21
ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS Código Concello Centro Ano académico Centro educativo de Tomiño 2014/2015 36019751 Tomiño 1. Identificación da programación Código da familia profesional Familia profesional Código do ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime Ciclo formativo AGA Aproveitamento e conservación do medio natural Ciclos formativos de grao medio CMAGA04 Agraria Réxime xeral- ordinario Código MP/UF Nome Curso Sesións anuais Horas anuais Sesións semanais Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) MP0839 Formación e orientación laboral 4 2014/2015 128 107 MP0839_12 Prevención de riscos laborais 4 2014/2015 54 45 MP0839_22 Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego 4 2014/2015 74 62 (*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración Elaboración Impartición FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS Profesorado responsable FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS Estado: Pendente de supervisión departamento - 1 -

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

Código ConcelloCentro Anoacadémico

Centro educativo

de Tomiño 2014/201536019751 Tomiño

1. Identificación da programación

Códigoda familia

profesionalFamilia profesional Código do

ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime

Ciclo formativo

AGA Aproveitamento e conservación do medio natural Ciclosformativos degrao medio

CMAGA04Agraria Réxime xeral-ordinario

CódigoMP/UF Nome Curso Sesións

anuaisHorasanuais

Sesiónssemanais

Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*)

MP0839 Formación e orientación laboral 42014/2015 128107

MP0839_12 Prevención de riscos laborais 42014/2015 5445

MP0839_22 Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, eprocura de emprego

42014/2015 7462

(*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración

Elaboración

Impartición

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS

Profesorado responsable

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS

Estado: Pendente de supervisión departamento

- 1 -

Page 2: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

2. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo

A presente Programación Didáctica, dentro das directrices xerais do Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria no ámbito

territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, fai referencia ó módulo de F.O.L. do Ciclo Formativo de Grao Medio de Aproveitamento e

Conservación do Medio Natural no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto que establece o seu título, os ensinos mínimos e o seu

currículo aínda está en fase de borrador e non foi aprobado.

O módulo profesional de ¿Formación e Orientación Laboral¿, que se imparte durante catro sesións semanais de cincuenta minutos ao longo de

todo o curso curso, vai dirixido aos alumnos matriculados no primeiro curso do ciclo de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural que se

ofrece no IES de Tomiño.

CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO E DO CENTRO

O alumnado ten unha procedencia variada, fundamentalmente dos concellos que conforman o espazo do Baixo Miño (Tomiño, O Rosal, A Guarda,

Tui,...). Algúns deles completaron a E.S.O. para acceder ao ciclo, e outros fixérono sen titular a través da proba de acceso a ciclos de grao medio.

Incluso hai alumnos que cursaron outros ciclos antes de acceder ao ciclo. O grupo de alumnos non presenta por tanto dificultades significativas de

aprendizaxe.

O IES de Tomiño atópase enclavado no concello do mesmo nome e na Comarca do Baixo Miño. Atópase a unha distancia de 15 kilómetros do

concello da Garda, a 12 kilómetros do concello de Tui (e polo tanto de Portugal) e a tan só 40 kilómetros da cidade de Vigo. Dado o seu clima

temperado e húmido, unido ás condicións xeolóxicas e edafolóxicas que orixinan solos de gran fertilidade, é un lugar óptimo para o cultivo agrícola

e forestal, o que da lugar a moitas empresas relacionadas con este sector (sobre todo viveiros e viveiros forestais).

CONTORNO PROFESIONAL

As persoas que obteñan o título de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural han exercer a súa actividade en empresas

grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación

hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural.

Trátase de persoas que poidan exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras do

mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente dun mando intermedio.

En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión da persoa responsable de

produción.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

- Traballador/ora cualificado/a en actividades forestais.

- Traballador/ora especialista en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas.

- Maquinista de procesadora forestal.

- Tractorista.

- Motoserrista, abatedor/ora e cortador/ora de toradas.

- Corticeiro/a.

- Traballador/ora especialista en traballos de altura nas árbores.

- Traballador/ora especialista de empresas de repoboación.

- Traballador/ora especialista de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal.

- Traballador/ora especialista de empresas que realicen tratamentos silvícolas.

- Traballador/ora especialista de empresas que realicen traballos de construción e mantemento de camiños.

- Traballador/ora especialista por conta propia en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas.

- Viveirista.

- Traballador/ora en viveiros, en xeral.

- 2 -

Page 3: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

- Traballador/ora cualificado/a por conta propia en hortas, viveiros e xardíns.

- Traballador/ora cualificado/a por conta allea en hortas, viveiros e xardíns.

- Traballador/ora cualificado/a en propagación de plantas en viveiro.

- Traballador/ora cualificado/a en cultivo de plantas en viveiro.

- Traballador/ora especialista en colleita de sementes e froitos en altura.

- Traballador/ora cualificado/a en produción de sementes.

- Aplicador de produtos fitosanitarios.

- Enxertador/ora.

- Traballador/ora especializado/a en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas.

- Traballador/ora especializado/a en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas.

- Traballador/ora cualificado/a por conta propia ou allea en actividades forestais e similares.

- Auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras.

- Guía de actividades de turismo cinexético-piscícola.

PROSPECTIVA DO TÍTULO NO SECTOR

Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da flora e

fauna silvestre e a degradación dos espazos naturais de interese danlle maior protagonismo á protección dos espazos naturais, configurándoa

como unha das ferramentas básicas para a conservación, o uso sustentable e a mellora do patrimonio natural e da biodiversidade.

No ámbito forestal, Galicia ocupa un lugar esencial e sitúase, sen lugar a dúbidas, como a maior potencia forestal de España e unha das máis

importantes de Europa. Destacan os soutos, as carballeiras, e os bosques mixtos e de ribeira, onde se compaxina a actividade humana coa

conservación do medio natural e, xa que logo, o desenvolvemento sustentable. Este importante número de espazos naturais garante a

biodiversidade e o endemismo.

O investimento en bosques significa investimento en calidade de vida: a plantación de novas masas forestais, a restauración, a conservación e o

mantemento das masas xa existentes representan un ben intanxible para a sociedade, dun valor incalculable xa que estas almacenan unha

porcentaxe importante das emisións anuais de CO2, contribuíndo así á loita contra o cambio climático. Favorécese tamén o mantemento do ciclo

hidrolóxico, a diminución da erosión e do proceso de desertificación, e o enriquecemento do solo.

Ademais, o sector forestal é unha vea de emprego rural que axuda a evitar o despoboamento e o abandono do campo, e contribúe á xeración de

riqueza, revitalizando o medio natural. Nesta liña, a actividade cinexética e piscícola, a educación ambiental e a concienciación no respecto polo

medio natural e polos problemas ambientais son novas fontes de emprego, que xeran tamén bens económicos e sociais.

As actividades de lecer, tempo libre e turismo activo que xurdiron en torno aos espazos naturais, protexidos ou non, precisan persoal cualificado,

do mesmo xeito que cómpre para a defensa contra incendios forestais, outro dos subsectores que xeran emprego hoxe en día.

Este persoal debe presentar un perfil polivalente, capaz de se adaptar aos cambios, cun alto grao de autonomía, pero con capacidade para

traballar en equipo, de xeito coordinado, e para tomar de decisións.

As innovacións neste sector diríxense á produción de biomasa como combustible, á mellora tecnolóxica de máquinas, ferramentas e

equipamentos, e ao uso das novas tecnoloxías da información, respectando e aplicando a normativa de prevención de riscos laborais, a específica

dos traballos forestais e a de protección ambiental.

ADECUACIÓN DA PROGRAMACIÓN A ESTAS CARACTERÍSTICAS

Por iso é fundamental cara ao futuro profesional do alumno ter en conta na programación este contexto socio-económico e as diferentes áreas

profesionais nas que poden desenvolver o seu traballo, para que o alumno teña un maior campo de xestión no momento de incorporarse á vida

laboral. Coa presente Programación perséguese precisamente que os futuros profesionais se sitúen na actividade económica, co obxectivo de dar

resposta tanto aos seus intereses formativos como de preparación para o emprego, constituíndo unha guía adecuada na que se formulan

consideracións básicas á hora de elixir ou construír un itinerario profesional. Trátanse contidos tan esenciais como: o acceso ao emprego, as

relacións laborais, os dereitos e obrigas dos traballadores, a saúde laboral,... Non se esquecen tampouco outros elementos de alcance actitudinal,

entre os que distinguimos: a idea de dereito e de deber nas relacións laborais, a integración da muller no mercado de traballo, o respecto polas

- 3 -

Page 4: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

normas de prevención de riscos laborais, etc.

O currículo do ciclo formativo contempla a existencia de dúas unidades formativas dentro do módulo de F.O.L.: a unidade formativa ¿Equipos de

traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social, e procura de emprego¿ (co código MP0839_22) e a unidade formativa ¿Prevención de riscos

laborais¿ (co código MP0839_12). Para desenvolver estas dúas unidades formativas, esta programación prevé tres grandes bloques de contidos,

correspondéndose os dous primeiros coa primeira unidade e o terceiro bloque coa segunda unidade formativa. Así pois, en primeiro lugar

desenvólvese o bloque de Dereito Laboral, no que se expoñen os distintos dereitos e obrigas dos traballadores no seo da relación laboral, así

como os rasgos fundamentais do sistema de Seguridade Social. En segundo lugar, abórdase o bloque de Orientación e Inserción socio-laboral, no

que se expoñen as formas de acceso ó mercado do traballo e as técnicas de busca de emprego. Remata o módulo co bloque de Saúde Laboral,

proporcionando unha visión integral dos factores de risco máis habituais na actividade laboral e das medidas de prevención e protección para

previlos.

Tamén se presta especial atención á diversidade, xa que a aplicación eminentemente práctica dos contidos permite satisfacer as diferentes

demandas do alumnado ó que vai dirixido, xa sexan relacionadas co sistema da formación profesional no seu conxunto, a formación para o

emprego, o coñecemento da economía e o Dereito Laboral, etc.

Así pois, o tratamento dado ao módulo Formación e Orientación Laboral está encamiñado a familiarizar ó alumnado co marco legal das condicións

de traballo e de relacións laborais do ámbito profesional concreto e dotalo dos recursos e da orientación necesaria para a procura dun posto de

traballo e o autoemprego... Polo que se pode resumir dicindo que o obxectivo fundamental desta Programación é que os alumnos alcancen a súa

madurez profesional, permitíndolles o coñecemento da contorna económica e laboral, así como ofrecerlles un recurso didáctico para alcanzar o

itinerario socio-profesional adecuado.

- 4 -

Page 5: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

3. Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional,xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha

U.D. Título Descrición Duración (sesións)

1 Normativa, dereitos e obrigas en materia de seguridade e saúdeSeguridade e saúde 12

2 Determinación e análise dos factores de risco laboralOs factores de riscolaboral

14

3 O plan de prevención e emerxencia e organismos en materia de prevenciónPlanificación daprevención

13

4 Medidas de prevención, protección e actuación en caso de accidentePrevención, proteccióne actuación en casode accidente

15

5 Normas e organismos no ámbito laboralO Dereito Laboral 10

6 Regulación xurídica da relación laboral individual e do contrato de traballoO contrato de traballo 6

7 tempo de traballo: xornada, descansos, horas extra, traballo nocturno e a quendas. Retribución: conceptos retributivos,SMI, nómina, garantías do salario.

O tempo de traballo eo salario

12

8 Modificación, suspensión e extinción: requisitos e efectos.Modificación,suspensión e extincióndo contrato de traballo

10

9 Dereitos laborais de carácter colectivo: representación e libre sindicación, folga, negociación colectivaA participación erepresentación dostraballadores

8

10 O sistema español de Seguridade Social: réximes, cotización, prestaciónsA Seguridade Social 12

11 Mercado de traballo, técnicas de busca de emprego e autoempregoA procura de empregoe o proxectoprofesional

8

12 Equipos de traballo: comunicación, conflito e negociaciónO traballo en equipo 8

- 5 -

Page 6: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4. Por cada unidade didáctica

4.1.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

1 Seguridade e saúde 12

4.1.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA1 - Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral. SI

4.1.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA1.1 Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

CA1.2 Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

CA1.3 Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

CA1.4 Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

CA1.5 Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

CA1.6 Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector forestal

CA1.7 Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

4.1.e) Contidos

Contidos

Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

- 6 -

Page 7: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.2.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

2 Os factores de risco laboral 14

4.2.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sectorforestal. SI

4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.1 Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico en aproveitamento e conservacióndo medio natural.

CA2.2 Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

CA2.3 Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico enaproveitamento e conservación do medio natural.

CA2.4 Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

CA2.5 Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

4.2.e) Contidos

Contidos

Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector forestal.

Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

Riscos específicos no sector forestal en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

- 7 -

Page 8: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.3.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

3 Planificación da prevención 13

4.3.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA3 - Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados. SI

4.3.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA3.1 Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

CA3.2 Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

CA3.3 Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

CA3.4 Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

CA3.5 Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

CA3.6 Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa, e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

CA3.7 Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

CA3.8 Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

4.3.e) Contidos

Contidos

Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

Planificación da prevención na empresa.

Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

- 8 -

Page 9: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.4.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

4 Prevención, protección e actuación en caso de accidente 15

4.4.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA4 - Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural. SI

4.4.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA4.1 Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no casode materializarse.

CA4.2 Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

CA4.3 Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

CA4.4 Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

CA4.5 Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

CA4.6 Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa deurxencias.

4.4.e) Contidos

Contidos

Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

- 9 -

Page 10: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.5.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

5 O Dereito Laboral 10

4.5.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo. NO

4.5.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.1 Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

CA2.2 Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

CA2.5 Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

CA2.6 Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título detécnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

4.5.e) Contidos

Contidos

0Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

Dereito do traballo.

Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

- 10 -

Page 11: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.6.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

6 O contrato de traballo 6

4.6.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo. NO

4.6.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.3 Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

CA2.4 Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

CA2.5 Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

CA2.12 Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

4.6.e) Contidos

Contidos

0Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

Novos contornos de organización do traballo.

Análise da relación laboral individual.

- 11 -

Page 12: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.7.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

7 O tempo de traballo e o salario 12

4.7.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo. NO

4.7.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.5 Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

CA2.7 Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

CA2.8 Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

4.7.e) Contidos

Contidos

0Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

- 12 -

Page 13: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.8.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

8 Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo 10

4.8.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo. NO

4.8.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.5 Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

CA2.9 Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

4.8.e) Contidos

Contidos

Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

0Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

- 13 -

Page 14: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.9.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

9 A participación e representación dos traballadores 8

4.9.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA2 - Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo. NO

4.9.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA2.5 Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

CA2.6 Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título detécnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

CA2.10 Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

CA2.11 Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

4.9.e) Contidos

Contidos

0Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

Representación das persoas traballadoras na empresa.

Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

Conflitos colectivos.

- 14 -

Page 15: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.10.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

10 A Seguridade Social 12

4.10.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA3 - Determina a acción protectora do sistema da seguridade social ante as continxencias cubertas, e identifica as clases de prestacións. SI

4.10.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA3.1 Valorouse o papel da seguridade social como piar esencial do estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

CA3.2 Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema de seguridade social.

CA3.3 Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

CA3.4 Determináronse as principais prestacións contributivas de seguridade social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

CA3.5 Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos, e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego denivel contributivo básico.

4.10.e) Contidos

Contidos

Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

Protección por desemprego.

A seguridade social como piar do estado social.

Estrutura do sistema de seguridade social.

Prestacións contributivas da seguridade social.

- 15 -

Page 16: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.11.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

11 A procura de emprego e o proxecto profesional 8

4.11.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA4 - Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida. SI

4.11.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA4.1 Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

CA4.2 Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

CA4.3 Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

CA4.4 Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

CA4.5 Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

CA4.6 Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar epermitir unha axeitada inserción laboral.

CA4.7 Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural

CA4.8 Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

CA4.9 Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

4.11.e) Contidos

Contidos

Proceso de toma de decisións.

Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

Definición e análise do sector profesional do título de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural.

Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

- 16 -

Page 17: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

4.12.a) Identificación da unidade didáctica

N.º Título da UD Duración

12 O traballo en equipo 8

4.12.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan

Resultado de aprendizaxe do currículo Completo

RA1 - Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización. SI

4.12.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte doalumnado

Criterios de avaliación

CA1.1 Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural, e valoráronse as súas vantaxessobre o traballo individual.

CA1.2 Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

CA1.3 Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

CA1.4 Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

CA1.5 Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

CA1.6 Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

CA1.7 Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos, e coa participación responsable e activa dos seus membros.

4.12.e) Contidos

Contidos

Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

Dinámicas de grupo.

Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

Equipos no sector forestal segundo as funcións que desempeñen.

Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

Equipos de traballo eficaces e eficientes.

Conflito: características, tipos, causas e etapas.

- 17 -

Page 18: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación

MÍNIMOS ESIXIBLES

Os mínimos esixibles serán os indicados como tales para cada unidade no apartado 4.c.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Os elementos a considerar para a avaliación positiva dos alumnos son os seguintes:

- Actitude e asistencia do alumno na clase (valor de 10%). Neste apartado valórase a asistencia e puntualidade, a participación, a iniciativa, o

interese pola materia e o comportamento xeral do alumno/a.

- Traballo realizado en grupo ou individualmente, según os criterios do profesor/a (valor de 20%). Valorarase neste apartado a claridade e orde, o

dominio dos contidos, a calidade, o esforzo, etc dos traballos e exercicios realizados polos alumnos/as.

- Exame de cada parte da materia (valor de 70%). Esta proba consistirá nun cuestionario con afirmacións para identificar se son verdadeiras ou

falsas, con preguntas tipo test con elección da alternativa correcta, preguntas breves e, de ser o caso, casos prácticos similares aos realizados na

clase. As preguntas tipo test respostadas incorrectamente restarán 1/3 do seu valor.

Superarán o exame todos aqueles alumnos/as que acaden un 5.

Entre todas as probas escritas feitas no trimestre, calcularase a media aritmética das mesmas, sempre que se obteña un mínimo de 4 puntos nos

distintos exames escritos.

Para poder considerar superada a materia o alumnado deberá obter un mínimo de cinco puntos como nota final, aplicando os tres elementos de

avaliación mencionados, en cada unha das avaliacións do curso.

6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación

* Os alumnos que non logren superar positivamente unha avaliación serán orientados, en función dos mínimos esixibles, para realizar tarefas,

exercicios ou traballos e superar unha proba ou control obxectivo. Serán unha prioridade na atención recuperadora aqueles alumnos dos que

podamos intuír que non lograrán cumprir os obxectivos do módulo.

A avaliación correspondente á observación directa e á revisión de tarefas recuperarase amosando unha evolución positiva ó longo do curso e/ou

repetindo aquelas actividades nas que non se acade avaliación positiva. Ademais, o profesor proporá, como actividades preparatorias, outros

supostos prácticos e aclarará as dúbidas que se lle presenten ao alumno.

* Nos casos dos alumnos que non acaden cualificación positiva durante o período de avaliación ordinaria, o profesor emitirá un informe

individualizado sobre as deficiencias polas que a cualificación é negativa.

Nunha primeira fase da avaliación extraordinaria, o profesor proporá as actividades a desenvolver durante o período extraordinario. Estas

actividades propostas serán avaliadas cos mesmos criterios indicados para a avaliación ordinaria. O profesor responsable orientará, nos días

fixados de mutuo acordo con cada alumno, sobre a forma de realizar o traballo proposto e resolverán as dúbidas expostas.

Nunha segunda fase da avaliación extraordinaria, o alumno realizará unha ou varias probas escritas, nas datas fixadas segundo acordo entre este

e o profesor.

Para superar o módulo será necesario superar positivamente ambas as fases.

- 18 -

Page 19: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito aavaliación continua

Neste caso, ao ser este un módulo de 107 horas e como as sesións de clase diarias son de 50 minutos, correspóndelle un máximo de 13 faltas.

Para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua está prevista a realización dunha proba final extraordinaria que terá lugar antes da

sesión de avaliación final do módulo. A proba final constará de cuestións teóricas e supostos prácticos que permitan a comprobación da

consecución dos mínimos esixibles que se expoñen nesta programación. En todo caso, o alumnado que teña perdido o dereito á avaliación

continua pode recabar o asesoramento do profesor para a preparación da devandita proba final extraordinaria.

7. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propiapráctica docente

Para promover a mellora do proceso de ensino e da práctica docente, someterase a un proceso de avaliación no que se examinarán os seguintes

aspectos:

a. Cumprimento dos obxectivos polo grupo de alumnos.

b. Organización e planificación das clases.

c. Planificación das tarefas.

d. Distribución de medios e tempos.

e. Implicación do grupo de alumnos.

f. Relación entre os alumnos e entre os alumnos e os profesores.

g. Adecuada progresión dos contidos.

h. Idoneidade dos materiais empregados.

i. Capacidade motivadora das actividades.

j. Cumprimento da secuenciación da Programación Didáctica.

k. Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais.

l. Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais.

Para levar a cabo esta avaliación da práctica docente, poderanse empregar os seguintes instrumentos:

- Autoevaluación por parte do profesor

- Cuestionarios aos alumnos, anónimos ou persoais

- Entrevistas cos alumnos

- Resultados do proceso de aprendizaxe dos alumnos

8. Medidas de atención á diversidade

8.a) Procedemento para a realización da avaliación inicial

Empregaranse distintos procedementos para coñecer e valorar a situación de partida dos alumnos e empezar desde o principio cunha intervención

axustada ás necesidades, intereses e posibilidades dos mesmos. Neste sentido, realizarase unha recollida de datos persoais e familiares de cada

alumno e dos relativos ao historial escolar. Durante o primeiro mes de clase, realizarase un seguimento dos alumnos, empregando os distintos

instrumentos e técnicas de avaliación habituais que se recollen nesta programación, para analizar as capacidades e posibilidades de cada alumno

e os coñecementos previos, así como para detectar as posibles dificultades que xurdan nos alumnos e orientalos nas medidas que deben tomar

para seguir o curso coas garantías necesarias.

- 19 -

Page 20: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados

De conformidade co establecido nos artigos 71 e ss da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, daremos resposta á atención dos

alumnos con necesidade específica de apoio educativo baseándonos nos principios de normalización e inclusión. Tratarase de ofrecer unha

docencia integradora, sabendo das diferentes capacidades e niveis do alumnado e da súa interacción particular coa formación específica.

En función das circunstancias particulares, e sempre en coordinación co Departamento de Orientación, poderán adoptarse diversas medidas, entre

as que cabe destacar:

- Reforzos educativos individualizados na aula.

- Adaptacións (non significativas) na secuencia de contidos, na metodoloxía, nos instrumentos de avaliación,... para aqueles alumnos/as que o

precisasen.

- Levar adiante actividades diferentes para un mesmo contido, en diferentes niveis de dificultade.

- Combinar agrupamentos homoxéneos e heteroxéneos, actuando intencionalmente na súa constitución, para que esta flexibilidade permita unha

mellor aprendizaxe en grupo.

- Organizar e distribuír espazos e tempos respectando as n.e.a.e.

9. Aspectos transversais

9.a) Programación da educación en valores

A finalidade da educación é o desenvolvemento integral do alumnado. Isto supón atender non só ás capacidades cognitivas ou intelectuais dos

alumnos senón tamén ás súas capacidades afectivas, motrices, de relación interpersonal e de inserción e actuación social. A formación ético-moral

xunto coa formación científica debe posibilitar esa formación integral.

A Lexislación educativa estableceu os currículos das distintas etapas educativas e neles os ensinos ou temas transversais que deben estar

presentes nas diferentes áreas. O carácter transversal fai referencia a diferentes aspectos:

a) Os temas transversais abarcan contidos de varias disciplinas e o seu tratamento debe ser abordado desde a complementariedade.

b) Non poden suscitarse como un programa paralelo ao desenvolvemento do currículo senón insertado na dinámica diaria do proceso de

ensinoaprendizaxe.

c) Son transversais porque deben impregnar a totalidade das actividades do centro.

Por outra banda, os temas transversais deben contribuír especialmente á educación en valores morais e cívicos do alumnado.

Son considerados temas transversais:

- Educación moral e cívica.

- Educación para a paz.

- Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos.

- Educación ambiental.

- Educación para a saúde.

- Educación vial.

- Educación do consumidor.

- Educación para o desenvolvemento.

- Educación para o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Aínda que este modulo ten relación con todas as categorías de valores de carácter transversal, algúns deles é máis doado integralos fluidamente

na programación, pois mesmo son contemplados na propia lexislación que debemos analizar e forman parte dos propios CA do módulo:

- 20 -

Page 21: ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS Os efectos do cambio climático, a sobreexplotación e o conseguinte esgotamento dos recursos naturais, a desaparición de especies da

ANEXO XIIIMODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS

PROFESIONAIS

1. Educación ambiental, relacionado co bloque de saúde laboral. Tendo en conta o sector produtivo é preciso sensibilizar ó alumnado respecto a

necesidade de utilizar materiais e realizar un bo tratamento dos residuos, con vistas á protección do medio ambiente e aumento dos niveis de

calidade y seguridade.

2. Educación Vial, vinculado co tema de Sinalización e Accidentes de Traballo ¿in itinere¿.

3. Educación para a Saúde, temas de prevención de riscos e de primeiros auxilios. É tamén un dereito e un deber dos traballadores a integridade

física e unha adecuada política de seguridade e hixiene.

4. Educación para a Paz, que contribúe a desenvolver no alumnado a capacidade para consolidar su madurez persoal, social, e moral permitindo

actuar de forma pacífica na resolución de conflitos.

Igualdade de oportunidades. Non discriminación no acceso ao emprego unha vez empregados por razón de sexo, estado civil, relixión, etc¿Esta

igualdade deberase respectar en todo momento, incluso no acceso ao mercado laboral.

5. Educación Moral y Cívica. Relacionada cos deberes que rexen a relación laboral, como os de cumprir as obrigas concretas do seu posto de

traballo, de conformidade coas regras da boa fe e dilixencia.

6. Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, directamente relacionada co bloque de procura de emprego.

Por último, a necesidade de consultar múltiples páxinas Web (mtas.es, seg-social.es, redtrabaja, etc.), e de navegar pola rede é parte da

Educación para o uso das TIC.

9.b) Actividades complementarias e extraescolares

Para a mellor consecución dos obxectivos do módulo ou para ampliar e afondar nos contidos do mesmo, prevese a realización de determinadas

actividades, en coordinación co resto dos profesores que imparten docencia no ciclo:

- Primeiros auxilios e técnicas de reanimación cardio-pulmonar: organizarase unha explicación práctica ao alumando das actuacións a realizar

durante unha situación de emerxencia, así como da técnica RCP.

- Cine de temática social: ao longo do curso proxectaranse longametraxes con perspectivas alternativas sobre as relacións sociolaborais . A

elección realizarase entre os seguintes títulos: "Los lunes al sol", "La cuadrilla", "Full Monty", "El método", etc.

10.Outros apartados

10.1) Libro de texto

O libro de texto recomendado para este módulo é o manual de FOL da editorial "Tu libro de FP".

- 21 -