2
Monforte de Lemos SANTIAGO DE COMPOSTELA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO Verín N-120 A-52 A-52 N-525 Chantada Lalín Vilagarcía de Arousa N-525 A-6 N-VI A-9 A Gudiña Allariz Sandiás Xinzo de Limia Rairiz de Veiga Vilar de Santos Celanova Castro Caldelas N-120 A Bola Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico e innovador, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas. Agricultura e gandeiría constituíron tradicionalmente a súa base económica, destacando fundamentalmente o cultivo da pataca e dos cereais, así como antigamente o proceso de cultivo e elaboración do liño. Non obstante, hoxe podemos dicir que a vella definición de Vilar de Santos como concello agrario está a mudar nos últimos anos, con novas áreas de desenvolvemento e un grande crecemento do sector empresarial e de servizos, coa posta en marcha do Parque Empresarial, en fase de ampliación que o convertirá na área industrial máis importante do sur da provincia de Ourense. Nos últimos anos, convertiuse tamén nun referente na busca de novas alternativas para a modernización do agro; apostas de futuro neste eido son o Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia ou o Botánico da Limia, que abrirán as súas portas na segunda metade do ano 2008 co obxectivo de seguir encabezando as iniciativas máis novedosas de desenvolvemento no rural. O centro de Transformación será un espazo no que os agricultores da zona poderán experimentar os distintos aproveitamentos posibles dos seus produtos, e o Botánico cumplirá unha función didáctica tanto para os agricultores, como para os visitantes que eiquí se queiran achegar. A manifestación da vida e o saber tradicional do territorio refléxanse no Museo da Limia, que alberga “A morada da memoria antelana“. As súas dependencias recrean manifestacións e elementos da vida tradicional; pero a súa singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxectos que formaron parte dela. O seu traballo non remata dentro das catro paredes do museo, tamén nas aulas agrarias mostran aos visitantes cómo facer o pan nos fornos comunais, ou a cultivar o liño e transfomalo en fibra textil nun obradoiro, así como practicar xogos tradicionais recuperados como A Porca. A Aldea de Saa como futuro centro de agroturismo, xa constitúe un reclamo turístico para todos os que se achegan ao concello; actualmente en proceso de rehabilitación, conserva todo o misterio e encanto de ter sido o núcleo primixenio de Vilar de Santos, e entre as súas pedras, podemos facer un repaso a toda a historia do pobo, desde o castro orixinario pasando polo seu abandono na pasada década dos 60 ata a arquitectura máis vanguardista do século XXI, todo elo nun entorno natural e paisaxístico de gran valor. Asemade, para disfrutar da natureza, cómpre camiñar polas rutas de sendeirismo homologadas: a Ruta do Ruxidoiro, sendeiro circular que partindo da Igrexa de Vilar de Santos, percorre a zona máis próxima a Saa chegando ata o Ruxidoiro, zona natural de gran valor e a Ruta de Castelaos, para os amantes das áreas naturais e boscosas, que parte da Area Recreativa e discurre polos vellos camiños que antigamente comunicaban as aldeas do concello. En definitiva, toda esta labor de conservación da natureza e a paisaxe conxugada co desenvolvemento económico, de participación veciñal, de posta en valor do noso patrimonio cultural, fixo posible a inclusión de Vilar de Santos na Reserva da Biosfera Área de Allariz no ano 2005. O penedo da moura Entre o monte Cantariñas e o Ruxidoiro, hai un penedo redondo con extrañas formas redondeadas e ovaladas; semella que alí viviu alguén. Este penedo recibe o nome de Peiteador da Raíña Moura. Dícese que alí desapareceu misteriosamente unha rapaza chamada Mariquiña que vivía en Saa, que ía tódolos días coas vacas e as ovellas para o monte das Cantariñas. Un bo día, a rapaza viu sentada no penedo, unha velliña que a chamaba polo seu nome. Ao achegarse, a anciá pídelle que lle peitee os cabelos cun peite dourado. Despois de peiteala, ben peiteada, a vella vólvelle a pedir outro favor: que lle dé unha pouca de leite pois estaba famenta. Ao rematar esta tarefa, a señora pídelle que lle preste o seu pano, marchando para dentro dunha das cantarolas do penedo e regresando con algo envolto que lle entrega á nena dicindo: “Toma, e non o abras ata chegar á túa casa. Prégoche un favor, non lle digas a ninguén que estiveches falando conmigo”. A rapaza xura que ninguén o ha de saber e promete volver ao día seguinte. Cara á noite, cando chega á casa e abre o pano, encóntrase cun montón de moedas de ouro. Feliz e sorprendida, móstrallas a súa nai pero non lle di onde as tiña atopado. Fiel á sua promesa, a rapaza volve ao día seguinte co gando ó mesmo lugar, xuntándose de novo coa vella. Como a velliña volveu a pedirlle que a peiteara, ela cumple coa súa tarefa pero á nena dalle un ataque de tos e a vella bérralle: “Tuse para outro lado, que se me cuspes na cabeza, vólvome cristiá”. Neste momento, a pequena decátase que nise mesmo monte vive unha moura que tiña medo a ser bautizada polo cuspe dun cristián, e empézalle a entrar o medo. A pesares disto, ela fai todo o que lle encomenda a señora e volve a conseguir o pano cargado de ouro. Desta vez, súa nai non pudo aguantar tanto misterio e consigue, despois dunha boa rifa, que lle conte a verdade. Ao día seguinte volveu de novo co gando e ao anoitecer viñeron para a casa vacas e ovellas, pero a nena non aparecía. A nai buscouna polo monte xunto cos veciños da aldea, berrando o seu nome. Entón de entre os penedos, saíu unha voz que lle contestou: A Mariquiña por lingoreteira / Está na miña barriga /Fritida con allo e manteiga. OURENSE Allariz Sandiás Xinzo de Limia Castro Caldela Rairiz de Veiga Vilar de Santos Celanova area CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible Rúa Celanova, 77 - 32650 Vilar de Santos - Ourense Telf.: (988) 46 58 83 - Fax: (988) 46 58 63 www.vilardesantos.com A Bola area Vilar de santos a bola · rairiz de veiga vilar de santos · allariz

anverso vilar de santos - allariz.com · singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxectos que formaron

Embed Size (px)

Citation preview

Monfortede Lemos

SANTIAGO DECOMPOSTELA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

VIGO

Verín

N-120

A-52

A-52

N-525

Chantada

Lalín

Vilagarcíade Arousa

N-525

A-6

N-VI

A-9

A Gudiña

Allariz

Sandiás

Xinzo de LimiaRairiz de Veiga

Vilar deSantos

Celanova

Castro Caldelas

N-120

A Bola

Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico e innovador, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas. Agricultura e gandeiría constituíron tradicionalmente a súa base económica, destacando

fundamentalmente o cultivo da pataca e dos cereais, así como antigamente o proceso de cultivo e elaboración do liño. Non obstante,

hoxe podemos dicir que a vella definición de Vilar de Santos como concello agrario está a mudar nos últimos anos, con novas áreas de desenvolvemento e un grande crecemento do sector empresarial e

de servizos, coa posta en marcha do Parque Empresarial, en fase de ampliación que o convertirá na área industrial máis

importante do sur da provincia de Ourense.

Nos últimos anos, convertiuse tamén nun referente na busca de novas alternativas para a modernización do agro; apostas de futuro neste eido son o Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia ou o Botánico da Limia, que abrirán as súas portas na segunda metade do ano 2008 co obxectivo de seguir encabezando as iniciativas máis novedosas de desenvolvemento no rural. O centro de Transformación será un espazo no que os agricultores da zona poderán experimentar os distintos

aproveitamentos posibles dos seus produtos, e o Botánico cumplirá unha función didáctica tanto para os agricultores, como para os visitantes

que eiquí se queiran achegar.

A manifestación da vida e o saber tradicional do territorio refléxanse no Museo da Limia, que alberga “A morada da memoria antelana“. As súas dependencias recrean manifestacións e elementos da vida tradicional; pero a súa singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxectos que formaron parte dela. O seu traballo non remata dentro das catro paredes do museo, tamén nas aulas agrarias mostran aos visitantes cómo facer o pan nos fornos comunais, ou a cultivar o

liño e transfomalo en fibra textil nun obradoiro, así como practicar xogos tradicionais recuperados como A Porca.

A Aldea de Saa como futuro centro de agroturismo, xa constitúe un reclamo turístico para todos os que se achegan ao concello; actualmente en proceso de rehabilitación, conserva todo o misterio e encanto de ter sido o núcleo primixenio de Vilar de Santos, e entre as súas pedras, podemos facer un repaso a toda a historia do pobo, desde o castro orixinario pasando polo seu abandono na pasada década dos 60 ata a arquitectura máis vanguardista do século XXI, todo elo nun entorno natural e paisaxístico de gran valor.

Asemade, para disfrutar da natureza, cómpre camiñar polas rutas de sendeirismo homologadas: a Ruta do Ruxidoiro, sendeiro circular que partindo da Igrexa de Vilar de Santos, percorre a zona máis próxima a Saa chegando ata o Ruxidoiro, zona natural de gran valor e a Ruta de Castelaos, para os

amantes das áreas naturais e boscosas, que parte da Area Recreativa e discurre polos vellos camiños que antigamente comunicaban as aldeas do concello.

En definitiva, toda esta labor de conservación da natureza e a paisaxe conxugada co desenvolvemento económico, de participación veciñal, de posta en valor do noso patrimonio cultural, fixo posible a inclusión de Vilar de Santos na Reserva da Biosfera Área de Allariz no ano 2005.

O penedo da mouraEntre o monte Cantariñas e o Ruxidoiro, hai un penedo redondo con extrañas formas redondeadas e ovaladas; semella que alí viviu alguén. Este penedo recibe o nome de Peiteador da Raíña Moura. Dícese que alí desapareceu misteriosamente unha rapaza chamada Mariquiña que vivía en Saa, que ía tódolos días coas vacas e as ovellas para o monte das Cantariñas. Un bo día, a rapaza viu sentada no penedo, unha velliña que a chamaba polo seu nome. Ao achegarse, a anciá pídelle que lle peitee os cabelos cun peite dourado. Despois de peiteala, ben peiteada, a vella vólvelle a pedir outro favor: que lle dé unha pouca de leite pois estaba famenta. Ao rematar esta tarefa, a señora pídelle que lle preste o seu pano, marchando para dentro dunha das cantarolas do penedo e regresando con algo envolto que lle entrega á nena dicindo: “Toma, e non o abras ata chegar á túa casa. Prégoche un favor, non lle digas a ninguén que estiveches falando conmigo”. A rapaza xura que ninguén o ha de saber e promete volver ao día seguinte. Cara á noite, cando chega á casa e abre o pano, encóntrase cun montón de moedas de ouro. Feliz e sorprendida, móstrallas a súa nai pero non lle di onde as tiña atopado. Fiel á sua promesa, a rapaza volve ao día seguinte co gando ó mesmo lugar, xuntándose de novo coa vella. Como a velliña volveu a pedirlle que a peiteara, ela cumple coa súa tarefa pero á nena dalle un ataque de tos e a vella bérralle: “Tuse para outro lado, que se me cuspes na cabeza, vólvome cristiá”. Neste momento, a pequena decátase que nise mesmo monte vive unha moura que tiña medo a ser bautizada polo cuspe dun cristián, e empézalle a entrar o medo. A pesares disto, ela fai todo o que lle encomenda a señora e volve a conseguir o pano cargado de ouro. Desta vez, súa nai non pudo aguantar tanto misterio e consigue, despois dunha

boa rifa, que lle conte a verdade. Ao día seguinte volveu de novo co gando e ao anoitecer viñeron para a casa vacas e ovellas, pero a nena non aparecía. A nai buscouna polo monte

xunto cos veciños da aldea, berrando o seu nome. Entón de entre os penedos, saíu unha voz que lle contestou:

A Mariquiña por lingoreteira / Está na miña barriga /Fritida con allo e manteiga.

OURENSE

Monfortede Lemos

Allariz

Sandiás

Xinzo deLimia

Verín

Castro Caldelas

Cerdeira

San Xoánde Río

A GudiñaRairiz de

Veiga

Vilar deSantos

Manzaneda

Pobra deTrives

N-120

Celanova

area

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLEDirección Xeral de Desenvolvemento Sostible

Rúa Celanova, 77 - 32650 Vilar de Santos - OurenseTelf.: (988) 46 58 83 - Fax: (988) 46 58 63

www.vilardesantos.com

A Bola

area

Vilar de santos

a bola · rairiz de veigavilar de santos · allariz