30
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A FONSAGRADA REALIZADA O DÍA 24 DE MAIO DE 2018 ASISTENTES: ALCALDE-PRESIDENTE : D. Argelio Fernández Queipo CONCELLEIROS: D. José Ángel Fernández Carrín Dna. María del Mar Testa Díaz D. Carlos López López Dna. María Gloria Pasarín Méndez D. Antonio López Villabrille Dna. María Isabel Landeira López D. Tobías Martínez Cotarelo D. Antonio Rodil Álvarez Dna. María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez Non asiste D. Carlos Fernández Vázquez, non estando xustificada a súa ausencia. No salón de Plenos da Casa Consistorial de A Fonsagrada, sendo as 20.05 horas, do 24 de maio de 2018, reúnese en primeira convocatoria, o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. Argelio Fernández Queipo e coa asistencia dos concelleiros arriba indicados. Dá fe do acto a secretaria accidental do Concello, Dna. Olga Landeira Burgué O alcalde, D. Argelio Fernández Queipo inicia a sesión, procedéndose ao estudo dos asuntos da orde do día. De conformidad eco artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro polo que aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Sr. Alcalde, toma a palabra para manifestar que, desexa presentar un punto no orde do día de carácter urxente sobre a creación dunha Comisión Informativa Especial para o estudo e informe do sistema de xestión de Residencia para persoas maiores de A Fonsagrada.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A FONSAGRADA REALIZADA O DÍA

24 DE MAIO DE 2018

ASISTENTES:

ALCALDE-PRESIDENTE :

D. Argelio Fernández Queipo

CONCELLEIROS:

D. José Ángel Fernández Carrín

Dna. María del Mar Testa Díaz

D. Carlos López López

Dna. María Gloria Pasarín Méndez

D. Antonio López Villabrille

Dna. María Isabel Landeira López

D. Tobías Martínez Cotarelo

D. Antonio Rodil Álvarez

Dna. María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez

Non asiste D. Carlos Fernández Vázquez, non estando xustificada a súa ausencia.

No salón de Plenos da Casa Consistorial de A Fonsagrada, sendo as 20.05 horas, do 24 de maio

de 2018, reúnese en primeira convocatoria, o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria baixo a

presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. Argelio Fernández Queipo e coa asistencia dos

concelleiros arriba indicados.

Dá fe do acto a secretaria accidental do Concello, Dna. Olga Landeira Burgué

O alcalde, D. Argelio Fernández Queipo inicia a sesión, procedéndose ao estudo dos asuntos da

orde do día.

De conformidad eco artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro polo que

aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades

Locais, o Sr. Alcalde, toma a palabra para manifestar que, desexa presentar un punto no orde

do día de carácter urxente sobre a creación dunha Comisión Informativa Especial para o

estudo e informe do sistema de xestión de Residencia para persoas maiores de A Fonsagrada.

Page 2: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Sométese a votación a declaración de urxencia do asunto e procedencia do debate e o Pleno

por unanimidade dos seus membros, declara a urxencia e a inclusión do punto na orde do día

que queda como punto 8.

1.-Aprobación das actas das sesións celebradas os días 08.03.2018 e 23.03.2018,

En canto á aprobación das actas das sesións dos Plenos celebrados os días 08.03.2018 e

23.03.2018, polo que o Sr. Alcalde pregunta se existe algunha rectificación/aclaración que

facer á acta. Toma a palabra a concelleira Dna.Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez que afirma que

non ten ningunha rectificación/ aclaración que facer á acta pero que considera que as

respostas ás consultas presentadas sobre os Decretos son incompletas e deberían ser máis

detalladas para así dispoñer dunha maior información sobre os temas tratados.

As actas apróbanse por unanimidade dos presentes.

2.- Dación de contas dos Decretos de Alcaldía (03.03.2018 a 16.05.2018) e ratificación dos

que proceda, e das Actas da XGL de 06.03.2018, 03.04.2018, 17.04.2018,

Recollese na acta os escritos presentados en relación aos dos Decretos de Alcadía

comprendidos entre o número 68/2018 e 124/2018 e das Xuntas de Goberno de data

06.03.2018, 03.04.2018 e 17.04.2018, así como as súas respostas.

Reposta RE 874/2018 do 24.05.2018, preguntas do Grupo BNG aos decretos de alcaldía e XGL

levados ao pleno do día 24.05.2018:

• DECRETO Nº 85/2018.Que reforma se pretende facer na Antiga Casa Consistorial con tal

elevada cuantía? Tiña entendido que para o Museo Forges abondaría co primeiro andar. Que

se pretende facer na pranta baixa?

O Concello pretende reforma da antiga Casa Consistorial para acondicionar un espacio para

museo, entendendo que a referida edificación é un lugar idóneo para o mesmo, de modo que

se pretende a recuperación dun edificio emblemático e que permita o seu uso tanto para

museo como para a realización de actividades. Con todo isto a reforma que se pretende

realizar manterá as características da fachada respectando as características construtivas da

edificación orixinal, adaptando o seu interior en función do novo uso previsto. Pretendese

manter as superficies en planta baixa e primeira, realizando unha redistribución dos espazos

existentes. Nestes momentos o que se pretende é a reforma do edificio pero aínda non está

decidido a que se vai dedicar cada sala. O proxecto pódese consultar nas Dependencia

Municipais.

• DECRETO 90/2018.Acondicionamento e dotación de servizos na Avenida de Galicia. En que

consiste esa obra de tan elevado custe, 248774,94 €?

Actualmente os servizos urbanos de saneamento e abastecemento que discorren baixo as

beirarrúas da Avenida de Galicia atópanse moi deteriorados polo paso dos anos, ocasionando

Page 3: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

numerosos problemas de roturas e filtracións. Por todo iso faise necesario abordar a súa

renovación, aproveitando para mellorar a accesibilidade da zona.

A actuación levarase a cabo no tramo da Avenida de Galicia comprendido entre o cruce coas

rúas Marqués de Rodil e Rosalía de Castro, ata a Praza da Igrexa. Substituirase a canalización

de abastecemento por unha nova condución de PEAD de 200 mm de diámetro e 16 ATM, coas

súas correspondentes acometidas domiciliarias en diámetros de 32 e 40 polgadas. Tamén se

instalarán novas válvulas de comporta para delimitar os tramos e 6 bocas de incendios.

A actual condución de saneamento de formigón será substituída por unha de PVC de 315 mm e

unha nova rede de recollida de pluviais tamén do mesmo material, ás que se conectarán as

acometidas das vivendas e os sumidoiros sifónicos emprazados xunto ao bordo.

Aproveitaranse as obras para proceder ao enterrado das liñas de baixa tensión e iluminación

pública.

Finalmente repoñeranse as beirarrúas limitadas con bordo de granito gris granallado e laxas

hidráulicas pétreas granalladas de textura abuxardada, de cor arenisca, de dimensións

60x40x5 cm. Executaranse os vaos a garaxes e peonís, sinalizando o rebaixe do perfil de

beirarrúa nos vaos de peóns mediante baldosa hidráulica de botóns, de cor vermella.

O proxecto está redactado por María Trillo Abuín e pódese consultar nas oficinas dos Servizos

Técnicos do Concello.

• DECRETO 113/2018.Facturas de CATRO VENTOS números 52 e 55. Comida Deputación e

menú traballador da Deputación. Por que non asume ese organismo as dietas dos seus

traballadores?

A factura número 52 refírese a protocolo do Concello con respecto á Deputación, en canto a

factura número 55 refírese prestando servizos para o Concello.

• DECRETOS 108/2018 e 119/2018.Rematan as actuacións do Concello con estes dous

traballadores dos GES, ou volveremos a atoparnos con algunha irregularidade máis?

As actuacións respecto aos GES non rematan con estos Decretos xa que no Decreto 108/2018

se acordou presentar reclamación previa contra a Resolución sobre responsabilidade

empresarial por prestacións por desemprego respecto ao traballador D. Raúl Fernández

Marcos en contía de 8552,15 € e no Decreto 119/2018 contra a resolución de responsabilidade

empresarial por prestacións por desemprego respecto do traballador D. José Fernández Pin en

contía de 7987,81. As reclamacións foron estimadas parcialmente fixando a cantidade respecto

de D. Raúl Fernández Marcos en 1907,08 € e respecto de D. José Fernández Pin en 1887,62 €, e

contra a dita resolución aínda cabe interpor recurso.

3.-Liquidación 2017,

O Sr. Alcalde da conta da liquidación do ano 2017 cuxo decreto de aprobación di :

Page 4: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

“Visto que con data 12.03.2018, se incoou procedemento para aprobar a liquidación do

orzamento do exercicio 2017.

Visto que con data 13.03.2018, emitiuse Informe de Avaliación do Cumprimento do Obxectivo

de Estabilidade Orzamentaria e Informe de Avaliación do Cumprimento da Regra de Gasto.

Visto que con data 13.03.2018, foi emitido informe de Intervención, de conformidade co artigo

191.3 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais.

De conformidade co artigo 191.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais

aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e co artigo 90.1 do Real Decreto

500/1990, sobre materia orzamentaria.

PRIMEIRO.- Aprobar a liquidación do orzamento Xeral de 2017.

SEGUNDO.- Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este celebre, de acordo

con canto establecen os artigos 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas

Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e 90.2 do Real Decreto

500/1990, do 20 de abril.

TERCEIRO.- Ordenar a remisión de copia da devandita Liquidación aos órganos competentes,

tanto da Delegación de Facenda coma da Comunidade Autónoma, e iso antes de concluír o

mes de marzo do exercicio seguinte ao que corresponda.

CUARTO.- Visto o informe de Intervención de Avaliación de Cumprimento do Obxectivo de

Estabilidade Orzamentaria e da regra de gasto que determina que non se cumpre co principio

de sustentabilidade financeira deberá elaborarse o Plan Económico-Financeiro, segundo

establece o artigo 21 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e

Sustentabilidade Financeira”

Toma a palabra a concelleira do BNG, Dna. María Xosefa Ortíz de Galisteo Pérez e pregunta,

en relación coa liquidación do estado de gastos, pola incorporación de remanentes de créditos

que figuran en determinadas partidas, a Sra. Secretaria accidental explica que se trata dunha

incorporación de remanentes de crédito obrigatoria, posto que se tratan de créditos que

amparan proxectos financiados con ingresos afectados e débense incorporar ao exercizo

seguinte.

O concelleiro do PP, D. Tobías Martínez Cotarelo di que segundo o informe de Secretaria-

Intervención existe un incumprimento na estabilidade orzamentaria e da regra de gasto e

pregunta se a liquidación 2017 pode aprobarse igual, a Sra. Secretaria, accidental, contesta

que si pero que hai que aprobar un Plan Económico Financeiro de conformidade con

establecido na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e

Sustentabilidade Financeira. O concelleiro do PP, D. Antonio Rodil Álvarez pregunta cal é a

causa dese descuadre que se reflexa no informe de Intervención posto que outros anos

Page 5: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

afirmarase que o problema residía nos gastos que ocasionaba o Grupo de Emerxencias

Municipais. O Sr. Alcalde di que neste tema nada ten que ver o Grupo de Emerxencias

Municipais, xa que se trata dun tema administrativo que xa se tratou en varios plenos. O

concelleiro do PP, D. Tobías Martínez Cotarelo pregunta se o Concello está moi lonxe de

cumprir os obxectivos de estabilidade e da regra de gasto, o Sr. Alcalde di que esos obxectivos

os marca Madrid, e a Madrid márcallos Bruselas, e sinala que cada Administración Pública

debería asumir as súas competencias e desta maneira sería máis fácil acadar os obxectivos

marcados, e que no Plan Económico Financeiro estableceranse as medidas que sexan

necesarias.

4.-Proposta de alcaldía de recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2018,

O Sr. Alcalde pasa a ler a proposta de alcaldía:

PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 1/2018

Visto o informe da Secretaria-Interventora de data 11.05.2018, sobre o recoñecemento extraxudicial de créditos, e vistas as seguintes facturas:

EMPRESA Nº DATA CONCEPTO PARTIDA IMPORTE

INLOGA ENXEÑEIROS,S.L

74 26.12.2017 Proxecto rexeneración de pavimento de accesos a Carballido, asfaltado da pista de Paradanova a Fornos da Cal, acondicionamento de accesos no lugar de Restrumeiro, asfaltado pista dende a estrada provincial LU-P-1910 ata a ponte que cruza o Rio Navial

151.22706 5.556,05 €

LUIS ENRIQUE CORREA PIÑEIRO

295 09.12.2017 Actuación de OS CARUNCHOS na III edición da “FOLIADA de A FONSAGRADA” o día 09.12.2017

330.22609 1.600 €

NUEVA ALLANDESA SL

115183 15.11.2017 Comida maiores 2017 231.22699 7.050 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

154-2017 23.11.2017 1ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 113,67 €

Page 6: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

155-2017 23.11.2017 Modificado do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 58,20 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

156-2017 23.11.2017 2ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 119,31 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

157-2017 23.11.2017 3ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 58,20 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

159-2017 23.11.2017 Certificación final de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 61,97 €

MAXCONTROL NOROESTE

17-465 31.12.2017 Analíticas mostras de auga

450.210 2.404,27

17.021,67 €

Propoño que polo Pleno da Corporación se aprobe o seguinte acordo:

1º. Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2018 e, en consecuencia, aprobación das seguintes facturas :

EMPRESA Nº DATA CONCEPTO PARTIDA IMPORTE

INLOGA ENXEÑEIROS,S.L

74 26.12.2017 Proxecto rexeneración de pavimento de accesos a Carballido, asfaltado da pista de Paradanova a Fornos da Cal, acondicionamento de accesos no lugar de Restrumeiro, asfaltado pista dende a estrada provincial LU-P-1910 ata a ponte que cruza o Rio

151.22706 5.556,05 €

Page 7: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Navial

LUIS ENRIQUE CORREA PIÑEIRO

295 09.12.2017 Actuación de OS CARUNCHOS na III edición da “FOLIADA de A FONSAGRADA” o día 09.12.2017

330.22609 1.600 €

NUEVA ALLANDESA SL

115183 15.11.2017 Comida maiores 2017 231.22699 7.050 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

154-2017 23.11.2017 1ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 113,67 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

155-2017 23.11.2017 Modificado do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 58,20 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

156-2017 23.11.2017 2ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 119,31 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

157-2017 23.11.2017 3ª Certificación parcial de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 58,20 €

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA

159-2017 23.11.2017 Certificación final de obra do Proxecto remate da rede de saneamento de A Fonsagrada

151.22706 61,97 €

MAXCONTROL NOROESTE

17-465 31.12.2017 Analíticas mostras de auga

450.210 2.404,27

17.021,67 €

Page 8: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

A concelleira do BNG, Dna María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez, toma a palabra e pregunta

como é posible que haxa dez facturas en relación coas certificacións parciais ou finais de obra

do Proxecto de remate da rede de saneamento de A Fonsagrada. O Sr. Alcalde contesta que as

obras certifícanse por partidas e si que é posible a existencia dunha única certificación final,

pero neste caso foise certificando conforme ía avanzando a obra.

O Sr. Alcalde explica que se trata de facturas do ano 2017 que tiveron entrada no ano 2018.

Unha vez debatido a proposta esta é aprobada pola unanimidade dos concelleiros presentes.

5.-Proposta de alcaldía da dedicación parcial do primeiro tenente de alcalde,

O Sr. Alcalde pasa a ler a proposta de alcaldía:

Considerando as atribucións que a normativa vixente en materia de réxime local lles

encomenda ós Alcaldes, esta Alcaldía estima que para acadar a maior eficacia no desempeño

do cargo de primeiro tenente de alcalde, debe exerce-lo seu cargo con dedicación parcial.

Visto que a lexislación aplicable é a seguinte:

— Os artigos 75, 75 bis e 75 ter da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime

Local.

— A Disposición Adicional Trixésimo Segunda da Lei 3/2017, de 27 de xuño, de Orzamentos

Xerais do Estado para o ano 2017.

— O artigo 13.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.

— A Orde de 12 de marzo de 1986 sobre Alta e Cotización ao Réxime Xeral da Seguridade

Social dos membros de Corporacións Locais con Dedicación Exclusiva.

Visto o informe de Secretaría- Intervención de data de 11.05.2018.

Propoño que o Pleno da corporación adopte o seguinte acordo:

PRIMEIRO. Determinar que o cargo de 1º tenente de alcalde realice a súa función en réxime

de dedicación parcial e debendo ter unha presenza efectiva mínima no Concello de 19 horas

semanais.

SEGUNDO. Establecer a favor do membro da Corporación que desempeñe o seu cargo en

réxime de dedicación parcial, as retribucións que a continuación se relacionan, que se

percibirán en catorce pagas, doce correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e os

dous restantes correspondentes ás mensualidades de xuño e decembro, e darlles de alta no

réxime xeral da Seguridade Social, debendo asumir esta Corporación o pago das cotas

empresariais que corresponda.

Page 9: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

— O cargo de 1º teniente de alcalde, (funcións de responsabilidades que así o requiran...)

percibirá unha retribución anual bruta de 20.401,92 €, incluidas as pagas extraordinarias.

TERCEIRO. Publicar de forma íntegra no Boletín Oficial da Provincia o Acordo do Pleno, aos

efectos do seu xeral coñecemento.

CUARTO. Notificar devandito Acordo aos interesados e ao Servizo de persoal e intervención

para o seu coñecemento e efectos».

Toma a palabra a concelleira do BNG, Dona María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez, e pregunta

quen se fai cargo do salario do Alcalde nestes momentos, o Sr. Alcalde contestalle que é a

Deputación a encargada do abono do seu salario. A Concelleira do BNG afirma que existen

certas queixas polo vacío de atención o cidadán polo que está de acordo en que se acorde a

dedicación parcial a favor do 1º Tenente Alcalde, pero considera que é necesario a fixación

dun horario de atención ao público, é dicir, que esas dezanove horas semanais non sexan pola

tarde. Por outra banda a concelleira do BNG quere recalcar que é necesario que coa presenza

do Tenente Alcalde no Concello cambien algunhas cousas, como por exemplo a xestión dos

temporais da neve, que neste ano presentaron dificultades graves. O Sr. alcalde afirma que

este ano houbo un temporal de neve moi importante e xeneralizado que se une con outras

circunstancias de forza maior que fixeron imposible que as estradas estiveran en perfecto

estado. O sr. alcalde di que está de acordo en que é preciso establecer un horario que se

comunicara cando esté establecido, aínda que hai que ter en conta que, en ocasións, é

complicado que se poidan cumprir estrictamente por asuntos que poidan surxir.

Toma a palabra o concelleiro do PP, D. Tobías Martínez Cotarelo que di que non lle parece o

momento oportuno, a un ano visto das eleccións municipais, posto que entende que o Alcalde

debe exercer as súas funcións no Concello, pero sí o vería necesaria esa dedicación se por

exemplo fose concelleiro de obras sobretodo tendo en conta a superficie do Concello. O Sr.

alcalde di que o tenente alcalde exercerá as funcións de responsabilidade que así o requiran, é

dicir, colaborara en calquera parcela na que se requira a súa intervención. O concelleiro do PP,

D. Tobías Martínez Cotarelo afirma que parece que hai outros intereses posto que xa hai catro

anos se planteaba que o 1º Tenente de Alcalde acabaría sendo o Alcalde. O Sr. alcalde

contestalle que unha cousa é o posto de Alcalde e outra a atención o cidadán, e que polo tanto

o que se pretende é unha atención máis concreta e intensa a cidadanía, e esto último é a única

intención.

O concelleiro do PP, D. Antonio Rodil Álvarez, di que con esta medida parece que o Sr. Alcalde

cede parte do compromiso adquirido cos cidadáns do Concello en maio de 2015, o Sr. Alcalde

contestalle que eso non é así, senon que o que se pretende é mellorar unha situación na que

non se podía dar unha atención correcta a cidadanía.

Unha vez debatida a proposta está e aprobada co voto favorable dos sete concelleiros do

PSdeG-PSOE e cos votos en contra dos dous concelleiros do PP e o voto favorable da

concelleira do BNG.

Page 10: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

6.-Aprobación, se procede, de Convenio marco, interadministrativo de cooperación, entre o

Concello de A Fonsagrada e a Deputación de Lugo para implantar e executar un sistema de

prestacións de servizos sociais en Centros de Atención a persoas maiores (Centro de día e

Residencia)

O Sr. Alcalde pasa a ler a proposta de alcaldía:

Asunto: convenio marco, interadministrativo de cooperación para implantar e executar un

sistema de servizos sociais en centros de atención a persoas maiores, a suscribir entre co

concello de A Fonsagrada e a Deputación Provincial, como relación bilateral.

O envellecemento progresivo da poboación está a ter unha forte incidencia en Galicia, e por

onde, tamén, e moi especialmente no noso municipio.

As causas deste envellecemento poboacional son fundamentalmente: a redución progresiva da

natalidade (no momento actual por debaixo do recambio xeracional), o incremento da

esperanza de vida derivada das as melloras socioeconómica e sanitarias.

Neste contexto, resulta especialmente significativo o feito da emigración que se vén

producindo nos últimos vinte anos dos mozos e mozas, que ao non atopar saída para

emprender un proxecto de vida persoal autónomo para as súas vidas, vanse do noso municipio

para fóra de Galicia; nos últimos anos unha media duns 25.000 mozos e mozas emigran de

Galicia cara Europa. Son precisamente as xeracións máis preparadas, mozos e mozas que

conforman un capital humano inconmensurable por fundamental para o desenvolvemento

económico e demográfico de calquera país.

O fracaso das políticas autonómicas de desenvolvemento rural resulta clamoroso e, ao mesmo

tempo tráxico, polas consecuencias sobre o futuro do noso municipio e do noso país.

Outro dos factores a ter en conta é o incremento da idade dentro do propio colectivo de

maiores, o que se denomina a “cuarta idade” que se refire a poboación maior de 80 anos. Esta

tendencia do “envellecemento do envellecemento” continuará nos vindeiros anos tendo

importantes repercusións, dada a previsible asociación entre o aumento da esperanza de vida e

da incidencia real de discapacidade.

Este aumento previsible da dependencia avanza unido ó debilitamento da capacidade de

atención polas redes de soporte familiar, que ata a data segue a ser o principal provedor de

coidados, como consecuencia dos cambios socio-demográficos, o acceso xeneralizado da

muller ao mundo laboral e os cambios na estrutura familiar. Estes factores están a orixinar un

forte descenso do número de coidadores potenciais, feito de gran transcendencia para a

reformulación dos servizos e prestacións sociais existentes.

A atención social ás necesidades e demandas das persoas maiores debe ser o obxectivo das

políticas sociais que desexen garantir o benestar e a calidade de vida, non só das persoas

maiores, senón da sociedade no seu conxunto.

Page 11: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Unha poboación maior ben atendida , que conte cos recursos axeitados de cobertura das súas

necesidades, é indicativo dunha sociedade solidaria e inclusiva. A implicación dos poderes

públicos por unha maior cohesión social faise notar non só en que non haxa diferenzas no

tratos aos distintos sectores de poboación, senón en que dea resposta ás necesidades

específicas de cada un deles.

O deseño e implementación de medidas destinadas á intervención social con persoas maiores

e ao logro do seu benestar e calidade de vida, ademais de ser unha condición indispensable

para a consecución dun alto grao de benestar social xeral, ten que supoñer tamén unha

prioridade fundamental na estratexia de intervención e actuación das administracións públicas,

e especialmente das administracións máis próximas: Deputacións e Concellos. Neste sentido a

Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, no seu preámbulo di “…os poderes públicos non son

observadores neutrais nin se limitan a paliar as consecuencias das situacións inicuas que

afecten á cidadanía, especialmente as que o fan de maneira selectiva e continuada no tempo.

Ben ao contrario, os poderes públicos están obrigados a actuar positivamente a favor das e

dos que quedan ou están en risco de quedaren á marxe da sociedade e a crear as condicións

para que todas as persoas gocen dunha real igualdade de oportunidades...”

MARCO NORMATIVO DE APLICACIÓN

A Lei 13/2008 de Servizos sociais de Galicia entende por servizos sociais o conxunto

coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de

oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación

galega, mediante intervencións que permitan o logro de diversos obxectivos, entre os que se

citan: facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se

atopan en situación ou en risco de exclusión social; garantir a vida independente e a autonomía

persoal das persoas en situación de dependencia; previr a aparición de calquera situación de

dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección ás que fan referencia os obxectivos

anteriores e promover e garantir o dereito universal da cidadanía galega ao acceso aos

servizos sociais, garantindo a suficiencia orzamentaria que asegure a súa efectividade.

O sistema galego de servizos sociais, segundo o artigo 4 LSSG, réxese polos principios de:

universalidade; prevención; responsabilidade publica; igualdade; equidade e equilibrio

territorial; solidariedade; acción integral e personalizada; autonomía persoal e vida

independente; participación; integración e normalización; globalidade; descentralización e

proximidade; coordinación; economía, eficacia e eficiencia; planificación; avaliación e calidade.

A mesma lei, no seu artigo 60, establece como competencias dos concellos, entre outras, no

marco da planificación e ordenación xeral do sistema galego de servizos sociais, a creación, a

xestión e o mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos, así como, a xestión e o

mantemento dos servizos sociais comunitarios específicos.

Tamén establece que as Deputacións Provinciais, de conformidade co previsto na normativa de

réxime local, proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na

execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación

de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de vinte mil

Page 12: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

habitantes; e ademais, a Xunta de Galicia (art. 64 LSSG) promoverá unha efectiva coordinación

e cooperación cos concellos co fin de asegurar a calidade e unha cobertura equilibrada dos

servizos sociais en todo o territorio, especialmente no que atinxe á creación e ao mantemento

de servizos sociais comunitarios específicos; esta cooperación interadministrativa resulta

reforzada polo artigo 64.bis, introducido pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, que á súa vez

reforza o carácter de competencia propia dos concellos en canto aos servizos comunitarios.

O CONVENIO MARCO INTERADMINISTRATIVO DE COOPERACIÓN QUE SE SOMETE Á

APROBACIÓN DO PLENO.

A deputación provincial en colaboración con distintos Concellos da Provincia acometeu un

ambicioso proxecto de construción e/ou financiamento de centros de atención a persoas

maiores, en residencias e centros de día, que ou ben están finalizadas, próximas a rematar

ou en execución.

Existe unha necesidade efectiva, con crecemento exponencial, destes equipamentos e dos

servizos de atención social que desde eles se prestan, atendendo tanto a idade avanzada da

poboación lucense, singularmente no medio rural, como a dispersión xeográfica, á que desde

o poder público local se lle vai dar resposta.

Para impulsar a inmediata apertura aos usuarios desta rede de centros de atención a persoas

maiores, a Deputación Provincial o este Concello asinaron un protocolo xeral de actuación,

no que establecen as liñas mestras de cooperación para a posta en marcha de accións

conxuntas coa finalidade de proceder a apertura inmediata da Residencia para maiores.

Este Concello e Deputación provincial, asumen plenamente os principios xerais do sistema

galego de servizos sociais, entre os que destaca a equidade e o equilibrio territorial, de modo

que no desenvolvemento da rede de centros e servizos se compensen e movan os

desequilibrios e debilidades xeográficas; se garanta o acceso ao sistema das galegas e

galegos que residan en áreas sociais con altas taxas de envellecemento e dispersión, mediante

unha oferta equitativa e equilibrada de servizos en todo o territorio, fornecendo criterios de

acceso homoxéneos por razóns de situación biopsicosocial e por razóns de proximidade ao

recurso, nomeadamente priorizando a residencia no municipio e na bisbarra correspondente.

O sistema prioriza a calidade e proximidade como unha das súas fortalezas, mantendo aos

maiores no seu entorno vital e coñecido, como factor cualitativo e cohesionador: os nosos

maiores envellecerán onde viviron en centros e residencias non masificadas, con formas de

convivencia flexible.

A sistemática a implantar basease no respecto a autonomía municipal e o papel

cooperativo, coordinador e de asistencia das deputación, e garantirá o acceso da veciñanza

a uns servizos públicos de calidade mediante unha oferta de recursos suficiente, equilibrada e

de proximidade, fornecendo

Propugnase unha xestión dos servizos de atención a maiores pública e responsable, primando

a calidade nas atencións aos usuarios, cunha financiación sostible acorde a capacidade

económica dos usuarios, progresiva e redistributiva.

O sistema fai real e tanxible, a través das administracións locais ( concellos e provincia) a

cláusula propia do Estado Social ou do Benestar que obriga aos poderes públicos a remover

Page 13: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

os obstáculos que impidan ou dificulten a liberdade e igualdade real e efectiva das persoas

maiores, promovendo a súa participación nos nodos de vida social, cultural, económica, etc.,

preservando en todo momento a súa dignidade persoal.

Obxecto do convenio

O obxecto do presente convenio de cooperación é:

a) Fixar as liñas comúns de desenvolvemento, financiamento, organización,

coordinación, dirección, xestión e funcionamento das prestacións propias dos centros de

atención a maiores existentes nos Concellos da Provincia de Lugo que se adhiran ao

presente sistema.

b) Implantar e aplicar a regra da prioridade por veciñanza e proximidade xeográfica,

a fin de manter ás persoas maiores no seu entorno vital, familiar e social. Deste xeito

darase prioridade para o acceso aos residentes nos concellos, despois aos da bisbarra á

que pertencen, e despois aos da provincia

c) Establecer o carácter homoxéneo das prestacións en todo o territorio provincial,

garantindo estándares mínimos de calidade, prestacións e prezos a pagar polos

usuarios.

Obxectivos e fins do sistema de cooperación.

O convenio baséase no principio xeral de cooperación interadministrativa, para coordinar e

valorizar os recursos dispoñibles encamiñados a responder as demandas socias de:

· Prestar de forma eficaz e eficiente un servizo público de carácter social, comunitario

específico, en centros de atención a persoas maiores.

· Garantir unha dirección e coordinación pública ( Concellos e Deputación) na

prestación destes servizos e un sistema de inspección pública permanente.

· Garantir o acceso da veciñanza a uns servizos públicos de calidade mediante unha

oferta de recursos suficiente, equilibrada e de proximidade.

· Fixar un sistema de prezos públicos acorde a capacidade económica dos usuarios,

con cobertura publica ( Deputación e Concellos) para aquelas persoas con menos

recursos.

· Minorar os custos antieconómicos da prestación illada, colaborando cos recursos

públicos dispoñibles que se mobilizaran a tal fin, e instrumentando mecanismos de

economía de escala e compra agregada.

Ámbito territorial.

O ámbito territorial de prestación dos servizos en centros de atención a maiores será o

municipal e provincial, en función do municipio sé do centro e da prioridade por veciñanza e

proximidade xeográfica para o acceso a estes establecementos.

Prestación do servizo.

Os servizos prestaranse directamente pola Deputación de Lugo e os Concellos que se adhiran

ao sistema, que exercerán tódalas funcións públicas, reservadas pola lexislación á

Page 14: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

gobernanza e á función pública, sen que o risco da prestación do servizo sexa asumido por

empresas privadas ou entidades de titularidade pública pero suxeitas ao dereito privado .

En ningún caso se poderán celebrar contratos que supoñan xestión indirecta, como o

contrato de concesión de obras ou de servizos.

As partes neste convenio marco manifestan, a vontade compartida, de defender a xestión

pública directa, se ben constatan as dificultades legais para recrutar recursos humanos de

carácter estable e estrutural dadas as limitacións fixadas na lexislación orzamentaria e de

emprego público, de modo que este sistema de prestación se mostra como máis acaído

dentro do marco legal e o novo réxime xurídico do sector público.

Como consecuencia das dificultades legais para contratar persoal por parte das

administracións públicas, as tarefas de carácter material e técnico necesarias para a

prestación real do servizo poderanse prestar mediante contratos administrativos de

subministros e servizos nos termos dos artigos 16 e 298 e seguintes( contrato de

subministro); 15,308 e seguintes e nomeadamente o artigo 312 da LCSP/2017, en tanto se

ocupa das especialidades dos contratos de servizos que conlevan prestacións directas a favor

da cidadanía.

A Deputación actuará como órgano de contratación en virtude deste convenio e do marco

legal fixado no artigo 31 da LCSP/2017, e concordantes exclusivamente para contratos de

servizos e de ser necesario de subministracións.

Obrigas e compromisos das partes.

Deputación Provincial de Lugo

En cumprimento do presente convenio interadministrativo de cooperación, a Deputación

Provincial comprométese ao seguinte:

1. Efectuar o financiamento previsto na cláusula “sexta”.

2. impulsar un equipo técnico especializado en servizos sociais, responsable da calidade,

integridade e transparencia das prestacións; así como un grupo de mantemento

especializado nos equipamentos residenciais.

3. Garantir a intervención e control público do acceso aos centros de atención a persoas

maiores e das prestacións que se realicen, mediante instrumentos colexiados de

selección paritarios nos que participen cada Concello sede a deputación provincial, cunha

composición ao 50% por cada parte.

4. Incorporar como anexo ao convenio específico con cada Concello, a documentación

tramitada e aprobada por cada Concello, conforme ao Artigo 97 do Real decreto

lexislativo 781/1986, do 18 de abril (TRRL) ou ben por aqueles procedementos que cada

Concello considera axustados ao ordenamento xurídico, a fin de determinar o réxime

xurídico e a forma de xestión directa deste servizo público con prestacións ás persoas,

coa posibilidade de prestacións materiais non reservadas á función pública, única e

exclusivamente mediante contratos administrativos que non impliquen, en ningún caso,

xestión indirecta.

Page 15: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

5. Actuar como órgano de contratación para as prestación propias do servizo social

comunitarios especifico, en centros de atención a persoas maiores nos termos da

cláusula cuarta, cumprindo coas determinacións da LCSP.

A estes efectos, licitará a prestacións imprescindibles para inicio do funcionamento dos

centros, unha vez obtidos os permisos sectoriais da Comunidade autónoma necesarios

para o inicio da actividade, no prazo máximo de dous meses desde que se reciban.

En casos de demoras inxustificadas por parte da Comunidade autónoma poderá

efectuarse a licitación sometida a condición de que se obteñan as mesmas.

6. Realizar a xestión, liquidación, inspección e recadación dos prezos públicos que deban

aboar os usuarios dos centros de atención a persoas maiores que participen neste convenio

marco e no sistema propugnado, en aplicación do disposto no artigo 7 do Real Decreto

Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, TRLRFL.

7. Convidar á representación institucional das administracións participantes aos actos

oficiais que se organicen e difundir institucionalmente este sistema cooperativo e

municipalista no formato tradicional ou dixital que se estime máis axeitado, en cada

caso.

8. Dar cumprimento a normativa reguladora de protección de datos de carácter persoal

que deban utilizarse no desenvolvemento das respectivas actividades as que se

comprometen e, especialmente, da utilización dos datos persoais por terceiros de forma

non autorizada.

9. Impulsar a colaboración coas Universidades, centros de ensino e entidades sen ánimo de

lucro para un axeitado desenvolvemento destas prestacións sociais.

10. Coordinar e colaborar cos concellos que aínda non a obtiveran na tramitación e

consecución dos permisos de inicio de actividade a que se refire o artigo 24 do Decreto

254/2011, de 23 de decembro, achegando os medios técnicos, materiais e persoais que se

lle requiran.

11. Cumprir coas determinacións do artigo 53 da amentada Lei 40/2015, de RXSP, que lle

resulten aplicables.

Dos Concellos participantes no sistema comprométense a:

En cumprimento do presente convenio de cooperación, os Concellos , comprométese ao

seguinte:

1. Prestar a colaboración requirida para que a Deputación execute os compromisos

asumidos nos apartados precedentes e, en xeral, en todas aquelas actuacións para as

cales fora requirido o Concello, co obxecto ultimo de lograr o fin do presente convenio.

2. Efectuar as achegas económicas prevista na cláusula “sexta”.

3. Establecer, de conformidade ao Artigo 97 do Real decreto lexislativo 781/1986, do

18 de abril (TRRL) ou ben por aqueles procedementos que cada Concello considera

axustados ao ordenamento xurídico, o réxime xurídico e a forma de xestión directa

Page 16: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

deste servizo público con prestacións ás persoas, coa posibilidade de prestacións

materias non reservadas á función pública, única e exclusivamente mediante contratos

administrativos que non impliquen xestión indirecta. A estes efectos iniciarase o

procedemento no prazo máximo de quince días desde que os órganos competentes das

admnistración partícipes, aproben este convenio marco, dando preferencia a súa

tramitación.

4. Tramitar e someter a aprobación polo órgano que corresponda o regulamentos dos

centros e da actividade e os prezos públicos, no prazo máximo de dous meses desde que

se aprobe este convenio marco pola Deputación Provincial

5. Asumir a coordinación, colaboración e cooperación da Deputación no

desenvolvemento destas prestacións propias dos centros de atención a persoas maiores

6. Garantir a intervención e control público do acceso aos centros de atención a

persoas maiores e das prestacións que se realicen, mediante instrumentos colexiados

de selección paritarios nos que participen os Concellos e a Deputación.

7. Executar as tarefas de colaboración material que se determinen en convenio

específico, entre as que se poderán incluír:

· Asumir os custos do abastecemento de auga, recollida de lixo e

saneamento.

· Mantemento de xardíns, limpezas e semellantes.

As tarefas desenvoltas por cada concello, a fixar en cada convenio específico,

valoraranse e teranse en conta á hora de determinar o custo real da prestación do servizo,

para determinar as achegas que corresponden a cada entidade sobre o total

8. Convidar á representación institucional das administracións participantes aos

actos oficiais que se organicen e difundir institucionalmente este sistema cooperativo e

municipalista no formato tradicional ou dixital que se estime máis axeitado, facilitando

a información de que se dispoña para tal fin.

9. Dar cumprimento a normativa reguladora de protección de datos de carácter

persoal que deban utilizarse no desenvolvemento das respectivas actividades as que se

comprometen e, especialmente, da utilización dos datos persoais por terceiros de forma

non autorizada.

10. Impulsar a colaboración coas Universidades, centros de ensino e entidades sen ánimo

de lucro para un axeitado desenvolvemento destas prestacións sociais.

11. Se non tivo lugar aínda, facer as xestións precisas para solicitar os permisos de inicio

de actividade a que se refire o artigo 24 do Decreto 254/2011, de 23 de decembro, no

prazo máis reducido posible, coa colaboración e coordinación da Deputación, que achegará

os medios técnicos, materiais e persoais que se lle requiran.

12. Colaborar coa Deputación para cumprir coas determinacións do artigo 53 da

amentada Lei 40/2015, de RXSP, que lle resulten aplicables.

Réxime económico.

Para establecer o réxime económico estipulase a seguinte fórmula de calculo:

Page 17: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

“coste efectivo real do servizo-menos prezo efectivamente pagado polos usuarios/as =

diferencia, a financiar polas administracións participantes”.

1. Achega financeira da Deputación:

A Deputación asumirá o (75%) da diferencia entre coste efectivo real do servizo e prezo

efectivamente pagado polos usuarios/as, cos seguintes límites e determinacións:

a) De 600,00€ por número de prazas do centro e mes para as residencias.

b) De 300,00€ por número de prazas do centro e mes, para os centros de día, a

xornada completa. Enténdese por xornada completa a de 8 horas diarias, de luns a

venres.

Para as xornadas diarias inferiores aplicarase unha redución proporcional.

2. Achega dos Concellos:

a) Concello sede de centros de atención a persoas maiores, de máis de 5.000

habitantes: Asumirá o ( 25%) da diferencia entre coste efectivo real do servizo e o

prezo efectivamente pagado polos usuarios/as, salvo cando a parte que corresponda á

Deputación exceda do límite por praza marcado no punto anterior, en que

corresponderá ao concello o resto, a salvo do recollido nos parágrafos que seguen (

letra c) e número 3)

b) Concello sede de centros de atención a persoas maiores, de menos de 5.000

habitantes: Asumirá o ( 25%) da diferencia entre coste efectivo real do servizo e o

prezo efectivamente pagado polos usuarios/as.

No caso de que a diferencia entre coste efectivo real do servizo-menos prezo

efectivamente pagado polos usuarios/as, exceda dos importes máximos a pagar pola

deputación ( 600 por praza e mes de residencia e 300 euros para praza e mes de

centro de día, como máximo) e o 25% imputable como máximo ao Concello, a

diferencia será asumida pola Deputación Provincial, a salvo o indicado no parágrafo

c) que segue e apartado 3º desta mesma cláusula.

c) Concello de procedencia do usuario ( non sede do centro) :

c.1.- No que estaba empadroado o usuario de residencias: Este concello deberá

financiar a porcentaxe que lle corresponda ao Concello sede durante un período de

6 meses ou ben, ata que o residente compute como habitante para a distribución

da participación dos municipios nos tributos do Estado, se este ultimo período fose

superior.

c.2.- No caso de usuarios do centro de día, empadroados en Concellos non sede: O concello

onde se atope empadroado o usuario deberá satisfacer o importe que lle correspondería ao

Concello sede.

Para implantar o financiamento previsto nesta cláusula c) requírese que os concellos

afectados subscriban convenios específicos de adhesión ao sistema.

No caso de que o concello de orixe ( de empadroamento) non asuma a financiación prevista

nesta letra C) debería aboala o usuario, agás supostos excepcionais debidamente xustificados

que por razóns humanitarias, decidan asumir as administracións partícipes ( Concello sede e

Deputación) a concretar en cada convenio específico.

Page 18: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

3.As partes asumen o compromiso de reclamar da Xunta de Galicia financiamento para o

custe das prazas, en aplicación do artigo 64 bis e concordantes da Lei de servizos sociais de

Galicia.

No caso de que exista este financiamento reducirase de xeito porcentual a achega de cada

unha das administracións que participen, en cada caso, e incluso a achega do Concello de

procedencia previsto na letra c).

4.As determinacións sobre réxime económico e achegas de Deputación e Concellos serán de

aplicación aos centros de día e as residencias para maiores coa tipoloxía de “mini-

residencias”, conforme a definición establecida actualmente na ORDE do 18 de abril de 1996

pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das

condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas

maiores.

5.Titularidade e responsabilidade dos resultados da cooperación

Compartida: precisarase en cada convenio específico en función da titularidade dos bens

adscritos ás prestacións e da colaboración achegada.

6. Consideramos que a residencia é un servizo público de atención directa, pertencentes aos

servizos sociais comunitarios específicos, en tanto que centro de atención a persoas maiores,

que favorecería a permanencia no medio vital das persoas destinatarias, favorecendo o

mantemento dos seus vínculos familiares e comunitarios, a súa autonomía e a calidade de

vida; e, como efecto derivado a dinamización, socialmente sostible da actividade económica

local.

De conformidade coa memoria xustificativa que consta no expediente e visto o informe xurídico

ao efecto emitido.

Proponse ao pleno do Concello a adopción do seguinte acordo:

PRIMEIRO: Aprobar o convenio marco, interadministrativo de cooperación para implantar e

executar un sistema de servizos sociais en centros de atención a persoas maiores, entre o

concello de A Fonsagrada e a Deputación Provincial de Lugo , como relación bilateral.

SEGUNDO: Facultar ampla e expresamente ao señor Alcalde-presidente para que, en nome e

representación deste concello, asine o convenio aprobado; así como en todo o necesario en

orde a mellor execución do mesmo.

TERCEIRO.- Requirir, á Xunta de Galicia, que outorgue as autorizacións de inicio de actividades

para o centro de día e residencia construída no municipio de A Fonsagrada a nome desta

Deputación Provincial, ou sucesivamente, do Concello de A Fonsagrada ou ben conxuntamente

a ambas administracións.

CUARTO -Impulsar a liquidación do convenio asinado entre a Deputación e o Concello de A

Fonsagrada, na data do 27.04.2011, ao que substitúe este convenio marco interadministrativo

de cooperación.

Page 19: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

A concelleira do BNG toma a palabra e afirma que os puntos 3 e 4 non estaban na anterior

proposta, o Sr. Alcalde di que se engadiron nesta última redacción e que o convenio pasa a ser

bilateral. A concelleira do BNG di que considera que o servizo debe ser público posto que se

xestiona por unha empresa privada o servizo encarecese, é dicir, encarece o coste do

funcionamento, xa que hai que contar co 21% do IVE e as ganancias da Empresa que xestione,

ademais pregunta se a residencia é para dependentes, o Sr. Alcalde di que si é para

dependentes, a concelleira pregunta de que grado posto que os de 3º grao necesitan de

persoal facultativo fixo no establecemento como por exemplo enfermería. O Sr. Alcalde di que

os traballadores titulados de Suplusa que están traballando é outro problema aparte e que

non sabe o que vai pasar con estes traballadores, pero os traballadores que haxa no Concello

que estén cualificados para traballar teñen posibilidades de traballar na Residencia de A

Fonsagrada, o Sr. Alcalde di que se contrata por exemplo o catering, a limpeza...que son

servizos que vai desempeñar unha Empresa pero o tema administrativo e persoal cualificado

farase cargo a Deputación Provincial de Lugo. A concelleira do BNG, pregunta porque entón a

Deputación non se fai cargo do outro persoal que vai atender directamente os residentes, o Sr.

Alcalde contéstalle que os pormenores de todo o sistema de contratación están a estudiarse

de conformidade coa nova Lei de contratos.

O concelleiro do PP, D. Tobías Martínez Cotarelo, afirma que segue coa mesma postura

manifestada no anterior pleno posto que entende que este Convenio resulta gravoso para o

Concello posto que supón moitas obrigas para o Concello como limpeza, material, xardíns.... O

concelleiro do PP pregunta se Suplusa entregou o edificio á Deputación, o Sr. Alcalde

contestalle que hai unha reunión do Consello de Suplusa o próximo martes e que espera que

se aclare a situación nese Consello, o que ocorre é que Suplusa é reacia a entregar a

documentación. O concelleiro do PP afirma que cando se inaugurou a Residencia a xente

pensaba que se abría en Setembro dese ano, pero foi Elena Candía quen solicitou o PIA. O

concelleiro do PP suscita canto debería pagar por unha praza unha persoa que cobre unha

pensión de 700€, o Sr. Alcalde di que hai retraer o 25 % que é o mínimo vital que se acordou

por parte dos Concellos e que a diferencia repartiríase entre a Deputación (75%) que poñería

ata 600 €, e se o 25 % que debe aportar o Concello excede dos 150 €, nos Concellos de menos

de 5.000 habitantes faise cargo a Deputación da diferencia, ademais vanse ter en conta as

propiedades da persoa.

Unha vez debatida a proposta está e aprobada co voto favorable dos sete concelleiros do

PSdeG-PSOE e a abstención dos dous concelleiros do PP e da concelleira do BNG.

7.-Aprobación, se procede, de Convenio interadministrativo de cooperación entre a

Deputación Provincial e o Concello de A Fonsagrada para a financiación e contratación

conxunta do servizo: realización de inventario de ocupación privativa e aproveitamento

especial do dominio público municipal, informe técnico-económico e proposta de tarifas

para a imposición e regulación da taxa correspondente das instalacións de transporte de

enerxía eléctrica e gas.

Page 20: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

O Sr. Alcalde pasa a ler a proposta de alcaldía:

Dada a necesidade deste concello de realizar un inventario de ocupación privativa e

aproveitamento especial do dominio público municipal, informe técnico-económico e proposta

de tarifas para a imposición e regulación da taxa correspondente das instalacións de

transporte de enerxía eléctrica e gas.

Visto informe de Secretaría-Intervención de 15.05.2018

Vista o convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o

Concello de A Fonsagrada para esta finalidade.

Propoño ao Pleno do Concello a adopción do seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Aprobar o Convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación

Provincial e o Concello de A Fonsagrada para a financiación e contratación conxunta do

servizo: realización de inventario de ocupación privativa e aproveitamento especial do dominio

público municipal, informe técnico-económico e proposta de tarifas para a imposición e

regulación da taxa correspondente das instalacións de transporte de enerxía eléctrica e gas.

SEGUNDO: Facultar ampla e expresamente ao señor Alcalde-presidente para que, en nome e

representación deste concello, asine o convenio aprobado; así como en todo o necesario en

orde a mellor execución do mesmo.

A concelleira do BNG di que está de acordo posto que nesta lexislatura xa trouxo unha moción

neste senso pero os Concellos deberían dar un toque de atención as empresas

subministradoras para que soterren os seus cableados, é dicir, que non se utilicen as casas dos

núcleos como sostén do seu cableado, o Sr. Alcalde contesta que agora mesmo as obras novas

eléctricas en núcleo urbano debe ir soterrada. O Sr. Alcalde informa que unha das obras

previstas no Plan Único da Deputación Provincial é o Acondicionamento e dotación dos

servizos na Avenida de Galicia e aproveitaranse as obras para proceder ao enterrado das liñas

de baixa tensión e iluminación pública.

O concelleiro do PP di que están a favor da proposta e que espera que esta taxa non recaia nos

particulares.

Unha vez debatido a proposta esta é aprobada pola unanimidade dos concelleiros presentes.

8.-Creación dunha Comisión Informativa para o estudo e Informe do sistema de xestión da

Residencia para persoas maiores de A Fonsagrada

O Sr. Alcalde pasa a ler a seguinte proposta:

Vista a necesidade de proceder á creación dunha Comisión Informativa Especial para o estudio

e informe do sistema de xestión da Residencia para persoas maiores de A Fonsagrada.

Page 21: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Visto os artigos 20.1.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os

artigos 123 a 126 e 134 a 138 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime

Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

Visto o informe de Secretaría con data de 23.05.2018 indicando a lexislación aplicable e o

procedemento a seguir en relación á constitución da citada Comisión Informativa Especial.

Propoño que o Pleno da corporación adopte o seguinte ACORDO:

PRIMEIRO. Constituir unha Comisión Informativa de carácter Especial denominada Comisión

Informativa Especial para o estudio e informe do sistema de xestión da Residencia para

persoas maiores de A Fonsagrada.

SEGUNDO. Esta Comisión extinguirase automaticamente unha vez que ditaminen ou informen

sobre o asunto que constitúe o seu obxecto.

TERCEIRO. A Comisión Informativa Especial de referencia estará integrada polos membros

correspondentes na proporción establecida legalmente e que será, no caso da Corporación de

A Fonsagrada:

Presidente: o Alcalde ou Concelleiro en quen delegue.

Vogais:

3 membros do Grupo municipal do PSOE

1 membros do Grupo municipal Popular

1 membro do Grupo municipal de BNG.

Técnico: Traballadora Social do Concello con voz pero sen voto.

Secretario: O Secretario da Corporación ou funcionario en quen delegue.

CUARTO. A Comisión Informativa Especial axustará o seu funcionamento ao disposto nos

artigos 123 a 126 e 134 a 138 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime

Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

QUINTO. Comunicar este Acordo aos diferentes Grupos Políticos Municipais, facéndolles

saber que deberán designar aos seus representantes na Comisión, notificándoo por escrito en

prazo de 5 días desde a adopción do presente Acordo.

Por parte do Grupo municipal do PSOE, proponse a D. José Ángel Fernández Carrín, Dna. María

del Mar Testa Díaz e Dna. María Gloria Pasarín Méndez.

Por parte do Grupo municipal do PP proponse a D. Antonio Rodil Álvarez

Por parte do Grupo municipal do BNG proponse a Dna. María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez

Unha vez debatido a proposta esta é aprobada pola unanimidade dos concelleiros presentes.

9.Mocións e proposta.

MOCIÓN BNG PENSIÓNS

Page 22: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As dúbidas que se están a xerar arredor da viabilidade do sistema público de pensións son

interesadas para favorecer precisamente os plans privados e seguir no camino de recorte das

pensións públicas. No Bloque Nacionalista Galego, asistimos con preocupación as novas

propostas que está a facer o Goberno español, como a ampliación do cómputo de cálculo a

toda a vida laboral, que afondan na mesma liña. O traballo a realizar ten que ir xusto na

dirección contraria, na de recuperar os dereitos eliminados nos últimos anos coa excusa da

crise.

As reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e

PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, afondan na liña

neoliberal de individualización e desregulación das relacións laborais. Atrasouse a idade de

xubilación aos 67 anos, ampliouse a 25 o número de anos para calcular a base reguladora,

adiantouse a aplicación do factor de sostibilidade ao 1 de xaneiro de 2019, atrasouse a idade

de acceso á xubilación anticipada, dificultouse o acceso ao subsidio de desemprego

establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo atrasouse a idade de

acceso dos 52 aos 55. En definitiva, medidas todas orientadas a dificultar o acceso e reducir a

contía das prestacións do sistema público de protección social, ao tempo que se fomenta a súa

privatización.

Estas medidas son especialmente mesquiñas en Galiza. Primeiro porque temos as pensións

máis baixas do Estado español, e unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á súa

poboación, as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares, son miles os que só

teñen ingresos procedentes de prestacións das que as pensións son unaha parte fundamental,

e segundo porque se suma a outras medidas tamén tremendamente inxustas, como son o

copago polos medicamentos, polas residencias, a suba do ive, da auga, da luz, dos

carburantes… Hoxe temos un empobrecimiento maior d@s pensionistas, case o 60% das

pensións galegas están por baixo do salario mínimo, a media está máis de 15-20 puntos por

baixo da do Estado, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de

cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do umbral da pobreza.

O debate sobre a sostibilidade do sistema de pensións públicas ven de lonxe. Desde hai anos

veñen prognosticando a súa creba e promovendo os sistemas privados xestionados polos

bancos. A razón é moi sinxela, por un lado o interese de recortar a administración pública, por

outro a de transferir ao sistema privado a xestión dun volumen de capital formidábel derivado

dos fondos de pensións públicas.

Desde o comezo da década dos 90, o debate internacional sobre a reforma dos sistemas de

pensións estivo dominado polas teorías xurdidas na contorna do Banco Mundial, o Fondo

Monetario Internacional e a OCDE, que defenden fortes recortes nos sistemas públicos de

pensións, acompañados da capitalización individual a través do sector privado.

Page 23: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

O argumento central é que o sistema de pensións é insostíbel. As razón que presentan son que

a esperanza de vida aumenta progresivamente ao mesmo tempo que hai menos cotizantes por

causa da caída da poboación activa. A partir desta idea estenden a alarma social pregoando

que a longo prazo non haberá diñeiro para pagar as pensións públicas.

O obxectivo é favorecer a privatización das pensións e permitir ao capital financeiro xestionar

inxentes aforros a través dos fondos de pensións privados con destino aos mercados

financeiros globais.

Estamos diante dunha decisión ideolóxica onde o poder toma a decisión de atacar os dereitos

dos sectores máis desfavorecidos, os que están a padecer con máis dureza a crise para

potenciar os plans de pensións privados e drenar ainda máis cartos dos impostos de tod@s

para os bancos.

O sistema de pensións público é un dos obxectivos da axenda neoliberal desde hai décadas.

Estamos a falar dun calculado e continuado proceso de desmantelamento do dereito do

traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital.

Por todo o anteriormente exposto, sométese a consideración do Pleno da Corporación a

adopción do seguinte

ACORDO

1. Instar á Xunta de Galiza a dirixirse ao Goberno español para que proceda a :

o Derrogación das reformas laborais, e en especial: Real Decreto Lei 10/2010, de

16 de junio, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, a Lei

35/2010, de 17 de setembro de medidas urxentes para a reforma do mercado

de traballo, Real Decreto-Lei 20/2012 do 19 de xullo, Real Decreto-Lei 3/2012

de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, o

Real Decreto-Lei 5/2013 de 15 de marzo de medidas para favorecer a

continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o

envellecemento activo, o Real Decreto-Lei 4/2013 , de 22 de febreiro, de

medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación

de emprego. Así como de todas a demais normativas que as desenvolven.

o Á aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos

perdidos como consecuencia das sucesivas contrarreformas laborais que

favoreza dereitos e regulacións novas que melloren as condicións de vida e de

traballo e fortalezan á clase traballadora diante do capital, para favorecer a

creación de emprego de calidade como mellor vía para garantir ingresos que

permitan o pago das pensións.

Recoñecendo o dereito á xubilación ordinaria aos 65 nos.

Page 24: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Establecer o cálculo da base reguladora polas bases de cotización dun

período de quince anos da súa vida laboral a elixir pola traballadora ou

traballador.

Establecer o cálculo da base reguladora polas bases de cotización dun

período de 15 nos sa súa vida laboral.

Establecer o importe da pensión mínima no equivalente ao 60% do

salario medio.

Establecer a actualización anual en base ao IPC.

Eliminar as penalizacións e discriminacións no acceso á pensión das

persoas empregadas a tempo parcial.

Reclamar para Galiza a xestión da Seguridade Social, como xa

contempla o Estatuto de autonomía.

Demandar que as empresas, con centro de traballo en Galiza paguen

os impostos e as cotización sociais aquí.

2. Instar á Xunta de Galiza a incrementar a contía do “Fondo extraordinario, perceptores

subsidios e pensións non contributivas”, de xeito que cada persoa prestataria de

pensión non contributiva perciba un incremento de 100 euros mensuais na mesma.

Toma a palabra o concelleiro do PP, D. Tobías Martínez Cotarelo e di que en canto á

privatización das pensións en España está do 12,8 %, lonxe da media europea e afirma que

cree que é necesario cambiar instar á Xunta de Galicia por instar ó Goberno do Estado, e

considera que tamén sería necesario facer referencia ó fraude existente.

Unha vez debatido a proposta e facendo o cambio solicitado, esta proposta é aprobada pola

unanimidade dos concelleiros presentes.

10.Rogos e preguntas

O Sr. Alcalde contesta as preguntas formuladas por escrito polo PP e o BNG na anterior sesión

ordinaria celebrada o pasado día 08/03/2018.

María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez, concelleira do BNG na Corporación Municipal de A

Fonsagrada, ante o novo REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO, vese obrigada a

facer por escrito as PREGUNTAS para o Pleno do día 08/03/2018

• Cal é o custe para o Concello do funcionamento da GALIÑA AZUL? Agradecería o desglose.

Page 25: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar remítense periodicamente

as liquidacións correspondentes a Escola Infantil de A Fonsagrada. Con data 27.04.2018 e

número de liquidación 77/2018 por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e

Benestar remítese a 1ª liquidación ano 2018-curso escolar 2017-2018, cos seguintes datos:

12 prazas (datos matrícula do curso escolar 2017-2018) x 450€/praza (correspondente coa

metade da cuantía anual)=5.400 €+689,59 € (gastos de mantemento asumido polo Consorcio

Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (segundo certificado de gastos serían

comunicacións telefónicas)= 6.089,59 €.

A maiores o Concello faise cargo dos gastos correspondentes a pellets, que no ano 2018

ascende a 1452 €, así como outros gastos de mantemento como pequenas reparación,

suministro eléctrico....

• Está feito o inventario de camiños municipais?

Está feita a redacción do inventario de camiños municipais, estivo exposto ao público e nestes

momentos estanse resolvendo as reclamacións.

• Que medidas se van tomar co colexio de Vilardíaz?

O colexio de Vilardíaz pertence a Educación co cal non temos competencia para o seu uso

concreto.

• Que se vai facer coa conserxería e limpeza do Colexio de A Fonsagrada?

Unha vez que se adxudique, definitavemente,o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

procederase o estudo deste tema do que se dará cumplida información.

• Por que se retrasa a aprobación do PXOM por parte da Xunta de Galicia?

A aprobación do PXOM por parte da Xunta de Galicia nestes momentos está pendente de

informes sectoriais da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, e este informe, a súa vez,

está pendente da remisión por parte do Concello das analíticas das Depuradoras de A

Fonsagrada, Veiga de Logares e Cereixido.

ROGOS:

Rogo se adecente a rúa adicada ó noso maior valedor PORTELA VALLADARES, e se arranxen as

rexas que arrodean as árbores que nela hai, posto que xa houbo varios accidenes debido o seu

mal estado, e algún deles puido ter consecuencias moi graves.

O Sr. Alcalde contesta as preguntas formuladas por escrito polo PP e o BNG en relación o Pleno

do día 24/05/2018.

María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez, concelleira do BNG na Corporación Municipal de A

Page 26: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Fonsagrada, ante o novo REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO, vese obrigada a

facer por escrito as PREGUNTAS para o Pleno do día 24/05/2018

• Que ten feito o Goberno Municipal para a aplicación da Lei3/2007 de prevención e defensa

contra incendios forestais que ten de prazo o 31 de maio de 2018 ?Fíxose inventario das zonas

nas que é imprescindible a limpeza de biomasa e a eliminación de especies pirofitas?

O concello publicou un bando municipal onde se indica a obriga dos propietarios de xestionar a

biomasa vexetal e as distancias de prantación segundo a Lei. Asimesmo estanse a tramitar as

denuncias realizadas por particulares, realizando visita de comprobación polo técnico e

notificando aos propietarios.

Non se fixo o inventario ao que se refire a pregunta.

• Que información se nos pode aportar sobre a cesión de parcelas a través do Banco de Terras

ó noso concello?

Con data de 18.01.2018 recibiuse notificación de AGADER ao respecto, onde se achegaba unha

proposta de cualificación sobre aptitude dos predios do Concello de A Fonsagrada.

Dipoñible para consulta.

• Pensa o Goberno Municipal outorgar licenza a empresa NEDGIA GALICIA S.A para a

instalación dunha planta de almacenamento de gas licuado e a súa distribución para

subministración na nosa vila?(DOG nº 89 de 9 de maio de 2018)

No DOG nº 89 de 9 de maio de 2018 publicase a autorización administrativa e se aproba o

proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente a planta satélite de

almacenamento e regasificación de gas natural(GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar

para subministración en A Fonsagrada. Por parte do Concello comunicáselle á empresa NEDGIA

GALICIA S.A, o seguinte:

Antes do comezo das obras deberá solicitarse neste Concello a preceptiva licenza de

obras

Antes do comezo das obras, a empresa adxudicataria deberá poñerse en contacto cos

servizos técnicos do Concello para valorar a incidencia que a realización das mesmas

poida supoñer nas distintas redes de saneamento.

En relación os cruces e/ou afeccións de bens de dominio público adscritos a este

Concello polo proxecto de referencia non existe impedimento algún para a realización

das obras, sempre e cando non se vexan afectados as distintas redes de subministro

(abastecemento de augas, alcantarillado, alumeado público, subministro eléctrico e

telecomunicacións)

Page 27: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

O Concello está tramitando o “Acondicionamento e dotación de servizos na Avda de

Galicia”, polo que solicitase que se teña en conta esta circunstancia ao fin de coordinar

a execución das obras para evitar interferencias e duplicidade das actuacións.

• Actúa con responsabilidade este Goberno Municipal cando consinte unha descarga de fogos

de artificio no medio das casas?

Con data 09/05/2018, R.E. 793/2018, recíbese neste Rexistro por parte de Pirotecnia

López, S.L. de Brión (A Coruña), comunicación previa e autorización para a realización

dun espectáculo público de pirotecnia (pequena sesión de fogos artificiais) de menos

de 10 kg. De materia regulamentaria, segundo o vixente Regulamento de Artículos

Pirotécnicos e Cartuchería (R.D. 989/2015 de 30 de outubro, BOE 267/2015), con

motivo dunha voda, o día 19 de maio de 2018, na contorna do Restaurante Cantábrico-

Avenida de Galicia, 9. Concello de A Fonsagrada. Acompañando a seguinte

documentación coa comunicación previa:

- Certificado da Empresa de Pirotecnia.

- Plano de situación da zona de lanzamento dos fogos.

- Seguro de Responsabilidade Civil da Empresa de Pirotecnia.

- Carnés de experto pirotécnico e TCs.

- Licenza de Actividade de Pirotecnia López.

• Cando se van acometer os arranxos das estradas municipais? O deterioro é manifesto en

moitas delas, senon en todas. Na parroquia de Arroxo, na de San Cibrán, na de Lamas de

Campos, na de Veiga de Logares, en Vilagudel e mesmo no pobo, na de Monteseiro, e moitas

máis.

Con relación a este tema dicir que a metereoloxía foi adversa durante todo o inverno polo que

non se puideron acometer traballos de reparación, e neste momento estamos procedendo á

reparación das vías municipais dentro das posibilidades do Concello esperando que se remate o

antes posible.

• Que xestións se teñen feito coa Xunta para o arranxo das estradas de Vilardíaz e de

Vilagocende?

Estamos pendentes dunha reunión co Xefe de Conservación da COTOP.

• En que situación se atopa a denuncia interposta polos propietarios da casa arrodeada pola

Residencia Rois? Por que non recadou información do ex. alcalde Bertín Deza sobre o tema?

Sendo el alcalde fíxose a compra do solar e establecéronse as condicións da edificación.

Page 28: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Nestes momentos este tema está en mans dos servizos xurídicos de Deputación Provincial de

Lugo, posto que os propietarios reclaman contra unha posible servidume de vistas e luces, e por

tanto, dirixen a súa reclamación contra o promotor do edificio.

Toma a palabra a concelleira do BNG presenta os seguintes ROGOS:

- Que o Concello se faga responsable cando se volvan a tirar descargas de pirotecnia no

pobo.

- Que se empecen a arranxar as estradas municipais

- Que se considere a reubicación do punto limpo, posto que a ubicación actual é o paso

que hai para a Seimeira de Vilagocende.

- Que se facilite o escrito de Pegerto Saavedra.

Tobías Martínez Cotarelo, portavoz do Grupo Político do Partido Popular, ao amparo da

lexislación vixente do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais, presenta os seguintes ROGOS:

1).-E por todos coñecido o estado ruinoso dos edificios situados na Rúa Maior 13 e 15

presentando un perigo non só para transeúntes senón tamén para as vivendas colindantes. Nos

últimos temporais viuse agrabada a situación destes edificios o ceder parte do seu tellado.

Dende o noso punto de vista vese insuficiente a protección mediante valos que hai

actualmente. O mesmo tempo as beirarrúas están inutilizadas.

Polos motivos expostos ROGO se tomen as medidas oportunas para o derrubamento destes

edificios co fin de evitar unha posible catástrofe.

2).-PISTAS DA PARROQUIA DE A PUEBLA DE BURÓN.

Dende os últimos meses foron reiteradas as queixas presentadas polos veciños da citada

parroquia referente ao estado das pistas e camiños polos que deben circular diariamente.

Dada a nula resposta a estas xustas demandas, foron os veciños quenes, a modo provisional,

decidiron facer un bacheado de urxencia, xa que o deterioro destas vías, de competencia

municipal, era tal que empezaban a poñer en risco as persoas que por elas se teñen que

desprazar a diario.

Estas actuacións por parte dos veciños, aínda que eficaz, só supón adiar un problema que, co

alto uso destas vías, se irá incrementando exponencialmente, pasando de afectar a unha serie

de tramos a obrigar a pechar algunhas vías na súa totalidade, cos evidentes perxuizos que esta

situación pode ocasionar aos veciños de A Pobra de Burón en particular e a todo o concello en

xeral.

Tamén se debe ter en conta que , ca proximidade do verán, a poboación da parroquia así como

os vehículos e peóns que circularán polas vías multiplicarase.

Page 29: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Por todo o anterior exposto ROGO:

1)Que persoal cualificado do concello se desplace a dita parroquia para valorar o estado actual

das citadas vías.

2)Unha vez valorado o estado das mesmas se destinen, de forma urxente, os necesarios

recursos materiais e persoais a fin de subsanar as deficiencias detectadas coa maior brevidade

posible.

3)Que se elabore un plan de conservación e mellora das distintas vías de titularidade municipal.

Tobías Martínez Cotarelo, portavoz do Grupo Político do Partido Popular, ao amparo da

lexislación vixente do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais, presenta as seguintes PREGUNTAS:

1).-Vista a solicitude para adecuar o antigo edificio da Casa Consistorial para dedicala a museo.

¿Vaise incluír no mesmo o museo de cine?

O Concello pretende reforma da antiga Casa Consistorial para acondicionar un espacio para

museo, entendendo que a referida edificación é un lugar idóneo para o mesmo, de modo que

se pretende a recuperación dun edificio emblemático e que permita o seu uso tanto para

museo como para a realización de actividades. Con todo isto a reforma que se pretende

realizar manterá as características da fachada respectando as características construtivas da

edificación orixinal, adaptando o seu interior en función do novo uso previsto. Pretendese

manter as superficies en planta baixa e primeira, realizando unha redistribución dos espazos

existentes. Nestes momentos o que se pretende é a reforma do edificio pero aínda non está

decidido a que se vai dedicar cada sala. O proxecto pódese consultar nas Dependencia

Municipais.

2).-¿Que tipo de servizos e dotacións se van facer na Avda. Galicia?

A actuación levarase a cabo no tramo da Avenida de Galicia comprendido entre o cruce coas

rúas Marqués de Rodil e Rosalía de Castro, ata a Praza da Igrexa. Substituirase a canalización

de abastecemento por unha nova condución de PEAD de 200 mm de diámetro e 16 ATM, coas

súas correspondentes acometidas domiciliarias en diámetros de 32 e 40 polgadas. Tamén se

instalarán novas válvulas de comporta para delimitar os tramos e 6 bocas de incendios.

A actual condución de saneamento de formigón será substituída por unha de PVC de 315 mm e

unha nova rede de recollida de pluviais tamén do mesmo material, ás que se conectarán as

acometidas das vivendas e os sumidoiros sifónicos emprazados xunto ao bordo.

Aproveitaranse as obras para proceder ao enterrado das liñas de baixa tensión e iluminación

pública.

Page 30: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DE A …es.afonsagrada.org/ckeditor_assets/attachments/407/acta... · 2018-08-31 · Sométese a votación a declaración de urxencia

Finalmente repoñeranse as beirarrúas limitadas con bordo de granito gris granallado e laxas

hidráulicas pétreas granalladas de textura abuxardada, de cor arenisca, de dimensións

60x40x5 cm. Executaranse os vaos a garaxes e peonís, sinalizando o rebaixe do perfil de

beirarrúa nos vaos de peóns mediante baldosa hidráulica de botóns, de cor vermella.

O proxecto está redactado por María Trillo Abuín e pódese consultar nas oficinas dos Servizos

Técnicos do Concello.

3).-¿Cando se vai indemnizar o persoal despedido do GES?

Cando esté totalmente aclarado por parte dos tribunais en que cantidade hai que indemnizar a

cada a cada un dos traballadores do GES.

4).-¿Que tipo de seguro e cobertura ten o Polideportivo municipal?

O Polideportivo municipal ten cobertura de edificación.

E non habendo mais asuntos a tratar, pola Presidencia, dáse por rematada a sesión, sendo as

21:45 horas do día indicado, do que, como secretaria, accidental dou fe.

O Alcalde , A secretaria, accidental

D. Argelio Fernández Queipo Dna. Olga Landeira Burgué