12
Memoria Club de ciencia IES A Xunqueira II - Pontevedra - 13/7/18 Código de centro 36018379 3636018379 018379 36018379 Resolución do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “club de ciencia” para os centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18. IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 1

Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Memoria Club de ciencia IES A Xunqueira II - Pontevedra - 13/7/18

Código de centro 36018379

363601837901837936018379

Resolución do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “club de ciencia” para os centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �1

Page 2: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Índice

Introducción

Profesorado participante

Alumnado participante

Descrición do proxecto 2017/18

Memoria das actividades realizadas durante o curso 2017/18

Horarios e lugares

Indicadores de logro

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �2

Page 3: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

IntroducciónO IES A Xunqueira II é un centro de educación secundaria situado na rúa Celso

Emilio Ferreiro, 6 de Pontevedra, no Campus universitario da Universidade de Vigo. Trátase dun centro urbano, aínda que recibe tamén alumnado do rural. Os estudos que se imparten no noso instituto son: ESO e bacharelato (“Ciencias” e “Humanidades e Ciencias Sociais”). No actual curso 2017/18 hai un claustro formado por 57 profesores (cun 65% de mulleres), 6 membros do persoal de administración e servizos e cunha matrícula de 589 alumnos, dos que 416 pertencen á ESO e 173 ao bacharelato.

Presentamos a memoria das actividades realizadas durante o presente curso no noso

Club de Ciencia. Estamos moi satisfeitos coa experiencia deste primeiro curso e moi ilusionados xa coas actividades que comenzamos a vislumbrar para o vindeiro. O alumnado comeza xa a mostrar interese polos obradoiros que se van a realizar este vindeiro curso. Polo tanto, a nosa intención de que o Club de ciencia se convirta nunha acción a longo prazo, vai ben encamiñada polo de agora.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �3

Alumnas Alumnos Profesoras Profesores

Page 4: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Profesorado participante

Alumnado participante

Departamento Profesorado Cargo

Bioloxía e XeoloxíaBernardo Hermida Rivas - 35293529YLuz Lores Buezas - 35313741RMª de la O de Paz Mucientes - 32657227X

Coordinador TEI

Debuxo Delfina Belén Suárez Leal - 44462306V

Economía Jorge Fernández Seoane - 32653960D

Filosofía Josefa Vicario Quintana - 02514494L Coordinadora Plambe

Física e Química Mª Belén Gosende Bragaña - 33290403LMªdel Carmen Redondo Pérez - 35306598BVanesa Varela Ramos - 46918033B Coordinadora Club de Ciencia

Francés Sabrina Karine Annick Piberne - X5236572RJosefa Delfina Doce Caaveiro - 32656314V

Lingua Castelá e Literatura

Sonia Giráldez Sánchez - 35450193VDelfín Benito Ogando Fernández - 35287212Z

Matemáticas Esther Padín Vidal - 35454961RFrancisco Javier Bonanad Calviño - 45074187Y

Secretaria

Música Raquel Gey Piñeiro - 76970362BFernando Otero Urtaza - 35282682SJuan Carlos Pérez Mestre - 44758486A

Vicedirectora

Director

Tecnoloxía Mª Teba Santos Portela - 44079709WMª Montserrat Castro Poceiro - 77401899EMaría Vilas Juncal - 44077760P

Coordinadora Abalar

Xeografía e Historia Jorge Potel Torres - 76862655J Coordinador EDLG

Nivel Curso Alumnas Alumnos

1º 6 4

ESO 2º 15 10

3º 10 7

4º 2 2

Bacharelato 1º 2 2

Totais 35 25

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �4

Page 5: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Descrición do proxecto 2017/18O curso pasado, propuxémoslle ao alumnado unha situación apocalíptica na que a

vida en Pontevedra e o planeta enteiro estaba moi preto de desaparecer. As actividades iniciais de investigación para levar a cabo a Misión de evasión a Marte concienciaron ao alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos no presente do noso alumnado, unha Pontevedra Preapocalíptica, na que aínda estamos a tempo de revertir os efectos devastadores da acción humana. O alumnado ten a posibilidade de converterse nun axente de cambio do seu entorno, interiorizando a idea de que os problemas que converxen no século XXI deben levarnos a tomar unha acción decisiva.

Obxectivos

❖ Promover a participación e o interese do alumnado do noso centro pola ciencia, especialmente das alumnas.

❖ Promover o máximo desenvolvemento das potencialidades e intereses do alumnado.❖ Concienciar e involucrar ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe.❖ Desenvolver unha aprendizaxe colaborativa e inclusiva.❖ Proporcionar unha contorna onde desenvolver a creatividade.❖ Facer partícipe ao alumnado no proceso de mellora do entorno.

Memoria das actividades realizadas durante o curso 2017/18Dende os diferentes departamentos involucrados no Club de ciencia, artelláronse

actividades pensadas para fortalecer catro liñas de acción: consumo responsable, hábitos de vida saudable, diminución da contaminación e divulgación científica. Estas liñas de acción entroncan coas raíces da orixe do movemento ecoloxista: conservación e rexeneración dos recursos naturais, preservación da vida silvestre e o movemento para reducir a contaminación e mellorar a vida urbana.

Co desenvolvemento das seguintes accións pretendemos acadar os obxectivos que nos propoñemos co Club de ciencia e sobre todo proporcionar contornas de aprendizaxe que atendan os intereses do alumnado no ámbito STEAM e desenvolvan o seu espíritu crítico a través de metodoloxías baseadas na indagación e a aprendizaxe colaborativa.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �5

Page 6: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Semana da Ciencia

A biblioteca do noso centro adica unha semana de novembro á semana da ciencia dende hai xa varios cursos. Este ano, coa implantación do Club de Ciencia e o aumento considerable de participación de profesorado de diferentes materias (Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Matemáticas, Música, Economía, Filosofía e Francés) celebramos no Hall do centro unha feira de proxectos e experimentos científicos durante toda a semana onde o alumnado explicaba a toda a comunidade educativa os detalles dos seus proxectos.

A continuación, detallamos os experimentos desenvolvidos durante a Semana da Ciencia e facilitamos o enlace a dous vídeos resume da actividade:

https://vimeo.com/279162766 (A Semana da Ciencia do IES A Xunqueira II na TVG)

https://vimeo.com/243519967 (Trailer da Semana da ciencia no IES A Xunqueira II) Exposición alimenticia. O alumnado investigou sobre o contido en azucre, sal e aceite dos alimentos que consumen de xeito habitual. Con este experimento tomaron conciencia do importante que é coñecer o que un inxire.Panel luminoso. Xogo eléctrico de preguntas e respostas sobre ciencia.Proxecto Auga. Stand adicado a experimentos relacionados co centrifugado, análise e filtrado de augas. Stand Musical. O alumnado realizou experimentos sobre as ondas sonoras e presentou un prototipo dun robot realizado en impresión 3D programado para tocar un tambor.Stand de Física e Química. Exposición de diferentes experimentos e aparellos de laboratorio.Robótica. O alumnado mostrou os primeiros avances cos robots facendo demostracións co siguelineas e coa medición de partículas contaminantes. Pulsómetro. Proxecto de Tecnoloxía para familiarizarse coa electricidade cunha maneira lúdica.Impresión 3D. Mostra de diferentes pezas diseñadas con FreeCad e impresas en 3D para solucionar problemas da vida real.Hologramas. Obradoiro de hologramas para a realización de proxectores holográficos para móbiles e tablets. Experimento Social. Experimento que examina si ante unha decisión económica pesa máis a razón ou a emoción. Proxección sobre científicas francesas. Traballo de investigación sobre a orixe francesa da Semana da Ciencia e sobre científicas de renome deste país. Concursos. Como todos os cursos, o equipo da biblioteca prepara retos de enxeño na que o alumnado vai superando niveles ata chegar á proba final á que se enfrentaron os finalistas: un pasapalabra científico.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �6

Page 7: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Obradoiro de Laboratorio❖ Determinación de cantidades reais de azucre, sal e aceite en refrescos e comida lixo.

O alumnado elaborou paneis expositivos onde se reflicte a cantidade de zucre, sal e aceite de produtos consumidos asiduamente por eles (Snacks doces e salgados, pizzas precociñadas, chocolate, cereais, etc).

❖ Determinación cualitativa do contigo en vitamina C en diferentes froitas e hortalizas. Co fin de afondar na inquedanza xurdida tras o proxecto presentado na semana da ciencia e resaltar o papel da química como ciencia presente en tódolos aspectos da nosas vidas levamos a cabo este obradoiro no laboratorio de química. O alumnado coa supervisión das profesoras preparou o reactivo de laboratorio chamado lugol que actuará como indicador da vitamina C. A continuación, os alumnos licuaron diferentes froitas e hortalizas e traballaron con diferentes materiais de laboratorio. Logo engadíronlle o lugol as mostras e observaron o cambio de cor con respecto a unha mostra patrón en auga. Deste xeito, comprobaron que a reacción química que tiña lugar orixinaba un cambio de cor. Aanlizando os cambios concluiron que aquelas mostras que adquiría unha cor máis clara eran as que contiñan maior contido en vitamina C.

❖ Recoñecemento de lípidos, glúcidos e proteínas en froitos e hortalizas. O alumnado realizou diferentes ensaios cualitativos empregando os mesmos licuados de froitas, leite, noz… para comparar o contido de glúcidos, lípidos e proteinas. Estas prácticas

permitíronlles relacionar algúns reactivos químicos coa identificación de biomoléculas, comprobar a presencia destas biomoléculas en algúns alimentos, a n a l i z a r o s r e s u l t a d o s e c l a s i fi c a r o s alimentos segúndo o contido nas mesmas.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �7

Page 8: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Obradoiro de Robótica e Impresión 3D

❖ Deseño e programación de semáforos de contaminación acústica para colocar en lugares estratéxicos do instituto.

Esta actividade non chegou a realizarse debido a que as dúas actividades descritas a continuación precisaron máis sesións das programadas orixinalmente. ❖ Programación de robots para realizar medicións de contaminación ambiental no

entorno de Pontevedra.

❖ Incorporación de placas solares como un medio sostible de alimentación dos produtos creados.

O alumnado propuxo elaborar un cargador para dispositivos móbiles alimentado con placas solares, co fin de diminuír a emisión de CO2. Con este proxecto, o alumnado participou en diferentes feiras científicas: Piteas, Galiciencia e Pontenciencia.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �8

Page 9: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Obradoiro de deseño e customización❖ Customización de prendas de roupa usada. Co fin de concienciar acerca do excesivo

consumismo e das consecuencias que conleva, realizamos este obradoiro para personalizar prendas de ropa que o alumnado non utilizaba, co cal ao tempo que desenvolvieron a sea creatividade, déronlle unha nova vida a prendas, despertando o

espíritu ecolóxico da Reutilización. ❖ Organización dun mercadiño solidario de obxectos usados da comunidade educativa.

(Non chegou a organizarse)

Programa de divulgación científica

❖ Realización dun programa audiovisual que divulgue as actividades realizadas nos obradoiros e as conclusións obtidas.

https://vimeo.com/272323326 (Exemplo)

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �9

O IX2 amosa un alto nivel en Oratoria

Alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato do IES A Xunqueira II

participaron nun torneo de Oratoria en Culleredo.

O equipo de ESO, formado por Kevin Campos, Bea Moreno, Victor Sánchez e

Diego Méndez, trasladaronse a Culleredo o venres 23 de febreiro para asistir

ao emparellamento dos equipos. Pola súa banda, o equipo de Bacharelato,

formado por Iria Gonzalez, Candela Fariña, Noelia Fentanes e Irene

Chamborro, competiron o 2 e 3 de Marzo. Os profesores encargados de

preparar ao alumnado para enfrentar o debate foron Tito e Fernando, que os

acompañaron dándolle ánimo e tranquilidade durante a fin de semana.

O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros

dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre a xuventude o diálogo como

ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciáranse

habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento

da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión

oral, a orixinalidade, argumentación razoada, o traballo en equipo ou a

convivencia. Así mismo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas

tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respeto polas ideas dos

demáis.

IX2novas

IES A Xunqueira IIPONTEVEDRA

5 DE MARZO DE 2018

O equipo de ESO

Clasificouse entre os 10

primeiros, quedando

Kevin Campos entre os

mellores oradores.

O equipo de

Bacharelato

Quedou no sexto lugar

g a ñ a n d o t o d o s o s

debates, clasificándose

para a final o 4 de maio.

Parlamento de

Galicia

Foto grupal de todos

os participantes previa

ao torneo.

De Pontevedra a Marte na STEMLab

O alumnado de 13 y 14 anos do IES a Xunqueira 2, presentou o

seu proxecto multidisciplinar "Misión a Marte” a Pedro Duque,

que crearon o ano pasado. O alumnado de 2º ESO do Instituto A Xunqueira II de Pontevedra

participou na STEMlab, unha feira científico tecnolóxica que se

celebrou o venres 20 de abril no Palacio de Congresos de Santiago

de Compostela. Nela amosáronse deiferentes proxectos de dezaoito

centros educativos de toda Galicia que utilizan as novas metodoloxías

para enfrentar os retos actuais e impulsar os coñecementos científico-

tecnolóxicos, sobre todo entre as nenas. O obxectivo é claro: que

todo o alumnado que curse a Educación Secundaria Obrigatoria en

Galicia teña formación en robótica e programación no curso 2020/21.

Con STEMlab, Galicia demostra que é referente en España neste

campo.

IX2novas IES A Xunqueira II

PONTEVEDRA

23 DE ABRIL DE 2018

Coñecendo a Pedro Duque O alumnado do IES A Xunqueira II mostrouse moi ilusionado por poder explicarlle ao

astronauta Pedro Duque os resultados das súas investigacións co proxecto Misión a Marte.

Enlace para ver o vídeo

Neste enlace poderedes ver as imaxes máis relevantes da nosa participación na feira STEMLab Galicia.

Page 10: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

❖ Elaboración de infografías e cartelería dos eventos e tablas que reflictan os datos obtidos nos obradoiros.

❖ Elaboración de documentación e cartelería para a participación en diversas feiras científicas. A través desta actividade, o alumnado familiarízase co rigor do método científico e coa elaboración da documentación dos proxectos tan importante para adquirir competencias lingüísticas e científico tecnolóxicas, responsabilidade e espíritu crítico e necesaria tamén para a participación en Feiras Científicas.

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �10

Configuración en “Y”Cargador Solar a partir de piezas recicladas

REGULADORCONVERTIDOR

¿Queres ver como o Bicarbonato Sódico forma patróns xeométricos sobre a placa? Espárceo sobre ela e activa o xerador de

Frecuencias cos seguintes Hercios

117 HZ 261 Hz 378 Hz

Pontevedra

IES A Xunqueira II Banda RockBóticaMúsica e Tecnoloxía - 2º ESO

Activ

idad

es Ti

po I

Activ

idad

es Ti

po II

I

Nome:

Grupo: 2º __

No mes de novembro celébrase a Semana da Ciencia e pensamos que sería moi

interesante que o alumnado amosara os seus proxectos de ciencia nunha

Feira

realizada arredor desas datas.

Analiza as seguintes cuestións individualmente. Despois terás tempo para comentalas

cos teus compañeiros e compañeiras e de traballar en grupo.

¿Cres que existe relación entre a música e a

ciencia? Sí / Non , porque…

Escribe polo menos 3 webs de referencia que usaches na túa investigación

Investiga en qué ámbitos converxen a música e a ciencia

¿Podemos dende a materia de música realizar un

proxecto de ciencia? Sí / Non , porque…

Anota qué proxectos se che ocorreron e

coméntaos cos teus compañeiros

Proposta de Proxecto/Experimento do teu grupo

sobre os avances científico tecnolóxicos na Música

Investigación

Análise

Experimentación

da linguaxe musical en Snap4Arduino

con estructuras triangulares

Programación

das características dos escenarios de Rock Activ

idad

es Ti

po II

Concursos

Feiras tecnolóxicas

Prototipos

Deseño

Presentacións

O TEMPO A velocidade coa que se interpreta a música chámase

tempo e é expresado mediante términos italianos:

Nome Pulsos/min

largo 40-60

adagio 66-76

andante 76-108

moderato 108-120

allegro 120-168

presto 168-200

accelerando cada vez mais

(acc.) rápido

ritardando cada vez máis

(rit.) lento

Esta imaxe é do programa scratch que é onde

se realiza a programación

AS ONDAS SONORAS- Os Hercios

brunch

¿QUÉ SON OS HERCIOS? Os hercios son as unidades

nas que medimos a frecuencia das ondas

sonoras.

SONS AGUDOS Se un son é agudo prodúcense máis vibracións por segundo.

SONS GRAVES Se un son é grave prodúcense menos vibracións por segundo.

Hz

Infografías

-plásticoIX2

COLABORA

2 €

O alumnado do IES A

Xunqueira II deseñamos estas

bolsas de tela para concienciar

sobre a importancia da

diminución do uso dos

plásticos.

Colabora adquirindo por 2€ a

bolsa de tela co logo da

campaña.

AS ONDAS SONORAS- Os Hercios

brunch

¿QUÉ SON OS HERCIOS?

Os hercios son as unidades nas que medimos a frecuencia das ondas sonoras.

SONS AGUDOS

Se un son é agudo prodúcense máis vibracións por segundo.

SONS GRAVES

Se un son é grave prodúcense menos vibracións por segundo.

Hz

PLACAS DE CHLADNI

O experimento consiste nunha placa metálica

recuberta de bicarbonato de sodio, que a partir das

vibracións dun altavoz, adopta diferentes formas

xeometricas, máis complexas cando os hercios

aumentan.

As ondas que proceden do altavoz inciden na

placa metálica e fan que vibre, facendo que o

bicarbonato de sodio se separe e se quede nas

zonas que non vibran, chamadas nodos.

Descrición

O TEMPO A velocidade coa que se interpreta a música chámase tempo e é expresado mediante términos italianos:

Nome Pulsos/min

largo 40-60 adagio 66-76 andante 76-108 moderato 108-120 allegro 120-168 presto 168-200

accelerando cada vez mais (acc.) rápido

ritardando cada vez máis (rit.) lento

Esta imaxe é do programa scratch que é onde se realiza a programación

IX2Power

Descripción: En este proyecto investigamos la situación de nuestra ciudad en lo que respecta al uso de

energías renovables y a las emisiones de CO2 . Siendo conscientes de que podemos

convertirnos en agentes de cambio de la sociedad decidimos crear cargadores solares

para recargar nuestros móviles en el instituto, al tiempo que concienciamos a la

comunidad educativa de costumbres muy establecidas en nuestro día a día y que son

profundamente perjudiciales para el medioambiente.

Materiales: Placas solares fotovoltaicas, cables, placa, USB, baterías, impresora 3D, Filamento PLA.

Objetivos: Crear diferentes prototipos de cargadores solares

Disminuir las emisones de CO2 en nuestro entorno

Concienciar a la ciudadanía de la conveniencia de usar energías renovables

Resultados esperados y obtenidos:

En este momento disponemos de un prototipo de cargador solar para móviles que funciona

correctamente. Está en marcha el diseño y elaboración de al menos dos diseños más, uno de ellos

wareable.

Conclusiones: El uso de cargadores solares disminuye drásticamente las emisiones de CO2, por lo que si logramos

que al menos la mitad de las familias que componen nuestra comunidad educativa tiendan a

cambiar sus costumbres medioambientales, haremos un cambio significativo. Si logramos además,

con nuestras investigaciones, transmitir a la alcaldía de nuestra ciudad alternativas que se basen en

energías renovables, el beneficio será mucho mayor.

Page 11: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

OSHWDem (11/11/17).

http://lahoramaker.com/2017/11/12/lhm124-proyectos-juveniles-con-tecnologias-libres-en-oshwdem-2017/

(Dous dos nosos estudantes no programa de radio La Hora Maker)

STEMLab Galicia (20/4/18)

https://vimeo.com/265968279

(Vídeo da participación na STEMLab Galicia)

PITEAS (4/5/18 - Cidade da Cultura)

https://vimeo.com/268146820 (Trailer do proxecto presentado na Feira Piteas)

Galiciencia (9-11/5/18) Pontenciencia (1-2/6/18)

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �11

Page 12: Club de ciencia 2017/18 Memoria - edu.xunta.gal - Club de... · alumnado sobre unha necesidade real: a protección do medio ambiente. Durante este curso, polo tanto, situarémonos

Horarios e lugares

Indicadores de logro

1. Porcentaxe de aumento do alumnado participante no Club de ciencia con respecto ao curso anterior. 15%

2. Porcentaxe de aumento de alumnas participantes no Club de ciencia con respecto ao curso anterior. 15%

3. Porcentaxe de aumento do número de actividades programadas no Club de ciencia. 30% 4. Porcentaxe de aumento de participación en eventos relacionados co ámbito STEAM.

400% (pasamos dunha feria científica a 5)5. Porcentaxe de mellora da media académica do grupo de referencia do alumnado

implicado no Club de ciencia. 6%6. Porcentaxe de mellora dos resultados académicos do alumnado participante no

programa. 8%

ConclusiónsA conclusión despóis da nosa experiencia no Club de Ciencia non pode ser más satisfactoria tanto polos logros acadados, como polo gran de satisfacción e implicación do alumnado e das seas familias. Esperamos con ilusión comezar a plantear as actividades do próximo curso, para o que contamos con montas protestas de parte do alumnado, que son ao fin e ao cabo os protagonistas de todas as accións.

Obradoiro Día* Mes Hora Lugar

Laboratorio Xoves Outubro - Abril 16:30 - 18:30 Laboratorio de química

Robótica e impresión 3D Xoves Outubro - Abril 16:30 - 18:30 Taller de tecnoloxía

Deseño e customización 3 sesións a determinar

Febreiro/Marzo 16:30 - 18:30 Aula de Música

Programa científico Xoves Febreiro - Xuño 16:30 - 18:30 Biblioteca/Aula de informática

IES A XUNQUEIRA II - 36018379 CLUB DE CIENCIA 2017/18 �12