2
AS CANTIGAS DE AMIGO QUEN FALA? A voz poética ou o “eu” lírico (non confundir con autoría) Unha moza expón os seus sentimentos amorosos PALABRA CLAVE amigo (“amado”) TEMA(S) Destaca a evocación do amigo, que soe estar ausente, que se pode concretar en subtemas como o amor entre a moza e o amigo, a oposición da nai e das irmáns, a axuda das amigas para que intercedan, a coita ou a tristura da ausencia, a ledicia polo retorno e o encontro co amigo, o desexo de atopalo, etc. VOCES Monologadas ¡Ai, eu coitada, como vivo en gran cuidado por meu amigo que ei alongado! Muito me tarda o meu amigo na Guarda! Afonso X Dialogadas Digades, filha, mia filha velida, porque tardastes na fontana fría. Os amores ei... Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte á augua volvían. Os amores ei. Pero Meogo COMO SE DIRIXE AO AMIGO? Directamente Fals'amigo, per boa fe, m'eu sei que queredes gran ben outra molher e por mí ren non dades, mais, pois assí é, Afonso Mendez de Besteiros Indirectamente Vistes, madre, quando meu amigo pos que verría falar comigo? Hoje día cuidades que venha? Joam Perez de Avoín PERSONAXES: A moza, o amigo, a nai, a irmá, a(s) amiga(s) e a natureza. AMBIENTES: Rural-populares, domésticos ou cortesáns SÍMBOLOS Son imaxes propias da lírica popular e nelas os elementos da natureza xoga un papel fundamental como confidentes do amor ou como símbolos deste mesmo amor: a auga como símbolo de fertilidade; o mar como símbolo de separación entre os amados; o vento e os cervos son símbolos virís; a fonte, a auga e os cabelos símbolos femininos; etc. En definitiva, xógase con dúas lecturas: son descricións de escenas cotiás ou expresión da sensualidade e erotismo.

esquema cantigas amigo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Lírica Trobadoresca Galego-Portuguesa. Esquema das Cantigas de Amigo. Caracterización, recursos e tipoloxía.

Citation preview

Page 1: esquema cantigas amigo

AS CANTIGAS DE AMIGO

QUEN FALA? A voz poética ou o “eu” lírico (non confundir con autoría)

Unha moza expón os seus sentimentos amorosos

PALABRA CLAVE

amigo (“amado”)

TEMA(S)

Destaca a evocación do amigo, que soe estar ausente, que se pode concretar en subtemas como o amor entre a moza e o amigo, a oposición

da nai e das irmáns, a axuda das amigas para que intercedan, a coita ou a tristura da ausencia, a ledicia polo retorno e o encontro co amigo, o

desexo de atopalo, etc.

VOCES

Monologadas

¡Ai, eu coitada, como vivo en gran cuidado

por meu amigo que ei alongado!

Muito me tarda

o meu amigo na Guarda!

Afonso X

Dialogadas

Digades, filha, mia filha velida,

porque tardastes na fontana fría.

Os amores ei...

Tardei, mia madre, na fontana fría,

cervos do monte á augua volvían.

Os amores ei. Pero Meogo

COMO SE

DIRIXE AO

AMIGO?

Directamente

Fals'amigo, per boa fe,

m'eu sei que queredes gran ben

outra molher e por mí ren

non dades, mais, pois assí é,

Afonso Mendez de Besteiros

Indirectamente

Vistes, madre, quando meu amigo

pos que verría falar comigo?

Hoje día cuidades que venha?

Joam Perez de Avoín

PERSONAXES: A moza, o amigo, a nai, a irmá, a(s) amiga(s) e a natureza. AMBIENTES: Rural-populares, domésticos ou cortesáns

SÍMBOLOS Son imaxes propias da lírica popular e nelas os elementos da natureza xoga un papel fundamental como confidentes do amor ou como

símbolos deste mesmo amor: a auga como símbolo de fertilidade; o mar como símbolo de separación entre os amados; o vento e os cervos

son símbolos virís; a fonte, a auga e os cabelos símbolos femininos; etc. En definitiva, xógase con dúas lecturas: son descricións de escenas

cotiás ou expresión da sensualidade e erotismo.

Page 2: esquema cantigas amigo

TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO

- Alba: está ambientada no mencer, momento de separación dos amantes.

- Bailadas: cantigas de ton festivo nas que se convida á danza.

- Barcarolas ou mariñas: fan referencia ao mar, normalmente porque están ambientadas na ribeira.

- Romaría: a acción desenvólvese arredor dunha ermida ou un santuario.

Por fazer romaría pug'en meu coraçón a Santiag'un día, por fazer oraçón e por veer meu amigo logu'i.

Airas Corpancho

-Bailad'hoj', ai filha, que prazer vejades, ant'o voss'amigo, que vós muit'amades. -Bailarei eu, madre, pois mi o vós mandades, mais pero entendo de vós ũa ren: de viver el pouco muito vos pagades, pois me vós mandades que baile ant'el ben.

Airas Nunes

Levantou-s'a velida, levantou-s'alva, e vai lavar camisas eno alto. Vai-las lavar alva

Don Dinís

Ai ondas que eu vin veer, se me saberedes dizer por que tarda meu amigo sen mí? Ai ondas que eu vin mirar, se me saberedes contar por que tarda meu amigo sen mí?

Martín Códax

RECURSOS FORMAIS Leixa-prén: os dous segundos versos de dúas primeiras estrofas son os primeiros versos das dúas seguintes. Como vivo coitada, madre, por meu amigo, ca m'enviou mandado que se vai no ferido, e por el vivo coitada! Como vivo coitada, madre, por meu amado, ca m'enviou mandado que se vai no fossado, e por el vivo coitada! Ca m'enviou mandado que se vai no ferido, eu a Santa Cecilia de coraçón o digo, e por el vivo coitada! Ca m'enviou mandado que se vai no fossado, eu a Santa Cecilia de coraçón o falo, e por el vivo coitada!

Martín de Ginzo

Paralelismo Imperfecto: consiste en repetir nunha estrofa os versos da anterior. Enas verdes ervas, vi andalas cervas, meu amigo. Enos verdes prados vi os cervos bravos, meu amigo. E con sabor delas lavei mias garcetas, meu amigo. E con sabor d'elos lavei meus cabelos, meu amigo. Pero Meogo

Refrán: retrouso que se repite tras cada estrofa. Sedia-m'eu na ermida de San Simón e cercaron-mi as ondas, que grandes son. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? Estando na ermida ant'o altar, cercaron-mi as ondas grandes do mar. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? E cercaron-mi as ondas, que grandes son: non hei i barqueiro, nen remador. Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Meendinho