64

creacionismo

  • Upload
    xenevra

  • View
    3.063

  • Download
    8

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: creacionismo
Page 2: creacionismo

O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón que cree un novo da nada, ó facelo xurdir da visión interior do poeta.

Page 3: creacionismo

• Avogou polo atematismo • focalizou a importancia e

orixinalidade do poema na manifestación do eu do autor e non no tema tratado.

Page 4: creacionismo

Implicou unha busca de novos recursos expresivos que superasen as técnicas herdadas da tradición.

Supresión da puntuación

formulación de anacolutos

incorporación de letras soltas

rupturas sintácticas

creación de metáforas orixinais

palabras carentes de significado

Page 5: creacionismo

É unha estética na que os signos lingüísticos non se escollen como portadores de contido –de aí a abundancia de voces sen significado recoñecible– senón pola súa capacidade de suxestión poética.

Page 6: creacionismo

O Creacionismo está ligado na literatura galega a Manuel Antonio e ao seu libro De catro a catro (Nós, 1928), en senso estrito o único rompedor e vangardista da nosa literatura. Con todo, a presenza do eu poético afástao do Creacionismo xa que rompe coa deshumanización propia das vangardas (isto non acontece na obra de Vicente Huidobro).

Vicente Risco na carta que dirixiu a Manuel Antonio para informalo das novas tendencias da arte,

afirmaba que creacionismo “é o nome que Vicente Huidobro

lle dá ó cubismo especial que el fai”

Page 7: creacionismo

Foi V. Risco quen lle amosou a importancia pola visión da natureza, a preocupación polo retrato do momento puntual e pola poesía xaponesa dos haiku, en que se tratan cuestións esenciais do ser humano. Ademais, na súa relación epistolar, o autor ourensán informouno sobre as innovacións poéticas que tiñan lugar na literatura mundial, a relación entre creacionismo e cubismo plástico, e outras características que empregou Manuel Antonio na súa obra.

Page 8: creacionismo
Page 9: creacionismo

Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu e morreu en Rianxo, 1900-1930)

Aos catro anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da

súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria

Flavia

Formación católica

xermanofiliaInterese polo

carlismo

Aos trece anos decidiu marchar a Santiago de Compostela.

comezou o seu compromiso co galeguismo e o

republicanismo

Page 10: creacionismo

Na I Guerra Mundial apoia nun primeiro momento aos alemáns, aínda que antes de que esta remate cambiará de parecer.

Tamén apoiará aos bolxeviques na Revolución Rusa e, en 1918 a Revolución Sandinista en América.

Page 11: creacionismo

Dous anos despois ingresou en Vigo na Escola de Náutica. Nesa época comezaron as súas colaboracións na prensa da época, como A Nosa Terra, Galicia, La Redención, Ronsel ou Suevia, e apareceu “O sol da libertade”, o seu primeiro poema editado, que é apenas a única composición de carácter social do autor.

Na cidade olívica afiliouse á Xuventude Nazonalista Galega (1920) e escribiu, xunto a Xavier Soto, o texto “Terra ceibe! Os bos galegos”, dirixido contra o

concello de Vigo.

Page 12: creacionismo

Participou no consello de redacción de Ronsel xunto a Álvaro Cebreiro, con quen publicou o texto provocador e rupturista Máis Alá! (1922), o único manifesto vangardista da literatura galega, e onde se realizaba unha denodada defensa sobre a lingua e o nacionalismo, que non conseguiu que callara nos autores da época, en xeral moi conservadores e que o consideraron un discurso que intentaba romper as liñas continuístas do grupo Nós, o ruralismo da literatura galega e todo o que estaba a suceder naquel momento no ámbito literario

Urbano Lugrís, Paisaje nocturno

Page 13: creacionismo

Despois de rematar a súa formación náutica (1923) comezou os seus estudos de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1924 foi o representante en Rianxo da Irmandade Nazonalista Galega. Entre os anos 1926 e 1927 tivo lugar un dos acontecementos máis decisivos na obra do poeta, as súas prácticas como piloto no paquebote Constantino Candieira, capitaneado por Augusto Lustres Rivas, onde concibiu o seu libro de poemas De catro a catro (1928), editado por Nós na Coruña.

Page 14: creacionismo

Nos anos seguintes realizou unha viaxe a América do Sur co barco holandés Gelria, na que posiblemente concibiu o libro de poemas Sempre... e mais dispois. En 1929 embarcou rumbo a África do Sur co barco vigués Arosa, ata que finalmente, enfermo de tuberculose, decidiu regresar á casa. O 28 de xaneiro do 1930 faleceu na aldea de Asados (Rianxo).

Page 15: creacionismo

É autodidacta: O seu autodidactismo é moi elevado xa que mesmo traduce a E. A. Poe.

Page 16: creacionismo

Dentro da produción literaria do autor ocupan un papel especial dous textos en

prosa que seguen as coordenadas da literatura rupturista das proclamas de vangarda:- O manifesto Máis Alá, 1921. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro Cebreiro.- Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu.Ambos son considerados manifestos en canto comparten o espírito de provocación e son miméticos a respecto dos manifestos de vangarda internacionais.

Page 17: creacionismo
Page 18: creacionismo

Este manifesto:• É enviado a diversos xornais, escrito en galego e

traducido ao francés e o inglés.• Está inspirado no manifesto “Contra els poetes amb

minúscule”, do poeta catalán Joan Salvat Papasseit, quen propón unha nova fórmula poética para Catalunya.

Page 19: creacionismo

É un manifesto vangardista, na liña doutros publicados na Europa do momento.

Será un manifesto ao que se referirán os poetas dos anos 80.

É un manifesto que en xeral se caracteriza pola presenza da idea de transformación da sociedade e dun espírito loitador, case que arroutado.

Apoia a fracción de Antón Villar Ponte (máis progresista) dentro das Irmandades da Fala, xa que consideraban a Leandro Carré como representante do pasado, contrario á modernidade.

Page 20: creacionismo

“O xesto”Exprésase que non pretende ser un manifesto só literario, senón que vai alén a da literatura. Neste senso conecta co manifesto superrealista de 1924.

“Os vellos”Márcase a idea de que “os vellos” son os que escriben na actualidade coma en tempos pasados, idea expresada en Nós, os inadaptados de Risco.

“O ruralismo”Deféndese a implicación da arte na sociedade, a interdependencia entre arte e sociedade.

“Os devanceiros”

• Insístese no individualismo (“Nós non admiramos a ninguén”), xa defendido por Risco (“moral de soberbios”; “ser diferente é ser existente”).

• Atácase a escritores coma Losada (autor costumista moi popular na súa época) e certos aspectos de Rosalía, Curros e Pondal.

“Pollitos bien”Crítica a Valle – Inclán, un escritor con talento que para acadar recoñecemento escribe en castelán e non en galego.

“Tamén hai outros”

Reivindicación.

“A fala”

• Defensa do uso do galego en tódolos ámbitos (“intransixencia na fala”) que xa vén das Irmandades da Fala (1916).

• Busca da auténtica esencia da fala: “coma quen garda un mito en sete huchas concéntricas,”

“Desbotando”

• Reacción contra o costumismo, os tópicos e o provincialismo.• Referencia á literatura paisaxística que lembra á diferenciación que na

revista Nós se facía entre turista, que non vive a paisaxe, e camiñante, que si o fai.

“¡MOCEDADE!” Necesidade de non se estancar (“peregrinaxe sen chegada,”).

Page 21: creacionismo

Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu, ficción na que reconstrúe un prólogo para un libro inexistente, pero que lle gustaría que existise.

Page 22: creacionismo

Nun dos seus tres artigos en prosa, “Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu”, fai unha reflexión sobre a súa creación e refírese á influencia que exercen na súa obra algúns ismos: 

O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por asomellar-se a ninguén, e

moito menos o consabido trío. Fixo da sua independenza un sagro fanatismo, e vel-eiquí o tendes só, ergueito e orguloso.

       Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que mais, todas elas anárquicamente escolmadas

e autocraticamente peneiradas. (...)O ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés n-o piso nin c'os cotelos encol da táboa; e él quixera facel-os decote de tal xeito que non puderan ser declamados nin adeprendidos de memoria. Isto somentes, xa o leva dereito

a perder a ademiranza das amabres mociñas románticas e dos amenos diletantes de segunda man.

Page 23: creacionismo
Page 24: creacionismo

De catro a catro (1928) é o único libro que publica en vida. Até 1972 crese que Manuel Antonio só é autor desta obra e do manifesto “¡Máis Alá!”. Pero García Sabell posuía dúas maletas que a nai de Manuel Antonio lle entregara trala súa morte e nelas estaban datados e con título máis poemas.

En 1972 García Sabell publica en dous tomos estes poemas, o que nos permite reconstruír a súa obra:

Page 25: creacionismo

o Con anacos do meu interior (1919 – 1920), constituído por 18 poemas de mocidade (amorosos, intimistas, paisaxísticos, costumistas) nos que xa xoga coa disposición visual do poema, aínda que predomina a rima consonante (o que o afasta das vangardas).

É un libro de transición cara ao vangardismo, sen temática definida, pero cun predominio constante da noite, a soidade, a inquedanza polo destino, polo descoñecido e o porvir.

Page 26: creacionismo

o Foulas (1922 – 1925), que avanza na liña popular. Non ten unha temática homoxénea, malia a aparición de imaxineria mariñeira. Un mar visto desde a costa, previo á travesía de De catro a catro. Inclúe “Excelsior” e “Poemas do Faro. II”, dúas composicións experimentais caligramáticas de enorme orixinalidade, que rompen a orde normal da lectura e o verso e que suxiren determinadas formas ao lector;

Podemos falar xa dunha poesía vangardista. É un anuncio de De catro a catro (hai xa un protagonismo do mar).

Page 27: creacionismo

o De catro a catro (1928). 19 poemas, aínda que editado en

1928, foi escrito durante a súa navegación co “Constantino Candeira”, como o manifesta o autor no manuscrito (1926-27). Foi o único libro publicado en vida do autor.

A obra reflicte o proceso da viaxe marítima, seguindo unha liña temporal.

Page 28: creacionismo

• Viladomar (1928), que contén seis poemas que supoñen a volta a terra trala estancia no mar que supón De catro a catro. Malia esta volta, unha parte do eu fica no mar. O eu poético reflexiona sobre o seu papel no universo, o paso do tempo, a morte. Hai ruptura formal co anterior e os poemas teñen regularidade métrica e discurso lóxico, aínda que imaxes vangardistas.

Page 29: creacionismo

Sempre e máis dispois (1928 – 1929). 7 poemas un argumento unitario e personaxe común: Xan, emigrante en Bos Aires. A temática rural contraponse ao mundo moderno. Usa imaxes tipográfico-visuais na liña dos caligramas cubistas e creacionistas. Rómpese a orde habitual de lectura e do verso.

Page 30: creacionismo
Page 31: creacionismo

Natureza non inventadaRenovación da metalinguaxe

Humor e ironía

Rexeitamento do eu creador coma deus

Afastamento do contido

Compromiso ideolóxicoObxectividade

Marcas de disidencia estéticaPegadas do Creacionismo

Page 32: creacionismo

A obxectividade.

Xorde como reacción contra o intimismo, o sentimentalismo e o subxectivismo románticos que conducían á visión falseada da realidade. Daquela, xoga parodicamente con algúns dos elementos máis gastados da poesía romántica e modernista (os ambientes nocturnos, o misterio, a lúa, as estrelas...

Noiva miña vestida de lua que romantizas

¡tan cursi!pol-o xardín

[«Lied olme Worte»]

Page 33: creacionismo

O afastamento do contido.

Desaparecen os elementos tráxicos e o amor e maila morte (temas recorrentes no romantismo) son vistos con frialdade, pois os poemas vangardistas son moito máis mesurados no ton.

Sentel-me a proa fumando a miña pipa Pero outra noite pensarei en ti.

[«Lied olme Worte»]

Page 34: creacionismo

Cando lemos o poema anterior non podemos pensar só en que Manuel Antonio pretende retratar un retallo da súa biografía polo feito de que se sitúe nunha travesía en barco e fume en pipa, senón que, a voz poética, tenta expresar, cunha imaxe plástica e ben coñecida polo autor, a soidade. Sen embargo, non sempre consegue evitar un ton sentimental cando o ambiente, os obxectos e as situacións evocadas forman parte, tamén, da súa vida.

Sentel-me a proa fumando a miña pipa Pero outra noite pensarei en ti.

[«Lied olme Worte»]

Page 35: creacionismo

Humorismo e Ironía. Manuel Antonio non ten un gran sentido do humor, sen embargo podemos atopar nel algunhas pinceladas humorísticas ou irónicas. Consígueo con adxectivacións inesperadas que dan lugar a sintagmas orixinais:Coa boca aberta-caille a baba-Está mirándonos o babión do Sol.Ou, como xa vimos, engadindo un verso / frase que marque o distanciamento:Noiva miña vestida de lua que romantizas¡tan cursi!pol-o xardín

Page 36: creacionismo

A renovación da metalinguaxe poética. É especialmente destacada no aspecto léxico (introducción no código poético de palabras de códigos extraliterarlos), e semántico (asociación libre de conceptos que non se poden relacionar na norma lingüística, ou sexa, a creación de imaxes).Introduce neoloxismos, linguaxe técnica marítima (morse SOS), anglicismos ou outros préstamos, cultismos (radiograma, pirotecnia) e hiperenxebrismos.

Page 37: creacionismo

En canto á estrutura dos poemas, son moi significativos os espazos en branco, a disposición e a diferente medida dos versos, as repeticións ou as formas en debuxo como caligramas.

Page 38: creacionismo

CompromisoCoa súa obra pretendeu buscar a depuración da lingua e conseguir un rexistro literario culto, tentando que a lingua galega non estivese marxinada da estética que imperaba en Europa naqueles anos e que os autores galegos non caesen no enxebrismo como forma de recuperación da súa lingua. Partidario do monolingüismo, estivo á marxe da moda dos escritores que, como Ramón Cabanillas, procuraban no contido os elementos fundamentais da súa creación literaria.

Page 39: creacionismo
Page 40: creacionismo

Foi o único libro publicado en vida de Manuel Antonio. Subtitulado "Follas d'un diario d'abordo", contén 19 poemas. Deberon ser compostos en 1926‑27 nunha singradura do Constantino Candeira.

Page 41: creacionismo

O eixo é unha viaxe marítima que se abre cun poema, "Intencións", que sinala o comezo da aventura, e remata coa volta a terra ("Adeus"). No medio do navegación, dous poemas ("Recalada" e "Navy Bar") supoñen a paréntese dunha escalada en terra.

Page 42: creacionismo

Superestrutura da obra

Viaxe odiseica (partida – viaxe - retorno)

Baixada a terra

“Navy Bar”“Recalada”

Contemplación do mar desde a ribeira, bótase de menos o eu que realizou a

travesía

Chegada e despedida

do mar: desdobramento do “eu”

Anuncio da partida

Viaxe a emprender

Viladomar“Adeus”“Intencións”Foulas

Page 43: creacionismo

Universo temático

Page 44: creacionismo

Hai unha unidade temática esencial pola presenza permanente do mar. Proxecta nel as súas vivencias nun proceso de identificación. É un mar persoal: máis que a realidade exterior interésalle a experiencia interior; concíbese como un espacio simbólico.

O que o diferencia doutros textos de tema mariñeiro é o tratamento: é o seu un mar humanizado, desrealizado e, en oposición á teoría vangardista, fondamente sentido.

Page 45: creacionismo

É, pois, un navegar para atoparse a un mesmo só diante do mundo.

Viaxe polo mar P1 ou P4

inzada de terminoloxía

náutica

Os obxectos e os seres inanimados cobran vida, afastándose progresivamente do eu poético

esta ausencia e o silencio para afundirse na

soidade.

Page 46: creacionismo

O fluír temporal é un dos temas máis destacados. Maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas, cronometraxes). Así, esta captación do paso do tempo rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído, ás veces superpostos en logradas imaxes.

O minuteiro(tic-tac)

Asumiu o compás das travesías.

Page 47: creacionismo

A concepción da existencia é contradictoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo, todo pasa. E ese adeus a todo, que provoca a saudade, únese á idea do naufraxio, presente en toda a obra. O naufraxio non constitúe un mero accidente da navegación senón tamén unha vivencia íntima, que simboliza o desarraigo existencial. Aínda sen se facer explícita, latexa a idea da morte. Por todo isto, da obra emana un ton triste, corroborado pola carga negativa da maioría dos adxectivos.

Pero a Lua esta noitedesertou d'os almanaques

Page 48: creacionismo

O barco (paquebote, fragata...) representa fisicamente o eu lírico: o barco é o home, o eu do poeta.

É un dos eixes simbólicos do libro que podemos interpretar como imaxe da vida (e do claustro materno).

Page 49: creacionismo

O vento é outro símbolo ambivalente.A súa ausencia impide a aventura pero o seu descontrol pode supoñer a morte.

A súa forza podemos identificala coa forza do fado. A navegación polo mar é así a vida, fronte ao estatismo.

Page 50: creacionismo

Sen concesións ao sentimentalismo, son moi escasas as referencias ao EU, que continuamente se dilúe no NÓS. Mais no poema final ("Adeus") prodúcese a esgazadura, a liberación da tensión, o desvelamento da traxedia latexante ao longo do libro: é como a premonición da propia morte.

E ficamos nós sósSin o Mar e sin o barcoNós.

Page 51: creacionismo
Page 52: creacionismo

intencións

sos

Page 53: creacionismo

• Ao reverso da noiteLuceiros degoladosdesángrnse de ouro no Mar

De par de nósa Lúafai ronseis infecundados

Mentres sonea a maretavai folleando no libro das velas

Irredentos velames exhaustosresignados a pendurar na crux

Estrelas inconscientesmecanizan o obseso tic-tac

A auga toda dos océanosensumiuse nunha bágoa

E o pano branco do novo díaenxugará os ollos do ceo Fragmento de De catro a catro

Page 54: creacionismo

Mariña-noiturnoBeira do marUn silezo de brétemaé o enterro da tarde fracasadaInconcretamenteteño unha voce Eue a onda infindaamiganterepétema.Fose o veleiro cansoDiluéuseno táxico da brétemado lonxedo serán e do marE suxeréusea visión cavilosa da neurosis don monxe.Na alameda noiturnamisántropo cada farolcase non se adiviñan as mudeces que choranVolve do mar un sonAlgo(non se sabe in chega)sintese vir encol.

Con anacos do meu interior, Manoel Antonio (1900-1930)

Page 55: creacionismo

RECALADA

ATOPAREMOS no peiránas follas evadidasdo almanaque dos nosos soñosAs novas rúas de sempreexhibirán o escaparatedas mesmas noivas inéditasFumaremos nas pipas despectivastódalas transeúnteshostilidades mudasUn vaso desbicado noutro portorematarémolo aquí no mesmo barcabo do mariñeiro descoñecidoque nos repite a mesmaubicua sorrisa loira

Nos bordeis xa sabenque a nosa moedaten o anverso de ouroe o reverso sentimentalOs ecos imprevistosdo noso cantar sonámbuloapagarán os focos de madrugadaMañá despertaremosna ausencia desta xornadaEsquivouse unha follado diario efusivoEramo-los espectadoresna prestidixitacióndunha hora artificial.

Page 56: creacionismo

…………NAVY BAR …ESTE bar ten balances…E tamén está listopra se facer á vela…Enchéronnos o vasocon toda a auga do Marpra compor un cock-tail de horizontes…Pendurados das horas…atlas xeográficos de esperantosestán sin tradución…E tatexan as pipasco ademán políglota das bandeiras…Ese cantar improvisado………………………………é o mesmoque xa se improvisou nalgures…Quen chegou avisándonosdesa cita noiturna que temosco vento ao N.E.na encrucillada das estrelas apagadas?…Eiquí bebe de incónito

Page 57: creacionismo

O Mariñeiro Descoñecido-sin xeografía nin literatura-

…A noite dos naufraxos…co seu brazo salvavidas

…aferrará connosco unha vela de chuvascos

…O vaso derradeiroestaba cheo de despedidas

…Polas rúas dispersasibámonos fechando

cada un dentro da súa alta mar…No repouso dalgún vaso

tódalas noites naufraga o Bar.

Este texto de Manuel Antonio insírese na parte dedicada á navegación dentro da súa obra De catro a catro, mais nesta ocasión o protagonista non está no barco rodeado de mar senón que realiza unha parada en terra. • Le o texto e resume nunhas liñas o

que che provoca. • Explica mediante que procedementos

consegue o autor lograr a identificación entre individuo e mar.

• Analiza como son as personaxes que habitan o mundo do Navy bar.

Page 58: creacionismo
Page 59: creacionismo
Page 60: creacionismo

POEMAS DEL FARO II

Manuel Antonio, “Foulas”

farofaro faro farofaro

OS BRAZOS tocos d'o Farochaman ás aas d'afora,

A hora d'algunha banda presinte-se que vai indo

Pero n-o Faro decote outro fracaso decata

Coma si o mañán morrera hai n-a nolte un xeito raro

E o agoiro d'agora camiña infindamente a se alongare

faroFaro faro faro... faro...

Page 61: creacionismo

RADIOGRAMA

de pirotécnicos instintos (pirotecnia de resonancias) que polos vieiros dos ecosxogarán ós labirintos.

EU SON!

O meu nome acenderá unha estrela nova en cada constelación.

Page 62: creacionismo
Page 63: creacionismo

Características da poesía de Manuel Antonio • Ruptura formal: versolibrismo, ausencia de rima e dos signos de

puntuación.• Disposición libre da tipografía.• Emprego de tecnicismos, neoloxismos e estranxeirismos.• Ausencia de fío argumental.• Sucesión de imaxes de carácter creacionista nas que o termo real

non garda relación co termo imaxinario.• Presenza recorrente de motivos como: o mar no que proxecta o seu

ánimo o poeta; o paso do tempo; e unha vivencia da condición humana en clave existencial.

Page 64: creacionismo

Elementos do Creacionismo en Manuel Antonio: • Emprego de voces estranxeiras: alemán, inglés, fran-cés, pe-ro

nunca do español. A introdución dos estranxeirismos é propia do cosmopolitismo da vangarda e ten a explicación biográfica nas súas viaxes.- Utilización dos termos da linguaxe científica (influencia do Futurismo).- Busca da imaxe epatante, mesmo introducindo un discurso realista, ou coloquial, en determinados momentos.

• Introdución no poema de variados discursos, algúns extra-poéticos: clave en morse “S.O.S.”; fragmentos de cantigas populares; fórmulas químicas, o que lle dá ao poema unha sensación de crebacabezas.- Ausencia de ritmo, herdo das vangardas que propugnaban unha ruptura coa musicalidade dos poetas precedentes.