36
GALEGO DE RAPOSO 85 febreiro 2016 2€ ACTUALIDADE DA FGC CAZA NA MANCHA E CORZOS CON AVANCARGA ESPECIAL COMPETICIÓN A CAZA EN NOVAS CINEXÉTICAS GALEGO DE RAPOSO ACTUALIDADE DA FGC CAZA NA MANCHA E CORZOS CON AVANCARGA

ESPECIAL COMPETICIÓN GALEGO DE RAPOSO · 2016. 2. 22. · inexética 4 Actualidade da FGC A FGC crea o colectivo de Xuventudes pola Caza Apenas un 7% dos cazadores teñen menos de

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • GALEGODE RAPOSO

    85 febreiro 2016 2€

    ACTUALIDADEDA FGC

    CAZA NA MANCHAE CORZOS CONAVANCARGA

    ESPECIAL COMPETICIÓN

    A CAZA EN

    NOVAS CINEXÉTICAS

    GALEGODE RAPOSO

    ACTUALIDADEDA FGC

    CAZA NA MANCHAE CORZOS CONAVANCARGA

  • DIRECCIÓN E DESEÑO DAREVISTA GALICIA CINEXÉTICA

    Antón Arrojo [email protected]

    T. 619 644 006

    REDACCIÓN ECOORDINACIÓN

    Gabinete de Comunicación daFederación Galega de Caza

    ADMINISTRACIÓNE PUBLICIDADE

    Estadio Multiusos de San LázaroPortal 12, Fondo Sur

    Santiago de Compostela - A CoruñaT. 619 644 006

    IMPRESIÓNAgencia Gráfica Galega

    DISTRIBUCIÓNGrupo Boreal

    DEPÓSITO LEGALC 1769-2013

    Esta publicación non se fai responsabledas opinións expresadas polos seus

    colaboradores. Prohibida a reproduccióntotal ou parcial do contido desta

    revista sen previa autorización escrita.

    Agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron neste número

    de Galicia Cinexética

    galiciacinexetica.comfederaciongalegadecaza.com

    Galicia Cinexética

    04

    08

    ACTUALIDADE FGCAxenda da Federación Galegade Caza e da Caza en Galicia

    COMPETICIÓNCampionatos Provinciais de

    Caza de Raposo

    14ESPECIALCOMPETICIÓN

    34A NOSA FEIRAPequenos anuncios

    28O RECORDOGalería fotográfica

    Campionato Galegode Caza de Raposo

    18A CAZA ENCacería tradicional en La Mancha

    Batida de corzono Tecor Os Castros

    Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

    Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

  • Galicia Cinexética

    4

    Actualidade da FGC

    A FGC crea o colectivo de Xuventudes pola Caza

    Apenas un 7% dos cazadores teñen menos de 31 anos

    Galicia perdeu entre os anos 1987 e 2014 o 50% dos cazadores -de 94.067 pasou a 46.591-, e o 35% dos que practican a caza superan os 60 anos mentres que ape-nas un 7% son menores de 31 anos. 

    A FGC, consciente do problema de relevo xeracional, ven de crear na asemblea celebrada no pasado mes de decembro o colectivo Xuventudes pola Caza, ao que se adscriben os cazadores federados menores de 31 anos. Xuventudes pola Caza nace co obxecto de promover e divulgar a caza, e tódalas actividades relacionadas con ela ou coa práctica das distintas especialidades depor-tivas tuteladas pola FGC, entre os máis mozos.

    Nos próximos días a Xunta Directiva da FGC designa-rá á Comisión de Xuventudes que estará integrada por un mínimo de catro membros, e que actuará como ór-

    gano técnico e asesor da Federación, coordinando tó-dalas actividades encamiñadas aos máis mozos. Entre as súas funcións, cabe subliñar as seguintes:

    Fomentar -entre os máis novos- a figura do cazador como ecoloxista, amante da natureza, e defensor do medio natural.

    Promocionar –entre a xuventude- a caza como de-porte saudable, que se desenvolve nun entorno ao aire libre en contacto coa natureza.

    Divulgar –entre os mozos- a caza como unha activi-dade sostible, e como elemento de conservación e re-cuperación dos ecosistemas.

    Impulsar actividades encamiñadas ao relevo xera-cional.

    Elevar proposta á xunta directiva da FGC para fo-mentar, a través da educación e da formación, as boas prácticas cinexéticas entre a xuventude.

    Asesorar á FGC en todo aquilo referente á xuventude en materia de caza

    Na sección de Xuventudes, na páxina web da FGC, po-derá consultarse toda a información e actividades diri-xidas a este colectivo.

    01

    XI Copa Provincial de Caza de Raposo en Portomarín

    Terá lugar o 13 de febreiro e serápuntuable para a Copa Galicia

    02

    Un ano máis, a Federación Galega de Caza de Lugo e a Asociación Lucense de Caza organizan o Campionato de Caza de Raposo en Portomarín que se celebrará o vindeiro sábado 13 de febreiro.

    A data de inscripción remata o venres 5 de febreiro, poderán rea-lizar dita inscripción acudindo a sede provincial da FGC de Lugo ou através do Tel.: 982 254 996 ou no e-mail: [email protected].

  • Galicia Cinexética

    5

    Actualidade da FGC

    Ponte Caldelas celebrou a“V Montería á Galega”

    Participaron medio cento de escopetas e non se estreou o marcador

    03

    O sábado 16 de xaneiro, nun día solleiro e primaveral, e tal e como ven sendo costume dende fai cinco anos, a Sociedade de Caza e Pesca “Verde Seixo” de Ponte Caldelas organiza un torneo de caza maior sobre xaba-ril, baixo o nome de “Montería á Galega”, no que neste quinto ano tomaron parte preto de 50 escopetas, pero que conta con pouca historia, pois, agás da camaradería vivida en todo momento e a boa organización, nas máis de catro horas fixadas de competición (de 09:00H. a 13:30H.), non se levantou nin un só xabaril. Pero de forma rara, aínda que non se puideran cazar, tampouco se moveu ningún corzo nin raposo. Vamos, que aqueles terreos estaban totalmente limpos de fauna.

    Un cuartel o de Chaín (A Insua), de luxo e no que, cu-riosamente, non se exerce o deporte venatorio con vis-tas a resérvalo para esta cacería, polo que sorprende

    aínda máis o sucedido. Un estrano caso que levou a máis dun a pronunciar a palabra “sabotaxe” e ao ape-sadumbrado presidente social, Xosé Ramón Blanco, a coller un desgusto monumental. Máis cando a historia repítese por segundo ano consecutivo.

    Dicir tamén, que tanto a concentración de participan-tes como a clausura do evento levouse a cabo no Bar “Alborada” de Caritel, que rexentan con tanto saber e amabilidade, José Manuel, María José e Davinia. Alí foinos servido un cocido dos que marcan época. Xan-tar de compañeirismo que serviu para por o punto e fi-nal á cacería e a que asistiron, ademáis do mandamais social, José Ramón Blanco, o presidente e vicepresi-dente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo e Alejandro Lorenzo Carregal; o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral e a súa compañeira, así como diversos directivos de Socieda-de Verde Seixo.

    Fdo: Luís Macías

  • Galicia Cinexética

    6

    Actualidade da FGC

    A tempada de caza do xabaril rematacun descenso de pezas abatidas

    O presidente da Federación Provincial de Caza de Lugo fai un balance da tempada

    04

    Os afecionados ao mundo cinexético inician a súa tempada de descanso. Polo menos no que ao xabaril se refire porque os que van á caza do raposo ainda te-ñen ata mediados deste mes para practicar este deporte. O pasado domin-go 17 de xaneiro rematou a tempada de caza do xaba-ril. Despídese ata o próxi-mo mes de agosto e faino cun descenso de pezas abatidas con respecto ao ano anterior. Anque a Federación Provincial de Caza de Lugo ainda non manexa a cifra final de animais abatidos, posto que os Tecores ainda están recopilando da-tos, o seu presidente Francisco Ló-pez Penela, fai un balance e adianta que a cifra será inferior á do ano pasado, que se saldou con máis de catro mil suidos cazados.

    Neste primeiro reconto, López Pe-nela manifestou que a reducción con respecto a anos pasados debe-se á baixada xenérica da poboación de xabaril polas diferentes comar-cas da provincia de Lugo. «Antes

    pechaba máis tarde a tempada de caza pero dende hai catro anos a superpoboación de xabaril baixou e rematouse coas batidas fora de época debido aos danos que cau-saban os animais. Tamén debido a isto empezouse a ampliar a tempo-rada de caza», explicou. As razóns ao comentado anteriormente «dé-bense a que notamos unha baixada na población de xabaril e a Admi-nistración fixo un estudo que tivo coma resultado unha baixa. Foi por isto polo que se acordou reducir a tempada de caza», matizou.

    Neste sentido, o presidente pro-vincial afirma o seguinte, «sempre

    queremos que haxa moi-ta pero temos que reco-ñecer os danos existentes que provocan na agricul-tura e os accidentes que causan nas estradas de toda a provincia». Cabe recordar que os animais salvaxes son a primeira causa de accidentes en Lugo.

    En canto ao número de Tecores, a provincia lucense con-ta con aproximadamente 160, dos cales un 90% se atopan dentro da Federación.

    López Penela asegura tamén que a caza menor é un ben escaso en Ga-licia «polo que de los 50.000 caza-dores existentes, a maioría acude ao monte á caza maior». En canto á provincia de Lugo, López Penela explica que «somos uns 14.000 mil cazadores e facemos unha labor moi importante» e lanza un aviso «se en dous anos se para de cazar, a agricultura e a gandeiría pode-rían non ser viables na provincia de Lugo».

    Fdo: A Voz de Galicia

  • Galicia Cinexética

    7

    Actualidade da FGC

    De caza nos tempos do TuentiCon 16 anos, Sofía Pena convertiuse en toda unha muller cazadora

    05

    Nos tempos do WhatsApp, do Tuenti, do Facebook, das series no ordenador ou das compras por Internet a Sofía o que lle gusta é saír ao monte a cazar. Ten 16 anos, es-tudia no instituto Francisco Aguiar de Betanzos e vive en Coruxou, un recuncho do agreste concello de Irixoa.

    Agardou con ansia o seu 16 cumpreanos, e as corres-pondentes licencias para cazar chegáronlle casi coa tempada a punto de expirar. Pero deulle tempo para disfrutar de duas xornadas de caza, perseguindo cer-vos e tentando un disparo sobre un xabaril que tivo a honra de ser o primeiro obxetivo desta xoven cazadora. Disfruta coa actividade cinexética e xa avanza que a súa licencia de caza non será flor dun día.

    «Penso que é un interese herdado. Na casa cazan o meu pai e meu tío, crieime entre armas e para min a caza é unha forma de facer deporte», sinala Sofía Pena Freire. A súa curta idade fai especial a súa presenza no monte

    dende o punto de vista administrativo. Porque mentras sexa menor de idade, non pode dispor dunha arma en propiedade. Así que caza coa escopeta de seu pai, quen está obrigado a non separarse dela a máis de cincuenta metros durante a actividade no monte.

    ¿E a caza menor? «Non me gusta», sentencia a xoven, quen atopa na lectura outra das súas grandes aficións, ademáis dos estudios. Sofía ainda recorda a cara dun dos seus profesores ao que extendeu un xustificante por ausentarse un día a clase. «No papel explicaba que estivera sacando o permiso de armas; pola súa reacción quedou bastante sorprendido».

    Fdo: A Voz de Galicia

  • Galicia Cinexética

    8

    Logo dunhas vésperas e unha noite anterior climatoloxicamente diluvianas que facíanpresaxiar o peor, o pasado día 9 de xaneiro, organizado pola Federación Galega de Caza de

    Pontevedra e tendo de punto neurálxico o Pavillón Polideportivo de Ponte Caldelas, disputouseo XXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Raposo que tivo de escenario os tecores

    de Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade e Fornelos de Montes.

    Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo

    O equipo “Silleda I”, novo campiónpontevedrés de caza do raposo

    . . . . . . .

    cita acudiron un total de 290 especialistas nesta modalidade, (había que dicir “valentes” dadas as adversidades climáticas imperantes),

    que competiron entre ás 09:00H. da mañá e 13:30H. da tarde. Catro horas e media de exercicio nas que, a pesar desa climatoloxía negativa, levantáronse 32 raposos e capturáronse 9 individuos (oito femias e un macho).

    De director da proba actuou Nicolás Castro e a clasi-ficación nos catro primeiros posto quedou deste xeito:

    1º e Campión con dous raposos, cuadrilla “Silleda I”.2º e Subcampión con igual número de pezas, “Coto-bade I”.3º “Armenteira”, tamén cun par de raposos.4º “Os Colegas”, de Lalín, con un zorro (o único macho cobrado).

    Estes catro serán os que representarán a provincia de Pontevedra no Galego da modalidade.

    Comentar tamén, que logo de facer o reconto de pezas e un equipo veterinario levar a cabo un exhaustivo exa-

    A

    Competición

    Fdo: Luís Macías

  • Galicia Cinexética

    9

    me dos animais abatidos, levou-se a cabo o tradicional xantar de confraternidade, asistindo o mes-mo os presidentes dos tecores anfitrións, así como varias auto-ridades locais, provinciais e au-tonómicas, cos presidentes fede-rativos de Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeiras e da Galega,

    Xavier Nogueira Diz, e mailo Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, presidindo a mesa. Logo da mandu-ca e antes de proceder-se a clausura do evento, entregóuselle uns aga-

    sallos a tódolos cazadores. Men-tres os presidentes da sociedades que cederon os terreos recibían tamén un recordo. Seguidamen-te procedeuse a entregalos di-plomas acreditativos e trofeos correspondentes aos gañadores. Clausurándose a continuación o evento.

    Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo

    O equipo campiónfoi “O Irixo”

    de caza do raposoO pasado 9 de xaneiro, na localidade de Piñor,

    disputábase unha edición máis do Campionato Provincialde Ourense de Caza de Raposo. Un campionato que sen

    dúbida estivo marcado polo tempo chuvioso quecomplicou en gran medida o desenrolo do mesmo.

    oa colaboración do Tecor de Pi-ñor a Federa-

    ción Galega de Caza en Ourense organizaba esta fase provincial de Caza de Raposo na que resul-taba gañador a cuadrilla “O Irixo” ao entrar en control con unha cap-tura.

    A este equipo acom-pañarao o equipo “La-mela” de Nogueira de Ramuín conformando a representación de Ou-rense no vindeiro Cam-pionato Autonómico da especialidade.

    C. . . . . . .

  • Galicia Cinexética

    10

    Competición

    Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

    “Parrillada Antonio”campión provincialO pasado 9 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

    nos terreos dos Tecores de Triacastela e Santa Bárbara de Láncara e Sarria.. . . . . . .

    proba estivo organizada pola Federación Ga-lega de Caza en Lugo que contou coa colabo-ración das Sociedades de Caza dos Tecores

    mencionados anteriormente.

    Participaron 16 equipos que baixo unha climatoloxía nada favorable para a práctica da caza, sobre todo para os equipos que cazaron en Triacastela, conseguiron avistar un número elevado de raposos baixo unha in-tensa choiva que non cesou no transcurso do campio-nato.

    A pesares de todo, o número de capturas foi significati-vo acadándose un total de 31 capturas, o que da idea do alto nivel competitivo dos participantes e os seus cans baixo condicións desfavorables.

    Foi o equipo “Parrillada Antonio” o que obtiña o pri-meiro posto con 5 capturas seguido en segunda po-sición polo equipo “Cordal de Ousa” con 4 capturas. Con tamén catro capturas pero en terceira posición re-mataba o equipo “Aparta que ahí vamos”. A estes tres

    A

  • Galicia Cinexética

    11

    Campionato Provincial de Caza de Raposo de A Coruña

    O equipo “Raposeiros de San Mamed” foi o primeiro clasificado

    Organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña o pasado 9 de xaneiro desputábase unha das probas máis destacadas de dita Federación provincial polo número de

    cazadores que congrega. Nesta ocasión ata 440 cazadores se citaron neste Campionato Provincial de Caza de Raposo.

    mal tempo non ame-drentou aos cazadores que gozaron dunha dura

    xornada de caza na que avistaron un total de 36 raposos e conse-guiron abater 18.

    Foi o equipo “Raposeiros de San Mamed” o que obtivo o título de Campión Provincial cun total de 1.000 puntos. Co mesmo núme-ro de puntos remaban os equipos “Raposeiros do Castro” e “O Axexo” en segunda e terceira po-sición respectivamente.

    A estes tres primeiros clasifi-cados acompañaraos o equipo

    “Bordeando” conformando a se-lección que representará A Coru-ña no vindeiro Campionato Ga-lego de Caza de Raposo.

    Durante a entrega de trofeos, tivo lugar unha emotiva home-naxe a Avelino Vázquez, xefe de cuadrilla os últimos anos de Os Raposeiros do Castro, segundos clasificados.

    Un xantar de confraternidade e a entrega de trofeos por par-te das autoridades alí presen-tes puxo o punto e final a esta edición provincial de Caza de Raposo.

    O

    . . . . . . .

    equipos acompañaraos o equipo “A Xesteira” conformando a re-presentación lucense no vindeiro Campionato Galego da especia-lidade.

    O acto de clausura e a entrega de trofeos deste campionato tivo lu-gar no Hotel Alfonso IX de Sarria,

    ocupando a mesa presidencial, as alcaldesas de Sarria e Triacaste-la, Pilar López Yáñez e Olga Igle-sias Fontal, o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, o Comandante do Posto G. Civil de Samos e os Presidentes dos Teco-res de Triacastela, Fco. Javier Po-rral e Santa Bárbara, José Rego. 

  • Galicia Cinexética

    12

    Competición

    Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

    A sorte deu como gañadora Francisco Vidal

    O pasado sábado 16 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña deCaza de Arceas 2016 que era acollido polos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores

    de Lousame-Noia e organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

    . . . . . . .

    ta un total de 27 becadeiros tomaron saída nesta fase provincial na que o tempo acom-pañou á boa práctica cinexética pero na que

    faltaron as arceas. Non foi esta unha tempada de altas densidades de arceas e isto fixo que neste campionato houbese 16 avistamentos e ningunha captura.

    Rematada a proba tivo lugar o sorteo para discernir a clasificación final. A sorte estivo a carón do cazador Francisco Vidal Añón que se fixo co título provincial. Francisco Javier Alonso Fiaño e Javier López Cendán remataban en segunda e terceira posición respectiva-mente.

    Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazado-res Matías Lorenzo Barreiro, Oscar Suárez Ventoso e Víctor Moreira Graíño conforman a selección provin-cial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2016.

    Na entrega de premios estiveron presentes a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde Pais, o vicepresi-dente da Sociedade de Caza, José Somoza Martínez e o secretario Ramón Abeijón Villaverde. O ente federati-vo provincial estivo representado polo vicepresidente Pedro Nieto González e polo responsable de competi-cións Marcial Ramil Hermida. Un xantar de irmandade puxo o colofón a este campionato provincial.A

  • Galicia Cinexética

    13

    Competición

    Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

    Jaime Pintos acadou o campionatoNo Tecor ourensán de Baltar disputouse a edición provincial do Campionato de Caza

    de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coacolaboración de dita Sociedade de Cazadores.

    . . . . . . .

    campionato resultou ser un éxito, tanto polo cambio de data de celebración, como polo Tecor elixido –o mellor da provincia para esta

    especie-, e mesmo pola climatoloxía que foi perfecta para a caza da ar-cea. A participación foi a maior dos úl-timos anos, con 14 cazadores inscritos que puideron gozar dunha excelente xornada de caza de arceas, na que se avistaron más de 10 pezas.

    Foi Jaime Pintos Davila coa súa ca-dela “Hydra de Pasarin” o que, con unha arcea abatida, se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en José Carlos Otero Pérez con “Luna da Lobada” namentres que o terceiro posto era para Jesús Muñoz Martínez con “Mara”.

    A selección de Ourense que participará no vindeiro autonómico da especialidade será representada po-los tres primeiros clasificados mais Roberto Migue-lez Sainza con “Luna” e Artemio Formoso Barro con “Tuka”.

    O

  • Galicia Cinexética

    14

    Especial competición

    contecemento no que participaron  un total de 15 equipos (150 cazadores) previamente cla-sificados nas fases precedentes, e que tivo de

    punto neurálxico o Hotel “O Pozo” de A Cañiza, onde se levou a cabo a concentración, saída, entrega de pezas e a clausura do torneo. Campionato no que os partici-pantes dispuxeron de catro horas e media de cacería (de 09:00H. a 13:30H.), nunha mañá máis ben fría. Neste tempo levantáronse 15 raposos e capturáronse un total de cinco pezas, aínda que unha non puntuou ao chegares fora de hora ao posto de control.

    A cuadrilla “Os Intocables” de Mazaricos gaña oCampionato Galego

    Campionato Galego de Caza de Raposo en A Cañiza e As Neves – Pontevedra

    Dous raposos capturados no ecuador da cacería déronlle a victoria á cuadrilla “Os Intocables”de Mazaricos (A Coruña), na Final Autonómica de Caza do Raposo que se levou a cabo o

    domingo 17 de xaneiro baixo a organización da Federación Galega de Caza, nos Tecores dassociedades Caza e Pesca da Cañiza e “Santa Bárbara” de As Neves.

    A

    Texto & FotografíaLuís Macías

    . . . . . . .

    O equipo “Os Intocables” de Mazaricos foron os campións.

    Representantes federativos cunha cuadrilla no monte.

  • Galicia Cinexética

    15

    Especial competición

    Clasificación1º e campión, “Os Intocables” (Mazaricos),con 2 raposos

    2º e subcampión, “Raposeiros de San Mamede”(Dumbría), con 1 raposo

    3º “Aparta que aí vamos” de Cospeito (Lugo),con 1 raposo

    Arrinque do campionato.

    Cazador no comenzo da competición.

    Cazador agardando a chegado do raposo.

    Equipo lucense de Cospeito, terceiro clasificado.

    Recollendo os cans.

    Brindis campestre.

    Cazador cun dos raposos abatidos.

  • Galicia Cinexética

    16

    Especial competición

    Saliantar, que a pesar de acadarse unha percha xeral tan cativeira, con tódalas cuadrillas que falamos amosáronse satisfeitas da organización e dos escenarios escollidos para a proba, pero tamén un tanto contrariados pola abundancia de corzos que fixo que os cadelos se lles fosen detrás deles case que toda a mañá o que supuxo que moitas apenas puideran cazar o raposo.

    Esta final viuse arroupada por diversas auto-ridades locais e provinciais, entre as que se atopaban Daniel Benavides, Xefe de Depor-tes da Xunta de Galicia en Pontevedra; Pablo Cabellero Javierre, Xefe do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia en Pontevedra; Mi-guel Adolfo Domínguez, alcalde da Capital da Paradanta; Fernando González Fernán-dez, Xefe do posto da Garda Civil de A Cañi-za, varios federativos como Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral da Federación Gale-ga de Caza. Francisco Couselo Castiñeiras, Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra. Responsables das sociedades anfi-trioas, Ramón Rodríguez e Xavier Sobrado. E, presidindo a Mesa de Autoridades, Javier No-gueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, que fixo uso da palabra, ao igual que o Alcalde e que Pablo Caballero, o remate do xantar de confraternidade, poñendo todos eles de manifesto a importancia que ten a caza e o bo facer dos cazadores neste eido.

    Concluídas as oratorias procedeuse a entrega de distincións, placas, medallas e agasallos os gañadores. Amosándose o equipo vencedor, “contentísimo de haber gañado este importante Campionato no que compiten os mellores de Ga-licia”, sentenciaron.

    Cazadores que fixeron diana no equipo gañador.

    Panorámica da comidade de irmandade.

    Primeiro e segundo equipo clasificado xunto á mesa de autoridades.

  • Galicia Cinexética

    17

  • Galicia Cinexética

    18

    A caza en

    l cuartel general, como viene siendo habitual desde hace algunos años, lo fijamos en la Casa Rural, “La del Alba Sería”, en Argamasilla de

    Alba y el primer día de caza lo comenzamos muy de mañana con mucha tensión, nervios y un desayuno a base de chocolate, porras y churros en la famosa chu-rrería local, Nuestra Señora de Peñarroya. Terminado el almuerzo, salida rápida para el cazadero a patear monte con un grupo de cazadores madrileños (Simón, José Francisco, Paco, Manuel…), manchegos (Enrique, Eusebio, Rafael, Julio, Tomás, Almarcha…) y gallegos (Álvaro, Roger, Satur y Andrés), por la meseta caste-llana, paraíso que sigue siéndolo, de la caza mayor y menor de España.

    Coto “La Atalaya” En esta jornada de estreno venatorio cazamos en el

    coto “Atalaya” (Puerto Lápice) en una mañana fría como corresponde al mes de diciembre, y en un acota-do de poco más de 1.100 Has. en el que el conejo y la liebre son las especies más representativas, junto a la perdiz, paloma torcaz y el zorzal, en lo que a caza me-nor se refiere. En mayor únicamente cuenta con la pre-sencia del jabalí. La modalidad a que dedicamos la bre-ga mañanera fue a la modalidad de “al palo” o “al salto” dándose regular la mañana ya que el conejo, resabiado a esas alturas de la temporada, permanece todo el día en la madriguera o se mete en ella al menor atisbo de peligro; mientras la perdiz, además de poca, a las pri-meras de cambio pone tierra de por medio levantándo-se a distancia inalcanzable. Así las cosas, sobra decir que la percha general se saldó con muy pocas piezas. Poco más de una docena de conejos, tres liebres, dos palomas y para de contar.

    Paraíso de la caza mayor y menor de España

    Cacería tradicional en La Mancha

    Esta crónica la hacemos desde Castilla-La Mancha y más concretamente, desde el municipio de Puerto Lápice. Pueblo manchego que, al igual que toda esta estepa, goza de una bien ganada po-

    pularidad cinegética al existir muchos y buenos cotos de caza mayor y menor en su territorio.Y aquí precisamente hemos estado un equipo completo de “Lumavisión Galicia” para rodar un

    documental sobre la actividad venatoria y más concretamente sobre la caza menor practicada de manera tradicional por estos pagos. Un reportaje que dentro de poco veremos en varias televisiones y en el que no sólo hablaremos de la actividad cinegética, sino también, en la medida de lo posible,

    del ajetreo que viven en un fin de semana los “discípulos” de San Huberto.

    E

    . . . . . . .

    Texto & FotografíaLuís Macías

    Filmando junto con un cazador.

  • Galicia Cinexética

    19

    A caza en

    A mediodía, una hora no muy acertada, el dueño del coto, Martín Perales, con toda buena fe, decidió dar un ojeo de liebres para que los invitados disfrutasen pe-gando tiros a la rabona. Pero no fue así, pues a la in-tempestiva hora, se le unieron otros factores negativos como los podadores ejerciendo su trabajo por los viñe-dos, la escasez de ojeadores y el no cubrir debidamente el terreno, lo que hizo que muchas liebres saliesen por los flancos. Así las cosas, únicamente se podía esperar el fracaso cosechado con tan sólo media docena de ra-bonas capturadas. Y decimos “sólo” ya que liebres “ha-berlas hailas” en este acotado. Con la moral “alta” a pesar de lo mal que se diera el ojeo lebrero, y cuando las manijas del reloj marcaban las tres de la tarde nos fuimos a reponer fuerzas, transcurrien-do la manduca en la misma casa de la Finca. Un yantar campero a base de asado y guiso de cabrito lechal que, todo sea dicho de paso, estaba extraordinario. Como ex-traordinario fue compartir mesa y mantel con colegas de afición y amigos madrileños, manchegos y gallegos, que hasta allí habían llegado para pasar no sólo un día de caza, sino también de confraternización y amistad.

    De todas maneras, a pesar de lo rico que estaba el ca-britillo y lo animado de la tertulia, la llamada del monte sonaba con fuerza en lo más hondo de unos cazadores ansiosos de dar rienda suelta a su afición… Así que, casi sin ingerir el último bocado, partíamos para el cerro en busca de fauna cazable a que dispararles. Una tarde que resultó corta y, dentro de lo que cabe, más prove-chosa que la mañana ya que todos vieron caza, tiraron y disfrutaron más o menos bien en un monte con bas-tante vegetación.

    Fiesta gallegaY por la noche “fiesta” en el Bar-Restaurante “El Caza-dor”, en Argamasilla de Alba. Los cazadores gallegos

    Instantánea del grupo.

    Cazata de la jornada.

    Cazador con conejo.

  • Galicia Cinexética

    20

    A caza en

    llevaron cantidad de productos de la tierra para cele-brar la acostumbrada “Cena de Hermandad” a la que asistieron una treintena de personas relacionadas con el mundo de la caza, la política y la cultura. Cigalas, em-panadas variadas, mejillones de batea, queso de tetilla, bizcocho…, hicieron las delicias de los paladares pre-sentes, no faltando el Ribeiro (Bodegas: Elisa Collarte y Costeira) ni la Queimada. Por no faltar no faltó ni la música, pues el famoso dúo vigués “Sabor Latino” fue el encargado de animar musicalmente la celebración como solo ellos saben hacerlo. Una velada, sin duda, para guardarla en el baúl de los mejores recuerdos.

    DomingoY llegó el domingo. Segundo y último día de actividad venatoria en el que los cazadores ocuparon su tiempo ejerciendo en los cotos de “La Ventilla” y “Los Cerri-llos”. Por la mañana el anfitrión fue Eusebio Jareño, y por la tarde Pedro y Javi Rodríguez. Tres grandes caza-dores y buenos amigos.

    Llegados a la casona de “La Ventilla” y con todo a pun-to, iniciamos la cacería en una mañana tan fría como alegre, en la que se dejó ver mucha caza, perdiz sobre todo, ojeamos varios y bonitos episodios en los que, como siempre, tuvieron un protagonismo especial los perros. Sin embargo, la prisas en apretar el gatillo, el desconocimiento de las querencias de la caza y lo rece-losas que están las especies cazables a últimos de año, fueron los causantes de que la percha general, visto lo visto, no fuese todo lo abundante que debiera. Un aco-tado muy cuidado, que linda (se mete en medio) con los del conocido cazador y empresario Juan Abelló, “El Ovillo” y “Las Chimeneas”, que son auténticas reservas de caza, y en el que ejercer es todo un lujo sólo al alcan-ce de unos pocos.

    Bien, pues hecho el recuento de piezas y con Tomás Cantón anunciando que nos esperaba un estupendo guiso de conejo, el que más y el que menos se apresuró a recoger bártulos, guardar los canes y buscar sitio en la mesa. Un estofado que estaba rico, rico, como lo esta-ba el vinillo. Pero la sobremesa y la interesante tertulia en la que se rememoraban los lances y se comentaban

    Guiso de conejo.

    Grupo delante del Bar Cazador.

    los fallos, fue corta ya que “Los Cerrillos” esperaban. Un acotado muy próximo a la “La Ventilla”, en el que ya se disfrutó otros años de su riqueza y que tampoco defraudó al personal en esta ocasión, a pesar de no ha-berse elegido la mejor opción ya que el área o cuartel escogido no es de lo mejor del coto. Aún así, nadie salió defraudado ya que se movió caza, se disparó y se efec-tuaron algunas capturas, a pesar de estar movidas las piezas al haber andado allí por la mañana otra cuadrilla.

    La verdad es que si tuviésemos que explicar lo vivido estos días en relación con la ardor cinegético puesto de manifiesto por los cazadores, diríamos que la caza es algo que surge desde lo más hondo del ser humano.

    Una pasión y una necesidad que acompaña al hombre desde que nace. Un deporte o actividad, por otro lado, que ejerciéndola te posibilita la oportunidad de cono-cer otros pueblos, otras gentes, otras costumbres, otras tradiciones. La gastronomía de otros lugares, otras for-mas de vivir y, lo mejor, te proporciona hacer amigos, como nosotros hemos hecho, un años más, en Castilla-La Mancha.

    Y así, limitados por el espacio, ponemos el punto fi-nal a esta crónica de un fin de semana cinegético lleno de pasión, nervios, intensidad y disfrute en esa plani-cie castellana que Miguel de Cervantes inmortalizó en la mundialmente conocida novela, “Don Quijote de La Mancha”, y lo hacemos con un agradecimiento espe-cial para todas aquellas personas, organismos e insti-tuciones que de una u otra manera han colaborado con nosotros, especialmente para Antonio Cantón y Luís A. Fernández, del Bar “El Cazador”; Daniel Martín, del coto “Atalaya”; Pilar Serrano, de la Casa Rural “La del Alba Sería”; Eusebio Jareño, del coto “La Vecilla”; Javi y Pedro, del coto “Los Cerrillos” y para el Guarda Mayor de La Mancha, Regino Parra.

  • Galicia Cinexética

    21

    A caza en

    ovamente deixamos atrás unha xornada cinexética no Tecor Os Castros, fi-

    cando agora o reto de combinar a caza de corzo femia e raposo para o finde do 16 e 17 de xaneiro de 2016, desta volta xa non era tanta a novidade e os previos, difusión do evento e contactos varios le-váronse con maior tranquilidade, malia isto, pensamos que a tan anunciada licencia de caza única pola Xunta, podería permitir dar-lle moito máis pulo a este evento, pois compre ter en conta que se

    ben esta actividade cinexética non é unha actividade económica, é un Social de Caza, existen moitos compañeiros de afección doutras rexións e comunidades autónomas que ollan con moito interese esta experiencia, pero que, a extrema dificultade que reviste a obtención da nosa licencia de caza galega non lles permite poder compartir con nos e, dalgún xeito sempre fan o gasto na nosa terra, moito ó con-trario das cantidades inxentes de cazadores que seguen a “invertir” nesta pasión nosa, tanto na menor

    como na maior aló do Cebreiro e, en moitas ocasións na tan famosa caza de bote. En fin, que aínda que-da camiño.

    O que si é unha realidade é que se-guen existindo afeccionados pola caza, e pola caza coas armas de avancarga e armas antigas carga-das coa pólvora negra, e aínda máis unha realidade o feito de que no noso país seguen existindo moitos cazadores que temporada tras tem-porada foron sacando os “cursos” de írense rehabilitando da caza me-

    Cazando con armas deavancarga e armas antigas cargadas coa pólvora negra

    Batida de corzo no Tecor Os Castros (Lugo)

    A sensación segue sendo a mesma, non mudamos nada, o alugueiro físico reséntesenovamente, pero unha vez rematada a cacería, coa volta á rutina, a esencia pídenos revivir

    a experiencia da caza coa pólvora negra e con esas armas con encanto, que piden unplus de pericia e tranquilidade

    N

    . . . . . . .

    Texto & FotografíaChristian López

    Armas e boletus.

  • Galicia Cinexética

    22

    A caza en

    nor para a maior ó obxecto de seren auténticas cuadrillas para o corzo, pois efectivamente este é o caso da cuadrilla de A Vide quen nos aco-lleu, nunha nova ocasión para com-partir unha xornada especial, pois precisamente a súa totalidade de compoñentes son compañeiros que proveñen da caza menor, principal-mente pelo, coello e raposo, quenes na última década viñeron adaptán-dose ás modalidades colectivas que mellor encaixe lles da, raposo e cor-zo. Pero sobre todo o que compar-ten é compañeirismo, pasión pola caza e moita experiencia, tede en conta que entre as súas filas con-tan incluso con algún cazador que, como o señor Julio de Monforte, con 80 anos e coa súa escopeta Franchi de “muelles” e cos seus cans beagle aínda se atreve, ó seu paso e ó tempo que vai liando un ci-garro de picadura, dar monte!!! Sen dúbida exemplos vivos, nos que temos que ollarnos para baixarnos moitas veces dun falso elitismo que en moitos casos se lle quere dar á maior actualmente, pois todos te-mos cabida nesta modalidade.

    Nesta ocasión poidemos afrontar unha xornada máis extensa xa que non tivemos a compaña da néboa e por tanto foi festa todo o día, é unha ventaxa que ten estarmos a cazar entre Següín e o alto de Guítara, zo-nas ademáis onde están garantidas

    Carga Manolo que vai.

    xornadas cinexéticas con seguro de “antinéboa”, unha zona que está adornada polos regos que van fu-xindo cara Ferreiroá da auga da que se suministra a traída municipal do noso concello e pola actuación das comunidades do monte veciñal en man común que nos achegan unha zona de plantación de piñeiros, castiñeiros acoutados por bos cor-talumes que facilitan as posturas. E xa se sabe que se non hai néboa ou dende o alto podemos ollar todo o val de Lemos, será ou porque esta-mos no verán ou porque se nos pre-para unha boa man de auga, malia isto, o tempo deu en mollarnos cun-ha choiva miudiña a ratos durante pola mañá e, unha tarde fresquiña e seca pola tarde. Esto fixo que na corda de postos da mañá, aqueles que non viñamos preparados para a auga, tivéramos algunha dificulta-

    de para realizar as cargas nas armas de avancarga. Durante toda a mañá víronse corzos entrando ós postos, maioritariamente corzas, a pesares da expectación que se xerou en tor-no á cuestión de se procedía a caza de femias nesta temporada ou non, aínda que se fixeron moitos avis-tamentos nos postos as sorpresas foron maiúsculas e os proxectís seguramente farían o efecto “ma-trix” e non conseguían espetarse nos corzos, aínda que xa viñamos avisados do xogo que dan os corzos nas nosas famosas batidas. Pois os brincos das nosas cabras son a me-llor pantalla antibala o que xuntado coa súa curiosidade en pasear unha e outra vez nos postos nas nosas cacerías.

    Contra as 13:30H., recóllense os cans, e procedemos a darnos unha

  • Galicia Cinexética

    23

    A caza en

    homenaxe de productos da terra na hostalaría local de Pantón, nes-ta vez tocounos visitar o Restau-rante Carabelos, un sitio amable e tranquilo a carón da praza do concello en Ferreira onde se pode desgustar unha cociña caseira, ou que aínda que actualizada, fan que nos sintamos tan a gusto como se se tratara de xantar na nosa casa, xa sabedes, polbo, callos, carne ao caldeiro, churrasco, bacallau, todo con postres caseiros e bos queixos do país e unha gota de mencía para espantar o fresco.

    De volta do xantar, damos a derra-deira postura, que ó coincidir nun plantío de piñeiros máis limpo, permitiu uns avistamentos masi-vos de corzos, mellores ocasións de tiro e desta volta si permitiu culminar a tarde coa caza dun exemplar de corzo macho bas-tante xeitoso, aínda que o trofeo da cornamenta non sexa o máis significativo, pois como todos sa-bedes na nosa terra xa nunca lle demos moito aprecio ós “cornos”, xa de sempre valoramos mellor o bocado da carne que nos aportan estas especies cinexéticas que en dotar as nosas vivendas de mauso-leos de capreolus.

    A tarde proporcionou un bo ensaio para probar as nosas armas, tanto de avancarga como de cartuche-ría metálica, as entradas foron, como vos contamos, variadas e foi moi semellante a radiar un parti-do de fútbol polas características do “campo de xogo”, piñeiral ben limpo que nos daba a ver as xoga-das dos corzos ó entrar nos postos veciños e para acenarlle ó compa-ñeiro que alí lle ía, ou aqueles que tiñan a emisora, seguir o acontecer da nosa liga tan particular, e con tanta experiencia xa supoñedes o tensionamento que ten saber que os compañeiros teñen posto o rabi-ño do ollo cando che toca disparar, tensión a tope e perda na percep-

    Desta volta foi, cazadores e trofeo.

    Manuel, Avelino, Xabier e Manolo.

    O señor Julio con 80 anos monteando e fumando picadura.

    ción das velocidades puntas dos nosos corzos que meten o turbo ese que fai imposible frealos, con estas peripecias e andanzas é can-do se agradece que a oferta cinexé-tica sexa a da cabra pola tranquili-dade engadida que supón un mal tiro que poida ferir no canto de ter sido, por exemplo, un xabarín. Destas teremos máis, neste novo ano que entre, polo que agora toca

    facer unha boa limpeza dos nosos vellos trastos, xa sabedes que a maioría de nos facemos esta lim-peza con auga moi quente e xabón, eso sí acompañado logo dun se-cado rápido e dunha boa película de bon aceite de armas para voltar as nosas ferramentas á caixa das armas ou, no caso de algún, a vi-trinas ou colgadas das chemineas francesas.

  • Galicia Cinexética

    24

  • Galicia Cinexética

    27

  • Galicia Cinexética

    28

    O recordo

    04. Cuadrilla xabarileira“Os raposos de Rodeiro”.

    05. A cuadrilla San Miguelabate un xabaril de 138 kg

    .06. Cacería na montaña lucense.

    05

    01. Xabariles de 145 kg e 115 kg cazadospola cuadrilla Rua.

    02. Bos exemplares.

    03. Xornada de faisáns.

    06

    01

    02

    SE QUERES PUBLICAR AS TUAS MELLORES FOTOS NESTA SECCIÓN,ENVÍANOLAS A: [email protected]

    OU A TRAVÉS DE WHATSAPP NO 619 644 006

    04

    03

  • Galicia Cinexética

    29

    11

    O recordo

    10. Xabariles de 70 e 91 kg. cazados pola cuadrilla “Jai Jai” de Ribadeo.

    11. Boas capturas entre amigos.

    12. Cuadrilla “Boinas Verdes”.

    08

    07. Xabaril de 142 kg cazado enLalín pola cuadrilla do “Gaiteiro”.

    08. Raposo abatido por Andrésno Tecor O Faisán de Ribadeo.

    09. Bon día no Tecor de Remourelle.

    09

    07

    12

    10

  • Galicia Cinexética

    30

    O recordo

    16. A cuadrilla Macareno deMuxía coa cuadrilla Ortigueira.

    17. Bonito exemplar abatido porFelipe Toba en Ortigueira.

    18. Boa cacería en Pazos de Borbén.

    17

    16

    15

    13. “Os Lobos” de Cartelle.

    14. Cuadrilla de Cordido (Foz), co resultado dun xabaril de 140 kg. e outro de 90.

    15. Xabaril de máis de 100 kg de peso abatido polo presidente da FGC, Javier Nogueira,no Tecor de A Laxe.

    18

    13

    14

  • Galicia Cinexética

    31

    O recordo

    23

    22. Despois dun bo traballo chega a recompensa.

    23. Cuadrilla “Sus Scrofa” de Carnota.

    24. Dous días de caza de arceasno Tecor Balsego en Muras.

    20

    19. Bon fin de semana para a cuadrillade Piñeiro no Tecor de Silleda.

    20. Disparo certeiro.

    21. O binomio cans e cazadores da o seu froito.

    21

    19

    24

    22

  • Galicia Cinexética

    32

    O recordo

    28. Cacería no Tecor O Bolo-Xigua polaPeña Valdanta na que se abatiron

    estes 17 xabariles e escaparon moitos mais.

    29. Cazadores de Carnota con este triplete de xabariles.

    30. Xabariles abatidos en Carnotao pasado 29 de novembro.

    29

    28

    27

    25. Outra imaxen máis de dúas xornadas de caza no Tecor Balsego en Muras.

    26. Modesto e Alejandro con dous xabariles de 120 kg que abatiron os compoñentes da cuadrilla Cariño 2.

    27. Alex cun macareno de 130 kg.abatido coa cuadrilla Cariño II.

    30

    25

    26

  • Galicia Cinexética

    33

    O recordo

    35

    34. Magnífico xabaril.

    35. Moi boa cacería de zorro en O Cádavo pola cuadrilla “Parrillada Antonio”.

    36. Joaquín e Núñez cunha boa alfombra raposeira.

    32

    31. Primeiro xabaríl de 123 kg abatido por Iría noTecor de Sober, quere adicarllo ao seu avó.

    32. A cuadrilla “Rei de Copas” consegue abatir este xabaril de 130 kg no Tecor de O Irixo pero perde oseu mellor can, o levandador e valente “Rei”.

    33. Benito, cazador do Carballiño, cunhaboa percha por terras de Castela.

    31

    36

    34

    33

  • Galicia Cinexética

    34

    A nosa feira

    SENDO SUSCRIPTOR PODERÁS INSERTAR GRATIS PEQUENOSANUNCIOS TÓDOLOS MESES NESTA SECCIÓN. SO TES QUE CHAMAR O 619 644 006

    OU ENVIAR UN EMAIL A [email protected]

    Véndense cans de rastro de xa-baril, cazando a traílla e soltos a toda proba.Telf.: 639 694 537 / 629 674 144

    Véndense Astur-cántabros ini-ciados a traílla e soltos, también perros limpios y cachorros. Ra-món Asturias, seriedade.Telf.: 620 868 265

    Vendo cans cazando o coello e cachorros de podenco maneto. Zona Pontevedra.Telf.: 667 755 497

    Vendo podencas coelleiras ca-zando. Próbanse no monte.Telf.: 677 118 584

    Véndense podencos adultos cazando e cadelos inciados. Línea de sangue propia. Moi fortes.Telf.: 678 507 660

    Véndese cadela bruno de xura de 3 anos cazando moi ben.Telf.: 679 277 412

    Véndense cans de xabaril de solta ou corda, traballando ben.Telf.: 630 972 129

    Véndense 3 cadelas de coello mestizas de 9 meses, iniciadas, pais moi cazadores.Telf.: 656 356 317

    Véndese cachorra de 4 meses de setter inglés con pedigree. Prezo 160 €:Telf.: 607 802 850

    Véndense cachorros de bea-gles, fillos de campións en probas de rastro de coello.Telf.: 608 193 916

    Véndese femia de setter inglés cazando e portando moi ben.Prezo: 400 €. Telf.: 607 802 850

    Véndese cadela de talla grande de dous anos cazando.Telf.: 679 103 258

    Véndese cachorro Beagle bi-color nacido o 10/6/15. Pais cam-pións en probas de rastro.Telf.: 608 193 916

    Cambiase cadela cazando a perdiz por can de raposo.Telf.: 654 166 818

    Véndese escopeta de tiro o pla-to. Marca zabala. A estrear.Prezo de 1.000 euros.Chamar de 7 a 9 da tarde.Telf.: 988 219 556

    Vendo carabina de aire com-primido marca Cometa Feniz 400 cal. 4,5. Con factura de compra.Telf.: 679 103 258

    ANUNCIOS CON FOTOS GRATIS

    Tel.: 687 393 656

    Véndese rodas con discospara Suzuki Vitara 195/80/15.

    Atendo whatsapp.

    Tel.: 610 256 091

    Véndese rifle calibre 22.Marca Sako. Alta calidade. Prezo 250€.

    Tel.: 626 407 179

    Véndese cachorrosde oito meses Bruno de Jura.