71
P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A Nº 93 ANO XVII Xullo-Agosto 2011 AFRIGA DOSSIER: CALIDADE DO LEITE PROTOCOLOS DE REVISIÓN DOS EQUIPOS DE MUXIDO APLICACIÓN NO ESTABLO DA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DE PRODUCIÓN PROGRAMA DE CALIDADE DA AGRUPACIÓN GANDEIRA CENTRAL DE GALICIA RESULTADOS DAS ÚLTIMAS PROBAS XENÉTICAS DE CONAFE GANDERÍA RIELO: BOA CALIDADE DO LEITE CON ESFORZO DIARIO O CETAL RETRATA A INDUSTRIA LÁCTEA GALEGA NO MERCADO POZO ALLEN 5275 MIMOSA, DA GANDERÍA POZO (LUGO), VACA GRAN CAMPIONA DE GALICIA MADEIRA CERTIFICADA NO NOVO ESTABLO DO CIAM

Afriga 93

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Afriga 93

P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

Nº 93A N O X V I I

Xullo-Agosto 2011

A F R I G A

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

PROTOCOLOS DE REVISIÓN DOS EQUIPOS DE MUXIDOAPLICACIÓN NO ESTABLO DA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DE PRODUCIÓN PROGRAMA DE CALIDADE DA AGRUPACIÓN GANDEIRA CENTRAL DE GALICIA

R E S U L T A D O S D A S Ú L T I M A S P R O B A S X E N É T I C A S D E C O N A F E

GANDERÍA RIELO: BOA CALIDADE DO LEITE CON ESFORZO DIARIO

O C E T A L R E T R A T A A I N D U S T R I A L Á C T E A G A L E G A N O M E R C A D O

POZO ALLEN 5275 MIMOSA, DA GANDERÍA POZO (LUGO), VACA GRAN CAMPIONA DE GALICIA

MADEIRA CERTIFICADA NO NOVO ESTABLO DO CIAM

Page 2: Afriga 93

• OMELLORFILLOPROBADODUNHAVACAQUEFOIRESERVAALLCANADIAN2ANOS• ASSÚASIRMÁSLIDERANALISTAXENÓMICAENCANADÁ

• GRANDESRESULTADOS:+1.038Qg.DELEITE,+45Qg.DEGRAXAE+39Qg.DEPROTEÍNA

••

• EXCELENTEMORFOLOXÍA:TIPOFUNCIONALETIPODESHOWAOMESMOTEMPO

• FIABILIDADEMÁXIMA:95%NAPRIMEIRAPROBA,CON260FILLASEN178RABAÑOS• COMBINACIÓNIDEAL:PROFUNDOPEDIGRÍEELEVADOSÍNDICESXENÉTICOS

Fontao - Esperante - Apdo. 128, 27080 LUGO - Tfno.: 982 284 391 / Fax: 982 284 626 [email protected] - www.xeneticafontao.com

LAUTAGOLDWYNxCOMESTARLAUTAMIETITANICMB-895*xCOMESTARLAUTELMA

ESPM3102720401aAa243165

MIC IGNITERMB8911*

Page 3: Afriga 93
Page 4: Afriga 93

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

SUMARIO 5

Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIA, Josefina Iglesia Andión. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e José Mercador Fontenla.

Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DIRECTOR DE ARTE, Marcos Sánchez. COORDINACIÓN-EDICIÓN, Verónica Rodríguez Gavín. REDACCIÓN, José Luís Ramudo, Begoña Gómez Rielo.Enderezo: Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: [email protected]. Web: www.ctransmedia.com

Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: [email protected]. Web: www.ager.com.es

Imprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 10.000 exemplares.

Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.

A F R I G AP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

XENÉTICA

Resultados das probas de CONAFE . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

CONVOCATORIAS

Congreso Internacional de Saúde e Nutrición Animal . . . 8Poxa de Castro. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11Feiradeza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12Semana Verde . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14

INSTALACIÓNS

Madeira certificada no novo establo do CIAM . . . . . . . . 22

EXPLOTACIÓN

Gandería Rielo (Rodeiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

MERCADO

A industria galega do leite no mercado . . . . . . . . . . . . . 38

LEXISLACIÓN

RD das organizacións de produtores de leite . . . . . . . . . 44

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Protocolos de revisión dos equipos de muxido . . . . . . . . 52Guía de boas prácticas de produción leiteira . . . . . . . . . 60Programa de calidade do leite da AGCG . . . . . . . . . . . . . 66

AFRIGA

www.revistaafriga.com

SIGUENOS TAMÉN EN

Page 5: Afriga 93

Valoración Xenética PRODUCIÓN

ValoraciónXenética TIPO RCS Lonxevi-

dade ICO

Nº NomeCódigo

I.A.AnoNac.

KgLeite

%Graxa

KgGraxa

%Prot.

KgProt.

Fiab.Prod.

IPP ICU IXTFiab.Tipo

RCSFiab.RCS

Lonx.Fiab.Lonx.

ICO PERC Cruzamento

1 BOS GOLDWYN GOSPELL ET 111579 6 1.643 -0,1 48 -0,05 47 85 0,64 1,78 2,31 80 104 78 113 35 3.376 99 Goldwyn x BWM

2 MARIO XACOBEO ET 111437 3 1.167 -0,14 28 -0,05 32 96 1,71 2,62 2,72 94 102 94 117 66 3.209 99 BWM x Rudolph

3 BOS BOLIVER BOER ET 111510 5 1.439 -0,3 20 0 46 91 0,51 1,38 0,55 90 104 86 112 38 3.103 99 Boliver x BWM

4 COMESTAR GOLDWYN LAUTAMIC ET 111589 6 1.038 0,07 45 0,06 39 95 1,04 1,75 1,84 92 93 91 111 44 2.979 99 Goldwyn x Titanic

5 BOSS O-BEE MANFRED ORDES ET 111537 5 1.015 0,18 55 0,1 42 90 0,09 0,82 0,33 88 111 85 114 39 2.844 99 O-Man x Outside

6 BOSS O-BEE MANFRED ONCE ET 111535 5 1.365 0,42 93 0,12 56 93 -0,28 -0,67 0,38 92 108 88 105 43 2.835 99 O-Man x Storm

7 CANYON SONY ET TV TL A11568 6 1.070 -0,14 24 -0,05 29 84 0,99 1,65 1,24 85 97 77 113 29 2.781 99 Shottle x Finley

8 PEREJIL KLASSIC VOLVO ET TV TL A11517 5 926 0,06 39 0,05 34 90 1,27 0,88 0,4 89 111 85 113 42 2.765 99 Boliver x Magna

9 LYNCREST OREGON ET TV TL A11486 4 995 0,06 42 0,07 39 95 0,92 0,93 1,09 95 105 93 101 57 2.730 99 Oman x BWM

10 BOS MORTY TUNNO ET 111455 4 1.454 -0,39 11 -0,16 29 95 1,26 1,2 1,81 94 111 92 94 63 2.707 99 Morty x Bellwood

11 FEAN WALDSTER ET 111558 5 959 -0,1 25 -0,01 30 91 1,07 0,71 0,18 89 116 86 116 35 2.690 98 Laudan x BWM

12 MANTOÑO DUNO 111549 5 1.744 -0,43 16 -0,28 25 91 0,91 0,53 0,83 88 93 86 111 43 2.660 98 Blitz x Jolt

13 MONO VENTURO ROMEO ET TV TL 211336 6 825 -0,01 29 0,02 28 94 0,25 2,3 2,25 93 90 90 107 44 2.649 98 Goldwyn x Morty

14 PEREJIL KLASSIC BOTIN ET TV TL A11518 5 772 0,05 33 -0,05 20 88 1,33 1,83 1,66 89 106 82 115 38 2.648 98 Boliver x Magna

15 PO-FAROLA ONTARIO ET A11491 4 848 -0,09 22 0,09 36 89 0,08 1,07 0,39 87 115 84 107 47 2.615 98 Oman x Aaron

16 ALH MARKWELL OSAKA ET TV TL A11539 5 225 0,32 38 0,29 34 91 1,52 1,32 2,09 91 100 86 112 34 2.592 98 Oman x Durham

17 BOS GOLDWYN GOLIAT ET 111578 6 335 0,31 41 0,24 33 87 0,58 1,52 0,95 85 103 81 113 35 2.577 98 Goldwyn x BWM

18 BOS TITANIC TYPER ET 111552 5 650 0,19 42 0,14 34 87 1,7 0,99 0,97 85 104 81 94 45 2.570 98 Titanic x Convincer

19 DIAMOND FREEMAN ET TV TL A11507 4 971 -0,06 29 -0,08 23 87 -0,01 1,53 1,09 85 114 81 111 40 2.530 98 Freelance x BWM

20 SANDY SANDOKAN TV TL A11543 5 1.104 -0,42 -3 -0,16 19 87 0,87 1,36 1,44 86 106 81 114 38 2.528 98 Mr. Sam x Aaron

21 LAGUNAK SURF ET TV TL A11552 6 856 0 31 0,06 33 86 0,69 0,2 0,72 86 110 78 114 22 2.527 98 Shottle x BWM

22 BOS MORTY MONROI ET 111493 4 1.223 -0,32 11 -0,1 29 92 0,19 1,28 0,86 90 102 88 99 51 2.519 97 Morty x Rubens

23 BOS BOLIVER BONABAL ET 111509 5 488 0,08 25 0,04 19 91 0,31 1,91 0,72 89 117 87 119 38 2.510 97 Boliver x BWM

24 PEARLS RISING STAR ET TV TL 211248 2 899 -0,31 2 -0,1 19 96 0,35 1,7 1,4 95 100 95 116 73 2.506 97 Durham x Duster

25 REGAN SUDOKU ET TV TL A11527 5 273 0,12 21 -0,03 6 92 2,23 2,11 1,94 92 110 87 123 39 2.490 97 Mr. Sam x Outside

26 PENA GOLDWYN BLITZ 111570 6 576 -0,23 -1 -0,08 11 90 1,31 1,83 2,05 87 118 84 121 43 2.479 97 Goldwyn x Blitz

27 TRANQUIL-O 111527 5 747 0,01 28 0,11 35 94 -0,79 1,04 0,07 92 98 90 113 43 2.466 97 Oman x Convincer

28 BOS REGGIE REDENTOR ET 111545 5 321 0,15 26 0,17 26 91 1,52 0,99 1,77 89 113 86 116 38 2.452 97 Reggie x James

29 MARCELO GOLDWYN GOMEZ TL 211334 6 298 0,16 26 0,09 18 92 1,07 2,1 2,24 90 99 87 115 44 2.448 97 Goldwyn x Jordan

30 GQ EMIR TV TL A11356 0 883 -0,07 25 0 28 99 1,81 1,04 1,14 99 102 99 89 91 2.446 97 Emerson x Lord Lily

Código I.A: código de inseminación artificial

Ano Nac: ano de nacemento do touro

Fiab. Prod: fiabilidade para a proba de produción

IPP: índice de patas e pés

ICU: índice combinado de ubres

IXT: índice xeral de tipo

Fiab. Tipo: fiabilidade para a proba de tipo

RCS: valor xenético para reconto celular

LONX: valor xenético para lonxevidade

ICO: índice xenético global

PERC: percentil

OS 30 MELLORES TOUROSESPAÑOIS POR ICO

Font

e: C

ONAF

E. P

roba

s de

xuñ

o de

201

1

982 54 75 05Crta. LU-633 Km 7627170 Portomarín - LugoTelf: 982 547 505Fax: 982 545 [email protected]

XENÉTICA6

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 6: Afriga 93
Page 7: Afriga 93

Un dos cambios que terá maior repercusión é o aumen-to da poboación mundial, que demandará cada vez máis alimento. Cunha poboación en constante crecemento, que se espera que chegue aos 9.000 millóns de persoas no ano 2050, a alimentación animal baseada no millo, a cebada e a soia terá un gran competidor a nivel dos mercados, o que fará que os prezos destes produtos sexan limitantes polo seu custo, polo que será necesario cambiar as estratexias na alimentación animal.

Alltech é unha empresa líder no sector da nutrición e da sanidade animal, cunha traxectoria sorprendente dende a súa fundación, en 1980, sempre de man da innovación, con presenza en 128 países e con máis de 2.650 empregados.

“The Game Changers” é un foro de debate que aporta oportunidades aos profesionais para profundizar en temas es-pecializados, que inclúen acuicultura, vacún de carne e leite, cabalos, polos, porcos, animais de compaña, calidade agroa-limentaria, trazabilidade e comunicación cos consumidores.

O CONGRESO INTERNACIONAL DE ALLTECHACHEGOU AS NOVAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓNSOBRE SAÚDE ANIMAL E NUTRICIÓN

ALIMENTACIÓN CON ALGAS, NUTRIXENÓMICA E NUTRICIÓN PROGRAMADA, IDEAS DESTACADAS

A empresa Alltech organizou unha nova edición do Congreso Internacional sobre Saúde Animal e Nutrición, ao que acudiron máis de 2.100 persoas procedentes de 72 países. O evento foi denominado “The Game Changers” (“Os Axentes de Cambio”), tratando de aunar aqueles factores que están supoñendo cambios na forma de manexar e alimentar os animais e que producirán avances importantes na industria leiteira nos vindeiros anos. En tres días, relatores de todo o mundo avanzaron o que son as primeiras liñas de traballo e de investigación en alimentación animal.

A vixésimo sétima edición do congreso de Alltech celebrouse en Kentucky no mes de maio

Ramiro FouzAfricor Lugo

CONVOCATORIAS8

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 8: Afriga 93

Nesta liña de ir anticipándose a un futuro próximo, pre-sentáronse propostas que, se ben nalgún caso son liñas de investigación que aínda están desenvolvéndose, tomarán cada vez máis forza en pouco tempo. A necesidade de ser máis eficientes conlevará replantexarse moitas das estra-texias no manexo e na alimentación das vacas. Factores como a contaminación ambiental, a chamada “pegada de carbono”, obrigarán a formular racións máis eficientes e a orientarse a modelos produtivos máis sustentables. A maior produtividade menor pegada de carbono. É preciso mellorar a xenética, a nutrición e o manexo para reducir o impacto ambiental da gandería.

LIÑAS DE TRABALLOUnha liña que xa se está a desenvolver é a produción de al-gas como base da alimentación animal. Alltech dispón dunha instalación, unha granxa de algas, como eles a denominan, na que a través da transformación do dióxido de carbono en oxíxeno permite o crecemento de algas microscópicas en enormes cantidades, que posteriormente desecadas poden ser utilizadas na alimentación dos ruminantes. Esta será sen dú-bida unha alternativa no mercado na medida na que se vaian cumprindo os prognósticos antes descritos.

Como unha alternativa ao quecemento global e á pega-da de carbono que teñen a gandería e a agricultura pro-poñen modelos de granxas integradas e sustentables, que incorporan a produción da enerxía que consomen e son autodependentes á hora de subministrarlle o alimento aos animais (www.alltech.com/FutureOfFarming).

A doutora Inge Russell fixo unha presentación dunha das liñas de investigación máis interesantes de Alltech: a nu-trixenómica. Denomínase así á ciencia que estuda a expre-sión dos xenes en relación coa nutrición e a aparición de de-terminadas enfermidades. Ten un potencial tremendo, tendo como primeira aproximación permitir, a través dunha dieta personalizada, evitar ou retrasar a aparición de enfermidades asociadas á interrelación entre xenes e nutrición.

A efectos prácticos, imaxinádevos que a través dunha análise de ADN, a partir dunha mostra de saliva, por exem-plo, vos fan un perfil nutrixenómico, co que se elaboraría unha lista de recomendacións nutricionais personalizadas a fin de que só tomedes alimentos que vos permitan mellorar

a vosa saúde e evitar enfermidades. Hoxe isto xa é posible (por 100$ e unha cota mensual adicional de 9$), podendo obter información de máis dun millón de marcadores de ADN do noso xenoma, que nos permiten ter información sobre a nosa resposta a determinados fármacos, se somos portadores de enfermidades de transmisión hereditaria, a nosa predisposición a determinadas enfermidades e a nosa resposta xenética a determinadas dietas ou exercicios. Esta información permitiríanos adaptar o ambiente que nos ro-dea ao noso xenotipo, mellorando a nosa saúde. Esta tec-noloxía estase a investigar tamen en produción animal.

Outra das liñas de traballo é a nutrición programada. A partir de estudos sobre a metabolización dos nutrientes conséguense optimizar os rendementos tanto da transfor-mación dos alimentos como da absorción dos nutrientes, de xeito que comendo o mesmo, ou alterando lixeiramente a ración, lógrase mellorar a eficiencia, reducindo os custos e obtendo mellores producións. Na súa intervención, a in-vestigadora C. Thorp, de Irlanda, resaltou a importancia de coñecer en profundidade como realiza a vaca a conversión do alimento como ferramenta para optimizar a eficiencia da ración. Por exemplo, unha vaca excreta do 65% ao 75% do nitróxeno que consome, é dicir, só se queda cun 30%, o que fai ver a baixa eficiencia na conversión do nitróxeno e, polo tanto, da proteína da ración.

Como exemplo de nutrición programada producen unha carne co nome de “Alltech Angus”, conseguindo que teña menos graxa e menos calorías ao tempo que máis tenrura. Á parte desta optimización na calidade do produto, ob-teñen melloras de ata un 20% na ganancia diaria, o que permite reducir en 30 días o cebo do animal, xunguindo eficiencia e mellora do produto.

Instalacións de Alltech para a produción de algas Maqueta prototipo de granxa integrada e sustentable

UNHA LIÑA QUE SE ESTÁ XA A DESENVOLVER É A PRODUCIÓN DE ALGAS COMO BASE DA ALIMENTACIÓN ANIMAL. ESTA SERÁ SEN DÚBIDA UNHAALTERNATIVA NO MERCADO

CONVOCATORIAS 9

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 9: Afriga 93

Así mesmo, na liña de ser máis eficientes para facerlle fronte a todos os cambios que se aveciñan, interviron varios relatores que falaron de como mellorar a eficiencia nutri-cional. Fíxose fincapé na importancia da homoxeneización da ración, amosando como cun mesturado correcto e cun corte de precisión da forraxe polo carro mesturador se pro-duce máis leite con menos alimento, xa que o animal come todo o que o nutricionista formula e nas proporcións que foron formuladas, á vez que as vacas son máis eficientes na transformación do alimento. Á hora de racionar, débese-lle dar máis importancia á integridade estrutural da fibraque á lonxitude da fibra, polo que máis importante que a fibra sexa máis ou menos larga o é que estea ben cortada e non machacada.

Tamén se tratou o potencial que teñen moitos subpro-dutos que hoxe se desprecian na alimentación da vaca de leite polo seu perfil nutricional, pero que son unha alterna-tiva moi interesante, abaratando a ración, tras o emprego de enzimas e outros produtos que melloran a súa eficiencia a nivel do rume.

Outra liña de investigación, exposta por Amanda Ghe-man, é a de traballar con proteínas con todo o perfil de aminoácidos que a vaca necesita, capaces de pasar polo rume sen ser degradadas na súa totalidade. As actuais pro-teínas non degradables no rume non posúen a totalidade dos aminoácidos que precisan ser absorbidos a nivel intes-tinal. O emprego destas proteínas protexidas, con todo o perfil de aminoácidos que a vaca necesita, permiten reducir a cantidade de proteína na ración, xa que a que se achega é máis eficiente, abaratando o custo da ración.

Entre os relatores do congreso estivo o profesor Jud Heinrichs, que coñecimos en persoa na charla que deu en Muimenta no mes de abril. Na súa intervención fixo ver a importancia da nutrición da xata nos primeiros meses de vida e como a nutrición nestas idades temperás condiciona o seu futuro produtivo. O traballo que presentou mostra como a produción de leite está influenciada pola alimen-tación da xata ata o seu primeiro ano de vida. O control da achega dos distintos nutrientes e a cantidade e a periodi-cidade con que os recibe é fundamental para acadar altas producións de leite en idade adulta, pero o novidoso da investigación non é o que debe comer, senón cando o debe

comer. Tamén puntualizou que a alimentación da xata non comeza dende o seu nacemento, senón dende a súa con-cepción, e como a forma en que sexa alimentada nesta fase, aínda en xestación, vai condicionar igualmente o seu futuro produtivo, polo que a nutrición da vaca seca cobra se cabe máis importancia da que xa tiña.

O profesor Martin Kaske, de Hannover, falou da im-portancia de controlar o estrés metabólico da vaca de alta produción e de como o balance enerxético negativo, que fai que a vaca perda moito peso despois do parto, se convirte nun factor de risco de enfermidade. Un dos factores clave é controlar a condición corporal, evitando o excesivo engraxamento da vaca, xa que a elevada con-dición corporal antes do parto conleva a alteración do metabolismo da insulina, producindo un desorde meta-bólico no animal. Neste punto salientou que os desor-des metabólicos son unha consecuencia individual e que non son debidos a unha alta produción de leite, polo que manexando correctamente a vaca seca e maximizando a inxesta despois do parto pódense acadar altas producións sen poñer en perigo a saúde da vaca e sen condicionar a súa reprodución.

Sen dúbida, foi un congreso moi intensivo e proveitoso, onde se fai unha “posta ao día” nas principais liñas de in-vestigación e de traballo dos profesionais máis acreditados a nivel mundial.

O congreso reuniu aos profesionais en alimentación animal máis acreditados a nivel mundial

UNHA DAS ÁREAS DE INVESTIGACIÓN MÁIS INTERESANTES DE ALLTECH É A NUTRIXENÓMICA. A TRAVÉS DUNHADIETA PERSONALIZADA PERMITE EVITAR OU RETRASAR A APARICIÓN DE ENFERMIDADES ASOCIADAS Á INTERRELACIÓN ENTRE XENES E NUTRICIÓN

Un dos relatores foi o profesor Jud Heinrichs, quen estivo recentemente en Muimenta

CONVOCATORIAS10

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 10: Afriga 93

crest DL Raveena, unha vaca americana de 88 puntos que completa nove xeracións MB ou EX.

Das reses levadas polos gandeiros, a que alcanzou o maior prezo foi Chusco Buckeye Camila, da gandería Chusco (Ribadeo), vendida en 2.400 euros. Esta xovenca está preñada de setembro cun embrión de Bos Allen Cuxa x Bolton.

E M P R E S A 1 ª L Í N E A D E N U T R I C I Ó N A N I M A L

BUSCA

AUTÓNOMOSVENDEDORES - DISTRIBUIDORES

Para zonas libres de Galicia, Asturias, Santander, León, Segovia y Ávila

Disponer de almacén y furgónIndispensable conocimiento del sector ganadero

Persona dinámica y responsableSeriedad comercial

Formación a cargo de la empresaDiscreción para personas empleadas

Aceptamos que lleve otros productos que no sean competencia

INTERESADOS ENVIAR C.V. AL FAX 93.8122128

A xornada rematou con 15 animais vendidos dos 17 ofertados, a un prezo medio de 2.157 euros e acadando un volumen de vendas de 32.350 euros.

Bos Jelder Ravena ET, presentada pola Finca de Bos (Fefriga), obtivo a maior cotización, ao ser adxudicada por 2.650 euros. Trátase dunha xovenca da familia Southwind Saturday preñada de outubro con Jordan e filla de Regan-

O PREZO MEDIODA RESES PRESENTADAS ACADOU OS 2.157 EUROS

O sábado 4 de xuño celebrouse en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo) a segunda poxa de gando frisón do ano que, se ben non tivo a afluencia de público doutras convocatorias, si congregrou bastantes compradores.

Bos Jelder Ravena ET, a xovenca máis cotizadaChusco Buckeye Camila foi a vaca que acadou o maior prezo das presentadas polos gandeiros

Fer

nand

o Ro

dríg

uez

Gand

oy (A

fric

or L

ugo)

POXA DE GANDO FRISÓN. CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA, 4 DE XUÑO

CONVOCATORIAS 11

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 11: Afriga 93

A décimo sétima edición do concurso de gando frisón Feiradeza pasará á historia non só polo elevado nivel dos animais participantes senón tamén por ser a primeira vez que se celebra no complexo Lalín Arena, inaugurado o pa-sado mes de outubro.

A tradicional cita gandeira reuniu na capital do Deza a máis de 3.000 persoas que presenciaron o concurso de raza frisona e o de novos manexadores. As 31 gan-derías participantes, procedentes das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, concorreron cun total de 115 animais que puxeron de manifesto o prestixio das explotacións da zona.

O CONCURSO DE GANDO FRISÓNPUXO DE MANIFESTO O EXCELENTE NIVEL DOS ANIMAIS DA COMARCA

A lalinense Gandería Blanco fíxose con tres dos mellores premios do certame: xovenca gran campiona, vaca gran campiona e mellor criador.

Afric

or P

onte

vedr

a

XVII FEIRADEZA. LALÍN, 11-12 DE XUÑO

PALMARÉSGANDERÍA

XATAS ATA 8 MESESKinteiro Sánchez Grecia. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . KinteiroXATAS 8-10 MESESManteiga Antroido Careta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manteiga SCXATAS 11-13 MESES E XATA CAMPIONAManteiga Xacobeo Fany. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manteiga SCXOVENCAS 14-17 MESESPauli Xacobeo 122. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PauliXOVENCAS 18-21 MESES, XOVENCA CAMPIONA E GRAN CAMPIONA DE XOVENCASBlanco Megatila . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BlancoXOVENCAS 22-28 MESESDoygle Bolton Tana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Doygle SCVACAS ATA 30 MESESManteiga Dancer Rula. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manteiga SCVACAS 31-36 MESES E VACA NOVA CAMPIONABerdon Goldwyn Tella . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BerdonVACAS 3 ANOSFraga Goldwyn Goldra . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . FragaVACAS 4 ANOS, VACA INTERMEDIA CAMPIONA E CAMPIONA PROVINCIALBerdon Allen 5571 Chenoa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BerdonVACAS 5 ANOSBlanco.H Duplex Sonia 315 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BlancoVACAS 6 ANOS OU MÁIS, ADULTA CAMPIONA E GRAN CAMPIONAPebi Venel 8402 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BlancoMELLOR CRIADORGandería Blanco

A Gandería Blanco (Pardesoa, Lalín) volveu copar, un ano máis, o maior número de premios, conseguindo o tri-plete de xovenca gran campiona, vaca gran campiona e mellor criador.

Manteiga Xacobeo Fany converteuse na xata campiona

Blanco Megatila, xovenca gran campiona

CONVOCATORIAS12

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 12: Afriga 93

No palmarés tamén despuntaron a Gandería Manteiga SC (Vila de Cruces), que se fixo co premio de xata cam-piona e co de vacas ata 30 meses, e a Gandería Berdon, que destacou con Berdon Allen 5571 Chenoa, merecedora do premio á mellor vaca en lactación de catro anos, vaca intermedia e campiona provincial.

O encargado de dirimir o certame foi o xuíz portugués José Manuel Simoes Dias, pertencente á Asociación Hols-tein Frisona de Portugal.

POXA E MANEXADORESO sábado pola tarde tivo lugar a cuarta poxa de gando frisón, na que participaron oito animais de alta xenética. O volume total de vendas foi de 14.350 euros, situándose o prezo me-dio en 2.275. A maior cotización, 2.750 euros, conseguiuna Bos Jet Stream Fiona ET, unha femia procedente da Finca de Bos (Fefriga) cuxo prezo de saída era de 1.400 euros.

O concurso de manexadores, celebrado tamén durante a xornada do sábado, dividiuse en dúas seccións. Na catego-ría de menores de 10 anos, o primeiro posto foi para Fáti-ma Míguez Miguens, e na de entre 10 e 15 foi Iago Pereiro quen se encumbrou na primeira posición.

IV POXA FEIRADEZANOME . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PREZO SAÍDA . . . . . . . . . . PREZO FINALBOS PRONTO ALIZIA ET . . . . . . . . . . . . . . . . . 1.400 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2.450GVARELA ROUMARE RUSA . . . . . . . . . . . . . . . 1.200 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2.150GVARELA BRONCO PALIO ET . . . . . . . . . . . . . . 700 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 700SANTAEULALIA TALENT 164 . . . . . . . . . . . . . . 1.200 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1.800BOS ALEXANDER DORNA . . . . . . . . . . . . . . . . 1.400 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2.000BOS ALEXANDER BURCA . . . . . . . . . . . . . . . . 1.400 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2.500BOS JET STREAM FIONA ET . . . . . . . . . . . . . . 1.400 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2.750

Pebi Venel 8402 alzouse co título de vaca adulta campiona e gran campiona

O título de vaca intermedia campiona e campiona provincial foi para Berdon Allen 5571 Chenoa

CONVOCATORIAS 13

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 13: Afriga 93

Pozo Allen 5275 Mimosa, da gandería lucense Pozo, converteuse na vaca gran campiona da vixésima edición do concurso autonómico da raza frisona no que participaron 110 reses procedentes da Coruña, Lugo e Pontevedra. A Semana Verde tamén acolleu a XVI subasta Top Bos, que acadou os 203.000 euros en vendas, e o concurso de manexadores, dándolle continuidade ao carácter gandeiro desta feira.

Os pasados 17 e 18 de xuño celebrouse en Silleda, no marco da Semana Verde de Galicia 2011, a vixésima edición do Concurso Autonómico de Raza Frisona. Á tradicional cita gandeira concorreron este ano 110 reses das que 30 procedían da provincia da Coruña, 49 da de Lugo e 31 da de Ponteve-dra. En canto á distribución dos premios, foron tres ganderías lucenses as que se repartiron os máis destacados.

A gandería Pozo foi a gran triunfadora do certame ao erixirse cos títulos de vaca gran campiona con Pozo Allen 5275 Mimosa, xovenca gran campiona con Pozosaa Jasper Paula e xata campiona con Pozosaa Spirte 0377 Susi.

Pola súa banda, a Gandería Cid (Barreiros, Lugo) conse-guiu o premio de vaca adulta de seis anos ou máis e reser-va gran campiona con Cid Roy Muesle. A esta distinción súmase a de mellor xata de entre 14 e 16 meses con Cid Laurin Marca.

AS GANDERÍAS LUCENSESREPARTÍRONSE OS PRINCIPAIS PREMIOSDO CERTAME DE GANDO FRISÓN

O premio ao mellor criador de Galicia tamén foi para a provincia de Lugo, neste caso para a SAT Rei de Miñotelo (A Pastoriza), situándose en segundo lugar a chantadina Casa Capón. A gandería pastoricense foi merecedora ade-mais do título de vaca intermedia campiona, vaca inter-media de catro anos e mellor xata de entre 11 e 13 meses.

O resto das ganderías que figuran no palmarés son Du-bra SC (Trazo, A Coruña), gañadora da vaca nova campio-na; Blanco (Lalín, Pontevedra), que conseguiu o premio á mellor xovenca de entre 17 e 19 meses; e SAT Sandamil (Castro de Rei, Lugo), gañadora da vaca nova da sección entre 30 e 36 meses.

O concurso, organizado pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e a Fundación Semana Verde de Galicia, estivo arbitrado polo xuíz internacional Jeff West, pertencente á Asociación Holstein de Canadá.

XXXIV SEMANA VERDE. SILLEDA, 16-19 DE XUÑO

Pozo Allen 5275 Mimosa, vaca gran campiona de Galicia

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

14

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

CONVOCATORIAS

Fern

ando

Rod

rígue

z Ga

ndoy

(Afr

icor

Lug

o)

Page 14: Afriga 93

BATIDORES DE PURÍN REFORZADOS, RÍGIDOS OARTICULADOS DE 4 A 8 M”

DISTRIBUIDORESDE TRITURADORASPICURSA PARA GALICIAY ASTURIAS

DISTRIBUIDORES DE PALASCASTILLERO PARA GALICIAY ASTURIAS

ENCAMADORA DE ARENA, PAJA, CASCARILLA, ETC.

LÍDERES EN FABRICACIÓN DEASTILLADORAS HIDRÁULICASVERTICALES Y HORIZONTALESDE 8, 12, 15, 20 Y 25T.

CORTABOLASDE SILO

CULTIVADOR CHISEL

TRITURADORAS FORESTALESDE MARTILLO MÓVIL O FIJO, TRITURADORAS AGRÍCOLAS YTRITURADORAS DE BRAZO.

W W W . C O R B A R S L L . C O M

MAQUINARIA AGRÍCOLA CORBAR, S.L.L.Polígono Industrial San Julián de la Vega, s/n

27614 Sarria, Lugo // E-mail: [email protected]. y Fax: 982 53 14 63 // www.corbarsll.com

VISÍTANOS O LLÁMANOSTE HAREMOS UNADEMOSTRACIÓN

Page 15: Afriga 93

POXA E MANEXADORESO sábado pola tarde tivo lugar unha nova edición da su-basta Top Bos, á que se presentaron 40 exemplares de gan-do frisón de alta calidade xenética procedentes da Finca de Bos (Fefriga). Cun prezo de saída que oscilou entre os 2.000 e os 2.500 euros, a poxa pechouse con 35 vendas que sumaron 203.000 euros, a un prezo medio de 5.800.

A femia que acadou a cotización máis alta foi Bos Shottle Secret ET, adquirida pola gandería A Campa (Curtis, A Coruña) por 21.800 euros. A bastante distancia situáronse Bos Alexander Mahe, pola que a gandería Flo-ra (Asturias) pagou 8.100 euros, e Bos Sócrates Beverly ET, que marchou para a cooperativa Ugasma (Boimorto, A Coruña) por 7.900 euros.

Completando as actividades gandeiras da Semana Verde, o domingo celebrouse o XXVII Concurso de Manexadores Memorial Luis Louzao, que se dividiu en catro categorías máis unha quinta na que participaron os dous primeiros clasificados das seccións primeira, segunda e terceira.

Na primeira categoría, na que competiron os maiores de 21 anos, o primeiro posto foi para José María Pérez García, da gandería Pérez (Palas de Rei, Lugo). Na segunda, que englobou a mozos entre 16 e 21 anos, proclamouse cam-pión José Alberto Iglesia Vila, da gandería Rei de Miño-telo (A Pastoriza, Lugo). Jorge Vázquez Cuñarro, da Casa Capón (Chantada, Lugo), conseguiu o primeiro posto da terceira sección, na que participaron rapaces entre 10 e 15 anos. Finalmente, na categoría dos menores de 9 anos foi Xoan Dono Sánchez, da gandería Dono (Frades, A Coru-ña), quen se fixo coa primeira posición.

Xa na final escolléronse os mellores manexadores do cer-tame: o campión foi José Alberto Iglesia Vila e o subcam-pión José María Pérez García, sendo a mención de honra para a asturiana Alba Álvarez Núñez.

PALMARÉS GanderíaXATAS 4-7 MESESXepe Hvezda Rosana Roja . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . SAT A CampaXATAS DE 8-10 MESES E XATA CAMPIONAPozosaa Spirte 0377 Susi . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoXATAS 11-13 MESESRey 511 Carli Spirte . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rei de MiñoteloXATAS 14-16 MESESCid Laurin Marca . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CidXOVENCAS 17-19 MESESBlanco Megatila . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BlancoXOVENCAS 20-26 MESES, CAMPIONA E GRAN CAMPIONA DE XOVENCASPozosaa Jasper Paula . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoVACA NOVA ATA 30 MESES E VACA NOVA CAMPIONAG .Dubra .S .C . 238 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Dubra SCVACA NOVA 30-36 MESESSandamil M .S . Megamagic Melani . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . SAT SandamilVACA INTERMEDIA 3 ANOS E VACA INTERMEDIA CAMPIONARey 454 Rosita Goldwyn . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rei de MiñoteloVACA INTERMEDIA 4 ANOSRey 434 Natacha Goldwyn . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rei de MiñoteloVACA ADULTA 5 ANOS, ADULTA CAMPIONA E GRAN CAMPIONA DE VACASPozo Allen 5275 Mimosa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoVACA ADULTA 6 ANOS OU MÁISCid Roy Muesle . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CidMELLOR CRIADORGandería Rei de Miñotelo

José Alberto Iglesia gañou o concurso de manexadores e foi nomeado ademais gran campión de manexadores de Galicia

O premio de mellor criador de Galicia foi para a gandería Rei de Miñotelo Pozosaa Jasper Paula, xovenca gran campiona de Galicia

Na sección cuarta do concurso de manexadores participaron cativos menores de 9 anos

16

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

convocatorias

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 16: Afriga 93

Planeta ganaderíaDel 13 al 16 de septiembre

Rennes - Francia

www.space.fr

EL SALÓN INTERNACIONAL DE LA GANADERÍATél. : +33 223 48 28 80 - [email protected]

Ido

ine- R

en

nes

Page 17: Afriga 93

MÁIS DE 100.000 VISITANTESDurante o acto de inauguración desta convocatoria da Se-mana Verde de Galicia, o conselleiro de Presidencia, Al-fonso Rueda, e o de Medio Rural, Samuel Juárez, incidiron na aposta pola dinamización dos sectores agrogandeiro e forestal como eixos estratéxicos da economía galega.

Nesta ocasión, en Silleda estiveron presentes 886 exposi-tores de 17 países e programáronse máis de 70 actividades. Á parte das gandeiras, agrícolas e forestais que caracterizan a feira, os visitantes puideron disfrutar doutras alternativas de comercio e ocio relacionadas co ámbito da alimenta-ción, xardinería, medio ambiente, mundo equino e canino, animais de compañía, tempo libre, etc.

Segundo a organización, este ano a feira clausurouse su-perando amplamente os 100.000 visitantes do ano ante-rior, cando a entrada ao recinto foi gratuíta por primeira vez na súa historia.

RESULTADOS DA XVI POXA TOP-BOSANIMAL PREZO REMATE COMPRADOR LOCALIDADE PROVINCIA

BOS TRUMAN SASHA ET 4.400 VICENTE VARELA GONZÁLEZ MONFERO A CORUÑA

BOS RUBENTOT LORIA 3.400 VICENTE VARELA GONZÁLEZ MONFERO A CORUÑA

BOS PRONTO LICORICE ET 3.800 SAT TEIXEIRO A PASTORIZA LUGO

BOS ALEXANDER SAMANTHA 2.900 IGLESIAS FERRADAS, SC LALÍN PONTEVEDRA

BOS STOL JOC SHONA ET 7.700 SAT A CAMPA CURTIS A CORUÑA

BOS GOLDWYN JULIA 4.800 SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO VAL DO DUBRA A CORUÑA

BOS SANCHEZ BAIONA 4.200 GANDERÍA RAPACES, SC MONFERO A CORUÑA

BOS BAXTER BRIGITTE ET 3.000 IGLESIAS FERRADAS, SC LALÍN PONTEVEDRA

BOS MILLION ROSALIN 3.600 SAT RIAL SANTA COMBA A CORUÑA

BOS SOCRATES BEVERLY ET 7.900 UGASMA, S.COOP. GALEGA BOIMORTO A CORUÑA

BOS SIDNEY LIS ET 5.300 GANDERÍA CANDENDO TORDOIA A CORUÑA

BOS SANCHEZ LARA 5.000 CASAS DE ARRIBA OROSO A CORUÑA

BOS MR SAM LADY ET 4.700 SAT REI DE MIÑOTELO A PASTORIZA LUGO

BOS LAWIN BOY JODIE ROJA ET 6.800 SAT XOIOS LARACHA A CORUÑA

BOS SHOTTLE SECRET ET 21.800 SAT A CAMPA CURTIS A CORUÑA

BOS BAXTER DONNA 6.500 GANDERÍA CANDENDO TORDOIA A CORUÑA

BOS ALEXANDER MIREYA 5.000 GANDERÍA RAMOS, SC VIMIANZO A CORUÑA

BOS GOLDWYN TAISH 5.100 GANDERÍA CABANAS SANTIAGO A CORUÑA

BOS DOLMAN TANIA ET 3.100 IGLESIAS FERRADAS, SC LALÍN PONTEVEDRA

BOS PAGEWIRE SABELA ET 7.800 AFRICAMA TALAVERA DE LA REINA TOLEDO

BOS ASHLAR TIFANY ET 4.000 SAT EMILIO DO JAIME COSPEITO LUGO

BOS GOLDWYN JESSY 5.900 AFRICAMA TALAVERA DE LA REINA TOLEDO

BOS ALEXANDER MAUI ET 5.300 GRANXA RIVEIRA, SC ARANGA A CORUÑA

BOS ALLEN CUXA ET 4.700 SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO VAL DO DUBRA A CORUÑA

BOS ALEXANDER MAHE 8.100 GANADERÍA FLORA VALDÉS ASTURIAS

BOS LOU ANNE ET 6.100 GAND. EL CRUCE & ALBERTO MEDINA AÑORA/GIJÓN CÓRDOBA/ASTURIAS

BOS STALLION ANEKA 5.100 GANADERÍA LAMAS LALÍN PONTEVEDRA

BOS BAXTER LUBANIA 5.100 GANDERÍA MACEIRAS, SAT DOZÓN PONTEVEDRA

BOS JASPER FELICE ET 4.600 SAT CARBALLEIRAS LALÍN PONTEVEDRA

BOS PLANET TRUDY 7.300 LANDEIRA SCG NEGREIRA A CORUÑA

BOS DOLMAN ANAIS 6.500 SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO VAL DO DUBRA A CORUÑA

BOS GOLDWYN ANABEL 4.400 CASA DE LOLA ARZÚA A CORUÑA

BOS JEEVES SHERICE ET 6.500 OS AMERICANOS/SAT CARBALLEIRAS VILA DE CRUCES/LALÍN PONTEVEDRA

BOS MR BURNS LAUSINTIA ET 6.500 SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO VAL DO DUBRA A CORUÑA

BOS BUCKEYE VALQUIRIA 6.100 SAT A FARRAPA NEGREIRA A CORUÑA

TOTAL: 203.000 MEDIA: 5.800

Bos Shottle Secret ET, vendida por 21.800 euros

18

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

CONVOCATORIAS

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 18: Afriga 93

www.aberekin.com

ABEREKIN, S.A.Centro de Inseminación

Durham (EX-90) x Emory Emerald (EX-91) x Hillary (EX-94)

Astrahoe RBRT Duplex Rayna (EX-91, EX-94-SM)

GODIN ALEXI DUPLEX (EX-94)

Mesland DUPLEX

CARBALLO JAZMIN DUPLEX 603Criador: SAT Casa Carballo (Pol-Lugo)Vaca nº 1 en CALIFICACION FINAL

10 hijas de DUPLEX entre las 20 mejores vacas en CALIFICACION FINAL

Imbatible una vez másNúmero 1 mundial

aAa 315246Excelente

CONAFE Junio 2011

ESCOLMO, S.L.Distribuidor para Galicia y Asturias

C/ Magnolia, 80 bajo27003 - LugoTfno.: 982 217 633Fax: 982 213 144e-mail: [email protected]

Page 19: Afriga 93

distribución material gandeiro

COMEDEROS

TOLVAS PARA PIENSO PARA COLGAR SOBRE BARRERAS

TOLVASELECTIVA PARA PIENSO

Gomas y Camas para Vacas

Limpiezas Automáticas

Estabulaciones Libres

CORRALETAS Y MANGAS SELECTORAS

Page 20: Afriga 93

Polígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo)

E-mail: [email protected] // Web: www. dismagan.es

Distribuidor en Asturias:

distribución material ganadero

MÁS DE 1 MILLÓN DE VACAS DUERMEN EN COLCHONES BIORET

LA AUTÉNTICA LIMPIEZA ALEMANA, NO COMPRE IMITACIONES

MÁS DE 50.000 LIMPIEZAS INSTALADAS EN EUROPA

LIMPIEZASAUTOMÁTICASDE CABLE

COLCHONES, PISO DE GOMA DE UNASOLA PIEZA PARA PATIOS Y GOMAPUZZLE PARA SALA DE ESPERADIBUJOS PARA PROPORCIONAR UN MAYOR AGARRE // REFUERZO INTERIOR DE NYLON // GOMA EN UNA SOLA PIEZAHASTA LOS 120 METROS DE LARGO

Page 21: Afriga 93

INTRODUCIÓNOs antigos establos do CIAM, que á súa vez eran os primei-ros que se construíron cando abriu o centro a finais dos 70, tiñan 32 anos. Daquela estaban considerados polos exper-tos investigadores europeos que os coñecían como do máis avanzado de Europa en instalacións gandeiras. Tratábase de naves ergueitas a base de piares de formigón, estrutura de vi-gas e correas de formigón, cuberta de fibrocemento (Uralita) e peche con bloque tamén de formigón. Non obstante, os

O USO DE MADEIRA CERTIFICADA NO ESTABLO NOVO DE VACÚN DO CIAMHai case un ano que o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) empezou a usar o seu novo establo de vacún, feito con madeira de piñeiro do país certificada polo Centro de Innovación e Servizos da Madeira (CIS-Madeira). É unha aposta por empregar nas instalacións gandeiras un material construtivo existente en Galicia, renovable e ecolóxico que dá bos resultados de benestar animal.

Pepe Salvatierra Rico. Enxeñeiro Técnico AgrícolaOscar Santaclara Estévez. Área de Innovación e Tecnoloxía de CIS-Madeira

O acabado das naves, combinando formigón e madeira no exterior e no interior, encaixa moi ben no contorno rural

tellados eran baixos, tiñan pouca ventilación e dábanse ma-las condicións para a limpeza mecanizada. Polo tanto, os es-tablos non resultaban moi adecuados para proporcionarlles confort aos animais e comodidade aos traballadores. Ten-do en conta que calquera instalación gandeira de máis de 30 anos se queda obsoleta en case todos os seus elementos construtivos, e que as do CIAM xa estaban amortizadas e caducas, foi imprescindible acometer a construción doutras para cubrir as necesidades actuais e futuras do centro.

INSTALACIÓNS22

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 22: Afriga 93

A MADEIRA NO PROXECTONa planificación das obras atendeuse ao cumprimento dunha serie de obxectivos fundamentais, dado que se ato-pan nun centro de investigación e poden ser referentes para o sector gandeiro. E un destes obxectivos foi o de usar preferentemente madeira na súa construción, o que resulta novidoso xa que en todas ou case todas as instala-cións que se executan dentro e fóra de Galicia se emprega o formigón.

Coa construción do establo do CIAM con madeira de piñeiro do país (Pinus pinaster) intentamos iniciar outra tendencia no uso de materiais existentes en Galicia e que son renovables e ecolóxicos, pois emiten menos CO2 no seu proceso de fabricación, transporte e colocación, reducindo en consecuencia o efecto invernadoiro.

Ademais destes beneficios ecolóxicos e medioambien-tais, o uso da madeira no sector agrícola, forestal e gandeiro comporta estoutras vantaxes:

• A preparación da madeira en taller permite reducir a montaxe en obra.

• Menos peso e máis facilidade de manexo na obra e no transporte. Isto pódese facer en camións normais e as grúas de montaxe serían máis pequenas.

• A madeira pódese combinar con ferro, formigón e outros materiais.

• Valorización da madeira de piñeiro, xa que a produci-da en Galicia vai case toda para encofrados, caixas, palés, aglomerado e pasta de papel, que produce pouco valor en-gadido.

CARACTERÍSTICAS DO ESTABLO O novo establo levantouse no sitio onde estaba o ante-rior para aproveitar a plataforma, tanto para a cimentación coma para os desniveis que son necesarios para os desau-gadoiros.

Detalle da madeira empregada na cuberta das naves

O novo establo ergueuse sobre piares de formigón e ten estrutura de madeira e o teito tipo sándwich revestido con cuberta metálica

Consta de dúas naves separadas entre si 8 metros, onde se sitúa a manga de manexo. A estrutura está formada por piares de formigón de 0,30 x 0,30 metros, cerchas de ma-deira de distintos anchos de luz e correas tamén de ma-deira. A cercha únese cos piares por medio de pezas de ferro galvanizado, que van atornilladas a eles e, á súa vez, ás cerchas. Os elementos da cercha van todos atornillados con tornillo pasante, con rosca e arandela. As correas tamén se atornillan ás cerchas con tornillos tipo tirafondo. Nos testeiros de cada unha das naves crúzanse correas en dia-gonal para evitar os movementos de torsión no conxunto da estrutura. Ditas correas van colocadas entre o testeiro e a primeira cercha en cada extremo das naves.

A altura das naves é de 5 metros na parte baixa e 7,5 na alta. Cada nave (ou módulo de nave) está cuberta a dúas augas. Nos módulos de gando, na cumbreira, leva un sis-tema de ventilación non forzado cun telladiño sobreeleva-do ao longo de toda a cuberta, formando unha especie de “sombreiro” que permite circular o aire sen deixar pasar a auga; a estrutura deste soporte é tamén de madeira.

En canto á cuberta, está formada por chapa de ferro pin-tada, tipo sándwich, de 4,5 centímetros de espesor e con poliuretano de illante, que ten moi bo comportamento tanto para o frío coma para a calor. Na cuberta de cada mó-dulo de nave intercálanse varias chapas translúcidas para falicitar a luminosidade, sobre todo no inverno. A mellor luz e a máis barata é a que entra polo tellado.

COA CONSTRUCIÓN DO ESTABLO CON MADEIRA DE PIÑEIRO DO PAÍS INTENTAMOS INICIAR OUTRA TENDENCIA NO USO DE MATERIAIS EXISTENTES EN GALICIA E QUE SON RENOVABLES E ECOLÓXICOS

A cercha de madeira uniuse cos piares de formigón mediante pezas de ferro galvanizado atornilladas

Na cumbreira leva un sistema de ventilación non forzado que permite circular o aire sen deixar pasar a auga

As chapas translúcidas que se intercalan na cuberta facilitan a entrada de luz

O peche lateral e frontal do establo, de ata 2,5 metros de altura, está feito con paneis prefabricados de formigón de 15 centímetros de espesor e o resto, ata o tellado, está construído con táboa de madeira de piñeiro tratado de 14 centímetros de ancho, unha espesura de 2,8 centímetros e unha separación de 3 centímetros entre elas, atornillados a rastreis da mesma madeira.

instalacións 23

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 23: Afriga 93

O conxunto do acabado das naves, combinando formigón e madeira no exterior e no interior, causa boa impresión á vista e encaixa moi ben no contorno rural, en comparación coas naves feitas tan só con materiais de formigón.

Este novo establo do CIAM ten dúas partes diferencia-das: unha posúe corenta unidades de cubículos para vacas adultas ou xovencas próximas ao parto e a outra está desti-nada a xatas e xovencas. Esta última posúe módulos para-lelos de piso de parrillas, con área de descanso adosada, en pendente do 8% e chan cuberto de goma. O comedeiro vai colocado con cornadiza na zona emparrillada.

DETALLES CONSTRUTIVOS

A ZONA DOS CUBÍCULOSConta con 40 prazas en disposición de cabeza contra ca-beza e mide 2,50 metros de longo por 1,25 metros de ancho, con separador de tubo dunha soa peza, en forma de uve redondeado, suxeita en poste vertical na zona da almofada.

Os cubículos están levantados 25 centímetros sobre os corredores e teñen unha pendente do 3% cara a atrás. A súa base é de formigón e sobre eles van colchonetas a base de triturado de material de caucho e goma, pren-sado e pegado, formando un corpo de planchas de 1,75 metros de longo, 1,25 metros de ancho e 3,5 centíme-tros de espesor. Estas planchas de goma e caucho están cubertas por unha lámina de goma para constituír unha zona continua ao longo de cada fila de cubículos e ata onde finaliza esta ou hai un paso de animais. Toda esta lámina vai suxeita con tornillos e platinas de plástico na parte traseira, na dianteira e no lateral de cada tramo para evitar que entre humidade.

Na superficie de cada praza aplícase diariamente unha capa lixeira de serrín de piñeiro para absorber a humidade que leva o animal nas patas e, ao mesmo tempo, para lim-par con máis facilidade a cama do animal, sobre todo na parte posterior, que é a que máis se ensucia.

O corredor na parte do comedeiro é de 4 metros de ancho e, na parte posterior, de 3 metros. Límpase con arrobadeira arrastrada por cable con motor eléctrico pro-gramable, que descarga nunha canle de 0,80 metros de profundidade e 1 metro de ancho que, á súa vez, descarga na fosa xa existente a través dun tubo de PVC de 50 cen-tímetros de diámetro, regulado por unha comporta que se abre cando a canle está chea.

Neste primeiro inverno que as vacas estiveron nesta zona de cubículos (un grupo de ensaio en tema de alimenta-ción), o conxunto funcionou moi ben, xa que practicamen-te todas as vacas permanecían deitadas.

A arrobadeira pasouse tres veces ao día e o cubículo lim-pouse manualmente unha vez ao día, usando rasqueta de ferro ou cepillo na parte que estaba sucia. A continuación repoñíase o serrín.

As vacas permaneceron limpas e víanse cómodas e moi tranquilas. Non se percibiu cheiro a amoníaco no establo debido á boa ventilación e non se apreciaron correntes de aire, nin por suposto condensación por xeada. O illamento da chapa sándwich funcionou ben.

No verán, as vacas permanecen fóra día e noite, pero cando se entra no establo, en días de calor, séntese un bo ambiente e sensación de confort. A madeira, tanto da es-trutura coma dos peches, axuda a acrecentar esa sensación.

A ZONA DE PARRILLAEstá formada por 5 módulos iguais e cada un deles cons-ta de zona emparrillada propiamente dita, de 3 metros de ancho por 29 metros de longo e 1,80 metros de profundi-dade, onde se almacenan as dexeccións.

As parrillas teñen 12 centímetros de ancho e 11 centíme-tros de espesor e van separadas entre elas 3,7 centímetros. Con esta separación serven tanto para animais pequenos coma para os grandes. Veñen prefabricadas de dúas en dúas, facendo unha peza de 1,55 metros de longo por 0,32 de an-cho e unha superficie de apoio de 12 centímetros en cada unha delas. A colocación faise sobre apoios de pequenas vi-gas prefabricadas, ocas, de 0,25 x 0,20 metros, con 3 metros de luz e separadas 1,55 metros. As parrillas van pousadas e non necesitan inmobilización con morteiro, pódense quitar e poñer con facilidade con grúa, con pa o á man entre dúas persoas. A peza de dúas parrillas pesa 90 quilos.

Na base dos cubículos colocáronse colchonetas feitas a base dun triturado de caucho e goma

A MADEIRA DA ESTRUTURA E DOS PECHES AXUDA A ACRECENTAR A SENSACIÓN DE CONFORT NOS DÍAS DE CALOR

En paralelo á zona emparrillada vai o comedeiro e, do outro lado, unha área de descanso

INSTALACIÓNS24

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 24: Afriga 93

Camiño vello de Mourelle, s/n – 15840 Santa Comba (A Coruña) – ESPAÑAConsulte prezos sen compromiso

COMA SEMPRE, OS PRIMEIROS DENDE 1975

Calidade e limpeza co mínimo consumo

Coas nosas novas camas para area gaste só a area imprescindible Os nosos cepillos son

completamente abatibles; permiten un fácil acceso do tractor ó establo

Colchóns Elmega: confort, duración, suavidade e impermeabilidade

TANQUES DE FRÍOBaixo consumo e alto rendemento

Arrimadores de comida mecánicos

Salas de ordeño

Page 25: Afriga 93

Paralelo á zona emparrillada vai o comedeiro e ao outro lado fíxose unha zona de descanso formada por unha pla-taforma inclinada cara á parrilla, levantada sobre 20 centí-metros daquela, con 3,20 metros de ancho e unha penden-te do 8%. Está cuberta con planchas de goma e caucho de 2 centímetros de espesor, ensambladas en puzle e atorni-lladas, tendo unha certa rugosidade para que as vacas non esvaren. É un bo sistema cando non se pode usar cama de palla por non dispoñer dela. Esta zona de descanso per-mite que as vacas non teñan que deitarse no lugar onde comen ou no emparrillado. Hai que destacar que esta non é unha área para animais que se estean muxindo, polo tanto, os animais deberán estar enxoitos e cómodos, pero non é preciso unha limpeza extraordinaria. Ao respecto, hai que arrastrar as dexeccións con rasqueta manualmente dúas ou tres veces ao día cara a zona de parrilla; logo, ao pisalas, van para a fosa que está debaixo.

Existen outros sistemas válidos, coma o cubículo de distintas medidas, pero no centro de investigación nece-sitábanse unhas instalacións polivalentes para utilizar con distintos animais e de distintas idades, con distintos tra-tamentos, etc. Daquela, buscamos un equilibrio e unha racionalidade no deseño. Construímos as naves o máis diáfanas posible e calculamos que as paredes e o teito van durar máis de 30-40 anos. A parte interior quizais si que vai precisar dalgunha modificación durante ese período, xa que probablemente se introducirá algunha novidade que poida xurdir, pero sempre segundo un criterio técnico e económico.

VALORACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNSDespois deste primeiro ano de utilización do novo establo podemos dicir que os resultados son bastante satisfactorios no que se refire ao manexo diario dos traballos. Os co-rredores de alimentación son amplos, dispoñen de portas de entrada e saída e resultan cómodos para manobrar coas máquinas e arrimar a comida. Os animais vense cómodos e tranquilos.

Nas visitas dos gandeiros a estas instalacións, o que máis lles chama a atención precisamente é a madeira das naves. Gústalles e interésanse polo custo e polo lugar no que se fai.

A medida que as empresas oferten máis estes materiais e aumente o seu uso no sector agrogandeiro, a madeira será competitiva co formigón e co ferro. Pero o máis importan-te será que se valorizará a madeira de piñeiro dos montes galegos, dándolle outro uso que o que ten agora, apenas para a contrución ou para moer. Volveríase á utilización da madeira no rural, como se facía hai 40 ou 50 anos, antes de empregarse de maneira xeneralizada o bloque prefabricado e o formigón que, xunto co ladrillo sen enlucir, causaron un auténtico estrago no urbanismo do rural.

DESPOIS DESTE PRIMEIRO ANO CO NOVO ESTABLO, OS RESULTADOS SON SATISFACTORIOS CANTO AO MANEXO DIARIO. E OS ANIMAIS VENSE CÓMODOS E TRANQUILOS

PROCESO DE CERTIFICACIÓN DA MADEIRAOs sistemas construtivos con madeira foron evolucionan-do ao longo dos séculos de maneira distinta en función das condicións climáticas e sociais de cada zona, apreciándose desde sistemas con madeira moi simples a outros altamen-te complexos e técnicos que demostran as súas enormes capacidades. En moitos países segue sendo o material bá-sico en construción, porén, en España perdeuse boa parte da experiencia construtiva con madeira. Isto debeuse, por un lado, ao rápido desenvolvemento industrial e técnico de materiais coma o aceiro e o formigón e, polo outro, á falta de normativa oficial que supuxo que a madeira deixase de ser competitiva fronte ao resto de materiais, dado que non existía regulación que amparase ao proxectista nos seus cálculos e deseños.

Ata marzo do 2006 non aparece a primeira normativa nacional de referencia obrigada que regula o cálculo estru-tural de madeira. No último decenio, esta situación cam-biou dunha maneira importante coa aparición do Eurocó-digo 5 e, recentemente, do Código Técnico da Edificación (CTE), onde se recolle o Documento Básico de Segurida-de Estrutural Estruturas de Madeira (DB SE-M).

Como material de construción regulado, a madeira se-rrada e os produtos derivados coma taboleiros, madeira la-minada encolada, etc., deberán cumprir obrigatoriamente os requisitos de calidade do proceso construtivo. Este ase-guramento obrigatorio da calidade pode vir de dous niveis distintos:

do establecido na Directiva de Produtos da Constru-ción (DPC), mediante o marcado CE.

Información que debe proporcionar o marcado CE

INSTALACIÓNS26

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 26: Afriga 93
Page 27: Afriga 93

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

MARCADO CE PARA A MADEIRA SERRADA ESTRUTURAL

-

-

CLASIFICACIÓN ESTRUTURAL

---

-

-

-

-

-

-

-

-

-

COMO MATERIAL DE CONSTRUCIÓN REGULADO, A MADEIRA SERRADA E OS PRODUTOS DERIVADOS DEBEN CUMPRIR OS REQUISITOS DE CALIDADE DO PROCESO CONSTRUTIVO

Medición de nós na clasificación visual

INSTALACIÓNS28

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 28: Afriga 93

A MADEIRA DO ESTABLO OFRECE TODAS AS GARANTÍAS DE CALIDADE OBRIGADAS NA EDIFICACIÓN, CUMPRINDO AS NORMAS RELATIVAS Á DURABILIDADE, RESISTENCIA AO LUME E AO RESTO DE CARACTERÍSTICAS ESIXIDAS

En España existen dúas normas de clasificación visual, a UNE 56544 para madeiras de coníferas e a UNE 56546 para madeira de frondosas, nas que se establece un sistema de clasificación visual aplicable á madeira serrada de uso estrutural das principais especies de madeira de proceden-cia española, asignando unha clase resistente a cada unha das combinacións de especie e calidade.

A norma UNE 56544 é aplicable ao piñeiro silvestre (Pi-nus sylvestris L.), piñeiro laricio (Pinus nigra Arn.var.Salz-mannii), piñeiro galego e pinaster da meseta (Pinus pinaster Ait.) e piñeiro insigne (Pinus radiata D.Don), establecendo tres clases: ME1 (madeira estrutural de primeira), ME2 (madeira estrutural de segunda) e MEG (madeira estru-tural de gran escuadría) para pezas de grosor maior de 70 milímetros.

Na norma para madeiras de frondosas UNE 56546 de momento só está incluído o eucalipto (Eucalyptus globulus Labill.) cunha clase estrutural, a MEF (madeira estrutural de frondosas), para pezas de grosor menor de 60 milíme-tros.

-trutivo e rápido co que se obtén o módulo de elasticidade da peza a partir do que se asigna unha clase resistente. O sistema máis estendido consiste na realización dun en-saio a flexión. De todas formas, é necesario realizar unha breve inspección visual das pezas para limitar os defectos que non son detectados na clasificación mecánica e tamén nas zonas extremas das pezas que non quedan ensaiadas na máquina. A principal desvantaxe deste sistema é o seu elevado custo, non obstante, a precisión do proceso é supe-rior á de clasificación visual e as clases resistentes acadadas tamén son superiores.

DURABILIDADE NATURAL E REACCIÓN AO LUMEA declaración da durabilidade natural da madeira realíza-se segundo o sistema de clasificación definido na norma europea EN-350, que indica o comportamento relativo de cada especie de madeira en canto á súa resistencia á degra-dación orixinada por fungos, insectos e xilófagos mariños.

No que se refire ao comportamento fronte ao lume adóptase o sistema de Euroclases, un sistema de clasifi-cación homoxéneo e estándar para todos os países da UE. As Euroclases indican a contribución ao incendio, o poder calorífico e o grao de inflamabilidade do material.

Ademais da obrigatoriedade de cumprir as esixencias da DPC e o CTE comentadas, tamén se pode optar polo ase-guramento voluntario da calidade a partir dos selos e marcas de calidade, como un paso máis na estratexia de incremen-tar e manter unha correcta xestión da calidade do proceso construtivo e dentro da visión comercial para diferenciarse e ser máis competitivos. Con estes distintivos preténdese que unha organización externa certifique que a madeira ou pro-dutos derivados cumpren uns estándares superiores de cali-dade en conformidade cunhas prescricións técnicas, e que o fabricante posúe un sistema interno para xestionar e manter esa calidade. Ademais, o organismo emisor do selo certifica a calidade levando a cabo mostraxes aleatorias tanto en pro-dución coma no mercado.

Como se pode apreciar, a madeira empregada no esta-blo novo do CIAM acadou a consideración de material técnico e normativizado que pode ofrecer todas as ga-rantías de calidade obrigadas na edificación, cumprindo as normas e códigos de construción relativos á súa dura-bilidade, resistencia ao lume e ao resto de características esixidas. Deste xeito, renóvase a confianza do proxectista e o consumidor ao considerala un material capaz de sa-tisfacer as necesidades de resistencia mecánica e confort. Ademais, a madeira presenta, respecto ao resto de ma-teriais de construción, unha vantaxe exclusiva pola súa natureza: trátase dun recurso natural renovable e o con-sumo de enerxía que se utiliza no seu proceso de trans-formación está moi por debaixo dos do resto de materiais empregados neste sector.

Madeira aserrada estrutural

www.caixaruralgalega.es

INSTALACIÓNS 29

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 29: Afriga 93

A Gandería Rielo (Álceme, Rodeiro) foi pasando de xeración en xeración á par que se foi transformando, facen-dose máis grande, moderna e adaptándose ás necesidades dos novos tempos. Os seus propietarios son os irmáns Or-lando e Diego González Vázquez, de 40 e 28 anos, respec-tivamente.

A súa orixe remóntase a 1970, cando Camilo González Pallo, avó dos actuais titulares, recibiu unha herdanza que

BENESTAR ANIMAL E ESFORZO DIARIO, CLAVES PARA A CALIDADE DO LEITE E A LONXEVIDADE DOS ANIMAISOs irmáns Orlando e Diego González Vázquez viaxaron a Barcelona en marzo para recoller o Premio de Seguridade Alimentaria que concede Danone, empresa á que lle venden o leite xunto con outras 24 explotacións pertencentes á cooperativa Gandeiros do Deza.

Orlando e Diego González Vázquez, xunto ao fillo de Orlando, na nave á que mandan as vacas de moitos partos

GANDERÍA RIELO S.C. (RODEIRO)

destinou á compra dun boi e cinco vacas frisonas. Cinco anos máis tarde, o seu fillo Rodrigo tomou as rendas do negocio, situación que se mantivo ata que no 2001, trala súa xubilación, se incorporou o seu fillo maior, Orlando, que construíu novas instalacións. E xa máis recentemen-te, fai apenas tres anos, incorporouse Diego, constituíndo unha sociedade co seu irmán compartida ao cincuenta por cento.

EXPLOTACIÓN30

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 30: Afriga 93

Ambos os dous compatibilizan o mantemento da granxa (para o que aínda contan coa axuda dos pais), con outras ocupacións relacionadas co sector. No caso de Orlando, ademais de ser o secretario fundador da cooperativa Gan-deiros do Deza, na que se integra a explotación, traballa no Observatorio do Sector Lácteo da Consellería do Medio Rural. E Diego compaxínao co seu traballo de controlador leiteiro en Africor Pontevedra.

Situada no lugar da Latiza, na parroquia de Álceme, esta gandería pontevedresa leva 10 anos en funcionamento desde que se ergueron as novas instalacións. A súa cabana actual é de 52 vacas en produción, 6 secas e arredor de 30 xatas e xovencas, que fan un total dunhas 90 cabezas de gando para unha cota de 512.000 quilos.

INSTALACIÓNS E BENESTARBasta con botar unha ollada rápida para darse conta de que as instalacións cumpren moitos requisitos de benestar ani-mal. O establo novo, construído en bloque e uralita, conta con 54 cubículos e sistema de cornadiza. Conta Orlando que aínda non hai moito que substituíron a parte máis alta

No establo novo, construído no 2001, alóxanse as vacas de produción

dunha das paredes da nave por malla cortaventos para me-llorar a ventilación do gando, o que diminúe o risco de pneumonía e outras infeccións. Aínda así, posúen tamén dous ventiladores artificiais que utilizan nos días de moita calor.

- R

CS

Lal

lem

and

405

720

194

- 0

3200

9.

www.lallemandanimalnutrition.comLALLEMAND BIO, SLTelf : +34 93 241 33 80 - Email : [email protected]

A CABANA ACTUAL COMPONSE DE 52 VACAS EN PRODUCIÓN, 6 SECAS E ARREDOR DE 30 XATAS E XOVENCAS

EXPLOTACIÓN 31

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 31: Afriga 93

Empregan dous sistemas de camas. Corenta cubículos son de cama branda de palla mesturada con carbonato e outros catorce de colchoneta de látex, que está en fase de proba. No primeiro caso, o carbonato, que ten como fina-lidade eliminar posibles bacterias e previr infeccións, renó-vano diariamente, mentres que a palla a cambian cada dez días máis ou menos. E a limpeza fana mediante arrobadei-ra de control manual que pasan tres ou catro veces ao día.

A granxa conta con dúas fosas de xurro. Para unha van os escorros dos silos de herba e millo, que se mesturan con xurro de polo. E a outra, de dimensións maiores, está ex-clusivamente destinada ao de vaca.

As instalacións novas complétanse coa leitería, unha sala de muxido de 8 puntos e un almacén pegado ao establo no que gardan forraxe e maquinaria. Non obstante, a idea a curto pra-zo é convertilo nunha ampliación do establo con capacidade para outros 40 cubículos, e facer un almacén novo.

No establo vello, construído con ladrillo, madeira e ura-lita, instalaron recentemente o sistema canadense, que per-mite que as femias teñan máis movemento que nas corna-dizas tradicionais, podendo lamberse unhas a outras cando o desexan.

Por outra banda, un dos aspectos singulares da explota-ción é a nave que teñen nunha finca no monte, rodeada de árbores, á que adoitan referirse como “balneario”, en alu-sión ás magníficas condicións de benestar que ofrece aos animais. Para alí mandan as vacas preñadas que xa tive-ron un número de partos elevado, co obxectivo de sacarlles outro a maiores. E segundo Orlando, este sistema funciona.

Todo o gando está estabulado e practican a separación por lotes. As vacas de produción están no establo novo, e as secas e as xovencas no vello. Á parte, teñen dous lotes de idade. Un desde os cinco meses ata os oito, e outro ata a primeira inseminación. Tamén fan pastoreo coas vacas secas e as xovencas.

RECRÍAA recría faise toda na explotación, pero teñen en mente empezar a mandar tres ou catro femias ao ano a unha finca privada de Pantón que se adica a isto. De momento destí-nana á reposición de femias para a granxa, aínda que tamén esperan poder vender algunha nun futuro próximo porque, segundo afirman, xa chegaron ao nivel de produción que pretendían.

A primeira inseminación fana aos 16 meses, sendo a me-dia de inseminacións por preñez de 2,5 doses nas vacas e de 1,7 nas xovencas. En canto ao intervalo medio entre partos, no último ano foi de 447 días, se ben o anterior lo-graron unha excelente media de 376. Os animais recén na-cidos son trasladados a boxes individuais situados ao lado do establo e son destetados aos tres meses.

Corenta camas son de palla mesturada con carbonato (esquerda) e catorce de colchoneta de látex (dereita)

TEÑEN UNHA NAVE NUNHA FINCA CHEA DE ÁRBORES A ONDE ENVÍAN AS VACAS PREÑADAS CON MOITOS PARTOS E ÁS QUE LLES INTENTAN SACAR OUTRO A MAIORES

No establo vello instalaron comedeiros individuais para controlar mellor a ración de penso

Os xatos recén nacidos son trasladados a boxes individuais situados ao lado do establo

EXPLOTACIÓN32

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 32: Afriga 93

GALICAL CALES E DOLOMÍASAGRÍCOLAS

Nº 1 EN CAMAS DE VACÚN

O carbonato cálcico pode subministrarse en:

Bolsa grande de 1.100 quilogramosA granel en camión volquete, con servizo a calquera punto de Galicia

O CARBONATO CÁLCICO DE GALICAL PARA CAMAS DE vacún proporciónalles aos animais hixiene e

descanso e reduce as posibles infeccións de mamites causadas por bacterias de tipo ambiental (E.coli,

estreptococos, enterobacterias, etc.)

Tamén reduce os problemas de dermatite interdixital e dixital, úlceras e panadizos

nas pezuñas, evitando coxeiras e perdas de produción.

Por outra banda, manter o gando libre de suciedade facilita o manexo durante o ordeño.

Un dos obxectivos primordiais das explotacións de vacún é manter unha hixiene axeitada que evite infeccións indesexables no gando. Estas infeccións poden ocasionar perdas na produción láctea e o incremento dos gastos.

GALICAL, S.L.L.CALES Y DOLOMIAS AGRICOLASArieiras s/n P.I. Louzaneta 27294 LUGOTeléfono 982 22.14.84Fax 982 22.14.08E-mail: [email protected]: www.galical.es

Page 33: Afriga 93

RACIÓN E FORRAXESNa Gandería Rielo faise a mesma ración para todas as va-cas, independentemente do nivel de produción. Componse de 26 quilos de silo de herba, 18 de millo, 9 de penso de cebada, millo e soxa, e un quilo de alfalfa.

Pola súa banda, a dieta das xatas, xovencas e vacas secas baséase no pastoreo combinado con herba seca ou palla a discreción e dous quilos de penso.

Contan cunha extensión de case 45 hectáreas entre te-rreo propio e en réxime de alugueiro. Porén, a dispersión xeográfica e a segmentación das fincas supoñen a princi-pal dificultade á hora de cultivar a superficie, que se divi-de en arredor de 35 fincas, das cales moitas non chegan á hectárea.

As 28 hectáreas que teñen en propiedade empréga-nas para o cultivo de herba westerwold, raigrás inglés e raigrás italiano, e tamén para o pastoreo. En canto ao millo, fai oito anos que empezaron a sementalo, se ben a zona do Deza non é a máis apropiada para este tipo de cultivo debido ao seu microclima caracterizado por

veráns moi calorosos e invernos moi fríos. O ano pasado, a media foi de 25.000 kg/ha, adicando 11 hectáreas a esta produción.

O feito de pertencer aos Gandeiros do Deza facilita a realización das campañas de sementeira e recolección, que se realizan con maquinaria da cooperativa. Non obstante, teñen tamén maquinaria de labranza propia entre a que se encontran tres tractores de 90 cabalos, rotativa, autocar-gador, enroladora, abonadora e un carro mesturador que empregan para facer as camas, xa que a ración alimenticia proporciónallela a cooperativa.

MELLORA GANDEIRAXeneticamente falando, o obxectivo de Orlando e Diego é ir mellorando pouco a pouco con animais feitos na casa. Optan por touros de bos ubres e boas patas para conseguir bos niveis de produción e que as vacas duren o máis posible. Aínda que non adoitan comprar moitas xovencas, entre a súa cabana encóntranse actualmente unha procedente da UTE de Bos e dúas vacas da Finca Mouriscade, dependente da Deputación de Pontevedra.

En canto ao seme empregado, compran touros de Xe-nética Fontao e tamén algún estranxeiro da campaña de mellora xenética.

O ano pasado, a produción media por vaca foi de 9.306 litros, a un 3,67% de graxa, un 3,19% de proteína e un reconto de células somáticas de 172.000. A media ICO foi de 1.632, mentres que a última cualificación morfolóxica foi de 79 puntos.

As boas cualificacións do leite deron lugar a que no mes de marzo esta gandería pontevedresa obtivera o Premio de Seguridade Alimentaria de Danone, empresa á que lle ven-den o leite xunto a outros 24 cooperativistas de Gandeiros do Deza.

O proceso comezou fai dous anos, cando Danone co-mezou a recoller os datos dos gandeiros galegos que lle venden o leite, valorando tamén as condicións da sala de muxido, as analíticas da auga, a incorporación de xente nova, etc. Orlando e Diego recoñecen que foi unha grata sorpresa cando lles comunicaron que gañaran o premio, xa non só porque é unha recompensa ao esforzo diario senón tamén porque supón un espaldarazo importante á explota-ción no mercado.

Na Gandería Rielo apostan pola produción de forraxes fronte á de millo, que non se dá moi ben

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE XESTIÓN ECONÓMICA DO CIAM

A Gandería Rielo leva varios anos participando no programa de xestión económica (AXE) que desenvolve o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Unha iniciativa cuxo obxectivo é a realización de estudos sobre a rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a comparación entre as participantes no programa e tamén tendo en conta a evolución interanual. No caso desta explotación, a recollida dos datos faina Africor Pontevedra cada tres meses.

Os parámetros cos que se traballa son:

INGRESOS

GASTOS VARIABLES

GASTOS FIXOS

AMORTIZACIÓNS TÉCNICAS

OUTROS DATOS IMPORTANTES€/ha€/vaca

EXPLOTACIÓN34

AFRIGA

Page 34: Afriga 93
Page 35: Afriga 93
Page 36: Afriga 93
Page 37: Afriga 93

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) analizou o papel que están desempeñando os produtores e a industria do sector lácteo galego no mercado mundial do leite, comparándoo co doutras rexións gandeiras. Con base nesta análise, diagnostica que o futuro será de quen teña capacidade real de controlar os custes de produción e advirte de que Galicia deberá incorporar valor engadido a unha produción moi centrada no UHT.

Galicia produce 2.200 millóns de litros de leite grazas a unhas 13.000 explotacións que supoñen uns 660 millóns de euros e un 37% do total da produción española. Con relación á produción doutros países, Galicia e o Estado español teñen unha produción deficitaria. Dentro dos 21 colocados á cabeza en produción de leite, Nova Zelanda ocupa o primeiro posto cun excedente de 18,6 millóns de toneladas, o cal deixa a nosa produción como anecdótica dentro do mercado mundial.

Así mesmo, a porcentaxe de variación anual da produ-ción láctea no período 2000-2005 reflicte que Europa non se moveu, senón que se estancou namentres medraron os produtores africanos, os dos países do leste, os asiáticos e os de Norte e Sudamérica.

As importacións chinesas de leite enteiro en po (WMP) chegarán a unhas 400.000 toneladas en 2011, un incre-

O CETAL RETRATA A INDUSTRIA LEITEIRA GALEGA NO MERCADO ACTUAL

mento do 260% en dous anos. As importacións chinesas de leite en po desnatado (SMP) creceron nos últimos 5 años ao ritmo do 22% anual (2005-2009), e alcanzarán as 100.000 toneladas en 2011.

Produción de leite dos maiores exportadores (en miles de toneladas)

2009 2010 (est.) 2011 (for.) Cambio 2010 vs. 2011Arxentina 10.350 10.600 11.070 +4%

Australia 9.326 9.400 9.700 +3%

EU-27 133.700 134.200 134.700 0%

Nova Zelanda 17.397 16.897 18.642 +10%

Estados Unidos 85.874 87.450 88.690 +1%

Fonte: Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA)

Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL)

MERCADO38

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 38: Afriga 93

Daquela, o futuro está na capacidade de producir leite ao menor custo. Porén, os principais problemas do sector pro-dutor da cornixa cantábrica son que a distribución toma o leite como produto reclamo a través das súas propias mar-cas; que existe grande incerteza nas políticas sectoriais, o que dificulta a adecuada planificación e toma de decisións por parte dos gandeiros; que os gandeiros non realizan es-tudos sobre a viabilidade económica dos investimentos que realizan e que utilizan demasiado penso, e, por último, que o sector produtor non afonda na cadea de valor.

Os casos galego e catalán2007 2008 ±% 2007-2008

Concentrado / Leite (g/L) Galicia 360 370 2,78%Cataluña 498 500 0,40%

Carga gandeira (Vacas/ha) Galicia 1,8 1,9 5,56%Cataluña 2,6 2,82 8,46%

Beneficio (€/100 L) Galicia 12,15 8,83 -27,33%Cataluña 2,32 -0,54 -123,28%Fontes: CIAM e Observatorio de la let. Catalunya

Custos de produción 2009 a €/100 kg

Fonte: Edf. Associazione Europea Produttori Latte

Non estamos producindo leite ao menor custo. A dis-tribución toma o leite como produto reclamo a través das súas propias marcas e a industria está centrada no leite líquido e non noutros produtos de máis valor engadido. Neste senso, CLAS é a primeira central leiteira española e supón tan só 0,9 millóns de toneladas de leite procesado, ou sexa, o 0,1% da produción mundial.

Composición da industria galegaLeite Río 383 Millóns de litros

Feiraco 110 Millóns de litros

Alimentos lácteos 120 Millóns de litros

Outras 20 Millóns de litros

Fonte: CETAL

En canto a Galicia, o 80% do leite producido aquí, ou sexa, máis de 1.710.000 toneladas, dedícanse á elaboración de UHT. Entre 750.000 e 800.000 toneladas destínanse á elaboración de UHT/MDD. No tocante aos queixos, a produción é equivalente a 64 millóns de litros; isto é, só o 3% da cota V.I. de Galicia.

Queixos con denominación de orixe protexidaTetilla 2.841 Tm

Arzúa - Ulloa 3.178 Tm

San Simón da Costa 330 Tm

Cebreiro 22 Tm

Fonte: Consellería do Medio Rural

No caso específico de Galicia, o futuro do sector produ-tor de leite dependerá tamén da capacidade para incorporar valor a unha produción, hoxe por hoxe, centrada no UHT. Non temos marcas de leite galegas no mercado, apenas 3 ou 4 referencias en leite sobre máis de 200 na gran distribución e ningunha en produtos de maior valor como o iogur. As análises feitas polo CETAL constatan que as únicas mar-cas que garanten futuro para o sector produtor galego son as vinculadas ao territorio; é dicir, as ligadas ás producións con denominación de orixe, na actualidade os queixos, que se converten así nunha liña xenérica de actuación.

GALICIA PRODUCE 2.200 MILLÓNS DE LITROS DE LEITE, QUE SUPOÑEN UN 37% DO TOTAL DA PRODUCIÓN ESPAÑOLA

Tipoloxía de leite UHTCarrefour El Corte Inglés

Todas as referenciasReferencias de

empresas galegasTodas as referencias

Referencias de empresas galegas

Agriculturaconvencional

Leite de vaca

Estandar 34 3 34 0

Enriquecidas 38 1 41 1

Total vaca 72 4 75 1

Leite de cabra/ovella 1 0 2 0

Total leite A. convencional 73 4 77 1

Agriculturaecolóxica

Leite de vaca Estandar 4 0 4 0

Total leite A. ecolóxica 4 0 4 0

Total referencias leite UHT 77 4 81 1

Elaboración propia. Tenda on-line Carrefour e El Corte Inglés. Novembro 2010

Referencias de leite UHT na gran distribución

MERCADO 39

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 39: Afriga 93

A industria galega/española é moi débil (volume/pro-duto/marca) e os recursos públicos para I+D+i medran a menor ritmo no sector agroalimentario. Sobre este último aspecto, a contribución da innovación no sector lácteo de-berá encamiñarse cara ás seguintes metas:

1. Diminución de custos de produción mediante in-vestigacións en:

parto-parto

A INDUSTRIA GALEGA ESTÁ CENTRADANO LEITE LÍQUIDO E NON NOUTROS PRODUTOS DE MÁIS VALOR ENGADIDO

Tipoloxía de iogurCarrefour El Corte Inglés

Todas as referenciasReferencias de

empresas galegasTodas as referencias

Referencias de empresas galegas

Agriculturaconvencional

Leite de vaca

Natural 33 0 37 0

Con froitas 35 0 25 0

Sabores 38 0 35 0

Outros especiais 68 0 46 0

Líquidos 52 0 54 0

Total vaca 226 0 197 0

Leite de cabra/ovella 1 0 4 0

Total iogur A. convencional 227 0 201 0

Agriculturaecolóxica

Leite de vaca 1 0 30 7

Leite de cabra/ovella 1 0 9 0

Total iogur A. ecolóxica 2 0 39 7

Total referencias iogur 229 0 240 7

Elaboración propia. Tenda on-line Carrefour e El Corte Inglés. Novembro 2010

2. Incremento de valor da produción primaria:

3. Incremento de valor da produción industrial:

Con estes resultados da análise do sector produtor ga--

-

alimentos.

Análise comparado do peso de cada Comunidade Autónoma na I+D Agroalimentaria e na produción láctea en España

Elaboración propia / MARM

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

30,00%

35,00%

40,00%

% Proyectos I+D Agroalimentaria C.A./España

% Producción de leche C.A./España

% Proxectos I+D

% Produción de leite

Referencias de iogur na gran distribución

Elaboración propia / MARM

MERCADO40

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 40: Afriga 93

Envases de 10 ml.

Número de Autorización de comercialización: 1779 ESP

Tiempo de espera

Carne: cero días

Leche: cero horasTratamiento de la ovulación retardada.(Repeat breeding o síndrome de la vaca repetidora).

Vía intramuscular. 100 μg de gonadorelina (como diacetato) por animal en inyección única. Es decir, 2 ml de producto por animal. GnRH se inyecta durante el estro.

OVUGENGONADORELINA 50 μg/ml

Reproduccion asistida

Fuente: MEDICAL IMAGING

www.spveterinaria.com

Page 41: Afriga 93

CONCLUSIÓNSAs tendencias dos distintos factores que interveñen na ren-dibilidade da produción láctea indican que esta non pode descansar sobre o factor prezo do leite. Ademais, todo con-duce a que no futuro máis inmediato, coa desaparición das cotas lácteas e a crecente liberalización do comercio mun-dial, esta situación se acentúe. Así, o sector produtor lácteo español, principalmente situado no noroeste de España (Galicia, Cantabria e País Vasco), non ten outro camiño que a redución dos seus custos de produción.

No actual panorama sectorial, no que o control dos cus-tos de produción pasa de ser importante a ser determinan-te para a súa propia supervivencia, será clave definir a vaca do futuro. A adecuación e desenvolvemento do seu poten-cial xenético a uns parámetros produtivos condicionados á diminución de custes, máis que polo incremento da produ-ción unitaria, deben marcar o camiño a seguir.

Neste camiño, o CETAL debe ter un importante papel implicándose en proxectos neste ámbito. Ao respecto, o seu director, Eduardo Vidal, explica que estudos sobre caracte-rísticas ben definidas, como unha maior lonxevidade produ-tiva, a redución dos períodos non produtivos, a minimiza-ción da relación consumo de concentrado/produción de lei-te, ou a optimización tanto cuantitativa como cualitativa da conversión de forraxes en produción láctea, deben ser retos a asumir por un ente público das características da Fundación. “Son retos para o sector produtor lácteo español e en espe-cial para o galego, no que é un sector socioeconómico clave. O CETAL pode, sen dúbida, contribuír a afrontalos coa súa implicación como promotor, xestor e líder da estratexia de investigación a desenvolver en diversos proxectos coa impli-cación das administracións”, subliña.

PROXECTOS DO CETAL PARA O SECTOR LEITEIROO CETAL está executando e porá en marcha, a curto pra-zo, proxectos enmarcados nestas tres liñas xenéricas de ac-tuación:

PROXECTO REXXISobre a primeira liña de actuación, a Fundación luguesa ten varios proxectos en marcha: o proxecto REXXI, no

marcha da maior instalación pública de recría de xovencas do Estado español, e que permitirá non só a redución dos custos de recría, senón tamén emprender diversos proxec-tos de investigación nos campos da xenética e da reprodu-ción, que contribuirán a deseñar unha vaca competitiva no sector lácteo do século XXI.

No campo da valorización dos residuos gandeiros (un custo de produción crecente no futuro) están a dar os pri-meiros pasos nun proxecto de grande envergadura no que, xunto coa valorización enerxética, trátase de obter valor do seu potencial como fertilizante, inclusive en cultivos bio-lóxicos.

PROXECTO ALGAS-VALECO

está nun proxecto de largo alcance, o proxecto ALGAS-VALECO, que busca avaliar o potencial das algas de arri-bazón como suplemento alimenticio no gando vacún de leite ecolóxico, especialmente como suplemento alimenta-rio particularmente rico en minerais esenciais.

Tamén no leite ecolóxico o CETAL acometeu o primei-ro estudo elaborado en España sobre a cadea de valor, fun-damental para introducir melloras tecnolóxicas ou incluso organizativas no sector.

PROXECTO QUESOS TRES ESESPor último, na terceira liña básica de actuación, a referente á potenciación dos queixos galegos con denominación de orixe, o CETAL está dando os primeiros pasos nun ambi-

-SOS tres Eses. As tres eses de Sabor, Seguridade e Saúde. Nel estudan as rutas metabólicas con incidencia no sabor e no aroma, os novos métodos de detección e eliminación de patóxenos e a potencialidade prebiótica, probiótica e fun-cional do queixo.

Nos proxectos citados, xunto co CETAL, participan distintos entes como o Centro Superior de Investigacións

por exemplo.

AS ÚNICAS MARCAS QUE GARANTENFUTURO PARA O NOSO SECTOR PRODUTOR SON AS LIGADAS ÁS PRODUCIÓNS CON DENOMINACIÓN DE ORIXE

MERCADO42

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 42: Afriga 93

ENTEC®, la mayor innovación en el abonado de los cultivos forrajeros en los últimos años, permite obtener cosechas abundantes, de calidad y respetando el medio ambiente. El nitrógeno de ENTEC® se encuentra estabilizado por el inhibidor de la nitrificación DMPP, desarrollado por BASF y comercializado por K+S.Ahora en K+S Nitrogen hemos adaptado nuestra estrategia para que todavía más agricultores puedan utilizar ENTEC® y beneficiarse de sus excelentes resultados en cultivos forrajeros.

®Marca registrada del grupo K+S

ENTEC® Cultivos forrajeros

El abonado rentable y eficaz de cultivos forrajeros.

K plus S Iberia, S.L. División K+S NitrogenJoan d’Àustria 39-47 08005 BarcelonaTel. 93 224 72 22 Fax. 93 221 41 93Una empresa del grupo K+S

Page 43: Afriga 93

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DECRETO 112/2011, do 3 de xuño, polo que se regula o procede-

mento de recoñecemento e rexistro das organizacións de produto-

res de leite na Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG Núm. 115. Xoves, 16 de xuño de 2011O mercado do leite e dos produtos lácteos na segunda metade

do ano 2008 e no ano 2009 rexistrou niveis de prezos aos produto-

res anormalmente baixos no conxunto da Unión Europa en xeral,

e, de forma especialmente sensible, na Comunidade Autónoma de

Galicia.

Esta situación puxo de manifesto a necesidade de adoptar a nivel

comunitario medidas en relación co mercado do leite e, de forma

particular, o establecemento de contratos de venda deste, comple-

mentarias ás xa vixentes na organización común do mercado do lei-

te, como un apoio importante e urxente para estabilizar os ingresos

dos agricultores e contribuír a paliar a incidencia desta situación na

renda agraria.

En vista desta situación no mercado do leite, o comisario de Agri-

cultura e Desenvolvemento Rural da Unión Europea decidiu o 5

de outubro de 2009 establecer un grupo de alto nivel de expertos

sobre o sector lácteo co propósito de traballar sobre as normas regu-

ladoras que poidan contribuír a estabilizar os prezos e a mellorar a

transparencia no mercado. Este grupo emitiu o seu informe o 15 de

xuño de 2010 no que se recollía unha análise da situación do sector

lácteo e varias recomendacións. En xeral, concluían que a concen-

tración da oferta é baixa dando lugar a un desequilibrio no poder de

negociación entre produtores e compradores de leite. Así mesmo, os

produtores non coñecen o prezo do leite no momento da entrega

porque o comprador o fixa máis tarde con base no valor engadido

obtido. Tamén o comprador descoñece a cantidade de leite que lle

será entregado ao longo do ano. Así mesmo, recoñécese que o uso

de contratos previos á entrega do leite formalizados por escrito, que

conteñan elementos básicos, non está xeneralizado. Estes contratos

e a súa obrigatoriedade poderían reforzar a responsabilidade dos

operadores na cadea alimentaria co fin de ter en conta os sinais do

mercado, adaptar a oferta á demanda e axudar a evitar prácticas co-

merciais desleais.

Tamén, e á vista do desequilibrio existente na cadea de valor do

sector, recomendábase á Comisión Europea a adopción dos pasos

necesarios para potenciar o papel das organizacións de produtores

no sector e favorecer a posición negociadora dos gandeiros. Por úl-

timo, considerábase conveniente reforzar o papel das organizacións

interprofesionais.

O Consello de Ministros de Agricultura da UE instou a Co-

misión a presentar propostas lexislativas antes de finais de 2010

respecto ás tres primeiras recomendacións do Grupo, isto é: con-

tractualización, poder de negociación mediante o desenvolvemento

de organizacións de produtores e reforzamento das organizacións

interprofesionais.

En decembro de 2010 a Comisión Europea presentou a súa pro-

posta de regulamento para modificar o Regulamento 1234/2007 do

Consello, do 22 de outubro de 2007, polo que se crea unha orga-

nización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións

específicas para determinados produtos agrícolas, introducindo as

iniciativas clave para a cohesión sectorial como son a posibilidade de

que os Estados membros fagan obrigatorios nos seus territorios os

contratos, o recoñecemento das organizacións de produtores, a po-

sibilidade de que estas poidan negociar de xeito colectivo os termos

dun contrato e a ordenación e reforzamento do papel das organiza-

cións interprofesionais no sector lácteo.

No dito marco o Real decreto 460/2011, do 1 de abril, polo que

se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite

e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se explicitan

as decisións de España sobre a contratación no sector lácteo en rela-

ción á normativa europea que modificará para o sector lácteo o Re-

gulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, dispuxo as finalidades

e os requisitos mínimos que deben cumprir as organizacións de pro-

dutores do sector lácteo, as normas para o seu recoñecemento e o das

súas asociacións. Ademais, polo dito real decreto creouse o Rexistro

Nacional de Organizacións de Produtores do Sector Lácteo, es-

tablecendo que o seu recoñecemento lle corresponderá ao órgano

competente da comunidade autónoma onde radique a sede real da

organización de produtores que solicite o seu recoñecemento.

Así mesmo, e co obxectivo de reforzar a capacidade negociado-

ra das organizacións de produtores de leite de vaca en xeral, e dos

pequenos produtores en particular, ademais dunha produción anual

comercializable mínima, estas organizacións de produtores deberán

de dispor do mandato dun número mínimo de produtores para o

caso da comercialización do leite de vaca non integrado en denomi-

nacións de calidade.

De acordo co exposto, sen prexuízo da aplicabilidade directa da

normativa comunitaria e estatal correspondente, que se reproduce

en parte por razóns de operatividade na aplicación do marco nor-

mativo, a razón deste decreto é establecer o procedemento para o

recoñecemento e rexistro das organizacións de produtores de leite

e as súas asociacións que radiquen na Comunidade Autónoma de

Galicia, coa dimensión e capacidade de concentración da oferta su-

ficiente para, entre outros fins, equilibrar a negociación entre produ-

tores e compradores de leite, co obxectivo de que cando se produza a

modificación do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, do

22 de outubro, no que atinxe ás relacións contractuais no sector do

leite e dos produtos lácteos, prevista na disposición adicional única

do Real decreto 460/2011, estas estean en condicións de exercer as

súas funcións.

Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo

Galego de Garantía Agraria -Fogga- (denominado así en virtude

da disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro,

de medidas fiscais e de réxime administrativo -DOG n.º 251, do

30 de decembro), o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a des-

envolve, e o Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece

a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo

Galego de Garantía Agraria, corresponde ao dito organismo, entre

outras funcións, a execución da política da consellería en relación

coas accións derivadas da xestión da Política agraria común (PAC),

en concreto as medidas de intervención e regulación de mercados da

organización común de mercados agrarios (OCM).

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Rural e

logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa re-

unión do día tres de xuño de dous mil once,

LEXISLACIÓN44

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 44: Afriga 93

DELEGACIÓN DE GALICIA (NOVA DIRECCIÓN):Polígono Industrial Área 33,Manzana 2, Parcela 9 36540 SILLEDA (Pontevedra)Tel 986 57 34 53 - Fax 986 57 35 [email protected]

Ray-grass westerwold: PROMENADE R-1Ray-grass westerwold: SPEEDYL R-1Triticale: VERATO R-1

Page 45: Afriga 93

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten por obxecto regular o procedemento de recoñe-

cemento e rexistro das organizacións de produtores de leite e das

súas asociacións en que a sede da súa efectiva dirección radique na

Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do disposto no Real

decreto 460/2011, do 1 de abril, polo que se regula o recoñecemento

das organizacións de produtores de leite e das organizacións inter-

profesionais no sector lácteo e se explicitan as decisións de España

sobre a contratación no sector lácteo en relación á normativa euro-

pea que modificará para o sector lácteo o Regulamento (CE) n.º

1234/2007 do Consello.

Artigo 2. Autoridade competente.A autoridade competente na aplicación do procedemento de re-

coñecemento e rexistro das organizacións de produtores de leite e

das súas asociacións, que radiquen na Comunidade Autónoma de

Galicia, será a persoa directora do Fondo Galego de Garantía Agra-

ria (Fogga).

Artigo 3. Definicións.1. Para os efectos deste decreto serán de aplicación as definicións

establecidas no artigo 65 do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do

Consello, do 22 de outubro de 2007, polo que se crea unha orga-

nización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións

específicas para determinados produtos agrícolas.

2. Así mesmo, entenderase como:

a) Comercialización: tenza con vistas á venda, á oferta para a ven-

da, á entrega ou calquera outra forma de posta no mercado de leite

cru.

b) Leite cru: leite de vaca, ovella ou cabra que non fose quentado

a unha temperatura superior a 40º C nin sometido a un tratamento

de efecto equivalente.

c) Servizo de substitución: servizo mediante o cal un terceiro,

contratado ou non, asume o manexo dunha explotación gandeira

para cubrir a ausencia do titular desta por vacacións, enfermidade

ou outros supostos que requiran do servizo.

Artigo 4. Finalidades e requisitos mínimos das organizacións de produtores de leite.

1. Poderán ser recoñecidas como organizacións de produtores de

leite todas aquelas entidades con personalidade xurídica propia, de

carácter civil ou mercantil, constituídas exclusivamente por produ-

tores, que o soliciten e cumpran co obxectivo de concentrar a oferta

e levar a cabo a comercialización da produción dos seus membros.

Ademais, deberán, polo menos, cumprir unha das seguintes fi-

nalidades:

a) Adecuar a produción á demanda, no referente á calidade e á

cantidade.

b) Optimizar os custos de produción.

c) Proporcionar asesoramento ou servizos de substitución aos

seus socios.

d) Levar a cabo actividades que supoñan a preservación do medio,

ou da biodiversidade, a mellor xestión da auga ou a utilización de

enerxías renovables.

2. A organización deberá dispor dos medios materiais e humanos

necesarios para levar a cabo, polo menos, a función establecida no

primeiro parágrafo deste artigo, así como aquela ou aquelas funcións

que realice entre as de carácter opcional. Disporá de persoal técnico,

persoal administrativo, locais axeitados e suficientes onde o Fogga

poida examinar os documentos e rexistros que está obrigado a levar

e de medios informáticos e telemáticos adecuados para o cumpri-

mento das obrigas establecidas neste decreto.

3. As organizacións de produtores deberán acadar unha produ-

ción comerciable anual mínima e un número de produtores segundo

o disposto no anexo I.

4. As organizacións de produtores deberán crearse por iniciativa

dos produtores, e o seu

funcionamento interno será democrático.

5. No caso de que unha organización de produtores estea formada

por produtores de leite de diferentes especies, deberán cumprirse as

exixencias relativas a cada unha das especies en relación á produción

mínima comerciable.

6. Un produtor non poderá ser membro de máis dunha organiza-

ción de produtores de leite da mesma especie, salvo que sexa titular

de máis dunha explotación, conforme o Real decreto 479/2004, do

26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de

Explotacións Gandeiras.

Artigo 5. Produción comerciable.

O volume da produción comerciable calcularase de acordo coas

entregas de leite cru dos seus membros. O período de referencia

para o cálculo será o correspondente aos 12 meses anteriores á pre-

sentación da solicitude de recoñecemento.

Este cómputo refírese os efectos do volume mínimo comerciable

necesario para o recoñecemento das organizacións de produtores.

Artigo 6. Período mínimo de adhesión.

Os socios da entidade deberán adherirse á organización de pro-

dutores durante un período mínimo de tres anos, e comunicar por

escrito, en caso de que se desexe causar baixa, a renuncia á calida-

de de membro. A organización de produtores establecerá o prazo

de aviso previo, dunha duración máxima de seis meses, e a data de

efecto da renuncia, con criterios xerais que eviten discriminacións

entre asociados.

Artigo 7. Presentación da solicitude.As organizacións de produtores de leite e as súas asociacións di-

rixirán a solicitude de recoñecemento á persoa directora do Fondo

Galego de Garantía Agraria, órgano competente na inscrición no

Rexistro de Organizacións e Asociacións de Organizacións de Pro-

dutores de Leite da Comunidade Autónoma de Galicia.

A solicitude poderá presentarse en soporte papel segundo o anexo

II do decreto, nos lugares e forma previstos no artigo 38.4 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra-

cións públicas e do procedemento administrativo común, acompa-

ñada da documentación establecida no artigo 8. Os interesados po-

derán presentar por medios electrónicos a documentación a que se

refire este decreto, tendo a mesma validez que a presentada en papel.

Artigo 8. Documentación que presentarán as organizacións de pro-dutores de leite.

As organizacións de produtores de leite deberán presentar a se-

guinte documentación:

1. Copia cotexada do NIF da organización de produtores.

2. Copia cotexada do DNI do representante legal ou autorización

ao Fogga de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23

de outubro, polo que se simplifica a documentación para a trami-

tación dos procedementos administrativos e se fomenta a utiliza-

ción de medios electrónicos, e a orde da Consellería de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o

LEXISLACIÓN46

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 46: Afriga 93
Page 47: Afriga 93

desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de

Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Política Te-

rritorial e Administración Pública.

3. Copia cotexada dos estatutos da organización de produtores.

4. Copia cotexada do acordo do órgano competente da organiza-

ción de produtores no que se nomee a persoa representante para os

efectos do establecido no Real decreto 460/2011.

5. Certificación ou informe do responsable da entidade no que fi-

guren o nome e NIF dos membros da xunta directiva, se fose o caso.

6. Copia cotexada da documentación que acredite a personalidade

xurídica da organización de produtores.

7. Relación dos titulares de explotacións leiteiras pertencentes á

organización, de acordo co anexo II (ficheiro informático).

8. Declaración de compromisos, mandatos e posta no mercado de

acordo cos anexos IV e V.

9. Memoria descritiva da dotación de persoal técnico e/ou admi-

nistrativo e do equipamento material do que dispón:

a) Persoal técnico.

b) Persoal administrativo.

c) Locais axeitados e suficientes onde o Fogga poida examinar os

documentos e rexistros que está obrigado a levar.

d) Medios informáticos e telemáticos adecuados para o cumpri-

mento das obrigas establecidas neste decreto.

Artigo 9. Documentación que presentarán as asociacións de organiza-cións de produtores de leite.

As asociacións de organizacións de produtores de leite presenta-

rán a seguinte documentación:

1. Copia cotexada do NIF da asociación de organizacións de pro-

dutores.

2. Copia cotexada do DNI do representante legal ou autorización

ao Fogga de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23

de outubro, polo que se simplifica a documentación para a trami-

tación dos procedementos administrativos e se fomenta a utiliza-

ción de medios electrónicos, e a orde da Consellería de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o

desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de

Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Política Te-

rritorial e Administración Pública.

3. Copia cotexada dos estatutos da asociación de organizacións

de produtores.

4. Copia cotexada do acordo do órgano competente da asociación

de organizacións de produtores en que se nomee a persoa represen-

tante para os efectos do establecido no Real decreto 460/2011.

5. Certificación ou informe do responsable da entidade en que

figuren o nome e NIF dos membros da xunta directiva.

6. Copia cotexada da documentación que acredite a personalidade

xurídica da asociación de organizacións de produtores.

7. Relación de organizacións de produtores lácteos membros da

asociación e documentación xustificativa do seu recoñecemento.

8. Memoria descritiva da dotación de persoal técnico e/ou admi-

nistrativo e do equipamento material de que dispón:

a) Persoal técnico.

b) Persoal administrativo.

c) Locais axeitados e suficientes onde o Fogga poida examinar os

documentos e rexistros que está obrigado a levar.

d) Medios informáticos e telemáticos adecuados para o cumpri-

mento das obrigas establecidas neste decreto.

Artigo 10. Recoñecemento das organizacións de produtores lácteos.

1. Unha vez presentada a solicitude, o Fogga procederá á compro-

bación da documentación presentada.

2. Se os impresos de solicitude non están debidamente cubertos, se

non se achega a documentación establecida ou se o expediente presenta

defectos corrixibles, requirirase a entidade para que, nun prazo máxi-

mo de dez días hábiles, que comezará a contar ao día seguinte ao de

recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos

preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixese, se terá por desistido

da súa petición, procedéndose ao arquivo das actuacións despois da no-

tificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos arti-

gos 42 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A persoa directora do Fogga ditará e notificará a corresponden-

te resolución de recoñecemento no prazo máximo dun mes desde a

data da súa solicitude.

4. Desta resolución informarase aos produtores de leite da Co-

munidade Autónoma de Galicia que formen parte da organización

e, no caso de produtores doutras comunidades autónomas, á autori-

dade competente da comunidade autónoma á que pertenzan para o

seu traslado aos produtores membros da organización.

5. Transcorrido o prazo sen que se ditase e notificase a correspon-

dente resolución, o/a interesado/a poderá entender estimada a súa

solicitude por silencio administrativo.

6. O recoñecemento administrativo supón a inscrición, de oficio,

no rexistro de organizacións e asociacións de organizacións de pro-

dutores de leite na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 11. Recurso contra a resolución.

Contra as resolucións da persoa directora do Fogga caberá a in-

terposición de recurso de alzada ante o presidente do citado orga-

nismo no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución

obxecto de recurso.

Artigo 12. Causas da extinción do recoñecemento.

As causas de extinción do recoñecemento son as seguintes:

1. Por solicitude da entidade sen prexuízo do cumprimento das

obrigas e compromisos derivados da súa condición de organización

de produtores, e das responsabilidades que puidesen derivar como

consecuencia das actuacións levadas a cabo durante o período en

que a entidade posuía o recoñecemento.

2. De oficio por incumprimento de calquera dos requisitos esixi-

dos para o recoñecemento, das obrigas, ou dos compromisos adqui-

ridos.

Artigo 13. Procedemento de extinción e efectos suspensivos da reso-lución.

1. A extinción do recoñecemento declararase mediante resolución

da persoa directora do Fogga tras a tramitación do procedemento

instruído para o efecto, con audiencia do interesado. A resolución

administrativa de extinción do recoñecemento dará lugar á cancela-

ción de oficio da inscrición.

2. No caso de que a extinción do recoñecemento sexa por causa

do incumprimento de calquera dos requisitos exixidos para o reco-

ñecemento, das obrigas, ou dos compromisos adquiridos, os ditos

incumprimentos darán lugar á suspensión da inscrición polo prazo

que medie ata que se corrixan as carencias advertidas no preceptivo

requirimento. Adoptarase acordo motivado ao respecto que será no-

tificado aos interesados.

LEXISLACIÓN48

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 48: Afriga 93

MAQUINARIA AGRÍCOLA E RECAMBIOS

DISTRIBUIDOR PARA GALICIA E ASTURIAS

San Martiño de Requeixo, s/nTeléf. 982 532 355 - Fax 982 532 509

SARRIA (Lugo)

Page 49: Afriga 93

3. A suspensión da inscrición non poderá exceder o prazo dun

mes, sen prexuízo do previsto no artigo 49.1 da Lei 30/1992, do

26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, agás no especificado no

punto 4 deste artigo. Transcorrido este prazo sen que se emendase,

procederase á revogación da inscrición logo de audiencia á entidade

afectada, e á súa baixa no rexistro, mediante resolución da persoa

directora do Fogga que será notificada aos interesados. A partir do

momento en que se proceda á cancelación da inscrición e á baixa

no rexistro, a entidade non poderá seguir desenvolvendo a súa ac-

tividade.

4. Para os efectos de comprobar o requisito de produción comer-

ciable mínima e número mínimo de produtores/as asociados/as, o

Fogga será o encargado de efectuar o dito control o 1 de abril de

cada ano. No caso de que se detecte o incumprimento do dito requi-

sito, dentro dunha porcentaxe que non supere o 20%, a organización

disporá dun período de 6 meses para corrixir o incumprimento. Pa-

sado este tempo sen que o incumprimento sexa emendado, a retira-

da do recoñecemento será efectiva.

Artigo 14. Obrigas das entidades recoñecidas.Sen prexuízo do cumprimento das finalidades e requisitos míni-

mos previstos no artigo 4 deste decreto, as entidades recoñecidas e

inscritas no rexistro de organizacións e asociacións de organizacións

de produtores de leite da Comunidade Autónoma de Galicia que-

dan obrigadas a dispoñer dun sistema de rexistro informatizado e

actualizado en que figuren os datos mínimos recollidos no anexo II.

Artigo 15. Asociacións de organizacións de produtores de leite.Poderán ser recoñecidas como asociacións de organizacións de

produtores de leite todas aquelas entidades con personalidade xu-

rídica propia, constituídas por organizacións de produtores de leite

recoñecidas conforme o previsto neste decreto, que así o soliciten da

autoridade competente.

Artigo 16. Rexistro autonómico de organizacións e asociacións de or-ganizacións de produtores de leite.

Créase no Fogga o Rexistro de Organizacións e Asociacións de

Organizacións de Produtores de Leite da Comunidade Autónoma

de Galicia no cal se inscribirán as organizacións e asociacións de

produtores de leite recoñecidas de acordo co establecido neste de-

creto, e que será o responsable da transmisión da información re-

quirida polo Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de

Organizacións de Produtores de Leite dependente do Ministerio de

Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o conselleiro do Medio Rural para ditar, no ámbito

das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvol-

vemento deste decreto e, en particular, para modificar os anexos e

prazos contidos nel, para a súa adaptación á normativa estatal, no

caso de modificación desta.

Disposición derradeira segunda.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xuño de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Produción comerciable mínima e número mínimo de produtores

Toneladas e número mínimo de produtores

Denominacións de calidade (1) Toneladas e n.º mínimo de produtores

Toneladas Produtores Toneladas Produtores

Vaca 200.000 1000 10.000 50

Ovella 30.000 - 1.000 -

Cabra 30.000 - 1.000 -

(1) Inclúe as seguintes denominacións de calidade: indicacións xeográficas prote-xidas, denominacións de orixe protexidas, especialidades tradicionais garantidas, gandaría ecolóxica e gandería integrada.

ANEXO II

Datos mínimos que conterá o ficheiro informático dos titulares de

explotacións leiteiras pertencentes á organización de produtores

de leite.

O ficheiro informático terá formato Access, en calquera das súas

versións, e incluirá os seguintes datos:

A) Identificación da organización de produtores e leite:

Denominación.

NIF.

Enderezo.

Concello.

Código postal.

Provincia.

Teléfono, fax e enderezo de correo de electrónico.

Nome do representante.

NIF do representante.

B) Identificación dos produtores de leite:

Deseño do rexistro: incluirase unha liña por cada código REGA de

explotación de acordo coa seguinte táboa:

Código REGA da explotación conforme o establecido no artigo 5 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo.

Letra do NIF do produtor. En caso de se tratar dunha persoa física, cubrirase un cero.

DNI ou numeración do NIF do produtor.

Letra do NIF do produtor. En caso de se tratar dunha persoa xurídica cubrira-se un espazo en branco

Apelidos e nome do produtor.

Data da sinatura do anexo V

LEXISLACIÓN50

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

Page 50: Afriga 93

El TPI busca los toros más rentablespara los ganaderos del mundo

O-Style

Verpara

creer !! CRI:5 de los 9MEJORES

TOROS DEL TPI

1#

Super

2#

Freddie

5#

Hill

7#

Logan

9#

...y en Galicia, consulta con nuestro equipo de ventas o Escolmo.

Page 51: Afriga 93

A nova norma de control de sistemas de muxido está encamiñada a dar resposta a cuestións relacionadas co benestar animal. Deste xeito, contempla os equipos dunha maneira totalmente diferente, tendo en conta que se trata de mecanismos que están en contacto cos animais e que son manexados por persoas.

De todos é coñecida a importancia da máquina de muxi-do na calidade do leite e na saúde do gando. Pero máis alá da mera extracción leiteira, a máquina de muxido supón en si mesma unha posible fonte de contaminación para o leite e non deixa de ser un artefacto que, manexado por unha ou varias persoas, está en contacto directo cos animais.

O benestar animal cobrou nos últimos tempos a rele-vancia que ata agora lle parecía negada e o consumidor, cando compra un alimento de procedencia animal, esixe que ademais de ser un produto de calidade incuestionable sexa obtido da forma menos lesiva para os animais.

A nova norma de control de sistemas de muxido vén dar resposta a estas cuestións e debe ser implantada a pesar do

PROTOCOLO DE REVISIÓN DE EQUIPOS DE MUXIDOUNE 68061 98: UNHA NOVA FORMA DE CONTROL

atraso que sufriu polo complexidade do seu cálculo e da súa aplicación.

A antiga norma contemplaba a máquina de muxido como un sistema de baleiro complexo para a extracción de leite, e o sistema de cálculo no que estaba baseado reflictía esta formulación. Trataba de satisfacer as ne-cesidades de baleiro dun sistema de tubaxes que sofre perdas en diversos puntos.

Manuel Zapata Castro. Cooperativa GancobreMiguel Martín Hernández. Alimentos Lácteos SA

As máquinas antigas deben adaptarse á norma actual colocando os novos puntos de medida

52

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 52: Afriga 93

En cambio, a nova normativa contempla os sistemas de muxido dunha maneira totalmente diferente. Obsérvaos como mecanismos que están en contacto cos animais e que son utilizados por persoas.

Por outra banda, grazas aos incribles avances da xenéti-ca e a alimentación, a produción por vaca subiu desde os 5.000 litros por lactación aos máis de 14.000, con fluxos puntuais de leite moito máis elevados. Quizais sexa este un dos principais retos superados por esta nova norma, pois fai especial fincapé na combinación de pendentes e diámetros nas conducións para transportar con eficiencia e sen tapóns as grandes cantidades puntuais de leite que se extraen dos animais (ata 5 litros por minuto nalgún caso).

A norma actual tampouco descoida que do outro lado da máquina se atopan o muxidor e a súa contorna diaria, tan variable na súa cuantificación e cualificación como nas condicións nas que ten que realizar o seu traballo.

Á hora de controlar a instalación, esta normativa obriga a facer un cálculo das necesidades en función dos animais presentes no establo, do número e formación dos manexa-dores e das dimensións da máquina.

A grandes rasgos, este é o novo punto de vista. A norma contempla un novidoso sistema de medidas onde as caídas

A NOVA NORMA DE CONTROL DE SISTEMAS DE MUXIDO DÁ RESPOSTA A CUESTIÓNS RELACIONADAS CO BENESTAR ANIMAL

LA ALTERNANCIA PERFECTA EN HIGIENE DE PEZONES

Pol. Ind. Lalín 2000 · Parc. C42/43 · 36512 LALÍN · Pontevedra - España Tfno.: 986 787 537· Fax: 986 787 603 · [email protected] · www.proquideza.es

de baleiro son importantes. Na antiga dábaselle máis im-portancia aos valores totais da instalación e non aos que se xeran entre punto e punto. Convértese, pois, non só nun sistema de cálculo e control, senón tamén nunha ferra-menta que nos alerta de que un sistema de muxido quedou obsoleto.

A nova forma de ver a máquina de muxido e novo sis-tema de medicións comportan un cambio integral na orde das medicións. Antes revisábase unha instalación desde a bomba de baleiro cara a adiante. É dicir, empezábase a revisión desde cero engadindo compoñentes; porén, agora faise completamente ao revés. Pártese dunha instalación completa funcionando e vaise desmontando compoñente por compoñente buscando as fugas ou consumos que cada un deles provoca no sistema.

Deste xeito, compróbanse as caídas de baleiro entre:Receptor e reguladorReceptor e bomba de baleiroReceptor e nivel de baleiro máximo alcanzado na fase de muxido do pulsadorNiveis de baleiro alcanzados en distintos puntos ao mesmo tempo

Antes medíanse todos os xogos de muxido xuntos e, ago-ra, empregando un medidor de caudal variable, realízanse cinco medidas en cada unidade de muxido. As medidas do xogo de muxido son un indicativo importante do seu estado en canto a fugas e funcionamento.

53

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 53: Afriga 93

En cada xogo mídense:Fugas no peche do colector: 2 litros/minuto como máximoAdmisión total de aire do colector: 12 litros/minuto como máximoFugas totais no xogo de muxido: 2 litros/minuto como máximoCaudal en toma de aire do colector: 4 litros/minuto como mínimo e 12 máximoCaudal de aire en xogo de muxido: mínimo 65 litros/minuto

O parte de traballo foi totalmente redeseñado Folla de ruta para a realización de medidas

NOVIDADES DOS SISTEMAS DE MUXIDODébese tomar boa nota dos novos puntos de medida dos sistemas de muxido para habilitar tests e tomas de baleiro de control que faciliten as medicións. O resul-tado redundará na rapidez e calidade coa que os con-troladores autorizados poderán realizar a testaxe nas instalacións de muxido.

As máquinas antigas deben adaptarse á norma actual colocando estes novos puntos de medida e as máqui-nas novas deben dispor deles desde o momento da súa instalación. Todo isto para conseguir unha maior fiabi-lidade nas medidas á hora de realizar unha testaxe.

A1: T de comprobación preto do receptor ou unidade finalA2: T de comprobación preto do reguladorVP: Toma de nivel de baleiro preto da bombaVR: Toma de nivel de baleiro preto do sensor do reguladorVM: Toma de nivel de baleiro preto do receptor ou unidade finalPE: Ubicado antes do silencioso no escape da bomba para comprobar

presión no escape

54

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 54: Afriga 93

Avda. Sant Julià, 147 - 08403 GRANOLLERS (Barcelona)Tel. +34 938 617 120 - Fax +34 938 494 988E-mail: [email protected]

GEA Farm Technologies Ibérica, S.L.

GEA Farm TechnologiesLa elección correcta

Los mejores productos y sistemaspara el procesamiento del estiércol

¡Sea cual sea su situación con elmanejo de purines, tenemos unasolución para su granja!

Nuestra gama de productos HOULE es muy amplia:arrobadera de cable, bomba-agitador para tractor,agitador fijo para tractor, bombas eléctricas verticales…

Servicios integralespara su granja

GEA Farm Equipment Houle

Page 55: Afriga 93

Norma nova Norma antigaReserva real (ola, ata 10 p) 80+25n 40+25nReserva real (ola, máis de 10 p) 330+10(n-10) 290+10(n-10)Reserva real (circuíto, sala, ata 10 p) 200+30n 100+25nReserva real (circuíto, sala, máis de 10 p) 500+10(n-10) 350+10(n-10)Reserva real sen válvulas automáticas de peche en ola aumentar 80l/min _____Reserva real sen válvulas automáticas de peche en sala e circuíto aumentar 200 l/min _____Sensibilidade do regulador 1Kpa (sin puntos) 2 KpasPerdas da regulación (tomamos o maior valor dos 2) 35l/min ou 10% R. Manual _____Fugas do regulador (tomamos o maior valor dos 2) 35l/min ou 5% R. Manual 35l/min o 8% caud. bombaVacuómetro 1Kpa dif. con manómetro 1,6Kpas dif. con manómetroCurvas en condución de aire radio de 45mm _____Fugas en condución de aire 5% caudal bomba 5% caudal bombaCaída de baleiro entre bomba e punto A1 3Kpas 2,5KpasCaída de baleiro entre sensor do regulador e punto A1 1Kpa ______Caída de baleiro entre bomba e receptor 2Kpas ______Diferenza entre baleiro de traballo e baleiro máximo cámara pulsador 2Kpas 2,5KpasCurvas en condución de leite radio de 75mm radio de 75mmFugas en condución de leite (circuítos) 10l/min+1l/min/grifo 20l/minFugas en condución de leite (salas) 10l/min+2l/min/punto 20l/minCaída de baleiro entre receptor e condutor de leite 2KpasPendentes en condución de leite (circuíto) ata 2mm por cada M. uniformemente descendentePendentes en condución de leite (sala) ata 2mm por cada M. uniformemente descendenteFugas en peche de colector (pechado) 2l/min 10l/minFugas en peche de colector (aberto) 2l/min ______Fugas do colector entre 4l/min e 12l/min entre 4l/min e 10l/minFrecuencia de pulsación non máis de 3 ciclos/minRelación de pulsación non máis de 5 unidades de % non máis de 5 unidades de%Coxeo máximo 5% máximo 5%Tubo longo de leite (en liñas altas) entre 12,5mm e 16mm entre 12,5mm e 16mmDispositivos en tubo longo de leite non deben causar caídas de baleiro adicionais superior a 5kpas.O baleiro no interior do manguito de muxido debería ser a base para todos os niveis de baleiro da máquina de muxido. Tanto a investigación como a experimentación en campo indican que un baleiro de traballo medio no colector comprendido entre 32kpa e 40 kpa, durante o período de máximo fluxo de leite, é un bo valor que asegura que a maioría dos animais serán muxidos rápida, cómoda e completamente.

ALGUNHAS DIFERENZAS ENTRE A NORMA ANTIGA E A NOVA

Kpa: kilopascaisn: número de puntos de muxido da instalación

Equipos de control

Para realizar as medidas de niveis de baleiro en distintos puntos ao mesmo tempo, o controlador debe contar cun colector que aglutine todos os lugares de medida anterior-mente descritos.

Colector para medidas

Ao mesmo tempo, e en determinadas máquinas de muxi-do, os controladores necesitan un accesorio similar ao da foto adxunta, que aglutina o punto de medida Vm (toma de nivel de baleiro preto do receptor ou unidade final) e A1 (T de comprobación preto do receptor ou unidade final), onde se conectarán o manómetro (A1) e o caudalímetro (Vm), respectivamente.

Accesorio para dispoñer de A1 e Vm

EQUIPAMENTO PARA TESTAXES DE INSTALACIÓNS DE MUXIDO

Aparato Función

Manómetro Mide niveis de baleiro

Caudalímetro Mide caudais

Caudalímetro de fluxo variable ou rotámetro Mide caudais en xogo de muxido

Pulsógrafo Comproba a pulsación

Tacómetro Mide r.p.m do grupo de baleiro

56

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 56: Afriga 93

AGROAMB está autorizada pola Administración española como PLANTA TÉCNICA para a elaboración de FERTILIZANTES orgánicos a partir de residuos e subprodutos biodegradables

I+D

+I

– D

ES

EN

VO

LVE

ME

NT

O L

OC

AL

– C

RE

AC

IÓN

DE

EM

PR

EG

O

(30

PO

ST

OS

DIR

EC

TO

S, M

ÁIS

DE

15

0 I

ND

IRE

CT

OS

) –

CA

PIT

AL

10

0%

GA

LE

GO

– G

LO

BA

LIZ

AC

IÓN

– E

NE

RX

ÍAS

RE

NO

VA

BL

ES

AGROAMB-TRESIMA UTEXESTIÓN E PRESTACIÓN DE SERVIZOS MEDIOAMBIENTAIS

Comercializa e coordina a prestación de servizos para a xestión ambiental integral dos distintos residuos (incluídos residuos perigosos). Desde a súa recente creación, xestiona máis de 50.000 tms/ano de residuos biodegradables.

TRESAMBLOXÍSTICA ESPECÍFICA EN CONTEDORES

Dispón de vehículos específicos en diferentes configuracións, adaptándose a cada necesidade medioambiental do cliente. Innovación e eficacia no transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador de transportes.

AGROAMBVALORIZACIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS BIODEGRADABLES

Titular da primeira planta cunha capacidade próxima a 300.000 tms/ano para a valorización e tratamento de residuos agrarios segundo o disposto no RD 824/2005 sobre fertilizantes, o RD 1310/1990 sobre a aplicación agrícola de lodos e o Regulamento CEE 1774/2002 sobre subprodutos animais. Agroamb aposta fortemente por I+D+i coa súa presenza en numerosos proxectos de investigación.

S E N T I D O D A R E C I C L A X E

AGROAMBGRUPO

ONEGA ARES, S.L.U.SERVIZOS AVANZADOS DE TECNOLOXÍA AGRARIA

Empresa de servizos agrarios que conta cos últimos equipos en mecanización para a sementeira, cultivo e posterior recolección das diferentes producións agrarias.

TROBO AGRÍCOLA, S.C.G.PRODUCIÓN INTEGRADA DA TERRA

Sociedade para a explotación en común da terra, orientada á produción integrada de forraxes e cultivos enerxéticos. Dispón dun banco de terras que supera as 3.000 hectáreas.

O Grupo AGROAMB está formado por un conxunto de empresas cuxa actividade completa o ciclo da xestión de residuos, contando para iso cun equipo multidisciplinar de profesionais con ampla experiencia na Xestión Medioambiental e Agronómica.

É unha compañía orientada a dar solucións de valorización e xestión integral dos residuos, empregando sempre as mellores técnicas dispoñibles e optimizando a loxística de transporte.

O Grupo AGROAMB posúe autorización para a xestión de:

Valorización e xestión de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XV-00040 y SC-U-NP-XV-00036 )

Valorización e xestión de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XV-00064 y RIV-24/01)

Rexeneración ambiental

Transporte de residuos perigosos (T/001/01)

Transporte de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XRT- 00072)

Transporte de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XRT-00083, SC-I-NP-XRT-00056 e SC-I-NP-XRT-00122)

Conforman o Grupo AGROAMB as seguintes empresas:

C/ Calzada das Gándaras, 11. Local baixo dta. 27003 LugoTeléfono (+34) 982 231 365

Fax (+34) 982 240 534E-mail [email protected] www.agroamb.com

Agroamb

Page 57: Afriga 93

El posicionamiento lateral es recomenda-ble si no existe línea de cubículos, ya que

de éstos al cumplir el requerimiento de 2,5 metros a la entrada y salida del robot.

ASPECTOS A TENER EN CUENTA EN EL DISEÑOQuizás en este tipo de diseños es donde más tiene sentido preguntarse cómo lo pre-ferirá la vaca. No hay que olvidar que traba-jamos con la voluntad del animal.

El espacio amplio en las inmediaciones del robot va a permitir a las vacas bajas de la jerarquía, es decir, a las más jóvenes y a las más débiles, acercarse sin temor a la encerrona de sus compañeras.

El acceso a la máquina sin escalones o, si no es posible, con escalones mínimos, va a facilitar el acceso a las vacas con pro-blemas. En el caso de utilizar arrobaderas, la limitación de los pasillos en la zona del robot se puede reducir hasta los 8 o 10 centímetros sin perjudicar el movimiento de las mismas.

FLUJO EN IEs una de las características innovadoras que presenta el A4. Ahora, la vaca utiliza la línea recta para entrar y salir del robot. Esto es más sencillo para el animal y, además, así no tiene la sensación de que lo apartan del rebaño. Las consecuencias son más vi-sitas al robot.

El primer robot A4 ha comenzado a funcionar en España en abril y ha tenido un arranque que nos ha impresionado a todos. Al mes de funcionamiento, la máquina registra 194 or-deños diarios con 60 vacas y 3,4 rechazos. Nunca habíamos visto una adaptación tan rápida de las vacas al robot. Llegar a estos rendimientos con los modelos anteriores so-lía demorarse unos cuantos meses más.

DÓNDE SITUAR EL ASTRONAUT A4Como norma general, la mejor posición del A4 se encuentra en las cabeceras de la lí-nea doble de cubículos. Es recomendable dejar un espacio libre de 2,5 metros tanto en la entrada como en la salida del robot. En este caso, este espacio coincide con patios de circulación de animales y, por lo

Otra ubicación puede ser en la línea doble de cubículos en el centro de la nave. La parte más negativa de esta colocación es el acceso humano limpio a la sala técnica del robot, que puede requerir la colocación de una pasarela.

EL TRÁFICO LIBRE EN EL ASTRONAUT A4

La zona del robot tiene que estar bien ilu-minada por la noche y tener buena ventila-ción. El suelo de esa zona de espera tiene que ser cómodo para la vaca. La goma es ideal.

La instalación de bebederos en las inme-diaciones facilitará el acceso al agua a las vacas recién ordeñadas y puede funcionar como reclamo hacia el robot: “tengo sed, así que voy a beber y ya de paso me orde-ño y pruebo un poco de ese concentrado rico que me proporciona el robot”.

La instalación de un cepillo rascador facilita la presencia del animal en la zona.

Por supuesto, un factor fundamental en el

mejor dicho, la distribución del concentrado entre la pesebrera y el robot. Cuando el nu-trólogo de la granja encuentra el equilibrio adecuado el éxito está garantizado.

Cuando hablamos de rechazos nos referimos al promedio de veces que una vaca va al robot y éste la rechaza porque no es el momento del ordeño.

2 o superiores son sinónimo de una buena circulación.

Page 58: Afriga 93

LELY ASTRONAUT A4LA MANERA NATURAL DE ORDEÑAR...

AGROTEC ENTRECANALES SLLELY CENTERLOS CORRALES DE BUELNATel: +34 609 85 77 [email protected]

www.lely.comInnovators in agriculture

Como ocurre con todas nuestras soluciones para el sector lácteo, el nuevo robot de ordeño Lely Astronaut A4 ha sido desarrollado con una prioridad muy clara: la vaca. El robot garantiza la máxima calidad de la leche y sus instrumentos de gestión únicos

Y en nosotros. Las 24 horas del día, todos los días del año.

Page 59: Afriga 93

Os códigos de boas prácticas deben entenderse coma un novo xeito de concibir a produción. Por un lado, axudan a producir mellor e dun modo máis seguro e, por outro, proporciónanlles ás explotacións ingresos adicionais vía axudas.

A historia dos programas de mellora da calidade do leite nesta comunidade autónoma estiveron ligados, nos últimos 15 anos, ás axudas que se viñeron repartindo des-de a Consellería do Medio Rural. Esta dependencia viuse acentuada a partir de 1999, momento no que desde o Mi-nisterio de Agricultura se decidiu facer unha forte aposta orzamentaria para estes traballos, o que sen dúbida atraeu cara a esta actividade a profesionais e persoas de todo tipo.

A economía, o mercado, o mundo en xeral e, en parti-cular, o sector lácteo cambiaron nos últimos tres anos de forma radical. E como non podía ser menos, a dotación orzamentaria para este tipo de actividades tamén o fixo. A pasada campaña, as axudas para este tipo de programas di-minuíron e esta farano aínda máis, ata o punto de que pro-bablemente este ano só haberá fondos para cubrir a metade dos programas de mellora da calidade do leite solicitados en Galicia. Isto será así aquí e no resto de España, segundo as cifras de reparto da última conferencia sectorial que tivo lugar hai algunhas semanas.

APLICACIÓN NO ESTABLO DA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DE PRODUCIÓN LEITEIRA

Non obstante, esta nova etapa debe ser tomada non como a fin dunha actividade senón como a oportunidade de cambiala, profesionalizándoa.

A calidade do leite mellorou notoriamente nos últimos anos. As esixencias da industria, as limitacións das axu-das por parámetros de calidade e, sobre todo, a concen-tración e a profesionalización do sector foron elevando o grao de cumprimento do leite galego. Así, na actualidade, os problemas de calidade están moi controlados e as aler-tas quedaron reducidas aos positivos en inhibidores, niveis nos que tamén se conseguiron considerables melloras nos últimos tempos.

Olga Maceira FigueiraMiguel Martín HernándezAlimentos Lácteos SA

É importante garantir unha ventilación directa que evite a concentración de malos olores, gases e humidade no establo

60

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 60: Afriga 93

A forma de producir leite e as políticas comunitarias es-tán agora orientadas cara a prevención e o cumprimento duns códigos de boas prácticas que o sector primario creou e que se converteron no obxectivo a cumprir en si mes-mos. De feito, o cobro dunha gran cantidade de axudas está condicionado directa ou indirectamente ao cumprimento destas boas prácticas.

Débense, pois, entender os códigos de boas prácticas como un novo xeito de concibir a produción. Por un lado, axudan a producir mellor e dun modo máis seguro e, por outro, proporciónanlles ás explotacións ingresos adicionais vía axudas. Por iso, a enquisa para a valoración do grao de cumprimento do código de boas prácticas na produción de leite debe ser entendida como unha ferramenta de traballo para a mellora das explotacións.

A sondaxe é unha ferramenta en si mesma, pois non se trata tanto de obter unha ou outra puntuación senón que debe servir como unha maneira de supervisar a explotación para buscar puntos débiles e promover melloras.

Nas seguintes liñas proponse unha forma de estudar a granxa baseándose na enquisa publicada anualmente como anexo da orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite crú producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa.

CONFIGURACIÓN DA ENQUISAO método para a realización da enquisa que se propón neste artigo marca unha orde espacial dentro da explota-ción e, ao mesmo tempo, segue a evolución do proceso de elaboración do produto ata a saída do leite da explotación. No último momento, avalíase a información recollida nos diferentes rexistros.

Nunha primeira visual inténtase valorar a explotación en conxunto e os seus arredores: o número de naves ou gal-póns anexos, a presenza ou non de fosas de xurro abertas, a colocación e o tipo de silos que a rodean, así como o acceso para camións de leite, penso e recollida de cadáveres.

Estes son outros aspectos a ter en conta:

PERÍMETRO DAS INSTALACIÓNSO perímetro das instalacións debe estar perfectamente definido e preferiblemente valado co obxecto de evitar a entrada de persoal non autorizado e doutros animais.

ANIMAISEn canto aos animais, determinarase o seu número e com-probarase a súa correcta identificación, aparencia xeral e estado de limpeza, fixándose especialmente no terzo pos-terior e, en concreto, nas patas traseiras e nos ubres.

CORTES TRABADASNas cortes trabadas débese comprobar que o espazo que presentan os animais é o suficientemente amplo para que se poidan deitar e erguer con facilidade.

A CALIDADE DO LEITE MELLOROU NOTORIAMENTE NOS ÚLTIMOS ANOS DEBIDO ÁS ESIXENCIAS DA INDUSTRIA, AS LIMITACIÓNS DAS AXUDAS POR PARÁMETROS DE CALIDADE E A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR

Tamén hai que revisar os comedeiros para confirmar que se atopan en bo estado de conservación, evitando superfi-cies desgastadas e deterioradas que faciliten a acumulación de auga e restos de alimentos que dificulten a súa hixieni-zación.

Nestas cortes adoita colocarse un bebedeiro para cada dúas vacas. É importante comprobar o seu funcionamento, o material de construción (onde sempre se recomendará o aceiro inoxidable) e confirmar que a súa limpeza está den-tro da rutina de manexo da corte.

O corredor posterior dos animais debe estar raiado para evitar os accidentes do persoal e dos animais e as paredes posteriores deben presentar, polo menos, unha superficie lisa de formigón pulido que facilite a súa limpeza diaria.

CORTES LIBRESNas cortes libres débese comprobar que todos os animais teñen un cubículo para deitarse e que o material das camas é suficiente e se renova coa frecuencia axeitada. É moi im-portante fixarse no número de animais deitados correcta-mente nos cubículos, xa que este dato proporciona moita información sobre a comodidade destes. Tamén se hai que asegurar de que o número de prazas no comedeiro é, como mínimo, igual ao número de animais presentes.

En canto aos bebedeiros, teñen unha grande importancia dentro do deseño deste tipo de instalacións. É fundamen-tal que todos os animais teñan un acceso cómodo á auga de bebida, polo que deberá haber suficientes bebedeiros, ben repartidos e ben situados.

Respecto da orixe e a calidade da auga de bebida, com-probarase que se realizan analíticas periódicas para o seu control e que se toman medidas no caso de que os resulta-dos non sexan os idóneos.

No interior da corte só pode haber animais da especie bovina; o gandeiro debe coñecer o risco que supón a cría doutras especies dentro da corte desde o punto de vista sanitario.

Non se usará o corredor de alimentación para almacenar produtos de limpeza, produtos químicos, maquinaria ou fe-rramentas que poidan contaminar os alimentos e dificulten a limpeza diaria en profundidade de todas as superficies.

Os outros aspectos que se valorarán antes de saír da corte son:

Grao de iluminación das instalacións. A luz debe estar o máis repartida posible, evitando que queden puntos escuros. A iluminación é un punto fundamental no desenvolvemento dun comportamento axeitado dos animais; ao mesmo tempo, axuda a un correcto manexo do gando que pasa por detectar calquera problema que poidan presentar unido a facilitar unha limpeza correc-ta das instalacións.Ventilación axeitada e directa que garanta a renovación do aire, de xeito que se eviten enfermidades respirato-rias e se garanta o confort dos animais. Hai que evitar a concentración de malos olores, gases e humidade.

61

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 61: Afriga 93

Local de muxido nas explotacións trabadas. A valo-ración do conxunto das instalacións proporciona in-formación para avaliar este punto do código de boas prácticas. Para isto, é necesario fixarse no estado das conducións do baleiro e do leite, así como na coloca-ción das luces na parte posterior dos animais que, se é a correcta, facilitará o proceso do muxido.

SALA DE MUXIDORevisaranse os seguintes puntos:

Estado de limpeza do local en conxunto: chan, paredes, teito e conducións do sistema de muxido.Que a sala de muxido está fisicamente separada do res-to das instalacións.Que existe ventilación natural suficiente ou comple-mentada artificialmente nos casos necesarios.Que o local está correctamente illado fronte a paxaros, roedores e insectos.Que as barras de iluminación están protexidas, situadas de tal xeito que a claridade sexa máxima a nivel do ubre durante o muxido.Que os accesos e saídas dos animais son amplos e có-modos.O protocolo de rutina de muxido, atendendo funda-mentalmente á orde de muxido, preparación hixiéni-ca do ubre premuxido, tempos de muxido e selado dos animais. Que se seguen protocolos axeitados no tratamento dos animais, pasando por prescricións veterinarias, identi-ficación correcta dos animais tratados, información en panel dentro do local sobre os animais que están en tratamento ou período de suspensión posterior, muxi-do destes con sistemas autónomos e segregado correcto deste leite para evitar a súa achega ao tanque da explo-tación.

LEITERÍADebe realizarse unha valoración visual de moitos puntos, todos eles moi importantes por ser a vixilancia deste local clave para previr a contaminación do leite durante o seu almacenamento:

Estado de limpeza en conxunto, valorando sobre todo que todas as superficies do local (paredes, teito e chan) permitan a súa limpeza e desinfección.Comprobar a amplitude proporcional do tanque e equipos do sistema de muxido, de xeito que permita o acceso cómodo a toda a leitería para realizar a correcta hixienización diaria.Comprobar que o tanque está correctamente identifi-cado coa letra Q, que ten chave de baleirado adaptada e termómetro en funcionamento que permita a compro-bación do arrefriamento correcto do leite.Que a limpeza é correcta tanto no interior coma no exterior do tanque.Debe existir un punto de limpeza de mans e outro de limpeza de utensilios empregados no muxido. O punto ou puntos de luz deben ter carcasa protectora e estar situados de tal xeito que a luz sexa máxima a nivel da boca de carga do tanque e sobre o punto de limpeza do sistema de muxido e utensilios.

Tamén convén repasar o protocolo de limpeza e desinfec-ción do tanque e sistema de muxido:

Produtos empregados: correcta etiquetaxe e dose em-pregada seguindo as recomendacións do fabricante.Calidade da auga empregada e existencia dun volume suficiente para o correcto saneamento de conducións e tanque.Quentador de auga en bo estado que permita acadar a temperatura recomendada polo fabricante dos produ-tos de limpeza.Ventilación suficiente, sobre todo no caso de que o mo-tor estea dentro da leitería.Os puntos de ventilación deberán estar todos protexi-dos con mosquiteiros para evitar a entrada de insectos e outros animais na leitería.Confirmar que a leitería non é paso obrigado a outras instalacións e que non se emprega con outros fins que non sexan o almacenamento do leite e dar cabida ao tramo final das conducións do sistema de muxido, así como onde se procede á limpeza deste sistema de muxido. Verificar a última revisión dos equipos para avaliar as comprobacións realizadas polos técnicos, e, no caso de que se detectasen erros no funcionamento, comprobar que o gandeiro xa tomou as medidas pertinentes para solucionalos.

Hai que comprobar que o tanque teña a chave de baleirado adaptada e o termómetro en funcionamento

NA LEITERÍA DEBE EXISTIR UN PUNTO DE LIMPEZA DE MANS E OUTRO PARA A DOS UTENSILIOS EMPREGADOS NO MUXIDO

62

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 62: Afriga 93

INVESTIGAMOS – DESARROLLAMOS - FABRICAMOS

*CERTIFICACIONES:- REGISTRO SANITARIO: 4029704/PO- Nº REGISTRO COMO EMPRESA ELABORADORA DE PRODUCTOS

ZOOSANITARIOS: HMC: 078- PRODUCTOS INSCRITOS EN EL REGISTRO DE PRODUCTOS ZOOSANITARIOS

POR EL MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO.- EMPRESA REGISTRADA EN EL REGISTRO DE ESTABLECIMIENTOS Y

SERVICIOS BIOCIDAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA: 0045-GAL-EPO

- DESINFECTANTES INSCRITOS EN EL REGISTRO DE PLAGUICIDAS PARA USO AMBIENTAL Y/O EN LA INDUSTRIA ALIMENTARIA (REGISTRO HA)

- ISO 9001:2008 // ISO 14001:2004

LIMPIEZA Y SELLADO DEL PEZON

HIGIENE Y DESINFECCIÓNDE INSTALACIONES

HIGIENIZANTE / SECANTEPARA CAMAS DE GANADO

PRODUCTOS PARABAÑOS DE PEDILUVIO

TRATAMIENTODE OLORES

PRODUCTOS PARASILOS: CONSERVANTEBIOLOGICO,PLÁSTICOS DEENSILADO...

PRODUCTOS PARA PRE Y POST ORDEÑO

ÚTILES PARAORDEÑO: JUEGODE PEZONERAS,FILTROS DELECHE

MAQUINARIAPARA LIMPIEZA DEINSTALACIONES(S.A.T. PROPIO)

TRATAMIENTOY DEPURACIÓNDE AGUASINDUSTRIALES

F L O C U L A N T E S

Page 63: Afriga 93

LOCAIS DE RECRÍAEn canto aos locais de recría, quizais un dos lugares máis importantes da explotación por ser onde se está xestando o futuro da explotación, é importante revisar:

Que están separados do resto das instalacións.Que as condicións de ventilación e iluminación son co-rrectas.Comprobar os diferentes lotes presentes en función da alimentación.Que todos os animais teñen acceso a auga corrente e a comida.Que existe un mínimo dun bebedeiro de cazoleta por cada oito animais.Que os materiais de construción dos aloxamentos per-miten a súa fácil limpeza e desinfección (evitar o uso de madeira).Comprobar que se cumpre a normativa de benestar animal en animais menores de seis meses:

Auga e fibra nos maiores de dous meses.Leite axeitado nos menores de dúas semanas.Que os xatos maiores de oito semanas non están en recintos individuais.Que os boxes individuais teñen unha anchura igual á altura da cruz do xato e unha lonxitude igual ao longo do xato por 1,1. Os tabiques serán perforados para permitirlles contacto visual e táctil.Que existe espazo suficiente de movemento dos animais. No caso de existir dúbidas, comprobar as medidas seguindo as táboas de recomentación.

Recoméndase o uso de aceiro inoxidable nos bebedeiros

COMPROBARASE O PROTOCOLO DE RUTINA DE MUXIDO, ATENDENDO Á ORDE DE MUXIDO, PREPARACIÓN HIXIÉNICA DO UBRE PREMUXIDO, TEMPOS DE MUXIDO E SELADO DOS ANIMAIS

CALIDADE DO LEITEEste apartado tamén ten que ser revisado, pero é algo que xa debe ser comentado co gandeiro no día a día do traballo de calidade do leite. En todo caso, avaliaranse os datos a partir do último boletín do Ligal para apre-ciar a evolución dos diferentes parámetros de calidade nos últimos meses.

No caso dalgún incumprimento ou problema revisarase o protocolo a seguir para solucionalo ou reforzaranse as medidas para previr situacións similares futuras que pro-voquen a perda da calidade.

REXISTROS MANTIDOS NA EXPLOTACIÓNÉ importante revisar a correcta actualización dos rexistros que se deben manter na explotación. No caso de existir algunha dúbida é o momento para as aclaracións, tanto do xeito de cubrilos coma do tempo que se deben manter na explotación:

Libro de rexistro da explotaciónLetra QAlimentación do rabañoAuga das instalaciónsControis sanitarios do gandoLibro de rexistro de tratamentosRexistro de muxidoresRexistro de tratamentos fitosanitarios e abonos orgáni-cos e inorgánicos

VALORACIÓN FINAL E RECOMENDACIÓNSNo momento da recapitulación final débense comentar os distintos puntos nos que se atopan posibles incumpri-mentos do código e intentar aclarar o xeito de corrixilos, anotando as recomendacións ante os puntos de obrigado cumprimento.

Se o problema é xeral, nalgún dos apartados pódese con-certar unha nova cita para aclarar de xeito máis minucioso as posibles solucións.

Outro xeito de enfocalo é o de repartir os diferentes apartados en distintas visitas para non saturar ao gandeiro o día da avaliación, de xeito que a información se comente máis ao detalle en futuras citas.

O importante é transmitir a importancia destas medidas, que non só permiten o cumprimento dunha normativa, se-nón que facilitan en gran medida o bo funcionamento da explotación cando todas elas se ven xa enmarcadas na ruti-na de traballo do establo.

64

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 64: Afriga 93

Aún no eres uno de los nuestros

¿ ¿

Únete a la nueva fuerza antimamítica

Ubrolexin® Suspensión intramamaria. Composición: Cada jeringa intramamaria de 10 g (12 ml) contiene: Cefalexina (como monohidrato) 200 mg; Kanamicina (como monosulfato) 100.000 U.I. Indicaciones: Tratamiento de mastitis clínicas en vacas lecheras en lactación causadas por bacterias susceptibles a la asociación de cefalexina y kanamicina como Staphylococcus aureus, Streptococcus dysgalactiae, Streptococcus uberis y Escherichia coli. Especies a las que va destinado: Bovino (vacas lecheras en lactación). Dosificación: Para uso intramamario. Tratar el/los cuarto(s) infectado(s) dos veces, con un intervalo de 24 horas entre tratamientos. Utilizar el contenido de una jeringa por cuarto y tratamiento. Cada jeringa es de un solo uso. Recomendación para una correcta administración: Antes de la infusión, la ubre debe ordeñarse completamente, el pezón debe limpiarse y desinfectarse por completo y deben adoptarse precauciones para evitar que la cánula de la jeringa se contamine. Contraindi-caciones: No usar en vacas lecheras en lactación con hipersensibilidad conocida a la cefalexina y/o kanamicina. No usar en bovino fuera del período de lactación. No usar si se conoce que hay resistencia. Tiempo de espera: Carne: 10 días. Leche: 5 días. Uso durante la gestación y la lactancia: Gestación: Los estudios de laboratorio efectuados en animales no han demostrado evidencias de efectos teratogénicos. Los estudios de campo efectuados en vacas lecheras no han de-mostrado evidencias de efectos teratogénicos, tóxicos para el feto, ni tóxicos para la madre. El producto puede usarse en vacas gestantes. Lactancia: El producto está indicado para el uso en lactación. Presentación: 20 jeringas intramamarias de 10 g (12 ml), incluyendo 20 toallitas para pezón. Registro nº.: 1917 ESP. Sólo para el tratamiento de animales. Para ser suministrado únicamente bajo prescripción del veterinario. Titular: Boehringer Ingelheim España, S.A. Prat de la Riba, s/n. Sector Turó de Can Matas. 08173 - Sant Cugat del Vallès (Barcelona).

Page 65: Afriga 93

A Agrupación Gandeira Central de Galicia (AGCG), recén convertida en cooperativa agraria, está integrada por máis de cincocentas explotacións das provincias de Lugo e A Coruña e funciona coma unha cooperativa de servizos sanitarios de calidade do leite. Ofrece programas de mellora da calidade, control da mamite e certificación das granxas en boas prácticas de produción leiteira.

HISTORIA DA AGRUPACIÓNA Agrupación Gandeira Central de Galicia é una asocia-ción que se creou no ano 2003 co afán de procurar servi-zos sanitarios de calidade para as explotacións gandeiras que a integran. A mellora da calidade do leite e o control de mastite foron dende os seus inicios as actividades máis demandadas, o que fixo que co paso do tempo o número de gandeiros participantes se fose incrementando. Na ac-tualidade, son máis de cincocentas as explotacións situadas nas provincias de Lugo e A Coruña que participan nos programas da asociación, nas súas diferentes variedades.

Dende un primeiro momento optouse por un modelo profesionalizado. Cada asociado asume que os traballos que se lle realizan xeran un custo que ten que financiar; por suposto, sempre se tentaron aproveitar as axudas públicas existentes para este tipo de programas, pero a tendencia

OS SERVIZOS DE CALIDADE DO LEITE DA AGRUPACIÓN GANDEIRA CENTRAL DE GALICIA

é diminuír no posible a dependencia das subvencións e apoiarse nunhas prestacións de calidade a un custo axus-tado. Como a agrupación nin comercializa nin pretende comercializar os produtos (leite, carne, pensos, abonos...) dos seus asociados, non se emprega o mecanismo dos “re-tornos” para financiar os programas que se ofrecen. E o que en principio pode parecer unha desvantaxe á hora da captación dos asociados (non é doado competir con ser-vizos que se ofertan como gratuítos), co paso do tempo foise conformando como un dos principais atractivos, xa que é moi difícil valorar aquilo polo que non se paga. No caso dos programas da agrupación, os participantes teñen moi claro os custos e os beneficios. Co paso dos anos, non enmascarar o prezo das cousas cos retornos supón unha mellor valoración.

Juan C. LaxeADSGestión S. Coop. Galegawww.adsgestion.com

66

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 66: Afriga 93

Un dos obxectivos principais da entidade foi acadar un tamaño suficiente para garantir o seu funcionamento. De-bido á gran fragmentación das entidades gandeiras e coo-perativas en Galicia, sempre resultou difícil conseguir un axeitado dimensionamento do persoal respecto dos gan-deiros que teñen que atender.

Na actualidade, co proceso xeneralizado de abandono da produción láctea, moitas cooperativas están experimen-tando serios problemas para poder manter os seus cadros de empregados. Deste xeito, a AGCG non aparece como unha competidora fronte a outras cooperativas e entidades, senón que se presentou como unha posibilidade de super-vivencia, xa que permite externalizar os servizos que desta maneira se lle poden seguir prestando aos cooperativistas.

Tendo en conta que a AGCG non pretende dispoñer de máis patrimonio propio que o necesario para a atención dos gandeiros, non se fixo necesaria a realización de gastos en naves, instalacións, vehículos, etc. Na práctica, esta agrupa-ción está funcionando como unha cooperativa de servizos. O modelo polo que se decantou foi o da externalización, de xeito que a empresa ou empresas contratadas asumen cos seus medios propios todas as infraestruturas necesarias para executar os traballos. Deste modo, a AGCG non se ten que facer cargo de custos laborais (Seguridade Social, indemni-zacións, baixas...), permitindo unha mellor economía. Isto non quere dicir que a agrupación teña apostado pola preca-riedade laboral do persoal que presta os seus servizos. Pola contra, dentro dos criterios de adxudicación dos mesmos ten un lugar importante a estabilidade laboral, xa que permite unha mellor relación entre técnicos e gandeiros.

Nos últimos anos, a AGCG vén realizando un proceso público anual de licitación dos servizos prestados, ao que poden optar todas as empresas interesadas que reúnan as características requiridas. Neste sentido, obviamente reclá-manse suficiente capacidade, experiencia e un custo axei-tado, pero tamén se valoran a estabilidade laboral da adxu-dicataria e as garantías ofrecidas para un correcto desen-volvemento dos programas que se contratan. Dentro deste aspecto resulta importante a esixencia de importantes avais económicos que garantan un eficaz desenvolvemento dos traballos contratados; algo que é absolutamente frecuente noutros eidos (como as obras públicas) pode resultar unha novidade no campo dos servizos sanitarios, non obstante, está demostrando a súa eficacia.

Este ano, a AGCG afrontou un novo e relevante paso, o de converterse nunha cooperativa agraria para unha me-llor consecución dos seus fins. Así nace Servizos Gandei-ros Centrais de Galicia, S. Coop. Galega, que vai asumir a actividade que anteriormente realizaba a agrupación. O cambio realízase para afondar nunha maior profesionali-zación dos servizos, porén, non vai supoñer maiores dife-renzas para os antigos asociados, que poderán optar entre integrarse como socios da nova cooperativa ou manterse como clientes externos.

NA AGRUPACIÓN GANDEIRA CENTRAL, CADA ASOCIADO ASUME QUE OS TRABALLOS QUE SE LLE REALIZAN TEÑEN UN CUSTO QUE TEN QUE FINANCIAR

67

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 67: Afriga 93

ADSGESTIÓN, SOCIEDADE COOPERATIVAA empresa adxudicataria nos últimos exercicios do desen-volvemento dos Programas de Leite da Agrupación Gan-deira Central de Galicia é ADSGestión, S. Coop. Galega, unha entidade de economía social cuxa traxectoria profe-sional naceu no ano 2001 como unha comunidade de bens, e que posteriormente se converteu en cooperativa de tra-ballo asociado.

No momento presente, o cadro de persoal da empresa está conformado por dezasete persoas, das que catorce son facultativos veterinarios. Complétase cunha enxeñeira agrónoma e dúas administrativas. O 53% do equipo son mulleres e existe unha elevada estabilidade laboral, xa que o 94% dos empregados manteñen unha relación laboral fixa indefinida.

ADSGestión adícase á prestación de servizos técnicos, como son os programas relacionados coa calidade do leite, xestión sanitaria, aconsellamento, control de reprodución, etc. Dos catorce facultativos, seis dedícanse á calidade do leite, catro deles en exclusiva, e os restantes compatibilí-zana con outras tarefas veterinarias.

Á súa vez, ADSGestión externaliza aqueles aspectos que non lle corresponden ao apartado técnico: as cuestións administrativo-legais son contratadas a J&A Garrigues, S.L.P; o desenvolvemento de ferramentas informáticas é realizado normalmente por NATTEC S.L; para os pro-gramas de certificación de explotacións cóntase con SER-CLIVET S.L. para o asesoramento e con CERTICAR S.L. como entidade de certificación independente; e os traballos de revisión de equipos de muxido e frío nas ex-plotacións son realizados por FRIOR S.L.

PROGRAMAS DE LEITE DA AGCGPara o ano 2011 e seguintes, a agrupación ofrécelle aos gan-deiros tres tipos de programas relacionados co leite. Cada un deles pode ser contratado independientemente dos outros, en función das necesidades ou intereses de cada gandeiro.

ESTE ANO, A AGRUPACIÓN GANDEIRA CENTRAL DE GALICIA CONVERTEUSE NUNHA COOPERATIVA AGRARIA

PROGRAMA DE MELLORA DA CALIDADE DO LEITEÉ o programa máis básico que un gandeiro pode desen-volver e é preciso participar nel para poder beneficiarse de calquera dos outros programas. Consiste en satisfacer todos os requirimentos que a normativa establece para po-der optar ás axudas incluídas na PAC para as explotacións lácteas (pago adicional do sector lácteo), que case todos os gandeiros solicitan anualmente.

Para isto, cando menos realízanse dúas revisións anuais por parte dun facultativo veterinario das condicións de produción de leite (Código de Boas Prácticas), así como unha revisión exhaustiva dos equipos de muxido e frío. Analízase tamén a auga empregada na explotación para a limpeza dos equipos, así como o leite do tanque na procura de patóxenos contaxiosos.

O programa básico é unha alternativa económica para aquelas explotacións que, non tendo problemas na calidade do leite, optan por unha suficiente garantía para o cum-primento da normativa e por non poñer en risco as axudas relacionadas.

PROGRAMA DE CONTROL DE MAMITEEste tipo de programa é o máis demandado polos gandei-ros da agrupación. Ademais de realizarse as tarefas incluí-das no apartado anterior, a maiores, un facultativo veteri-nario visita periodicamente a explotación para detectar o máis precozmente posible os animais con mastite, reali-zando as analíticas precisas e prescribindo os tratamentos aconsellables, no seu caso.

As visitas realízanse normalmente con periodicidade mensual, aínda que poden ser máis frecuentes no caso de existir un empeoramento nas calidades, abrochos de ma-mite clínica ou subclínica, etc.

Os facultativos veterinarios tamén se ocupan da revisión periódica das calidades das explotacións revisando as ana-líticas dispoñibles no Ligal ou no control leiteiro, para o cal dispoñen de ferramentas informáticas de deseño propio. No caso de detectarse un empeoramento de calidades, o gandeiro é avisado e iníciase o traballo na granxa para des-cubrir o problema e tentar poñerlle solución.

Un servizo moi demandado polos gandeiros é o acon-sellamento telefónico, xa que aínda que a loita contra a mastite é algo que forma parte do día a día da explotación, moitas veces é de grande axuda dispoñer dun veterinario que poida aclarar dúbidas sobre tratamentos, pautas de manexo, períodos de supresión, tomas de mostras, etc.

Un dos programas que ofrece a Agrupación aos seus asociados é o de control da mamite

ADSGestión presta servizos técnicos como os programas relacionados coa calidade do leite, xestión sanitaria ou o control de reprodución

68

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 68: Afriga 93

Fontao - Esperante - Apdo. 128, 27080 LUGO - Tfno.: 982 284 391 / Fax: 982 284 626 - [email protected] - www.xeneticafontao.com

Bos Wade Quintana ET EX-92 2E SM-95 (avoa de Duno)

Bos Mantoño Jolt Duna ET EX-90 (nai de Duno)

Mantoño Morty Dunia ET MB-88 SM-89 (irmá materna de Duno)

Touro español número 1 en Qg. Leite

DUNOMANTOÑO

ESPM2702530479 aAa 315426

Page 69: Afriga 93

PROGRAMA DE CERTIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNSA certificación dunhas correctas condicións de produción de leite nas granxas é probablemente unha das mellores opcións de futuro. A sociedade reclama este tipo de ga-rantías, que noutros sectores xa están implantadas dende hai tempo, e é previsible que nun futuro non moi afastado todas as explotacións que queiran seguir producindo leite teñan que participar obrigatoriamente nun programa de certificación.

Ademais, as axudas europeas nos próximos anos apoia-rán este tipo de esquemas e, de feito, para o vindeiro ano xa están previstas importantes axudas para as granxas que acaden este tipo de certificación.

Dende a AGCG considérase que o máis idóneo é acadar certificacións independentes, non vinculadas a ningunha empresa láctea determinada, xa que deste xeito o produtor non verá a súa certificación en risco se nun momento dado decide cambiar de comprador.

Para o programa de certificación da AGCG optouse por aplicar un esquema de certificación que se atopase en fun-cionamento noutras zonas do Estado, e que estivese vali-dado por resultados prácticos e reais. Por iso, procedeuse a implantar o sistema Sisgecal, que xa aplican grupos de gandeiros como Vaquers de Osona, Gaza S.L. ou a Soc. Coop. Vega Esla.

Co asesoramento dunha empresa de servizos veterina-rios de Zamora (Serclivet), ADSGestión está implantando o sistema de certificación de explotacións en preto de cen granxas, e está previsto que ao longo dos próximos meses varias explotacións acaden a certificación que estende Cer-ticar, entidade pioneira no sector.

A certificación de produto baséase nun sistema de auto-control do gandeiro que mantén na explotación os rexistros

necesarios (non moi distintos dos que na actualidade xa contempla a normativa que afecta á totalidade das explo-tacións). Despois de superar un período de formación, que se realiza en parte mediante cursos presenciais e tamén na propia explotación, os técnicos de ADSGestión fan au-ditorías internas trimestrais na explotación para revisar o procedemento de obtención do leite (instalacións, muxido, benestar dos animais, rexistros...) ata que se considera que xa cumpre cos requisitos do sistema. E é a partir dese mo-mento cando a empresa certificadora externa (neste caso, Certicar) realiza as súas propias comprobacións e audito-rías, que poden rematar na emisión do certificado para a granxa.

Unha vez obtido o certificado, os asesores continúan visitando a granxa para comprobar que o manexo segue mellorando e cumprindo coas Boas Prácticas da Produción de Leite; se é así, a empresa certificadora poderá renovar a certificación anualmente.

CONCLUSIÓNSA Agrupación Gandeira Central de Galicia tenta profesio-nalizar ao máximo os servizos que lle ofrece aos seus aso-ciados, fuxindo dun modelo clásico de cooperativa no que o obxectivo sexa ofrecer todo o que se poida cun cadro pro-pio de persoal; así, póñense ao alcance dos socios progra-mas executados por empresas especializadas, coa calidade que esixen as ganderías máis modernas e profesionalizadas, mellorando en eficiencia e aforrando custos.

E a derradeira, aínda que non por iso a menor das van-taxes, é que os asociados manteñen unha total liberdade para mercar os seus insumos e vender os seus produtos, sen que a agrupación lles reteña nin un céntimo nin lles impoña obriga algunha.

A REFORMA DA PAC CONTEMPLA IMPORTANTES AXUDAS PARA AS EXPLOTACIÓNS LÁCTEAS QUE ACADEN UNHA CERTIFICACIÓN DA SÚA PRODUCIÓN

Os programas do leite inclúen revisións exhaustivas dos equipos de muxido

70

AFRIGA ANO XVII - Nº 93

DOSSIER: CALIDADE DO LEITE

Page 70: Afriga 93

COBACTAN SECADO 150 mg pomada intramamariaComposición: Cada jeringa precargada de 3 g de Cobactan Secado contiene: Cefquinoma (como sulfato) 150,0 mg Especies a las que va destinado el medicamento: Bovino (vacas en periodo de secado). Indicaciones de uso: Para el tratamiento de mamitis subclínicas justo antes del periodo de secado y prevención de nuevas infecciones bacterianas de la ubre durante el periodo de secado en vacas lecheras producidas por los siguientes organismos sensibles a cefquinoma: Streptococcus uberis,

--

tración: Administración única por vía intramamaria. 150 mg de cefquinoma, es decir, el contenido de una jeringa, debe introducirse suavemente en el pezón de cada cuarterón, inmediata-

introducir el contenido de una jeringa en cada cuarterón. Dispersar el producto mediante un masaje suave del pezón y la ubre. Cada jeringa sólo debe ser usada una vez. Tiempo(s) de espera Carne: 2 días. Leche: 1 día tras el parto si el periodo de secado es superior a 5 semanas. 36 días después del tratamiento si el periodo de secado es igual o inferior a 5 semanas. Presentaciones: Caja con 1 sobre con 4 jeringas precargadas y 4 toallitas limpiadoras, caja con 5 sobres con 4 jeringas precargadas y 20 toallitas limpiadoras, caja con 15 sobres con 4 jer-ingas precargadas y 60 toallitas limpiadoras. Virbac España, Nº de registro: 1612 ESP Con prescripción veterinaria

Ahora, Cobactan Secado es un productoVirbac, pídelo a nuestro distribuidor

Cobactan® Secado

El tratamiento de secado del siglo XXI

la salud animal es nuestra pasión

Page 71: Afriga 93