1
E por que non funcionari@s? Os funcionarios da Xunta de Galicia en Lugo pasarán a ser funcionarias. E non é que se vaian operar, ou que os todos varóns que traballan no edificio administrativo vaian deixar ocupar os seus postos por mulleres. Do que se trata é dun acordo da xunta de persoal polo cal as persoas que traballen nos organismos autonómicos da provincia pasan de ser "funcionarios" a "funcionarias", por seren as mulleres maioría deste colectivo nun 60 por cento. A decisión, que aínda non se fixo efectiva, está a causar centos de bromas e algún que outro cabreo dentro do sector masculino das funcionarias... A idea de levar esta proposta á xunta de persoal da Xunta tívoa unha representante da CIG a raíz da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrou o pasado ano. Sabela Rodríguez propúxoa nunha reunión da xunta na que, por certo, ela era a única muller. Os varóns recibiron a idea non sen certa sorna, e finalmente aprobouse sen unanimidade. E é que ao argumento que puxo Fernández non lle falta razón: "durante miles de anos as mulleres estiveron invisibles, porque se empregaba o masculino, e se os homes agora se sinten diluidos nesa maioría feminina tampouco é tan grave". Outro argumento, exposto polo secretario da xunta de persoal, é o carácter farragoso de moitos textos administrativos por culpa da fórmula "a/o", máis politicamente correcta, que se emprega normalmente: "Queremos facer uns textos que se entendan, e vimos que coa fórmula os/as ou facendo referencia aos dous xéneros non o conseguíamos". Sabela Rodríguez engade que "hai xente que chega a ler na expresión querido/a a palabra querindola". Difícil é opoñerse as poderosas razóns das mulleres, que parece que agora teñen "tomada" efectivamente a Administración. O caso é que a decisión, aínda que de momento no se levara á práctica, xa cumpriu o seu principal obxectivo: chamar a atención sobre unha linguaxe sexista que leva séculos funcionando sen que ninguén protestase, e á que non lle viría mal unha revisión xusto cando empeza o chamado "século das mulleres".

E por que non funcionari

  • Upload
    xenevra

  • View
    530

  • Download
    4

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

E por que non funcionari@s?

Os funcionarios da Xunta de Galicia en Lugo pasarán a ser funcionarias. E non é que se vaian operar, ou que os todos varóns que traballan no edificio administrativo vaian deixar ocupar os seus postos por mulleres. Do que se trata é dun acordo da xunta de persoal polo cal as persoas que traballen nos organismos autonómicos da provincia pasan de ser "funcionarios" a "funcionarias", por seren as mulleres maioría deste colectivo nun 60 por cento. A decisión, que aínda non se fixo efectiva, está a causar centos de bromas e algún que outro cabreo dentro do sector masculino das funcionarias...

A idea de levar esta proposta á xunta de persoal da Xunta tívoa unha representante da CIG a raíz da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrou o pasado ano. Sabela Rodríguez propúxoa nunha reunión da xunta na que, por certo, ela era a única muller. Os varóns recibiron a idea non sen certa sorna, e finalmente aprobouse sen unanimidade. E é que ao argumento que puxo Fernández non lle falta razón: "durante miles de anos as mulleres estiveron invisibles, porque se empregaba o masculino, e se os homes agora se sinten diluidos nesa maioría feminina tampouco é tan grave". Outro argumento, exposto polo secretario da xunta de persoal, é o carácter farragoso de moitos textos administrativos por culpa da fórmula "a/o", máis politicamente correcta, que se emprega normalmente: "Queremos facer uns textos que se entendan, e vimos que coa fórmula os/as ou facendo referencia aos dous xéneros non o conseguíamos". Sabela Rodríguez engade que "hai xente que chega a ler na expresión querido/a a palabra querindola". Difícil é opoñerse as poderosas razóns das mulleres, que parece que agora teñen "tomada" efectivamente a Administración. O caso é que a decisión, aínda que de momento no se levara á práctica, xa cumpriu o seu principal obxectivo: chamar a atención sobre unha linguaxe sexista que leva séculos funcionando sen que ninguén protestase, e á que non lle viría mal unha revisión xusto cando empeza o chamado "século das mulleres".

Susana
Typewritten Text
1. Resume 2. Tema 3. Esquema das ideas do mesmo 4. Comentario crítico.