26
CONTOS CASE POPULARES EN COLABORACIÓN COS PAIS E NAIS, AVÓS E AVOAS DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP A. CASAS NOVOA A SIONLLA SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2010

Contos case populares

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contos recollidos en colaboración cos pais/nais, avós e avoas

Citation preview

Page 1: Contos case populares

CONTOS CASEPOPULARES

EN COLABORACIÓN COS PAIS E NAIS, AVÓS E AVOAS DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

CEIP A. CASAS NOVOAA SIONLLA

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2010

Page 2: Contos case populares

ILUSTACIÓNS FEITAS POLOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN

INFANTIL

MAQUETACIÓN FEITA POR ROSA RAVIÑA

Page 3: Contos case populares

TÍTULO: A FALSA APARIENCIARECOLLIDO:POR UXÍA SEOANE FUENTES DE 3 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ

A FALSA APARIENCIA

Un día a avoíña encargou a Adela que fose ó monte a buscar setas para comer. Adela encontrou unhas setas moi bonitas, grandes e de fermosas cores e encheu o cestiño con elas.

-Mira avoíña- dixo ao chegar á casa- trouxen as máis fermosas setas pois había outras máis enrugadas e deixeinas.

-Filliña- dixo a súa avoíña- as enrugadas son as que sempre recollo eu para comer pois as aparencias moitas veces nos engana e as máis bonitas son as que teñen veleno e non se poden comer, si as comemos podemos enfermar.

Adela, comprendeu entón que non se pode guiar tan só polo bonito das cousas, pois ás veces ocultan un mal descoñecido.

Page 4: Contos case populares

TÍTULO: O GATO POR VER A GATARECOLLIDO: POR JACOBO GIADÁNS GACIO DE 3 ANOS.CONTADO: POR CARMEN CARRILLO CELA.

O GATO POR VER A GATA

O gato por ver a gata, caeu do tellado embaixo, rompeu sete costelas maila punta do rabo.Foron chamar ao escribano para facer o testamento de canto tiña roubado, cen arrobas de touciño, outras tantas de pescado cen voltas de lenguaniza “EL TESTAMENTO FIRMADO”.

Page 5: Contos case populares

TÍTULO: O RELOXO DE CUCORECOLLIDO: EN BUSTO POR IRIA MATO PORTOS DE 3 ANOS.CONTADO: POLO SEU PAPÁ.

O RELOXO DE CUCO

Cuco, cucoderon ás dúas.Cuco, cucono meu bo reloxo.

Hai un paxariñodentro do reloxonon come nin bebee nunca voou.

E a todas horassen interrupciónpola ventaíñalanza a súa canción.

¡CU-CU! ¡CU-CU!

Page 6: Contos case populares

TÍTULO: O MILAGRE DA ROZAVELLARECOLLIDO: EN AMIL, MORAÑA POR ALBA MARTÍNEZ GAMALLO DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ.

O MILAGRE DA ROZAVELLA

Na provincia de Pontevedra, na aldea de Amil vivía fai moitos anos un arrieiro chamado Sebastián de Castro que levaba viño a Ourense coas súas mulas.

Un ano houbo un verán moi seco e as mulas morrían coa sede, entón Sebastián decidiu invocar a Virxe dos milagres:

“Miña Virxe, se fas nacer auga fágoche unha capela.”

De seguido púxose a cavar e brotou tanta auga que alí fixeron unha fonte e un muíño. Sebastián cumpriu a súa promesa, trouxo unha imaxe da Virxe de Ourense e mandou facer unha capela.

E esta é a historia da capela da Virxe dos Milagres de Amil.“Miña Virxe dos Milagresque fas milagres na terra

fixeches nacer a augana fonte de Rozavella.”

Page 7: Contos case populares

TÍTULO: UNHA VELLA FACENDO PAPASRECOLLIDO: EN BARRAL POR BRAIS NEIRA FERRO DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ EVA.

UNHA VELLA FACENDO PAPAS

Había unha aldea, cerca do colexio da Sionlla, na que vivían un nenos coas súas familias.Mentres que non chegaba o verán, os nenos ían á escola, os pais aos seus traballos e as nais e avós atendían as faenas do fogar.

Cando remataban as clases e daban as vacacións do verán, os nenos durante ó día axudaban nas tarefas do fogar e das leiras, ata a beira da noite.

Daquela non había videoconsolas, nin ordenadores e na televisión non había moito que ver para os nenos. Entón xuntábanse todos os nenos e nenas da aldea para xogar a moitos xogos. Un día os nenos estaban xogando ás agachadas, cando de súpeto viron que no medio dunha silveira había unha luz pequerrechiña que non sabían o que podía ser. Entón decidiron ir preguntárllelo aos maiores da casa. A avoa díxolles que era ¡unha vella facendo papas!

Os nenos pensaron que si era unha vella facendo papas sería a avoa dalgúns duendeciños ananiños que lles estaba a facer a cea.E pasaron os anos e, a curiosidade dos nenos foi en aumento.Un día de verán, cando viron a outra vella facendo papas decidiron ir a collela para vela de cerca, e poder saber como era esa avoa ananiña.A sorpresa foi boa, xa que dita avoíña era unha ¡luciérnaga!, era como un vermiño e, alumeáballe o cuíño na escuridade. Eso era o que as avoas dos nenos lles chamaban ¡UNHA VELLA FACENDO PAPAS”.

Page 8: Contos case populares

TÍTULO: AS AVENTURAS DO MEU PAIRECOLLIDO: EN MARANTES POR ÁLVARO VIQUEIRA VIDAL DE 4 ANOS.CONTADO: POLO SEU PAI.

AS AVENTURAS DO MEU PAI

De todos os contos que me contaron sempre os que máis me gustan son os do meu pai que todos os días antes de durmir recorda historias de cando el ía á escola, de cando xogaba cos velliños, de cando se pelexaba cos seus irmáns, de cando rompera a perna coa roda do tractor, de cando seu pai fóra a Inglaterra á voda do tío José… de cando ía as troitas e caera no río.

Un dos que máis me gusta e o seguinte:

“Estaban xogando “aos pistoleros” meu pai, Manolo do Pouleiro, Chucho de Xacobe e Juan de Liste. Todos tiñan pistolas e escopetas de xoguete salvo Chucho que tiña unha de balíns. Calquera escondite era bo, detrás do lavadoiro, dentro dos hórreos, detrás dunha árbore. Pasárono moi ben a maior parte da tarde pero cara a noitiña Chucho disparoulle un balín a Manolo do Pouleiro no nariz e tivemos que ir avisar ao seu pai para que o levase ó hospital para sacarlle o balín do narís.

A min gústanme moito os seus contos, máis que os dos libros e el tamén o pasa ben porque rise moitísimo cando os conta.

Page 9: Contos case populares

TÍTULO: “QUE SIGA O ENTERRO”RECOLLIDO: POR GUILLERMO DEL RÍO GÓMEZ DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA BISAVOA.

QUE SIGA O ENTERRO

Era unha muller moi folgazana e non quería traballar polo que pasaba fame e daba pena vela polo fraca que estaba.Un día os veciños foron onde ela e dixéronlle:-“Como ti calquera día morres de pé e nós andamos atarefados co traballo levámoste o cemiterio e así xa queda o traballo feito”.

O día do enterro pasou o cortexo fúnebre por diante dunha casa de onde saíu unha muller caritativa que lle dixo:-“Non a enterredes que lle dou unha fanega de pan”.Nesto levantou a cabeza a vella folgazana e preguntoulle:-“O pan é cru ou cocido?Cando lle respondeu que cru ela dixo:-“Pois que siga o enterro”

Page 10: Contos case populares

TÍTULO: “O CASAMENTO DA PULGA E O PIOLLO”RECOLLIDO: EN SIGÜEIRO POR JOSÉ BALSA IGLESIAS DE 4 ANOS.CONTADO: POLO AVÓ ENRIQUE.

O CASAMENTO DA PULGA E O PIOLLO

O piollo e a pulga querían casarnon tiñan panciño para empezar.

Saíu a formiga, do seu formigueiro-Eu fago o panciño que son panadeira.

-¡Ai miña vidiña panciño xa temosfaltan os manteis ¿onde os buscaremos?

Saíu a araña da súa arañeira.-Eu fago os manteis que son tecedeira.

-¡Ai miña vidiña manteis xa temosfáltanos a carne ¿onde a buscaremos?

Saíu o lobo da súa lobeira.-Eu traio a carne que son carniceiro.

-¡Ai miña vidiña carne xa temosfalta o viño ¿onde o buscaremos?

Saíu o mosquito do seu escondite.-Eu traio o viño que son taberneiro.

-¡Ai miña vidiña viñiño xa temosfáltanos padriño ¿onde o buscaremos?

Page 11: Contos case populares

Saíu o rato do seu buratiño.- Mirade que guapo –eu serei o padriño.

-¡Ai miña vidiña padriño xa temos.fáltanos madriña ¿onde a buscaremos?

Saíu a ra da súa pociña.-Eu son moi fermosa serei a madriña.

¡Ai miña vidiña madriña xa temosfáltanos danzante ¿onde o buscaremos?

Saíu o sapo todo elegante.-Eu son moi lixeiro serei danzante.

¡Ai miña vidiña danzante xa temosfáltanos gaiteiro ¿onde o buscaremos?

Saíu o grilo do seu grileiro.-Por eso non quede que eu son gaiteiro.

Estando na festa con tanto ruídosaltou o gato e comeu o padriño.

Colorín colorado este conto terminou.

Page 12: Contos case populares

TÍTULO: COMO SE FAI O ARCO DA VELLA.RECOLLIDO: POR LORENA VIQUEIRA MORIGOSA DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ E O SEU PAI.

COMO SE FAI O ARCO DA VELLA

Érase unha vez en que as cores do mundo empezaron a pelexar. Todas discutían que cada unha era mellor, a máis importante e a favorita.O verde dixo: -Eu son a máis importante, son a cor das fragas, dos prados sin min os animais morrerían.O azul interrompeu: - Só pensades na terra, pensastes nos ceos e no mar? A auga é a base da vida e o ceo da paz, sen paz non seriades nada.O amarelo riuse: -Vós sodes tan serios! Eu traio a risa, a ledicia e o calor ó mundo. O sol, a lúa, e as estrelas son amarelas, sen min non hai diversión!O laranxa tocando a súa trompeta dixo:-Eu son a cor da saúde e da fortaleza, levo as vitaminas máis importantes para a vida humana. Ó solpor o vermello non podía aguantar máis tempo e berrou:- “Eu son o que mando en todos! Son o sangue da vida! A valentía o lume, son a cor da pasión de do amor.O púrpura ergueuse, era moi alto e falou con moita pompa.- “Son a cor da natureza, do poder. Os reis, xefes e bispos escolléronme sempre a min. Represento a autoridade e a sabedoría. E así as cores seguiron rifando convencidas da súa superioridade. Facían tanto ruído que de súpeto estalou un lóstrego e un trono. Empezou a chover moi forte, as cores abrazábanse unhas a outras con medo.Entón a choiva díxolles:

Page 13: Contos case populares

-Sodes parvas! ¡Por que vos pelexades? ¿Non sabedes que cada unha é diferente, única e especial? Agarrádevos das mans, dende agora en diante cando chova todas xuntas faredes un gran arco de cores para lembrarnos que podemos ser amiguiñas e vivir en paz.

Page 14: Contos case populares

TÍTULO: A LENDA DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.RECOLLIDO: EN O SON POR ALBA NEREA BARREIRO DE 4 ANOSCONTADO: POLA SÚA AVOA

A LENDA DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

Conta a lenda que un bo día cando Cristo e San Pedro andaban polo mundo pasaron por un lugar chamado San Andrés de Teixido e atoparon a San Andrés dentro dunha mazá que comía San Pedro (o apóstolo). Queixábase de que a xente só lle tiña devoción a Santiago. Pero Cristo consolouno dicíndolle: ”Non te preocupes Andrés, pois aquel que non veña de vivo unha vez ha de vir de morto tres.” Dende entón San Andrés acolle a única romaría de ultra tumba que existe no mundo e para colmo tres veces.Xunto a beira do camiño hai montículos de pedras que cada romeiro que pasa por alí vai aumentando tirando unha pedra, despois de visitar ó Santo hai que baixar ata a fonte e botar migas de pan, se flotan a promesa pedida ao Santo cumprírase.

Page 15: Contos case populares

TÍTULO: MARÍA Y LA ARDILLA. RECOLLIDO: POR MARÍA PAMPÍN RAÑA DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ.

MARÍA Y LA ARDILLA

Una mañana de otoño María y sus papás decidieron ir al bosque a coger setas. María salió del coche y comenzó a corretear cuando de repente oyó un ruido que venía de un montón de hojas que había debajo de un gran árbol. Fue acercándose hacia allí despacito y según se aproximaba el ruido se hacía más grande. Un poco temerosa de lo que se podía encontrar llamó a su padre.

-Papi! Ven! No sé que hay debajo de estas hojas, pero hace mucho ruido.

Su padre se acercó, separó las hojas y vieron que asomaban unos redondos y asustados ojos. Siguieron sacando hojas cuando de pronto vieron que aquellos ojos eran de una ardilla pequeñita que tenía una herida en su patita trasera. María pidió a sus papás que recogieran a la ardillita y la llevaran para cuidarla. Sus papás aceptaron y así fue como se llevaron a la ardillita para su casa.María cuidaba muy bien de Ardillita, que así la llamaba. Jugaba con ella, le daba de beber y de comer todo lo que a Ardillita le gustaba: nueces, avellanas, almendras… Las dos parecían contentas. Pasaron los días y Ardillita ya estaba bien de su herida, pero parecía que estaba un poco triste. María lo notaba y eso no le gustaba y le preguntó:-¿Qué te pasa Ardillita? ¿Estás triste por algo?Ardillita bajó la cabeza y no contestó. Una noche mientras María estaba durmiendo Ardillita fue hasta su cama y allí le contó lo que le pasaba:-María fuiste muy buena conmigo, lo pasamos muy bien, me cuidaste pero yo necesito ir para mi casa con los míos. Echo de menos el bosque y poder trepar y saltar por los árboles. Aquí vivo muy bien contigo pero necesito libertad.María se despertó a la mañana siguiente y le dijo a su madre con voz avergonzada:-Mami, el sábado quiero ir al bosque y dejar a Ardillita en su casa. Creo que lo necesita.Al sábado siguiente se fueron al bosque y allí soltaron a Ardillita que enseguida trepó por un árbol y desde una rama miró a María y le guiñó un ojo en señal de agradecimiento.María, algo triste por haber quedado sin su amiga, subió al coche en donde su padre, al verla así dijo:-Llamaremos a tus primos y nos vamos todos juntos a merendar.María enseguida se fue poniendo contenta porque en el fondo sabía que Ardillita también lo estaba.

Page 16: Contos case populares

TÍTULO: LA CAZADORA DE LA SUERTERECOLLIDO: EN LOBRA POR JOSÉ MARÍA MONTERO DE 4 ANOS.CONTADO: POLA SÚA NAI.

LA CAZADORA DE LA SUERTE

Érase una vez un niño llamado José Mª. Un buen día llegó un paquete de su prima Bea. -¡Mamá, mamá! ¿Puedo abrirlo?-¡Claro que si!-le dijo su mamá. El paquete era una super cazadora roja.-Mamá, ¡el color rojo es mi preferido y desde hoy será mi cazadora de la suerte!

José se ponía la cazadora todos los días, la ponía para jugar, para comer y hasta para dormir. Todo el mundo le decía “que suerte, que cazadora más chula” José contestaba “Sí, ¡es mi cazadora de la suerte!

En el cole la profe le dijo a los niños:-Mañana vamos a tener un examen, así que estudiar un poco en casa. José nada más llegar a casa se puso a estudiar y le dijo a su mamá:-Voy a sacar buena nota en el examen porque mi cazadora de la suerte me va a ayudar!Al día siguiente José se tenía que marchar al colegio pero no encontraba la cazadora y se echo a llorar.-Mamá no encuentro mi cazadora roja de la suerte, entonces todo me va a salir mal.Su mamá le dijo:-Pero José, ayer estudiaste mucho, no te preocupes que todo va a salir bien.

En el examen José estaba nervioso pero como sabía las respuestas no tuvo problemas. Al terminar la profe lo felicitó por el examen.Al llegar a casa, su madre le estaba esperando y José muy contento le dijo:-Mamá, me salió muy bien el examen.-Que bien- dijo su mama- tengo algo para ti.-¿Qué es?-¡Es tu cazadora roja!-Que bien- contestó José- al final hoy si que es mi día de la suerte

FIN

Page 17: Contos case populares

TÍTULO: AS COMADRESRECOLLIDO: EN MARANTES POR ANXO VARELA REY DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA AVOA

AS COMADRES

Eran dúas irmáns e unha foille de madriña a un fillo da outra e logo eran comadres. A comadre gustáballe moito o queixo. A irmán foi a feira e comprou un queixo, o máis grande. Díxolle a filla: -Vai xunto a túa madriña e dille que cando poida veña aquí.-Pois xa vou agora.-Madriña, dixo a miña nai que viñeras a xunto dela cando poidas.-Pois xa vou agora.Entonces cando chegaron a comadre púxolle o queixo (gustáballe moito). Entonces a outra díxolle:-Non o comas todo que che pode facer mal.-A min nunca me fixo mal.-Non o comas todo que custou 20 pesos.Ela contestou: -Pero a min no me custou nada.E a sobra se sobra.

Page 18: Contos case populares

TÍTULO: AGORA SI QUE TE COLLÍNRECOLLIDO: NA ESTRADA POR IVÁN VIQUEIRA VIDAL DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA TÍA

AGORA SI QUE TE COLLÍN

Había unha vez un neno tan listo, tan listo que sabía o catecismo do dereito e do revés. Tan ben o sabía que lle dixo ao cura que non tiña por onde collelo.Un día o cura empezou a preguntarlle polo máis difícil pero o rapaz non fallaba unha. Seguiulle preguntando e por fin unha vez fallou.Entonces o rapaz avergoñado pensou cómo facer para pillar ao cura. Por fin ocorréuselle preguntarlle-Señor cura, Deus está no forno de meu pai?-Home, ti non sabes que Deus está en todas partes!-Agora si que tamén o collín eu porque o meu pai non ten forno.

Page 19: Contos case populares

TÍTULO: A LEITEIRARECOLLIDO: POR YAGO GAREA CIDRE DE 5 ANOS.CONTADO: POLO SEU PAPÁ

A LEITEIRA

Érase unha leiteira que levaba o leite ó mercado e ía pensando que mercaría cos cartos do leite.Tropezou, caeu o leite. Xa non puido mercar nada.

“NON SE PODEN FACER CASTELOS NO AIRE”.

TÍTULO: UN CENTO DE MOSCASRECOLLIDO: POR NICOLÁS GAREA CIDRE DE 5 ANOS.CONTADO: POLO SEU PAPÁ.

UN CENTO DE MOSCAS

Un cento de moscas viron un panal de mel e foron comelo e por golosas quedaron atrapadas.

Page 20: Contos case populares

TÍTULO: UNHA PULGA E UN RATORECOLLIDO: EN BUSTO POR SARA MATO PORTOS DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA MAMÁ

UNHA PULGA E UN RATO

Unha pulga, un rato e un escaravello branco, puxéronse a xogar á porta dun estanco.O rato como era listo, meteuse no estanco para roubar uns puros e unha caixa de tabaco. Pronto saíu a dona do estanco cunha escoba na man; que te collo, que te pillo, deixouno feito un estropallo.

Page 21: Contos case populares

TÍTULO: O GATO SERAFÍNRECOLLIDO: EN PASTOR POR BRAIS IGLESIAS MOSQUERA DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA AVOA JUANI

O GATO SERAFÍN

Eu tiña un gato branco, louro, pequeniño, co rabo así de gordo.Case sempre durmía enroscado nun sillón, e ó miralo dende lonxe parecía un “almohadón”.Veu un día de visita unha amiga de mamá, tan curtísima de vista que non vía ata alá. Era gorda, gorda coma un balón, e os seus brazos, ¡oh Deus Meu! Parecían salchichón.Entrou na sala de visita coas lentes sen poñer, e no sillón do meu gato alí se deixou caer.Deixouno coma unha torta, por diante e por detrás. Tan pequerrechín, tan monín. ¡Dichosa vella gorda!¡Ai, meu Serafín!

Page 22: Contos case populares

TÍTULO: RAÚL Y EL CABALLORECOLLIDO: POR JAVIER RODRÍGUEZ FUENTES DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA IRMÁ

RAÚL Y EL CABALLO

Érase una vez un niño que era mago. Se llamaba Raúl. Le gustaba hacer hechizos y curaba a los animales. Un día llamó a su choza en el bosque un caballo negro pidiendo su ayuda. -“Por favor, mi hija pequeña María está atrapada en un cepo en el bosque. ¿Puedes ayudarme?Raúl dijo: ¡Claro, llévame con ella rápido!Fueron corriendo a buscar a María, Cuando llegaron María estaba llorando y tenía una herida en la pata. Raúl le dio una pócima, la curó justo antes de que llegaran los cazadores. El caballo muy contento de que Raúl salvara a su hija le dio las gracias y desde aquel día fueron siempre amigos.

FIN

Page 23: Contos case populares

TÍTULO: OS SETE CABRITIÑOS E O LOBO.RECOLLIDO: POR MANUEL IGLESIAS COUSELO DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA IRMÁ TANIA

OS SETE CABRITIÑOS E O LOBO

Había unha vez unha cabra que tiña 7 cabritiños. A nai cabra díxolle aos cabritiños que non abriran a porta ao lobo. Mamá cabra marchou á compra e despois dun rato chegou o lobo e petou na porta. -“Pum, pum”.-Quen é?-Son a vosa nai.-Que voz tan ronca! –contestaron os cabritiños.-Vaite, vaite, lobo.O lobo foi correndo á farmacia por pastillas para a voz e volveu á casa dos cabritiños e petou na porta.-“Pum, pum”.-Quen é? –preguntaron os cabritiños-Son a vosa nai-Bota a pata por debaixo da porta! -………-Non, eres o lobo, fóra, fóra.O lobo foi a panadería a meter as patas en fariña e foi outra vez á casa dos cabritiños. Os cabritiños mandáronlle meter a pata por debaixo da porta e como era branca, abríronlle a porta. O lobo comeu seis cabritiños pero quedou un, o máis pequeniño. Cando chegou a súa nai contoulle todo chorando. A nai foi en busca do lobo, encontrouno cerca do río. Abriulle a barriga, quitoulle os cabritiños, meteulle pedras na barriga e coseuna. Cando o lobo foi beber caeu e afogou.

FIN

Page 24: Contos case populares

TÍTULO: CAPERUCHIÑA VERMELLARECOLLIDO: POR ÓSCAR IGLESIAS COUSELO DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA IRMÁ TANIA

CAPERUCHIÑA VERMELLA

Había unha vez unha nena chamada Caperuchiña Vermella. Caperuchiña Vermella ía visitar a súa avoa e leváballe unha cesta con mel, manteca e galletas. A nai de Caperuchiña avisouna que tivera coidado co lobo. Caperuchiña foi ó bosque onde estaba a casa da avoa e atopouse co lobo.-Para onde vas Caperuchiña? –preguntoulle o lobo.-Vou á casa da miña avoíña a visitala.O lobo colleu un atallo para ir a casa da avoa. O lobo tocoulle a porta á avoa e fíxose pasar pola avoa da nena. Meteu a avoa nun armario. Despois chegou a nena e tocou na porta. A nena preguntoulle:-Avoíña, que ollos máis grandes tes?-Son para verte mellor.- Avoíña, que nariz máis grande tes?-É para ulirte mellor.-Avoíña, que boca máis grande tes?-É … para comerte mellor.O lobo tirouse enriba da nena e comeuna. Un cazador pasou polo bosque e viu ao lobo, matouno e sacou a nena da barriga do lobo.

Page 25: Contos case populares

TÍTULO: OS TRES PORCOS E MAIS O LOBORECOLLIDO: EN BUSTO EN 1980 POR AIDA OTERO MUJICO DE 5 ANOS.CONTADO: POLA SÚA AVOA E O SEU AVÓ.

OS TRES PORCOS E MAIS O LOBO

Había unha vez 3 porquiños que estaban cansos de que a súa nai lle mandara facer as cousas da casa xa que ela ía traballar ao campo co seu pai. Un día cando volveu á casa atopouse con que os seus fillos ían marchar e púxose moi, moi triste. Falou con eles pero non foi quen de convencelos e os tres porquiños botaron a andar.

Andiveron e andiveron ata que atoparon un lugar moi bonito, cheo de moita comida. O porquiño máis vello parouse e díxolles aos seus irmáns que ese era o sitio para facer as súas casas. O porquiño maior era moi lacaceiro e dixo que faría a casa de palla, que sería máis quente; o do medio faría de madeira que era máis bonita e o máis pequeno que era moi traballador e precavido dixo que a faría de ladrillo e cemento, que tardaría moito pero esa si sería unha casa segura.

Entón os 3 porquiños empezaron cadanseu a súa casa e cando remataron como xa era moi tarde e estaban cansados decidiron ir durmir. Pero entón algo co que non contaban sucedeu. Apareceu o lobo, que se facía pasar por seu amigo pero o que el quería era comelos xa que facía moito tempo que non comía. O lobo petou e petou na casa do primeiro porquiño e o ver que non abría soprou e a casa caeu. O porco fuxiu para a casa do seu irmán pero ata alí tamén chegou o lobo. Soprou e a casa tamén caeu. Os dous porquiños fuxiron a casa do seu irmán máis pequeno. O lobo ata alí tamén chegou e petou na porta pero os tres porquiños, que estaban cheos de medo, contestáronlle que non lle ían abrir porque se lles abría íaos comer. O lobo díxolles que ía soprar e soprar e a súa casa tamén caería. O lobo comezou a soprar, soprar pero ao ver que non caía colleu unha escaleira e subiu ao tellado e dende alí entrar pola cheminea. O porco máis vello puxo debaixo da cheminea unha pota que tiña auga fervendo así que cando chegara abaixo queimaríase. E así foi, o lobo tirouse e cae na auga fervendo. O lobo botou un berro de tanta dor e saíu correndo da casa.

Din por aí os máis vellos e xa pasaron moitos anos que ninguén volveu ver por aí a ningún lobo.

Page 26: Contos case populares

GRAZAS POLOS VOSOS CONTOS!!!

Por favor, CÓNTAME UN CONTO TÓDOLOS

DIAS!!!