2
Comentario dun fragmento de mapa topográfico Descripción do que é - Un mapa topográfico: Unha representación a escala do relevo dun área que inclúe curvas de nivel e UN GRAN DETALLE. Inclúe tamén información variada sobre augas, vexetación, elementos de hábitat humán e hitos xeográficos, económicos e políticos. Veñen referenciados na lenda. - A escala (1:25.000 ou 1:50.000): É a relación (división) de proporción entre a realidade do mapa (1) e a do que expresa (25.000). Por exemplo, un cm no mapa 1/25.000 son 25.000 cms na realidade (250 metros). - Unha curva de nivel: É unha liña que une puntos que están á mesma altura con respecto do nivel do mar. No caso do mapa superior márcanse cada 20 metros de diferencia de altura. - A lenda: É unha área exterior da representación reservada para amosar o significado dos iconos/símbolos que aparecen no mapa. Descripción do que hai 1- Análise das curvas de nivel: a) Altura relativa: Zonas altas e baixas, zonas planas e es- carpadas. Servirá para entender o mapa en 3d. Como en onde vive a xente e por que, que pasa coa vexetación, co solo e coa auga, como e onde cultivan e por que, os medios de transporte... Aquí vemos dúas áreas escarpadas, a primeira no noroeste do mapa, a segunda xunto ó pico Cotorra. Tamén é relativamente abrupto o borde noreste do mapa, a subida dende Barruela. Nas partes baixas temos ríos, que parecen propios dunha zona de montaña (moi curvilineos, o terreo os moldea a eles, non eles ó terreo) b) Altura absoluta: Afecta á temperatura e ó clima. O pico máis alto é de 1162 metros, a altura media da bisbarra é elevada e os ríos transcorren polos 880 m aprox. É unha zona de montaña. O pico cotorra de 1112 metros. A altura media da península é de 660m sobre o nivel do mar. Lembra que cada 100 m hai -0’6 º de temp. Unha zona escar- pada. As liñas están moi xuntas e a altura cambia en pouco es- pazo.

Comentario dun fragmento de mapa topográfico · 2020. 3. 19. · Comentario dun fragmento de mapa topográfico Descripción do que é - Un mapa topográfico: Unha representación

  • Upload
    others

  • View
    11

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

  • Comentario dun fragmento de mapa topográfico

    Descripción do que é- Un mapa topográfico: Unha representación a escala do relevo dun área que inclúe curvas denivel e UN GRAN DETALLE. Inclúe tamén información variada sobre augas, vexetación, elementosde hábitat humán e hitos xeográficos, económicos e políticos. Veñen referenciados na lenda.- A escala (1:25.000 ou 1:50.000): É a relación (división) de proporción entre a realidade do mapa(1) e a do que expresa (25.000). Por exemplo, un cm no mapa 1/25.000 son 25.000 cms na realidade(250 metros). - Unha curva de nivel: É unha liña que une puntos que están á mesma altura con respecto do niveldo mar. No caso do mapa superior márcanse cada 20 metros de diferencia de altura. - A lenda: É unha área exterior da representación reservada para amosar o significado dosiconos/símbolos que aparecen no mapa.

    Descripción do que hai1- Análise das curvas de nivel:

    a) Altura relativa: Zonas altas e baixas, zonas planas e es-carpadas. Servirá para entender o mapa en 3d. Como en ondevive a xente e por que, que pasa coa vexetación, co solo e coaauga, como e onde cultivan e por que, os medios de transporte...Aquí vemos dúas áreas escarpadas, a primeira no noroeste domapa, a segunda xunto ó pico Cotorra. Tamén é relativamenteabrupto o borde noreste do mapa, a subida dende Barruela.Nas partes baixas temos ríos, que parecen propios dunha zonade montaña (moi curvilineos, o terreo os moldea a eles, non elesó terreo)

    b) Altura absoluta: Afecta á temperatura e ó clima. O pico máis alto é de 1162 metros, a alturamedia da bisbarra é elevada e os ríos transcorren polos 880 m aprox. É unha zona de montaña.

    O pico cotorra de 1112metros. A altura media dapenínsula é de 660msobre o nivel do mar.Lembra que cada 100 mhai -0’6 º de temp.

    Unha zona escar-pada. As liñas estánmoi xuntas e a alturacambia en pouco es-pazo.

  • 2- Hidrografía: a) Identificación: Ríos e lagos, o mar ... Non é moi com-

    plexo. b) Obras públicas: O ser humano intervén na distribución

    e usos da auga. Pantanos/presas, canalizacións, pozos... Istoestá moi relacionado co punto seguinte.

    c) Usos: Se ves na lenda áreas de vexetación que preciseauga... haberá regadío ou alomenos un réxime de precipitaciónsmoi alto (a comentar en outro punto). Se sae o tendido eléc-trico... presa.

    d) O dominio climático: Atendendo a cultivos e vexetación,paisaxe (este non está na meseta castellana), poderá ser medi-terráneo, oceánico ou de montaña.

    e) A rede hidrográfica e a poboación: A posición e a can-tidade da auga e o terreo definen se o hábita é concentrado ou disperso, se é abundante ou escaso,se hai grande ou pequena densidade. Poderás ampliar o comentario disto cando chegues á partede poboación.

    3- Vexetación: a) A vexetación natural: Xa nos pode dicir moito do clima

    e dos solos. O medio natural tamén se ve influido pola solana ea umbría.

    b) A introducida polo home (antrópica): O ser humano in-tervén na natureza coa agricultura, gandeiría, regadío e demais.Pode ser zona de explotación madereira (silvicultura) ou ó con-trario, a deforestación para agricultura e pastos. Pode ser que omedio quede danado polo ser humano. Aquí vemos pouca masaforestal, o que pode indicar agricultura (nas chairas) e sobre todopastos.

    4 e 5- Poblamiento e transportea) A distribución da poboación e a súa relación co trans-

    porte: Este parece que é un espazo rural, con Arroyal coma prin-cipal poboación, cunha densidade media (xa se ve que non éNova Iorque) e con dúas áreas de hábitat moi disperso ó redor,Barruelo e San Andrés. Todas están relacionadas coas vías decomunicación da zona, as carreteiras (duas principais, en vermello e unha local en amarelo) seguenprácticamente o trazado dos ríos, as zonas baixas que evitan as montañas. Chama a atención quea localidade de Arroyal ten un apeadero de tren; isto pode supor a diferencia de tamaño entre loca-lidades pois a mellor comunicación a longa distancia permitiría máis actividades económicas e disporde máis servizos. Pode que sexa esta localidade a cabeza da comarca ou da parroquia. Esas zonasbaixas teñen ademais mellor acceso ás áreas máis fertis (solos zonais) e polo tanto con mellor agri-cultura. De todos os xeitos, áreas tan pouco poboadas, indícannos que probablemente estemosante unha zona orientada máis á gandeiría (precisa menos man de obra, pero é menos rentable naproducción de comida por hectárea).

    6- Análise de topónimos (nomes das vilas, accidentes xeográficos e lugares):a) Arroyal: Pois que é un sitio relacionado cunha corrente pequena de auga. b) Barruelo: Probablemente relacionado con un área na que se forma barro. Polo tanto un

    área de solo zonal na que se pode cultivar e que está na parte baixa do monte.c) San Andrés: Nos indica unha toponimia propia dun país cristiano.d) El Cabrito: Monte onde probablemente houbese gandaría lanar (ovellas/cabras).e) Carrasquilla: Tipo de encina que se da nas áreas secas das montañas. Probablemente

    estemos a falar dunha área do sistema Cantábrico que quede a sotavento (sur).

    A liña de alta tensiónpode indicar que temospreto un centro de pro-ducción de electricidade,neste caso, vendo a oro-grafía, pode ser unhacentral hidroeléctrica

    A distribución da poboación xunto ós cauces deauga é moi habitual. As partes baixas dos montesconcentran ás persoas porque o clima é mais be-nigno, hai máis auga e máis terras de cultivo.

    O simbolo de matorral earbolado indica un bos-que degradado. Pode serpolo home (para buscarpastos e terras de labor,madeira...) ou polos solos(azonais, moi inclina-dos)ou o clima. Parece oprimeiro caso.

    A chaira de preto de LasMazuelas está xunto a unrío e pode ser un terreode labor.

    O apeadero é unha esta-ción de FF.CC. pero naque non sempre se dete-ñen os trens. Son propiasde localidades pequenasque dan servizo a unhacomarca con poucaxente.