15
La Corte 2008

CORTE 2008

Embed Size (px)

DESCRIPTION

XOGOS FLORAIS 2008 - CORTE

Citation preview

Page 1: CORTE 2008

La Corte 2008

Page 2: CORTE 2008

CABALEIRO 1: JUAN DAVID GUTIÉRREZ CABIATIVA

En Bogotá, Colombia, no ano mil novecentos noventa, naceu Juan david quen ante nós aquí chega. Dez aniños tiña o mozo cando entrou no noso cole, xa pasaron sete daquela, ¡o tempo lento non corre! Hoxe, con dezaoito cumpridos parece un home feito xa, disposto e con gañas de saír ó mundo a loitar. Agora, Juan david, non o esquezas, tes que ser forte e tenaz, pois a vida esixe, pide, demanda, obriga impón e reclama... E así estudes Fisioterapia ou Periodismo Gráfico, terás que pelexar duro e xamais perder o bo ánimo. Sentímonos ledos pois levas bos recordos. É un orgullo saber que nos lembrarás con gozo, mais ti tamén doces pegadas deixas do teu paso por este centro, iso é unha proba máis do tesouro que levas dentro: Calado, si, mais sincero, galante, alegre, cordial, educado e positivo, amigo Juan David, foi un pracer convivir contigo. ¡Oxalá chame á túa porta o éxito merecido!.

Page 3: CORTE 2008

DAMA 1: ELENA VÁZQUEZ GARCÍA Na capital de España, Naceu ELENA; ¡Fai dezasete anos! Xa non é ningunha nena... Con catro anos a este colexio chegaba, mais xa pasaron catorce... e a piscina non lograba. Así é, como volo conto, a rapaza sempre soñou con ter piscina no choio... Non marches triste, Elena, non sufras máis por iso, se estudas Arquitectura encargarémosche o proxecto. Ler, bailar, saír cos amigos e ir á praia a se tostar son os gustos preferidos desta rapaza singular. Tenaz, traballadora, responsable e sinceira descreben as calidades dun alma verdadeira. Todos os rasgos conforman unha persoa de peso, mais o que pesa de certo non serán so os cartos senon o que levamos dentro. Enche a mochila da vida de saber, de coñecemento, e non esquezas tamén o que vale o sentimento... Pois o camiño futuro quizá non sexa doado, mais loitando con paixón disfrutarás do esperado.

Page 4: CORTE 2008

CABALEIRO 2: ADRIÁN GONZÁLEZ SILVA Fai media ducia de anos chegou un neno chamado ADRIÁN. Do colexio ALBINO NÚÑEZ veu aquí este rapaz. Da man de Santiago e Herminia, os seus pais así se chaman, entrou este neno ó cole para unha clase de Secundaria. Seis anos pasaron xa e con dezaoito aqui o temos feito un home, parece, se non engana o que aquí vemos. Simpático, traballador, comprometido, educado e tradicional fan do noso ADRIÁN un rapaz para admirar. Ademáis é sensible e extrovertido, por iso é de trato sinxelo e ten moitos e bos amigos. Gústalle moito o fútbol, a música e os coches, mais o que lle gusta máis do cole, ademáis dos compañeiros, non son as horas de estudo de Filosofía ou Matemáticas, o di el mesmo: ¡son as rapazas! O tempo do cole xa ten rematado, e fagas INEF ou MECANIZADO, non esquezas, ADRIÁN, que o que de verdade importa é o traballo que tés realizado. Querémosche dar un consello, escóitao ben pois non é palla: “se queres acadar a túa meta ponlle ilusión e gañas, camiña con paso firme e con paixón traballa”.

Page 5: CORTE 2008

DAMA 2: BEATRIZ GÓMEZ CID Os teus pais, BEATRIZ, orgullosos ten que estar de ter unha filla que feita unha muller xa está. Os anos voando pasan, non deixan de traballar, os fillos fanse maiores sen permiso demandar, e cando conta diso nos damos tócalles xa marchar... Médica, Enfermeira, Química ou Mestra de Infantil... Tanto tén o que escollas o importante é ser feliz, e non perder o sorriso a pesares das pedriñas e das costas que atopes no teu camiño. Xogar ó cesto, ir ó cine e saír cos seus amigos non o cambia BEATRIZ nin por un diamante puído. Pois isto é o que a ela lle gusta máis que nada, e sabe que ás persoas queridas valen unha millonada. Colle o bo da vida, Bea, e tira para diante sen medo con traballo e tesón chegarás á meta no seu momento. O teu paso polo colexio xa rematou, amiguiña, agora tempo xa é de dar un xiro á túa vida. Mais non esquezas nunca tantos momentos vividos nestes longos trece anos e lémbraos cun sorriso. As túas pegadas quedan nas aulas do teu colexio, agardamos que, cando queiras, algún día veñas vernos.

Page 6: CORTE 2008

CABALEIRO 3: DANIEL FERNÁNDEZ RAMOS

Fai dezaoito anos naceu, de Manuela e de José, un neno san e fermoso, puxéronlle de nome: DANIEL. E con catro aniños chegou a este colexio “cuartel” Sabemos que non che agrada un excesivo control, mais é feito, de verdade, sen malas intencións. A pesares desta chapeletada queres un pouco ó cole, ¿eh, Daniel? inda que sexa polos catorce anos que levas metido nel Bromista, simpático, bo compañeiro, responsable e un pouquiño charlatán son os ingredientes que fan deste mozo unha persoa xenial. Levas destes catorce anos moitos recordos e bos amigos, gárdaos con sete chaves lévaos sempre contigo. E non te durmas na vida como che pasou en Salou pois o mundo real non espera, ¡non é coma nunha excursión!. A túa experiencia no cole remata, o final xa aquí está por fin, abrímosche as portas, amigo, para que poidas saír. Faino con gañas, loita e camiña sen mirar nunca cara atrás... e se queres, cando desexes, de visita podes voltar.

Page 7: CORTE 2008

DAMA 3: LAURA BEATRIZ BERROTERÁN PEREIRA

Velaí vai: é Lorena BERROTERÁN, mais, qué digo eu, trabuqueime, esa é a súa irmá...! Sinto moito, amiga LAURA, meter deste xeito a pata, mais ¿non é verdade, querida, que non é a primeira vez que che pasa? ¿Lémbraste daquela vez cando na revista LÚA un artigo che publicou e algo así tamén pasou Cumpridos os dezaoito, e xa maior de idade, da nena de doce aniños que ó noso cole chegou pouco queda, verdade? Saír cos amigos, xogar ó volei e ir ó centro a mercar son algunhas das aficións que a Laura lle prestan máis. O traballo, a responsabilidade e a amizade sincera e leal son aspectos que na súa vida valora como esenciais Quizá estude Turismo ou Tradución de Alemán. mais eso, amiguiña, tanto ten ou tanto da: pois fagas o que fagas soamente terache que importar a forza, o tesón as gañas e a paixón que teñas para loitar. Vaite, LAURA, avanza por novos camiños que ó teu paso xurdirán. Faino pondo rumbo ó soñado sen esquecer os bos ratos pasados e así as túas metas acadarás.

Page 8: CORTE 2008

CABALEIRO 4: DAVID OUTUMURO RODRÍGUEZ

Fai xa dezasete anos, na coñecida Ginebra, naceu David Outumuro no mes de xullo do 90. Dalá chegou a Galicia e con doce aniños entrou neste o seu colexio onde o Bacharelato rematou. Bo, inda lle queda un pouco, mais de seguro que o logra o mozo. Sinxelo, humilde, agarimoso, Alegre, deportista e sociable son algúns dos rascos que definen a súa calidade. O deporte e a música son as súas aficións, ademais canta nun grupo “esnaquizando” algunhas cancións. O “acoso” da simpática Tania, as “bendicións” de Jacobo, e as aventuras no campamento son tenras lembranzas que sempre gardarás con gozo; non as botes nun pozo de frío esquecemento, índa que parezan tonterías sonche moi bos momentos. O tempo empurra sen pausa, preludia un cambio moi grande. Por iso decímosche, amigo, ¡mira sempre cara adiante, mais non esquezas á xente que loitou para ofrecerche, do seu, o que tiña máis bo: pais, irmá, amigos, mestres... Todos algo che deron, escolle o mellor e lévao preto do corazón.

Page 9: CORTE 2008

RAÍÑA: ANDREA VILLA FEIJÓO

Tócalle agora, amigos, o turno á nosa Raíña. Aquí está, vede que fermosa: ela é ANDREA VILLA. Saír, ler, música escoitar e ver partidos dos amigos son, ademáis de debuxar, os seus momentos preferidos. Tenaz, sinceira, sociable e segura de si mesma son rascos da súa persoa que definen a esta nena. Mais, ¡anda con ollo, rapaza e garda as “lagrimiñas” que ti dis que pronto afloran, pois o mundo real de aí fora non anda con trouladas e de estas escenas se mofa Dezaoito anos tes xa e feita unha muller estás, saes ó mundo a loitar, ¡é onde che toca traballar! Quizá estudes Filoloxía Hispánica, Xornalismo, Publicidade, Relacións Públicas... non sabes, a verdade.... Eso, xa verás, é o de menos, o de máis será a túa humanidade. Parece que levas un grato recordo do teu paso por este colexio, iso alégranos moito pois é que moi mal non o fixemos.. ¡Éxito, ANDREA, na vida! éxito que non sorte, pois ista é para quen non fixo todo o que debe e pode.

Page 10: CORTE 2008
Page 11: CORTE 2008
Page 12: CORTE 2008

DISPOSICIÓN DEL ESCENARIO (cada año es un aventura)

Page 13: CORTE 2008

CON ALIA VÁZQUEZ (Alicia) y LAS PRESENTADORAS: ÁNGELA MARTÍNEZ (izda.)

y SARA MARIÑEIRO (dcha.)

Page 14: CORTE 2008
Page 15: CORTE 2008