4
Voceiro da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña Número I Inverno 2012 Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual Saúdo da Presidenta, Yolanda Pascual Tras seis meses de vida decidimos que era hora de sacar á rúa este pequeno e humilde voceiro para contar o traballo que levamos feito en todo este tempo. Por primeira vez en moito tempo un barrio con tanta historia como o da Magdalena volvía a ter unha Asociación para mellorar a calidade de vida da xente que aquí vive. Dende o noso nacemento tivemos claro que esta non tiña que ser unha Asociación que estivera adicada tan a recibir subvencións, senón que era necesario ter actividades, facer cousas que moitas veces non requiren da necesidade de cartos, senón da vontade das persoas por facer actividades para todos. E vontade temos suficiente. É por iso que queremos usar este voceiro, o primeiro de moitos, para presentar as imaxes do traballo que levamos feito ao longo de todo este tempo. Como sabedes, seguimos constante- mente buscando novos socios, novas familias que vivan ou traballen dentro do noso barrio, entre a Ponte Nova e a Costa da Condomiña e que manteñan ao día o pago mensual de 3 euros que se estableceu na primeira reunión. Tan só con isto pasarás a engrosar a gran familia que é esta Asociación. E como todos os que intentan facer este tipo de traballos podemos cometer erros, moitas veces por descoñecer o funcionamento diario deste tipo de asociacións. Pero para iso estamos, para axudarvos e que nos axudedes.

Veciños da Magdalena e a Condomiña I

Embed Size (px)

Citation preview

Voceiro da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña Número I Inverno 2012

Saúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda Pascual

Tras seis meses de vida decidimos que

era hora de sacar á rúa este pequeno e

humilde voceiro para contar o traballo

que levamos feito en todo este tempo.

Por primeira vez en moito tempo un

barrio con tanta historia como o da

Magdalena volvía a ter unha Asociación

para mellorar a calidade de vida da

xente que aquí vive. Dende o noso

nacemento tivemos claro que esta non

tiña que ser unha Asociación que

estivera adicada tan só a recibir

subvencións, senón que era necesario

ter actividades, facer cousas que moitas

veces non requiren da necesidade de

cartos, senón da vontade das persoas

por facer actividades para todos.

E vontade temos suficiente. É por iso

que queremos usar este voceiro, o

primeiro de moitos, para presentar as

imaxes do traballo que levamos feito ao

longo de todo este tempo.

Como sabedes, seguimos constante-

mente buscando novos socios, novas

familias que vivan ou traballen dentro

do noso barrio, entre a Ponte Nova e a

Costa da Condomiña e que manteñan

ao día o pago mensual de 3 euros que

se estableceu na primeira reunión. Tan

só con isto pasarás a engrosar a gran

familia que é esta Asociación.

E como todos os que intentan facer este

tipo de traballos podemos cometer

erros, moitas veces por descoñecer o

funcionamento diario deste tipo de

asociacións.

Pero para iso estamos, para axudarvos e

que nos axudedes.

Sábado 7 de abrilSábado 7 de abrilSábado 7 de abrilSábado 7 de abril————Comida de PresentaciónComida de PresentaciónComida de PresentaciónComida de Presentación

Luns 9 de abrilLuns 9 de abrilLuns 9 de abrilLuns 9 de abril————O luns da MagdalenaO luns da MagdalenaO luns da MagdalenaO luns da Magdalena

Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño ----Charla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrio

Aproveitamos a Festa da Magdalena para presentarnos cunha churrascada na que vendimos máis de duascentas racións de comida. Recuperamos para este día a receita do Bolo da Magdalena e tivemos xogos infantís para todos os nenos do barrio.

Aproveitamos o Luns da Magdalena para seguir ca festa. Á saída da misa repartimos cacahuetes e viño. Ademais trouxemos a un grupo de música tradicional e fixemos que despois de moito tempo a xente volvera á Festa da Magdalena.

Trouxemos ao historiador betanceiro Xose Mª Veiga Ferreira a falar da historia do noso barrio. Foi unha charla na Capilla da Magdalena e que servíu para pechar a Exposición de Fotos Antigas. Na charla, que está dispoñible en Internet, falou do Hospital de Leprosos, da Fábrica de Curtidos, das nosas fontes da Condomiña e da Cangrexeira, de veciños ilustres, etc.

Sábado 16 de xuñoSábado 16 de xuñoSábado 16 de xuñoSábado 16 de xuño————Exposición de fotos antigasExposición de fotos antigasExposición de fotos antigasExposición de fotos antigas

Durante varios meses recolectamos entre os veciños fotos antigas do barrio cas que fixemos unha exposición. A día de hoxe a colección segue aumentando e dentro de pouco poderemos ver a exposición no Liceo e recollida nun pequeno libro.

Sábado 30 de xuñoSábado 30 de xuñoSábado 30 de xuñoSábado 30 de xuño————Lumeirada de San PedroLumeirada de San PedroLumeirada de San PedroLumeirada de San Pedro

Celebramos a chegada do verán todos xuntos cunha lumeirada e un concerto.

5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo————Feira Franca MedievalFeira Franca MedievalFeira Franca MedievalFeira Franca Medieval

Para a Feira Medieval cada familia participou aportando un postre que xunto aos alimentos típico (cacahuetes e Bolo da Magdalena) os tivemos á venda no noso posto. Ademais de dar a coñecer as actividades da Asociación de Veciños ensinámoslle a todos os que por el pasaron que na Idade Media xa existía o noso barrio, que era onde estaban ingresados os leprosos. Intentamos facer a representa-ción da expulsión dos leprosos nas nosas rúas, pero dende o Concello non aceptaron a nosa proposta.

Domingo 2 de setembroDomingo 2 de setembroDomingo 2 de setembroDomingo 2 de setembro————I Xira aos CaneirosI Xira aos CaneirosI Xira aos CaneirosI Xira aos Caneiros

Para despedir o verán todos xuntos fixemos unha viaxe na Diana Cazadora e subimos a pasar o día ao Campo dos Caneiros. Bailes, baños no río, comida e unha queimada ao chegar a terra.

E isto non é todo!

- Firmamos un convenio de colaboración ca Biblioteca do IES As Mariñas para poder

levar prestados os libros e as películas que teñen.

- Facemos pequenos préstamos de cartos sen intereses ás familias que teñan que

afrontar un gasto extraordinario.

- O Concello e o Ministerio de Traballo non nos deixan un local no edificio dos

Sindicatos, no Parque, pero seguimos buscando alternativas.

- Reunimos máis de 1300 firmas para evitar a colocación dunha gasolineira diante do

colexio Vales Villamarín.

- Conseguimos cambiar o paso de peatóns da Avenida Fraga Iribarne e a colocación

de obstáculos para limitar a velocidade dos coches.

- Reclamamos todo tipo de obras e amaños que foran necesarios para o barrio e

tamén unha maior presencia dos servizos de limpeza en certas zonas.

- Temos Lotería de Nadal á venda, o número é o 35.247...a ver se hai sorte!

E sobre todo, estamos aquí para axudarte, para ser unha parte máis da túa familia!!!

Únete a nós!!!Únete a nós!!!Únete a nós!!!Únete a nós!!!