8
ANTROIDO 2015 Como ben se escoitaba entre a xente do públicoeste ano superádesvos”… Este e outros comentarios similares denotaban unha crítica máis que positiva cara o Antroido 2015 celebrado no CPI Virxe da Cela. A verdade é que o tema deste ano tiña moito xogoo Mar, en todas as súas vertentes e posibilidades. Non faltaron piratas, capitáns de barco, pescantinas, peixiños, sereas, e incluso un Neptuno que ollaba impasible o devenir dos acontecementos, hierático co seu tridente e amosando todo o seu poderío. Non soamente se apreciaba todo un traballo de semanas na elaboración dos disfraces, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnados dos diferentes cursos levaron a cabo, baténdose en duelo co repiquetear das gotiñas de choiva que golpeaban o teito do patio cuberto e que non conseguiron augar a festa. Todos e todas, alumnos/as, profesores/as e pais/nais merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de tanta talla (aproveitamos para dar os parabéns ao departamento de plástica pola proposta Concurso de carautas de Entroido, que axudou a decorar o escenario), cousa que fixo suar aos membros do xurado á hora de deliberarEiquí van os resultados: Os Piratas do Río Lambree Fondo de Bikiniforon as divertidas e traballadísimas propostas dos máis pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que recolleron unha mención especial. Outra mención especial recaeu no alumnado de 3º e 4º de primaria, polo seu fermoso disfraz Pesca de peixes, ilustrando toda a parafernalia das artes mariñeiras. Simpáticas e moi ben rimadas estiveron as Coplas de Entroido baixo o mar, dos rapaces e rapazas de 6º de primaria, que facían alusión non só ao Entroido en xeral, senón ao noso universo do CPI Virxe da Cela e que tamén levaron outra mención especial. O premio á orixinalidade recaeu na vistosa e exótica representación de A danza do Dragón, por parte do alumnado de 1º da ESO, utilizando un espectacular dragón de varios metros de lonxitude que percorreu o patio cuberto entre os aplausos do público; os rapaces e rapazas de 2º da ESO recolleron o premio á mellor coreografía polo baile Quieto Parao, perfectamente uniformados e montados nun simpático carricoche; as rapazas de 3º e 4º da ESO viron recompensadas tantas horas de dedicación para construír o seu disfraz Son unha tazaco premio ao máis traballado; e xa finalmente os rapaces de 4º de ESO recolleron atropelladamente o premio ao máis divertido co seu breve pero efectivo número Tropa de asalto.

Crónica antroido 2015

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica antroido 2015

ANTROIDO 2015

Como ben se escoitaba entre a xente do público… “este ano superádesvos”… Este e

outros comentarios similares denotaban unha crítica máis que positiva cara o Antroido 2015

celebrado no CPI Virxe da Cela. A verdade é que o tema deste ano tiña moito xogo… o Mar, en

todas as súas vertentes e posibilidades. Non faltaron piratas, capitáns de barco, pescantinas,

peixiños, sereas, e incluso un Neptuno que ollaba impasible o devenir dos acontecementos,

hierático co seu tridente e amosando todo o seu poderío.

Non soamente se apreciaba todo un traballo de semanas na elaboración dos disfraces,

senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnados dos diferentes cursos

levaron a cabo, baténdose en duelo co repiquetear das gotiñas de choiva que golpeaban o

teito do patio cuberto e que non conseguiron “augar a festa”. Todos e todas, alumnos/as,

profesores/as e pais/nais merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de

tanta talla (aproveitamos para dar os parabéns ao departamento de plástica pola proposta

“Concurso de carautas de Entroido”, que axudou a decorar o escenario), cousa que fixo suar

aos membros do xurado á hora de deliberar… Eiquí van os resultados:

“Os Piratas do Río Lambre” e “Fondo de Bikini” foron as divertidas e traballadísimas

propostas dos máis pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que recolleron unha

mención especial. Outra mención especial recaeu no alumnado de 3º e 4º de primaria, polo

seu fermoso disfraz “Pesca de peixes”, ilustrando toda a parafernalia das artes mariñeiras.

Simpáticas e moi ben rimadas estiveron as “Coplas de Entroido baixo o mar”, dos rapaces e

rapazas de 6º de primaria, que facían alusión non só ao Entroido en xeral, senón ao noso

universo do CPI Virxe da Cela e que tamén levaron outra mención especial. O premio á

orixinalidade recaeu na vistosa e exótica representación de “A danza do Dragón”, por parte do

alumnado de 1º da ESO, utilizando un espectacular dragón de varios metros de lonxitude que

percorreu o patio cuberto entre os aplausos do público; os rapaces e rapazas de 2º da ESO

recolleron o premio á mellor coreografía polo baile “Quieto Parao”, perfectamente

uniformados e montados nun simpático carricoche; as rapazas de 3º e 4º da ESO viron

recompensadas tantas horas de dedicación para construír o seu disfraz “Son unha taza” co

premio ao máis traballado; e xa finalmente os rapaces de 4º de ESO recolleron

atropelladamente o premio ao máis divertido co seu breve pero efectivo número “Tropa de

asalto”.

Page 2: Crónica antroido 2015
Page 3: Crónica antroido 2015
Page 4: Crónica antroido 2015
Page 5: Crónica antroido 2015
Page 6: Crónica antroido 2015
Page 7: Crónica antroido 2015
Page 8: Crónica antroido 2015