8
saúdo _Revista xuvenil ourensá. Nº 21_ Ollando a selección de fotos para facer esta revista e poder escribir este saúdo, pensaba en todo o que pode chegar a respirar unha foto. Un grupiño de animadores e animadoras esvemos vendo a exposición de fotos das acvidades do verán. En cada unha delas sempre hai unha historia, unha anécdota e, sobre todo, persoas: voluntarios e voluntarias, nenos e nenas, mozos e mozas… Nada máis e nada menos que 1.384 as persoas que parciparon acvamente nesta campaña de verán 2011. Convídovos a que abrades esta revista e olledes cada unha das fotos que acompañan os argos, xa que realmente detrás de cada unha delas hai unha chea de historias de programacións, acvidades, planificacións, traballo en rede entre nós e con outras endades... pero tamén moita vida e moitas vidas cruzadas. Nestes tempos, onde a mocidade sempre é portada por cousas negavas, nós facemos esta revista da Campaña de Verán que sae adiante polos 228 voluntarios e voluntarias que, grazas a dedicar o verán aos campamentos, moitas familias poden conciliar a vida laboral e familiar, e moitos nenos/as e mozos/ as poden facer novas amizades e vivir novas experiencias… Grazas a todos e todas Laura Valcárcel

AXAR_Veran

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista da AXA do verán

Citation preview

Page 1: AXAR_Veran

saúdo

_Revista xuvenil ourensá. Nº 21_

Ollando a selección de fotos para facer esta revista e poder escribir este saúdo, pensaba en todo o que pode chegar a respirar unha foto. Un grupiño de animadores e animadoras estivemos vendo a exposición de fotos das actividades do verán. En cada unha delas sempre hai unha historia, unha anécdota e, sobre todo, persoas: voluntarios e voluntarias, nenos e nenas, mozos e mozas… Nada máis e nada menos que 1.384 as persoas que participaron activamente nesta campaña de verán 2011.

Convídovos a que abrades esta revista e olledes cada unha das fotos que acompañan os artigos, xa que realmente detrás de cada unha delas hai unha chea de historias de programacións, actividades, planificacións, traballo en rede entre nós e con outras entidades... pero tamén moita vida e moitas vidas cruzadas.

Nestes tempos, onde a mocidade sempre é portada por cousas negativas, nós facemos esta revista da Campaña de Verán que sae adiante polos 228 voluntarios e voluntarias que, grazas a dedicar o verán aos campamentos, moitas familias poden conciliar a vida laboral e familiar, e moitos nenos/as e mozos/as poden facer novas amizades e vivir novas experiencias…

Grazas a todos e todas

Laura Valcárcel

Page 2: AXAR_Veran

mañás de verán

jmjA semana do 15 ao 21 de agosto celebrouse en Madrid a Xornada Mundial da Xuventude (en castelán, a JMJ). Alí milleiros de mozos e mozas vidos de todas as partes do mundo arribaron na capital española coa firme convicción de profesar a súa fe e facer comunidade. Por parte de Amencer acudimos María Lorenzo e máis eu, que xunto a outros rapaces da Inspectoría de León participamos de xeito activo nas xornadas.

A semana que durou o evento pasou voando, pois a axenda era moi apertada e había moitas experiencias que vivir e compartir: Catequeses, exposicións, conferencias, concertos, eucaríastias… Estes espazos tiñan lugar por toda a cidade e precisamente este era o motivo de que os días foran tan esgotadores.

Lembro que acudín a unha catequese do bispo de Santiago, Julián Barrio, un home tan pomposo na fala como atinado á hora de sinalar os defectos dos cristiáns de hoxe. Coa súa ‘maxistral’ lección de moral e fe enviounos a testemuñar a nosa crenza e a vivir na graza de Deus.

Tamén visitamos unha exposición sobre os cristiáns perseguidos, que por desgraza son moitos máis dos que nós pensamos. Homes e mulleres que sofren vexacións e violencia por profesar unha crenza que molesta ou é contraria aos mandatarios das súas terras. Como Igrexa que somos invitóusenos a solidarizarnos con eles e a escribir nunha folla unha mensaxe de apoio que segundo nos dixeron lles farían chegar.

O broche final a estas xornadas púxoo o Santo Pai, Bieito XVI, que se achegou a celebrar connosco a JMJ. O venres, no medio dunhas rúas ateigadas de xente, celebrou un viacrucis moi emotivo.

AXAR Nº 21 | Revista xuvenil ourensá

408 nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria, pequenos e maiores, gozaron de diversas actividades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil levaron a cabo xincanas de auga e musicais, grandes aventuras e obradoiros. Tamén foron á piscina, entraron en contacto co medio ambiente e gozaron parques da nosa cidade e da natureza, foron espectadores destacados de varios filmes e foron quen de facer novas amizades xogando e cantando.

Os de Educación Primaria, de igual xeito que os de Infantil, aproveitaron días de piscina, recreáronse nos parques da cidade, gozaron dunha morea de xogos, refrescáronse con xincanas de auga e participaron en obradoiros do máis orixinal. Tamén se achegaron ás Novas Tecnoloxías a través de filmes, computadores, a Wii ou a Play Station. Tamén practicaron deportes e experimentaron o que é a colaboración en equipo nos Grandes Xogos.

O último día de “Mañás de Verán” culminou cunha mañá divertida, na elaboraron a comida e a sobremesa que despois todos compartiron. Finalmente, tanto pequenos como maiores foron protagonistas dunha velada moi especial, coas actuacións que días ensaiaran.

Pero todo chega ao seu fin... e o máis triste foi despedir tres semanas cargadas de diversión, emoción e novos amigos e amigas.

Marcos Sumavielle

A Asociación Xuvenil Amencer organizou, por sexto ano consecutivo, a actividade de “Mañás de Verán”. Do 27 de xuño ao 14 de xullo, 411 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos tiveron a oportunidade de gozar de tres semanas de ocio na cidade de Ourense, da man dun grupo de 42 animadores e animadoras.

O sábado, aproximadamente un millón e medio de persoas enchemos o aeroporto de Cuatro Vientos para participar na vixilia, mais as inclemencias temporais non nos permitiron facelo. Se ben é certo, o mellor recordo que gardo é o vivido baixo aquela treboada, pois no medio da histeria colectiva, e cando as autoridades xa nos invitaban a desaloxar o lugar, a xente, xa fora por fe o por outro motivo, negouse a abandonar o lugar e permaneceu alí para a eucaristía do día seguinte. Nesta eucaristía, Bieito fixo un chamamento á mocidade a dar testemuño da súa fe e a que non nos agochemos e deamos a cara por Xesucristo.

Finalmente despediuse de nós ledo e satisfeito co que alí vira. Reunírase unha Igrexa moza e comprometida que a pesar das súas enormes diferenzas ideolóxicas profesa unha mesma fe. Unha Igrexa aberta ao cambio a pesar da Conferencia Episcopal que temos e que nos se agocha ante as adversidades.

Remato invitando a todos a que vos animedes a participar nas próximas Xornadas que terán lugar dentro de dous anos en Río de Xaneiro. Verémonos!

Carlos Hermida

Page 3: AXAR_Veran

buxaina A acampada BUXAINA 2011 este ano realizouse durante a fin de semana do venres 24 ata o domingo 26 de xuño. Durante estes tres días os rapaces do grupo Pre-Andaina de Vigo e Ourense gozaron duns días de puro verán en A Coruña. Coa calor enriba gozaron da praia, dos xogos na area, dos castelos e sobre todo da auga do mar.

O sábado fomos visitar o Aquarium de Coruña no que moitos dos nenos e nenas nunca estiveran e onde, á parte de pasar máis de dúas horas vendo moitas clases de peixes, puidemos alimentar as focas e tocar pelde quenlla.

Despois da comida gozamos dunha tarde na Sala Aberta de Abeiro, que os animadores deste centro nos deixaron encantados.

A media tarde marchamos cara á praia de Orzán e alí rematamos o día. Despois dunha ducha e unha cea, recorremos o Paseo Marítimo comendo un xeado mentres os animadores nos preparaban un gran xogo con cócteles incluídos.

O domingo marchamos cara a Santa Cristina onde gozamos dun día de praia ata o regreso a casa.

Toda unha aventura!

Adrián Touza

Campamentos Verán 20113

andainaNun determinado intre, os Andainas recibiron unha carta de socorro: “Os Wallys necesítanvos, o Diviwally está a facer trasnadas”.

En canto leron isto, todos os Andaina puxéronse en marcha cara ao País dos Wallys, onde ao chegar tiveron unha calorosa benvida por parte de todos os Wallys. Así, pola noite, conseguimos espertar á Wally Tendeira, que levaba máis de tres meses durmida, co que o obxectivo xa quedaba cumprido, e así todos os rapaces podían volver para casa.

Porén, ao espertar o segundo día, ninguén podía crer que os Wallys xa non os necesitasen, e ninguén quería marchar, co que os propios Wallys lles propuxeron converterse en Cidadáns Wally. Así fabricamos o noso atuendo Wally, coñecemos a nosa cultura (Arcos da vella, saúdo e himno) e obtivemos o noso carné de residencia.

Ao día seguinte, o Arco da Vella desapareceu, roubado polo malvado Diviwally, por iso nos sucesivos días dedicámonos a recuperar as esencias das cores que o compuñan: o amarelo, o vermello, o azul, o añil, o laranxa, o violeta e verde; cada unha desas cores representaba un valor.

Finalmente, no oitavo día e xa con todas as esencias no noso poder, puidemos pintar un novo Arco da Vella e recuperar a paz no País dos Wallys. Xa pola noite, conseguimos atrapar o Diviwally e o seu axudante, que resultaron ser a Wally Contista e o Wally Espertador.

Rematamos todas as nosas tarefas cunha gran festa de despedida. Xa no último día, almorzamos todos xuntos e con moita mágoa, partimos cara aos nosos centros de orixe.

Vémonos na próxima aventura. Saudiña!

Wally Cociñeiro e Wally Banqueiro

Page 4: AXAR_Veran

Campamentos Verán 2011

ads Un ano máis, os ADS da Inspectoría de León, reuníronse para asistir á actividade, sen dúbida, mellor e máis importante do ano: o Campamento ADS!

O primeiro día chegamos xuntos os de Ourense e Vigo a Cambados. Paseamos polo municipio e comimos alí. Máis tarde, regresamos a Salesianos (o albergue) e xuntámonos cos que viñan de Valladolid, Oviedo, Coruña e Lugo.

Presentamos o tema do campamento: Congreso ADS! Os ADS eramos os congresistas instalados no gran “Hotel 5 Estrellas y Una Luna”.

Os animadores convertéronse en oradores por uns días. Cada día presentábanse as ponencias, e as persoas que ían a cada unha delas eran elixidas ao chou, con outro grupo de ADS, cada un elixido tamén ao chou. As presentacións foron moi diversas; unha delas foi sobre o chocolate, outra sobre o amor e os sentimentos... Nisto ocupabamos o tempo da mañá.

Xa pola noite, o Congreso propúñanos diferentes obradoiros: fixemos chaveiros, calendarios, velas...

Tiñamos tempo libre despois das comidas e antes delas, e nese tempo podiamos facer pulseiras, danza ou deporte. Cada noite participabamos nunha actividade divertida, dentro ou fóra do recinto. Houbo unha noite na que os ADS de 2º fomos durmir en tendas de campaña; toda unha experiencia para a maioría! A actividade da última noite foi unha cea de gala con danza.

E ademais, un día tamén fixemos unha ruta a pé e outros días fomos á praia. O resto do tempo andamos polos patios, canchas e xardíns do albergue.Sen dúbida, o Campamento ADS é un campamento que paga a pena, tanto pola cantidade de amigos que se fai coma polo divertido que é. Para terminar gustaríame deixarvos unha reflexión moi importate: Non se trata de pasar polo Campamento, senón de que o Campamento pase por ti!

Eva Lorenzo Martín

grupo xuveniliniciación I e II O día 7 de xullo un autobús cheo de rapaces e rapazas de

15 a 18 anos partía cara a Cambados para pasar sete días de convivencia con xente doutras cidades.

Chegamos ás 8 da tarde cargados de maletas e bolsas, pero tamén de moita ilusión. Pronto nos acomodamos nas habitacións e empezou o cursiño.

Ao longo dos días levamos a cabo actividades de todo tipo coma deportes, excursións, xogos e dinámicas, co obxectivo de coñecerse un mesmo, coñecernos como grupo, coñecer o mundo no que vivimos e coñecer a Xesús.

Aínda que o tempo non axudou moito, fomos facer sendeirismo e tamén á praia.

Así transcorrían as xornadas até que chegou o día 15, día de choros e despedidas. Trouxemos con nós moitos recordos, amigos e experiencias que dificilmente esqueceremos.

Martín Salgado

Page 5: AXAR_Veran

AXAR Nº 21 | Revista xuvenil ourensá5

primeiro e segundo

grupo xuvenil

Para comezar gustaríame sinalar que os cursiños de Catecumenado son un bo camiño para coñecernos mellor e sobre todo, coñecer os demais, xente nova coa que poder compartir una manchea de momentos que nunca esqueceremos.

Este, sen dúbida, foi uns dos mellores que vivín pola simple razón de que ademais de convivir cos meus amigos de sempre, coñecín moita xente nova da miña idade e maiores, xa que por sorte este ano, aínda que só fose nos momentos libres ou nos días de excursións, o cursiño de 1º e 2º de Catecumenado xuntouse co cursiño de Iniciación I e II.

Todas as mañás levantabámonos ás 8:30h. e a pesar do mítico “que pareza!” corriamos cara as duchas para coller sitio. Antes do ansiado almorzo, tiñamos os coñecidos “bos días” de Cambados e aínda estando medio durmidos intentabamos participar neles co mellor ánimo posible. Despois de almorzar, cada grupo realizaba a súa tarefa para poder, dun modo ou outro e entre todos, manter o máis limpo posible o lugar de convivencia e aprender diso.

As actividades das mañás adoitaban ser máis relaxadas que as da tarde, pero isto compensábase co tempo de deporte que tiñamos antes de xantar. Despois da comida tiñamos a “sobremesa”, co querido “café catecumenal”, na que gozabamos dun momento de distensión en grupos con diferentes xogos e probas. As actividades da tarde resultaban dalgunha maneira ou outra máis dinámicas que as da mañá ou que as da noite, xa que estas últimas facíannos reflexionar sobre todo o vivido no día: talleres de relaxación, danza contemplativa… Ah, e tamén fixemos unha actividade de orientación con GPS! Toda unha novidade!

Para rematar gustaríame animarvos a participar nestes cursiños, xa que dalgunha maneira ou outra, perdurarán no voso recordo durante moito moito tempo.

Celia Iglesias Álvarez

terceirogrupo xuvenil Despois dalgunha variación en datas e duración desta experiencia,

daba comezo o noso último cursiño de Catecumenado. Non sabiamos moi ben o que nos esperaba, porque todo era moi diferente con relación aos campamentos de anos anteriores: menos días, facer camiño xuntos, no canto de estar nun sitio fixo todo o cursiño…

Comezamos o noso camiño co xantar do primeiro día na localidade de Cee, con vistas a saír cara Fisterra a primeira hora da tarde. Cando chegamos ao noso destino, o primeiro que fixemos foi montar as tendas de campaña onde iamos durmir esa noite. Máis tarde subimos ao faro, lugar privilexiado no que puidemos aproveitar para reflexionar e contemplar a fin do mundo.

Amenceu o segundo día e puxémonos en camiño para chegar a Lira, unha pequena aldea cunha praia fermosa. Na nosa terceira e última etapa partimos de Lira e chegamos a Muxía á hora do xantar. Non é posible describir a ledicia que sentimos cando ollamos, por fin, un cartel que anunciaba... “Muxía”.

Xa nesta vila, e tras deixar as nosas mochilas na oficina de turismo, gozamos dun pracenteiro paseo até o santuario da Virxe da Barca, onde nos paramos a reflexionar e soñar o noso proxecto de vida, sen perder de vista a beleza da paisaxe co mar de fondo.

Foron días irrepetibles e cheos de anécdotas nos que oito mozos e mozas de Ourense e Vigo, e cinco animadores e animadoras fixemos o noso particular Camiño de Santiago para conseguir a Muxiana.

Alba Salgado

Page 6: AXAR_Veran

AXAR Nº 21 | Revista xuvenil ourensá

campamento urbano

infantil

“Sementando Ilusións” é o noso lema neste 24º Campamento Urbano, e como tal, iso é o que nos dedicamos a facer.

Desde o primeiro día, o “Día da Benvida”, poñemos esa semente en cada participante no Urbano. Primeiro, xogando e coñecendo os rapaces e rapazas que van compartir con eles o resto da aventura, que comeza coa gran solta de globos que marca o inicio do C. U. Día a día vai medrando esa semente e vai facendo que cada participante chegue á casa cada noite e estea esperando que chegue o seguinte día para poder estar cos amigos e facer unha infinidade de actividades.

Como parte desta aventura cabe sinalar días tan bonitos como o “Día da Xuntanza”, no que en vez de pasar e tarde en Ourense (como de costume), imos a Vigo. Alí compartimos un gran día cos participantes do Campamento Urbano de Vigo, día que remata cun gran baño nunha das praias próximas. Outro dos días temáticos do Urbano é o “Día da Auga”, no que os participantes fan cantidade de xogos nas “Urbanolimpidas” e acaban refrescándose pola tarde nas Piscinas en Monterrei.

Amais dos días completos, ofértanse unha chea de actividades como saídas ao Teatro Principal, ao Auditorio Municipal, ao McDonalds ou ao Telepizza, nas que se lles aprende aos rapaces como traballan nestes establecementos. Tamén cómpre salientar que en Amencer prepárase unha cantidade de salas e actividades para o resto dos días nos que se permanece na asociación: Obradoiros, Aulas de Baile, Salas de videoxogos, Ludoteca, etc.

Para rematar non queda máis que dicir que o Urbano é unha experiencia única e irrepetible, que neste campamento pasarás o tempo sen aburrirte, que se pode coñecer moita xente e, o máis importante, que ao final cadaquén queda cunha infinidade de recordos.

Desde a miña opinión, o Campamento Urbano é unha experiencia pola que se debería pasar polo menos unha vez!

Brais Álvarez

Page 7: AXAR_Veran

Campamentos Verán 20117

campamento urbano

xuvenilA conta atrás, e outro ano máis no que chegan as noites de verán, os monitores, os mozos e mozas a partires dos 15 anos que gozan das noites de lecer no Campamento Urbano Xuvenil.

Neste verán as alternativas foron moitas, desde a piscina, a noite na Chavasqueira e os deportes, pasando tamén polo cine ao aire libre. Despois de todo o día no Campamento Urbano Infantil, aínda quedaban forzas para a noite, para seguir sumando anécdotas, risas, bo ambiente e moitas ganas de pasalo ben.

Compaxinamos noites máis relaxadas com outras que precisaban de máis dinámica, pero o broche final púxoo a nosa tradicional terraza, que este ano converteuse nunha pista, con exhibicións de baile, cun “pincha” que marcou o ritmo da noite e tamén cun concurso de baile. Canto empeño puxeron algúns! Tampouco faltaron alí os refrescos e as patacas para recuperar forzas.

Foron oito días de diversión, ledicia e bo ambiente no que compartimos momentos que lembraremos por moito tempo e tamén moita ilusión. Nunca deixa de sorprenderme a reacción dos destinatarios.

Xa rematou o Campamento Urbano Xuvenil, pasou moi rápido; así que sen máis, comeza a contra atrás para o próximo. Que actividades e novas haberá?… Teremos que agardar.

Até entón!Bea Iglesias

verán’11os nosos datos do

Page 8: AXAR_Veran

e moitas máis empresas e entidades, e a todos vós...

grazas

Edita:

Revista Xuvenil Ourensá

Nº 21 - 2011

Asociación Xuvenil AmencerPraza D. Bosco, 1 - baixo32003 - OurenseTfno. e fax: 988 218 123Email: [email protected]: www.amencer.org

Director: Xulio César IglesiasRedacción: Bibiana MartínezCorrección: Bibiana Martínez e Juan SoutulloDeseño e Maquetación: Adrían R. Cruz e Borja SampayoImpresión: Gráficas OlympiaDepósito Legal: OU-16/00

Colabora:

AXAR non comparte necesariamente as opinións expresadas nas súas páxinas