28
Revista do Consello Regulador • Número 29 • Marzo 2009 INFORME DE ACTIVIDADE 2008 Entrevista Magín Alfredo Froiz Planes Presidente Grupo Froiz Colaboración técnica Análise comparativa dos custos de produción nos diferentes sistemas de cebo en gando vacún de carne (II)

Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Revista do Consello Regulador • Número 29 • Marzo 2009

INFORME DEACTIVIDADE 2008

EntrevistaMagín Alfredo Froiz Planes

Presidente Grupo Froiz

ACTIVIDADE 2008ACTIVIDADE 2008

Colaboración técnicaAnálise comparativa dos custos de produción nos diferentes sistemas de cebo en gando vacún de carne (II)

Page 2: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos
Page 3: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Revista do Consello Regulador • Número 29 • Marzo 2009

Ternera GallegaSumario

24

25

26

9

13

18

20

4Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.000 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

Actualidade

Ternera Gallega reforza a súa

promoción

Ternera Gallega e Turgalicia coa

promoción turística

A IXP no Fórum Gastronómico

de Girona

Información sectorial

Ordes de axudas para o

exercizo 2009

Informe

Actividade da IXP Ternera

Gallega durante o ano 2008

Entrevista

Magín Alfredo Froiz Planes,

Presidente Grupo Froiz

Colaboración Técnica

Análise comparativa dos custos

de produción nos diferentes

sistemas de cebo en gando

vacún de carne (II)

Cociñar con Ternera Gallega

A Páxina de Xovenco

Concurso-Lecer

Page 4: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

4 | Ternera Gallega

Actualidade

Na actualidade, Ternera Gallega de-senvolve unha campaña publicitaria na Televisión de Galicia para trasmi-tirlle á sociedade os benefi cios que aporta un produto con distintivo de calidade sobre a saúde, o coidado in-tegral e a seguridade alimentaria, sen por iso verse obrigados a renunciar ao sabor, cumprindo así cos requisi-tos demandados polo consumidor.

Esta campaña vénse emitindo den-de comezos deste mes de marzo mediante anuncios, dunha duración de 20 e 30 segundos, en horarios de maior impacto social. Cun total de cen spots ao longo deste perío-do promocional, Ternera Gallega reforza así a súa liña de comunica-ción dirixida aos consumidores que apostan por unha inxesta saúdable e unha dieta sa, equilibrada e nutri-tiva. Unha preocupación compartida

TERNERA GALLEGA REFORZAA SÚA PROMOCIÓN

A IXP pon en marcha unha campaña de comunicación, durante todo o mes de marzo, para potenciar un maior coñecemento da Denominación así como aumentar o seu consumo. A campaña de comunicación desenvolverase na TVG, nas revistas Hola, Pronto e Magazine El Mundo, así como mediante degustacións promocionais nos puntos de venda. Estas accións promocionais permitiranlle a Ternera Gallega trasladarlle á cidadanía conceptos asociados a hábitos saudables, dieta sá e equilibrada e o pracer de consumir produtos avalados polas máximas garantías alimentarias.

tamén polas amas de casa que en Galicia representan máis dun millón de personas dentro deste colectivo.

A aposta de Ternera Gallega pola Televisión de Galicia na súa campa-ña autonómica, débese a que este medio representa a segunda canle máis vista pola sociedade galega no ranking de audiencias segundo os últimos datos publicados. Unha decisión que permite anunciar a carne de vacún de calidade con selo galego na canle pública autonómica,

chegando así a inmensa maioría da poboación que diariamente ve a TVG para estar informado de todo o que acontece en Galicia.

Esta acción enmárcase dentro das liñas promocionais polas que apos-ta cada ano Ternera Gallega nun in-tento por informar e dar a coñecer a súa carne. Estas actividades están orientadas tanto aos consumidores como aos establecementos de ven-da, profesionais do sector, hostale-ría e restauración.

Page 5: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 5

Actualidade

A CAMPAÑADISFRUTA TERNERA GALLEGANAS PRINCIPAIS REVISTAS

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega tamén está realizan-do unha campaña promocional de carácter estatal, que se está a des-envolver dende a última semana de febreiro ata comezos do mes abril, baixo o lema “Disfruta Ternera Galle-ga”, nas revistas de temática social Hola, Pronto e o Magazine El Mundo. Todas as semanas deste mes, a Deno-minación farase un oco nas páxinas das tres publicacións de maior impac-to social, tanto por tirada como por número de lectores, impulsando así a súa difusión pública a nivel estatal.

As actividades promocionais que está levando a cabo a IXP Ternera Gallega comparten obxetivos co-múns que pasan por potenciar o con-sumo da carne de vacún de calidade, continuar posicionando a Denomi-nación no mercado para mellorar a súa comercialización e proseguir in-centivando e motivando aos puntos de venda e aos seus responsables, para que continúen apostando polas cualidades e garantías da carne de Ternera Gallega.

DEGUSTACIÓNSPROMOCIONAISA Denominación, durante os me-ses de marzo e abril, tamén está realizando presentacións da carne

certifi cada, mediante promotoras e degus-tacións nos puntos de venda. Éstas terán lu-gar en hipermercados de Galicia, Cataluña, Madrid e Comunidade Valenciana. Ao longo de 7 fi ns de semana, a IXP reforzará a imaxe da Denominación me-diante 35 degustacións promocionais nas zo-nas de maior consu-mo actual de Ternera Gallega. Trátase dun-ha acción directa que permitirá informar aos

consumidores, a pé de mostrador, das principais características da nosa carne de vacún, de cómo se produce e dos controles aos que se somete, ademais da posibilidade de poder comprobar in situ as súas pro-piedades organolépticas mediante degustacións da carne amparada.

Page 6: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos
Page 7: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 7

Actualidade

TERNERA GALLEGA E TURGALICIA COA PROMOCIÓN TURÍSTICA

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega, mediante un acor-do de colaboración con Turgalicia, divulgará entre os representantes do sector turístico e os medios de comunicación españois a carne de vacún acollida á IXP, a través de presentacións da oferta turística e gastronómica galega que terán lugar este ano 2009 nas cidades de León, Burgos, Tarragona e Zaragoza.

As asociacións gastronómicas gale-gas encargaranse de elaborar un pra-to que terá como base a carne de va-cún de Ternera Gallega, e que estará presente nunha cea-espectáculo que acompañará a cada presentación. Ademais da materia prima, o logotipo de Ternera Gallega fi gurará en todas as invitacións expedidas, así como a distribución de material informativo e promocional deste produto.

Durante o acto de sinatura deste convenio de colaboración, que se vén facendo anualmente desde o 2001, o xerente de Turgalicia, Xesús Pereira López, asegurou que a IXP Ternera Gallega constitúe un dos mellores embaixadores de Galicia en España e mesmo en Europa e que o que se pre-tende con este convenio “é vincular o atractivo dos recursos do país coa demanda dos produtos de calidade a través das Denominacións de Orixe”.

Pola súa banda, o Presidente da In-dicación Xeográfi ca Protexida, Je-sús González Vázquez, manifestou a súa satisfacción por colaborar un ano máis, gracias a este acordo, “coa Administración na potenciación turístico-gastronómica de Galicia en España e Portugal e poder chegar a localidades que sen esta oportunida-de sería difícil facelo”. Para Ternera Gallega é imprescindible que “a carne de calidade amparada pola IXP teña o seu nicho de mercado”.

Continuando coa súa aposta pola promoción, a IXP Ternera Gallega participa, un ano máis, na campa-ña Carnes Únicas de Terras Únicas, posta en marcha polo Instituto In-novacarne no ano 2007 e que se prolongará ata o vindeiro 2010. Esta iniciativa busca promocionar as car-nes con calidade, as carnes diferen-ciadas e as vinculadas ao territorio; informar ao consumidor sobre as carnes de vacún e de ovino con selo de IXP e fomentar o uso adecuado das certifi cacións de calidade.

Concurso escolarCoa temática das carnes de terne-ra e cordeiro con selo de calidade diferenciada como pano de fondo, Ternera Gallega anima aos escolares interesados a participar. O Certa-me Nacional Escolar de Xornalismo “Carnes Únicas, Xornalistas Únicos”, está dirixido aos alumnos de terceiro

TERNERA GALLEGA NA CAMPAÑA “CARNES ÚNICAS DE TERRAS ÚNICAS”

e cuarto curso (entre oito e dez anos) de centros de Educación Primaria de toda España, podendo participar un total de 500 centros. Os escolares que decidan presentarse deberán desenvolver os contidos para crear o seu propio xornal no que comuni-carán os temas relacionados coas carnes da Denominación.

Cociña Carne con IXP

Entre as iniciativas previstas para este ano tamén se atopa a convo-catoria do Campionato Nacional de Gastronomía “Cociña Carne con IXP”. Una competición dirixida aos estudiantes do último curso das es-colas de hostalerías de toda España. Para concursar deberán elaborar unha o varias receitas coas súas co-rrespondentes fotografías. Gañará quen máis potencie as característi-cas propias de cada unha das IXPs

que integran a iniciativa Carnes Úni-cas de Terras Únicas.

A campaña completarase co pase tele-visivo dun anuncio xenérico e coa par-ticipación de Ternera Gallega nun pro-grama de cociña de Karlos Arguiñano.

Page 8: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

8 | Ternera Gallega

Actualidade

A Indicación Xeográfi ca Protexida Ternera Gallega acudiu á cita cun dos acontecementos da gastrono-mía nacional máis importantes, o Fórum Gastronómico 2009, no que están expostos os produtos máis re-presentativos da cociña española, e que este ano se celebrou de novo en Girona trala elección de Santiago de Compostela como punto de encontro da edición anterior motivada pola vo-cación itinerante desta festa culina-ria. A participación da IXP no evento, que abriu as súas portas do 21 ao 25 de febreiro, no Palau de Congresos, concretouse nun relatorio-taller que tivo lugar o domingo 22.

Ternera Gallega acudiu ao Fórum acompañada polo cociñeiro Javier Rodríguez Ponte “Taky”, onde par-ticiparon nun taller-degustación. Unha breve presentación da IXP marcou o comezo do relatorio no que o campión español de cociñei-ros no ano 2000 e de Galicia pro-tagonizou un novidoso diálogo cun profesional carniceiro ao que lle solicitou o despece in situ de cinco

TERNERA GALLEGA NO FÓRUMGASTRONÓMICO GIRONA’09

cortes de carne para potenciar o seu uso na alta cociña.

O taller permitiulle ao público, ás máis de 100 persoas que completa-ron o aforo da sala, asistir en directo ao despece de cortes procedentes da canal de vacún de carne que formou parte, ademais, do orixinal decorado do lugar. Os comentarios sobre a calidade de Ternera Gallega e as súas correspondentes prepa-racións causaron gran sensación, tanto desde o punto de vista das técnicas culinarias empregadas polo cociñeiro, orientadas a extraer-lle a cada unha das pezas o máximo sabor, como desde a execución e as explicacións realizadas.

Ademais desta actividade, Ternera Gallega tivo tamén unha destacada presenza no stand institucional da Consellería do Medio Rural da Xun-ta de Galicia, realizando demostra-cións culinarias, que nesta ocasión ofreceu o programa de catas e de-gustacións de produtos galegos con indicativo de calidade, baixo o lema “Degusta Galicia”.

Cos cinco cortes de carne de vacún despezados in situ no taller-degus-tación o cociñeiro Javier Rodríguez Ponte “Taky” elaborou varias recei-tas con cadanseu uso culinario: tru-fa-tartar de Ternera Gallega, cadei-ra de Ternera Gallega laminada con majado de foie e pistachos, fi lete de vacío de Ternera Gallega con piqui-llos e allos confi tados, roast beef de agulla de Ternera Gallega, salteado de mazá, pera e brotes tenros, cos-tela de Ternera Gallega glaseda con ceboliñas á mel e queixo do Cebrei-ro e caldo de Ternera Gallega con fabas de Lourenzá repolo e nabo.

Ademais, os asistentes alí congre-gados puideron degustar estes dous últimos pratos xunto con un terceiro consistente en cadeira de Ternera Gallega marinada con tomate seco, albahaca e San Simón da Costa.

AS RECEITAS DE TERNERA GALLEGA

E JAVIER RODRÍGUEZ PONTE “TAKY”

Page 9: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 9

Información sectorial

Compensacións pola aplicación de programas de erradicación de

enfermidades dos animais

ObxectoEstablecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explota-ción gandeira por motivos dunha enfermidade sometida a un programa de erradicación.

Benefi ciariosOs titulares das explotacións en que se sacrifi casen ou destruísen, de forma preventiva, todos os animais por motivos de sospeita e/ou confi rmación da presenza dal-gunha enfermidade sometida a un programa ofi cial de control e/ou erradicación.

PrazoO prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 16 de decembro de 2008 e o 21 de novembro de 2009, incluíndo esta data no cómputo do prazo.

Compra de gando de reposición por sacrifi cio obrigatorio en programas de

control

ObxectoEstablécense axudas aos titulares de explotacións de gando bovino, ovino e cabrún para a compra de animais da citada especie que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións en que se ordenou o sa-crifi cio de animais das especies bovina, ovina e cabrúa existentes nela, tras a realización do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa ofi cial de control ou erradicación.

Tamén se incluirán os casos de morte dos animais das citadas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa ofi cial de control ou erradicación.

Benefi ciariosPoderán acceder a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións de gando en que se ordenase o sacrifi cio obrigatorio de bovinos, ovinos ou cabrúns existentes na explotación como consecuencia do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa ofi cial de control ou erradicación, así como daquelas explotacións onde morreron os animais por mor dunha enfermidade sometida a un programa ofi cial de control ou erradicación.

PrazoO prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 16 de decembro de 2008 e o 21 de novembro de 2009, incluída esta data no cómputo do prazo.

Indemnizacións por sacrifi cio obrigatorio de gando nos programas de

control de enfermidades

ObxectoEstablecer as bases reguladoras para a concesión das in-demnizacións a que teñen dereito os titulares de animais e/ou produtos sacrifi cados e /ou destruídos por motivo de erradicación de enfermidades animais, no ano 2009.

Benefi ciariosPoderán ser benefi ciarios da indemnización conforme o establecido no artigo 3º:

1. Os titulares dos animais que se sacrifi quen por reac-cionaren ás probas diagnósticas de tuberculose bo-vina, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterina-rios actuantes.

2. Os titulares dos animais e os seus produtos de calque-ra especie sacrifi cados e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confi rmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

PrazoO prazo de presentación de solicitudes permanece aber-to dende o 12 de decembro do 2008.

ORDES DE AXUDASA Consellería de Medio Rural vén de pór en marcha un conxunto de axudas que permanecerán vixentes ao longo de 2009 e das que poderán ser beneficiarios todos aqueles interesados que cumpran cos requerimentos especificados.

Page 10: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

10 | Ternera Gallega

Información sectorial

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios

ObxectoEstablecer as bases reguladoras das axudas para o fo-mento da contratación dos seguros agrarios e convoca-las para o ano 2009, para os seguros incluídos no plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2009, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de de-cembro, polo que se establecen en Galiza axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Benefi ciariosA Consellaría do Medio Rural concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser benefi ciarios das axudas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas en Galiza, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2009 e liñas gandeiras dos plans 2008 e 2009, e cumpran o estableci-do no Decreto 332/1995 e nesta orde.

Tamén poderán ser benefi ciarios destas axudas os que subscriban, durante o ano 2009, seguros de liñas de cul-tivos agrícolas que lles dean cobertura ás colleitas que se leven a cabo no ano 2010.

Estas axudas exceptúanse do requisito de fi xar unha orde de prelación das solicitudes, procedéndose ao pa-gamento destas ata o esgotamento do orzamento con-signado.

As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por ase-gurados que teñan a consideración de administracións públicas.

PrazoO prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ao longo do 2009.

Mellora da efi cacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación

de novos activos agrarios

Obxecto e benefi ciariosEstablecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2009 das seguintes liñas de axuda:

Realización de plans de mellora nas explotacións agra-rias.

Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.

Requisitos dos/as benefi ciarios/asOs/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder a estas axudas, ademais dos requisitos que se despren-den da defi nición recollida no artigo 2º.8, deberán cum-prir os seguintes:

Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional sufi ciente, segundo o pun-to 2 b) 3º do artigo 3º desta orde ou comprometerse a adquirilo nun prazo de dous anos a partir da data de concesión da axuda.

Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha unidade de traballo anual (UTA) ou acadar esta con-dición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.

Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data de concesión da axuda.

Cumprir a explotación, as normas mínimas en ma-teria de ambiente, hixiene e benestar dos animais no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a.

Persoa maior de 18 anos e menor de 40 anos de ida-de no momento da solicitude de axuda.

PrazoO prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o 16 de febreiro ata o 31 de maio do 2009, ambos os dous incluídos.

Page 11: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 11

Revista de Prensa

Agrocope, 3 de febreiro 2009

Galicia lleva a cabo una política de apoyopara aumentar la rentabilidad de las

explotaciones ganaderasMedio Rural inició una política de apoyo a las cooperativas agrarias a cara descubierta al aumentar la ren-tabilidad de las explotaciones gana-

El Progreso, 27 de febreiro de 2009

Los españoles compraron 403 millones de kilos de

carne de vacuno en 2008 Un total de 403 millones de kilos es la cantidad de carne de vacuno que han comprado los españoles durante 2008, lo cual ha generado un gasto de 3.603 millones de euros. En los últi-mos 10 años se ha observado un cre-cimiento de las cantidades compra-das del 1,7 por ciento, superior al total de carnes frescas (1,4 por ciento).

Según los datos del MARM, el consu-mo per cápita de este año ha sido de 9 kilos, de los cuales un 79 por ciento se ha consumido dentro del hogar y el 21 por ciento en restauración.Los hogares de personas adultas de uno o más componentes son los que consumen más carne. Además, se consume más en ciudades que en los pequeños establecimientos. El 50 por ciento de carne de vacuno se compra principalmente en tiendas tradicionales.

Agroinformación, 3 de febreiro 2009

La nueva normativa sobre el etiquetado de carne de vacuno fl exibiliza y simplifi ca su aplicación

El Consejo de Ministros ha aprobado un Real Decreto por el que se modifi -ca la legislación vigente en materia de etiquetado de vacuno, estableciendo las disposiciones de aplicación de los Reglamentos comunitarios, adap-tando así, la normativa nacional a la comunitaria y mejorando con ello la información al consumidor.

Estas denominaciones no afectarán a las carnes de bovinos acogidas a una Denominación de Origen Prote-gida o Indicación Geográfi ca Prote-gida registrada, que podrán seguir utilizando el rango de edades y las defi niciones que tengan aprobadas en su pliego de condiciones.

Mediante el nuevo Real Decreto se simplifi ca el sistema y se fl exibilizan los requisitos para la formación de grupos, de manera que se pueden formar lotes con carnes procedentes de hasta tres mataderos y tres salas de despiece diferentes.

Por otra parte, se introducen cier-tas mejoras en el etiquetado de los recortes de carne con medidas simi-lares a las de la carne picada, man-teniendo en ambos casos el respeto

a la unicidad en cuanto al país de sacrifi cio. Todo ello, sin menoscabar los principios fundamentales del sis-tema de trazabilidad.

Además, se clarifi can las indica-ciones que obligatoriamente deben aparecer en el etiquetado, así como los datos que cada operador de la cadena alimentaria debe conservar, recogiéndose las denominaciones de venta de la carne procedente de bovinos menores de doce meses de edad al sacrifi cio.

Con esta nueva norma, se incorporan en las distintas fases de la cadena alimentaria las garantías para la veri-fi cación de las menciones de ternera y ternera blanca, desde el sacrifi cio hasta el consumidor fi nal, mediante la implantación de registros y controles.

AVISO AOS PRODUTORESTernera Gallega informa a todos os produtores inscritos na Denominación que para poder rexistrar becerros na IXP, os interesados deberán solicitalo nos primeiros 90 días de vida do ani-mal a través das seguintes vías:

Nos teléfonos: 981 57 57 86 ou 981 57 48 99

Por fax no: 981 57 48 95

No enderezo postal:IXP Ternera GallegaRecinto Feiral de Amio, s/n15891 Santiago de Compostela(A Coruña)

No enderezo electrónico:[email protected]

deras gallegas y su viabilidad econó-mica y ambiental, así como el avance de las condiciones de trabajo y la introducción de nuevas tecnologías, mediante el fomento de la recría y del cebo fundamentalmente.

Suárez Canal destacó la apuesta por las producciones de calidad con base en los recursos propios cómo modelo para afrontar las situaciones de coyuntura económica desfavora-bles. En este sentido, abogó por sis-temas que reduzcan la dependencia de insumos externos, apostando por la recría y por el autoabastecimiento en la alimentación del ganado.

Page 12: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos
Page 13: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 13

Informe

TERNERA GALLEGA MANTÉN UN CRECEMENTO MODERADO E CONSTANTE, A PESAR DA CRISE

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e o Presidente do Consello Regulador, Jesús González Vázquez, presentaron en Santiago de Compostela, ante os medios de comunicación, os datos máis importantes do Informe de Actividade da IXP no 2008.

Segundo o Informe de Actividade do ano 2008 da IXP, o pasado exercicio caracterizouse polo afianzamento da Denominación, así como polo crecemento regular e sostido da súa actividade.

A pesar da situación de inestabilidade que atravesou o sector por causa do encarecemento desproporcionado das materias primas, o número de explotacións gandeiras inscritas na IXP creceu un 5,7%, ata acadar as 6.725; e identificáronse 109.178 tenreiros, pondo de manifesto que as producións de calidade son unha alternativa real que favorece o mantemento da actividade agrogandeira.

Tamén medrou a cifra de canais certificadas, situándose en 78.203, que supuxeron un total de 16.913 toneladas de carne comercializada baixo o amparo da Denominación. Polo tanto, o crecemento foi de 707 toneladas, que representan un 4,4% máis que no exercicio anterior.

Ternera Gallega é actualmente a referencia na comercialización de carne de vacún de calidade a nivel estatal, significando cerca do 50% da carne que se comercializa en España con Denominación de Calidade, sendo coñecida por máis dun 70% dos consumidores españois.

O control é imprescindible para gañar a confianza dos consumidores, ofrecéndolles a máxima garantía. Así, no último exercicio, practicáronse 19.661 inspeccións, 5.410 análises e 1.379 probas de ADN, que permitiron o seguimento da trazabilidade da carne ao longo da cadea, desde as explotacións gandeiras, as industrias e a distribución, ata os consumidores.

O volume de negocio no ano 2008, tendo en conta as transaccións comerciais realizadas entre a industria e a distribución, superou os 85 millóns de euros. Esta cifra reflicte a importancia das operacións efectuadas e o valor engadido que achega Ternera Gallega ao sector de vacún de carne.

Así mesmo, no ano 2008, Ternera Gallega traballou na adaptación do seu Regulamento á Lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega, baixo criterios de consenso; e do seu Manual de Calidade á normativa vixente, para lograr a acreditación como entidade certificadora. Tamén se ven profundizando nas actividades de control e nas accións de carácter promocional.

Page 14: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

14 | Ternera Gallega

Informe

Explotacións inscritas Tenreiros identificados Industrias inscritas

O ano 2008 caracterizouse polo incremento do número de explotacións inscritas na IXP ata acadar as 6.725. O número de tenreiros identificados foi de 109.178, similar aos anos anteriores

O número de explotacións gandeiras inscritas na IXP creceu no ano 2008 un 5,7% ata acadar a cifra de 6.725, fronte ás 6.364 contabilizadas du-rante o exercizo 2007. Este número pon de manifesto que as producións de calidade son unha alternativa real que contribúen a favorecer o mantemento da actividade agrogan-deira e a fixación de poboación no medio rural. Como consecuencia do anterior, as explotacións están cada vez máis profesionalizadas e tenden a mellorar a súa competitividade. Os gandeiros galegos deberán aprovei-tar os seus recursos para asentarse como líderes do sector en España.

Os datos do 2008 demostran a confianza dos gandeiros galegos no labor que desenvolve Ternera Gallega e nas súas posibilidades produtivas e comerciais. Así, o número de tenreiros identificados e controlados por Ternera Gallega foi de 109.178, manténdose en ci-fras similares ás do ano pasado, permitindo deste xeito atender as necesidades da industria cár-nica, a súa actividade comercial e o abastecemento da demanda xerada. Uns datos que tamén in-dican o redimensionamento das explotacións de vacún de carne de Galicia.

A relación de industrias inscritas na Denominación no 2008 foi de 73. Neste exercicio non se produciron variacións significativas, xa que no censo da IXP xa están incorpora-dos practicamente todos os mata-doiros e sas de despece adicadas ao sacrificio, faenado, despece e envasado de carne de gando va-cún rexistradas en Galicia. Todas as industrias da Denominación ca-racterízanse polo cumprimento da normativa vixente, así como pola súa profesionalización, tecnoloxía e adecuación dos medios existen-tes ás necesidades do sector.

Nas gráficas obsérvase a evolución do prezo medio anual durante o ano 2008 con respecto ao 2007, tanto no caso dos exemplares macho como das femias, segundo as cifras de cotización rexistradas pola Mesa de Pre-zos da IXP Ternera Gallega. Os datos indican que os prezos evolucionaron lixeiramente á baixa no ano 2008, con mermas dun 2-3%, como consecuencia do marco económico actual.

Evolución do prezo medio anual

Page 15: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 15

Informe

Canais certificadas Carne certificada Valor económico

O número de canais certificadas por Ternera Gallega ascendeu a 78.203 no ano 2008, un 4,4% máis que no exercicio anterior. Este crecemen-to, regular e sostido, está ligado coa expansión e consolidación da Deno-minación no mercado estatal. Deste xeito, Ternera Gallega é actualmen-te a referencia na comercialización de carne de vacún de calidade a nivel estatal, significando cerca do 50% da carne que se comercializa en España con Denominación de Calidade e situándose nun 70% o número de consumidores que de-claran coñecela e consumila, polo menos ocasionalmente.

A certificación de carne ampara-da pola IXP Ternera Gallega ta-mén creceu un 4,4%, ata acadar un total de 16.913 toneladas. Un crecemento anual de 707 tonela-das que proba a importancia da Denominación na comercializa-ción de carne de vacún de cali-dade en España e que favorece o seu afianzamento no mercado estatal, grazas á distribución e á confianza dos consumidores. Esta cifra confirma, ademais, o éxito do esforzo divulgativo reali-zado pola IXP para gañar e conso-lidar mercados, nun subsector tan competitivo como é o cárnico.

O volume de negocio durante o ano 2008, tendo en conta as transac-cións comerciais realizadas entre a industria e a distribución, foi de 85,3 millóns de euros, que supuxeron un crecemento do 3%. Esta cifra pon de manifesto o valor engadido que achega Ternera Gallega ao sector de vacún de carne. No 2008, o sec-tor pasou dunha situación de ines-tabilidade manifesta motivada polo encarecemento desproporcionado das materias primas, a unha etapa máis favorable e regular, con mar-xes moi axustadas pero sen tanta incertidume, que permite volver a afrontar o futuro cunha maior dose de optimismo e confianza.

Evolución do peso medio da canal

A IXP Ternera Gallega certificou un 4,4% máis de carne de vacún, ata preto das 17.000 toneladas. O valor económico incrementouse un 3%, superando os 85 millóns de euros.

O peso medio das canais certificadas pola IXP Ternera Gallega oscila entre os 210 e os 220 quilos, con pequenas variacións duns anos a outros derivadas da fluidez do mercado. As cifras coinciden coa liña que sempre caracterizou a produción de carne de vacún en Galicia, definida pola comer-cialización de canais procedentes de ten-reiros de 9 meses de idade media ao sacri-ficio e pouco máis de 200 quilos de peso, de acordo co que sempre foi a produción de carne de vacún en Galicia.

Page 16: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

16 | Ternera Gallega

Informe

Na actualidade máis de 1.000 establecementos de venda comercializan Ternera Gallega e teñen a imaxe corporativa da IXP en toda España.

Comercialización e distribución Distribución provincial e categorías

O labor de control é a principal función e responsabilidade da IXP, xa que é

imprescindible para gañar e manter a confianza dos consumidores, ofrecén-

dolles a máxima garantía. Así, no último exercicio, o labor de control concre-

touse en 19.661 inspeccións, 5.410 análises realizadas e 1.379 probas de ADN efectuadas, que permitiron o seguimento

da trazabilidade da carne ao longo da cadea produtiva. Ademais Ternera Gallega adaptou o seu Regulamento á Lei de

Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega, baixo criterios de consenso; e o seu Manual de Calidade á nor-

mativa vixente, para lograr a acreditación como entidade certificadora baixo a Norma Europea EN 45011 por ENAC.

Nos últimos anos hai una tendencia comercializadora á alza fóra de Galicia, centrada principalmente en zo-nas como a Comunidade Valenciana, Cataluña e zona centro. A exportación é testemuñal, significando un 2% escaso. Isto fai que o número de puntos de ven-da se repartan da seguinte maneira: 503 en Galicia, 530 no resto de España e 12 espallados polo mercado internacional. No tocante ás tipoloxías dos establece-mentos: 748 son supermercados, 119 son carnicerías tradicionais e 178 hipermercados, que suman un total de 1.045, cifra lixeiramente superior á do ano 2007.

No relativo á distribución xeográfica, a maioría dos produtores, tenreiros identificados e canais comer-cializadas co selo de Ternera Gallega concéntranse na provincia de Lugo. Predominan os animais machos (56,9%), con conformacións de canal R e U, e graos de engraxamento 2 e 3. As categorías comerciais principais son Ternera Gallega e Ternera Gallega Su-prema, que suman o 97,2 % da carne amparada. Hai que salientar o significativo crecemento, dun 10,5%, experimentado por Ternera Gallega Suprema no ano 2008 con respecto ao ano anterior.

Establecementos con imaxe corporativaO prestixio acadado e a demanda xera-da fan que nos últimos catro anos a IXP incrementara de maneira notable o po-sicionamento da súa imaxe corporativa nos establecementos de distribución alimentaria. O esforzo promocional que realiza a Denominación, xunto co labor nos puntos de venda, vén favorecendo pouco a pouco a expansión e consolida-ción comercial da Indicación Xeográfica Protexida en toda España, superando un ano máis os 1.000 establecementos que comercializan Ternera Gallega.

Programa de control

Page 17: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos
Page 18: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

18 | Ternera Gallega

EntrevistaMagín Alfredo Froiz Planes,

Presidente Grupo Froiz

¿Por qué pasan as aspiracións eco-nómicas e sociais do Grupo Froiz a medio prazo?, ¿expansión noutras zonas da xeografía española, fóra?

Tentamos mellorar cada día, debemos esforzarnos a diario en perfeccionar os nosos recursos para servir mellor aos nosos clientes. O traballo ben feito daranos percorrido económico e so-cial a medio e longo prazo. En canto á expansión, hoxe en día poderiámonos posicionar en calquera zona do centro e noroeste peninsular, non obstante, é moi difícil encontrar boas localiza-cións. Na expansión temos que ser moi prudentes pois os erros son caros, non se trata de medrar por medrar.

Na actualidade o Grupo Froiz conta con 240 puntos de venda: 5 hipermercados, 5 cash&carry e 185 supermercados; ademais de 50 establecementos Tandy

“A COMERCIALIZACIÓN DE TERNERA GALLEGA SUPÓN UN VALOR ENGADIDO

PARA OS NOSOS CLIENTES”Magín Alfredo Froiz Planes é o presidente do Gru-po Froiz, compañía galega de distribución alimen-taria. A súa vocación empresarial manifestouse de maneira temperá, con tan só 24 anos, e, grazas á fidelidade dos seus clientes, conseguiu conso-lidarse no mercado da distribución. A firma, que cumpriu no 2008 40 anos, conta actualmente con 240 puntos de venda, estendéndose por Galicia, Castela e León, Castela A Mancha, a Comunidade de Madrid e o norte de Portugal. O presidente da compañía reseñou a importancia outorgada polos consumidores ao valor engadido aportado polas Indicacións Xeográficas Protexidas, reafirmando a boa aceptación que estes produtos teñen entre os seus clientes. Así mesmo, Magín Froiz alude ao protocolo de colaboración establecido con Terne-ra Gallega “mediante o cal a IXP lle presta á nosa marca o apoio loxístico e a imaxe corporativa precisa para facilitar a comercialización da súa carne e a fidelización dos nosos clientes”.

e Merca Mas en réxime de franquicia. Neste momento, a nosa actividade desenvólvese en Galicia, Castela e León, Castela A Mancha, a Comunida-de de Madrid e o norte de Portugal.

As nosas aspiracións resumiríaas en cumprir coas expectativas de todo o noso contorno: sociedade, traballa-dores, fornecedores etc, merecendo mención especial satisfacer as necesi-dades dos nosos clientes.

¿Cómo conseguen os supermer-cados Froiz a calidade dos seus produtos? ¿Qué procedementos se seguen na sección de frescos (car-nes) para garantir a trazabilidade?

En Froiz a calidade está por riba de todo e así llo transmitimos aos nosos for-necedores. Entendemos que o mellor procedemento para garantir a calidade

dos nosos produtos frescos é dispór de fornecedores estables, ao tempo que esiximos o rigoroso cumprimento de todas as normativas vixentes. O pro-duto é controlado desde a orixe ata o punto de venda. É importante, para asegurar a calidade, que os nosos for-necedores teñan negocios rendibles e de futuro, por iso a distribución debe colaborar esixindo a máxima calidade e pagando o seu valor.

¿Qué valores diferenciais converten a Froiz nunha marca recoñecida?

Tentamos cada día ofrecer os mellores prezos, máxima calidade, bo servizo, ampla variedade de marcas de pro-veedor e propias, importante presenza de perecedoiros (panadaría, froitería, peixaría, chacinería, carnicería) ao corte e en libre servizo así como cen-tros modernos, ordenados e limpos.

Page 19: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 19

Entrevista

Máis de 3.900 persoas traballan na actualidade no grupo Froiz. Un capital humano formado na súa maioría por persoal novo e altamente cualifi ca-do. Profesionais da alimentación que traballan nos nosos puntos de venda, ofrecendo ao cliente un bo servizo e atención personalizada. Valores dife-renciais, todos eles, que converten a esta empresa, de capital integramente galego, nunha das vinte primeiras dis-tribuidoras do sector a nivel nacional.

Calidade, servizo e prezo son, polo tan-to, as máximas comerciais que rexen o quefacer diario de todos os estable-cementos Froiz para conseguir a máxi-ma satisfacción do cliente. Todos os nosos centros ofrecen unha atención personalizada, servizo a domicilio, am-plas e cómodas instalacións, pago con tarxetas, horario comercial fl exible e persoal cualifi cado para facilitar as compras ao consumidor fi nal.

Entre os nosos principios, destacar o servir ben ao cliente, ter motivados a todos os nosos traballadores e crear riqueza no noso contorno aforrando e investindo nel a fi n de procurar ofrecer un mellor servizo cada día.

¿Qué características debe ter un produto para conseguir fi delizar o cliente?

Debe ter unha excelente relación cali-dade prezo, un binomio que forma parte dos nosos sinais de identidade. Desde os nosos inicios, no ano 1968, sempre fomos crecendo sen perder de vista a nosa máxima comercial de servizo ao cliente, de aí o noso lema “sempre ao seu servizo”. Por isto, os nosos produ-tos son de alta calidade.

Un dos mellores exemplos do antes ex-posto son os produtos da nosa propia marca, procedentes, todos eles, dos fabricantes de marcas líderes, que se venden a moi bo prezo no mercado. Máxima calidade ao mellor prezo. Na actualidade, a nosa marca conseguiu afastarse da etiqueta de produto ba-rato para situarse entre os que ofrecen unha mellor relación calidade-prezo. Ademais, coidamos moito a imaxe dos produtos Froiz. Tan só así, ofrecendo produtos de alta calidade a bo prezo, logramos fi delizar ao cliente.

¿Qué cota de mercado teñen os alimentos con Denominación de Orixe ou Indicacións Xeográfi cas Protexidas respecto aos alimentos convencionais? ¿Demanda o con-sumidor este valor engadido?

En canto á cota das Denominacións de Orixe ou das Indicacións Xeográfi -cas Protexidas respecto aos alimentos convencionais é moi difícil de concre-tar pois varía dunhas zonas a outras ou en función da estacionalidade. O que sí podo dicir é que o consumidor fi nal demanda cada vez máis ese valor engadido, xéralle moita confi anza.

Non podemos obviar que na actualida-de se vén observando unha evolución continua nos hábitos de consumo, convertendo o cliente moderno nun consumidor formado e informado moi preocupado pola orixe e a calidade dos produtos alimenticios que forman par-te da súa cesta da compra. Ademais o consumidor do século XXI non só de-manda artigos de calidade e recoñeci-do prestixio, senón que tamén esixe as máximas garantías.

¿Qué opinión lle merece o posi-cionamento de IXP Ternera Galle-ga na nosa comunidade en xeral, e no sector da distribución alimen-taria en particular?, ¿cómo se tra-duce a colaboración Froiz-Ternera Gallega?

Con certeza, a comercialización de Ternera Gallega é un importante valor engadido nas nosas tendas que goza de moi boa aceptación entre os clien-tes. En todos os nosos establecemen-tos a carne amparada pola IXP Ternera Gallega exponse aos consumidores perfectamente identifi cada mediante os certifi cados de garantía e as con-traetiquetas correspondentes.

Sabemos que tan só poderemos ser competitivos se somos capaces de satisfacer as necesidades dos nosos clientes, que demandan coñecer e ter garantías da carne que poñemos á venda. Por isto, establecemos un protocolo de colaboración con Ter-nera Gallega mediante o cal a IXP nos presta todo o apoio loxístico e a imaxe corporativa precisa para facilitar a co-mercialización da súa carne e a fi deli-zación dos nosos clientes.

¿Qué análise se fai desde o seu grupo de sector da distribución alimentaria en Galicia?, ¿cómo ve os seus “competidores”?, ¿por qué pasa e debe pasar o futuro?

O sector da distribución alimentaria en Galicia é moi competitivo. Na miña opi-nión está saturado. Os nosos compe-tidores son empresas de moito pres-tixio, serias e responsables.

O futuro, polo menos o noso, pasa por facer cada día mellor o noso traballo, asentado na innovación e no servi-zo, calidade e prezos, integración, responsabilidade social e formación. Temos que tentar ser a mellor opción para o consumidor á hora de facer a súa compra.

Page 20: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

20 | Ternera Gallega

Colaboración técnica

TENREIROS PASTEIROS

En Galicia, a produción de carne de vacún a partir de tenreiros pasteiros presenta dúas grandes diferenzas con respecto a calquera outro lugar do te-rritorio nacional. A primeira é que o peso vivo ao sacrifi cio dos tenreiros é considerablemente máis baixo que no resto do país, e a segunda, que se dispón con relativa facilidade de ensilado de millo de calidade como materia prima para o cebo destes ani-mais. A continuación imos estudar a estrutura de custos económicos de produción do cebo de tenreiros pas-teiros alimentados con forraxes (en-silado de millo + gran de millo húmido ensilado + penso), fronte ao sistema clásico de penso e palla. A simulación na que basearemos este estudo obtí-vose a partir da información recollida ao longo de varios anos en distintos cebadoiros españois.

Vicente Jimeno VinateaE.U.I.T. Agrícolas. Departamento de Produción Animal, UPM.

Teresa Castro MadrigalFacultad de Veterinaria. Departamento de Produción Animal, UCM.

ANÁLISE COMPARATIVA DOS CUSTOS DE PRODUCIÓN NOS DIFERENTES SISTEMAS DE CEBO NO GANDO VACÚN DE CARNE (II)Este artigo constitúe a segunda parte da análise de custos de produción en gando vacún de carne que inicia-mos no número anterior desta revista. Nel imos analizar os custos de produción para o sistema de cebo a partir de tenreiros pasteiros e a produción de Ternera Gallega Suprema.

Índices produtivos Penso + Palla Forraxes + Penso

PVI (kg)PVF (kg)

P. Canal (kg)Rdto. Canal (%)

IT o IC (kg MS/kg PVRepostos)Baixas (%)

Índices económicos

20055031657,55,41

20055031657,55,01

Prezo compra (/tenreiro)Prezo venda* (/kg canal)

4703,45

4703,45

Táboa 1. Principais índices técnicos-económicos, pesos vivos iniciais e fi nais na produción de carne de vacún a partir de tenreiros pasteiros.

Consideramos un peso vivo medio inicial (PVI) de 200 kg e o momento de sacrifi cio fi xouse nos 550 kg de peso vivo (PFF). Os animais son de boa aptitude carniceira, cun rende-mento medio á canle do 57,5 %, dan-

do lugar a canles en torno aos 316 kg.

A ganancia media diaria (GMD) para

este tipo de animais é de 1,6 kg, o que

supón unha duración do período de

cebo de 7,3 meses (táboa 1).

* Prezos de venda de setembro 2008

Page 21: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 21

Colaboración técnica

No momento no que se levou a cabo este traballo (outubro de 2008), o prezo medio de compra dun tenreiro pasteiro en España era de 470 euros, e o de venda do kg canal, fóra do pro-grama de comercialización da IXP Ternera Gallega, era de 3,45 euros (táboa 1).

No sistema de alimentación de ten-reiros pasteiros con penso e palla, o consumo destas materias primas expresadas sobre kg totais de ma-teria fresca garda unha relación de 85% penso e 15% palla. Isto supón un consumo total por tenreiro e ciclo de 1.745 kg de penso e 233 kg de pa-lla. No caso da alimentación con fo-rraxes e penso, a relación é de 60,9% de ensilado de millo, 24,9% gran de millo húmido ensilado e 14,2% penso; o que supón consumos duns 2.000 kg de ensilado de millo, 816 kg de gran de millo húmido ensilado e 466 kg de penso respectivamente.

Se co sistema de alimentación ba-seado no ensilado de millo e no gran de millo húmido ensilado se preten-de conseguir resultados produtivos similares aos do sistema de alimen-tación tradicional con penso e pa-lla, o penso que complementa estas racións debe ser menos enerxético, con valores baixos de almidón e maior contido en proteína como vi-mos no capítulo anterior.

Os custos de produción de tenreiros pasteiros en ambos sistemas de pro-dución calculáronse tendo en conta os índices técnicos-económicos da táboa 1. Para iso agrupamos os cus-tos totais de produción en custos fi xos ou de estrutura e custos va-riables (táboa 2). Os custos fi xos no

cebo de tenreiros pasteiros supoñen entre un 1,5-2,0% dos custos totais, e representan os gastos de amorti-zación dos aloxamentos e o custo de oportunidade do capital investido. Con todo, os custos variables, os que teñen que ver co nivel de produción, representan entre o 97,0-98,5% dos custos totais. O control dos custos variables, especialmente o valor de compra do tenreiro e a alimentación é o que pode axudarnos a mellorar os nosos resultados económicos.

Nesta estrutura de custos podemos observar que o capítulo de alimen-tación no sistema de cebo baseado en forraxes e penso representa un 5% menos sobre os custos totais de produción que no modelo clásico de penso e palla. En ambos sistemas de produción, o valor de compra do tenreiro representa máis do 40% dos custos e a man de obra sitúase como o terceiro factor en importancia na estrutura dos custos de produción (7,3-7,8%).

Os ingresos por tenreiro en ambos sistemas de produción son idénticos

Táboa 2. Estrutura de custos totais de produción en tenreiros pasteiros, en función do sistema de alimentación empregado.

Penso + PallaE. Millo + Gran millo

húmido ensilado + PensoCUSTOS FIXOS (% Custo total) 1,7 1,8

AmortizaciónInterese capital fi xo

0,61,1

0,71,1

CUSTOS VARIABLES (% Custo total) 98,3 98,2

Valor compra tenreiroAlimentaciónMan de obraCustos sanitariosMortalidadeCustos variosCustos fi nanceiros

42,737,27,32,70,75,42,3

45,432,27,82,90,85,82,3

CUSTO TOTAL/TENREIRO() 1104 1032

e corresponden aos obtidos pola súa venda cunha canle media de 316 kg máis o cobro das subvencións, e as-cenden a 1.111 euros.

Tendo en conta os ingresos por sub-vención, o benefi cio por tenreiro no sistema de alimentación penso e palla sería de 7 (1.111 - 1.104 ), mentres que no sistema de forraxes e penso o benefi cio obtido sería de 79 (1.111 - 1.032 ). Isto supón 72 máis de be-nefi cio no sistema de forraxes e pen-so fronte ao sistema penso e palla. Se non se ten en conta a subvención o sistema penso e palla presenta un-has perdas de 13,2 por tenreiro, mentres que no sistema forraxes e penso, aínda que o benefi cio é me-nor, segue sendo positivo, 59,1 /tenreiro (táboa 3).

Como xa vimos no capítulo ante-rior, os indicadores Marxe Bruta e Fluxo de Caixa, proporcionan unha información bastante enganosa dos resultados económicos e en conse-cuencia deben ser empregados con prudencia.

Indicadores económicos Penso + PallaE. Millo + Gran millo

húmido + Penso

Benefi cio con subvenciónBenefi cio sen subvenciónMarxe BrutaFluxo de Caixa

7,0 - 13,2 25,6 140,2

79,0 59,1 97,9 210,7

Táboa 3. Principais indicadores económicos na produción de carne de vacún a partir de tenreiros pasteiros, segundo o sistema de alimentación empregado.

Page 22: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

22 | Ternera Gallega

Colaboración técnica

TERNERA GALLEGA SUPREMA

Ternera Gallega Suprema é un sistema de produción de carne de vacún xenuí-no da IXP Ternera Gallega. Está ba-seado na boa aptitude leiteira da vaca nodriza da raza Rubia Gallega e no ma-nexo na fase de lactancia do tenreiro.

Os tenreiros que se destinan a este tipo de produción son fi llos de va-cas nodrizas Rubia Gallega, nacen cun peso vivo medio de 52,5 kg os machos e 42,5 kg as femias. Desde o nacemento ata o primeiro mes de vida aliméntanse exclusivamente do calostro e o leite que maman da nai, permanecendo con ela durante todo o tempo. A partir do mes de vida e ata o destete (7-8 meses de idade), ma-

mar dúas veces ao día. Durante este período, o tenreiro aliméntase do lei-te materno e do fornezo dun alimento enerxético moi palatable como é o gran de millo húmido, ensilado de mi-llo e forraxes secos.

O momento en que se destetan os tenreiros vai depender sobre todo da produción de leite das nais e do manexo da alimentación que se lles aplica. O obxectivo é conseguir o maior peso vivo posible do tenreiro ao destete. Concluído este perío-do, os tenreiros comezan a fase de acabado, que consiste nun tempo de cebo de duración variable, entre 1 e 3 meses, dependendo do peso vivo do tenreiro no momento do destete, que adoita variar entre 290-330 kg.

O cebo fi naliza cando os animais al-canzan un peso vivo de 410-420 kg, o que permiten obter canles con pe-sos medios de 225 kg (rendemento á canle 56/57%) e ganancias medias diarias en torno a 1,35 kg (táboa 4). A duración media de todo o ciclo de produción é de 8,5 meses.

Neste suposto aplicamos 305 como valor do tenreiro no primeiro mes de vida e un prezo de venda do kg canal correspondente ao do programa de comercialización da IXP Ternera Ga-llega (4,6 euros) (táboa 4).

Neste sistema de alimentación de tenreiros con leite, gran de millo húmido ensilado e penso, a relación sobre o consumo destas materias

Índices produtivos Ternera Gallega Suprema

PVI (kg)PVF (kg)

P. Canal (kg)Rdto. Canal (%)

IT o IC (kg MS/kg PVRepostos)Baixas (%)

Produción leite materna kg/lactación

Índices económicos

52,5410225553,21

1800

Prezo compra (/tenreiro)Prezo venda* (/kg canal)

3054,6

Táboa 4. Principais índices técnicos-económicos, pesos vivo inicial e fi nal na produción de Ternera Gallega Suprema.

* Prezos de venda de setembro 2008

Page 23: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

Ternera Gallega | 23

Colaboración técnica

Ternera Gallega Suprema

CUSTOS FIXOS (% Custo total) 2,0

AmortizaciónInterese capital fi xo

0,91,1

CUSTOS VARIABLES (% Custo total) 98,0

Valor compra tenreiroAlimentaciónMan de obraCustos sanitariosMortalidadeCustos variosCustos fi nanceiros

31,845,68,42,60,76,22,7

CUSTO TOTAL/TENREIRO () 960

Táboa 5. Estrutura de custos totais de produción en tipo comercial Ternera Gallega Suprema.

primas expresadas sobre kg totais de materia fresca, é 66,7 % leite, 30,5 % gran de millo húmido ensilado (GMHE) e 2,8 % penso. O que supón un consumo total por tenreiro e ciclo, de 1800 kg de leite, 822 kg de GMHE e 75 kg de penso. O valor do leite apor-tado pola nai ao tenreiro foi o equiva-lente aos gastos de alimentación da nai durante o seu ciclo produtivo.

Os custos de produción deste siste-ma calculáronse tendo en conta os índices técnicos-económicos da tá-boa 4. Para iso agrupamos os custos totais de produción en custos fi xos ou de estrutura e custos variables (táboa 5). Os custos fi xos na produ-ción de Ternera Gallega Suprema

representan un 2,0% dos custos to-tais. Con todo, os custos variables, aqueles que teñen que ver co nivel de produción, representan o 98 % dos custos totais

Considerando a estrutura descrita na táboa 5, os custos totais de pro-dución de Ternera Gallega Suprema

Indicadores económicos Ternera Gallega Suprema

Benefi cio con subvenciónBenefi cio sen subvenciónMarxe BrutaFluxo de Caixa

96,9 77,1 115,9 229,6

Táboa 6. Principais indicadores económicos na produción de Ternera Gallega Suprema.

ascenden a 960 euros. Como se pode observar, o capítulo que máis infl úe é o correspondente á alimentación. Hai que ter en conta que aquí se in-clúe o valor do leite consumido polo tenreiro.

Para este tipo de produción, os ingre-sos por tenreiro corresponden aos obtidos pola súa venda cunha canle media de 225 kg máis o cobro das sub-vencións e ascenden a 1056,9 euros. No suposto no que se ten en conta a subvención, o benefi cio por tenreiro é de 96,9 euros, mentres que se esta non se ten en conta o benefi cio ascen-de a 77,1 euros por tenreiro (táboa 6).

Como resultado dos datos expostos neste artigo, poderiamos concluír que a produción de gando vacún de carne ten que contemplarse como unha actividade empresarial que debe empregar as ferramentas de xestión e toma de decisións que lle permitan manter a competitividade no negocio da produción de carne de vacún.

Page 24: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

24 | Ternera Gallega

Cociñar con Ternera Gallega

Bocadiño de Tenreira Galega e tomate “cherry”.: 200 g de fi letes de Ten-reira Galega (croca, lonxa ou de corte redondo), 4 ud de allo tenr, 4 ud de tomate “cherry”, 5 dl de aceite de oliva virxe extra, sal de Maldon.

Bocadiño de Tenreira Galega e queixo fundido: 200 g de fi letes de Ten-reira Galega (lonxa ou corte redondo), 100 g de queixo (D.O.P. Arzúa-Ulloa), pemento doce, pemento picante, 1 dl de aceite de oliva, sal de Maldon, 4 ud de pementos de Herbón.

Bocadiño de Tenreira Galega e tomate “cherry”: facer fi letes da croca de 4cm de ancho por 10cm de longo, envolver sobre o tomate, e a súa vez envolver todo cun allo tenro, fritir en aceite e engadir o sal de Maldon.

Bocadiño de Tenreira Galega e queixo fundido: dourar o fi lete nunha tixola (volta e volta), colocar o queixo enriba do fi lete e derreter no forno, barruzar unha mestura dos pementos e engadir o aceite. Acompañar cun pemento frito cada bocado.

Tempo aproximado: 30 min.

Ingredientes para 4 persoas

Preparación

Bocadiños de Ternera Gallega

CROCA, LONXA, CORTE REDONDO

DESCRICIÓN: CROCA: Peza para fi letes moi tenros e moi zumarenta. O seu rabo ásase enteiro á grella ou á prancha. LONXA: De gran ren-demento. Desta peza saen escalopes e escalopiños moi saborosos. CORTE REDONDO: É unha peza de gran tenrura, utilizada para fi letes e medallóns. Tamén se pode asar.

¿CÓMO SON E ÓNDE SE ATOPAN ESTAS PEZAS? As tres pezas están localizadas na perna traseira do canal. A croca ten forma de cora-zón e localízase na parte superior da perna e ao lado do lombo baixo. O corte redondo é unha peza de forma ovalada, situada por riba do xeonllo e que vai deica á croca. A lonxa localízase na cara interna da perna e ten forma redondeada.

Ternera Gallega

Croca

Lonxa

CorteRedondo

Page 25: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

XXXXX XXXXXX xxxxxx

Referencia: Xovenco

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega

Recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista.

Agradecemos a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos

os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir

participando con todo aquelo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de

agasallos. A dirección é:

A páxina de Xovenco

Ternera Gallega | 25

This is a sheep This is a duck

This is a windmill This is a horseThis is a cow This is a tree

Aprende inglés con Ternera Gallega. Un día na granxa

Dálle cor aos debuxos

This is a dog This is a pig

Page 26: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos

26 | Ternera Gallega

Concurso

A IXP Ternera Gallega ofrécelle a

todos os lectores a posibilidade de

participar neste concurso, que ten

as seguintes bases:

g A IXP Ternera Gallega sorteará

material propio como regalo para

cada concurso: receitarios, barallas,

chaveiros, mandís e manoplas

serigrafiadas.

g Farase un sorteo trimestral para

cada número da revista.

g O número máximo de premios

será de 40 para cada concurso.

g Non poderán resultar premiados

os traballadores da IXP Ternera

Gallega, nin os membros do

Consello Regulador, nin tampouco

os seus familiares directos.

g Os sorteos faranse entre os

lectores que respondan ben ás tres

preguntas que se formularán en

relación co contido da revista na

que van incluídas.

g Os premios comunicaranse

directamente aos agraciados.

Concurso Nº 29

1. ¿De qué ano se presenta o Informe de Actividade neste número da revista de Ternera Gallega?

2. Segundo a entrevista deste número, ¿con qué empresa de distribución alimentaria asinou Ternera Gallega un Protocolo de Colaboración?

3. ¿Qué dous autores elaboraron a segunda parte da colaboración técnica incorporada nesta revista?

As respostas poden remitirse por correo, durante os 30 días seguin-tes á publicación da revista, á seguinte dirección:

Referencia Concurso TGConsello Regulador da IXP Ternera GallegaRecinto feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.01415891 Santiago de Compostela

Ou por correo electrónico á seguinte dirección:[email protected]

*Non esqueza incluír o seu nome completo, enderezo e teléfono de contacto.

Lecer Anuncios gratuítos

Atopa 7 palabras relacionadas co contido desta revista

Sopa de letras

F R O I Z R W N O M P C O A

T W U N A F O J N M N O L X

T U Q B O S T A U A L M J U

P C R B V T J O I R M O Ñ D

V P O G F E U P B E U W L A

I I F V A A N J F B R O J S

E A E W T L B C U F O T P I

A C E J U P I I I E F G P K

D E V R D R K C H O T R N N

E B R S I J B D I R N C O E

P O H A F M T E C A U N T G

R E O P F I Z E R F S K B B

N T F G T P R G R L I U P M

A L I N F O R M E W A E D S

Solución: Froiz, Axudas, Turgalicia, Forum, Cebo, Informe, Pfizer

COMPRO DEREITOS DE NODRIZA E DE PAGO ÚNICO

TEL: 660 43 57 35

VÉNDENSE NOVILLAS E MACHOS DE RAZA RUBIA

GALEGATEL: 620 52 82 97

(Francisco)

Page 27: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos
Page 28: Colaboración técnica Análise comparativa dos INFORME DE diferentes sistemas de … · 2016. 9. 27. · 2009 as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos