6
ACTIVIDADES ANPA CURSO 2009/10 CEIP V. DA LUZ - PORTOMARIN

Actividades da ANPA

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Activides extraescolares pola Asociación de pais e nais de Portomarín

Citation preview

Page 1: Actividades da ANPA

ACTIVIDADES  ANPA  CURSO  2009/10  

CEIP V. DA LUZ - PORTOMARIN

Page 2: Actividades da ANPA

ACTIVIDADES ANPA 2009-2010

XADREZ

Esta actividade foi realizada na aula da ANPA ó longo de seis meses

durante os cales, os nenos asistentes, aprenderon as normas deste xogo.

Algúns deles ata foron a competir con outros nenos da provincia de Lugo.

Esperamos repetir esta actividade xa que nos parece un bo mecanismo para

traballar nos nenos sobretodo a súa concentración.

BAILE MODERNO

Grazas a esta

actividade os nenos

divertirnose ó mesmo

tempo que realizaban

exercicio. Foi realizada

na aula de

psicomotricidade

durante seis meses. Con

esta actividade

pretendimos evitar o

sedentarismo nos nenos, así como traballar a súa flexibilidade, ritmo... pero

sempre dun xeito divertido.

Page 3: Actividades da ANPA

INGLÉS LÚDICO

Tratouse dunha actividade na que os nenos aprendían inglés dun

xeito divertido. Realizaron teatro, fichas, pintaron, cantaron... e sen

decatarse traballaron o inglés dunha forma lúdica. Esta actividade realizouse

na aula da ANPA durante un período de 6 meses.

NATACIÓN

As clases de natación realizáronse na piscina de Chantada cunha

duración de 4 meses. Contamos con tres monitores durante 45 minutos de

clase a semana. Ó sair da piscina os nenos meredaban e ó rematar, volta para

a casa.

Page 4: Actividades da ANPA

MÚSICA

Esta actividade foi realizada durante as vacacións de verán, Xullo e

Agosto. Nela, os nenos coñeceron algúns instrumentos novos e iniciáronse

especialmente na utilización do órgano. Ó remate do curso realizaron un

pequeno concerto para os familiares e amigos, no que tocaron o órgano,

cantaron e ata

contaron algún

chiste.

Page 5: Actividades da ANPA

PINTURA

Os nenos coñeceron e puxeron en práctica as diferentes técnicas da

pintura utilizando unha gran variedade de materiais. Pintaron pratos de

polvo, abanicos, culleres de madeira, botellas de cristal, vasos, diferentes

figuras (lúas, osos, xolleiros...), marcos para as fotografías... Realizouse

durante as vacancións de verán e ó rematar expuxéronse todos os traballos

realizados para os

familiares e

amigos. Cada

neno, orgulloso do

seu traballo,

levouno para

regalar e decorar a

súa casa.

Page 6: Actividades da ANPA