6
COMPOSICIÓN 2 Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto que teña por asunto central a vida política durante o reinado de Isabel II. Enfrontado desde os seus inicios á pretensión carlista (Doc. 1), os principais protagonistas do xogo político foron os progresistas (Doc. 2) e os moderados (Doc. 3), con claro predominio dos segundos. A aparición e desenvolvemento doutras forzas políticas opositoras ao réxime (Doc. 4) rematarían propiciando a caída da raíña por medio dun pronunciamento militar (Doc. 5), recurso frecuentemente utilizado para promover cambios de goberno. Lembra que non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes referirte a elas na túa redacción. Doc.l.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos, expón así algunhas das ideas do carlismo: “Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional (...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando deste xeito todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...). O liberalismo é puro absolutismo, porque se atribúe a si un poder que non lle vén de Deus, de quen prescinde, nin do pobo soberano, porque a este non se lle concede senón o van e ridículo dereito de depositar un billete nunha urna electoral”. Doc.2.-Preámbulo da Constitución de 1837: “Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución”. Doc.3.-Preámbulo da Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a presente viren e entenderen, sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”. Doc.4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do momento: “Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias. Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…). Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional. Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos nas súas publicacións, no canto do rei, un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”. Doc.5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto: “Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneración social e política”.

Composicion de texto 2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Correción de composición de texto

Citation preview

Page 1: Composicion de texto 2

COMPOSICIÓN 2

Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto que teña por asunto central a vida política durante o reinado

de Isabel II. Enfrontado desde os seus inicios á pretensión carlista (Doc. 1), os principais protagonistas do xogo político

foron os progresistas (Doc. 2) e os moderados (Doc. 3), con claro predominio dos segundos. A aparición e desenvolvemento

doutras forzas políticas opositoras ao réxime (Doc. 4) rematarían propiciando a caída da raíña por medio dun pronunciamento

militar (Doc. 5), recurso frecuentemente utilizado para promover cambios de goberno. Lembra que non se trata de elaborar un

tema á marxe das fontes propostas, polo que debes referirte a elas na túa redacción.

Doc.l.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos, expón así algunhas das ideas do carlismo:

“Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional

(...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando deste xeito

todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura

sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...). O liberalismo é puro absolutismo, porque se atribúe a si un

poder que non lle vén de Deus, de quen prescinde, nin do pobo soberano, porque a este non se lle concede senón o

van e ridículo dereito de depositar un billete nunha urna electoral”.

Doc.2.-Preámbulo da Constitución de 1837:

“Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a

dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a

seguinte Constitución”.

Doc.3.-Preámbulo da Constitución de 1845:

“Dona Isabel II, pola graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a

presente viren e entenderen, sabede:

Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades

actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os

tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de

1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do momento:

“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da

soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten

dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o

menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das

medias.

Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei,

segundo eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…).

Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da

liberdade individual e da soberanía nacional.

Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo

vemos nas súas publicacións, no canto do rei, un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou

máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o

sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos

traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

Doc.5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto:

“Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e

a Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno

provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os

alicerces da nosa rexeneración social e política”.

Page 2: Composicion de texto 2

Recorda os pasos que debes dar antes de redactar a túa composición

1-. LECTURA DOS DOCUMENTOS

• Lectura atenta dos documentos: busca no dicionario as palabras que non coñezas ou comprendas ben

• Anota ó lado de cada documento os asuntos que consideres importantes, que debes explicar na composición ou aqueles cos que debes relacionalos. Non é o esquema da composición, pos algúns asuntos se tocan en diferentes textos. Trátase dun rebumbuio de ideas que logo debes ordenar nun esquema antes de redactar

Doc.l.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos,

expón así algunhas das ideas do carlismo:

“Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional (...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando deste xeito todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...). O liberalismo é puro absolutismo, porque se atribúe a si un poder que non lle vén de Deus, de quen prescinde, nin do pobo soberano, porque a este non se lle concede senón o van e ridículo dereito de depositar un billete nunha urna electoral”.

� Explicar carlismo=absolutismo

� Explicar orixe do conflicto carlista: Guerra Carlista

� Destacar a importancia que tivo para a imposición liberalismo en España: obrigou a rexenta Mª Cristina a buscar o apoio dos liberais e aceptar reformas

Doc.2.-Preámbulo da Constitución de 1837:

“Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución”.

� Reformas realizadas polos progresistas: constitución, abolición réxime señorial (citar), desamortización (citar)=triunfo liberalismo

� Explicar ideario progresista � Constitución 37: elementos progresistas e moderados. Busca consenso de

todos os liberais para derrotar ó carlismo

Page 3: Composicion de texto 2

Doc.3.-Preámbulo da Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a presente viren e entenderen, sabede:

Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

� Os moderados no poder: pronunciamento Narvaez � Ideario político dos moderados: a const do 45 responde perfectamente a esas

ideas: explicar � Outras reformas realizadas polos moderados no poder

Doc.4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis

importantes tendencias políticas do momento:

“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias.

Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…).

Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional.

Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos nas súas publicacións, no canto do rei, un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

� Diferencias entre moderados, progresistas e demócratas

� Indicar o peso real de cada grupo na españa Isabelina: predominio moderado

Page 4: Composicion de texto 2

(1837.1840, 1844-1854. 1856-1868), importancia das reformas dos progresistas (const 37, desamostización, abolición réxime señorial) e o escaso pesop dos demócratas (algo máis na estapa final do reinado, como oposición)

Doc.5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse

en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto:

“Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneración social e política”.

� Aproveitar o texto para explicar a importancia dos pronunciamentos militares e por que todos (progresistas, moderados, demócratas)recurren a eles. Poñer exemplos (Motín Sarxentos, 43, 54, etc)

� Como se chega a isto?b Explicar crise monarquía � Cise económica � Desprestixio raiña � Crecemento oposición: Pacto de Ostende

2-. ORGANIZACIÓN

• Define cunha frase o tema ou asunto principal da composición. • Elabora un esquema do que vas a expoñer: • Debe recoller os asuntos que anotaches nos textos durante a lectura • Ordena os diferentes apartados que vas a desenvolver durante a

exposición. Podes seguir a orde dos documentos (é o mais habitual nun principio) ou modificala

Asuntos principais

• Explicar as diferentes ideoloxías e grupos protagonistas da vida política durante o reinado de Isabel II: carlistas, liberais progresistas, liberais moderados, demócratas e republicanos • Explicar ben as súas ideas e principais diferencias entre eles (especialmente entre as

diferentes tendencias do liberalismo). • Indicar as etapas (cronoloxía) de predominio de cada un deles, os seus principais

logros políticos destacando o predominio dos moderados (cosntitución 1845, etc) pero tamén as importantes aportacións dos progresistas ó establecemento do réxime liberal (desamortización, constitución de 1837, derrota do carlismo)

• Explicar o papel do exército (os líderes polítcos na etapa son case sempre militares) e os pronunciamentos. Destacar que case todos os cambios políticos se inician cun pronunciamento, explicar por que moderados e demócratas deben recurrir os militares.

• Explicar a crise da monarquía e a caída de Isabel II

Page 5: Composicion de texto 2

ESQUEMA DA COMPOSICIÓN

• Introducción: indicar os princiapis asuntos que vas a tratar na composición

• Conflicto entre absolutismo e liberalismo: a Guerra Carlista (ref doc 1)

• Orixe do conflicto carlista (breve) • Carlismo=absolutismo (ref doc 1) • Destacar a importancia do conflicto no establecemento do réxime liberal: a

monarquía vese forzada a buscar o apoio do liberais para derrotar ó carlismo e a aceptar reformas.

• Liberais progresistas moderados e demócratas. (teñen que quedar claras as diferencias entre estes grupos, cando teñen o

poder e que fixeron. Ver o cadro que fixemos en clase)

• Progresistas (referencia docs 2 e 4) • Propostas ideolóxicas • Etapas de goberno • Principais aportacións: constitución 1837 (doc 2), desamortizacións e en

gran medida derrota del carlismo. Non é necesario explicar con detalle a constitución nin a desamortización. (breve)

• Moderados • Propostas ideolóxicas (ref doc 3 e 4) • Etapas de goberno: Destacar predominio moderado • Principais aportacións: constitución 1845 (doc 4), Concordato, creación

garda Civil, etc. • Demócratas (ref doc 4)

• Propostas ideolóxicas • Detacar a súa escasa influencia ata finais do reinado. Será maior na etapa

do Sexenio (Podes tamen comparar primeiro as propostas ideolóxicas de progresistas, moderados e demócratas, como no cadro, e despois explicar as etapas nas que gobernan e o que fan)

• Os pronunciamentos e o protagonismo militar (exemplo doc 5). Explica por que o protagonismo dos militares e os pronunciamentos. • Principais líderes políticos son militares: nomes • Moderados recurren ó exército para manterse no poder.

• Reprimir revoltas de clases medias e clases populares • Recuperara o poder fronte a progresistas

• Progresistas recurren a él para tomar o poder: pronunciamentos (exemplos) • Non poden chegar ó poder por medios “legais” pois o sugraxio e moi

censatario e manipuladoe non contan co apoio da raiña • A súa intervención determina os cambios políticos (exemplos)

Page 6: Composicion de texto 2

• A crise da monarquía (ref doc 5) • Gobernos máis conservadores, ineficaces e inestables.

• Limitación das liberdades, do sufraxio, etc • Ineficacia ante a crise económica

• Crise económica • Afecta a clases medias e sobre todo á clases populares urbanas e rurais • Aumento da conflictividade social • Recurso á represión para controlar á oposición política e as protestas

populares provoca máis oposición e malestar • Desprestixio da raiña

• Vida privada pouco “exemplar” • Apoio constante ós sectores máis conservadores dops moderado fan que

sexa rexeitada polos demais grupos polñiticos • Crece a oposición ó sistema e a monarquía entre clases medias e populares

pola, falta de participación política, crise económica, ineficacia dos gobernos, represión, desprestixio da monarquía

• Pacto de Ostende: progresistas e demócratas • Expulsión dos Borbóns • Cortes Constituíntes elexidas por sufraxio Universal • Liberdade de prensa, reunión e asociación, etc

• Revolución gloriosa (ref doc 5)

• Conclusións

• Triunfo liberalismo fronte ó absolutismo • Conflicto entre tendencias do liberalismo • Predominio moderado. Oligarquía • Protagonismo militar: pronunciamentos.