22
Número 610 IX lexislatura 3 de marzo de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1. 2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de ordenación da asis- tencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público 143068

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

Número 610 IX lexislatura 3 de marzo de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1. 2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de ordenación da asis-

tencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma

de Galicia e do seu sector público 143068

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1. 2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de ordenación da

asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade

Autónoma de Galicia e do seu sector público

De conformidade co disposto nos artigos 65 e concordantesdo Regulamento da Cámara, ordénase a publicación noBoletín Oficial do Parlamento de Galicia do Informe daPonencia sobre o Proxecto de lei de ordenación da asisten-cia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autó-noma de Galicia e do seu sector público

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de ordenación da

asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade

Autónoma de Galicia e do seu sector público

A Ponencia designada pola Comisión 1ª, Institucional, deAdministración Xeral, Xustiza e Interior, para emitirinforme sobre o Proxecto de lei de ordenación da asistenciaxurídica da Administración xeral da Comunidade Autónomade Galicia e do seu sector público, nas reunións e cos acor-dos que a continuación se indican, á vista do texto do pro-xecto e das emendas presentadas ao seu articulado, elaborou,para o seu debate ante o dito órgano, este

INFORME

1. Antecedentes

O proxecto tivo entrada no Rexistro do Parlamento o día5 de novembro de 2015, co número de asentamento 43421.

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 9 de novembrode 2015, admitiu a trámite esta iniciativa, dispuxo a súapublicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia(BOPG núm. 549, do 10 de novembro de 2015) e a aperturado prazo de presentación de emendas. Así mesmo, oída a

Xunta de Portavoces, acordou a súa tramitación pola Comi-sión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza eInterior.

As emendas á totalidade foron cualificadas pola Mesa daComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustizae Interior, o 11 de decembro de 2015, e publicadas no BOPGnúm. 571, do 14 de decembro de 2015.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pre-sentou unha emenda á totalidade, que foi rexeitada na sesióndo Pleno do 26 de xaneiro de 2015.

As emendas ao articulado presentadas –cualificadaspola Mesa da Comisión 1ª, Institucional, de AdministraciónXeral, Xustiza e Interior, na sesión do día 25 de xaneiro de2016, e publicadas no BOPG núm. 590, do 27 de xaneiro de2016- foron 72 emendas: 21 do G.P. do Mixto (doc. núm.45030), 13 do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc.núm. 45035), 24 do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc.núm. 45042), 8 do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda(doc. núm. 45043) e 6 do G.P. Popular (doc. núm. 45044).

2. Constitución, composición e reunións da Ponencia

2.1. Constitución e composición da Ponencia

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral,Xustiza e Interior, na sesión do día 28 de xaneiro de 2016,designou os seguintes ponentes:

— G.P. Popular de Galicia (P):Dona María Julia Rodríguez Barreira (titular)Don Miguel Ángel Tellado Filgueira (suplente)

— G.P. dos Socialistas de Galicia (S):Dona Patricia Vilán Lorenzo (titular)Dona María Soledad Soneira Tajes (suplente)

—G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):Dona María Tereixa Paz Franco (titular)Don Francisco Jorquera Caselas(suplente)

— G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (AGE):Don José Javier Ron Fernández (titular)Don Ramón Vázquez Díaz (suplente)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143068

Número 6103 de marzo de 2016

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

— G.P. Mixto (M):Dona María Consuelo Martínez García (titular)Dona Mónica Rodríguez Fernández (suplente)

2.2. Reunións da Ponencia

A sesión constitutiva da Ponencia tivo lugar o día 8 defebreiro de 2016, coa asistencia do ponente e das ponentestitulares e do vicepresidente da Comisión 1ª, Institucional,de Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Posteriormente, a Ponencia mantivo as seguintes reu-nións os días 15, 19 e 24 febreiro de 2016, nas que exami-nou as emendas presentadas e o texto do proxecto de lei enelas rematou o seu informe.

3. Elaboración do informe

Como resumo sucinto do seu labor, a Ponencia recomén-dalle á Comisión a aceptación das seguintes emendas outransaccións elaboradas a partir delas, nos termos que cons-tan no texto articulado deste informe:

Emendas aceptadas:

— Do G.P. Popular, emendas 1 e 6— Do G.P. dos Socialistas de Galicia, emendas 5 e 14— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, emenda 4— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, emendas 1, 3, 6 e 7.

Emendas transaccionadas:

A Ponencia recomenda a aceptación das transaccións,nos termos que recolle o texto articulado, efectuadas coasseguintes emendas:

— Do G.P. dos Socialistas de Galicia, emendas 13, 20, 21e 23

— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, emendas 1 e 7— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, emendas 5 e 8

— Do G.P. Mixto, emendas 2, 10, 11 e 12

Emendas técnicas:

Recoller «órganos estatutarios» nas referencias do artigo11. No artigo 35.3 suprimir o termo «libre». Ordenar as dis-posicións derradeiras segundo recolle o texto articulado.

Emendas rexeitadas:

A Ponencia recomenda o rexeitamento das restantesemendas dos grupos parlamentarios dos Socialistas de Gali-cia, da Alternativa Galega de Esquerda, do Bloque Naciona-lista Galego e Mixto.

4. Texto articulado do Informe da Ponencia sobre o Pro-xecto de lei de ordenación da asistencia xurídica da Admi-nistración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e doseu sector público

Exposición de motivos

A suxeición da Administración pública á lei constitúeunha das bases do Estado social e democrático de dereito, deacordo co establecido polos artigos 1 e 103 da Constituciónespañola.

A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e dentro delaos/as seus/súas letrados/as, ten atribuída en exclusiva unhadobre función de asesoramento xurídico da Administraciónautonómica e defensa en xuízo dela. Esta dobre función tencomo finalidade asegurar o sometemento da actuación admi-nistrativa á legalidade e a defensa dos intereses da propiaComunidade Autónoma, o que redunda en favor da cidada-nía, que é a destinataria da súa actividade. Por iso é polo quecómpre arbitrar os medios de defensa dos dereitos da Admi-nistración, co fin de que o interese público que representa eque preside a súa actuación resulte garantido e respectado.

A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia atópase actual-mente regulada pola Lei 7/1984, do 28 de xuño, de regula-ción provisional dos servizos xurídico-contenciosos, e, nonivel regulamentario, polo Decreto 343/2003, do 11 dexullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Ase-soría Xurídica da Xunta de Galicia. Tamén a Lei 14/2013, do26 de decembro, de racionalización do sector público auto-nómico, recolle, na súa disposición adicional oitava, que aasistencia xurídica á Administración xeral da Comunidade

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143069

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

Autónoma de Galicia, aos seus organismos autónomos e aosórganos estatutarios, salvo, respecto destes últimos, que assúas normas reguladoras establezan o contrario, lle corres-ponde ao persoal funcionario integrante da escala de letradosda Xunta de Galicia.

Dada a data, o carácter provisional e a mínima regula-ción que se contén nas citadas leis, é fácil constatar que seproduciron circunstancias desde a súa entrada en vigor quefan preciso que se estableza dunha forma integrada e nunhanorma con rango de lei a regulación e ordenación dos servi-zos xurídicos da Comunidade Autónoma. Así, cabe destacara evolución competencial da Administración da Comuni-dade Autónoma, a creación mediante o artigo 16 da Lei15/1991, do 28 de decembro, da escala de letrados da Xuntade Galicia, coa finalidade de desenvolver as funcións de ase-soramento en dereito e de representación e defensa da Admi-nistración da Comunidade Autónoma e da súa Administra-ción institucional (Lei derrogada pola Lei 2/2015, do 29 deabril, de emprego público de Galicia, e substituída hoxe polopunto 1 da disposición adicional oitava da indicada lei), aregulación que resulta da Lei 52/1997, do 27 de novembro,de asistencia xurídica ao Estado e institucións públicas, e aprevisión contida no artigo 551.3 da Lei orgánica do poderxudicial, do 1 de xullo de 1985.

Estas finalidades acométense a través desta lei noexercicio da potestade de autoorganización que á Comu-nidade Autónoma de Galicia lle recoñece o seu Estatutode autonomía (artigos 27.1 e 39 do Estatuto), así como nomarco da súa competencia de desenvolvemento lexisla-tivo e execución da lexislación do Estado en materia deréxime xurídico da Administración pública de Galicia(artigo 28.1 do Estatuto), e a competencia exclusiva naregulación dos procedementos administrativos derivadosda organización propia dos poderes públicos galegos(artigo 27.5 do Estatuto).

Co fin de cumprir os ditos obxectivos, a lei divídese encinco capítulos, dúas disposicións adicionais, unha disposi-ción derrogatoria e tres disposicións derradeiras.

No capítulo I determínase a asistencia xurídica á Admi-nistración autonómica e ao seu sector público e o exerciciodas súas funcións a través dos/as letrados/as da Xunta deGalicia. A regulación pretende acadar a extensión da asis-

tencia xurídica, a través da Asesoría Xurídica Xeral, a todasas entidades do sector público autonómico, en garantía dofuncionamento regular e coordinado deste. En particular,disponse que cando a asistencia xurídica ás entidades do sec-tor público non a preste a Asesoría Xurídica Xeral ou as ase-sorías xurídicas dependentes dela, os servizos xurídicos quea desenvolvan deberán respectar as directrices e criterios deinterpretación emanados desta. Así mesmo, en liña cosobxectivos de autoprovisión dentro do sector público da Lei14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico, regúlanse os requisitos para acudir acontratos de asistencia xurídica con medios externos e indí-case que só poderá acudirse á contratación externa cando aaludida autoprovisión non resulte viable, garantindo que aAsesoría Xurídica Xeral poida, se resulta posible, asumir elaa prestación.

O capítulo II concreta as funcións consultivas e conten-ciosas, as relativas ás materias de dereito comunitario econstitucional e outras funcións propias dos servizos xurídi-cos da Comunidade Autónoma de Galicia. A regulación faifincapé nas funcións da Asesoría Xurídica Xeral relaciona-das coa racionalización, simplificación e mellora da calidadenormativa, en liña cos principios previstos na Lei 14/2013,do 26 de decembro, de racionalización do sector públicoautonómico. Así, establécese a participación da AsesoríaXurídica Xeral na elaboración das normas e as súas actua-cións para a adaptación da regulación vixente aos principiosindicados.

Este capítulo ocúpase tamén da regulación da defensa dopersoal funcionario, autoridades e empregados/as públicos.A regulación pretende evitar situacións de conflito de intere-ses e prevé as especialidades da defensa do persoal docente,sanitario e que teña encomendadas funcións de vixilancia ouinspección. A asistencia denegarase, en particular, cando sededuza que o procedemento xudicial non deriva de actos ouomisións realizados no exercicio lexítimo das funcións inhe-rentes ao posto de traballo; cando non exista aparencia deactuación lexítima por parte da autoridade, funcionario oupersoal afectado, ou cando se actuase en cumprimento deordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposiciónxeral. A lei pretende tamén garantir a correspondente indem-nización dos gastos de defensa e representación nos casos dedenegación da autorización cando despois se evidencie a

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143070

Número 6103 de marzo de 2016

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

inocencia do persoal afectado. Tamén se prevé, para casosxustificados, o adianto dos gastos de defensa e representa-ción, para o que deberán avalarse as cantidades correspon-dentes, que deberán ser reintegradas se o resultado do pro-ceso non é favorable ao persoal afectado.

O capítulo III refírese aos principios de colaboraciónentre os órganos asistidos e a Asesoría Xurídica Xeral.Establece, en particular, o deber daqueles de prestar a estaa colaboración precisa para a mellor realización dos seusfins.

O capítulo IV regula a organización da Asesoría Xurídicada Xunta de Galicia con especial fincapé na necesidade dadependencia xerárquica e funcional de todos os órganos deasesoría da Asesoría Xurídica Xeral e na existencia dunharelación de postos de traballo única.

O capítulo V da lei refírese aos/ás letrados/as da Xuntade Galicia, á súa actuación profesional e provisión de postosde traballo.

Finalmente, as disposicións adicionais, derrogatoria ederradeiras refírense, entre outros aspectos, ao uso da lin-gua galega, medios electrónicos e desenvolvemento regu-lamentario da lei. En particular, introdúcese na disposi-ción derradeira segunda unha modificación da Lei 3/2014,do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, res-pecto das previsións relacionadas coa solicitude de infor-mes a este órgano consultivo. A dita función de asesora-mento técnico cualificado seguirá limitada a cuestiónsconcretas de especial importancia para a ComunidadeAutónoma de Galicia, ben que, coa nova regulación, pode-rán solicitar directamente informe ao Consello Consultivode Galicia, non só a persoa titular da Presidencia da Xuntade Galicia, pola súa exclusiva iniciativa, senón tamén aspersoas titulares da presidencia das entidades locais.Agora ben, neste último caso, en que a solicitude a formu-larán entes cuxas competencias se estenden a ámbitosterritoriais inferiores ao autonómico, introdúcense osrequisitos determinantes da cualificación dunha cuestiónconcreta formulada por unha entidade local como de espe-cial transcendencia para a Comunidade Autónoma deGalicia de xeito que, de non cumprirse algún deses requi-sitos, se acordará a devolución do expediente, co arquiva-mento do actuado.

CAPÍTULO IDisposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. Esta lei ten por obxecto a regulación da asistenciaxurídica á Administración xeral da Comunidade Autónomade Galicia e ao seu sector público.

2. Para os efectos desta lei, enténdese por asistencia xurí-dica o asesoramento en dereito e a representación e defensaen xuízo en todo tipo de procesos xudiciais, ante órganosadministrativos e en procedementos arbitrais.

3. Non se entenderá por asistencia xurídica, para osefectos da presente lei, as funcións de carácter técnico-xurídico consistentes na instrución de procedementosadministrativos, elaboración de memorias e estudos, infor-mes administrativos, propostas de resolución de reclama-cións, recursos e requirimentos e actuacións similares des-envoltas polo persoal dos órganos e unidades administrati-vas dependentes da Administración e entidades do sectorpúblico de acordo coas súas funcións, sen prexuízo de que,para o exercicio destas funcións, os órganos competentespoidan solicitar da Asesoría Xurídica Xeral ou das aseso-rías xurídicas dela dependentes o asesoramento en dereitoque proceda.

Artigo 2. Ámbito da asistencia

1. A asistencia descrita no artigo anterior será prestadapola Asesoría Xurídica Xeral á Administración xeral daComunidade Autónoma e ao sector público autonómico deacordo co establecido nesta lei.

Para os efectos do disposto nesta lei, o sector públicoautonómico está integrado polas entidades previstas noartigo 3.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organiza-ción e funcionamento da Administración xeral e do sectorpúblico autonómico de Galicia.

2. A asistencia prestarase á Administración xeral daComunidade Autónoma, aos seus organismos autónomos,así como aos órganos estatutarios, sempre que, neste últimocaso, as súas disposicións reguladoras non dispoñan o con-trario.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143071

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

3. Mediante a formalización do oportuno acordo de natu-reza xurídico-pública entre a Asesoría Xurídica Xeral daXunta de Galicia e o órgano competente da entidade asistidaprestarase asistencia xurídica, nos termos que se establezanregulamentariamente, ás entidades pertencentes ao sectorpúblico autonómico distintas dos organismos autónomos.

Tales acordos poderán determinar unha compensacióneconómica que se aboará á Facenda da Comunidade Autó-noma de Galicia pola actuación dos letrados da Xunta deGalicia.

Cando a asistencia xurídica sexa prestada en virtude doacordo, para o exercicio das accións xudiciais aplicarase oque dispoñan as normas reitoras das respectivas entidades, easumirán os/as letrados/as da Xunta a súa representación edefensa, de acordo co previsto nos ditos acordos.

En particular, no caso das entidades públicas instrumen-tais, os seus estatutos poderán prever a creación dunha ase-soría xurídica dependente da Asesoría Xurídica Xeral.

Neste caso, o acordo previsto neste artigo regulará aprestación da asistencia consultiva ou contenciosa polos ser-vizos da Asesoría Xurídica Xeral non cuberta pola asesoríaxurídica da entidade.

4. Cando a asistencia xurídica ás entidades indicadas nopunto anterior non sexa prestada pola Asesoría XurídicaXeral ou asesorías xurídicas dependentes dela, os servizosxurídicos da entidade que a desenvolvan deberán respectaras directrices e criterios de interpretación emanados daquela.

Artigo 3. A Asesoría Xurídica Xeral

1. A Asesoría Xurídica Xeral, con rango de direcciónxeral, é o órgano directivo da Administración xeral daComunidade Autónoma ao que lle corresponde, en relaciónco ámbito descrito no artigo 2, a dirección, coordinación einspección da asistencia xurídica.

2. No cumprimento das súas funcións de asesoramentoen dereito, representación e defensa en xuízo e como garan-tía da defensa do interese público, a Asesoría Xurídica Xeralgoza de autonomía funcional na súa relación cos órganosasistidos.

3. A Asesoría Xurídica Xeral dependerá, de acordo coindicado no artigo 25 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, deorganización e funcionamento da Administración xeral e dosector público autonómico de Galicia, do órgano superiorque determine a estrutura orgánica aprobada pola Xunta deGalicia.

Artigo 4. Exercicio de funcións de asistencia xurídica

O exercicio das funcións de asistencia xurídica de com-petencia da Asesoría Xurídica Xeral correspóndelle ao per-soal funcionario pertencente á escala de letrados da Xunta deGalicia dependentes dela.

Artigo 5. Autoprovisión dentro do sector público e contratosde asistencia xurídica con medios externos

1. A asistencia xurídica considérase unha prestación deinterese público que debe realizar a Administración xeral daComunidade Autónoma e o seu sector público acudindo(...) aos medios persoais dos que dispoña e, en particular, áAsesoría Xurídica Xeral.

2. Para as prestacións de asistencia xurídica só poderáacudirse á contratación externa cando a autoprovisión nonresulte viable, por non poder ser cumpridamente satisfeitaspola Asesoría Xurídica Xeral as necesidades que se preten-den cubrir, pola insuficiencia, carencia ou inadecuación dosmedios dos que dispón, nos termos establecidos na Lei14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico.

Para estes efectos, entenderase por asistencia xurídicacon medios externos os servizos de tal carácter prestados poruniversidades públicas, empresas consultoras ou avoga-dos/as en exercicio á Administración xeral da ComunidadeAutónoma de Galicia ou ao seu sector público.

3. Para os efectos indicados, con carácter previo á tra-mitación de procedementos de contratación de calqueranatureza que teñan por obxecto a asistencia xurídica conmedios externos, o órgano propoñente comunicarao áAsesoría Xurídica Xeral, que deberá emitir informe pre-ceptivo sobre a posibilidade de asumir ela a prestación,logo da formalización, se é o caso, do acordo previsto noartigo 2.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143072

Número 6103 de marzo de 2016

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

4. En calquera caso, a Asesoría Xurídica Xeral, paravelar pola unidade de doutrina dentro do sector público auto-nómico e a coordinación, en relación coas prestacións deasistencia xurídica que sexan obxecto de contratación,deberá supervisar e prestar asistencia no proceso de contra-tación e na execución das prestacións.

Para estes efectos, darase traslado á Asesoría XurídicaXeral dos informes, ditames e demais actuacións que resul-ten dos contratos de asesoramento externo, e esta poderámanifestar razoadamente, nun prazo de dez días, a súa dis-crepancia cos criterios emitidos, para os efectos da súa pon-deración polo órgano competente.

CAPÍTULO IIFuncións de asistencia xurídica da Asesoría Xurídica

Xeral

Sección 1ª. Funcións de asesoramento en dereito

Artigo 6. Formas de exercicio

A función de asesoramento da Asesoría XurídicaXeral exercerase mediante a consulta, consello e asesora-mento xurídico, a realización de notas, informes e dita-mes razoados en dereito, tanto preceptivos como faculta-tivos, a participación na elaboración das disposicións decarácter xeral, a asistencia a órganos colexiados e a veri-ficación da suficiencia de poderes, de acordo co que seestableza nas disposicións orgánicas da Asesoría XurídicaXeral.

Artigo 7. Carácter dos informes ou ditames

1. Os informes ou ditames terán carácter facultativo enon vinculante, agás que algunha disposición legal ou regu-lamentaria así o estableza.

2. As actuacións administrativas que se aparten do crite-rio dos informes deberán ser motivadas.

Artigo 8. Ditames de carácter preceptivo

Correspóndelle ao persoal da escala de letrados da Xuntade Galicia a emisión de informes ou ditames con carácterpreceptivo, nos seguintes asuntos:

a) Os anteproxectos de lei e proxectos de disposiciónscon forza de lei.

b) Os proxectos de disposicións administrativas decarácter xeral.

c) Os convenios de colaboración.

d) Os previstos na lexislación de contratos do sectorpúblico.

e) Os previstos na lexislación de subvencións.

f) Os expedientes sobre declaración de lesividade dosactos propios, con carácter previo á súa impugnación ante axurisdición contencioso-administrativa.

g) Calquera outro asunto para cuxa resolución as dispo-sicións vixentes exixan como preceptivo un informe xurí-dico da asesoría xurídica.

Artigo 9. Contido dos informes ou ditames

Os informes ou ditames fundamentaranse en dereito eversarán sobre os aspectos consultados, aínda que se poderáexaminar calquera outra cuestión relevante de carácter xurí-dico derivada do contido da consulta ou da documentaciónque se xunta a ela.

Sección 2ª. Funcións de representación e defensa en xuízo

Artigo 10. Representación e defensa

1. A representación e defensa en xuízo da Administraciónxeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autó-nomos, así como dos órganos estatutarios, sempre que assúas disposicións reguladoras non dispoñan o contrario, antetoda clase de órganos xudiciais correspóndelles aos/ás letra-dos/as da Xunta de Galicia, de acordo coa distribución defuncións que se estableza nas disposicións orgánicas da Ase-soría Xurídica Xeral.

2. En casos excepcionais e logo do informe da persoatitular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, a per-soa titular da consellaría da que dependa o órgano ou enti-dade asistida poderá autorizar, mediante resolución moti-

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143073

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

vada, que a representación e defensa en xuízo sexa asumidapor un avogado/a ou procurador/a, que actuará baixo asupervisión da Asesoría Xurídica Xeral.

Nestes casos, os poderes necesarios para a representa-ción e defensa serán outorgados pola persoa titular da con-sellaría da que dependa o órgano ou a entidade asistida.

3. Para poder asumir os/as letrados/as da Xunta de Gali-cia a representación e defensa das restantes entidades do sec-tor público non incluídas no punto 1, será necesaria a for-malización do acordo recollido no artigo 2.

Artigo 11. Especialidades procesuais

1. A Administración xeral da Comunidade Autónoma, osseus organismos autónomos, (...) entidades públicas instru-mentais e órganos estatutarios terán as mesmas especialida-des procesuais que o Estado, de acordo co previsto no Esta-tuto de autonomía e na lexislación estatal aplicable.

2. De conformidade co previsto na Lei 52/1997, do 27de novembro, de asistencia xurídica ao Estado e institu-cións públicas, ou na norma que a substitúa, nos procesosseguidos ante calquera xurisdición en que sexan parte aAdministración xeral da Comunidade Autónoma, os seusorganismos autónomos (...) , así como as entidades públi-cas instrumentais e órganos estatutarios cuxa representa-ción e defensa corresponda aos/ás letrados/as da Xunta deGalicia, as notificacións, citacións, emprazamentos edemais actos de comunicación procesual entenderansedirectamente co/a letrado/a da Xunta de Galicia na sede dogabinete xurídico correspondente, ou polos medios infor-máticos habilitados para tal fin. De acordo co expresado nalexislación estatal citada, serán nulos os actos de comuni-cación procesual que non se practiquen conforme o dis-posto neste artigo.

3. Conforme o disposto na Lei orgánica 6/1985, do 1 dexullo, do poder xudicial, ou norma que a substitúa, os/asletrados/as da Xunta de Galicia teñen a representación daAdministración xeral da Comunidade Autónoma, dos seusorganismos autónomos (...) e do resto das entidades perten-centes ao sector público autonómico e órganos estatutarioscuxa defensa corresponda aos/ás letrados/as da Xunta deGalicia, sen necesidade de procurador.

4. A Administración xeral da Comunidade Autónoma, osseus organismos autónomos (...) e as entidades públicas ins-trumentais e órganos estatutarios, de conformidade co pre-visto no citado texto legal, estarán exentos da obriga deconstituír depósitos, consignacións ou calquera outro tipo degarantía previstos nas leis.

5. A taxación das custas en que fose condenada a parteque actúe no proceso en contra da Administración xeral daComunidade Autónoma, os seus organismos autónomos (...),entidades públicas instrumentais, órganos estatutarios oupersoas defendidas polos/as letrados/as da Xunta de Galiciarexerase, en canto aos seus conceptos e importe, polas nor-mas xerais, con inclusión, se é o caso, dos correspondentesás funcións de procuradoría.

Unha vez firme a taxación, para a exacción das custasimpostas a particulares utilizarase o procedemento administra-tivo de constrinximento, en defecto de pagamento voluntario.

6. Nos procesos civís que se dirixan contra a Adminis-tración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismosautónomos (...), entidades públicas instrumentais e órganosestatutarios cuxa representación e defensa correspondaaos/ás letrados/as da Xunta de Galicia, o/a letrado/a daXunta de Galicia poderá elevar consulta ante a DirecciónXeral da Asesoría Xurídica Xeral e, neste caso, será aplica-ble, en canto á suspensión do curso dos autos, o previsto noartigo 14 da Lei 52/1997, do 27 de novembro, ou na normaque a substitúa.

7. Para o coñecemento e resolución dos procesos civísen que sexan parte a Administración xeral da ComunidadeAutónoma, os seus organismos autónomos (...), entidadespúblicas instrumentais e órganos estatutarios serán en todocaso competentes, de acordo co disposto na Lei 52/1997, do27 de novembro, ou na norma que a substitúa, os xulgadose tribunais que teñan a súa sede en Santiago de Compostela,como capital da Comunidade Autónoma, e nas capitais deprovincia. Esta norma aplicarase con preferencia a calqueraoutra norma sobre competencia territorial que poida conco-rrer no procedemento. O disposto neste artigo non será deaplicación nos supostos exceptuados na normativa proce-sual estatal.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143074

Número 6103 de marzo de 2016

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

Artigo 12. Exercicio e disposición de accións

1. O exercicio de accións xudiciais en nome da Adminis-tración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organis-mos autónomos requirirá acordo previo do Consello daXunta de Galicia.

2. Nos supostos de urxencia, o exercicio de acciónspoderase ordenar mediante resolución da persoa titular daDirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, logo da inicia-tiva do órgano interesado, con posterior ratificación do Con-sello da Xunta de Galicia. No caso de que o Consello daXunta de Galicia non proceda a tal ratificación, entenderaseque existe unha desistencia da acción exercida.

3. Non será necesario o acordo do Consello da Xunta deGalicia para exercer a reconvención nos procesos civís. Nes-tes supostos bastará coa resolución da persoa titular daDirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, que dará contaao órgano superior de que dependa, de acordo coa estruturaorgánica aprobada pola Xunta de Galicia.

4. Non será necesario o acordo previo do Consello daXunta de Galicia para que se constitúa como parte o/aletrado/a da Xunta de Galicia na fase de instrución dosprocesos penais en que a Administración xeral da Comu-nidade Autónoma ou os seus organismos autónomos poi-dan resultar prexudicados. Esta constitución como partepoderá ser ordenada pola persoa titular da Dirección Xeralda Asesoría Xurídica Xeral, logo da iniciativa do órganointeresado.

5. Así mesmo, tampouco será necesario o acordo previodo Consello da Xunta de Galicia para exercer exclusiva-mente a acción civil en calquera fase dos procesos penais.

6. Requirirase acordo do Consello da Xunta de Galiciapara a presentación do escrito de acusación salvo nos casosde urxencia, nos que se observará o previsto no punto 2.

7. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia non poderán rea-lizar actos de disposición da acción procesual sen a autori-zación do Consello da Xunta de Galicia, adoptada por pro-posta razoada da consellaría ou entidade interesada e logo doinforme da persoa titular de Dirección Xeral da AsesoríaXurídica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Execución de sentenzas

1. Correspóndelle a execución material de sentenzas fir-mes, así como a súa execución provisional nos casos quelegalmente proceda, ao órgano que no momento da execu-ción resulte competente por razón da materia sobre a queverse o litixio, sen prexuízo de que os/as letrados/as daXunta de Galicia poidan ser requiridos por aquel para osefectos da formulación de actuacións procesuais ou inciden-tes de execución.

2. Cando a complexidade do asunto así o requira, oórgano ao que lle corresponda executar a sentenza poderásolicitar o asesoramento ou a emisión de informe xurídicosobre as medidas que a execución requira.

3. Na fase de execución de sentenzas, a Asesoría Xurí-dica Xeral promoverá cantas iniciativas favorezan a defensae protección dos intereses públicos.

Artigo 14. Actuacións en procedementos arbitrais e noutrasreclamacións extraxudiciais

Logo de autorización da persoa titular da DirecciónXeral da Asesoría Xurídica Xeral, os/as letrados/as da Xuntade Galicia poderán asumir a representación e defensa en pro-cedementos arbitrais e noutras reclamacións extraxudiciaisde natureza nacional ou internacional, conforme a lexisla-ción aplicable.

Sección 3ª. Funcións en materia de dereito da UniónEuropea e constitucional

Artigo 15. Funcións en materia de dereito da Unión Euro-pea e internacional

1. Correspóndelle a Asesoría Xurídica Xeral o asesora-mento xurídico en materia de dereito da Unión Europea edereito internacional, o seguimento da normativa comunita-ria e a realización de estudos na devandita materia, deacordo co que se dispoña nas normas que aproben a estruturaorgánica da Asesoría Xurídica Xeral.

2. Igualmente, correspóndelle a representación edefensa da Administración autonómica, así como o aseso-ramento ante os órganos e organismos internacionais ou

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143075

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

supranacionais en que esta sexa parte, en calquera proce-demento xurisdicional, de acordo co previsto na normativaaplicable.

Artigo 16. Funcións en materia de asuntos constitucionais

1. Correspóndelle á Asesoría Xurídica Xeral o desem-peño das seguintes funcións en materia de asuntos constitu-cionais, de acordo co que se dispoña nas normas que apro-ben a estrutura orgánica da Asesoría Xurídica Xeral:

a) A representación e defensa perante o Tribunal Consti-tucional en todos os procedementos previstos na lexislaciónvixente.

b) A preparación dos requirimentos de incompetenciaque formule a Xunta de Galicia e dar resposta aos que llefosen formulados.

c) O asesoramento en dereito das actuacións dirixidas ásolución negociada ou á prevención da conflitividade cons-titucional e nas que afecten o seu ámbito de competencias,todo iso sen prexuízo das funcións que sobre estas materiascorresponden a outros órganos.

d) Asesorar no seguimento da normativa do Estado oudoutras comunidades autónomas para efectos do cumpri-mento do bloque de constitucionalidade e, en especial, dadistribución de competencias derivada deste.

Sección 4ª. Asistencia xurídica na elaboración das disposi-cións de carácter xeral

Artigo 17. Racionalización, simplificación e mellora dacalidade normativa

De acordo co expresado no artigo 36 da Lei 14/2013, do26 de decembro, de racionalización do sector público auto-nómico, a Asesoría Xurídica Xeral contribuirá aos obxecti-vos fundamentais da Administración da Comunidade Autó-noma de Galicia de mantemento dun marco normativo esta-ble e o máis simplificado posible que posibilite ocoñecemento rápido e comprensible da normativa vixenteque resulte de aplicación, e sen máis cargas administrativaspara a cidadanía e as empresas que as estritamente necesa-rias para a satisfacción do interese xeral.

Neste sentido, a Asesoría Xurídica Xeral supervisará osplans anuais normativos e coordinará os procesos periódicos derevisión, avaliación e simplificación normativa que emprenda aAdministración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18. Participación na elaboración das normas

1. No marco do establecido no artigo anterior, e para con-tribuír ao obxectivo de cumprir o principio de calidade nor-mativa, en todas as súas iniciativas normativas, os órganosasistidos solicitarán a colaboración da Asesoría XurídicaXeral, que se desenvolverá, en particular, mediante a asisten-cia dos/as letrados/as da Xunta de Galicia aos órganos com-petentes para a súa elaboración, tramitación e participaciónnas comisións encargadas da redacción dos anteproxectos.

2. Así mesmo, os órganos competentes poderán solicitarda Asesoría Xurídica Xeral o estudo e elaboración de ante-proxectos de disposicións de carácter xeral, coa colabora-ción do órgano asistido.

3. Os/as letrados/as velarán nestas actuacións pola apli-cación das directrices de técnica normativa aprobadas poloConsello da Xunta de Galicia.

Artigo 19. Adaptación da regulación vixente aos principiosde racionalización, simplificación e mellora da calidadenormativa

A Asesoría Xurídica Xeral promoverá nas súas actuaciónsa adaptación da regulación vixente aos principios de raciona-lización, simplificación e mellora da calidade normativa reco-llidos na Lei 14/2013, de racionalización do sector públicoautonómico, indicará as carencias e deficiencias normativasque se detecten e os problemas de interpretación que xurdancomo consecuencia da aplicación das normas, e impulsará autilización dos instrumentos de refundición normativa e dederrogación expresa da normativa que perdese vixencia.

Sección 5ª. Defensa de funcionarios/as, autoridades eempregados/as públicos/as

Artigo 20. Defensa de funcionarios/as, autoridades e empre-gados/as públicos/as

1. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia asumirán, nostermos previstos nesta lei, a asistencia, representación e

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143076

Número 6103 de marzo de 2016

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

defensa dos funcionarios/as, autoridades ou persoal ao ser-vizo da Administración e entidades asistidas de acordo coestablecido no artigo 2, cando estes poidan ser parte en pro-cedementos ante calquera orde xurisdicional, calquera quesexa a súa posición procesual e sempre que o devandito pro-cedemento se suscite en virtude de actos ou omisións noexercicio lexítimo da súa función ou cando cumpran orde daautoridade competente.

2. O disposto nesta sección non afectará de ningunhaforma o dereito dos/as afectados/as a designar un avogado/aen exercicio da súa elección. A opción pola defensa porun/unha avogado/a en exercicio non impedirá a solicitudeposterior de asistencia por letrado/a da Xunta, sempre que serenuncie á defensa daquel/a.

Así mesmo, no caso de que inicialmente se solicite aasistencia por letrado/a da Xunta, entenderase que se desisteda solicitude cando o/a funcionario/a, autoridade ou persoalcompareza ou se dirixa ao órgano xurisdicional mediantecalquera outra representación ou defensa, salvo que istoveña motivado pola urxencia da comparecencia ou actuacióne así se comunique á Dirección Xeral da Asesoría XurídicaXeral.

3. De existiren contratos de aseguramento que cubran asprestacións a que se refire este artigo, tomados pola Admi-nistración xeral da Comunidade Autónoma ou polo seu sec-tor público, en que o seu persoal teña a condición de asegu-rado, a defensa ou asistencia do/a letrado/a da Xunta deGalicia prestarase cando así o solicite a persoa interesada emanifeste a súa conformidade a secretaría xeral técnica daconsellaría ou órgano competente da entidade en que aque-les presten os seus servizos.

Artigo 21. Concesión da autorización

1. Para que os/as letrados/as da Xunta de Galicia poidanasumir a asistencia, defensa ou representación dos funciona-rios/as, autoridades ou persoal ao servizo da Administraciónautonómica ou entes asistidos será preceptiva a autorizaciónda persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría XurídicaXeral.

2. A autorización outorgarase, tras a solicitude do fun-cionario/a, autoridade ou persoal afectado, e logo de petición

fundada na concorrencia dos requisitos previstos no artigo20.1 desta lei, formulada polo titular da secretaría xeral téc-nica da consellaría ou órgano competente da entidade en queaqueles presten ou prestaban os seus servizos no momentode sucederen os feitos. Coa mencionada solicitude deberánachegarse cantos documentos reciban as persoas solicitantesdo xulgado ou tribunal ante o que se tramita o procede-mento, así como calquera outro documento ou antecedenteque figure nos arquivos do órgano e que poida ter relacióndirecta co devandito procedemento.

A autorización concederase sempre reservando a posibi-lidade de revogación.

3. Para conceder a asistencia xurídica regulada no punto1 do presente artigo, a Asesoría Xurídica Xeral valorará, concarácter previo, a posible contraposición de intereses entre apersoa solicitante de asistencia e a Administración autonó-mica ou, se é o caso, a súa coincidencia, atendendo a facto-res tales como a especial afección da Administración auto-nómica respecto dos bens xurídicos protexidos, a posiblerelación coa defensa dos dereitos fundamentais ou a aparen-cia de actuación lexítima por parte da autoridade, funciona-rio/a ou persoal afectado.

4. Nos casos de urxencia na prestación da asistencia, avaloración efectuarase de forma sumaria e, se é o caso,outorgarase a actuación para as concretas actuacións de quese trate, sen prexuízo, en todo caso, da posterior análise dasituación e da posible non renovación ou revogación daautorización de acordo co establecido nesta lei.

5. Nos supostos en que, pola existencia de segredo de dili-xencias sumariais para as partes constituídas, non se poidancoñecer os datos necesarios para valorar a concesión da asis-tencia letrada, suspenderase, por resolución da dirección xeral,o prazo para resolver o procedemento de concesión da autori-zación. O procedemento continuará cando a persoa interesadacomunique á dirección xeral o levantamento do segredo.

Nos supostos da existencia de segredo de sumario, oórgano competente da consellaría ou entidade onde a persoainteresada presta os seus servizos poderá acordar, cando asíse solicite, a asunción provisional pola Administración dosgastos de representación e defensa, de acordo co indicado noartigo 26.3.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143077

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

6. Entenderase que existen os elementos para a concesiónda autorización nos casos nos que se solicite unha asistenciaderivada de agresións físicas, verbais ou ameazas contra fun-cionarios/as, autoridades ou persoal, agás resolución moti-vada que xustifique o rexeitamento no caso concreto.

Artigo 22. Prazo de resolución

1. O procedemento para a concesión da autorizacióndeberá resolverse no prazo dun mes desde a presentación dasolicitude pola persoa interesada, salvo cando a urxencia dasituación requira que se outorgue a autorización nun prazomenor, de acordo co indicado no artigo 21.4.

2. A decisión da persoa titular da dirección xeral esgotaráa vía administrativa.

3. No caso de falta de resolución expresa, o interesadopoderá entender desestimada a súa solicitude para os efectosda interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo, salvo nos casos nos que se solicite unha asis-tencia derivada de agresións físicas, verbais ou ameazascontra o persoal docente, sanitario ou o que teña encomen-dadas funcións de vixilancia ou inspección, en que a solici-tude se entenderá estimada.

Artigo 23. Asuncións de gastos

A autoridade, funcionario/a ou persoal afectado deberáasumir, se é o caso, as correspondentes taxas, depósitos, gas-tos de probas periciais practicadas polo seu pedimento, cus-tas, gastos de representación que non sexan cubertos polaasistencia por un letrado da Xunta de Galicia ou, en xeral,todo gasto que sexa alleo á defensa.

Artigo 24. Denegación da autorización

1. A autorización á que se refire o artigo 21 denegarasecando:

a) Dos antecedentes remitidos se deduza que o procede-mento non deriva de actos ou omisións realizados no exerci-cio lexítimo das funcións inherentes ao posto de traballo;cando non exista aparencia de actuación lexítima por parteda autoridade, funcionario/a ou persoal afectado, ou candose actuase en cumprimento de ordes que constitúen unha

infracción manifesta, clara e terminante dun precepto da leiou de calquera outra disposición xeral.

b) Cando se aprecie a existencia de intereses contrapos-tos entre a Xunta de Galicia, organismos ou entidades públi-cas cuxa representación desempeñen legal ou convencional-mente os/as letrados/as da Xunta de Galicia e a autoridade,funcionario/a ou empregado/a.

Para valorar a existencia de contraposición de interesesatenderase, en particular, á posición procesual que adopte aAdministración autonómica ou ente asistido no correspon-dente proceso. Deste xeito, denegarase a autorización candoas actuacións procesuais procedan de denuncia da propiaAdministración autonómica ou ente asistido, ou sexa instadapolos órganos competentes ou decidida pola propia AsesoríaXurídica a constitución en parte en concepto de prexudicadoou acusación particular, salvo os casos en que se aprecie queé compatible a defensa das autoridades, funcionarios/as epersoal coas accións que se exerzan no procedemento e senprexuízo do que poida dispoñer a autoridade xudicial.

2. Cando nun mesmo procedemento poida asumirse adefensa de varias autoridades, funcionarios/as ou emprega-dos/as e se aprecie a existencia de intereses contrapostosentre eles, a persoa titular da Dirección Xeral da AsesoríaXurídica Xeral decidirá o que considere procedente para aasistencia, defensa e representación destes.

Artigo 25. Revogación da autorización

1. A autorización xa concedida poderá ser revogada polaDirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral cando se apre-cien de forma sobrevida as circunstancias sinaladas no artigoanterior.

2. Nos casos de revogación en que a Administraciónautonómica xa se constituíse como parte no procedemento,a defensa da posición da Administración encomendarase aun letrado da Xunta de Galicia diferente do que prestabaaquela asistencia letrada.

Artigo 26. Indemnización nos casos de denegación da auto-rización

1. Sempre que a asistencia xurídica sexa solicitada deacordo co disposto nesta lei e esta sexa denegada, a persoa

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143078

Número 6103 de marzo de 2016

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

interesada, se finalmente resulta absolta, ou o asunto é des-estimado, arquivado ou sobresido ou, se é o caso, resultanintegramente estimadas as súas pretensións con carácter defirmeza, poderá solicitar en concepto de indemnizaciónespecial, que correrá por conta da consellaría ou entidade enque prestaba servizo no momento de se produciren os feitos,o reintegro dos gastos de defensa e representación, sempreque tales servizos fosen procesualmente obrigados e agásque resultasen cubertos pola condena en custas á parte con-traria. Tal resarcimento, de darse, calcularase e recoñecerasetendo en conta os criterios de honorarios para custas e xurasde custas das táboas aprobadas polo colexio profesional daprovincia onde se desenvolveu o proceso.

2. O órgano competente da consellaría ou entidade noque a persoa interesada prestaba os seus servizos, nos supos-tos de denegación da autorización pola existencia de intere-ses contrapostos, poderá acordar, cando así se solicite e seaprecien razóns xustificadas, a asunción provisional polaAdministración dos gastos de representación e defensa indi-cados no punto 1 en que incorra a persoa interesada, e colímite nel establecido. Este adianto non poderá producirsenos supostos de denegación da autorización por non derivaro procedemento de actos ou omisións realizados no exerci-cio lexítimo das funcións inherentes ao posto de traballo, pornon existir aparencia de actuación lexítima por parte daautoridade, funcionario/a ou persoal afectado, ou cando seactuase en cumprimento de ordes que constitúen unhainfracción manifesta, clara e terminante dun precepto da leiou de calquera outra disposición xeral.

As cantidades que, deste xeito, se adianten deberán sergarantidas pola presentación pola persoa afectada de avalbancario solidario con renuncia expresa aos beneficios deexcusión e pagadoiro ao primeiro requirimento. As cantida-des serán obxecto de reintegro se non se dan finalmente ospresupostos para a indemnización segundo o indicado nopunto 1. Os gastos de constitución do aval serán reintegra-dos ao/á afectado/a pola consellaría ou entidade en queprestaba servizo se finalmente se dan os supostos estableci-dos no número 1 deste artigo.

Artigo 27. Compensación de gastos en determinados supostos

Sempre que a asistencia xurídica sexa concedida deacordo co disposto nesta lei, exixiránselle á persoa intere-

sada, se finalmente resulta condenada por resolución xudi-cial firme, en concepto de compensación ao Tesouro públicopola asistencia xurídica prestada, os gastos de defensa erepresentación, que se calcularán e liquidarán tendo en contaos criterios de honorarios para custas e xuras de custas dastáboas aprobadas polo colexio profesional da provincia ondese desenvolveu o proceso.

Sección 6ª. Exercicio da acción popular

Artigo 28. Exercicio da acción popular

A Administración xeral da Xunta de Galicia poderá exer-cer a acción popular nos casos nos que así se prevexa nunhanorma con rango legal, na forma e condicións establecidaspola lexislación procesual e de acordo co recollido nesta lei.

Sección 7ª. Outras funcións

Artigo 29. Asistencia a órganos colexiados

1. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia asistirán, enexercicio da súa función consultiva, ás mesas de contrata-ción, xuntas, comisións e demais órganos colexiados daAdministración ou entidades asistidas en que, conforme asdisposicións vixentes, sexa precisa a súa intervención, oucando así sexa requirida.

2. A intervención dos/as letrados/as deberase limitar,agás disposición expresa en contrario, ao asesoramento endereito no cumprimento da legalidade vixente na adopciónde acordos e na actuación dos ditos órganos.

Artigo 29 bis. Comunicación co Consello Consultivo deGalicia

A Asesoría Xurídica Xeral coordinará as comunicaciónsentre o sector público autonómico e o Consello Consultivode Galicia.

Deste xeito, comunicaránselle os envíos das solicitudesde ditames preceptivos solicitados pola persoa titular da Pre-sidencia da Xunta, polo Consello da Xunta ou por calqueradas persoas que forman parte del. Igualmente, remitirásellecopia polo órgano solicitante dos ditames indicados emitidospolo Consello Consultivo.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143079

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

A Asesoría Xurídica Xeral analizará os ditames emitidospolo Consello Consultivo de Galicia e informará o sectorpúblico autonómico da doutrina neles contida.

Artigo 30. Verificación de documentos

1. Corresponde aos/ás letrados/as da Xunta de Galiciadeclarar a suficiencia, con carácter de acto administrativo,dos documentos xustificativos dos poderes ou facultades dosque actúen en representación doutros, e deberán expresarconcretamente a súa eficacia en relación co fin para o quefosen presentados.

2. As solicitudes de verificacións de suficiencia dospoderes ou facultades formuladas por particulares terán queser resoltas e notificadas no prazo máximo de dez días, con-tados desde que se presentase a documentación completa.En caso de non ser resoltas en tal prazo, poderase entenderdesestimada tal solicitude.

3. Os actos dos/as letrados/as da Xunta de Galicia quedeclaren a invalidez, a insuficiencia dos documentos presen-tados para acreditar a personalidade ou a representacióndunha persoa por outra ou que, en definitiva, desestimen asolicitude de verificación formulada poderán ser impugnadospola persoa interesada en alzada. A resolución do recursocorresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Ase-soría Xurídica Xeral, e poñerá fin á vía administrativa.

Artigo 30 bis. Prevención da corrupción

A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia partici-pará na elaboración dos plans de prevención de riscos decorrupción que se elaboren polo sector público autonómico.En particular, deberá emitir informe sobre a súa adecuaciónaos requirimentos establecidos no artigo 31 bis do Códigopenal con carácter previo á súa remisión ao Consello deContas de Galicia. Así mesmo, coñecerá dos resultados dasavaliacións que este órgano faga sobre os devanditos plans.

Sen prexuízo das funcións dos órganos encargados dasupervisión do funcionamento e do cumprimento dos mode-los de prevención que se implanten, a Asesoría XurídicaXeral exercerá as funcións de control de legalidade nos pro-cedementos de formación da vontade das entidades do sec-tor público que se determinen nos plans indicados, con-

forme, se é o caso, o que se dispoña nos acordos de asisten-cia xurídica previstos no artigo 2 desta lei. No marco destasfuncións, informará os organismos encargados de vixiar ofuncionamento e observancia do modelo de prevención dosincumprimentos que observe e asesoraraos en dereito candoasí o soliciten.

CAPÍTULO IIIPrincipios de colaboración entre os órganos asistidos e a

Asesoría Xurídica Xeral

Artigo 31. Deber de colaboración

1. Os órganos asistidos deberán prestarlle á AsesoríaXurídica Xeral a colaboración precisa para a mellor realiza-ción dos seus fins.

2. En particular, os órganos asistidos deberán remitirlle áAsesoría Xurídica, coa maior brevidade posible, calqueracomunicación recibida de órganos xurisdicionais.

Así mesmo, estes órganos deberán remitir, coa urxenciaque o caso requira, os expedientes, documentos e informesque consten nas súas respectivas unidades en relación coproceso suscitado, así como cantos informes sexan solicita-dos, e participar na preparación e práctica das dilixencias deproba na forma que se lles solicite para a mellor defensa dosintereses da Administración ou entidade asistida.

3. A Asesoría Xurídica remitiralles, coa urxencia que ocaso requira, aos órganos da Administración interesada nosprocesos as comunicacións recibidas de órganos xurisdicio-nais, especialmente cando ordenen algunha actuación porparte da Administración, e prestará a colaboración que sexaprecisa para estes efectos.

CAPÍTULO IVOrganización da Asesoría Xurídica Xeral

Artigo 32. Nomeamento e funcións da persoa titular daDirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral

1. A dirección, coordinación e inspección da asistenciaxurídica, tanto consultiva como contenciosa, regulada nestalei, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral daAsesoría Xurídica Xeral.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143080

Número 6103 de marzo de 2016

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

2. A persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurí-dica Xeral designarase entre funcionarios pertencentes áescala de letrados/as da Xunta de Galicia. Tamén se poderádesignar entre os/as funcionarios/as públicos do subgrupo A1pertencentes a corpos ou escalas da Administración públicaque teñan expresamente encomendadas funcións de asesora-mento xurídico, así como de defensa e representación daAdministración en xuízo, ou ben entre xuristas de recoñecidoprestixio con máis de quince anos de exercicio profesional.

3. Durante o desempeño do seu cargo a persoa titular dadirección xeral estará habilitada para exercer as funcións deletrado/a da Xunta de Galicia e, en particular, poderá asinarcomo tal os escritos procesuais.

4. Correspóndelle á persoa titular da dirección xeralgarantir o principio de unidade de criterio no exercicio dasfuncións de asistencia xurídica. Para estes efectos corres-póndelle:

a) Fixar os criterios xerais de interpretación do ordena-mento xurídico, co fin de homoxeneizar as actuacións daAdministración xeral da Comunidade Autónoma e das enti-dades do seu sector público.

b) Impartirlles aos/ás letrados/as da Xunta de Galicia asordes e as instrucións particulares ou xerais que sexan con-venientes para o servizo e para o exercicio das súas funcións.

5. A persoa titular da dirección xeral poderá reservar parasi o coñecemento de calquera asunto consultivo ou conten-cioso, ou de calquera materia ou conxunto delas, así comodispoñer a actuación conxunta ou individual dos/as letra-dos/as en determinados asuntos ou categorías deles, porrazóns de coordinación, repartición ou distribución do traba-llo, ou pola natureza ou complexidade das materias, calqueraque sexa a unidade á que estea organicamente atribuído ocoñecemento do asunto.

Artigo 33. Estrutura orgánica da Asesoría Xurídica Xeral

1. Para o desempeño das súas funcións, a Asesoría Xurí-dica Xeral estrutúrase en gabinetes centrais, gabinetes xurí-dicos territoriais e asesorías xurídicas das consellarías, orga-nismos e entidades en que así se dispoña, de acordo coas dis-posicións orgánicas que aprobe a Xunta de Galicia.

En particular, en cada consellaría deberá existir, polomenos, unha asesoría xurídica.

2. Os citados gabinetes e asesorías xurídicas dependeránxerárquica e funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral, senprexuízo da súa integración orgánica nas consellarías, dele-gacións territoriais ou entidades en que desempeñen os seusservizos.

3. Así mesmo, dependerá xerárquica e funcionalmente daAsesoría Xurídica Xeral a Asesoría Xurídica do ServizoGalego de Saúde, integrada por letrados/as da Xunta deGalicia, sen prexuízo da súa especialización e prestación deservizos no organismo.

4. A Xunta de Galicia aprobará a estrutura orgánica daAsesoría Xurídica Xeral de acordo co establecido no artigo27.1 da Lei 16/2010, determinará os distintos órganos quedela dependen, así como as competencias e funcións dosgabinetes e das asesorías xurídicas determinadas nos puntosanteriores, sen prexuízo do indicado no artigo 32.5 da pre-sente lei.

Artigo 34. Relación de postos de traballo

1. Para a consecución da eficacia na prestación dos ser-vizos e a eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles,todos os/as letrados/as e persoal administrativo da AsesoríaXurídica Xeral se incluirán nunha única relación de postosde traballo, con independencia da consellaría, delegaciónterritorial ou entidade en que desempeñen os seus servizos.

2. Esta relación de postos de traballo dimensionará ade-cuadamente os efectivos asignados á Asesoría XurídicaXeral e aos órganos que dependen dela para garantir o cum-primento do establecido no artigo 5 desta lei, e adscribirá,ademais dos titulares dos órganos, o número de postos deletrados/as que se determine

CAPÍTULO VOs/as letrados/as da Xunta de Galicia

Artigo 35. Escala de letrados da Xunta de Galicia

1. O exercicio das funcións de asistencia xurídica decompetencia da Asesoría Xurídica Xeral correspóndelle ao

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143081

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

persoal funcionario pertencente á escala de letrados daXunta de Galicia, integrada no corpo superior da Adminis-tración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo A1, pre-vista no número 1 da disposición adicional oitava da Lei2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. A denominación que lles corresponde en exclusivaaos/as letrados/as será a de letrado ou letrada da Xunta deGalicia, e non poderá ser utilizada tal denominación ou outraque induza a confusión por ningún outro persoal dependenteda Administración xeral da Comunidade Autónoma ou doseu sector público.

3. O ingreso na escala de letrados da Xunta de Galiciaefectuarase de acordo coa oferta de emprego público,mediante convocatoria pública e a través do sistema de opo-sición (...) entre persoas coa licenciatura ou grao en Dereito.

4. As probas selectivas de ingreso deberán basearse nuntemario que exixirá coñecemento de todas as ramas do dereito,con especial énfase nas materias de dereito civil, dereito pro-cesual, dereito constitucional e autonómico e dereito adminis-trativo, combinarán de forma equilibrada os exercicios teóricose prácticos, e deberán ser avaliadas de acordo cos principios deigualdade, obxectividade, mérito e capacidade.

Artigo 36. Dependencia xerárquica e funcional

1. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia, calquera quesexa o órgano no que desempeñen os seus servizos, estánsuxeitos á dependencia xerárquica e funcional da AsesoríaXurídica Xeral.

2. Correspóndelle á consellaría, delegación territorial,organismo ou entidade en que os/as letrados/as da Xunta deGalicia presten os seus servizos a provisión dos mediosmateriais necesarios para o axeitado desempeño das súasfuncións.

Artigo 37. Actuación profesional

1. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia quedan habilita-dos polo feito do seu nomeamento e toma de posesión para arealización das funcións que lles corresponden tanto perantea Administración xeral e o seu sector público como peranteos xulgados e tribunais de calquera orde xurisdicional.

2. Nas súas actuacións procesuais os/as letrados/as daXunta de Galicia levarán un distintivo que os acredite comotales, que será aprobado por orde da persoa titular da conse-llaría competente en materia de xustiza.

3. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia desenvolveránas súas funcións en defensa dos dereitos e intereses daAdministración pública da Comunidade Autónoma de Gali-cia, de acordo cos principios de legalidade, obxectividade eimparcialidade.

4. Os/as letrados/as da Xunta de Galicia teñen garantidaa súa autonomía funcional respecto dos órganos e entidadesasistidos.

Artigo 38. Postos de traballo con funcións de asistenciaxurídica

Os postos de traballo que teñan encomendado o desem-peño das funcións de asistencia xurídica na Administraciónxeral da Comunidade Autónoma e nos seus organismos autó-nomos serán provistos, con carácter exclusivo, por persoalfuncionario da escala de letrados da Xunta de Galicia. Estamesma regra será aplicable ás demais entidades públicas ins-trumentais cando os seus estatutos prevexan a creación dunhaasesoría xurídica que dependa da Asesoría Xurídica Xeral, deacordo co disposto no punto 3 do artigo 2 desta lei.

Artigo 39. Habilitación temporal en postos de traballocorrespondentes á escala de letrados

1. Cando os postos de traballo correspondentes á escalade letrados/as se atopen vacantes e, tendo en conta as nece-sidades de servizo, non poidan ser cubertos por persoal fun-cionario da escala, poderán ser desempeñados, excepcional-mente e de maneira temporal, conforme os sistemas de pro-visión temporal regulados pola normativa de funciónpública, por funcionarios/as de carreira da ComunidadeAutónoma con título de licenciado/a ou graduado/a enDereito e pertencentes ao subgrupo A1.

2. Esta provisión requirirá informe previo e motivado dapersoa titular da Dirección Xeral da Asesoría XurídicaXeral. En ningún caso esta habilitación temporal e excep-cional suporá a adquisición de dereitos de integración orgá-nica na escala de letrados/as.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143082

Número 6103 de marzo de 2016

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

3. Nos casos indicados no punto anterior, unha vez pro-vista a praza, a persoa titular da Dirección Xeral da AsesoríaXurídica Xeral ditará resolución de habilitación e sinalará asfuncións asignadas aos/ás letrados/as que poderá realizar apersoa designada.

4. (Sen contido)

5. As habilitacións poderán ser revogadas discrecional-mente pola persoa titular da Dirección Xeral da AsesoríaXurídica Xeral, o que comportará o cesamento no posto detraballo. Así mesmo, a habilitación cesará cando sexa pro-vista a praza por letrado/a da Xunta de Galicia.

Artigo 40. Habilitación a persoal funcionario que preste osseus servizos en postos de traballo dos órganos asistidos

1. Para a consecución da eficacia na prestación dos servi-zos e a eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles, apersoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeralpoderá habilitar, para o exercicio de concretas e determinadasfuncións de asistencia xurídica correspondentes á escala deletrados/as da Xunta de Galicia, persoal funcionario licen-ciado ou graduado en Dereito que preste os seus servizos enpostos de traballo dos órganos asistidos e cuxas funciónsordinarias e especialización técnica estean relacionadas coasmaterias respecto das cales se efectúa a habilitación.

Estas funcións poderán consistir, en particular, en actua-cións de representación e defensa en xuízo en determinadoscasos ou materias relacionadas coa especialización técnicado persoal funcionario, ou asuntos repetitivos ou de escasacomplexidade e contía.

2. Esta habilitación requirirá a conformidade do órganoasistido. O/a funcionario/a habilitado/a de acordo con esteprecepto manterá o seu posto de traballo e dependenciaorgánica, ben que actuará baixo a dependencia funcional daAsesoría Xurídica Xeral no relativo única e exclusivamenteao desempeño das funcións de asistencia xurídica asignadas,que se desenvolverán de acordo co disposto nesta lei.

En ningún caso esta habilitación suporá a adquisición dedereitos de integración orgánica na escala de letrados/as.

3. (Sen contido)

4. As habilitacións previstas neste artigo poderán serrevogadas discrecionalmente pola persoa titular da Direc-ción Xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

Artigo 41. Formación

Os/as letrados/as da Xunta de Galicia teñen o dereito e odeber de formación continua e de actualización permanentedos seus coñecementos e capacidades, co fin de coñecer asinnovacións lexislativas, xurisprudenciais e doutrinais, deacordo co disposto na normativa xeral de función pública.

A Xunta de Galicia fomentará de xeito específico a for-mación continua dos/as letrados/as mediante a organizaciónde actividades de formación e perfeccionamento, así comoo pulo aos traballos de investigación.

Disposición adicional primeira. Uso da lingua galega

De conformidade co disposto no artigo 5 do Estatuto deautonomía de Galicia e nos artigos 4 e 6.4 da Lei 3/1983, do15 de xuño, de normalización lingüística, no ámbito da Aseso-ría Xurídica Xeral coidarase de que todas as súas actuacións,en especial as dirixidas a outros órganos da Administraciónautonómica e as que se produzan fronte aos órganos xuridicio-nais radicados no territorio galego, se fagan en galego.

Disposición adicional segunda. Uso de medios electrónicos

1. Fomentarase a implantación e utilización dos medioselectrónicos que faciliten a relación da Asesoría XurídicaXeral co resto de órganos da Administración autonómica edoutras administracións, principalmente coa Administraciónde xustiza, co obxecto de simplificar os trámites e reducir osprazos das comunicacións, para facilitar un funcionamentomáis eficaz das institucións.

2. A Asesoría Xurídica Xeral utilizará medios electróni-cos para remitirlles aos órganos e entidades asistidos ascomunicacións recibidas dos órganos xurisdicionais.

Disposición adicional segunda bis. Negociación coas orga-nizacións sindicais

Cando as decisións da Administración ditadas en aplica-ción das potestades de organización recoñecidas na presente

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143083

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

lei produzan consecuencias que teñan repercusión sobre ascondicións de traballo do persoal funcionario recollidas noartigo 153 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de empregopúblico de Galicia, procederá a negociación destas condi-cións coas organizacións sindicais de acordo co disposto naindicada lei.

Disposición adicional segunda ter. Modificacións orzamen-tarias, transferencias e habilitacións de créditos

Para garantir o cumprimento do previsto nesta lei, a Con-sellería de Facenda, así como as demais consellarías afecta-das, realizarán as modificacións orzamentarias, transferen-cias e habilitacións de créditos suficientes para tal fin.

Disposición derrogatoria. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou infe-rior rango se opoñan ao disposto nesta lei e, en concreto:

a) A Lei 7/1984, do 28 de xuño, de regulación provisio-nal dos servizos xurídico-contenciosos da Xunta de Galicia.

b) (sen contido).

Disposición derradeira primeira.Modificación da Lei14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico.

Un. Modifícase o artigo 23 da Lei 14/2013, do 26 dedecembro, de racionalización do sector público autonómico,que queda redactado como segue:

«Artigo 23. Contratación transparente e que fomente acompetencia

1. As empresas convidadas nos procedementos nego-ciados non poderán estar vinculadas entre elas. Esta vin-culación apreciarase nos termos establecidos na lexisla-ción de contratos do sector público. Así mesmo, non seráninvitadas empresas que actúen baixo unidade de decisiónou unha dirección única; en particular, cando a maioríados membros do órgano de administración da sociedadedominada sexan membros do órgano de administración oualtos directivos da sociedade dominante ou doutra domi-nada por esta.

Ás empresas invitadas a presentar ofertas exixirásellessempre unha declaración das empresas coas cales teñan vin-culación, nos termos establecidos no punto anterior.

No expediente deberá deixarse constancia das invita-cións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súaaceptación ou rexeitamento.

2. Os órganos de contratación, a Asesoría Xurídica Xeralda Xunta de Galicia, a Xunta Consultiva de ContrataciónAdministrativa de Galicia e os órganos competentes pararesolver o recurso especial referido no artigo 40 do textorefundido da Lei de contratos do sector público notificaran-lle á Comisión Galega da Competencia calquera feito, doque teñan coñecemento no exercicio das súas funcións, quepoida constituír infracción da lexislación de defensa da com-petencia. En particular, comunicarán calquera indicio deacordo, decisión ou recomendación colectiva, práctica con-certada ou conscientemente paralela entre os licitadores queteña por obxecto, produza ou poida producir o efecto deimpedir, restrinxir ou falsear a competencia no proceso decontratación.»

Dous. Modifícase a disposición adicional oitava da Lei14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional oitava. Outras guías de contrata-ción

A Asesoría Xurídica Xeral coordinará a elaboración erevisión periódica de guías que orienten os órganos de con-tratación do sector público autonómico para incorporar nosseus procedementos os principios establecidos nos artigos25 e 29 da presente lei.»

Tres. Modifícase a disposición adicional novena da Lei14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sectorpúblico autonómico, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional novena. Modelos de pregos decláusulas administrativas

A Administración autonómica elaborará, coa asistenciada Asesoría Xurídica Xeral e da Xunta Consultiva de Con-tratación Administrativa, modelos de pregos de cláusulas

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143084

Número 6103 de marzo de 2016

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

administrativas que contribúan a homoxeneizar a prácticacontractual da Administración xeral e do seu sector público,co obxectivo de acadar unha maior eficiencia na tramitacióndos procedementos de adxudicación en interese de todos osparticipantes e facilitar a concorrencia.

Estes modelos incorporarán as particularidades da nor-mativa galega en materia contractual, incluídas tanto as pre-vistas nesta lei como as previstas na Lei 1/2015, do 1 deabril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boaadministración.»

Disposición derradeira segunda. Modificación da Lei3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia

A Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo deGalicia, queda modificada como segue:

Un. O artigo 14 queda coa seguinte redacción:

«Artigo 14. Propostas e informes

1. O Consello da Xunta poderá encomendarlle ao Conse-llo Consultivo de Galicia a redacción de anteproxectos lexis-lativos e a elaboración de propostas lexislativas ou dereforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estri-tamente ao ámbito delimitado polos criterios e obxectivosexpresados polo Consello da Xunta.

2. Poderá tamén a persoa titular da Presidencia da Xuntade Galicia, pola súa exclusiva iniciativa, solicitar do Conse-llo Consultivo de Galicia a emisión de informes sobre cal-quera cuestión concreta cando, ao seu xuízo, sexan de trans-cendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Así mesmo, as persoas titulares da presidencia dasentidades locais poderán solicitar do Consello Consultivo deGalicia a emisión de informes sobre cuestións concretas deespecial transcendencia para a Comunidade Autónoma deGalicia. Para estes efectos, entenderase que unha cuestiónreviste especial transcendencia para a Comunidade Autó-noma de Galicia nos seguintes casos:

a) Cando apareza referida a normas cuxa aplicación aocaso ou cuxa interpretación na súa aplicación a este resultedubidosa.

b) Cando transcenda do caso concreto porque presenteunha cuestión xurídica de relevante e xeral repercusión eco-nómica ou social.

c) Cando fose resolta por distintas administracións públi-cas de Galicia con criterios xurídicos contraditorios.»

Dous. O artigo 21 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 21. Sección de Estudos e Informes

1. A Sección de Estudos e Informes estará composta polapersoa titular da Presidencia do Consello, quen a presidirá,por unha conselleira ou conselleiro electivo e por unha con-selleira ou conselleiro nato, que será designada/o anual-mente polo Pleno por proposta da Presidencia do Consello.Poderá incorporarse a ela, para a súa intervención limitada aun asunto concreto, outra conselleira ou conselleiro electivo,que se designará da mesma forma.

2. Compételle a esta sección a redacción dos anteproxec-tos lexislativos e a elaboración, para o seu sometemento aoPleno, das propostas lexislativas ou de reforma estatutariaque o Consello da Xunta encomende ao Consello Consultivo.

3. Compételle, así mesmo, a realización dos informes quea persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia e as per-soas titulares da Presidencia das entidades locais soliciten.

No caso das entidades locais, na solicitude de informedeberá expoñerse con claridade e precisión a cuestión con-creta sobre a que verse a dita solicitude e a xustificación dasúa posible consideración como de especial transcendenciapara a Comunidade Autónoma de Galicia, con invocaciónexpresa do suposto previsto no artigo 14.3 que se considerede aplicación. A solicitude deberá ir acompañada da docu-mentación que lle sirva de fundamento.

A Sección de Estudos e Informes examinará a solicitudee, no caso de que, por maioría dos membros asistentes, seaprecie que non concorre ningún dos supostos previstos noartigo 14.3, acordarase a devolución do expediente e o arqui-vamento do actuado, sen máis trámite.

4. Cando a realización dun determinado anteproxectolexislativo, dunha proposta lexislativa ou de reforma estatu-

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6103 de marzo de 2016

143085

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

taria ou dun concreto informe requira información ou aseso-ramento técnico especializado, poderá solicitarse a asisten-cia de persoal funcionario doutros corpos do sector públicoautonómico.»

Disposición derradeira terceira. Facultades de desenvolve-mento normativo e execución

1. Facúltase o Consello da Xunta de Galicia para aprobaras disposicións necesarias para o desenvolvemento desta lei.

2. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobará,de acordo co establecido nesta lei e no artigo 27.1 da Lei16/2010, a estrutura orgánica da Asesoría Xurídica Xeral edeterminará os distintos órganos que dela dependen, asícomo as súas competencias e funcións.

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publi-cación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

María Julia Rodríguez BarreiraPatricia Vilán LorenzoMaría Tereixa Paz FrancoJosé Javier Ron Fernández

María Consuelo Martínez García

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

143086

Número 6103 de marzo de 2016

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUTURA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS

1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL

1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO

1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN

1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS

1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO

1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS

4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 3. 3. · ordes que constitúen unha infracción manifesta, clara e ter-minante dun precepto da lei ou de calquera outra disposición

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727