Dexo

O pasado decembro tivo lugar en Dexo, o taller sobre a paisaxe como traballo previo na busca de

aproveitamentos e xestión sostible no espazo natural protexido de Dexo, orientada á posta en valor

da paisaxe e dos ecosistemas naturais. Neste taller participaron asociacións de veciños, un

representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia,

ademais de varios técnicos da Reserva de Biosfera. Unha oportunidade para a análise das

oportunidades de desenvolvemento da zona e a identificación de terras abandonadas para a Bolsa

de Terras.

Carral

O 3 de marzo de 2015, coa colaboración da Asociación Cultura Aberta, o Concello de Carral e

CaixaBank de Carral, organizouse un taller sobre as ferramentas de emprendemento na Reserva de

Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que entre outros obxectivos estaban: a

promoción de iniciativas emprendedoras ligadas ao sector agroalimentario, e a presentación da

Bolsa de Terras da Reserva a propietarios da zona.

Nas outras zonas piloto- Bribes (Cambre) ou a zona alta da Reserva de Biosfera- tense iniciado

contacto con axentes do territorio para a dinamización das terras infrautilizadas nesas zonas.

3. Programa Bio- Comedores escolares:

A animación dun menú ecolóxico en centros escolares elaborado con produtos da zona é unha das

liñas de acción comprometidas coa Fundación Biodiversidad como apoio á comercialización en

canles curtas.

Neste momento, tense falado con oito centros escolares, dos que se teñen datos de catro que se

barallan como posibilidades para o día de proba do menú, que está previsto para a última semana

de maio. Así mesmo, tense contactado cos produtores en ecolóxico da zona, para coñecer a

dispoñibilidade dos produtos e se estes serían suficientes para a elaboración do menú. Tamén están

deseñados os menús tipo, partindo das producións dispoñibles na Reserva a finais de maio.

Está prevista unha reunión cos produtores e colexios para falar de prezos e cantidades de produto

dispoñibles, organizar a loxística para o día do menú ecolóxico e estudar a posibilidade de manter

para o próximo curso contratos de abastecemento entre os centros escolares e os produtores

ecolóxicos.

4. Acadar compromisos de compra- venda locais.

Estase traballando no establecemento de compromisos de compra verde dende os concellos, de

maneira que sexan os primeiros en incluír os produtos locais e/ou ecolóxicos nos eventos e

xornadas que organizan.

Comentado [i1]: Esta frase resultame difícil de ler. Non é que

estea mal, pero creo que me perde porque é moi longa.

Comentado [i2]: Ocasión?? Digo para non repetir oportunidade

tan seguido

Page 18: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 18 de 19

5. MARCA DE CALIDADE “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”:

relación de documentación xerada:

A Xunta directiva acorda que se envíen por correo electrónico os pregos de marca e demais co

obxecto de ser debatidos en próxima reunión de Xunta Directiva.

7. PRESENTACIÓN MEMORIA ANUAL 2014 E CONTAS.

Os asistentes acordan que se envíe a memoria anual 2014 e as contas económicas por correo

electrónico.

8. PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE SENDA FLUVIAL E ADECUACIÓN DA ZONA

DE OS CANEIROS.

A petición do Grupo Naturalista Habitat, inclúese para o debate polos membros da Xunta Directiva

de Mariñas - Betanzos este proxecto na orde do día: O Concello de Betanzos ten contratado un

novo proxecto construtivo á empresa Egis Eyser S. A. para un novo trazado da ruta Ponte Vella –

Campo dos Caneiros, que recibiu o título de “Proyecto de construcción de senda fluvial y

adecuación de la zona de Os Caneiros”.

•Anexo I. Información sobre o Pacto Mundial das Nacións Unidas

•Anexo II. Compromisos en materia de Responsabilidade Social Empresarial

•Anexo III. Solicitude de Uso

•Anexo IV. Contrato de Autorización de Uso

I.- Regulamento de Uso

•VIÑO

•PRODUTOS HORTÍCOLAS

•LEITE, QUEIXOS E XEADOS

II.- Pregos de condicións

•Formato VD-01. Verificación documental

•Formato DP-02. Declaración de parcelas

•Formato DC-03. Declaración de cultivos

•Formato VS-04. Verificación in situ

•Formato IS - Inspección in situ Viño

•Formato IS - Inspección in situ Produtos hortícolas

•Formato IS-05. Inspección in situ. Compromisos en materia de Responsabilidade Social Empresarial

•Formato IS-06. Inspección in situ. Boas Prácticas Agrícolas e de Hixiene Alimentaria (Produtos hortícolas)

III.- Sistema de control

Page 19: ACTA DA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DA …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.-ACTA... · 2018. 10. 16. · Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 9 de marzo de 2015 Páxina 19 de 19

Do mesmo xeito que no seu día fixo o proxecto do Plan Mandeo da Deputación da Coruña, este

novo proxecto volve a caer en actuacións que consideramos lesivas para o espazo natural protexido

ZEC Betanzos-Mandeo, para a Escribenta das Canaveiras Iberoccidental e para hábitats

prioritarios:

a urbanización da zona de servidume do río nun tramo de 420 metros,

a construción dunha pasarela pilotada de 120 metros polo carrizal,

o recheo de hábitat 91E0 nun treito de 700 metros,

e a construción no río dunha escollera de 27 metros.

Todas estas actuacións teñen alternativas económicas e compatibles coa conservación dos valores

naturais da zona e sen que o camiño perda ningún atractivo para os veciños e os turistas. De

executar este proxecto na redacción actual, considerase dende Habitat que estaríanse vulnerando as

directivas Hábitats (92/43/CEE), Aves (79/409/CEE) e Marco da Auga (2000/60/CE), así como a

normativa resultante da súa transposición, ademais da Lei de Costas e o Plan de Conservación da

Escribenta das Canaveiras.

Por iso dende o Grupo Naturalista Habitat solicitan que se teña a ben valora-las consideracións

reflectidas e se estime oportuno realiza-las xestións necesarias dentro do marco das súas

competencias para que se desbote a redacción actual do proxecto contratado polo Concello de

Betanzos, se modifique evitando os impactos ecolóxicos, e finalmente se someta a avaliación

ambiental e información pública.

O representante do Grupo Naturalista Habitat informa que o informe foi remitido a diferentes

axentes (Concello, Xunta de Galicia, Costas, Valedor do Pobo). A Sociedade Galega de Historia

Natural pediu a información sobre o proxecto. Pensa que se van a facer modificacións no proxecto.

Non consta que está cambiado o proxecto, pero que están en redacción con cambios que mellorarán

o proxecto ambientalmente e aforraríanse cartos.

O feito de que na Xunta Directiva están representadas tanto o concello como entidades

ambientalistas, ten favorecido o acercamento e o diálogo.

9. ROGOS E PREGUNTAS

9.1. Sería interesante que no futuro o Comité Científico puidese analizar os distintos proxectos que

se presentasen na Reserva da Biosfera no eido ambiental, trasladando a súas conclusións aos

Concellos.

9.2. O representante do Concello de Oleiros, Rodrigo López, comenta que a EDAR-BENS-

Empresa podería entrar no Consello de Participación. A Xunta Directiva propón que se convide a

participar a esta empresa.

9.3. Imaxe Corporativa. Presentáronse as bases do concurso, e algún membro do xurado manifesta

que quizais fose máis doado traballar sobre unha soa proposta.

9.4. Ratifícase na Xunta Directiva a autorización do presidente para apertura, peche e renovación

da concesión de crédito, préstamos e calquera tipo de financiamento en nome da Asociación

autorizada na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 26 de maio de 2014.

Non se producen máis intervencións dándose por rematada a reunión ás 21.25 horas.

En Abegondo, a 9 de marzo de 2015

A Secretaria Vº e prace Presidencia

Asdo.: Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez Asdo.: D. José A. Santiso Miramontes