16
MAIO 2014 | 1 Eurozone Un panfleto teatral sobre a crise GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | maio 2014 Exemplar gratuíto #76 música amancio prada canta a rosalía música mamá cabra presenta “bicos de música”

Aí_maio_ 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía de cultura, servizos e ocio en Ferrolterra

Citation preview

Page 1: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 1

EurozoneUn panfleto teatral

sobre a crise

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | maio 2014

Exe

mpl

ar g

ratu

íto

#76

música

amancio prada canta

a rosalíamúsica

mamá cabra presenta “bicos de música”

Page 2: Aí_maio_ 2014

2 | MAIO 2014

AÍ. É posible facer tantas cousas creativas diferentes? AA. Ter varios intereses signifi-ca que te vas complicar a vida. Eu teño unha pelexa interna para tratar de darlles saída e aproveitalo de maneira práctica. Tampouco resulta doado facelo e medrar en cada unha das disci-plinas creativas que me intere-san porque o tempo é limitado, e ademais vai pasando. E non podo elixir e focalizar en algo, gústame todo.AÍ. Pero dentro de ti cal interese ten máis forza?AA. Vai por rachas. Agora pesa máis a fotografía, non só polo aspecto creativo senón porque traballo na escola LENS en Madrid, onde son titora e coor-dino o traballo do final de curso. Aí si que se lle sumo os meus intereses, e ademais manteño o aspecto de fotógrafa de arquitec-tura así que agora a cámara pesa máis aínda. Algo que foi máis tardío porque comecei moito antes cantando e debuxando, de

AnaAmadoentrevista

Arquitectura, fotografía, pintura ou música son algunhas das disciplinas que enchen a vida desta inquieta creadora ferrolá con ducias de proxectos pasados e presentes que nos últimos tempos alterna o seu traballo entre Ferrol, Madrid e os

Estados Unidos.

textos: David Dapena | Fotos: Kiko Delgado

moi nena. A arquitectura, que é a miña formación, aportoume moito pero sinto como que tapou outras vocacións. O tempo e a enerxía son limitados e me gustaría terlle adicado máis a outras cousas, e de feito agora estou niso, aínda que a arqui-tectura sempre está presente.AÍ. Concibes un día sen facer nada?AA. Non sucedeu o caso… O tempo libre sempre llo adico a estas cousas que me gustan. Para alguén creativo o ideal sería poder vivir do que fai, na escola LENS case o consigo.AÍ. O ano pasado botaches seis meses traballando co gran fotógrafo Mark Stein-metz nos Estados Unidos. Como foi a experiencia?AA. Foi marabilloso poder estar cun artista consagrado, que ade-mais fai unha imaxe clásica, traballa en analóxico e te

Page 3: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 3

un problema moi grave. Uns 300 locais, o 40% de total, están baleiros.AÍ. E a música?AA. Sempre está aí, desde nena estudei instrumentos e sobre todo técnica vocal. Agora estou empezando a cantar cun grupo, Amado, Amor, Painceiras, Pena & Pérez, que é un luxo pola calidade dos músicos de aquí, pero xa teño moitas experiencias en Ferrol, coa formación vocal Nois ou co dúo de bossa con Fer Patiño. Porén, o recordo máis intenso foi con Cristina Pato, con quen gravei o seu segundo disco, “Xilento”, e fixemos unha xira por teatros de España e Portugal que foi das mellores experiencias da miña vida.AÍ. En que te veremos nos próximos meses?AA. Agora regreso á escola LENS para o final de curso, e nos próxi-mos meses gustaríame retomar os talleres de fotografía infantil que fixen o mes pasado na Gale-ría Sargadelos, unha experiencia moi gratificante. Continuarei os ensaios co quinteto de música e me gustaría seguir facendo unha fotografía de arquitectura máis persoal. Tamén teño cocéndose ideas para escribir e ilustrar un par de libros para pequenos. Ideas non faltan, pero o proble-ma é o de sempre, o tempo que unha necesita para sobrevivir de xeito práctico e ter máis horas para as cousas que non te solu-cionan a vida pero que necesitas facer para seguir vivindo.

permite experimentar tamén en laboratorio. A clave foi ver o día a día de traballo dun creador deste nivel, comprobar a través da súa obra cotiá quen é e por que, as súas eleccións creativas, o segredo do seu estilo e do seu éxito. Foi un luxo.AÍ. E a experiencia de vivir nos Estados Unidos?AA. Extraordinaria porque te sacas de enriba moitos tópicos. Aquí tense esa visión crítica de-les, en parte xustificada pola polí-tica exterior sobre todo da época de Bush. A xente é moi activa

e positiva, ás veces de forma inxenua pero lles resulta

ben á hora de emprender un negocio ou facer algo práctico, algo do que

aquí deberiamos aprender.

Tamén é certo que teñen unhas leis que lles axudan. É unha so-ciedade moi dinámica. Ademais eu estiven no sur, en Athens (Georgia), unha cidade cultural-mente moi creativa, de onde é por exemplo o grupo REM. Por certo, cheguei visitar a casa do cantante, Michael Stipe.

AÍ. Crucemos o Atlántico de volta. Hai un traballo fotográfico teu en marcha que fala da dura situación do comercio en Ferrol.AA. Si, trátase de “Persianas pe-chadas”, no que tamén está im-plicado o meu irmán Rober Ama-do. Comezamos o ano pasado. Cada vez que viña de Madrid ou Estados Unidos observaba que na Magdalena pechaban máis comercios, así que nos puxemos a facer fotografías frontais, todo con deseño moi alemán, para crear un gran mosaico con cada imaxe como tesela. Creo que o proxecto acabará expoñéndose nunha sala, pero aínda segue aberto. De feito gustaríame darlle unha dimensión social e falar cos donos dos locais para facer unha xornada reivindicativa e lúdica sobre algo que para a cidade é

entrevista

“para alguén creativo o ideal sería poder vivir do que Fai”

“a xira con cristina pato Foi unhas miñas mellores experiencias”

“teño cocendo ideas para escribir e ilustrar libros inFantís”

“non concibo un día sen Facer nada creativo”

Page 4: Aí_maio_ 2014

4 | MAIO 2014

Page 5: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 5

propostas

04 domingo 20:30 H

enamorirseTeatro familiarTEATRO jOFRE (FERROL) 7 €

ptv-cloWns é unha das máis veteranas

compañías de teatro para nenos de españa.

Fundada en 1971, desde 1978 produciu 22

espectáculos inFantís e Familiares

A pallasa Hula e o pallaso Piollo, na escola da Seño, enfrontaranse a un dos retos máis esixentes da súa traxectoria: representar unha escena de “O soño dunha noite de verán”, de William Shakespeare. A Seño pon en antecedentes aos espectadores falándolles dalgunhas míticas historias de amor, especialmente aquelas en as que os namorados han ter que enfrontarse á oposición das súas respectivas familias. Cando Hula e Piojo chegan á escola, A Seño proponlles representar a tráxica historia de amor de Píramo e Tisbe. Si saen airosos do transo, talvez poidan mellorar as súas notas. Rápidamente póñense ao choio e, tras breves preparativos, dan vía libre á súa versión da historia cubrindo as numerosas lagoas con improvisaciones e osadías narrativas que poñen a proba a capacidade de sufrimento da Seño, que acaba descubrindo o verdadeiro significado da palabra traxedia.

03 sábado 20:30 H

el régimen del piensoTeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN)12 €

La Zaranda é unha das compañías españolas con maior prestixio internacional pola depuración dos seus textos e a creación de personaxes ao límite

Os porcos pelexan pola porción de penso e fozan cos instintos na lama ata que chega o golpe do matachín. Unha epidemia fai que nos cortellos as femias devoren os seus fetos e que os porcos novos asfixien os máis vellos ou enfermos. Os traballadores da industria vense afectados. Coa baixada de vendas, comezan os despedimentos de persoal, e con estes a desconfianza entre os empregados. A loita polo posto fai que as vidas do porco e o home se crucen e confundan.

Page 6: Aí_maio_ 2014

6 | MAIO 2014

propostas

17 sábado 20:00 H

autos da revoluÇaoTeatroAUDITORIO DE NARÓN9,5 €

20 anos despois da revoluçao dos cravos, o Centro Dramático de Évora (Portugal) reune fragmentos de 5 novelas de António Lobo Antunes nun textos sobre o 25 de abril

Sobre as novelas Auto dos danados, Coñecemento do Inferno, Fado Alexandrino, Manual dos Inquisidores e Exortao aos Crocodilos, que poñen a Revolución como pantalla de fondo, o espectáculo propón os relatos cruzados de sete personaxes que recordan o 25 de abril: unha burguesa caritativa, un operario cargador de mudanzas, un militante político, un banqueiro, unha labrega explotada, a muller dun contra-revolucionario e unha criada.

12 luns 20:30 H

camerata boccheriniMúsicaTEATRO jOFRE (FERROL)15/12/6 €

Un concerto barroco con obras de Haendel e Vivaldi é o que propón a Filharmónica Ferrolana nunha tempada con programación de gran calidade

Massimo Spadano (primeiro violín), Mauro Rossi (segundo violín), David Quiggle (viola) e Luigi Piovano (violoncello) forman un grupo especializado na música barroca e clásica interpretada con instrumentos orixinais que, ás veces, acolle a outros intérpretes e varía o seu formato. A Camerata Boccherini é unha agrupación de gran prestixio convidada con frecuencia a festivais en Berlín, París, Milan, New York, Salzsburgo e todas as grandes cidades

Page 7: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 7

propostas

23 venres 23:00 H

bang 74MúsicaSALA SúPER 8 (FERROL)ENTRADA GRATUÍTA

O pop de Bang 74 ofrece melodía e enerxía por igual, unha mistura de powerpop e ritmos máis salvaxes.

O trío ferrolán (Cris Veiga, Fran e Óscar Millarengo), que hai uns anos actuou en The Cavern (Liverpool), é unha banda moi coñecida nas pequenas salas españolas de música en directo. O seu potente son bebe claramente de influencias británicas.

17 sábado 20:30 H 20:00 H

euroZoneTeatroTEATRO jOFRE (FERROL)10 €

euroZone, de chévere, é un panFleto teatral

sobre a crise. un auténtico pastiche no

que se mesturan as reFerencias directas a

reservoir dogs, á linguaxe da publicidade, aos

casinos online, aos bailes de salón e ao argot

económico que asulaga as nosas vidas.

Imaxinemos que un grupo de persoas que representan á clase dirixente europea acaban de cometer o atraco do século. E imaxinemos que, contra todo pronóstico, algo saíu mal. Entón collemos a esta xente e metémola nun deses edificios de autor, monumentales e inútiles, que tanto lles gustan, unha cidade da cultura, unha cidade das artes ou simplemente un casino sen inaugurar... E facemos explotar as súas fráxiles relacións, e intentamos comprender a lóxica das súas decisións ou retratar a súa psicosis utilizando contra eles nosa indignación. Quen é o señor azul da política europea? Quen é o señor marrón das finanzas? Quen é o señor branco da diplomacia?

31 sábado

PAZO DA CULTURA (NARÓN)9,50 €

Page 8: Aí_maio_ 2014

8 | MAIO 2014

propostas

24 sábado 20:30 H

a rosalía de FedericoMúsicaTEATRO jOFRE (FERROL)14,00 €

amancio prada presenta neste espectáculo

unha viaxe a galicia como a que Fixera

Federico garcía lorca, onde aFirmnou o seu

amor por rosalía, polo país e polo idioma

galego

A Rosalía de Federico é un espectáculo músico-teatral que un crítico definiu como “un diálogo a tres bandas, ou mellor dito, a tres almas”: as de Federico García Lorca, Rosalía de Castro e a do propio Amancio Prada. Os Seis poemas galegos, que Lorca escribiu entre 1932 e 1934 desde a súa admiración pola poeta galega, son o eixe central dun recital con carga dramatúrxica. Amancio Prada, sobre unha idea orixinal do prestixioso director de escena José Luís Gómez, reconstrúe luminosamente as pegadas que polos camiños sen tempo da poesía conducen ao reencontro co ausente, a presenza de canto vincula á terra e as persoas coa memoria dos seus soños. É o facerse cargo do destino dos outros, a alianza cos humildes entendida como unha bela opción de estar no mundo, o que outorga unha asombrosa vixencia ao mandato das súas palabras. Neste recital aborda Amancio Prada composicións inéditas ata hoxe no seu repertorio.

24 sábado 20:30 H

da vinci tiña raZónTeatroPAZO DA CULTURA (NARÓN)9,50 €

Roland Topor, mestre francés do humor negro e o surrealismo, volve á carteleira galega da man de Quico Cadaval

Da Vinci tiña razón! é unha obra que imita, para mofarse, a forma da comedia burguesa de sofá e moble-bar. Todo acontece nunha luxosa casa de campo dunha urbanización de nivel alto. Ao dono parece que lle vai ben na vida: é alto funcionario do estado, e recebe a visita de fin de semana do seu mais estreito colaborador, un trepa que ven para mostrar a sua nova esposa. Todo está tan limpo que se podería comer no chan da garaxe... até que comezan os problemas: os W.C. entúpense e non hai onde ir. As suspeitas crúzanse, os narices enrúganse con desagrado... Todo baixo a enigmática ollada da Gioconda, que parece dicir: En todo este asunto hai algo que cheira moi mal.

Page 9: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 9

propostas

Clínica veterinaria

cantón C/ Carmen, 2 bajoFerrol (A Coruña)T 981 35 11 44 / 630 03 20 21

31 sábado 20:00 H

dixitoFiliaMicroteatroSALA ESPACIO VIVO (FERROL)3,00 €

Cristina Mariño, Sabela Amado e Cristina Moreira presentan o novo traballo da súa compañía teatral, 3DTrans

Digitofilia é o segundo espectáculo de microteatro da compañía 3DTrans. Un texto de Carlos Castrillón Doce, que presenta o curioso caso de Clara, unha “dixitofílica”, e Begoña, cunha enfermidade aínda sen catalogar, que serán as convidadas da presentadora Gema Ríos ao seumagazine sensacionalista DAG: “Directo al Grano”.

25 domingo 18:00 H

bicos de músicaMúsicaTEATRO jOFRE (FERROL)5,00 €

Un dos grupos máis coñecidos da música infantil galega, Mamá Cabra, presenta no Jofre a súa proposta lúdica e educativa.

Mamá Cabra mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Baixo, guitarra, acordeón, batería, ventos e voces, xúntanse nun exercicio de música, bailes e humor. Bicos de Música propón cancións para bailar, para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía ... Apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moi divertidas.

Page 10: Aí_maio_ 2014

10 | MAIO 2014

exposicións

Escultura experimental

alusiones

03/05-31/05 galería sargadelos (Ferrol)

LUNS A SÁBADO

DE 10:00 A 13:30 E DE 18:00 A 21:00 h

DOMINGO PEChADO

ENTRADA GRATUÍTA

Pintura, gravado, debuxo

Flying hapiness

03/05-31/05galería sargadelos (Ferrol)

LUNS A SÁBADO

DE 10:00 A 13:30 E DE 18:00 A 21:00 h

DOMINGO PEChADO

ENTRADA GRATUÍTA

Pintura

puntos de pintura

14/03-18/05centro cultural torrente ballester (Ferrol)

MARTES A DOMINGO (INCLUÍDO FESTIVOS)

DE 11:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 h

LUNS PEChADO

ENTRADA GRATUÍTA

Puntos de pintura funciona como unha exposición colectiva concibida como a unión de pequenas individuais, facilitando a comprensión do traballo de cada artista en particular para configurar un diálogo global ao redor da capacidade do pequeno formato para adecuarse ás esixencias da pintura con maiúsculas.

Gravado

colección do concello de Ferrol

14/03-18/05centro cultural torrente ballester (Ferrol)

MARTES A DOMINGO (INCLUÍDO FESTIVOS)

DE 11:00 A 13:30 E DE 17:00 A 21:00 h

LUNS PEChADO

ENTRADA GRATUÍTA

Esta exposición recorda a presenza de moitas das grandes figuras da arte contemporánea galega cuxa obra podemos atopar agora na Colección de Arte Concello de Ferrol. Partindo dos gravados de Luis Seoane presentes na Colección, a exposición fai unha lectura da presenza do gravado en Galicia centrándose nos traballos correspondentes a artistas galegos moi representativos da escena cultural nos anos setenta, oitenta e noventa do pasado século ata a actualidade.

Pintura e fotografía

arte x siria

29/04-30/06centro social cultural novacaixagalicia (Ferrol)

LUNS A SÁBADO

DE 11:00 A 14:00 E DE 18:00 A 21:00 h

DOMINGO PEChADO

ENTRADA GRATUÍTA

Catro artistas únense co obxectivo de sensibilizaren a sociedade e axudaren os nenos afectados pola guerra en Siria. Eloy Taboada, Víctor Rivera Jove, Francisco Carreño e Franchu Medialdea doaron obras sobre Siria que están presentes na mostra e á venda online; os fondos serán destinados ao programa de UNICEF para os nenos refuxiados.

Page 11: Aí_maio_ 2014
Page 12: Aí_maio_ 2014

12 | MAIO 2014

biograFía

Xosé María Díaz Castro. Vida e obraEn pleno mes das Letras Galegas 2014, o presente volume é a biografía máis completa do persoeiro homenaxeado, o chairego Xosé María Díaz Castro (1914-1990)

ARMANDO REqUEIxO | EDITORIAL GALAxIA | 200 PÁxINAS | 10 €

O prestixioso crítico e profesor mindoniense Armando Requeixo, que estará este mes en Ferrol falando de Díaz Castro e que probablemente é a persoa que máis coñece ao de Guitiriz, soubo sintetizar os case oito décadas de vida do poeta e tradutor á par que facer un percorrido polo máis salientable da súa obra para que calquera lector poida familiarizarse coa produción de Díaz Castro. Tralo percorrido vital do autor de “Penélope”, faise unha análise da obra édita (“Nascida d’un sono”, “Nimbos”, a súa obra mestra, e a trintena de poemas non compilados que o escritor publicou principalmente en revistas e xornais) e tamén da produción inédita (tanto os poemarios de Preguerra Follas verdes (1934) e Follas ô aire (1935) coma unha vintena longa doutros poemas soltos). Requeixo detalla outras facetas literarias de Díaz Castro, que inclúen a numerosa poesía en castelán, a ocasional noutras linguas (francés, alemán e latín), as prosas humorísticas e os relatos, as abondosas traducións literarias e non só e mesmo os artigos, colaboracións xornalísticas e outros ensaios breves existentes.

relatos

mamá carme

PALOMA RODRÍGUEZ | EMBORA | 48 PÁxINAS | 10 €

Botando man das lembranzas e historias da tradición familiar compostelá, a profesora e psicóloga Paloma Rodríguez plasma a través de nove relatos un mundo que semella que non pasou hai tantos anos e que poderían partillar moitos lectores. O volume brevísimo é unha homenaxe á memoria materna, habitual depositaria do pasado da xinea máis próxima. Son as mulleres as protagonistas destes relatos nos que se nos fala da dureza da existencia e de seres que se enfrontan á vida cara a cara.

relatos

a balada do caFé triste

CARSON MACCULLERS | RINOCERONTE |180 PÁxINAS | 16 €

Nos seis relatos que seguen á novela curta que dá nome a este volume, Carson McCullers, unha das grandes narradoras do sur do Estados Unidos no século XX, continúa a tratar os temas da súa produción longa. A asimetría nas relacións amorosas, así como a inseguridade adolescente, o fracaso, a inxustiza social, o respecto polas peculiaridades das persoas, o alcolismo e as crises existenciais. Así e todo, a escritora fala con optimismo da esperanza en volver atopar o amor. Excelente tradución de Salomé Rodríguez.

praceres solitarios

Paloma Rodríguez Vázquez, mestra e licenciada en psicoloxía, desenvolveu a maior parte da súa vida profesional no ámbito da igualdade, impartindo formación e elaborando Plans de Igualdade de Opor-tunidades. É coautora dos seis libros da colección infantil “A igualdade conta”, editada tamén por Embora: O segredo de Flora, A urna dos desexos, O país dos mandóns, Iriña bailarina, Teño dúas casas e Canto te quero, profe!

Títulos publicados:

Anxo Franco

Hóspedes do medo

Carlos Laredo Verdejo

A amante relixiosa

Guillermo Llorca

Relatos para ver mundo

X. Alcalá, R. Aneiros, V. Araguas, H. Dacosta, A. Franco, R. Loureiro

Seis ferroláns

Henrique Dacosta

Os desherdados

Fernando Pessoa

O banqueiro anarquista

Xosé Neira Vilas

Aquel neno

edicións embora

Nada hai que cale máis fondo nos oí-dos dunha nena que as palabras da nai. Palabras que envolven contos e relatos, cancións e historias, vidas, desexos e esperanzas. Desde canta-res de cego ata contos infantís, a súa

nai foi enchendo os oídos da autora día a día, con historias de fantasía e historias reais. Historias matizadas polo recordo e recuperadas no tem-po que leva desandar o camiño do crecemento cara ao recoñecemen-to, historias que hoxe se amontoan puxando por saír, por revivir as vi-das das mulleres que precederon a nosa época. Mulleres reais, extraor-dinarias na súa normalidade, aven-tureiras do cotián, loitadoras polo seu presente e polo noso futuro.

edicións embora

Paloma Rodríguez

Mamá Carme

Page 13: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 13

delicias sonoras

eels “the cautionary tales oF mark oliver everett” (2014)Os Eels, o proxecto musical do xenial Mark Oliver Everett, regresa este mes co seu undécimo disco oficial. Sen ser unha das súas grandes obras, como si o foi “Wonderful glorious”, estas “historias moralizantes” son a demostración de que o peor dos seus traballos, e este tampouco o é, sempre é un bo disco con pezas que están cheas de elegante tristeza como “Parallels”, “Agatha Chang”, ou “Series of misunderstandings”, así como outras máis dinámicas como a campestre “Where I´m from”. Mr. E, como se lle coñece popularmente a Everett, segue a usar as súas desgrazas persoais para facer alquimia musical, cancións que neste caso son medios tempos cargados de intensa emotividade e melodías que sempre enganchan. A sorpresa de “The cautionary tales of Mark Oliver Everett” é a edición deluxe do disco, cunha mestura de temas en estudio e directo que non desmerecen do disco oficial. Quen dá máis que Mr. E?

música

Kepa Junkera resume en “Galiza” o seu amor pola música galegaUnha das sorpresas musicais do ano, e inxección de autoestima para a música de raíz galega, é o último traballo do vasco Kepa Junkera, “Galiza”, un álbum no que o acordeonista fusiona as melodías da música tradicional vasca cos ritmos do folclore galego, aínda que cos ingredientes habituais ao longo da súa carreira. Músico autodidacta desde que aos 9 ou 10 anos escoitase ao seu avó tocar xunto aos seus amigos a pandeireta e a trikitixa (acordeón diatónico vasco), Kepa Junkera é na actualidade uno dos músicos clave do folclore euskaldún. Empezou repetindo o repertorio da música tradicional e logo a compor as súas propias melodías que viron a luz desde mediados dos 80 nunha vintena de proxectos de estudio. O último deles é este “Galiza” (FOL Música) é unha fusión de sons tradicionais galegos con eses elementos que Kepa Junkera leva traballando durante décadas e que se rexistraron o pasado ano en Compostela, nos estudos A Ponte co técnico Tomás Ageitos. Aínda que Kepa asegura que sempre sentiu admiración polas melodías populares galegas, neste traballo expúxose traballar dunha maneira moi concreta: pórse en contacto con distintos galegos para que eles achegasen a materia prima da música galega e logo el engadir os instrumentos cos que traballou toda a miña vida. Os ferroláns Os Cempes, Cristina Pato, Uxía, Milladoiro, Luar na Lubre, Budiño, Treixadura, Susana Seivane ou Leilía son só algúns dos moitos artistas locais que o acompañan neste impresionante libro e CD dobre, con 23 pezas. Por desgraza a xira de presentación non pasará finalmente pola próxima edición do Festival de Ortigueira lugar ben axeitado para a súa presentación.

praceres solitarios

Page 14: Aí_maio_ 2014

14 | MAIO 2014

nº 76 | ano vi

Edita:

Director:

Miguel Toval

Deseño/maqueta:

Jose A. Farinós

Produción:

Bucle Comunicación

Comercial:

[email protected]

Depósito legal:

C 4370-2007

Administración

Rúa Galiano, 63 - 1º15402 FERROLT 981 35 53 53F 981 35 18 99

dDANZA

MMÚSICA

t TEATRO

OOUTRAS ACTIVIDADES

I INFANTIL

C CINE

axenda

01x 20:30 h Cine Duplex FERROL sin city (ciclo tarantino) C

03s 20:00 h Pazo da Cultura NARÓN el régimen del pienso t20:00 h* Espacio Vivo FERROL a primeira veZ t20:30 h Teatro jofre FERROL o país do pato donald t

08x 20:30 h Cine Duplex FERROL Four rooms (ciclo tarantino) C

04d 18:00 h Teatro jofre FERROL enamorirse I

09v 21:00 h Cine Alovi AS PONTES a miña primeira rosalía M22:30 h Sala Super 8 FERROL Frances Farmer M

10s 19:30 h Pazo da Cultura NARÓN xi encontro de bandas de música M20:00 h* Espacio Vivo FERROL a ponte do porco t20:30 h Teatro jofre FERROL premios voces do ano O

11d 18:00 h Pazo da Cultura NARÓN el club de la comedia Woman O21:00 h Teatro jofre FERROL música ligera t

12l 20:30 h Teatro jofre FERROL camerata bocherinni M

15x 20:30 h Cine Duplex FERROL malditos bastardos (ciclo tarantino)

C

22:00 h Sala Super 8 FERROL sonia castelo O

16v 20:30 h Teatro jofre FERROL musical la guagua I

17s 20:00 h* Espacio Vivo FERROL natural o artiFicial t20:00 h Local Toxos e

FrolesFERROL presentación do libro “tanto

encanto reunido”O

20:00 h Auditorio Mun. NARÓN autos da revoluÇâo t20:30 h Teatro jofre FERROL euroZone t

22x 20:30 h Cine Duplex FERROL reservoir dogs (ciclo tarantino) C

axendamaio

Page 15: Aí_maio_ 2014

MAIO 2014 | 15

23v 23:00 h Sala Super 8 FERROL bang 74 M

24s 20:00 h* Espacio Vivo FERROL os dous de teixeiro t20:00 h Pazo da Cultura NARÓN da vinci tiña raZón! t20:30 h Teatro jofre FERROL amancio prada M23:00 h Sala Super 8 FERROL cró! + licopodio M

25d 18:00 h Teatro jofre FERROL mamá cabra I

29x 20:30 h Cine Duplex FERROL kill bill v1 (ciclo tarantino) C

30v 20:00 h Biblioteca Mun. PONTEDEUME presentación do libro “a Fuga” O

31s 20:00 h* Espacio Vivo FERROL digitoFilia t20:00 h Pazo da Cultura NARÓN euroZone t20:30 h Teatro jofre FERROL Festival 99 aniversario real coro

toxos e FrolesM

*20:00/20:30/21:00/21:30/22:00 h

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana directamente os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión ou modificación de calquera tipo dos devanditos actos.

axenda

axendamaio

TURISMO

Page 16: Aí_maio_ 2014

Axenda Teatro Jofre Auditorio de Ferrol Capela do C.C. Torrente Ballester C.C. Torrente Ballester

Programa cultural Maio 2014

/ferrolcultura

d04 S17 d25S24

s 03 20:30 h 5 € Teatro lagarTa lagarTa O país do pato Donald

d 04 18:00 h 7 € Infantil pTv clowns Enamorirse

s 10 20:30 h 7 € lírico premIos voces do anoAmigos de la Lírica

d 11 21:00 h 8 €* Teatro Tony lomba e manuel manquIñaMúsica ligera

l 12 20:30 h 12/8/6 €** música clásica Camerata Bocherini

v 16 20:30 h 6 € música infantil Musical La Guagua

s 17 20:30 h 10 € Teatro chévere producIónsEurozone

s 24 20:30 h 14 €*** son’s do Jofre Amancio Prada

d 25 18:00 h 5 € música infantil mamacabraBicos de música

s 31 20:30 h música folcklórica real coro Toxos e frolesFestival 99 aniversario

14/03/14 ao 27/05/14 exposición Exposición de Gravados da Colecciónde Arte do Concello de Ferrol

14/03/14 ao 27/05/14 exposición Puntos de pintura

* 10 € día da actuación ** Zonas A /B /C *** 16 € día da actuación

Información e venda de entradas: T 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | Taquilla: Teatro Jofre e auditorio de ferrol