24
O BERRO 2010-11 CPI Terras de Maside VOLUME 3

berro 2010-2011 volume 3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

revista maside curso 2010-2011

Citation preview

Page 1: berro 2010-2011 volume 3

O BERRO 2010-11CPI Terras de Maside

VOLUME 3

Page 2: berro 2010-2011 volume 3

O Tío IsaacNesta fotografía está o meu tio-bisavó Isaac cun grupo de amigos (il é o que aparece sen sombreiro). O tío Isaac era ferreiro en Maside, tivo a mala sorte de ter que ir á guerra, onde morreu.

Agora xa sabedes de onde vén o meu nome. Á miña bisavoa, que era a súa irmá, sempre lle gustou ise nome e, cando nacín eu, propúxollo aos meus pais, e eles  aceptaron. Por eso eu me chamo Isaac.

Isaac Pérez Crispín

A festa de Santa RitaNesta fotografía está a miña avoa Rocío bailando cunhas amigas na festa de Santa Rita da Touza, no ano 1957, cando ela tiña 16 anos (é a que ten a falda branca e a chaqueta escura).

Parece ser que na miña casa había tradición de ir comer ao campo da Santa Rita porque o meu bisavó Valentín era oriúndo da Touza.

Anxo Pérez Crispín, 2º Primaria

A romaría de Santa Isabel7 de xullo de 1967. Romaría de Santa Isabel en Liñares, que pertence ao concello de Beariz.Así festexaban os mozos que viñan de vacacións nos veráns e esta é parte da familia do meu avó. (...)Conta meu avó que en México formaron o grupo de gaiteiros no centro Galego de México.(...)É que cando aquí se celebran as festas, alá en México tamén se fai.O meu avó non tocaba ningún instrumento. El dedicouse ao baile galego. De feito ten o seu traxe tradicional galego co que bailaba nas festas. El quixera que algúns dos seus netos ou bisnetos bailasen coma el e que puideran herdar o seu traxe. Aquí na foto non ten o traxe posto, pois como viña de vacacións non lle cabía na maleta.(...)Gustoume compartir esta foto con todos vostedes e que viran como se divertían os emigrantes que daquelas viñan de vacacións de verán a Galicia, pois esta é parte da miña familia por parte de miña nai.

Lucía Rodríguez Ogando

1º Premio Infantil

1º Premio 1º ciclo Primaria

1º Premio 2º ciclo Primaria

Page 3: berro 2010-2011 volume 3

Na romaría de LeiroEsta foto é de hai uns 45 anos, na romaría de Leiro.

Antes as festas eran de día e nelas xuntábase toda a mocidade. Ían e volvían andando xuntos, contando chistes

e cousas que lles sucederan na festa.Anxo Glez. Veiga, 6º Primaria

Os GuatequesCalquera motivo era bo para xuntarse: unha festa, unha merenda, un baile e como non un “guateque”. Que non era máis ca unha reunión dunha panda de amigos nunha casa, baixo, garaxe... Ás veces a música era coma neste caso un concerto “caseiro”, xa que os compoñentes eran afeccionados. Nesta foto podemos ver o meu avó Alfredo, o cantante do grupo.Mauro Álvarez Vázquez, 4º ESO

A Nosa Historia...Cando o outro día, despois de moito tempo, tiven esta foto nas mans, saíron á luz algúns recordos que tiña medio perdidos entre as brumas da memoria. Vinme outra vez aos meus oito anos, a principios dos sesenta, cando, de forma inesperada, uns amigos de miña nai nos visitaron na aldea. Emigrantes de vacacións, traían coche e tamén un máxico trebello que inmortalizaría nun papel aquel momento de encontro.

Mais non é tan só unha foto de amigos que se xuntan nunha tarde de verán, senón tamén o retrato dun tempo e dun país con permanente olor a pechado. Un país de cuartel e sancristía, de miseria e de silencio; ao que, en certa forma, a emigración aportaba un leve sopro de aire fresco. Un tempo e un país que se reflicte nas miradas: a dos meus avós, resignada e triste, aférrase ao chan de ásperas restrebas que abeira o camiño, porque cando o presente apreta o futuro non existe; a da miña nai, desesperadamente esperanzada, como non querendo darse por vencida, aínda que por veces se sentise case derrotada; e, por fin a nosa, a dos cativos, alegre, inocente e confiada, na procura dun ilusionante futuro perfecto, futuro que, pouco a pouco, se foi perdendo… no pasado.

M.V. Villanueva

Esta foto é de cando meu avó foi facer o servizo militar. Naqueles tempos tiñan que marchar moi lonxe e a el tocoulle facelo en Melilla, Cando ingresou, pediu unha praza de condutor de camións.Ás veces, cando estamos os dous xuntos, cóntame estes contos dicíndome que os tempos de antes non son como os de agora, que eles pasaron moitas miserias e que agora temos máis cousas das que necesitamos.

Ismael, 1º ESO

Podes ver todas as fotografías e os textos íntegros en blogoteca.com/mollatecoalingua

1º Premio 2º ciclo Secundaria 1º Premio 3º ciclo Primaria

1º Premio ADULTOS

1º Premio 1º ciclo Secundaria

Page 4: berro 2010-2011 volume 3

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización.Premio Mestre Mateo

A Coordinadora recibiu o premio Mestre Mateo pola campa añ Orgullos@s do Galego, entregado este ano en Ourense. Parab ns, por tanto.éAo longo deste curso participamos en varias iniciativas s as: o úD a da Ciencia, a Semana das Curtas, o concurso de postais de íNadal, a homenaxe aos equipos de Normalizaci n no seu 20 óaniversario,...

Puidemos ver este ano varias curtas galegas que, xunto con videoclips musicais e fragmentos de eufalo.tv, formaban parte do programa A Semana Galega das Curtas.Entre outros títulos estaban:Tourettes, Automóbil, O cerco, As almas do fental, Xogo de nenos, … De todas as que vimos, o alumnado de 1º da ESO escolleu como a mellor Dies Diei

Director: Nani MatosIntérpretes: : Xan Cejudo, Mela Casal, Camila Bossa.Avelino vive pendente de coidar a súa muller enferma, postrada nunha cama. Pero ao seu setenta anos, tamén el comeza a notar síntomas preocupantes.

Mellor curta: Dies diei

Faite socio do cineclube do Carballiño

Comezou a andar de novo a finais de 2010 e, desde entón, ten matido unha programación semanal constante con dous pases cada venres.Infórmate no blogue que acaban de crear:

cineclubcarballino.blogspot.com

Interésache o cine?

Temos cine en galego para os máis pequenos,

pregúntanos.Alg n cine galego do que se ú

falou nesta temporada: 18 comidas e Os Crebinsky

Page 5: berro 2010-2011 volume 3

Xabier Díaz, a voz masculina do concerto, comparte con Guillerme programa radiofónico (Tres Peixes), proxecto de selo discográfico (Músicas do Salitre) e con el traballa na Lírica do silencio. Voz da compañía Nova Galega de Danza e, desde o ano 2008, de Berrogüetto.En 2007 editou Coplas para Icía, en colaboración con Pedro Lamas e Suso Iglesias.

O pasado 5 de abril tivemos o privilexio de disfrutar dun concerto ao vivo xunto con algúns dos colexios da comarca do Carballiño.Reunímonos para escoitar a uns dos mellores músic@s da nosa Terra: Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz, pero antes deles saíron ao palco Nacho e Kelly para facer as presentacións. Por certo, portáronse os dous como verdadeiros profesionais diante do micro!)Cantaron e tamén deixaron que lles fixésemos preguntas. Fotografáronse con nós e ata nos concederon unha entrevista!Foi unha nova experiencia tanto para @s alumn@s como para @s profes.

Guadi Galego, voz que foi durante 10 anos a de Berrogüetto, edita en 2009 o seu primeiro traballo en solitario Benzón. Antes disto, puidemos disfrutar doutros traballos como Espido (en colaboración con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s .

Guillerme Fernández, na guitarra, arranxista e compositor de Berrogüetto desde o inicio. No 2005 edita Músicas de Salitre con Xabier Díaz e en colaboración con el crea o selo discográfico Músicas de Salitre (Os Arrolos de Salitre que nos regalaron polo Nadal acompáñannos desde entón). Xunto con Xabier Díaz conduce Tres peixes voando na Radio Galega, un programa semanal (domingos de madrugada) no que se poden escoitar magníficas versións de músicas de todo o mundo.

Oxalá teñades disfrutado todos deste concerto e que a música, boa e galega, forme parte das vosas vidas para sempre !!!!!!!

Guadi, Guille e Xabier en concerto

Noemí Pérez 4º ESO

Á parte destes traballos, todos eles colaboraron con músicos de todo o mundo en diferentes proxectos (Son Delas, Cantos na maré, Descarga ao vivo,...)Grandes músicos de noso que tamén son coñecidos e acollidos por xente de todo o mundo. Como dicían Kelly e Nacho na presentación “estamos diante desta caste de galegos que alá por onde vai, sementa futuro, poque o traballo con calidade e bo facer é de obrigada pervivencia.”

Page 6: berro 2010-2011 volume 3

Como empezou o voso gusto pola música?Xabier: Empecei a ter referencias pola radio e acordo ter o meu primeiro transistor no que primeiro poñia a música máis comercial. Despois fun collendo o gusto por outro tipo de músicas. Logo empezaron a aparecer os referentes que me influíron máis como a música galega, naquel momento Milladoiro ou Luis Emilio Batallán. Guille: eu herdei o gusto pola música do meu pai. Sempre lle gustou tocar e era o típico que animaba as festas. A partir dos 7 ou 8 anos, os venres pola tarde, sentábame no salón cos cascos e pinchábame discos dos Beatles (que lle gustaban moito) Eu, ao principio, era un pouco reacio a esa actividade, pero co tempo esperaba que chegase o venres. Ese hábito converteuse nun gusto real pola música e en ganas de, anos máis tarde, querer dedicarme a isto.Guadi: na miña casa o meu pai era afeccionado, tiña moito interese e quixo que todos aprenderamos algo, e uns nos dedicamos e outros non.A decisión de se adicar á música medítase moito ou xorde así?Xavier: Foi un desgusto enorme para os meus pais, que querían que eu fixese carreira. Pero no meu caso “entrou” e estimei que sería absurdo pelexar contra aquilo. Tomei a decisión tarde, pero supoño que a tempo. Ía á universidade e, en lugar de atender aos apuntamentos, as corcheas e as melodías andábanme na cabeza. Cheguei un día á casa e díxenlles que plantaba a carreira, tiveron un desgusto grande, pero hoxe o incendio está apagado, por sorte.Guille: Para min simplemente xurdiu cando tiña doce ou trece anos e dediquei o 90% dos meus esforzos á música e o outro dez a estudar... Comecei Filoloxía Inglesa e fun aprobando algunhas materias e outras non. A miña familia sempre me apoiou bastante. Supoño que foi pola afección á música do meu pai, aínda que agora me segue dicindo “por que non rematarías aquelas materias?”. Aínda así, creo que pensa que acertei ao escoller aquilo que realmente me gustaba e non o que supostamente era mellor para o meu futuro.Guadi: Eu non tiven demasiados traumas porque compaxinei sempre todo, xa que os meus estudos non eran moi dificiles e estaban relacionados coa música. É certo que a música vai ligada a certa inestabilidade laboral e a xente pregúntache “á parte diso, que fas?”; non se pensa que sexa un traballo estable, e de feito é moi estable cando gañas moitos cartos, pero cando fas o traballo que facemos nós supón moito esforzo.

entrevistaDespois do concerto charlamos cos músicos. Contáronnos que facer música

galega en galego axudounos a que, fóra de Galicia, se achegasen ao seu traballo polo seu carácter único e diferenciador. Recomendáronnos non perder nunca a curiosidade polas cousas, escoitar outras músicas, explorar. Tamén no cine, na roupa, na comida.Na música e na vida, explorar sempre para coñecer camiños diferentes e logo poder escoller.

Como é e foi o voso paso polo grupo Berrogüetto?Guadi: Berrogüetto foi o grupo que nos deu tanto a Guillerme como a min a posibilidade de

dedicarnos a isto profesionalmente. O que vivín con Berrogüetto non o vou volver vivir, percorremos moitísimos países co carácter diferenciador de ser galego, cantar na túa lingua e facer a túa música e que iso fose algo exquisito para algunha xente. Tocamos para público moi distinto con sensibilidades diferentes e vendemos moitos discos. Case todo o que sei débollo a Berrogüetto. Agora estou nunha etapa distinta na que saio ao escenario moi contenta e tranquila. Todo foi para ben, tanto estar en Berrogüetto durante 10 anos como telo deixado. E eles seguen aí dando guerra.Guille: Berrogüetto é un proxecto tocado pola man da fortuna desde o comezo. Sete persoas distintas, con influencias e procedencias musicais dispares, pero coa fortuna de encaixar ben e ter aceptación do público e da crítica. Foi un pouco a escola de todos os que pasamos por aí e somos conscientes de ser afortunados.

Como xurdiu iso de traballar xuntos?Guille: A miña historia con Guadi xorde coa súa incorporación en Berroguetto, onde traballamos xuntos como grupo. Anos máis tarde decidimos facer un proxecto paralelo, ESPIDO. A Xabier coñecino cando colaborou no disco HEPTA, e logo decidimos xuntarnos e darlles forma a unhas ideas que tiña na cabeza.

Noemí Pérez, Jessica, Lorena, Katia e Andrea Conde

Andrea, Xabier, Katia, Guillerme, Guadi, Jessica e Lorena despois do concerto

Page 7: berro 2010-2011 volume 3

Como é acollida a vosa música polo público fóra de Galicia?Guille: Pois a verdade é que moi boa. Isto ten que ver cunha pregunta que nos fixeron antes no concerto sobre a lingua e cantar en galego. Aínda que depende dos formatos, a referencia básica da música que facemos é a música popular galega. Iso dálle un plus de orixinalidade, caracteriza o que facemos, faino único. Fóra de Galicia, moita xente é a primeira vez que escoita música con esas raíces, con esta peculiaridade e iso fai que se sorprenda moitísimo, que teña interese en escoitar o que estás facendo, en mercar os discos e algúns achéganse nos concertos para preguntar de onde es e tes que sinalarlles no mapa onde vives.É dicir, non só non é un atranco, senón que axuda moitísimo.

Guadi: Tamén por ter ganas de traballar con certa xente. Nós poderiamos estar a traballar con persoas diferentes, pero levámonos ben, temos sensibilidades semellantes. Iso fai que traballemos na mesma dirección e con ganas. Ao final é como todo, somos amigos, como familia.Xabier: Eu, antes de traballar con eles, sempre admirei a Guadi e a Guille e para min é determinante que, alén da amizade, haxa unha afinidade na maneira de ver a música, de tratala e de poñela no escenario. Eu con eles síntome moi a gusto neste sentido.

Xabier: foi algo casual, subimos un día a falar con Xurxo Souto para lle pedir un texto e saímos cunha proposta de programa de radio.

Guille: normalmente os programas musicais fainos xente á que lle gusta moito a música e que a vive dunha maneira moi apaixonada. Neste caso, a peculariedade é que nós somos músicos que facemos un programa de música e escoitámola, comentámola e presentámola desde o punto de vista do músico, o que nos permite tratar o programa dun xeito que non é habitual.

Como foi a idea do programa de radio?

radiofórmula e hai moita xente que se foi achegando porque ía descubrindo músicas descoñecidas que non eran tan fáciles de atopar na radio. O programa chámase Tres peixes voando e emítese na Radio Galega na noite dos domingos de doce a dúas da madrugada(conducido por Guillerme e Xabier)

Nos planos de estudo actuais a formación musical é suficiente?Guadi: Non, pero non só por unha cuestión de formación musical explícita. Non se ofrece a posibilidade de que a música (e todo o que ten que ver coas artes) forme parte da educación. O teatro, a danza, non se contemplan nos planos de estudo. Todo iso vai nunha soa hora na Primaria e na Secundaria estano liquidando.

Parece que só tes que coñecer algo, pero non deixan que a arte sexa un complemento do individuo que se está formando. Todo o que ten que ver coa arte complementa a persoa e faina máis sensible e emocionalmente máis competente.

Xabier: Vivimos nun momento un pouco descorazonador, hai demasiada influencia de factores externos eliminan as posibilidades de que a xente moza se achegue á música, ao teatro, ao cine. Está todo inundado polo tele-lixo, programas de consumo realmente rápido. A min paréceme tremendo que emisoras como Cadena 100 ou os 40 Principales metan por unha Túrmix música que en dous meses xa é antiga.É un consumo extremo. Non hai aquela querencia por que coalle a música e che vaia gustando, como facía Guille cos auriculares escoitando os Beatles. Nós escoitabamos tantas veces os mesmos discos, que agora nos seguen gustando, pero a música de radio fórmula dentro duns anos vos parecerá terrible.Guadi: Non quere dicir que algunhas desas músicas estean mal tocadas, é que están feitan para o consumo.Xabier: o terrible é cando só hai iso e haxa en Ourense rapaces novos como Os Guezos (mostra a camiseta que leva), que están facendo cousas moi interesantes non haxa espazo para eles ou a xente non vaia velos.

Tres peixes voando.O programa de radioTratábase de poñer música que nos gustaba e entrevistar a músicos/as. Pensámolo e, como somos músicos e estamos afeitos a que nos entrevisten, sabemos as preguntas que non se nos fan habitualmente ou de que maneira falar cos músicos para que non resulte tan repetitivo. Pasámolo ben falando con eles e tocamos alí en directo. É un medio gratificante no que fixemos moitos amigos grazas ás redes sociais, que agora están no medio de todas as cousas. A xente comenta cousas no facebook en tempo real.

Xabier: Tamén é verdade que non son músicas de

En que consiste Nova Galega de Danza?Xabier: É un proxecto de música contemporánea, pero con esa raíz galega. Procura que se acheguen os mundos do contemporáneo e o máis tradicional sen que chíe moito claro.

Page 8: berro 2010-2011 volume 3

É un proxecto que xa leva tres espectáculos e algo así como sete anos.Guadi: É un proxecto moi bonito e paga moito a pena velo.Xabier: Quizais sexa un deses proxectos que realmente sofren, porque moitas veces a xente non se achega xa que lles parece unha historia para eruditos, pero é un proxecto asequible para calquera persoa. Se podedes algún día, ide velos.

Se cadra á xente máis nova non lle interesa...Guadi: O importante é ter os oídos e os ollos ben abertos e despois dicir se che gusta ou non. Ter a opción de chegar aí. Por iso chegar a un auditorio con 500 rapaces para nós é importanteXabier: o que vos recomendaría é non perder a curiosidade. Non ir sempre ao mesmo punto do Dial, mirar qué hai do outro lado.Guille: Iso vale para a música, para o cine e para a vida.

Xabier: Si, vale para a música, para a gastronomía, para ir mercar roupa,...para relacionarse coas persoas.

Guille: Ás veces acúsase aos artistas de dependencia das institucións e non se pensa que practicamente todas as actividades da vida dependen un pouco das administracións. Por exemplo, agora mesmo, os bancos, os fabricantes de automóbiles … Eu creo que é máis loable apoiar a cultura que outro tipo de actividades nas que, moitas veces, nin se sabe qué se fai cos cartos.Guadi: eu creo que as institucións están para apoiar o que necesita de apoio, que é a cultura de base. Se a cultura de base está no sitio, todo debería de funcionar e manteríase aquilo que está preparado para manterse. Está claro que unha orquestra sinfónica non se mantén sen axuda e está claro tamén que ten que habela en Galicia.Xabier: creo que as institucións debían xerar e manter esa curiosidade para que a xente chegue aos artistas. Por iso o exercicio de hoxe é fundamental porque posiblemente non teriades nin idea de quen somos se non hai este tipo de aproximacións.Quizais a administración teña que incidir neste tipo de encontros para xerar curiosidade.

Se perdemos a curiosidade é probable que acabemos condicionados polo que nos queren dar na radio, na tele, como nos queren vestir, dar de xantar,...Ser curiosos é o mellor para despois ter a capacidade de poder elixir.

Credes que os apoios institucionais á música galega son necesarios /suficientes?Xabier: Nunca son suficientesGuille: e son necesariosXabier: creo que o labor das institucións debe ter por obxecto dar a coñecer para poder democratizar e os que sexan curiosos poidan acceder ás cousas con facilidade. Máis iso que manter a cultura con un goteo de soro.

5 de abril de 2011, Multifuncional do Carballiño

Recomendacións musicais

No 2005 nace o proxecto ESPIDO, unha fusión melódico-harmónico de Guadi Galego e Guillerme Fernández. Unha mestura de creatividade que dá lugar a un traballo que se ispe de adornos: tan só unha guitarra -a de Guillerme Fernández-, unha voz -a de Guadi Galego- e algunha que outra programación dan forma a dez temas de composición propia e dúas adaptacións tradicionais.

Kelly recomenda

Músicas de Salitre, colaboración de Guillerme Fernández e Xabier Díaz, foi gravado integramente no transcurso do ano 2004, en Compostela.

Page 9: berro 2010-2011 volume 3

Recomendacións musicais

Xabier Díaz, Coplas para Icía, 2007. Neste disco Díaz rescata músicas do pobo, froito dun extenso traballo de campo entre 1990 e 2000.

Benzón, 2009. Primeiro disco en solitario de Guadi. Unha delicia.

Arrolos de salitre, Nadal 2010. Guillerme Fernández e Xabier

Díaz, editan este disco composto por once cancións no que

recompilan cantos de berce

tradicionais e de nova creación.

O histérico latexo, 5º e esperado disco dos ourensáns Os Guezos, presentado en Ourense en maio de 2011

Manual de sedución, Marful (Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual) saíu en decembro de 2010

Acrobata, Ugia Pedreira e Fred Martins, 2011DIOS KE TE CREW

“HUMANOSE” novo disco que estará na rúa na segunda quincena de xuño.

UXÍA SENLLE, Meu Canto, 2011. En “Meu Canto”, Uxía achéganos aos temas fundamentais da súa discografía e a outros novos, no seu proxecto máis íntimo e persoal.

Simbiose, 2011, das cinco cantareiras belgas (e tamén galegas) que forman Ialma.

“RAIANAS”, 2011, Malvela

Ao grupo Malvela sempre lle gustou o repertorio raiano e quere plasmar agora nun disco en directo este afán de irmandade con Portugal e o Miño.

aregueifanetlabel.blogspot.com

Violentos anos dez, 2011, Ataque Escampe. Podes escoitalo ou descargalo na regueifa:

Se o que queres é cantar ti, proba o

Galeoke, 2010. Para instalar no

ordenador

S.O.S., o último de Mercedes Peón

Page 10: berro 2010-2011 volume 3

CORRELINGUANo

Carballiño

SOMOS o que falamossomos o que sentimos

o galego o noso idiomaéxa sabes que vimos de Roma

N S SOMOS GALEGOÓnon estamos de broma,anda!, non sexas sumiso

e pon un sorriso.pois iso, f lao comigo, digoá!Eu roubo, estas palabras,do meu querido idioma

REP TOCHO?Í unha lingua que vale, é

D LLÁ EAxi a!,falade galego,ñ

non s do greloóe do labrego, SEMPRE!ve a colega, EMPEZA!ñ

ou se prefires, BERRAEih, neno, creste mellor ca min?

Lembra, tam n vimos do élat n!!í

Por que non o falas en feisbuk?

Quer molo ler no TUENTI!é porque tes vergo a?é ñve a , REACCIONA!ñ

En maio celebramos o Correlingua no Carballiño por primeira vez e participaron moitos centros da comarca.En primeiro lugar fixemos unha andaina, na que partimos dende o parque do Carballiño ata a pista vermella. Os pequenos xa quedaron na Praza Maior, porque alí tiñan un espectáculo para eles. Mentres andabamos, iamos berrando diversas frases, cantando cancións e mostrando as pancartas que fixemos con frases e debuxos a prol do galego...Ao chegar á Pista Vermella asistimos á lectura do manifesto do Correlingua. Foi lido por Maret, que participa no Luar. Despois gozamos dunha actuación de maxia moi boa coa que nos sorprendemos, sobre todo os máis pequenos. Por último, disfrutamos de moi boa música por conta do grupo Som do Galpom, que vos recomendo que escoitedes (tedes algún vídeo dese día en mollatecoalingua). Logo disto volvemos ao colexio.

Lorena, 4º ESO

Page 11: berro 2010-2011 volume 3

F lao nena,áque non estamos de co añ

bot moste de menos, moza!á boa para todo, MOLA!éNon sintas preguiza ,

ve a ,TI PODESñAGORA!

Quero usalo na escola, D LLE B LA!Á Ó

Para falar de linguae para falar de historia,dos nomes das plantas,

da nosa memoria,de f rmulas f sicas ,ó í

dos dereitos das persoas,de cifras e trebellos,

comezamos a entendernos?Que fas do outro lado?

Faime caso!Ti ben sabes

de que che falo, QUE DIA O!Ñ

N s somos GALEGO,ónon estamos xogando

AP NTATE AO NOSO BANDO!Ú

SON, ES, , SOMOS, SODES, SON, GALEGOÉ

Sempre somos!En galego

Page 12: berro 2010-2011 volume 3

Na semana a seguir ao 25 de abril organizamos algunhas actividades sobre Portugal.Visitamos as exposicións (unha de carteis e outra de libros) na biblioteca, vimos algún filme, escoitamos música portuguesa, lemos a Neruda en portugués,...Quixemos achegarnos de forma especial ao Nobel José Saramago. Algúns dos seus libros pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca (As pequenas memorias, A maior flor do mundo, A jangada de pedra,..).Algo que non quedará na biblioteca para sempre, pero que puidemos ver na exposición foi o caderno de notas que Saramago elaborou para preparar esta última novela.Colaboraron nas Xornadas, xunta ao equipo da

Biblioteca e o de Normalización, os departamentos de Lingua e Literatura Castelás, Inglés, Francés, Música e Galego.Esperemos que a iniciativa teña continuidade, xa que puidemos comprobar que podemos ler libros en portugués e entender case todo. Xa vimos na exposición que o portugués é falado por máis de 200 millóns de persoas.En galego temos a sorte de poder comunicarnos con todas esas persoas.

É ou non é o galego lingua de futuro?

Despois do fermoso Outro sentido (2008), o cantor alentejano António Zambujo edita en 2010 Guia.

Moi recomendable

Os Deolinda editan Dois selos e um carimbo en 2010. O seu 1º traballo, Canção ao lado, foi unha revelación e a última música do grupo“Parva que eu sou” converteuse en himno dunha xeración sen tan sequera estar gravada en disco.

Une lettre trouvée à Lisbonne: un paseo por Lisboa con textos de Eric Sanner e debuxos de Miguelanxo Prado. Estivo na nosa exposición e puidemos lelo na clase de francés

Tamén estivo na biblio Os galegos e outras historias, do caricaturista portugués

Bordalo Pinheiro

A maior flor do mundo, libro de

Saramago para nenos xa na biblio.

Podes ver a curta en mollatecoalingua

Música portuguesa

XORNADAS DE PORTUGAL

Page 13: berro 2010-2011 volume 3

A máxima aspiración de ADEGA é a de disolverse, non ter que existir porque xa non fixera falla a súa presenza, pero a realidade obríganos a seguir traballando concienciando e loitando pola defensa dun deteriorado medio ambiente, dunha aniquilación do idioma e da cultura galega e por unha paz aínda moi lonxana. A situación actual tremendamente destrutora cunha economía competitiva e depredadora, agresiva co noso medio natural e cultural, cunha crise de valores e económica, sen precedentes a escala planetaria, que asoballa nos máis débiles, non nos permite o descanso.

A diversidade, natural e cultural é a chave: contra a perda de personalidade, garante a independencia e é a riqueza que asegura o futuro.

Nace esta asociación ecoloxista no ano 1975, vai xa para 36 anos!!!, e fainopara defender Galiza das agresións ao medio ambiente, para a defensa da lingua e cultura galegas e pola defensa da paz. ADEGA segue o principio ecoloxista de “pensar globalmente e actuar localmente, é dicir, non podemos estar preocupados pola destrución da Amazonía ou a extinción de baleas e deixar que aquí mesmo, ao noso carón, estean ocorrendo cousas semellantes e non facer nada.

ADEGAAsociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

A organización que hoxe conta con algunha xente contratada, hai moito que facer, moveuse e móvese fundamentalmente polo traballo voluntario, sen retribución ningunha. Só a xenerosidade de centos de persoas poñendo tempo, cartos e traballo fixeron posible que ADEGA existira.

●Oposición a incineración de residuos e a promoción da Redución, Reutilización e a Reciclaxe.●Manifestacións a prol da paz e contra o reparto desigual da riqueza.●Defensa da lingua galega e en contra da destrución do patrimonio histórico.●Defensa do litoral e da ocupación irracional do territorio.

As loitas máis importantes nas que estivemos e estamos son:●Oposición á enerxía nuclear●Defensa do bosque propio fronte a invasión de especies foráneas●Conservación de especies en perigo de extinción●Redución do gasto enerxético e promoción de enerxías renovables.●Oposición á construción de novos encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.●Defensa dos deteriorados ríos, rías e da auga en xeral.

Ademais fixéronse multitude de actos relacionados co medio ambiente, nomeadamente coa educación ambiental.

●Promoción da pesca e agricultura sostible así como o consumo de produtos producidos na proximidade.

A pesar deste mundo cada vez máis globalizado, uniformizado e moi inxusto, hai algúns e algunhas que aínda cremos e estamos convencidos de que outro mundo é posible onde sexa incuestionable:● a non discriminación por razóns de xénero, raza, crenzas ou nivel económico●o respecto ao medio ambiente

●o respecto a cultura própia ●a paz entre os pobos

www.adega.info

Xosé Lois Salvadores

Page 14: berro 2010-2011 volume 3

O día 12 de maio de 2011 o Equipo de Normalización Lingüística organizou un intercambio cun instituto de Moaña, o IES A Paralaia.Chegamos ao centro e o rapaces de Moaña ensináronnolo. Logo fomos ver Cangas, foi unha visita na que nos guiou Raquel, da oficina de turismo.

Máis tarde decidimos ir comer a Moaña e pasar o resto da tarde na praia, para coñecérmonos mellor. Fixemos xogos na area, na auga..... pasámolo moi ben!! O mellor de todo foi que fixo moi bo tempo.voltamos para Maside moi contentos e moi cansados.

Curioso foi que de todos os rapaces de Moaña, o que máis falaba galego non naceu aquí. Ao resto parecía custarlles máis.

Por iso é tan importante que coñezan xente da súa idade que fala, xoga, vai á praia, vive,... en galego todo o día.

Agora temos contacto con algúns deles (en galego) e estamos preparando a súa visita a Maside no mes de xuño. Esperemos que vaia todo ben e que cando nos volvamos ver xa teñan soltado a lingua.

Intercambio con Moaña Tania Iglesias e Noemí García

4º ESO

As mulleres de Maside

O Arume Xogal aspira a converterse no Trivial galego e trátase dun xogo de preguntas e respostas sobre distintas materias pero en clave galega. Está comercializado por Aira das Letras, que ten a súa sé en Allariz. (se entras no blogue verás as librarías que o venden airadasletras.blogspot.com)

É un recurso lúdico que posibilita a aprendizaxe dos que se senten ao redor dunha mesa co ánimo de pasar o tempo e de aprender cousas do país.

Nivel de dificultade: maiores de 14 anos

Temos na biblioteca...

Page 15: berro 2010-2011 volume 3

Un dos cambios que notei foi que neste colexio son todos moi distantes, non como en Maside que eramos todos unha piña e faciamos todo en grupo. Por enriba, os profes son moito máis esixentes e non che axudan tanto nas cousas, xa que se queres aprobar xa podes facer os teus propios apuntamentos e facelos ben, senón suspendes.Ben, agora lévome ben con todos e, algo moi curioso, que todos falan en galego, excepto algunhas rapazas bastante presumidas, pero ten que haber de todo.

Nuria Rodríguez Sanmartín

Cando rematamos en Maside

E o segundo que máis me impactou foi que todas as persoas que comparten clase comigo son mulleres, 20 rapazas coas que me divirto moito. Foi o cambio que máis notei porque alí somos de diferentes idades, desde os 17 ata os 26 e por iso ao principio pensaba que ía ser difícil facer amigas alí, pero estaba equivocada.Teño a sorte de que a gran maioría delas falan en galego polo que me podo comunicar moi ben con elas, xa que é a lingua na que mellor me expreso.Quérovos dar as grazas por deixarme participar no xornal deste ano, xa que no instituto no que estou agora non se fan actividades deste tipo. Cando estaba aí non as valoraba moito, pero agora que non as teño, bótoasen falta. .Un bico moi grande.

Para min Maside foi algo especial, a s a xente que me viu crecer, coa que conviv n e que te o moito aprecio. ú í á ñA todos en xeral: ao profesorado, que ensinaba o mellor que pod a e sacaba de un o mellor; pero, por suposto, aos ícompa eiros, que agora cada vez m is nos imos distanciando e cada un vive a s a vida de forma diferente.ñ á ú

O que m is me sorprende do instituto en que estou agora que, polo menos os que m is co ezo, falan un á é á ñgalego corrente, que todos, dentro do que cabe, son de pobo; pero na residencia escoitas galego moi deformado segundo a zona de que ve an ou, simplemente sendo da costa, f lanche en espa ol. Pero hai xente de 30 anos de orixe ñ á ñuruguaia que lle encanta o noso idioma. A min, o meu idioma nin me gusta nin me desgusta. Simplemente foi co que áme criei, co que me ensinaron as cousas e, dentro do razoable, o que sei falar. Tam n se te o que falar outro idioma é é ñf goo, pero con coidado que sempre se mete o zoco ata o fondo.á Un sa do a todos os que estiveron en Maside e aos que seguen e grazas por invitarme a dicir o que penso. Un bicoú .

J. Benito Otero Portabales

Ana Expósito

Chegaron cartas!!!EEste novo curso que comecei no IES Chamoso Lamas foi moi distinto a cando

estiven en Maside. Os primeiros días só coñecía a un dos 20 compañeiros que teño, xa que cos demais aínda non tiña confianza.

Ola, son unha ex alumna do CPI de Maside que vos quere contar como lle van as cousas fóra de alí.Agora estudo unha FP en Ourense, estudo o Ciclo Medio de Perrucaría, o que sempre me gustou.O maior cambio que tiven foi o hábito de estudo, pero como é o que me gusta non me custou habituarme.

Eu fun alumno do CPI de Maside toda a mi a vida. Nel ñviv n moitas aventuras boas e malas. Ao final saquei del algo ípositivo.

Agora estou nunha residencia de estudantes en Ourense e nun instituto en que, o primeiro d a que cheguei, non co ec a a í ñ íningu n. Era un m is do mont n, pero agora contra o final do é á óano co eces algo m is e, claro, vaiche gustando.ñ á

moitas grazas por enviarnos estas cartas!!!!!!!!!!!!!!!!!

Page 16: berro 2010-2011 volume 3

A banda sen futuro, Marilar Aleixandre, Xerais 1999. Carlota ten 16 anos e rapou o pelo por un eccema, ademais diso tivo que cambiar de instituto. Alí non ten ningunha amiga, por encima tápase cun pano ou gorro para que ninguén o saiba. Entre esas nenas está Lidia, que se mete con ella; o profesor de inglés, ao que lle chaman Mr. Bean e a profesora de Bioloxía a quen lle encanta facer excursións. Rosi 2º ESO

Alumn@s de 1º ciclo da ESO recomendan

Lita Rivas: A idade de cristalIlustracións de Suso CubeiroEd. Everest Galicia. León, 1997Trata dun neno chamado Dani que comeza a non saír da casa e a sacar malas notas despois de que os pais divorcien. Un día atopou un gato chamado Sebastian que podía falar e grazas a el volveu saír á rúa e sacar boas notas e converteuse no seu mellor amigo.

Andrea Mosquera e Mariana, 1º ESO

Valdemuller, Xosé Antonio Neira Cruz, Edicións S.M. Vigo, 1998Trata dunha nena á que, polo seu aniversario, lle regalan un colar en forma de estrela. Descobre que ten unha tía chamada Estrela que non se leva coa familia e vai a Valdemuller para coñecela.

Nerea 1º ESO

A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín (Autor/a), IgnacioChao Castro (Tradutor/a), 2009, XeraisTrata dunha moza policía que está de servizo co seu ex-mozo cando ocorre un asasinato.

Dani, 1º ESO

X. H. Rivadulla Corcón: Os piratas da illa da Esperanza Ilustraciones de Adrián Solleiro. Edicións Xerais. Vigo, 2008Isto é duns rapaces moi afeccionados aos piratas, que vivían nunha vila da costa galega, Muxía. Eles crían que unha xigantesca pedra espetada no medio do mar era unha illa, a illa do tesouro. Esa pedra proviña dun porto que querían construír alí.

Pedro, 2º ESO

Dúas bágoas por máquina, Fina Casalderrey, Xerais, Trátase dunha rapaza chamada Iria á que lle regalan unha cadela a que chamou Máquina.Máquina de pequena era adorable, pero de maior...

Ismael, 1º ESO

Jordi Sierra i Fabra:A MODELO DESCALZA, Galaxia, 2011A tiranía da imaxe perfecta, os trastornos alimentarios que adoitan sucederlle, o desamor e as complicacións da vida sentimental son algúns dos temas que aborda este texto no que o protagonista ve na televisión a unha antiga moza súa, hoxe top model. Ela está acusada do asasinato da súa parella actual. El demostrará a súa inocencia.

Page 17: berro 2010-2011 volume 3

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Desde pequeno foi un ávido lector. Na vila que creceu e deveceu ao lado da liña ferroviaria, pasou a súa adolescencia.

Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos. Despois de regresar a Monforte tras abandonar a carreira, volve a madrid para estudar idiomas, onde vive de facer traducións. Alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

Foi en Madrid onde consome o aceite de colza e enferma. Decide regresar a Galicia.

De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas

1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.

Nos poemas de Pereiro podemos escoitar a música que el escoitaba, viaxar aos lugares que visitou, decaer e revivir, tantas veces como el fixo ao longo da vida.

A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996, cando xa era un autor moi respectado entre os lectores e lectoras galeg@s.

A decisión da Real Academia de dedicarlle a Lois Pereiro o Día das Letras Galegas foi acollida con entusiasmo por todos aqueles que o leron e admiraron cando vivía. A enorme cantidade de actos, non institucionais, que recordaron e recordan ao autor dan boa conta diso.

Poderiano escoller como epitafio

Cuspídeme enriba cando pasedes

por diante do lugar onde eu repouse

enviándome unha húmida mensaxe

de vida e de furia necesaria.

En LeonbergABURRIDOun olor a caféna indiferencia de Praga.

Prumas na cabeza, verde artificial.

Unha entrada excitante

para un xogo final de namorados.

Un tenor azul canta o turno da pasión cando

cae o único inocente.

Sobre o fondo exipcio

a testa ladeada, de perfil.

Explórote cos ollosdescúbrote por dentroprofanando o teu sangue que levo ó meu desexopaséome por tiexamino os teus procesosorgánicosmátote e morro en timáis docemente

ou mellorinocúlame ti a minveleno dos teus dentesmergúllate no meu sangueinxéctate nas veasque te observan

e xa doente dóemea túa dor no teu desexoberrando en cada ósoe a túa mortemátame e resucítamepara ó finalmorrerme

morre en minsobreviveletal amorque nunca perdeo alentocoa súa sede de amore os seus cincosentidos

LOIS PEREIRO

Page 18: berro 2010-2011 volume 3

17 de maio no CarballiñoA mobilización expansiva de Queremos Galego tamén chegou ao Carballiño. Iria Sobrado leu o manifesto da plataforma e despois dela moit@s contribuíron con outros textos. Jessica escolleu ler un manifesto propio, no que se mesturan

versos de vari@s autores e autoras [email protected] impecable, deixounos unha importante encomenda e deunos razóns abondas para continuar co noso traballo.Grazas

Page 19: berro 2010-2011 volume 3

Porque eu “son de aquídesta raíz de nogueira

que fende o mar

desta carriza orientada ao inverno

son de aquí.” 1

Porque falo a ”lingua proletaria do meu pobo,e fáloa porque si, porque me gusta,

porque me peta e quero e dáme a gana; (...)e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longounha historia contada noutra lingua.” 2

Porque “agora xa descubrín quen nos gobernaquen anda entre as paredes, nas entrañas

dos edificios; quen, ás doce tebras,vai arrastrando o resto das desgrazas.(…)

porque por fin se descubriu quen nos goberna.As raíñas de Elsinore, as ratas.” 3

E porque “a loita continúa e somos menos e distintos (…)

e non quero que a vida me sorprenda xamaisdesprevenida, calada e neutral.” 4

Porque seica “as (mari)castañas son (somos) duras de pelar.No tempo de cocelas (de cocernos), na gradación do lume

hai condicionamentossempre difíciles de precisar en termos matemáticos.(…)

daquela vou eu e digo arame, abracadabraou as palabras máxicas,

un verso de ferrín: e nada para o tempo.(…)

polo que dixo mary renaul:A forza nunca mingua por derramar o sangue

senón por consentir”.5

Porque espero ese “tempo demorado nos marmelos (…)unha cor inédita no arco da vella.

O silencio lenee as primaveras novas.

Porque quero que non digades ás luces que se apaguen(…)Que repasedes o camiño trillado

esa manchea de horas que non morren(…)

Inventade un orgullo comigodicide vós o primeiro verso,

ponde nel unha caricia lentaun abrazo limpo como un vento de seda

que disipe a tristura”. 6

Eu, por todo isto,

por falar esta lingua proletariae ser unha maricastaña dura de pelar,

por ser de aquí

e merecer o tempo demorado nos marmelos,

traio canda min un poema contra o silencio.

“porque o silencio é a morte e a impotenciao silencio é a tebra e a tristuraa quebra das palabras e as cancións,a bancarrota do home e o destino.Por iso chamo co meu versoa un exército de xílgaros cantores,a unha multitude de ríos rumorosos,a todos os ventos vagamundose ás palabras comúns do meu idioma-terra/colonialismo/mar/emigración-acubillado e agachado nas aldeas,nos tristes arrabaldos das cidades,no corazón das clases populares.Cómpre loitar contra o silencio;é preciso, urxente e necesariorematar co silencio dunha vez,recobrar as palabras

unhaa unha,

facer con elas proclamas e cancións,primaveras de soños e esperanzas,coiteladas de lúa,

voz verdadeiraque obrigue a camiñar á nosa Patria” 7

1.Rafa Villar, De casa ou sombra, 1997.2. Celso Emilio Ferreiro, “Deitado fronte ao mar” en Longa noite de pedra, 1962.3. Ramiro Fonte, A rocha dos proscritos, 20004. Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade,5. María do Cebreiro, O estadio no espello, 1998.6. Henrique Rabuñal, “Palabras para Rosa” en O tempo demorado nos marmelos, 2000.7. Manuel María, “Poema contra o silencio” en Poemas para construír unha Patria, 1977.

Os versos, algúns deles adptados, pertencen a:

Page 20: berro 2010-2011 volume 3

XO! AO RACISMO

Imaxes tiradas do libro

XO! AO RACISMO publicado por A NOSA TERRA

XO! A voz que para as bestas

Page 21: berro 2010-2011 volume 3

¿POR QUÉ HABLAS GALLEGO?

Por que opreguntas?

Imaxes tiradas de http://www.culturagalega.org/xaquinmarin2.php?categoria=Cultura

Page 22: berro 2010-2011 volume 3

Aplique agora nos seus fillos EDUCATOR-PLUS en cómodos sprais de máis de 59 asignaturas e aforre todo o gasto educativo para SEMPRE!!

TODO O SISTEMA EDUCATIVO

Non te movas agora, Xosé, que che vou botar o curso completo de Inglés...Ves que fácil!! Apretas o botón, volta e volta. E XA ESTÁ!!

Veña, dille á túa irmá que pase, que lle toca FÍSICA, RELIXIÓN, LINGUA E MANGEMENT EMPRESARIAL PARA NENOS… E non poñas esa cara, Xosé, que grazas a EDUCATOR-PLUS agora xa podes pasar o resto do día

VENDO A TELEVISIÓN

Vaia!... parece que a empresa non está a obter

os beneficios que debera... pois non se fale

máis: mañá mesmo despídome sen

indemnIzación nin nada... E como se me ocorra protestar, chamo aos

antidisturbios e QUE ME ABRAN

A CABEZA!!

O TRABALLADOR IDEALImaxes tiradas do libro Educación para a Cidadanía, editado por AKAL

Un Mundo FelizUn Mundo Feliz

Page 23: berro 2010-2011 volume 3

Premio queiroa 2011

Polo compromiso coa Terra, esta,que coñece, ama, e nos descobre

co respecto que merece e outros lle negan.

Polo traballo constante, sempre, cada día,firme, responsable e xeneroso,

froito da reflexión que acompaña as conciencias.

Por aprendernos a mirar cerca para chegar lonxe,a non pasar sen ver nin saber

para onde camiñamos.

Pola dignidade,mantida coa responsabilidade

dos que non miran para outro lado.

Por esta Terra e por esta Lingua.

@s alumn@s de Normalización decidiron concederlle o premio Queiroa 2011

a Cándido.

Sempre en Galego!

Page 24: berro 2010-2011 volume 3