12
Curros Enríquez

curros

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.228

  • Download
    2

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: curros

Curros Enríquez

Page 2: curros
Page 3: curros

Aires da Miña Terra

Estrutura

O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".

Page 4: curros

INTRODUCION

   Escribir nada máis pr' onha provinciaOu, com' os povos árcades fixeron,Escribir sobr' a casca d'os curtizos,Cáxeque todo vén á ser o mesmo.

   A nosa vos, n'a soledá perdida,Morrerá sin deixar xiquera ise écoQu' a brisa malencónica d' outono

Deixa n'a copa azul d'os ameneiros.

   Non pode ser tampouco d' outra sorte:

Pasaron xa, pra non volver, os temposEn qu' o lenguaxe era unha cifra

máxicaFácele sólo ó sacerdote hebreo.

   As xentes tristes que n'o verbo humano

Percuran os ideales q' entreveron

ENCOMENDA

I

   Teño unha corda muda N'a miña lira torva,

Com' on coitelo fera, Com' on tronido rouca. 

Cando n'os meus ensayosSóna á compás d'as outras,

Por sobre min pareceQ'os ceus se desproman.

De cada nota de'laUn anatema chouta,

Cal d'a satúrnea sangue As furias espantosas.    Ninguén ouíu aindaAs cántigas qu'entoa:

Detrás de min, quizáyes,O dia que m' as oyan,Como detras de CristoVirán as xentes todas,¡

Hosanna, cantando de xúbilo cheas,Hosanna ó poeta que tray a boa nova!

Page 5: curros

Temática

a) Cívica:

Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.

Page 6: curros

Presenta as seguintes características xerais:

– Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.

– Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa).

– Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.

– Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...

Page 7: curros

b) Poesía costumista

— Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar.— Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas).— Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.

Page 8: curros

c) Poesía introspectiva

Aborda este enfoque intimista por diversas circunstancias:

• Ben chegado,• Ay,• Na morte de miña nai,• A Roslaía.

¡AY!...

   ¿Cómo foy?...?Eu topábame fóraCand' as negras vixigas lle deron;Pol-o arámio sua nay avisóume          Y-eu vínme correndo.

   ¡Coitadiño! Sintindo os meus pasosRevolveu car' á min os seus ollos.Non me víu... e chorou... ¡ay! xa os tiña          Ceguiños de todo.

   Nom m' acordo que tempo m' estivenSobr' o berce de dôr debruzado;Sólo sey que m' erguin c'o meu neno          Sin vida n'os brazos...?

   Volvoreta d' aliñas douradasQue te pousas no berze valeiro,Pois por él me pergúntas, xa sabes          Qué foy d'o meu neno. 

Page 9: curros

É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións esatiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.

Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.

Page 10: curros

gulapreguiza envexasoberbi

aAvarici

aluxuriaira

Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, desde o seu punto de vista ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais.

O inferno a min non me atrapa:cómpreme unha pouca groriae voulla comprar ó Papa.

É un viaxe de recreo.¿Quen folga de vir comigode León XIII ó xubileo?

Connosco irán moitas xentes:abades, monxas, beatas...¡Xuro a Dios que hemos de ir quentes!

¡Que rosario, compañeiros,de contas de amancebadascon deces de putañeiros!

Page 11: curros

E pois eu aborrezoOs vulgares propósitos;E o fin do meu traballo,Certo he non remoto;Antes q' a comun nai,Recruba os meus despoxos,Deixar de min quixéra,Un radïoso lóstrego;    E morrer con honor como morréra,Brásidas valeroso.

Certo eu non me resigno,Morrer cal quase todos;Innobre, escuramente,No leito vergonzoso;Eu procurar quixéra,Mais erguidos propósitos,Que pl' o fortes, vencéranO ferro riguroso;En pró d' algunha causa,Q' honrára os fastos nosos;E morrer con honor como morréraBrásidas Valeroso.

Non, non está nos brandosRegalos ocïosos,Nin nas cousas muliebres,Nin nos afectos mórbidos,A meta escrarecida,Do ánimo glorioso;Mais sóo nas cousas fortes,E nos férreos propósitos     E' en caer con fragor como caéra, Brásidas Valeroso.

Page 12: curros

—Per' home, si cousasMe dís que m' espantan...¡Si mesmo das medo!¡Si os ollos che saltan!Martiño, ven, séntate.Sosega, descansa;Eu nada che figuenPr'o mal que me tratas.Soliña n'o mundo,De nadia mirada,¡Faltábam' agoraQue tí me deixaras!Pois eu ben te quero...Por eso non marra!...—Tí queresme moito...Rosiña... rosada...Tí queresme moito Tí dícelo... e basta

.O mesmo dixechesA Pedro Balada,Y-á Xan de VentracesY-ó amo d'a casa,Cand' hay ano e medioVeu ver a labranza...¡Que nunca él viñera!¡Que nunca él chegara!—¡Santísimo CristoD' Ourense me vaIla!...—Pra qu' hoxe t' axudeXa é tarde, rapaza.Y-eu, tolo, quería,Y-eu, tolo, pensabaCasarme contigo...

(...)Cando por fin, acordandoPensóu n'o que lle arrodea,Dixo, falando consigo:«Ou mente Xan, ou ment' ela.»E logo, tirando ó chauDesesperado a monteira,Añidiu: «No, pois... si RosaTen d'o cristal a pureza,¡Xur' á Dios, Xan de Ventraces,Que ch' hey d' arrincal' a lengoa!»