12

Click here to load reader

Arquitectura Popular 01

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Libro sobre la arquitectura popular en Galicia. Parte 1.

Citation preview

Page 1: Arquitectura Popular 01

PROPOSTA PEDAGÓXICAARQUITECTURA POPULAR

-I-

Patrimonio e rehabilitación

Page 2: Arquitectura Popular 01

S e r i e

Dirección

Secretaría

Coordina

Texto

Ilustracións

Deseño e Maquetación

Edita

Impresión

Dep. Legal

Fernando Rodríguez NespereiraGilberto Rodríguez NóvoaCentro de Cultura Popular“Xaquín Lorenzo Fernández”

Imprenta da Deputación de Ourense

Mariló e Xulio Fernández SenraFco. Xavier Álvarez CamposCentro de Cultura Popular“Xaquín Lorenzo Fernández”

Todos os dereitos de reprodución, adaptación, tradución ourepresentación dos textos, ilustracións e fotografías están reser-vados e só poderán ser exercidos por terceiros previa solicitudee correspondente permiso dos editores ou dos autores.

RAIGAMEA p d o . 4 8 4

Te l f / f a x : 9 8 8 2 4 9 4 9 33 2 0 8 0 - O u r e n s e

e -ma i l : e s cdanza@depour en s e . e swww.d epour en s e . e s

Page 3: Arquitectura Popular 01

A arquitectura popular forma parte esencialda cultura e tradición do noso pobo. Nestesmomentos en que a evolución da sociedadepropicia cambios globalizadores vertixino-sos consideramos imprescindible asentaruns pricipios básicos, inamomibles que pre-serven e defendan o noso patrimonio contraesta marea que nos asoballa.Dende fai algúns anos estase a loitar, porparte de moitos estamentos públicos emesmo privados, contra a ola de “feismo-construtivo” que chegou até o máis aparta-do rincón da nosa xeografía, mutilando e enmoitos casos destruíndo unha parte impor-tantísima do noso patrimonio como é a nosaarquitectura popular. Debemos xuntar todosos esforzos que poidamos para paliar estecancro que estamos a padecer desde haimoitos anos.Fanse necesarias políticas axeitadas por

parte da administración que impidan estadebacle patrimonial, unha política integra-dora na que poida convivir o tradicionalcoas novas tecnoloxías de xeito que se pre-serve a paisaxe galega e a súa propia idio-

sincrasia. Mais compre así mesmo, facer untraballo de información e concienciación, atodos os niveis, para acadar a imprescindi-ble colaboración de toda a sociedade gale-ga.Entendemos que este traballo debe come-

zar pola base. Debemos concienciar e infor-mar aos nosos nenos e nenas da importan-cia da arquitectura popular. Debemos for-malos para que coñezan, repecten e ameno noso patrimonio motivándoos para quetraballen arreo e loiten pola súa conserva-ción.Poñemos a disposición de todos os colexiose profesores interesados estas propostaspedagóxicas cunha información básica esinxela encamiñadas a mentalizar aosnosos alumnos da situación de declive enque se atopa esta parte moi importante donoso patrimonio cultural e da necesidade deque toda a sociedade colabore neste arduopero apaixoante traballo de conservación eproteccion da nosa RAIGAME.

Centro de Cultura Popular“Xaquín Lorenzo Fernández”

3

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

LIMIAR

Page 4: Arquitectura Popular 01

Entendemos por Arquitectura Popular aforma de ordenación e construción que sefixo -fundamentalmente no medio rural- froi-to da experiencia e tradición dos oficiosartesáns, transmitida a través do tempo eempregando materiais autóctonos. En contraposición con este tipo de saberarquitectónico temos a arquitectura culta,(relixiosa ou monumental) na que un exper-to, mestre de obras ou arquitecto, proxecta-ba e dirixía a obra con gran-des pretensións, ao longo demoitos anos coa colaboracióndoutros artistas e artesánsespecializados como esculto-res, pintores, orfebres, etc.

A arquitectura popular conséguese comoresultado de conxugar dunha forma prácticae sinxela a necesidade do individuo de bus-car un asentamento estable para poder vivire relacionarse cos demais, de dispor delocais para almacenar os produtos docampo, así como alpendres e cortes paragardar a ferramenta e o gando. Todas estasedificacións son feitas polo propio campesi-ño e a súa familia coa axuda e a colabora-ción dos artesáns da zona, resolvendo os

4

PROPOSTA PEDAGÓXICA: ARQUITECTURA POPULAR

Entendemos porArquitectura Popular aforma de ordenación e

construción que se fixo -fundamentalmente nomedio rural- froito da

experiencia e tradicióndos oficios artesáns,

transmitida a través dotempo e empregandomateriais autóctonos.

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

Page 5: Arquitectura Popular 01

problemas técnicos ao igual que noutrasedificacións do mesmo entorno, cuxosresultados a nivel práctico e funcional estánsancionados pola experiencia de moitosanos, creando así unha tipoloxía determina-da en cada área en función dos cultivos edo clima.A arquitectura popular está moi ligada aos

factores humano, agrícola e gandeiro de talxeito que as variacións de ordenación,asentamento, tipoloxía e forma de constru-ción están condicionadas dun xeito definiti-vo polo tipo de vida agrícola do campesiñoe o medio no que se desenvolve.O tipo de agricultura varía duns lugares aoutros, en función da composición da terra,

o clima e o emprazamento entre outros fac-tores. Do mesmo xeito é normal que a arqui-tectura popular, -aínda que a nós nos pare-za semellante- varíe duns lugares a outros,influíndo tamén os materiais utilizados, oscostumes e as tradicións.Por esta razón, resulta normal atopar gran-des diferenzas na función e tipoloxía da

5

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

A arquitectura popular está moi ligada aos factores humano, agrícola e gandeiro de tal xeito que as variacións deordenación, asentamento, tipo-loxía e forma de construciónestán condicionadas dun xeitodefinitivo polo tipo de vida agrícola do campesiño e o medio no que sedesenvolve.

Page 6: Arquitectura Popular 01

vivenda rural da casa galega, desde a casamariñeira de alegre colorido, aberta e sole-ada, pasando pola casa de montaña deconstrución austera, pequenos ocos nafachada, pequenas galerías orientadas aosur, abrigadas unhas casas contra as outrasao resguardo dos ventos, ou a casa daribeira con balcóns, corredores, solainas,terrazas e patios -nos que se fai a maiorparte da vida doméstica-, diferenciada ade-mais polas construcións auxiliares adosa-das ou ailladas nas que se ubican as cortes,adegas, canastos, airas ou parrais, segun-do o cultivo dominante. A cultura do viño trae como consecuenciaconstrucións rurais como adegas, lagares eparrais. A cultura do pan a construción deairas, canastos, muiños, fornos, etc. Mais

non son soamente arquitectura popular asconstrucións domésticas individuais senónque tamén debemos destacar as constru-cións comunais como petos de ánimas, cru-ceiros, capelas, pasais, pontóns ou fontes.Todo este tipo de construcións constitúe opatrimonio inmobiliario popular herdado portradición secular dos nosos antepasados,froito da elaboración construtiva de oficiosartesáns e que nos deixa mostra da sabidu-ría popular, a tradición e as formas de vidadas xentes do campo.Este amplo patrimonio podemos dividilopara o seu estudo en varios apartados:– Patrimonio Privado Monumental, forma-do por algúns pazos e castelos de importancia.

6

PROPOSTA PEDAGÓXICA: ARQUITECTURA POPULAR

Todo este tipo de constru-

cións constitúe opatrimonio inmo-

biliario popularherdado por tra-

dición seculardos nosos ante-pasados, froitoda elaboraciónconstrutiva de oficios artesáns e que nos deixa mostra da sabiduría popular, a tradición

e as formas de vida das xentes do campo.

Page 7: Arquitectura Popular 01

– Patrimonio Público Monumental, comoson fortalezas, murallas, castelos e algúnsedificios relevantes.– Patrimonio de Orixe Relixioso, formadopor mosteiros, santuarios, igrexas, ermidase casas rectorais.– Patrimonio Comunitario Rural, compos-to por muiños, fornos, pontes, airas, petosde ánimas, cruceiros, fontes, etc.– Patrimonio Privado Rural, formado polamaioria dos pazos, vivendas rurais edemais construcións comprementarias davida do campesiño.

O estado actual de conservación dos nososnúcleos rurais, grandes ou pequenos, ondese enclavan a maioría das construcións quecompoñen o patrimonio privado rural e queson obxecto desta proposta pedagóxica,varía notablemente duns sitios a outros.Desgraciadamente, predomina unha paisa-xe rural alterada, que se foi modificandonestos trinta últimos anos, perdendo a súaidentidade natural con novas formas cons-trutivas, emplazadas no corazón dos tradi-

7

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

Aínda non estamos suficienten-mente concienciados

en defender o patrimo-nio rural arquitectónico,

que ven a ser a expre-sión feita edificación

do noso feito culturaldiferenciado.

Page 8: Arquitectura Popular 01

cionais núcleos rurais. Introdúcense mate-riais novos, que non gardan relación comedio, e volumes desproporcionados eafastados da tipoloxía existente. Este tipode actuacións propiciará un deterioro irrepa-rable da arquitectura popular tradicional,incrementado polo desprezo que amosa-mos cara a súa conservación derrubando,en moitos casos, numerosas edificaciónssingulares.Este problema ven xerado fundamental-mente pola falla de normativas que regulena tipoloxía e materiais deste tipo de constru-cións e tamén pola escasa sensibilidadeque amosamos cara o noso patrimonio.Consideramos importante defender a nosacultura, a nosa literatura, a nosa personali-dade como pobo, a nosa lingua, nunhapalabra, o noso elemento diferenciador.Mais desgraciadamente aínda non estamossuficientenmente concienciados en defen-der o froito de todo o anteriormente ditocomo é o patrimonio rural arquitectónico, a

expresión feita edificación do noso feito cul-tural diferenciado.A arquitectura rural forma parte da nosa cul-tura e do noso ser como pobo. Por iso apesar das evolucións e melloras que sendúbida se producen no campo da edifica-ción, non podemos derrubar e borrar aspegadas do noso pasado.Estamos obrigados a correxir no posibleestas deficiencias, e tentar aportar desdeaquí toda a nosa forza para difundir o patri-monio que aínda temos, axudando a sensi-bilizar a todos os estamentos e persoasimplicadas na súa conservación e mante-mento.Cando escollemos ou dispomos dunha edi-ficación antiga, que pretendemos rehabilitar,debemos ter en conta, e de forma clara, oconcepto e o fin a conquerir con esta edifi-cación. Debemos estudar a forma da edifi-cación, antigüidade e historia, que nos dirá,

8

PROPOSTA PEDAGÓXICA: ARQUITECTURA POPULAR

En canto estudamos o hábitat que nos rodea e a pouco que nos fixemos,poderemos comprobar ossignos de pertenza a unhacultura, os que son caracte-rísticos do pobo, e lle danpersonalidade propia.

Page 9: Arquitectura Popular 01

a nada que nos fixemos, o por que da súaforma construtiva, a súa disposición e orien-tación, comprendendo o seu funcionamentoe a súa distribución. Debemos contemplar oprogama de necesidades en concordanciaco uso e función que primitivamente tiña oque nos obrigará a encaixar o novo deseñonos ríxidos muros de carga e pechamentoexistentes así como a buscar alternativascon reformas e modificacións dalgúns ele-mentos construtivos co fin de adaptar o edi-ficio ás novas esixencias.Unha vez estudada a casa a rehabilitar,debemos diferenciar nela o importante doaccesorio ou decorativo. Por iso, os ele-mentos construtivos que compoñen a edi-ficación pódense catalogar en tres gru-pos diferenciados en función da súaimportancia

Elementos fundamentais: aqueles quenon se poden tocar baixo pena de desnatu-

ralizar as características fundamentais.• A forma do volume xeral.• O tipo de cuberta e a súa pendente.• A disposición e tamaño dos ocos defachadas, corredores e galerías.• A composición construtiva e revestimen-to dos muros.• Algunhas chimeneas relevantes.

Elementos interesantes: son aqueles nosque a súa modificación debe realizarse conprecaución, a fin de non alterar ou perderparte do valor histórico da casa.

• A forma das xanelas e verxas.• A distribución interior dalgunhas estan-cias singulares como galerías, cociñas ousalas.• As chimeneas.• As varandas e balconadas.

Por último atoparemos os elementos acce-sorios que non definen a edificación, e portanto poden modificarse con total liberdade.

9

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

As condicións climáticas, a oro-grafía e os costu-mes populares cre-aron varias tipolo-xías e formas pro-pias de constru-

ción. Están delimitadas en áreas homoxéneas xeográ-ficas, con similares características arquitectónicas.

Page 10: Arquitectura Popular 01

Os materiais que posúe a primitivaedif icación, a súa calidade e a súacomposic ión, condic ionaranos amantelos na medida do posible ou asubstitui los por outros máis moder-nos pero que non interfiran de mododestacado no aspecto xeral da edif i-cación a rehabil i tar.Non debemos esquencer os arredo-res e construcións auxil iares existen-tes, cuxa modi f icación será máisdestacada trocando o uso das cortese espazos que agora non teñen razónde ser, por outro t ipo de estancias,tentando deixar no posible, as pega-das do seu primitivo uso.Todas estas consideracións son pre-misas obr igadas á hora de nosenfrentar á rehabil i tación dun edif i-c io, ben sexa pazo ou casa delabranza, independentemente de queteña maior ou menor relevancia.Rehabilitar supón volver a habitar,volver a dar o uso a un edificio queco paso do tempo perdera. Supónsempre unha conservación máis oumenos acentuada na que debemosdeixar constancia dos elementosfundamentais que compoñen a edi-ficación, da súa función e dos seussinais de identidade.Por iso é fundamental e necesario teren conta a h is tor ia, os mater ia isempregados, o sistema de constru-ción, etc. En canto estudamos ohábitat que nos rodea e a pouco quenos fixemos, poderemos comprobaros signos de pertenza a unha cultura,os que son característicos do pobo, elle dan personalidade propia.Pequenos detalles fan que a arqui-tectura popular varíe dunhas zonas a

outras e is to débese cuidar. EnGalicia, como en tantos outros luga-res, as condicións cl imáticas, a oro-grafía e os costumes populares crea-ron varias t ipoloxías e formas pro-pias de construción. Están delimita-das en áreas homoxéneas xeográfi-cas, con s imi lares caracter ís t icasarquitectónicas. Así, débese estudara t ipoloxía na zona, a forma e cons-trución dos vós, corredores, galerias,balcóns, escaleiras ou cubertas.Igualmente se pode establecer unhanormativa máis ou menos ríxida quecondic ione o t ipo de mater ia is aintroducir na rehabil i tación co f in deharmonizar cos existentes. Debemoster moi claro que a identidade propiado feito construtivo non se pode alte-rar nen perder con ningún tipo deintervención ou rehabi l i tac ión.Porque a ident idade construt ivaforma parte da cultura, da tradición eda forma de ser das xentes e calque-ra alteración desta identidade tipoló-xica ou formal supón unha perda irre-parable e un olvido da nosa historia.Alabamos a forma na que os pobosestranxeiros, sobre todo do centro deEuropa, souberon conservar as cons-trucións rurais, incluso en lugaresafectados polas guerras mundiais,reconstruíndo, rehabil i tando, dandonova vida e destacando as peculiari-dades da súa arquitectura, de talxeito que hoxe son un exemplo aseguir e en moitos casos conformannúcleos de gran atractivo turístico.Os nosos pazos, inmortalizados l i te-rar iamente por Val le- Inc lán eTorrente Ballester, forman parte inse-parable da paisaxe galega. As nosascasas grandes ou pequenas casas dealdea, teñan ou non nas súas facha-das escudos de armas e l inaxe, son

10

PROPOSTA PEDAGÓXICA: ARQUITECTURA POPULAR

Page 11: Arquitectura Popular 01

un anaco do noso acervo cultural. Éobrigación nosa conservalos e contri-buir deste xeito a non se perdan irre-mediablemente.Poderán real izarse rehabi l i tac iónscon formas construtivas diferentes atodo o dito, con materiais e técnicasnovas por profesionais especializa-dos que sexan capaces de harmoni-zar e conxugar a beleza do vello coalixeireza do novo, pero de ningúnxeito a rehabil i tación pode quedar a

expensas de criterios vanais ou senconsistencia, coa teoría de que porser feito con materiais actuaias émellor, xa que iso nos levaría a des-trozar e alterar o noso patrimoniorural e perder para sempre os nosossinais de identidade.

11

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN

A identidade construtiva forma

parte da cultura, datradición e da formade ser das xentes ecalquera alteración

desta identidade tipo-lóxica ou formal

supón unha perdairreparable e un olvido da nosa

historia.

Page 12: Arquitectura Popular 01

Raigame