11
Davila O Carrabouxo Xaquín Marín Xaquín Marín ESTE HUMOR NON CHE É DE RISA Como pensas que se podería resolver a crise do sector lácteo? Para resolver a crise do sector lácteo é fundamental que os prezos cubran os custes e o traballo das labregas e dos labregos. Para eso cómpre unha nova política leiteira que: - Reduza a cuota europea até equiparala ao consumo - Manteña o control da produción - Acometa unha redistribución da produción entre labregas e labregos con criterios sociais - Garanta prezos mínimos que cubran custes e traballo de produción. - Que apoie fortemente unha alimentación animal en base a pastos e forraxes que non dependa da soia e do millo importado polo negocio da alimentación animal. Agardamos que a Ministra de Agricultura defenda en Bruxelas a necesidade de dar marcha atrás na última reforma e apoie estas propostas. Do contrario, as explotacións das labregas e dos labregos irán esmorecendo ante a presión das explotacións industriais totalmente deslocalizadas e altamente contaminantes e desestruturadas do tecido rural. Entrevista realizada por alumnado do centro tras a celebración das Xornadas da Muller

O berro vol.3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O berro vol.3. Revista escolar

Citation preview

Page 1: O berro vol.3

Davila

O Carrabouxo

Xaquín Marín Xaquín Marín

ESTE HUMOR NON CHE É DE RISA

Como pensas que se podería resolver a crise do sector lácteo?Para resolver a crise do sector lácteo é fundamental que os prezos cubran os custes e o traballo das

labregas e dos labregos. Para eso cómpre unha nova política leiteira que:- Reduza a cuota europea até equiparala ao consumo- Manteña o control da produción- Acometa unha redistribución da produción entre labregas e labregos con criterios sociais- Garanta prezos mínimos que cubran custes e traballo de produción.- Que apoie fortemente unha alimentación animal en base a pastos e forraxes que non dependa da soia e do millo importado polo negocio da alimentación animal.

Agardamos que a Ministra de Agricultura defenda en Bruxelas a necesidade de dar marcha atrás na última reforma e apoie estas propostas. Do contrario, as explotacións das labregas e dos labregos irán esmorecendo ante a presión das explotacións industriais totalmente deslocalizadas e altamente contaminantes e desestruturadas do tecido rural.

Entrevista realizada por alumnado do centro tras a celebración das Xornadas da Muller

Page 2: O berro vol.3

Unha LENDA De ANLLO

Esta historia que vos vou contar ten todo de certo, aínda que moita xente o conta coma se fose unha lenda.

A historia di que un home morreu na casa, e que a familia lle cambiou a roupa ao morto cando o ía enterrar, quitándolle a chaqueta coa que morrera.

Días despois de que o enterraran, escoitábaselle cada noite a andar no tellado e dicir : “a miña chaqueta, onde está a miña chaqueta? Quero a miña chaqueta”.

Despois de varios días pasando o mesmo, a familia, atemorizada, decidiu visitar o cura e contarlle o sucedido. O cura dixo que lle deixaran a chaqueta no tellado. Esa mesma noite fixeron o que mandara o cura. Un pouco despois da media noite sentiron uns pasos. Na mañá seguinte, cando acordaron, déronse conta de que a chaqueta desaparecera. Nunca máis sentiron o morto no tellado.

Pero tranquilos, que está só é unha historia que ocorreu realmente na casa na que vivo.

A Santa Compaña é o nome que recibe un cortello de fantasmas, que cada un leva unha tea na súa man. Algúns cren que á fronte do cortello vai unha pantasma maior chamada Estadea. Son os espectros dos mortos que, ás doce da noite ou, en casos extraordinarios, ao mediodía, se reunen á porta da igrexa para iniciar o seu percorrido. Levan un acompañante vivo, home ou muller, que sostén unha cruz e un caldeiro de auga bendita co seu hisopo. Cando no camiño aparece outro ser vivo (persoa), o acompañante entrégalle a luz e o caldeiro,e dese modo, consegue librarse da Santa Compaña. Dise que esta adoita visitar aos vivos e lles anuncia que lles chegará a morte ao cabo dun ano. A morte depende do azar, e fala a lenda da posibilidade de que un se libre entregando os obxectos rituais a outro. No Bosque animado, de Wenceslao Fernádez Flórez, fálase da Santa Compaña e de Estadea “ese fantasma alto, alto e branco, branco”

José Santiago

Xabier P. Docampo, A casa da luzIlustracións de Xosé Cobas

Col. Sopa de libros, 20. Eds. Xerais. Vigo, 2002

Alicia é unha rapaza trastísima de moi bo corazón, que quere descubrir as cousas por si mesma. Cos seus catro amigos (Álvaro, Aida, Anxo e Alba) anda a construír unha cabana de xestas e paus no Campo da Igrexa de Eira- vella.

Na tarefa estaban cando apareceu Pumariño, un home duns setenta anos que fala con debuxos no chan e sinais, que lles ofrece a súa axuda. Coa personalidade trastornada desde que sendo neno viu cómo lle mataban o pai na guerra, ten a teima de desfacer valados buscando entre as pedras un pucheiro de ouro que seica agachou seu pai canteiro, polo que os maiores non queren que seus fillos se relacionen con el por "toliño".

Page 3: O berro vol.3

Cando estou na casa non paro porque teño que facer todo, a comida, a limpeza, coidar da nena. E non podo facer todo porque el non me axuda. Onte, levanteime ás sete da mañá para facerlle o almorzo. Discutimos porque o café estaba moi quente e tiña pouco leite. Preguntoume o que ía facer. Díxenlle que non sabía, e voltoume a berrar. Antes de saír para o seu traballo díxome que ás 14.00 quería comer, eu respondinlle que non podía porque saía do meu traballo ás dúas menos cuarto e non me daba tempo, pero a il dálle igual. Eran as nove e levantei a nena, tíñame catarro e leveina ao médico, dixéronme que durante tres días non fora ao colexio e que non saíra ao frío. Chamei a miña irmá por se ma podía coidar, e marchei traballar. Cando cheguei á casa o meu home estaba cun prato vacío enriba da mesa, pregunteille se xa comera. Respondeume cun interrogatorio de por que non estaba na casa á súa hora. Eu expliqueille o que pasara coa rapaza, que tiña a ensalada na neveira e uns ovos fritíanse de contado. Despois collín as cousas e marchei. O certo é que non o pensei moito. Só marchei.

O seguro é que desta xa non volvo.

Leticia 2º ESO

Claudio Rodríguez Fer xunto coa ilustradora Sara Lamas presentan un libro fermoso tanto pola edición como pola idea: un poemario dedicado ás mulleres represaliadas e esquecidas da nosa terra: Ámote vermella. Como afirma o autor a súa intención é "afirmar a vida, loitar contra a morte”.

Ámote vermella, Claudio Rodríguez Fer

Sabes que o nushu é o idioma secreto das mulleres?

Non foi coñecido ata 1983, a pesar de existir desde o século III. O máis relevante é que xurdiu como un sistema para fuxir dunha sociedade extremadamente machista. As mulleres debían vivir pechadas nas casas dos seus pais ou dos seus maridos. Polo que inventaron un idioma propio, ao cal os homes non tiveran acceso.

O nushu tradúcese literalmente como "escritura de mulleres" e é un sistema de escritura silábico que foi usado entre mulleres na rexión de Jiangyong en Hunan, provincia do sur de China.

Page 4: O berro vol.3

Software libre para unha nova sociedade

Santiago Díaz

O software libre pode ser un recurso moi importante na educación. Non é unha cuestión técnica, nin de gustos, nin de se é mellor ou peor que as solucións propietarias (software privativo), o importante é que promove dous valores básicos:

Cooperación Liberdade

Creo que na educación non nos sobran. Estamos a falar de razóns éticas e morais. Vexamos unha situación para entender de que falamos.Supoñamos que comparamos o uso de software coa lectura dun libro. Pensemos que o libro tivese as limitacións do software propietario, é dicir, toda esa longa lista de cousas que non lemos cando instalamos un programa e lle damos a aceptar. Pois ben, teriamos na escola unha biblioteca na que os libros só os podería ler unha persoa (a que o mercou), e nun determinado posto de lectura (nun ordenador). Para que o lea outra persoa teriamos que pagar de novo, é dicir, pagar tantas veces como lectores. Non o poderiamos sacar da biblioteca, nin deixar a ninguén.

Cada certo tempo deberiamos pagar de novo xa que se cambiarían algunhas páxinas do libro, e aínda por riba, non teriamos capacidade para decidir se queremos quedarnos coa versión anterior ou a nova. Pero iso non é todo, supoñamos que o libro nos está ensinando a facer debuxos. A nova versión cambiaría de tal forma as cousas que os debuxos (arquivos gardados) feitos coa anterior versión non nos servirían.Pode acontecer que a editorial dea en quebra (nestes tempos...), o libro comezaría a deteriorarse cada día que pasase (coma por arte de maxia... virus!)Un panorama un pouco triste.Tamén pasaría que, de vez en cando, para poder ler novos libros e novas versións nos esixirían unhas gafas máis novas e modelos custosos (novos ordenadores potentes cada cambio de sistema operativo).E que pasa se tomamos notas no noso caderno? Pois nada, que non sabemos se realmente teriamos privacidade xa que o editor do libro podería lelas (o noso ordenador conectado a internet non é seguro). Tampouco poderiamos saber se o que estamos lendo ten contidos que nos transmiten ideas ao subconsciente (non coñecemos o código do soft propietario)

Que é o software libre?

Chámase así ao software que ofrece aos usuarios a posibilidade de usar, copiar, modificar e distribuír libremente os programas.Normalmente está dispoñible de balde.

Page 5: O berro vol.3

Este artigo esta escrito baixo licenza:

Para saber máis:

http://www.youtube.com/watch?v=cnJ-rGBX9Eshttp://www.youtube.com/watch?v=7UKksU4EIRY&feature=relatedhttp://wiki.gleducar.org.ar/wiki/Razones_para_usar_software_libre_en_educaciónhttp://www.linux-galicia.org/http://www.mancomun.org/http://trisquel.info/eshttp://www.ousli.org/http://www.ubuntu-es.org/http://es.wikipedia.org/wiki/GNU

...poderiamos continuar pero creo que é máis que suficiente: Inaceptable! Non quereriamos ver un libro nin en pintura... entón por que co software aceptamos esta situación tendo a alternativa libre?Libre significaría: libros gratis para todo o mundo, copias ata o infinito, poderiamos facer anotacións neles, escolleriamos entre moitas editoriais,...Rompede co medo ao cambio.

Levamos moitos anos “enganchados” ao sistema privativo de sete letras e xa vai sendo hora de descubrir a verdadeira liberdade.Por falta de espazo non falarei aquí dos programas, distribucións, GNU/Linux, Tux, e todo iso, simplemente anímovos a que pidades información no colexio ou a buscala nas ligazóns ao final deste artigo.

Un dos máximos representantes e creador desta tendencia é Richard Stallman. Hai poucas semanas deu unha conferencia maxistral no Ateneo de Ourense, onde sen perder o bo humor fixo un percorrido pola realidade do software libre. Realmente apaixonante.

Animádevos a dar o salto ao software libre!

Richard Stallman con Santiago Díaz en Ourense

Page 6: O berro vol.3

Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957 - Barcelona 2008), licenciado en Filosofía e Letras, profesor de Lingua e Literatura Galegas, era director do Instituto Cervantes de Lisboa. Membro correspondente da Real Academia Galega. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo. Publica a primeira obra en 1983, As cidades da nada .

Na súa traxectoria poética, o culturalismo das primeiras obras dá paso a unha voz reflexiva virada para dentro en 1988 com Pasa un segredo, considerado por moitos o seu poemario de madurez.

Aínda que tamén fixo importantes achegas á narrativa galega, os seus froitos mellorados atopámolos na poesía, da que vos deixamos unha pequeniña mostra porque a poesía, como di Fran Alonso, non morde.

ANTES QUE TI FOSES VIAXEIRO

Cando veñas ó norte, non preguntesPor unha casa vella;Pola sombra de seu, nas calexas deitadaComo se deita o invernoCon derrotados meses sobre o mundo e as choivas.

Cando veñas ó norte, vello amigo,Non preguntes ás brétemas que furtanOs segredos das cousas;Non interrogues fondas baixamares-E menos nun agosto de altas lúas-,Nin os bosques de antano,Onde soñan as faias e as carballeiras nobres.

Hai unha casa branca. AgardareiteAireando os seus cuartos,Abrindo as contras, para que a luz recibaAquilo que foi meu;Ordenando papeis dos meus esquezos,Libros daquela, versosPor rematar aínda,Escuros calendarios que escribironAnos mozos e nomes de rapazas.

E esta canción que é túa, e escribín para ti,Antes que ti foses viaxeiro,Moito antes quizaisDe que tiveses sede, e decidisesPartir, soñar, ama-lo corazónDestas palabras poucas.

Cando chegues ó norte, non preguntes. Dirache o teu desexo que eu estaba agardando.

(de Pasa un segredo, 1988)

RAMIRO FONTE, POETA

Reversos, o último poemario de Ramiro Fonte.Cento quince poemas onde o autor, xogando cunha prolífica secuencia de formas nas que se emparella o culto e o popular, volve demostrar as simetrías entre o clasicismo e a moderni- nidade que caracterizou toda a súa obra.

2009. ANO EDUARDO BLANCO AMOR

Cúmprense 50 anos da publicación da novela A esmorga. Os tres protagonistas percorren a cidade de Ourense en 24 horas de excesos, alcool, choiva e marxinalidade.

Un clásico imprescindible da nosa literatura.

Page 7: O berro vol.3

A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.

Que é a Mesa pola

Normalización Lingüística?

Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de “imposición del gallego”, presentando, con cinismo, o mundo ao revés. A realidade do día a día e todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación. Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego.

As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben gozar no seu territorio do mesmo estatus legal que o castelán ten no seu.2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non gozamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á

proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

Visita a súa páxinahttp://www.amesanl.org

Page 8: O berro vol.3

Non sei como comezar para expresar o que sinto por ti, porque non estou segura do que sinto. Teño unha dor no peito coma se fosen cinco agullas cheas do teu sangue fervendo, están moi afiadas e profundas, creo que ata chegan ao meu corazón. Son cinco agullas porque representan os cinco sentidos que me arrebataches cando te fuches, agullas porque no meu corazón está gravado o teu nome con elas, cheas do teu sangue porque o sangue proveniente do teu corpo, ao percorrelo, meu corpo quere fusionarse co teu.

Esta dor comezou cando te comecei a querer, e volveuse insoportable dende que souben que non querías saber da miña existencia, e agora que non sinto o teu alento preto do meu, e sei que non o volverei sentir xamais, gardo os meus sentimentos, o meu corazón e as dolorosas pero á vez doces agullas nunha caixa pechada con cadeado. Ti tes a chave para abrila, eu, paciente, espero a que a abras para que unas corazón con corazón e sentimentos con sentimentos, e así, librarme deste sufrimento.

Non podo evitar que cada día sinta que unha substancia líquida e á temperatura do meu corpo escorregue pola miña meixela abaixo ata chegar a caer no chan.

Se soubeses o que sufro por ti, se soubeses canto te quero, se só por un intre me imaxinases ao teu carón unha vez máis, o meu corazón adormecería nese soño, un soño que non quero que remate xamais.

Parece que estou morta cando te sinto preto, pois a calor do teu corpo fai que me estremeza, paralízame, non podo deixar de mirarte, ollo ata o renxer da folla máis afastada, a miña mente aparece a imaxe do teu sorriso, os meus pulmóns non queren respirar máis ca o teu aire…

Ana (2º ESO)

UNHA CARTA DE AMOR

Grupo: ASTAROTDISCO: LONGA NOITE DE PEDRA

Disco de homenaxe aos poetas galegos por medio da música : Rosalía, Curros, Celso Emilio, Baldomero Iglesias, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Dario Xohán Cabana.

Gústame esta música en galego, a miña lingua. A miña canción favorita deste traballo é Polo ronsel das estrelas. Os principios das cancións son impresionantes.Pola miña parte eu recomendaría este cd a calquera tipo de persoa que lle guste a música de calidade.

A discografía deste grupo, creado no Morrazo no ano 83: Donde se hospeda el pasado, Respirando, Apuesta y gana, Astarot- The Refrescos,O sentir dunha terra, Longa noite de pedra e Directo Castrelos 99.

Aínda que comezan cantando en español, o seu terceiro disco supón unha importante mudanza (incorpórase Wes, a voz, e inclúense dous temas en galego). O cuarto traballo, Astarot- The Refrescos, está cantado integramente en galego. Cómpre recordar que nestes momentos chegan a compartir cartel con Milladoiro ou Carlos Santana) O quinto disco, O sentir dunha terra, supón a consagración do grupo do Morrazo e unha homenaxe á cultura musical galega.

Compoñentes do grupo: Carlos Rodal (baixo), Carlos Gandón (guitarra), Tebi (batería), Tony (teclados), Wes (voz) A páxina do grupo na rede: http://www.astarot.es/Default.aspx

J. Benito recomenda musica en galego...

Page 9: O berro vol.3

Cada número do medio dunha liña, columna ou diagonal é a media dos números que ten a cada lado

2 6

8 10

4 8

14 22

6 18

26 32

24

17

26 42

10 30

32 52

12 36

49

38

14 28

44 72

16 48

66 82

18 36

56 92

➔Observa o que pasa cos números colocados no centro de cada serie, que relación hai entre eles?

➔E que relación hai entre os da esquina inferior dereita de cada serie?

➔Mantense esa relación entre os nove números de cada posición de cada serie?

Adiviñar a idade dunha persoa

Pídelle a unha persoa que escriba nun papel un número de dúas cifras e que non cho deixe ver.2.- Debe multiplicar ese número por 2.3.- A continuación ten que sumarlle 5 ao resultado anterior.4.- Despopis multiplicar esa cifra por 50.5.- Ao resultado da multiplicación ten que sumarlle 1759.6.- Por último, debe restarlle o ano do seu nacemento.

O resultado vai ser un número de 4 cifras:

●As dúas da dereita (unidades e decenas) correspóndense coa idade da persoa que escribiu o número (ou cos anos que vai cumprir no 2009)●As dúas cifras da esquerda (centenas e millares) son o número que pensou a persoa.

VAN DICIR QUE ES UN XENIO DAS MATEMÁTICAS!!

Nota 1: para que este xogo teña validez outros anos, o número a sumar no paso 5 debe ser o que resulte de restarlle 250 ao ano en curso.

Nota 2: Serás realmente un xenio se es capaz de atopar o truco do xogo.

Como adiviñar unha carta escollida ao chou

Dille a alguén que escolla unha carta da baralla. O as conta como 1, o rei como 10, o cabalo como 9, a sota como 8 e as demais cartas co seu valor. Pídelle que faga as seguintes operacións:

1º- Multiplica por 2 o valor da carta.2º- Ao número que resulte súmalle 1.3º- Multiplica o resultado por 5.4º- Se a carta é de ouros súmalle 4, se é de copas suma 3, se é de espadas suma 2 e se é de bastos suma 1.5º- Dime o resultado.

Co resultado fas a seguinte análise: A cifra das unidades indica o pau da baralla: 6 é bastos, 7 é espadas, 8 é copas e 9 é ouros. A cifra das decenas indica o número da carta.

Exemplos: se obtés de resultado 38, a carta escollida é o 3 de copas. Se obtiveses 16, a carta sería o as de bastos.

MATEMÁTICAS DIVERTIDASMATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Page 10: O berro vol.3

1.-Que serras están en Galiza?A) Serra da Loba B) Serra Nevada C) Serra Morena

2.-Que é o que máis producimos na sección agrícola?A) O Feixón B) Trigo C) Millo Forraxeiro

3.-Cal foron os anos nos que recibimosmáis turistas?A) 1980-1990 B) 1993-2003 C) 2003-2007

4.-Como se chama a comarca á que pertencen Bueu, Marín e Cangas?A) O Salnés B) Pontevedra C) O Morrazo

5.-Na produción gandeira, cal é o alimento máis producido?A) Ovos B) Aves C) Porcinos

6.-Cal destes concellos non forma parte da comarca do Carballiño?A) San Amaro B) A Barrela C) Boborás

7.-Cal destes ríos non está en Galiza?A) Río Xallas B) Río Tambre C) Río Sella

8.-Cal destes parques naturais galegos está situado na provincia de Ourense?A) As Fragas do Eume B) Montes do Invernadeiro C) Monte Aloia

9.-O marco fundamental das relacións sociais en todo o país é a parroquia. Sabes cantas parroquias existen en Galiza?A) 3781 B) 1215 C) 4532

10.-O camiño francés e unha das principais vias do “Camiño de Santiago”, sabes en que lugar se inicia?A) Roncesvalles B) Toulouse C) Bordeos

11.-Cal destas obras non é de Rosalia de Castro?A) Follas novas B) Cantares GallegosC) Aires da miña terra

12.-Sabes en que ano se aprobou o actual Estatuto de Autonomía de Galiza?A) 2001 B) 1981 C) 1992

8.- Os que foron a América trouxéronnos cousas que aquí non había:a) Pataca b) Millo c) Uvas d) Tabaco

9.- Todos eles se dedicaron a estudar a historia de Galiza:a) Manuel Murguía b) Benito Vicetto c) López Ferreiro d) Lamas Carvajal

10.- Estes nomes corresponden a illas:a) Sálvora b) Arousa c) Umia d) Ons

11.- Escribiron boas obras de teatro en galego:a) Álvaro Cunqueiro b) Rosalía de Castroc) Alfredo Brañas d) Blanco Amor

12.- Nos Peares xúntanse os ríos:a) Sar b) Miño c) Sil d) Búbal

13.- En todas hai porto de mar :a) Ferrol b) Vigo c) O Barco de Valdeorrasd) Marín

14.- Todos viviron no século XIX:a) Alfredo Brañas b) O bispo Xelmírez c) Eduardo Pondal d) Curros Enríquez 15.- En todas hai varias pontes grandes para atravesar o río ou ría:a) Santiago b) Lugo c) Ourense d) Pontevedra

1.- Desde todas se pode ver o mar, ou polo menos unha ría:a) Vilagarcía b) A Fonsagrada c) Cambados d) Foz

2.- Todos eles escribiron novelas en galego:a) Castelao b) Otero Pedrayo c) Manuel Murguía d) Blanco Amor

3.- Estes romanos mandaban as lexións que viñeron a Galiza:a) Cicerón b) Décimo Xunio Bruto c) Xulio César d) Octavio Augusto

4.- Rianxo é sonado, entre outras cousas, por ser berce de excelentes escritores como:a) Castelao b) Manuel Antonio c) Rafael Dieste d) Álvaro Cunqueiro

5.- Todos eles verten as súas augas no Atlántico:a) Miño b) Eo c) Limia d) Ulla

6.- En todas hai catedral:a) Pontevedra b) Tui c) Ourense d) Mondoñedo

7.- Foron excelentes poetas:a) Vicente Risco b) Amado Carballo c) Rosalía de Castro d) Noriega Varela

BUSCA A RESPOSTA CORRECTA

BOTA O INTRUSOUnha resposta é incorrecta

DEMOSTRA O QUE SABES

Page 11: O berro vol.3

Porque se achegou a nós con sensibilidade exquisita,

porque escoitamos galego con acento madrileño nos corredores,

porque aloumiña a nosa lingua a diario

e fainos grandes ao vernos grandes.

Polo seu respecto que gañou o noso...

Queremos devorverlle só un chisco do que nos deu.

"Xa que eu aprendín galego sendo de fóra, penso que é un pouco triste que a xente que é de aquí non poida adaptarse ao que ten diante".

Nati, madrileña, é profe de plástica no noso centro.Estudou cinco anos de galego na EOI de Madrid e fálao de maneira habitual.

Tirado da entrevista que alumnas do centro realizaron ao profesorado en decembro.

Premio queirogaPremio queiroa