32
As mulleres nos medios de comunicación Santiago de Compostela, decembro de 2004

As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

  • Upload
    others

  • View
    9

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación

Santiago de Compostela, decembro de 2004

Page 2: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación - Índice

- 1 -

I. INTRODUCCIÓN................................................................................................................2

Os medios e a súa incidencia social............................................................................................ 2

A situación das mulleres nos medios de comunicación................................................................. 4

Os estereotipos femininos ......................................................................................................... 5

Mulleres, medios de comunicación e progreso ............................................................................ 6

II. O TRATAMENTO MEDIÁTICO DA VIOLENCIA DE XÉNERO................................................9

A violencia de xénero ................................................................................................................ 9

O enfoque do tratamento informativo diario da violencia de xénero ........................................... 10

A necesaria protección ás vítimas............................................................................................. 11

III. AS MULLERES NA PUBLICIDADE ....................................................................................12

IV. A PUBLICIDADE DA PROSTITUCIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN .......................14

V. LIÑAS POLÍTICAS DE ACTUACIÓN..................................................................................16

Ámbito Internacional............................................................................................................... 16

Ámbito Europeo ...................................................................................................................... 17

Ámbito Español....................................................................................................................... 19

• España 2002. Guía de boas prácticas para palia-los efectos da violencia contra as mulleres e conseguir a súa erradicación........................................................................... 19

• Plan integral contra a violencia doméstica 2001 - 2004 ..................................................... 19

Ámbito Autonómico................................................................................................................. 20

• Plan de acción contra a violencia de xénero 2002 - 2005. Área de prevención .................... 20

- Medios de comunicación.......................................................................................... 20

• IV Plan de Igualdade de oportunidades das mulleres galegas 2002-2005........................... 21

- Protocolo Xeral de colaboración entre o Servizo Galego de Igualdade, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Compañía RTVG e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2002). .................. 21

- Decreto 137/1998, de 30 de abril, pola que se crea a Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista e se regula a súa composición e funcionamento. .................. 22

- Observatorio da Publicidade .................................................................................... 24

VI. DECÁLOGO DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO........26

VII. BIBLIOGRAFÍA................................................................................................................28

Page 3: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 2 -

I. INTRODUCCIÓN

Seguir falando de promove-la igualdade entre homes e mulleres no comezo do século XXI, cando

menos debería de resultar anacrónico. E, sen embargo, a pesar dos logros do século XX aínda

estamos moi lonxe de ter logrado unha situación harmoniosa entre os dous sexos: homes e

mulleres.

A influencia dos medios de comunicación é un fenómeno social que no século XXI alcanza unha

particular relevancia de cara á consecución da igualdade de xénero. Desgraciadamente, esta

influencia non sempre é positiva no proceso de consecución da igualdade de oportunidades para as

mulleres, xa que, aínda que unhas veces os medios de comunicación axudan á consolidación de

grandes avances, a través da súa posibilidade de crear opinión, noutras ocasións inciden

negativamente neste proceso, ó se converter en nexos entre o público consumidor e os obxectivos

comerciais, para os que unha imaxe estereotipada das mulleres supón un estímulo e incentivo

comercial nesta sociedade de consumo.

OS MEDIOS E A SÚA INCIDENCIA SOCIAL

Os medios de comunicación propoñen pautas de comportamento a través da utilización de

modelos de xénero, que son tomados como referentes por toda a sociedade. Contribúen así a

crear unha visión da realidade tal, que os sitúa actualmente como un dos principais axentes

socializadores do individuo. Podemos dicir, sen lugar a dúbidas, que os medios de comunicación

son a mellor canle para supera-los estereotipos de xénero dende hai tanto tempo arraigados na

sociedade e a súa vez, para contribuír á consecución dunha prosperidade harmónica de homes e

mulleres.

A capacidade de influencia dos medios de comunicación é notoria e aínda que cada vez hai máis

profesionais implicados e implicadas en reflectir situacións de avance con respecto á igualdade de

xénero, constatamos diariamente a persistencia dunha falla de reflexión sobre esta influencia e o

seu alcance no que se refire á igualdade entre homes e mulleres na nosa sociedade: non existe

reflexión sobre os efectos das mensaxes transmitidas, que xeralmente axudan ao mantemento

dunha visión do mundo impregnada de prexuízos sexistas e séguese a transmitir, como algo

normal, unha imaxe das mulleres deformada e estereotipada, que non reflicte, en moitos casos, os

cambios profundos conseguidos.

Aínda están latentes aspectos que non se corresponden co momento histórico actual, xa que nos

diriximos, tras anos de reivindicacións, a un tempo en que a discriminación, a desigualdade, a

inferioridade e a dependencia serán un recordo do pasado, deixando cada vez máis distantes os

Page 4: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 3 -

modelos culturais, familiares e sociais, xa superados. Non obstante, algúns medios persisten aínda

en transmitir vellos valores, proxectando en ocasións unha imaxe vexatoria e denigrante das

mulleres.

Cando os medios de comunicación identifican, aínda hoxe, ás mulleres como únicas responsables

no ámbito doméstico e familiar e aos homes no espazo público e profesional, estase a utilizar un

tópico antigo e, indirectamente, incídese na profunda discriminación que existiu desde sempre na

sociedade. Os estereotipos de xénero encaixan a unhas e outros, esixíndonos responder a modelos

que supoñen unha barreira no avance na igualdade de homes e mulleres.

Nos nosos días, os medios de comunicación establecen un modelo mediante os procesos

seguintes:

1. Creación dun sistema de valores nos que uns suxeitos son clasificados como “inferiores e

subordinados”.

2. A estes valores corresponden uns códigos de conduta cos que se trata de adaptar aos

suxeitos a eses valores.

3. A aparición de símbolos significa que estes valores son interiorizados sen reflexión. O

símbolo denota que os valores se estandarizaron no grupo social.

4. Consecuentemente con iso, aparecen os prexuízos, que non son senón a transmisión de

valores, códigos e símbolos adaptados polo grupo dominante como forma de control sobre

o grupo dominado.

5. Todo o anterior acabará xerando unha mentalidade coa que se somete aos individuos

clasificados en forma negativa.

No caso das mulleres, os prexuízos difundidos historicamente foron os seguintes:

- A muller considerada como simple fenómeno da natureza;

- A muller causante de tódolos males;

- A muller como corpo, e como corpo sexual:

- A muller como suxeito intelectualmente inferior;

- A muller como desvinculada do público, centrada no privado e particularmente no

superficial;

- A muller como carente de vida e intereses propios.

Aínda hoxe, unha importante cantidade de contidos verquidos en noticias e programas dirixidos ao

colectivo feminino apóianse en concepcións de xénero moi lonxe da realidade. Danse noticias e

dedícanse programas ao colectivo feminino centrando as informacións en temas frívolos e banais

relacionados coa moda, a beleza e os chamados temas do corazón. As mensaxes envíanse

Page 5: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 4 -

voluntariamente a un público identificado, de maneira descualificadora e irónica, como composto

fundamentalmente por mulleres dedicadas ás tarefas de esposas, nais e amas de casa.

Considerando a posición privilexiada dos medios de comunicación na creación de cultura, resulta

difícil que esta prescinda dos estereotipos que nutren as ideoloxías dominantes cando se

reproducen con certa frecuencia desde o ámbito informativo. Con lentitude pero nun proceso

imparable, as mulleres están introducíndose no mundo da política, da educación, da cultura, da

economía, no mundo profesional, con avances sorprendentes. Nos medios, estes pasos percíbense

e transmítense máis lentamente do que ocorren na realidade.

A SITUACIÓN DAS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Un dos factores que contribúen á difusión dunha imaxe estereotipada das mulleres a través dos

medios de comunicación é a minoría na que se atopa o colectivo de mulleres profesionais da

información nos espazos decisorios.

As redes de acordos masculinos, fundamentados na axuda mutua e na complicidade, sustentan o

poder que se basea en criterios de maior profesionalidade. Estes pactos actúan como un todo

cultivado en relacións de solidariedade como grupo, non de forma individual, e fronte ás mulleres,

e constitúense nunha barreira invisible que impide o paso das mulleres nas institucións, incluídas

as institucións influentes.

Os directores dos medios de comunicación pasaron de ser xornalistas a seren editores,

empresarios que priman aquilo que interesa á audiencia, á busca do bo resultado empresarial. E

son directores e non directoras, porque as mulleres como directoras de medios contan con escasa

representación, o seu número non é representativo e o seu poder para modifica-la situación

escaso.

As noticias encádranse en determinados tipos, independentemente da súa transmisión a través de

calquera dos medios. Todo o referente á actuación dos gobernos, clasificase como noticia

preferente ou de importancia, seguida das noticias referidas a persoeiros que se adican ou

adicaron á política. Outro capítulo de relevancia constitúeno as noticias de deportes,

fundamentalmente o fútbol, do que as mulleres están xeralmente excluídas como noticia. En temas

de finanzas, normalmente tampouco aparecen mulleres, e cando as mulleres están presentes

nalgún destes espazos, destácase o seu aspecto feminino e preséntase con demasiada frecuencia

irrompendo nun mundo de homes e baixo o prisma do superficial, da frivolidade.

Page 6: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 5 -

En canto ás persoas entrevistadas para cubrir informacións, independentemente de se a entrevista

a realiza un home ou unha muller, o cuestionario estrutúrase en torno a certos estereotipos. Se a

noticia é de carácter doméstico, vai dirixido á muller nun 100%; este feito non se cuestiona. Se a

información que se quere dar é de ámbito profesional, empresarial ou político, diríxese ó colectivo

masculino, considerándoo como o representativo e único.

As mulleres están pouco representadas nos espazos informativos. Aparecen fundamentalmente

como protagonistas de informacións de sucesos e de noticias de sociedade, pero raras veces na

súa faceta de profesionais, empresarias, políticas e outras moitas profesións nas que destacan e

están presentes. Cando os medios reflicten estas situacións, por outro lado cada vez máis

frecuentes, acostuman a incidir na condición de muller que triúnfa como caso illado e excepcional,

nun mundo reservado aos homes, que son os protagonistas de informacións relevantes e notorias.

OS ESTEREOTIPOS FEMININOS

Os contidos dunha boa cantidade de programas televisivos, así como a publicidade, presentan un

modelo de persoas que pouco ou nada teñen que ver coa realidade.

O modelo de muller que acostuma a presentarse é o da muller tenra, submisa, delicada, discreta,

moza, fermosa. Destácase non so o seu aspecto físico, senón tamén a súa pasividade. Preséntana

limitando as súas funcións na sociedade ó ámbito do fogar e resaltando as súas cualidades como

nai exemplar, como ama de cada eficiente, esposa que coida o seu marido e as súas cousas, que

escoita silenciosamente –mellor non opina-, e é discreta, é dicir, debe axustarse ó patrón tipo

creado polo home.

Fronte a esta imaxe de muller como tal, está o prototipo de home que tódolos medios destacan:

independente, forte, respéctase o seu traballo e ten unha boa posición económica. Preséntaselle

sempre como activo, lucindo a súa masculinidade, fronte á muller en pasividade. Cando a muller

adopta algunha das actitudes consideradas estereotipadas como propias do home, se lle considera

masculina e se é o home quen asume aspectos tipificados como femininos, considéraselle

afeminado.

Observamos que, unidos aos vellos mitos sobre as mulleres, prodúcense novos prexuízos e

estereotipos integrados na sociedade de consumo na que vivimos.

Nestas condicións, tres serían as tácticas coas que se deteriora a imaxe das mulleres mediante

unha desvalorización continuada e habitual nos medios de comunicación.

Page 7: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 6 -

1. a selección dos aspectos máis provocativos ou extravagantes dunha conduta;

2. a presentación das mulleres como individuos illados sen conexións co exterior e sen

interese pola marcha do mundo;

3. a confusión, o humor maledicente e a ridiculización das representacións comúns e tópicas

sobre o rol da muller.

MULLERES, MEDIOS DE COMUNICACIÓN E PROGRESO

A Plataforma para a Acción de Beijing, adoptada na IV Conferencia Mundial das Mulleres (1995),

destacaba cinco puntos primordiais para a relación entre mulleres, medios de comunicación e

progreso. Estes puntos son:

• Os avances conseguidos nas tecnoloxías da información, en particular as posibilidades das

redes de comunicación de transcende-los límites nacionais, o que ten beneficios e

desvantaxes para as mulleres.

• O aumento do número de mulleres que traballan no sector das comunicacións que, non

obstante, non se traduce nun aumento no acceso ó poder e á toma de decisións nos

medios; as mulleres tampouco están en condicións de influír nas políticas de comunicación.

• A falta de sensibilidade de xénero nas políticas e programación dos medios; o aumento na

promoción do consumismo e a necesidade de crear mecanismos autorregulatorios

para os medios.

• A imaxe estereotipada da muller que prevalece nos medios e o aumento de imaxes

violentas e pornográficas das mulleres.

• Os obstáculos que deben supera-las mulleres para acceder ás autopistas da información e

a necesidade de que se involucren no desempeño e a difusión das NTIC.

Estudios realizados por organismos internacionais encargados de promover políticas de igualdade

entre homes e mulleres, coinciden en recomendar aos medios de comunicación que eviten os

encadramentos que fan difícil a visualización da diversificación de roles, ademais de solicitar que

reflictan a imaxe real que están desempeñando as mulleres no mundo, como consecuencia da súa

actividade e da súa formación a tódolos niveis.

A pesares da existencia destes códigos de actuación consensuados globalmente, continúa

prevalecendo unha representación e imaxe negativas das mulleres, que pode estar vinculada á

falta de utilización dos códigos éticos para os medios e, nalgúns casos, á inexistencia de tales

códigos. As mulleres continúan tendo un acceso e unha participación limitados na toma de

decisións nos gobernos, nos entes que supervisan a formulación e implantación das políticas de

Page 8: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 7 -

comunicación dos medios e na propia industria influínte. Por iso necesítanse máis esforzos por

parte dos gobernos, empresas dos medios e ONGs para logra-los obxectivos estratéxicos descritos.

Os obstáculos fundamentais encontrados son os seguintes:

• A proxección continua de imaxes degradantes da muller, de estereotipos de

xénero e de programación violenta e pornográfica teñen un impacto negativo e

inhiben a plena participación das mulleres na sociedade. As políticas de comunicación

contra as imaxes sexistas e estereotipadas das mulleres continúan sendo insuficientes. Hai

unha grande confusión entre liberdade sexual, moralidade, pornografía e

violencia sexual: hai que saber recoñecer a esta como unha violación dos

dereitos humanos das mulleres e non confundila con supostos dereitos. Xa se

deron algúns esforzos por establecer ou manter mecanismos de autorregulación do

contido dos medios, pero hai unha clara falta de sancións efectivas cando se violan as

regulacións existentes.

• Como as temáticas de xénero non son consideradas importantes ou factibles de producir

ingresos, moitas mulleres atopan dificultades para entrar nos medios de comunicación.

Continúan sendo limitadas as oportunidades que teñen as mulleres de obter emprego e

acceso a postos directivos na industria dos medios. Non hai suficientes mulleres nos

medios que conseguiran posicións executivas na programación.

• A participación das mulleres nos procesos de comunicación está relacionada en grande

medida coa súa posición de xénero. Algunhas áreas importantes do xornalismo son

consideradas, aínda hoxe, como de dominio masculino e os prexuízos de xénero impiden

que as mulleres que traballan nos medios participen plenamente na conformación do

contido dos mesmos.

• Poucas escolas de xornalismo incorporaron as temáticas de xénero nos seus plans de

estudio. As e os profesionais do xornalismo que intentan introducir unha perspectiva de

xénero nos seus traballos atopan moitas veces a resistencia como resposta ou son

tomados a broma polos seus colegas ou xefes. As mulleres comunicadoras sinalan que a

discriminación e o acoso sexual están entre os principais obstáculos ó seu progreso

profesional. Tamén é extremadamente difícil abrir un debate público sobre temas como

comunicación e democracia, códigos de ética ou responsabilidade social dos medios, cando

os directivos e tamén algún xornalista néganse a recoñecer a súa responsabilidade, e moi

poucos están dispostos a tratar estes temas publicamente.

• A falta de acceso das mulleres a infraestruturas básicas fan que o acceso amplo ás NTIC

sexan unha posibilidade distante, complicada aínda máis por factores como as restricións

económicas. Aínda nos centros urbanos, o principal obstáculo para acceder e utilizar as

NTIC son os custos dos equipos e dos servizos, a falta de capacidade e o idioma –polo

Page 9: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Introducción

- 8 -

dominio do inglés en Internet-. Houbo pouco compromiso tanto das institucións públicas

como privadas para aborda-la situación das mulleres e as NTIC. O desenvolvemento das

novas tecnoloxías non ten en conta as prácticas nin as necesidades das mulleres: a maior

parte da industria da informática desenvólvese pensando na xuventude adolescente ou no

varón adulto.

Page 10: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – O tratamento mediático da violencia de xénero

- 9 -

II. O TRATAMENTO MEDIÁTICO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia contra as mulleres constitúe un grave problema social consecuencia da dominación

ancestral que os homes exerceron sobre as mulleres, e que presenta profundas raíces sociais e

culturais. É un problema, polo tanto, que ten que ver co papel de submisión ó que as mulleres

foron durante séculos relegadas. O seu tratamento por parte dos medios de comunicación é

enormemente importante xa que del depende en boa parte a concienciación da sociedade en xeral

en torno a un problema que posiblemente constitúe a violación dos dereitos humanos máis

frecuente nas sociedades occidentais.

A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero é unha lacra social presente en tódolos países do mundo, afecta a calquera

tipo de muller e en calquera parte do mundo, sen ter en conta a clase social, relixión, raza ou

educación. No mundo occidental, estanse levando a cabo campañas públicas de sensibilización

para erradica-la violencia contra as mulleres, pero é fundamental o propor unha reflexión respecto

a cómo na prensa, na radio, no cine, na publicidade ou na televisión e en xeral en toda a industria

da cultura se detecta un constante goteo de imaxes e expresións que alimentan precisamente ese

patrón que mostra unha visión deformada das mulleres como vítimas, obxectos sexuais e figuras

dominadas.

Os medios de comunicación en xeral, ben sexa desde a prensa, radio ou televisión ata chegar a

Internet, seguen presentando unha imaxe das mulleres estereotipadas e tradicional nas súas

relacións de parella, baseadas no dominio e a subordinación aos varóns. Roles sexistas que de

forma máis ou menos encuberta axudan a propagar e afianzar situacións de desigualdade, de

dependencia, de inferioridade, que en moitos casos poden servir para incentiva-la violencia de

xénero e a degradación das mulleres.

A pesar dos avances rexistrados nos últimos anos, nos que se observa, por parte das e dos

profesionais, unha maior toma de conciencia sobre a imaxe discriminatoria das mulleres nos

medios de comunicación, elimina-las mensaxes que contribúan a crear este estereotipo

feminino debería ser, sen dúbida, o punto de partida prioritario para poder afrontar con

posibilidades de éxito o problema da violencia que se exerce contra as mulleres.

Tratase, polo tanto, dunha tarefa global, que vai máis aló dun enfoque correcto nunha noticia

sobre malos tratos.

Page 11: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – O tratamento mediático da violencia de xénero

- 10 -

O ENFOQUE DO TRATAMENTO INFORMATIVO DIARIO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

É aínda frecuente que quen exercen o xornalismo consigan as súas informacións sobre casos de

violencia de xénero a través da policía, a xustiza, o persoal sanitario ou o veciñanza, e como tal

transmíteno, sen traballo de filtro previo e fomentando os estereotipos dominantes na sociedade.

Baixo este prisma, preséntase o delito do agresor suavizado e en certo modo desculpado, aludindo

a crimes pasionais, problema psicolóxicos, alcoholismo, paro ou exceso de traballo e tensión, entre

outras cuestións. A estes feitos podería contrapoñerse o que as mulleres tamén poden, en

determinados momentos da súa vida, estar baixo os efectos deses mesmos síntomas, soidade,

falta de autoestima, necesidade de traballo remunerado e sen embargo, non presentan, en xeral,

signos de agresividade e violencia.

A prontitude que require a elaboración de informacións e a competencia entre os diferentes

programas de sucesos fai que a reflexión sobre as noticias de violencia de xénero sexa en ocasións

escasa ou nula, con tódolos riscos que ilo comporta á hora de valorar, sopesar versións e

testemuños, e investiga-las causas e as circunstancias da noticia.

Nas redaccións non se efectúa habitualmente unha valoración explícita do cambio de actitude

respecto ó problema da violencia contra as mulleres. Para conseguir unha dignificación da

mensaxe informativa sería preciso proceder á formación especializada non só das persoas que

traballan con este tipo de noticias senón de todas as persoas que informan sobre elas.

A concisión da linguaxe informativa e o pouco tempo concedido nos noticiarios obrigan a unha

síntese que contravén as esixencias de claridade e sensibilidade que un asunto tan complexo

necesita. Observase tamén unha rutina na labor informativa, unha especie de clixé utilizado no

tratamento das noticias sobre a violencia contra as mulleres que tenden a xeneralizar e uniformar

tódolos casos sobre os que se informe. E non é aconsellable xeneralizar. Non tódolos casos son

iguais e o seu emprazamento no que se coñece como violencia de xénero ou violencia contra as

mulleres é a consecuencia final e non o punto de partida.

Os titulares escríbense de forma tan esquemática que resulta difícil transmiti-los distintos matices

do feito en tan poucas palabras. Determinadas frases de impacto repítense nos distintos medios e

introducen unha certa dose de frivolidade e de xustificación encuberta. Ó mesmo tempo a busca

dunha linguaxe comprensible e coloquial pode producir un efecto de minusvalorización dos feitos

sobre os que se informa.

Page 12: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – O tratamento mediático da violencia de xénero

- 11 -

Os programas espectáculo e a busca de audiencia por riba das consideracións éticas, sitúannos en

ocasións ante os aspectos máis dramáticos para buscar espectacularidade e este feito pode

aumenta-la conmiseración polas vítimas, para facer, ó tempo, que se perda a perspectiva global.

Tamén contribúen a elo determinadas denuncias en programas televisivos a cargo de persoeiros

do mundo do corazón, nun marco de frivolidade e espectáculo.

Ás veces aténtase contra o dereito das vítimas, minimizándose sobre o móbil, aportando

conxecturas, testemuñas banais; en definitiva, aportando informacións superfluas e enganosas sen

contar con testemuñas de profesionais que poderían aportar unha visión rigorosa e fiable sobre a

envergadura deste problema.

A NECESARIA PROTECCIÓN ÁS VÍTIMAS

O dereito a información e o dereito da sociedade a coñece-los detalles dos feitos ocorridos entran

en flagrante contradición cos dereitos das mulleres a ver a súa intimidade protexida. A incidencia

nos aspectos dramáticos, escabrosos, morbosos que todo caso de violencia contra as mulleres

presenta afecta á dignidade das mulleres vítimas, ó seu dereito a que non se divulguen

informacións que tan só supoñen para elas unha dobre vitimización: vítimas en primeiro lugar da

violencia das súa parellas e vítimas despois duns medios de comunicación que expoñen á luz

pública os detalles do maltrato que sufriron, en moitos casos con todo luxo de detalles escabrosos

que, supostamente, fan crece-lo valor documental e testemuñal do material informativo.

Acostúmase, ademais, a encubri-la problemática de fondo e manter impolutas as relacións

xerárquicas entre os sexos, informando sobre a violencia de xénero como se se tratara dunha

suma de dramáticos sucesos persoais, un a un, individualmente, en vez de como un problema

colectivo, froito da desigualdade na que nos educamos mulleres e homes e que fai que unha parte

da sociedade teña asumidos, aínda hoxe, roles que non corresponden coa situación actual. Seguir

utilizando termos como “crime pasional” ou “compañeiro sentimental”, é unha maneira encuberta

de xustifica-lo uso da violencia dos homes contra as mulleres, de dar carta de normalidade aos

asasinatos de mulleres. Na construción de todo relato informativo xogan un papel fundamental as

fontes. No caso da violencia de xénero, as máis habituais son veciñais e familiares; así, as

declaracións contribúen a remarca-lo carácter individual, persoal e de ámbito doméstico das

agresións. Nárrase o suceso pero case nunca o problema, exhíbese o efecto pero se agacha o

motivo de fondo. Pola contra, non se acude a fontes coñecedoras e estudosas da violencia de

xénero con capacidade para explicar, interpretar e argumentar sobre as causas que a producen e

para desentrañar as súas raíces ideolóxicas, colectivas e políticas.

Page 13: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – As mulleres na publicidade

- 12 -

III. AS MULLERES NA PUBLICIDADE

A publicidade constitúe un importante foco de proxección e de consolidación de estereotipos,

valores e comportamentos sociais do que é preciso analizar o seu funcionamento.

As mulleres contan cun protagonismo especial no discurso publicitario, dada a dobre condición de

consumidoras para uso propio e para uso doutras persoas. Ó mesmo tempo, a imaxe das mulleres

utilízase como un obxecto asociado a numerosos produtos, recibindo en múltiples ocasións un trato

vexatorio coa finalidade de alenta-lo consumo por parte de homes como de mulleres.

No ámbito publicitario, as persoas pasan a seren unidades de consumo e considérase que son máis

proclives a consumir cando viven organizadas en torno a modelos familiares convencionais. O

papel dos personaxes femininos adultos neste esquema destaca polo seu clasicismo, é dicir, pola

referencia a uns modelos fixados pola tradición máis conservadora e que cada vez están máis

desvinculados da realidade. A publicidade, sen embargo, persiste na súa defensa porque tal

estratexia responde ás esixencias dun mercado de consumo de escasas miras no que se segue

dando prioridade ao coñecido e tradicional. A inexplicable ausencia nas propostas publicitarias de

persoeiros femininos con traballos retribuídos fora do ámbito doméstico é un claro exemplo do

anacronismo que se percibe nos discursos publicitarios, así como do seu papel de abandeirados

dunha organización do mundo que nada ten que ver xa coa realidade.

Por tanto, os arquetipos non reflicten a realidade senón que constitúen meras propostas de

esquemas ou modelos de vida segundo os cales nos debemos rexer. Mediante o uso de arquetipos

inténtase que as mulleres se sintan reflectidas nos modelos femininos que a publicidade

representa, que se guíen por unha aparente diferenza que en realidade só tende cara a

uniformización. Con esta estratexia, empregando persoeiros arquetípicos, a publicidade da a

entender que os que aparecen reflectidos nela representan tódolos tipos de mulleres. Esta

simplificación homoxeneizadora que sofren os persoeiros femininos resulta moi evidente cando de

forma simplista e agresiva móstranse modelos que dividen o mundo en dous xéneros antagónicos.

A publicidade, mecanismo reprodutor da cultura consumista, actúa como unha verdadeira arma de

persuasión, mantendo e alimentando falsas necesidades cunha presión constante que se estende

a tódolos campos de acción social. É unha vía de infiltración social que divulga e perpetúa os

efectos negativos da relación entre xéneros. A cosificación do corpo das mulleres e o seu

tratamento como obxecto de pracer ó servizo do desexo masculino, poden ser vistos como unha

consecución nefasta máis do tratamento inadecuado dos temas de xénero por parte da cultura da

comunicación, constituíndo obstáculos moi graves ó pleno desenvolvemento da igualdade na nosa

sociedade.

Page 14: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – As mulleres na publicidade

- 13 -

Partindo desta cuestión, é certo que polo menos boa parte do que coñecemos sobre situacións de

gravidade estrema, como é o caso do tráfico de mulleres e a prostitución, coñecémolo a través dos

medios de comunicación e a publicidade, que, a través da transmisión e interpretación da realidade

social, contribúen á formación da opinión pública. E unha opinión só é sólida cando está baseada

no coñecemento dos feitos e as situacións e non en prexuízos, estereotipos ou comentarios

infundados de persoas con coñecementos irrelevantes sobre un tema.

Page 15: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – A publicidade da prostitución

- 14 -

IV. A PUBLICIDADE DA PROSTITUCIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Recentemente (setembro 2003) o primeiro xornal de distribución mundial, The International Herald

Tribune, difundido diariamente en cento oitenta e cinco países, anunciaba publicamente a súa

decisión de non volver a publicar anuncios de prostitución, tamén denominados eufemisticamente

“servizos de acompañamento” ou, en inglés, “scort services” . A razón que se argumenta é que

este tipo de publicidade “non encaixa cos estándares e valores da compañía”, segundo Richard

Wooldridge, presidente e conselleiro delegado do xornal.

A sorpresa que causou esta decisión, que suporá unha considerable redución dos ingresos que

pola publicidade ingresaba anualmente o xornal, reflectiuse nos medios de comunicación españois;

no noso país, desde o ano 1995 en que, apartándose das directrices internacionais, o Código Penal

deixou de incluí-lo proxenetismo como un delito, asistimos á multiplicación dos diferentes tipos de

establecementos onde se exerce a prostitución, coa conseguinte multiplicación nos medios escritos

da publicidade sobre o “relax”, que aumento ata acadar na actualidade niveis verdadeiramente

alarmantes. Así, un estudio realizado en novembro de 2003 por “El Confidencial Digital”

proporciona as seguintes cifras relativas ás porcentaxes de anuncios de “contactos” publicados en

cada medio escrito en relación co total de anuncios publicados:

• El Mundo, 86% de anuncios de “contactos” (804 dun total de 928);

• El Periódico de Cataluña, 77% (649 de 838);

• El País, 73% (769 de 1040);

• La Vanguardia, 38% (500 anuncios);

• ABC, 36% (400);

• La Razón, 30% (250)

Marjorie Scandino, directiva do Grupo Pearson, un dos grupos mediáticos máis poderosos do

mundo, editor do Financial Times e de The Economist, asómbrase de que España sexa o único país

europeo onde a prensa de calidade publica anuncios de prostitución e obtén por ilo grandes

beneficios. Os anuncios inclúen todo tipo de descricións explícitas dos “servizos” ofrecidos e do

prezo que cobran as mulleres. Algúns, duns anos a esta parte, introduciron a modalidade de

incorporar fotografías de mulleres espidas e en todo tipo de explícitas actitudes para explicar aínda

máis o produto publicitado.

Este feito resulta dunha gravidade extrema si o poñemos en relación cos datos máis recentes

relativos ó exercicio da prostitución no noso país. Das aproximadamente 300.000 mulleres que

alimentan este grande negocio en España, un 90% son estranxeiras que, forzadas ou non,

entraron en España para escapar dunha situación de extrema miseria, desigualdade e violencia nos

Page 16: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – A publicidade da prostitución

- 15 -

seus países de orixe, sexan estes América Latina, África subsahariana ou Europa do Leste. A

prostitución é, nestes momentos, unha máis das formas de escravitude que subsisten no mundo,

ademais de supoñer o máis grave atentado á dignidade das mulleres. Unha porcentaxe moi

elevada de mulleres que exercen a prostitución en España entraron ilegalmente no país, a través

das mafias de tráfico de persoas que actúan con maior liberdade desde 1995, e son obrigadas a

prostituírse para paga-las débedas que supostamente contraeron cos que as axudaron a entrar no

noso país, sometidas a todo tipo de violencias e vexacións tanto polos proxenetas como polos

clientes aos que deben satisfacer diariamente en horario de seis da tarde a seis da mañá.

Independentemente das circunstancias das mulleres, da súa situación de legalidade ou ilegalidade,

da súa introdución irregular en España e da voluntariedade ou non da decisión de exerce-la

prostitución, debemos entender que a prostitución é unha das violencias máis extremas ás que as

mulleres se enfrontan hoxe en día e unha violación dos dereitos humanos; exhibidas como

mercancía á venda a disposición do cliente, esencialmente masculino –as referencias á prostitución

de homes para unha suposta clientela feminina non deixan de ser meras anécdotas desde o punto

de vista dos números- as mulleres atópanse nunha situación de grave indefensión e sometidas a

unha “profesión” extremadamente perigosa, como o pon de manifesto o número de crimes

sometidos sobre o colectivo de mulleres prostituídas que recentemente cobrouse unha nova vítima

na cidade de Ourense. As mulleres sofren ademais a sinalización social dunha actividade que, a

pesares da súa antigüidade e independentemente da moral imperante, endexamais foi aceptada

completamente. As razóns, evidentemente, non son morais ou legais: cuestionan non só a licitude

da venda dun corpo humano, senón, e sobre todo, esa mesma licitude no caso da compra. ¿Pode

un ser humano comprar a outro que se atope en situación de desigualdade?. Mentres que as

mulleres viven marcadas polo rexeitamento social que supón o exercicio desta actividade, os

clientes, descoñecidos e ocultos na maioría das sociedades, gozan da máis absoluta impunidade e

da complicidade dunha opinión pública descoñecedora da situación real na que se vive o fenómeno

da prostitución ou enganada por aqueles que presentan á prostitución como un exemplo do nivel

de liberdade sexual e de moral moderna dunha sociedade.

Page 17: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 16 -

V. LIÑAS POLÍTICAS DE ACTUACIÓN

A igualdade de homes e mulleres é obxectivo a conseguir desde as distintas institucións e

organismos, como requisito esencial para o pleno desenvolvemento dos Estados democráticos; en

tódolos ámbitos nacionais e internacionais recoñécese este principio como prioritario para o

progreso das comunicades e dos pobos. Esta igualdade normativa lévase á práctica introducindo a

perspectiva de xénero en todas as actuacións públicas; incluíndo as realizadas a través dos medios

de comunicación.

Os Plans de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de tódolos organismos contemplan

entre as súas medidas de actuación, a realización de estudios de xénero que amplíen os

coñecementos sobre temas relacionados coas imaxes que os medios de comunicación transmiten

sobre as mulleres.

ÁMBITO INTERNACIONAL

1995. Plataforma de acción de Toronto: documento do simposio sobre a mulleres e os

medios de comunicación (Toronto, marzo 1995). Auspiciado pola UNESCO e as Nacións Unidas, o

documento recolle unha lista de accións a curto e longo prazo dirixidas ás industrias influentes, as

asociacións profesionais de medios de comunicación, as institucións educativas e de capacitación

dos medios, os gobernos e outros.

1995. Declaración de Beijing e plataforma para a acción. IV Conferencia Mundial sobre as

mulleres, Beijing (China), setembro de 1995. Nacións Unidas. Dúas das doce áreas de interese

sinaladas na Plataforma para a acción refírense, no punto D, á violencia contra as mulleres e no J,

aos medios de comunicación.

Dentro do obxectivo estratéxico D.1, onde se sinalan as medidas para previr e elimina-la violencia

contra as mulleres, recóllese a medida 125 que, ademais de a outros organismos, está dirixida aos

medios de comunicación e no seu punto J) recolle: “Concienciar acerca de la responsabilidad de los

medios de comunicación en la promoción de imágenes no estereotipadas de mujeres y hombres y

eliminar los modelos de conducta generadores de violencia que en ellos se presentan, así como

alentar a las personas responsables del contenido que se difunde a que establezcan directrices y

códigos de conducta profesionales, y sensibilizar sobre la importante función de los medios de

información en lo relativo a informar y educar a la población acerca de las causas y los efectos de

la violencia contra las mujeres y a estimular el debate público sobre el tema”.

Page 18: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 17 -

No Obxectivo estratéxico D.2, que recolle as medidas para estuda-las causas e as consecuencias

da violencia contra as mulleres e a eficacia das medidas de prevención, na medida 129, punto d)

dise: “Alentar a los medios de comunicación a que examinen las consecuencias de los estereotipos

sexistas, incluídos aquellos que se perpetúan en los anuncios publicitarios que promueven la

violencia y las desigualdades de género, así como también la manera en que se transmiten durante

el ciclo vital, y a que adopten medidas para eliminar esas imágenes negativas con miras a

promover una sociedad no violenta”.

No punto J, e no Obxectivo estratéxico J.1., na medida 241, punto d) di: “Impulsar la participación

de mujeres en la elaboración de directrices profesionales y códigos de conducta y otros

mecanismos apropiados de autorregulación, para fomentar una imágen equilibrada y no

estereotipada de las mujeres en los medios de comunicación”. Na medida 242, punto a):

“Estimular la creación de grupos de control que supervisen a los medios de comunicación y

celebrar consultas con ellos, a fin de velar porque las necesidades y las preocupaciones de las

mujeres se reflejen de manera apropiada”.

No Obxectivo estratéxico J.2. medida 243, punto C): “Desarrollar programas de formación y

sensibilización sobre asuntos de género para las y los profesionales de los medios de comunicación

que incluyan también a propietarios y gestores de ambos sexos, con el fin de que se utilicen y se

fomenten en los medios imágenes equilibradas, plurales y no estereotipadas sobre las mujeres”

ÁMBITO EUROPEO

Resolución do Consejo de Europa de 5 de outubro de 1995, sobre o tratamento da imaxe

da muller na publicidade e os medios de comunicación, e do 16 de setembro de 1997,

sobre discriminación das mulleres na publicidade; invitan aos Estados membros a fomentar

unha imaxe diversificada e realista de mulleres e homes na sociedade, emprendendo iniciativas

para difundir esta imaxe e garantindo a non discriminación por razón de sexo.

Cara unha estratexia marco comunitaria sobre a igualdade entre homes e mulleres

(2001-2005)

1. Comunicación da Comisión ó Consejo, ó Parlamento Europeo, ó Comité de Económico

y Social e ó Comité de las Regiones. Dentro dos cinco obxectivos, o 4 di: “Promover la

igualdad entre hombres y mujeres en la vida civil”. O punto 3.4.3. menciona: “Luchar contra la

violencia sexista y la trata de seres humanos con fines de explotación sexual”. A acción 5 é:

“Seguir actuando para luchar contra la violencia doméstica ejercida contra las mujeres en la

UE”.

Page 19: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 18 -

O obxectivo 5 sinala: “Promover el cambio de los roles y estereotipos establecidos en función

del sexo: en este terreno se aborda la necesidad de modificar comportamientos, actitudes,

normas y valores sociales que determinan unos roles estereotipados e influyen en la

sociedade, mediante la educación, la formación, los medios de comunicación, la cultura y la

ciencia. Para alcanzar la igualdad entre hombres y mujeres es fundamental eliminar los

prejuicios culturales existentes y los estereotipos tradicionales. Al perpetuar una imagen

negativa o estereotipada de la mujer, especialmente en los medios de comunicación y en los

canales de información y entretenimiento informatizados, en la publicidad y en el material

educativo, no se está ejerciendo una imagen exacta ni realista de los múltiples roles de las

mujeres y los hombres, ni de sus contribuciones a un mundo cambiante. Sin menoscabo de su

libertad de expresión, y en su calidad de formadores de opinión e instrumentos para modelar

valores, los medios de comunicación y la industria de la cultura deben contribuir a cambiar los

estereotipos sexistas existentes en la percepción pública y a presentar una imagen objetiva de

los hombres y de las mujeres.

E dentro do obxectivo 3.5.2.: “Superar los estereotipos tradicionales en las políticas

comunitarias pertinentes mediante 4 accciones: 1. Vigilar la integración de una perspectiva de

género en las políticas de especial importancia para superar los estereotipos tradicionales,

como la política de educación, formación, cultura, investigación medios de comunicación y

deporte, y potenciar la igualdad. 4. Promover el intercambio de opiniones y buenas prácticas

en los medios de comunicación y crear un grupo de representantes de éstos que asistan a la

Comisió, encargados de aplicar los debates en este objetivo de la estrategia marco.

2. Decisión do Consejo de 20 de decembro de 2000, polo que se establece un Programa de

Acción comunitario sobre a estratexia comunitaria en materia de igualdade de oportunidades

entre mulleres e homes (2001-2005) (V Programa de Acción).

a) Artigo 2: Principio 2. “El programa coordinará, apoyará y financiará la ejecución de las

actividades horizontales en los ámbitos de intervención de la estrategia marco comunitaria

sobre la igualdad entre mujeres y hombres. Dichos ámbitos de intervención son los

siguientes: vida económica, igualdad de participación y representación, derechos sociales,

vida civil, así como roles y estereotipos establecidos en función del sexo. En todos los

ámbitos de intervención de la estrategia marco comunitaria deberá tenerse presente el

principio de igualdad entre mujeres y hombres en el proceso de ampliación de la Unión y la

problemática de los sexos en las relaciones exteriores de la Comunidad y en la política de

cooperación para el desarrollo”.

Page 20: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 19 -

b) No anexo, no parágrafo Ámbitos de intervención sinálase cun punto 5: “Papeles sociales y

estereotipos establecidos en función del sexo: este ámbito trata de los estereotipos sobre

las mujeres y los hombres y la necesidad de cambiar los comportamientos, actitudes,

normas y valores en función de la evolución de los respectivos papeles de mujeres y

hombres en la sociedad. Las acciones abarcarán la integración de la igualdad entre mujeres

y hombres, particularmente en las políticas de educación, formación, cultura, ciencia,

medios de comunicación, juventud y deporte”.

ÁMBITO ESPAÑOL

España 2002. Guía de boas prácticas para palia-los efectos da violencia contra as mulleres e conseguir a súa erradicación

Documento presentado baixo a Presidencia da Unión Europea: “entre las causas de la violencia

hacia las mujeres mencionadas con más frecuencia –el alcohol, la toxicomanía, el desempleo, la

pobreza y exclusión social, y el hecho de que el agresor ha sido a su vez víctima de la violencia- no

se reconoce una de las más importantes: la desigual distribución del poder entre mujeres y

hombres que existe en la sociedad, probablemente debido a la escasa frecuencia con que aluden a

ella los medios de comunicación. Esta limitación puede reducir la eficacia de la sensibilización, al

distanciar a las personas que la reciben de un problema que creen afecta sólo a hombres con

problemas especiales”.

Plan integral contra a violencia doméstica 2001 - 2004

As actuacións comprendidas neste Plan articúlanse en catro grandes áreas, a primeira das cales é:

“Medidas preventivas y de sensibilización”. Inclúen medidas tendentes á sensibilización, á

formulación e á coordinación. O primeiro destes bloques vai dirixido á poboación en xeral e aos

profesionais da comunicación, de maneira especial. O segundo bloque vai enfocado aos centros

educativos (profesorado e alumnado) e a profesionais das Forzas e Corpos da Seguridade, dos

órganos xudiciais, da sanidade, etc.

As accións a realizar dentro do primeiro obxectivo son: “1. Guía de recomendaciones dirigida a

profesionales de los medios de comunicación para el tratamiento informativo de la violencia

doméstica. 2 Jornadas en el ámbito universitario dirigidas a sensibilizar a futuros profesionales de

los medios de comunicación.”

Page 21: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 20 -

ÁMBITO AUTONÓMICO

Plan de acción contra a violencia de xénero 2002 - 2005. Área de prevención

As medidas preventivas e de educación revisten unha importancia vital na loita para a erradicación

do grave problema da violencia de xénero, aínda que pola súa natureza non dan resultados a curto

prazo senón máis ben a medio e longo prazo. As medidas preventivas son o cambio idóneo para

elimina-la violencia de xénero.

Desde esta perspectiva, neste primeiro parágrafo do plan de acción contra a violencia de xénero

en Galicia, inclúense todas as actuacións dirixidas a consegui-lo nivel de tolerancia cero respecto á

violencia de xénero e a transmitir, en tódolos ámbitos da sociedade, o valor da non violencia, o

valor da igualdade, do respecto, da tolerancia da convivencia, e da non discriminación por razón de

sexo, como método para previ-la existencia de situacións de acoso e intimidación sexual no

traballo, nas institucións educativas e noutros ámbitos como a prostitución. As actuacións previstas

articúlanse ó redor das seguintes áreas: sensibilización, medios de comunicación, educación,

formación de profesionais e investigación.

Medios de comunicación

Tendo en conta o papel actual dos medios de comunicación como axentes socializadores,

canles de transmisión da información ou creadores de opinión, a súa importancia resulta

evidente no marco dun plan de acción contra a violencia de xénero. O seu poder para loitar

pola eliminación de estereotipos, ó mesmo tempo que se corrixen posibles distorsións na

transmisión de información e se fomenta unha imaxe das mulleres que se corresponde coa súa

situación actual, é indiscutible.

• Obxectivo 1. Concienciar aos medios de comunicación sobre a responsabilidade que

ten na promoción de imaxes non estereotipadas de mulleres e homes e na eliminación

de modelos de conduta potencialmente xeradores de violencia.

• Obxectivo 2. Sensibilizar aos medios sobre a súa función como vía para informar e

educar á poboación acerca das causas e dos efectos da violencia contra as mulleres e

para estimula-lo debate público sobre o tema, creando un estado de opinión que

rexeite as condutas agresivas.

Page 22: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 21 -

• Obxectivo 3. Implicar aos medios de comunicación na labor de transmiti-la información

sobre a violencia de xénero de forma axeitada, libre de sensacionalismos, para evitar

así mensaxes equívocos e perigosos.

• Obxectivo 4. Promover unha vixilancia permanente desde os propios medios sobre os

contidos violentos, condutas agresivas e a transmisión de papeis sexistas.

Actuacións:

• Elaboración dun manual de estilo e tratamento de violencia de xénero

nos medios de comunicación.

• Instar aos medios de comunicación para evitar publicidade sexista

cargada de tópicos tradicionais.

• Continua-la labor da comisión Asesora de Publicidade non sexista como órgano

colexiado creado para asesorar e orientar ás entidades, asociacións, axentes

publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para elimina-lo

sexismo e a violencia nas mensaxes publicitarios.

• Organización de foros de mulleres e medios de comunicación como lugar de

encontro, reflexión e intercambio de experiencias e opinións.

IV Plan de Igualdade de oportunidades das mulleres galegas 2002-2005

Protocolo Xeral de colaboración entre o Servizo Galego de Igualdade, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Compañía RTVG e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2002).

Entre os seus obxectivos inclúe:

a) inclusión da perspectiva de xénero na formación dos profesionais en activo e estudantes

en proceso de formación para a súa posterior inserción profesional nos diferentes medios

de comunicación e coñece-la situación actual en canto á representación das mulleres en

ditos medios;

b) investigar sobre a situación actual da representación de mulleres e homes nos medios

audiovisuais. Con este proxecto trátase de valora-la información de cada noticia e cada

persoa que intervén nela en función das variables seleccionadas para determina-la

influencia do xénero na elección, tanto de temas como das persoas que son obxecto e

suxeito da información audiovisual;

c) fomenta-la formación de profesionais dos medios de comunicación e da publicidade en

materia de igualdade de oportunidades, coa finalidade de conseguir unha programación,

Page 23: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 22 -

publicidade e información adecuadas nos seus contidos, incorporando módulos de políticas

de igualdade nas súas accións formativas;

d) procurar aportar unha dimensión máis aberta e completa dos diferentes roles que calquera

persoa desenvolve na sociedade actual, utilizando os mesmos criterios para as mulleres e

para os homes nas informacións e nas entrevistas; e) promover na publicidade a

eliminación dos estereotipos e arquetipos clásicos de mulleres e homes, evitando a

publicidade sexista cargada de tópicos tradicionais;

e) participar na elaboración dun manual de estilo e tratamento da violencia de xénero.

O SGI comprometese a:

• Propoñer persoal docente cualificado para impartir dos módulos de formación en

políticas de igualdade.

• Impulsar, en colaboración coas partes asinantes, campañas que fagan positivo o papel

das mulleres na sociedade galega.

• Elaborar publicacións e estudios sobre unha utilización non estereotipada nin

discriminada da imaxe das mulleres.

• Realizar seminarios de sensibilización dirixidos a colectivos profesionais dos medios de

comunicación para aplicar unha perspectiva de xénero no seu traballo diario.

• Elaborar un manual de estilo e tratamento da violencia de xénero nos medios de

comunicación.

Ó obxecto de levar a cabo a consecución destes compromisos estableceuse unha comisión

permanente de traballo, integrada por representantes das entidades asinantes do presente

protocolo e persoal técnico do Servizo Galego de Igualdade, que se reúne coa periodicidade

que se estima oportuna.

Decreto 137/1998, de 30 de abril, pola que se crea a Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista e se regula a súa composición e funcionamento.

Os seus obxectivos son a creación da Comisión Asesora de Publicidade non sexista como órgano

colexiado adscrito ó Servizo Galego de Igualdade, ao obxecto de asesorar e orientar ás entidades,

asociacións, axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para elimina-lo

sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que axuden á erradicación de

todo tipo de discriminación por razón de sexo das persoas.

Así mesmo, canalizalas queixas que se reciban en relación coa publicidade sexista.

Page 24: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 23 -

Ámbito de actuación

A labor da comisión asesora de publicidade non sexista está centrada na publicidade que

se difunda a través de soportes publicitarios e os medios de comunicación que teñen a súa

sede principal nesta Comunidade Autónoma.

Naqueles casos nos que a publicidade sexa de ámbito estatal, a comisión asesora, unha

vez analizado o anuncio obxecto da protesta, remitirá o asunto para o seu coñecemento ó

órgano creado ó efecto polo Instituto de la Mujer del Ministerio de Trabajo y Asuntos

Sociales.

Funcións

• Atende-las peticións de asesoramento que se remitan, facilitando criterios e

alternativas có fin de evita-lo sexismo na publicidade.

• Servir de vía para canalizar e orienta-las queixas que se reciban coa publicidade

sexista, de acordo có establecido na Lei xeral de publicidade.

• Calquera outra función que, no marco das súas competencias, se lle atribúa por

algunha disposición xeral ou regulamentaria.

Composición

• Presidenta: Directora do Servizo Galego de Igualdade.

• Vicepresidenta: Secretaria do Servizo Galego de Igualdade.

• Vocais:

- Representante con categoría de dirección xeral por cada unha das seguintes

Consellerías: Presidencia, Educación, Industria e Comercio e Cultura.

- Representante da Secretaría Xeral de Relacións cos Medios Informativos.

- Representante dunha asociación de mulleres que forme parte da Comisión

Autónoma da Muller.

- Representante das asociacións de consumidores/as designada polo Consello

Galego de Consumidores e Usuarias.

- Representante da RTVG.

- Representante da Asociación de xornalistas.

- Representante do Servizo Galego de Igualdade.

- Xefa/Xefe do Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia.

- Secretaria: funcionaria designada/o pola Directora do Servizo Galego de

Igualdade.

Page 25: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 24 -

Sesións

A comisión reunirase polo menos dúas veces ó ano, podendo celebrarse reunións

extraordinarias por petición da presidenta cando o solicite a maioría dos membros dela, en

caso de que se considere necesario dar unha resposta urxente ás cuestións solicitadas.

Os acordos adoptaranse por maioría de votos. O voto de calidade da directora dirimirá os

acordos no suposto de empate.

Observatorio da Publicidade

Mediante o Decreto 137/1998 do 30 de abril, creouse a Comisión Asesora de Publicidade non

sexista.

No artigo 3 do citado decreto se establecen as funcións de dita comisión e entre as que se atopan

a recollida no parágrafo b) que literalmente di: Servir de vía para canalizar e orienta-las queixas

que se reciban coa publicidade sexista, de acordo co establecido na Lei xeral de publicidade.

Dado que a sociedade demanda cada vez máis a difusión dunha imaxe non sexista das mulleres a

través dos medios de comunicación e da publicidade en concreto, proponse á Comisión Asesora da

Publicidade non Sexista a necesidade da creación dun observatorio da Publicidade de ámbito

autonómico e que tería as seguintes funcións:

• A recollida de denuncias cidadás sobre anuncios e campañas publicitarias consideradas

sexistas;

• Análise e clasificación dos contidos denunciados co fin de obter unha visión da situación

actual da publicidade, xerada na Comunidade Autónoma de Galicia, con respecto ás

mulleres;

• Recepción de información sobre medidas e actividades que poñan en marcha as

Administracións públicas en materia de publicidade non sexista;

• Constitución dun foro de intercambio e comunicación sobre a publicidade non sexista,

entre esta administración e a sociedade;

• Difusión da información obtida co fin de continuar fomentando o rexeitamento ó

tratamento discriminatorio na publicidade e nos medios de comunicación;

As denuncias feitas ó Observatorio poderán canalizarse a través do Teléfono da Muller e deberán

cumpri-los seguintes requisitos:

Page 26: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Liñas políticas de actuación

- 25 -

• Que sexa publicidade aparecida no ámbito territorial de Galicia.

• Que no contido sexista do anuncio encaixe dentro da definición recollida no artigo 3 da Lei

34/1988, xeral de publicidade, no que se dispón que se entenderá como publicidade.

Page 27: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Decálogo de tratamento da información

- 26 -

VI. DECÁLOGO DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

A pesar de que a violencia de xénero, ou violencia contra as mulleres, non é un

problema novo, a súa visibilización é un fenómeno recente, debido á progresiva toma

de conciencia da sociedade sobre a súa gravidade e ao decidido posicionamento dos

medios de comunicación.

Tendo en conta a repercusión que ten na creación da opinión pública a información, é

moi importante que a que se refire á violencia de xénero sexa, ademais de información,

expresión da condena e rexeitamento de toda unha sociedade aos malos tratos.

A complexidade deste problema e a labor de narración e de transmisión que del

realizan os medios de comunicación fan absolutamente necesario un tratamento

rigoroso das noticias con el relacionadas; é este o espírito que alumeou a elaboración

deste decálogo para o tratamento da violencia contra as mulleres nos medios de

comunicación. O coñecemento, a especialización e a responsabilidade suporán grandes

activos para a total eliminación deste gravísimo problema social.

1. Situar a violencia de xénero no marco da violación dos dereitos humáns e o

ataque contra a liberdade e dignidade das persoas: os medios farán fincapé en

transmitir esta mensaxe nas informacións relativas a esta materia.

2. Contextualizar o delito: as informacións non se limitarán ao delito ou suceso en

si mesmo, senón que tratarán a violencia de xénero como un grave problema

social e educativo, aportando datos sobre recursos e servizos destinados a

atender ás vítimas.

3. Respetar o dereito á intimidade: non se utilizarán nunca as imaxes nin a

identidade das vítimas, ao igual que se manteñen estes criterios para respeta-

la presunción de inocencia dos sospeitosos.

4. Non emitir nin publicar imaxes ou textos de carácter vexatorio para a vítima:

os medios porán especial énfase en limitar as novas a contidos puramente

informativos, procurando obviar os detalles que unicamente serven para

alimentar a curiosidade do público.

5. Evitar aportacións non relevantes: os medios evitarán realizar amplificacións

da nova con manifestacións de terceiros –familiares, persoas veciñas- non

relevantes para o caso.

Page 28: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Decálogo de tratamento da información

- 27 -

6. Eludir circunstancias sociais e persoais: os medios procurarán obviar as

circunstancias sociais e persoais das persoas implicadas; evitarán sempre a

ligazón consciente ou inconsciente que sitúa a violencia de xénero no marco de

determinados arquetipos –alcoholismo, drogadicción, situacións de risco de

exclusión social- situándoo como un problema global.

7. Evitar a localización do caso: as informacións eludirán calquera referencia que

permita a identificación e localización concreta dos domicilios das persoas

implicadas.

8. Non influír na investigación: os medios respetarán as recomendacións policiais

sobre a pertinencia de publicar informacións que poidan influír na boa marcha

da investigación, e paralelamente comprometeranse a dar cobertura ás

demandas das forzas de seguridade que poidan facilitar a resolución do caso.

9. Rexeitar a explotación comercial do suceso: non se utilizará ás persoas

agredidas para explotar comercialmente o caso ou para rentabilizalo con vistas

a mellorar audiencias; en tódolos casos se buscará unicamente o beneficio

social derivado da actuación informativa.

10. Loitar contra a explotación sexual e tráfico de persoas: os medios enmarcarán

esta variante delictiva na violencia de xénero, non presentarán a prostitución e

as súas variantes como unha conduta socialmente admisible e non emitirán nin

publicarán publicidade vexatoria para as mulleres, incluídos os anuncios sobre

actividades relacionadas coa explotación sexual das persoas.

Page 29: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Bibliografía

- 28 -

VII. BIBLIOGRAFÍA.

Como tratar bien los malos tratos: Manual de estilo para los medios de comunicación.

ANDALUCIA. JUNTA. INSTITUTO ANDALUZ DE LA MUJER.

O documento realiza unha análise da linguaxe usado nos medios de comunicación sobre a violencia

contra as mulleres. Está presentado dentro do plan de actuación do goberno andaluz para avanzar

na erradicación da violencia contra as mulleres. Analízanse as noticias de malos tratos e agresións

sexuais aparecidas nos medios de comunicación; danse recomendacións sobre algúns aspectos

xerais que se poderían incluír nas noticias sobre malos tratos nos medios de comunicación; os

aspectos concretos da redacción de noticias como é ve-las mulleres respecto á lingua; por último

inclúese un breve glosario de expresións lingüísticas recomendables e que poden clarifica-lo tema

da violencia de xénero.

Medios de Comunicación y violencia contra las mujeres. ANDALUCÍA. JUNTA.

INSTITUTO ANDALUZ DE LA MUJER.

Resultado do encontro entre o Instituto Andaluz da Muller e a Fundación Audiovisual de Andalucía,

onde se analizou todo o relacionado co tratamento da violencia contra a muller por parte dos

medios de comunicación - violencia de xénero na prensa; no discurso cinematográfico; na

televisión e a publicidade, os estereotipos discriminatorios femininos, o mundo da radio-. Ademais

analizouse a relación entre a violencia e as novas tecnoloxías, co papel xogado por Internet. Por

último elaboráronse unha serie de recomendacións para conseguir novos modelos de comunicación

no tema en cuestión.

La publicidad discriminatoria es ilícita. ASOCIACIÓN DE MULLERES XURISTAS THEMIS.

A partir do seguimento da publicidade emitida en distintos medios de comunicación durante tres

meses de 1991, feito pola asociación “Themis”, preséntase nesta publicación un resumo do

estudio, xunto coa normativa aplicable, tanto nacional como comunitaria e internacional.

Completan a publicación un formulario de demanda e unha sentencia condenatoria dun caso de

anuncios discriminatorios.

Comunicando violencia contra las mujeres. FAGOAGA, Concha.

O artigo recolle os resultados dunha investigación na que se intenta constatar como se reflicten as

agresións sexuais contra a muller nos distintos medios de comunicación, e en concreto na prensa

escrita. Así, comparando o bienio 1976-77 co bienio 1988-1989 pasouse dun texto cada dez días a

un cada tres días, incremento que é aínda maior no caso dos malos tratos que se dan no seo da

Page 30: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Bibliografía

- 29 -

parella. Sen embargo, hai que destacar que este incremento non resulta tanto de textos que

invitan á reflexión sobre a realidade dos malos tratos como de textos reflexos da realidade que non

remiten a nada.

La violencia sexual y su representación en la prensa. FERNÁNDEZ DÍAZ, Natalia.

Análise do uso da linguaxe na prensa escrita sobre a violencia que sofren actualmente as mulleres

no seu propio entorno social. Un discurso que se vincula cunha determinada concepción e

representación do poder, dunha ideoloxía e certos intereses hexemónicos que se impoñen por

medio de diferentes estratexias narrativas. No atropelo á muller existe unha evidente complicidade

dos medios informativos, das ideoloxías dominantes e do patriarcado, que redúceno todo case

sempre a culpar ás vítimas ou á exculpación dos agresores.

Mujer, violencia y medios de comunicación. FORO NACIONAL MUJER, VIOLENCIA Y

MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Esta publicación recolle os temas presentados ó I Foro nacional “Muller, violencia e medios de

comunicación” celebrado en Madrid os días 27 e 28 de novembro de 2001, organizado polo

Instituto da Muller e o Instituto Oficial de Radio e Televisión.

O obxecto deste foro foi propor un espazo de reflexión sobre o tratamento da violencia doméstica

contra as mulleres nos medios de comunicación, así como a elaboración dun protocolo, coas

contribucións de profesionais, xuristas, organizacións de afectadas e axentes sociais, que permite

trata-lo tema coa necesaria sensibilidade. O documento estruturouse en tres formatos diferentes: o

documento chamado “De lo privado a lo público”,que recolle amplamente na súa primeira parte o

diagnóstico sobre o tratamento da violencia contra as mulleres nos medios de comunicación, e, na

súa segunda, as propostas de actuación. Estas propostas para facilita-la súa consulta rápida

comprimíronse no “Manual de Urgencia” , e por último, extraeuse un Decálogo en forma de

despregable.

Jornadas sobre medios de comunicación y violencia contra las mujeres. INSTITUTO DE

LA MUJER. SERVICIO DE COMUNICACIÓN E IMAGEN.

Actas das xornadas celebradas en novembro de 2000 en Madrid sobre o tema “medios de

comunicación e violencia contra as mulleres”, nas que se fixo un percorrido polo que se pode

considerar o repertorio esencial das facetas informativas que poden afectar á violencia doméstica.

Page 31: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos

As mulleres nos medios de comunicación – Bibliografía

- 30 -

Dossier de prensa: Balance del Observatorio de la Publicidad: 1 de enero de 1994 a 28

de febrero de 1995. INSTITUTO DE LA MUJER SERVICIO DE MEDIOS DE

COMUNICACIÓN SOCIAL.

Selección de artigos aparecidos na prensa nacional sobre as denuncias e retirada de campañas

publicitarias ofensivas para as mulleres. As denuncias realizáronse a través dun servizo do Instituto

de la Mujer denominado Observatorio de la Publicidad, que recibiu máis de 500 chamadas

telefónicas nun ano.

Las semillas de la violencia. ROJAS MARCOS, Luís

O obxectivo deste ensaio foi explora-la violencia intencionada ente as persoas, a agresión maligna

que non ten unha función vital ou de supervivencia, nas súas diferentes formas: os abusos no

fogar, as agresións por celos, a violación sexual, o sadismo, ou o odio que brota do desamor, a

vinganza, o asasinato e o suicidio. Luis Rojas Marcos relaciona esta violencia cos resgos de

carácter, coa sociedade e coa cultura que contribúen ó desenvolvemento do talante violento, así

como o papel que xogan en todo elo os medios de comunicación.

Women viewing violence. SCHLESINGER, Philip

Análise das respostas de mulleres á violencia na televisión. Baseándose en entrevistas de grupo,

tanto con mulleres que experimentaron a violencia como con aquelas que non, os autores

descobren as complexas pautas de reacción á descrición da violencia do home contra a muller.

Utilizáronse programas de diferentes cadeas de televisión británicas que inclúen escenas de

violencia domestica e sexual, e ofrécese unha análise en profundidade de cómo reacciona a muller

ante tal material. Este estudio esta enfocado desde a perspectiva dos estudios dos media, da

socioloxía, os Women’s Studies e a criminoloxía. Inclúe os cuestionarios que se pasaron ás

mulleres que participaron nas sesións de visionado dos programas propostos.

Tratamiento de delitos y agresiones contra la mujer en distintas cadenas de

televisión/Tratamiento de delitos y agresiones contra la mujer en medios escritos.

UNIÓN DE CONSUMIDORES DE ESPAÑA.

Estudo realizado durante o mes de outubro de 1994 e que se centra nun dobre análise. 1) por

unha parte, o tratamento que determinados programas televisivos fan sobre os delitos e agresións

que se cometen contra as mulleres; 2) analízase se os medios escritos dan unha información

obxectiva e se se reflicten opinións que motiven o mantemento de actitudes e prexuízos

discriminatorios contra a muller.

Page 32: As mulleres nos medios de comunicacionigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...As mulleres nos medios de comunicación – Introducción - 6 - 1. a selección dos