56
Universidade de Santiago de Compostela Grao en Ciencias Políticas e da Administración Curso 2012-2013 Estudo do clientelismo político, o caso galego Estudio del clientelismo político, el caso gallego Study of political patronage, the Galician case Manuel Seijas Caamaño 78807905.Z Traballo Fin de Grao 2012-2013

Estudo do clientelismo político; o caso galego

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Estudo do clientelismo político; o caso galego

Universidade de Santiago de

Compostela

Grao en Ciencias Políticas e da

Administración

Curso 2012-2013

Estudo do clientelismo político, o caso galego

Estudio del clientelismo político, el caso

gallego

Study of political patronage, the Galician case

Manuel Seijas Caamaño

78807905.Z

Traballo Fin de Grao 2012-2013

Page 2: Estudo do clientelismo político; o caso galego

2

1. Agradecementos: ................................................................................... 4

2. Introducción .......................................................................................... 5

3. Obxeticvos da investigación: ................................................................ 5

3.1. Principais: ...................................................................................................................... 6

3.2 Secundarios: ........................................................................................................................ 6

4.Metodoloxía: ............................................................................................. 6

5. Marco teórico: A definición e os conceptos claves no clientelismo .. 8

5.1 Características básicas do clientelismo ............................................................................ 10

5.2 Os actores no clientelismo ................................................................................................ 11

5.2.1. Os clientes: ................................................................................................................ 11

5.2.2 Patrón: ........................................................................................................................ 11

5.2.3 O mediador: ............................................................................................................... 11

5.3 As dimensión do clientelismo: .......................................................................................... 13

5.4 As redes clientelares ......................................................................................................... 13

6. O CLIENTELISMO TRADICIONAL: ............................................ 15

7. CLIENTELIMO POLÍTICO ............................................................ 19

7.1 O clientelismo político e a cultura política: ....................................................................... 20

7.2 Fundamentos do clientelismo político .............................................................................. 21

7.3 Tipos de clientelismo político segundo a súa magnitude ................................................. 22

7.4 Tipos de clientelismo político segundo o contexto democrático: .................................... 22

7.5 Tipos de intercambio no clientelismo político: ................................................................. 24

7.6 Clientelismo político e corrupción: ................................................................................... 24

7.7 Evolución do clientelismo político no Estado Español ...................................................... 26

7.8 O éxito do clientelismo político:........................................................................................ 27

8. Tipos de clientelismos post modernos: .............................................. 29

9. O Caciquismo en Galicia:................................................................... 31

Page 3: Estudo do clientelismo político; o caso galego

3

9.1 A Restauración e Montero Rios ......................................................................................... 31

9.2 A II República ..................................................................................................................... 33

9.3 franquismo ....................................................................................................................... 35

9.4 A preautónomia ................................................................................................................ 35

9.5 As eleccións de 1981 e o proceso democrático: ............................................................... 38

9.6 O caso do Grove ................................................................................................................ 41

9.7 O caso Baltar ..................................................................................................................... 43

9.8 O perfil do cacique galego: ................................................................. 49

10. Reflexión sobre o clientelismo ............................................................ 49

11. Bibliografía .......................................................................................... 52

12. Apéndice 1; Entrevista a Xosé Luis Baltar Pumar. ......................... 55

13. Apéndice 2: Entrevista a Xosé Manuel Pérez Bouza ....................... 56

Page 4: Estudo do clientelismo político; o caso galego

4

1. Agradecementos: En primeiro lugar quero agradecer o meu titor, Miguel Anxo Bastos Boubeta, a disposición

mostrada ao longo do desenvolvemento do traballo, os consellos e o traballo que tivo

realizado para que esta investigación tivese sentido.

Tamén quixera un adicarlle un especial agradecemento a aquelas persoas que entrevistei ao

longo da investigación.

Xosé Manuel Pérez Bouza pola conversa que mantivemos na realización do traballo en

Ourense, por dar as claves para o entendemento do clientelismo nesta provincia e pola

amibilidade mostrada.

Xosé Luis Baltar Pumar, por aceptar a miña petición de entrevista nun momento

persoal non foi favorable para el. Quero agradecerlle toda a información que me

facilitou para a realización do estudo.

Page 5: Estudo do clientelismo político; o caso galego

5

2. Introducción

O traballo que se expón a continuación reflicte o meu interese de afondar no estudo dun

fenómeno que afecta profundamente a política galega, sobre todo no eido do rural.

Trátase do clientelismo, ou caciquismo como o coñecementos no día a día, e que xogan

na actualidade un papel fundamental nos procesos electorais que vive Galicia.

O primeiro que se presenta no traballo é unha definición do concepto de clientelismo, os

tipos de clientelismo, as súas características, os actores que interveñen neste fenómeno e

a evolución que a definió nao longo dos anos. A continuación expoñerei as

características do clientelismo político como variante do clientelismo tradicional que se

dá na política actúal. Por último farei unha pequena reflexión sobre a importanza do

clientelismo en Galicia, dende a Restauración ate os nosos días, explicando a

importanza que tiveron tanto os partidos políticos como os propios caciques neste

período.

Pese a que ilustrarei con varios exemplos o caciquismo, é realmente difícil levar a cabo

unha análise minuciosa dun caso en concreto, pois parto da base de que o clientelismo é

unha especie de fantasma que podemos percibir pero é moi difícil de ver.

Elixin realizar un estudo do clientelismo, na súa variante política, pois estimo que é un

dos problemas estructurais da democracia en Galicia. Polo tanto é importante coñecer

este fenómeno tanto de xeito teórico como na praxe para analizar en que medida o

clientelismo afecta na xogo democrático en Galicia.

O traballo que presento é unha aproximación e investigación de carácter exploratorio.

Nunca exhaustivo, pois seguramente pecará de ambigua debido en gran parte a falla de

información ao respeto.

Para a realización primeiro documenteime sobre o tema, sobre todo artigos teóricos e

libros sobre o caciquismo, tanto tradicional como político. Logo unha vez feita unha

aproximación ao concepto, comencei a indigar sobre as características deste. Por último

e co obxectivo de describir a situación do clientelismo en Galicia, realicei varias

entrevistas en profundidade, cabe destacar a entrevista a José Luis Baltar Pumar ou a

Xosé Manuel Pérez Bouza, que me ensinaron a entender mellor a realidade do

caciquismo na Galicia.

3. Obxeticvos da investigación:

Presento agora os obxectivos da miña investigación en primeiro lugar citarei os

principais para logo centrarme nos secundarios:

Page 6: Estudo do clientelismo político; o caso galego

6

3.1. Principais:

1. Realizar unha descrición politolóxica do concepto de clientelismo, tanto

tradicional como político.

2. Explorar os diferentes actores que interveñen neste fenómeno.

3. Afondar na evolución do clientelismo, dende o concepto máis tradicional ata o

clientelismo político

4. Análizar o grao de importancia do clientelismo no desenrolo da democracia en

Galicia.

3.2 Secundarios:

1. Tentar comprender as variables que fan posible que este fenómeno continúe no

tempo.

2. Analizar as vantaxes e desvantaxes que nos ofrece o clientelismo.

3. Explorar as características propias do clientelismo.

4. Coñecer a importancia do contexto político nacional no desenrolo do caciquismo

en Galicia.

4.Metodoloxía:

A metodoloxía que emprego no traballo é unha investigación de carácter exploratorio.

Segundo definición que dan Hernádez, Fernández e Baptista1 en primeiro lugar

presento un acercamento científico a un problema, que posteriormente permite un

afondamento en futuras investigacións. Utilizase habitualmente cando se presenta un

tema que non foi o suficientemente estudado ou non hai material suficiente para levar a

cabo o estudo en cuestión.

A existencia de numerosos traballos teóricos sobre o clientelismo fai que está

investigación non aporte ao estudo metodolóxico nada novo, mais é o único ensaio

1Vid, HERNANDEZ R.FERNANDEZ C. & BAPTISTA P (1998): Metodología de la Investigación. McGraw-Hill

Interamericana editores 1998 Páx 58

Page 7: Estudo do clientelismo político; o caso galego

7

presente ate o momento no que se intenta facer unha aproximación ao estudo do

clientelismo en Galicia e a influenza deste no seu desenrolo.

Debido a riqueza que nos ofrece a literatura deste fenómeno na súa vertente teórica

podemos decir que as definición que presento, froito do estudo dos distintos ensaios,

definen correctamente o concepto de clientelismo.

Este tipo de estudos exploratorios serven para aumentar o grado de familiaridade con

conceptos descoñecido e presenta a posibilidade de levar a cabo unha investigación

exahustiva n un contexto particular na vida real.

Unha das pautas a seguir durante a investigación foi o uso da documentación dispoñible

e da información que nos ofrece a literatura sobre o concepto de clientelismo, seguindo

os pasos que nos ensina Moliner2, nos que nos indica que debemos instruirnos antes de

realizar un traballo e comenzar a escribir.

Durante a elaboración deste traballo veño de seguir unha pauta fundamental, a

bibliografía á que tiven acceso, sobre todo para a descripción teórica que ofrezo do

clientelismo. Xa na segunda parte do traballo cando analizo a importanza do

clientelismo na sociedade galega fago uso do consello que nos ofrecen Denzing &

Lincoln3; “a combinación de múltiples métodos, materiais empíricos, perspectivas

observadores en un só estudo enténdese mellor como unha estratexia que engade rigor,

alcance e profundidade a calquera investigación”

Neste aspecto tamén fixen uso de técnicas tanto cualitativas como cuantitativas para a

elaboración do mesmo, sobre todo no referente ao segundo apartado da investigación.

Nas técnicas cualitativas, empreguei a entrevista en profundidade en tres ocasións. O

primeira entrevista foi con José Luis Baltar Pumar, un recoñecido cacique actual e que

xogou un papel fundamental na política galega dende a transición ata a actualidade.

Presento aquí unha definición de entrevista para logo facer a diferenza entre

estructurada e non estructurada, ben para Alonso4 (…) a entrevista de investigación es

por tanto una conversación entre dos personas, un entrevistador e un informante,

dirixida e rexistrada polo entrevistador co propósito de favorecer a producción dun

discurso conversacional, continuo e con unha certa líña argumental, non fragmentada,

2 Vid, Manuel Moliner Diccionario del uso del español 1984, p. 1030

3Vid, D e n z i n g & L i n c o l n : Introduction: entering the field of qualitative research, p. 452

4Vid. Alonso, L. E. (2007). Sujetos y Discurso: el lugar de la entrevista abierta en las prácticas de la

sociología cualitativa. En J. M. Delgado y J. M Gutiérrez (Coord.). Métodos y técnicas cualitativas de

investigación en Ciencias Sociales (p. 228España: Editorial Síntesis.

Page 8: Estudo do clientelismo político; o caso galego

8

segmentada, precodificada e cerrada por un cuestionario sobre un tema definido no

marco da investigación.

Destaco que na entrevista a Baltar empreguei a denominada entrevista conversacional5

informar, pese a que eu tentei facer unha entrevista formal, pareceume que conseguiría

máis información debido ao carácter da persoa se a entrevista fose informal. Mais no

apéndice 1, pódese ollar a estructura que seguín para a realización da mesma.

Con Pérez Bouza e Rafa Cuiña a entrevista foi de acorde a J.S Taylor e R.Bogfdan6 que

sosteñen que é unha técnica de investigación que produce datos descriptivos, utiliza as

palabras faladas ou escritas das persoas. Buscaba, como ben indican estes autores unha

descripción, baixo o seu punto vista, do caciquismo en Galicia.

En ambas utilicei a entrevista non estructurada na que os entrevistados debían construír

a responsa, trátase dunha entrevista flexible que permite unha maior adaptación as

necesidades da investigación e as características dos suxeitos, aínda que require dunha

preparación maior por parte do entrevistador, neste aspecto non tiven problema pois xa

levaba parte do traballo realizado, iso si a información foi máis difícil de analizar que se

se trátase dunha entrevista estructurada.

A estratexía foi clara: elaborar preguntas abertas, enunciadas con claridades, únicas,

simples e que implicases unha idea principal do clientelismo político en Galicia tema

central da investigación

Outra das técnicas en uso, foron as cuántitativas, cabe salientar a importanza neste

aspeto a importanza dos datos electoraís en Galicia dende o ano 1975 ate o 2011

período no que se centra a investigación

5. Marco teórico: A definición e os conceptos claves no

clientelismo

Pese a que descubrir un fenómeno de clientelismo-caciquismo é moi difícil,

partimos da base de queé real, non só no ámbito político, onde se concrentan as

artimañas caciquis, senon que se aplica noutros ámbitos, como pode ser o laboral. Por

5Entrevista non baseada nin estandarizada, non segue un guión propio

6Vid. J.S.Taylor y R.Bogdan: Introducción a los métodos cualitativos de investigación. La búsqueda de

significados. Barcelona. Paidós, 1986, p..19-20

Page 9: Estudo do clientelismo político; o caso galego

9

iso é moi complexo dar unha definición xeralizada do mesmo, posto que o clientelismo

pode abarcar dende o exercicio de poder dunha pequena aldea ate prácticamente

explicar a relación entre Estados subdesenvolvidos e estados desenvueltos. Por so

recollo as letras de Shcröter7:

O fenómeno do clientelismo é unha pantasma. A primeira vista é invisible, pero

suponse que esta presente en todos os lados. Ten moitas caras, pero ninguén sabe

exactamente cal é a súa apariencia, así que cosrumores cada quen inventa un novo

aspecto. Normalmente é percibido como algo negativo

O clientelismo ten a súa orixe na antropoloxia e na etnoloxia na década de 1950

para analizar as tribus e sociedades agrarias primitivas8, e soamente a partires da décana

de 1970 foi útilizada na Ciencia Política como obxecto de estudo, o que significa que

hai non unha ampla gama de estudos ao respecto, polo que só se pode facer unha

aproximación a investigación.

A partires da década dos setenta, dende a Ciencia Política comezouse a estudar

as relacións patrón-cliente nas modernas sociedades industriais e democráticas de

occidente. Así comenza pois unha expansión xeográfica dos estudos sobre clientelismo

político, examinando o fenómeno en diversos procesos políticos das democracias

modernas: modernización política, destribución de poder político centro-periferia,

integración étnica, organización dos partidos de masas...

Dende

A definición clásica de clientelismo político considera, unha relación de

intercambio social de favores, reciproco y mutuamente beneficioso, entre duas

persoas9 Nesta definición o profesor Máiz

10 tenta facer unha xeneralización básica do

concepto de clientelismo, que logo pode transladar aos diferentes ámbitos onde se da o

fénomeno do clientelismo. Pero o concepto de clientelismo como veremos é moito

máis amplo e complexo, posto que nel interveñen outro tipo de variables que fan que o

concepto sufra unha serie de variación dependendo da situación onde se desenvolva este

fenómeno.

7 Vid Shcröter, Bárbara, 2010 Clientelismo Político: ¿Existe el fantasma y como se viste? P.2

8Vid Pitt-Rivers, Julian Alfred, 1961, People of the Sierra, Chicago University Press, Chicago p.42

10Vid Ramón Máiz Suárez. 1996. Estrategia e institución: el análisis de las dimensiones macro del

clientelismo Político en Política en Penumbra p. 43.

Page 10: Estudo do clientelismo político; o caso galego

10

Outra das definións importantes de clientelismo ofrecea Caciagli11

como:

Unha relación diática en virtude da cal unha persoa de un status máis elevado,

o patrono, utiliza a súa influenza e os seus recursos para facilitar protección e

beneficios a outra persoa de status inferior, ao cliente, que ofrece servizos e apoio. É

por tanto unha relación de poder personalizada que implica un intercambio social

recíproco e mutuamente beneficioso. Se a relación simple é entre dúas persoas, a máis

complexa entre roles. A rede clientelar é un conxunto de roles, estructurada en cadeas

piramidaís.

5.1 Características básicas do clientelismo

Estas relación son de índole informal12

, é decir non están reguladas mediante

contrato ou orden institucional, polo que actúan paralelamente ao mismo.

En todas as definicións que se dan de clientelismo partimos da base de que se

trasta dun intercambio recíproco de bens ou servizos, coñeceremos este termo de aquí

en diante como “díada”. Na que existe un relación entre desiguais pero ambos para

satisfacer intereses que poden xerais ou particulares. Decimos que se trata dunha

relación de tipo vertical ou xerarquica.

Outros autores como Powell13

, (), argumentan que nunha relación clientelar

predomina o carácter voluntario, xa que, en esta relación poderían existir elementos de

tipo coactivo e autoritario, ao igual que Javier Louzón14

() esta deixa de ser unha

relación clientelar para converterse en Mafia15

.

Entendemos como Mafía ou Cosa Nostra, (en italiano) como a confederación

siciliana adicada a protección e o exercicio autónomo da lei, ou xustiza vixiante que

máis adiante evoluniona no crime organizado. Cabe salientar esta gran diferenza entre

mafia e clientelismo, pois se este última utiliza a extorsión ou a violenza pasará a

charche mafia.

Richard Graham, ao igual que o profesor Maiz entende o clientelismo como un

conxunto de accións baseadas no principio de “ dar para recibir, permitindo que actores

11

Vid Mario Caciagli. Clientelismo, corrupción y criminalidad organizada. Centro de Estudios

Constitucionales de Madrid. P.14 12

Vid. Javier Moreno Louzón, , 2010 Teoría del Clientelismo y estudio de la política caciquil. p.194 13

Vid. John Powell 1970. Peasant Society and Clientelist Politics , APSR412 14

Vid. Javier Moreno Louzón. 2010, Clientelismo Político: Historia de un concepto multidisciplinar, p.16 15

Vid Gambetta Diego, 1993. La Mafia Siciliana. Fondo de Cultura Económica pp.25-35

Page 11: Estudo do clientelismo político; o caso galego

11

políticos de diferentes niveis intercalen voluntaria e espontaneamente, ao fin de obter

beneficios mutuos para o seu interese.

Aseguramos por tanto que o clientelismo non responde a sinaís violentos e o

único castigo que suporía traicionar á rede clientelar sería a de deixar de percibir

beneficios por parte do patrón.

5.2 Os actores no clientelismo

A continuación expoño os distintos actores que forman parte do fenómeno do

clientelismo:

5.2.1. Os clientes:

Os clientes son aqueles suxeitos que apoian politicamente a un mediador ou a un patrón

a cambio de bens e favores persoais. Son os que, pola súa posición dentro da estrutura

xerárquica, son dominados debido a escasa posibilidade de satisfacer determinadas

necesidades. Mais hai que ter en conta que o cliente ten a posibilidade de lexitimar ou

non ao cacique nunhas eleccións democráticas16

.O cliente pois beneficiarase dos favores

ou como sostén Louzón o patrón pode condicionar a súa subsistencia económica

5.2.2 Patrón:

Por outra banda temos os patróns, son os que ocupan a posición dominante na rede

clientelar. Eles son os propietarios dos recursos que se producen no intercambio cos

clientes potenciales. Dependendo do tipo de recurso do que dispoña os patróns poderá

incrementar ou non as súas relación clientelares. O patrón satisfai as necesidades do

cliente e representa os seus intereses fronte a terceiros, ben administracións públicas,

empresas... Si non é capaz de organizar os recursos necesarios ou non dispón de

contactos necesarios, el mesmo convirtese en un cliente e ten que buscar un patrón que

sexa capaz de satisfacer as súas propias necesidades. Polo tanto decimos que o

clientelismo visualizase como un modelo de unha pirámide que se forma na díada

patrón-cliente.

5.2.3 O mediador:

No medio desta rede temos o Bróker, este termo procede do inglés e significa axente,

xestor ou mesmo intermediario. O Bróker actúa instancia de mediación entre os

16

Vid. Miguel Anxo Bastos Boubeta, Eloxio ao Cacique Galego

Page 12: Estudo do clientelismo político; o caso galego

12

intereses do patrón e do cliente, distribúe os bens do patrón e esta movilanzo e

controlando a contrapartida do cliente. Ten a función dun gate-keeper que tanto para o

cliente como para o patrón restrinxe o acceso ao socio do intercambio (Graziano,

barbara):

Para M. Caciagli, o mediador é un individuo que asume o rol de mediar entre os grupos

orientados cara a comunidade e aqueles que están orientados cara a nación e que

desenvolven labores nas institucións do estado. Este concepto pódese encadrar xa na

concepción de clientelismo meramente político e non social.

O bróker non pose capital económico, o beneficio ópteno da mediación entre os

intereses do patrón e o control sobre o cliente. Trotta17

plantexa que na maioria dos estudos

sobre clientelismo politico só se aborda a relación patrón-cliente, non prestandolle demasiada atención

ao papel que xoga o mediador. O concepto de mediador é clave para poder entender a interrlación no

sistema local e no sistema nacional.

Na figura 1 vemos a representación gráfica da posición xerarquica que ocupan os

actores que acabamos de describir no intercambio que se produce nunha relación

clientelar

Ilustración 1: Estrutura base das relacións clientelares.

Fonte: Elaboración Propia

17

Vis Miguel E. V Trotta,2003. La Metamorfosis del Clientelismo Político. Contribución para elanálisis

institucional .Espacio Editorial. Buenos Aires. p .36

Page 13: Estudo do clientelismo político; o caso galego

13

Estes tres actores son precisos para o funcionamento dunha rede clientelar, por elo, a medida

que a rede vaia crecendo en tamaño e incorporando novos actores, a distribución entre os tres tipos de

roles variará incorporando de seguro novos intermediarios. É decir no caso de que o crecemento da

rede, a partir da incorporación de novo clienteles, faga notable o seu funcionamento, incorporarase

novos niveles de mediación, e os mediadores previos que xa gozan dun bo número de recursos,

comezaran a operar nunha dobre lóxica como patróns dos referentes e como mediadores dos seus

patróns.

5.3 As dimensión do clientelismo:

A relación clientelar presenta dúas dimensión distintas, por un lado a dimensión racional e por outro

lado a dimensión normativa. Ayuero18

exponas como unha concepción instrumental e como unha

concepción normativa do clientelismo.

A concepción normativa: refírese ao código de honra, en canto base do intercambio, ao

recoñecemento mutuo e ao aprecio dos socios do intercambio. A dimensión normativa da razón de ser

ao clientelismo xa que as institucións deben ser subxectivamente aceptadas, pois unha institución

depende da confianza dos actores para a súa lexitimidade. É decir

A dimensión racional: as relación clientelares son alianzas con unha finalidade e obxectivo: o beneficio

para ambas partes. A reciprocidade do apoio mídese polo cálculo ente custe - beneficio persoal. O

cliente debe manter o seu status, o seu sustento e a integridade física, polo que a súa vulnerabilidade é

material e estrutural, mentres que a vulnerabilidade do patrón é funcional.

5.4 As redes clientelares

Entendemos por rede clientelar un conxunto de actores vinculados a través de unha relación clientelar,

patróns-mediadores e clientelas. Estes configuran pautas de interacción que condicionan as súas acción e

preferencias. É decir trátase do efecto de relación entre as tres partes inmersas no fenómeno que se esta

estudando.

Neste gráfico presentamos o modelo teórico básico dunha rede clientelar, como eixo fundamental os

tres actores que acabamos de definir no tema anterior, a figura do patrón, do cliente e sobre todo o papel

que xogan os intermediarios.

18

Vid. Auyero, Javier. ¿Favores Por votos? Estudios sobre clientelismo político. Buenos Aires: Losada,

1997 p. 45

Page 14: Estudo do clientelismo político; o caso galego

14

.

Neste modelo teórico, a rede clientelar constitúese como unha rede libre, que xira

entorno a un patrón que é o encargado de facilitar os recursos que son distribuídos

entorno aos clientes a través dos mediadores.

Segundo Auyero 19as redes clientelares emerxe produto de tres procesos que se dan nun

momento en un espazo en particular.

1. Configuración dunha nova marxinalidade marcada por un contexto de desemprego

estrutural e novas necesidades. Onde hai un acontecemento especial na vila. Un

exemplo da literatura galega e o Coxo de Vilarelle onde a chegada dunha nova

estrada favorecería a aparición do clientelismo.

2. A desarticulación de distintas organización de veciños, a aparición de clubes

deportivos, asociacións de veciños e asociacións culturais fan propicia a aparición

de novas redes clientelares.

3. A construción de novas redes de solución de problemas baseada na relación

clientelar. É dicir as solución a problemas que xurden no día a día do veciño ou

veciña. 19

Vid. Javier Auyero. (2001). La política de los pobres. Las prácticas clientelistas del

peronismo. Buenos Aires. Manantial. P 45-55

Ilustración 3: Estrutura dunha rede clientelar simple. Fonte: Elaboración Propia

Ilustración 2: Modelo de rede clientelar libre.

Fonte: Elaboración Propia seguindo definición de Auyero 2001

Page 15: Estudo do clientelismo político; o caso galego

15

Como vemos na ilustración e seguindo as pautas de Auyero os clientes potenciais que

anteriormente non estaban organizados, pasan agora a agruparse, polo que o patrón

soamente terá que ter controlados ao seus propios mediadores. Conformase unha rede

de gran dimensión, que ten como eixo fundamental a figura do mediador, pois é el o

encargado de vixiar a base da relación clientelares, de atender as súas necesidades mais

tamén controlar que devolven a súa parte no intercambio clientelar.

6. O CLIENTELISMO TRADICIONAL:

Definimos clientelismo tradicional como un alianza diádica entre dúas persoas de status,

poder e recursos desiguales, na que cada unha delas obteñen unha serie de beneficios20

.

Pero, de onde procede o termo clientelismo? Para dar resposta a esta cuestión temos que

remontarnos as sociedades patriarcais, o padroado xogaba un papel fundamental na

distribución dos recursos na comunidade rural, e tiña unha estreita relación coa

estratificación social, é dicir os homes situados no último escalafón accedían a bens e

servizos, como vimos xa, traballo, contactos e favores administrativos, mediante

intermediarios que ocupaban unha posición privilexiada. As base de este intercambio

era o contacto co persoal. Incluso se crean lazos de amizades entre as persoas de distinto

estrato social.

A honra nestas sociedades gozaba de certa importanza e devolver un favor, adquiría

unha dimensión social de peso. Por iso a confianza entre os actores era un factor

20

Vid Javier Moreno Louzón, El clientelismo político: historia de un concepto multidisciplinar p78

Ilustración 4: Modelo de rede clientelar xa evolucionada. Fonte: Elaboración propia

Page 16: Estudo do clientelismo político; o caso galego

16

fudamentel no clientelismo tradicional, socialmente se un era traizoado era visualizado

polos veciños como un traidor.

No clientelismo tradicional, é dicir o que se daba sobre todo nas sociedades

campesiñas21

, nas cales o analfabetismo e a pobreza xogaban un papel obstaculizador,

polo que forzaban a existencia de “intermediarios” encargados de resolver os problemas

dos campesiños que eles mesmos non podían xestionar. Con estas xestión o patrón tiña

dereito a obediencia a lealdade da comunidade. As xestións eran meramente

burocráticas ou laborais.

A cambio de prestación de traballo e outros servizos, e da promoción dos intereses do

patrón, o campesiño percibía protección e as distintas xestións que el non podería

desenvolver.

Nestas sociedades campesiñas, propias do feudalismo o Estado está fortemente

centralizado o que dificulta máis aínda as xestións estatais polo que o campesiño vese

obrigado a solucionar os problemas administrativos atreves dun mediador que ten a

capacidade de resolvelos.

No Estado español, o fenómeno do clientelismo ven asociado a variedade tradicional e o

caciquismos, dende Restauración, con unha vinculación aos partidos tanto moderados

como liberais.

Debido a escasa alfabetización entendese pois que nesta época, a cultura política

considerase ao caciquismo como unha institución positiva, pois ningunha outra era

capaz de dar cobertura as necesidades que tiñan as persoas que non podían acceder

directamente a burocracia. É efectivamente o caciquismo daba cobertura a aquelas

persoas que non eran capaces por si soas de realizar os trámites precisos para realizar

calquer tipo de xestión nas administracións públicas.

Xeralmente os caciques eran propietarios agrícolas, que se devolveron en rexións onde

abundaban os xornaleiros sen terra, exemplo Andalucía, Extrema dura ou a propia

Galicia pois os minifundios non daban para subsistir.

Os caciques, ao igual que na mafiosos22

siciliana, mostrábanse xeneroso polo que a

clientela estaba eternamente agradecida o que se transformaba en lealdade dos clientes

cara o seu patrón que lle garantía seguridade e lle proporcionaría traballo ou outro tipo

de bens.

21

Vid José Cazorla Del clientelismo tradicional al clientelismo de partido: evolución y características

Working Paper n.55 Barcelona 1992 p.4 22

Vid Gambeta Diego, La Mafia Siciliana 2007 CFE. 1993, p. 213

Page 17: Estudo do clientelismo político; o caso galego

17

Nace no clientelismo tradicional no Estado Español unha forte competición de poder

entre os gobernadores civís e os propios caciques, xa que en practicamente todos os

territorios existía un patrón que gobernada toda a sociedade campesiña, aos que

consideraba veciños, ata a chegada de Primo de Rivera(programa electoral primo de

rivera). No seu programa figuraban de forma preferente o fin da vella política e a

rexeneración do Pais. Sen embargo as medidas contra o caciquismo que aplicou o novo

réxime tiveron unha corta duración, suspendéronse os concellos e deputacións, e

sometéronse a estas intuicións a fiscalización das autoridades militares de cada

provincia primeiro e de delegados gobernativo. Estes delegados acabaron converténdose

nos substitutos dos caciques, o que viron imposibilitada a labor rexeneradora pola

acción dos xuíces, que como sabemos formaban parte das redes caciquís.

Os gobernadores civís servían de lazo cos gobernos do estado: ministros e incluso

Presidentes do Goberno. Nun conflito por terras o campesiño acudía ao gobernador civil

xa que era o que posuía os coñecementos e influenzas necesarias para resolver o

problema. O cacique pola contra solucionaba outra serie de problemas que non entrarían

polo couce normal.

Pero cales son os elementos que fan posible o clientelismo:

O núcleo do clientelismo recae no intercambio de bens e servizos recíproco, o que

coñecemos ao longo do traballo como díada na cal hai unha base en primeiro lugar o

patrón proporciona bens materiais, protección ou acceso aos diferentes recursos do que

dispón, e o cliente pola contra ofrece lealdade e apoio que no ámbito da política que

logo se traducen en votos23

Como veremos ao longo deste texto o clientelismo basease principalmente no

intercambio de diferentes tipos de recursos baixo a promesa de reciprocidades,

solidariedade, confianza, e incluso o afecto persoal entre o patrón e o cliente-

Para que esta relación funcione son precisos unha serie de atributos. En primeiro lugar

temos que destacar o carácter voluntario das relación clientelares. O que se traduce en

que calquera das partes debe ter a potestade de poñer fin a unha relación clientelar se xa

non opten ningún tipo de beneficios con ela, xa que todos os autores sinalan a

reciprocidade do beneficio.

Pero como ben apunta Bárbara Schröter, a voluntariedade é moi discutible no clientelismo

tradicional, xa que se non existe ningunha alternativa o cliente non pode elixir entre un

23

Vid. Javier Moreno Louzón,. Caciquismo y política de clientelas en la España de la Restauración 2000

p.1

Page 18: Estudo do clientelismo político; o caso galego

18

patrón ou outro xa que é un territorio no que un só cacique, polo que estas relacións

forzadas xa non serían consideradas parte do clientelismo. Ben é certo que no clientelismo

político a opción máis sinxela para un cliente é cambiar o sentido do voto cara outra forza

política.

Outro dos elementos do clientelismo é a confianza mutua, sobre todo para compensar a

inseguridade acerca do cumprimento do intercambio, parecido a un contrato24. Se non existe

esa confianza, o patrón debe ser o encargado de dar incentivos para crear unha motivación

adición. Se non hai confianza o cliente tende a non cumprir a súa parte do contrato, por iso

compre que o patrón vixíe que se cumpra.

A confianza mutua finalmente resulta en lealdade entre o patrón e o cliente, porque as

inseguridades foron superadas e a relación de intercambio se establece ao longo do tempo

polo apoio mutuo experimentado.

O clientelismo e a relixión:

Segundo José A. González Alcantud, o clientelismo esta xustificado en gran medida polo

carácter xerárquico das relixións cristina e islámica que se desenvolven tanto no

Mediterráneo como en Latino Ámerica.

A xerarquía en ambas relixións é vertical, ma que o clero é o intermediador entre o universo

simbólico e a vida cotiá polo que reforza ao clientelismo social e político.

En Malta por exemplo os sacerdotes exercían a docencia, o que axudaba en gran parte a

culminar as relación sociais existentes. Ata a aparición de política moderna coa aparición do

Partido Laboralista non se puxo fin ao padroado da clase sacerdotal.

Rodríguez Lago25 define os comportamentos do políticos do clero rural como propios dos

caciques da burocracia que se caracterizaban por unha elevada permeabilidade que

demostra a simbioses do clero con outras elites locais. Tamén o clero actúa no exercicio de

función de axente colaborador do Estado co obxectivo de manter a súa tradicional influenza

nunha sociedade en proceso de estruturación institucional e política. A utilización cotiá que

facían dos mecanismos de influenzas sociais (homilías, confesións ou carquesis) deixaba

nun plano teórico o apoliticismo do clero para consolidalo nun rol negociador entre labregos

e caciques. Como se de brókers se tratasen.

Como vemos onde non hai lugar para a competición política, a influenza do padroado socio

político de base relixiosa constiuínde un autentico “goberno na sombra” fronte a estrutura

administrativas.

24

Vid Ramón Maiz.2003. Jama, Caleta y Camello: la corrupción como mecanismo de autorrefuerzo del

clientelismo político .Revista Mexicana de Sociología, vol. 65, núm. 1, pp. 3–39 25

Vid. José Ramón Rodríguez Lago, 2013 Iglesia Católica y la II República española. Resistencias,

progresos y retos pendientes. Revista Hispania Nova pp.16-23

Page 19: Estudo do clientelismo político; o caso galego

19

En Marrocos ocorre un caso semellante, os descendentes da familia do Profeta son quen

atravesa de homes de confianza conservan a súa influenza e capacidade de intermediación.

A relixión, como vemos, contitúe a creación de administradores de sentido relixioso, un

instrumento básico para a lexitimación e continuidade do clientelismo.

7. CLIENTELIMO POLÍTICO

El clientelismo político es la consecuencia de la utilización de las relaciones de

clientela en el marco de la política […] se entiende el clientelismo político como la

consecuencia de una relación personal de intercambio, en el ámbito de la política, que

se establece de forma voluntaria y legítima, dentro de la legalidad, entre los que

pueden ocupar u ocupan cualquier cargo público y los que desean acceder a unos

servicios o recursos públicos a los que es más difícil llegar, que no imposible, de no ser

por este vínculo o relación

Extrapolando a definición que nos da Corzo26

o clientelismo político é un modo de

vinculación política entre un patrón e un cliente construída sobre a base de transaccións

asimétricas, onde o primeiro controla importantes recursos de poder e garantiza, como

un “gardián”, o acceso a eles por parte da súa clientela a cambio de lealdade e apoio

político. Esta relación diádica é de carácter particularista e desenrolase entre individuos

que gozan de un poder e estatus socioeconómico desigual co fin de opter beneficios

mutuos, intercambio de postos de traballo, contratos, cargos de poder e vínculos

persoais por apoio político, especialmente votos.

A evolución do clientelismo político dende o nivel micro e a súa incorporación en

marcos institucionalizados de redes a nivel macro, con importantes ramificacións na

burocracia estatal, coincidiron con procesos de maior competencia e participación

política e a incorporación das masas ao proceso electoral27

. De feito, o clientelismo

político maximiza as influenzas das masas que son mobilizadas polos partidos políticos

e a súa vez prové de importantes mecanismos e captación das elites partidistas.

Cazorla e Caciagli tentaron explicar a presenza do clientelismo político nas sociedades

modernas, explícana baseándose na distinción analítica entre clientelismo tradicional, xa

explicado anteriormente e clientelismo moderno ou institucional, partido da base de que

26

Vid. Susana Corzo Fernández. El clientelismo Político como intercambio. Documento de trabajo número 206, Barcelona: Institut de Ciències Politiques i Sociaals, 2002 páx 14.

27

Vid Ramón Máiz Suárez, 1996, Política en Penumbra. Siglo veintiuno editores,sa p.55

Page 20: Estudo do clientelismo político; o caso galego

20

a medida que as sociedades se modernizaban as prácticas clientelares ían atravesando

unha serie de etapas evolutivas que transformarían a relación clientelar tradicional nun

tipo de relación máis institucionalizada, e adaptada a democracia,

A diferenza básica entre ambos conceptos é que o clientelismo tradicional aposta por

unha relación cara a cara onde os vínculos emocionais, que xa definimos, lealdade e

reciprocidade intercámbianse por apoio político. Os beneficios que se obteñen desta

relación clientelar son meramente persoais e individuais. Van dende electrodomésticos,

materiais de construción, comidas, medicamentos

O clientelismo institucional caracterizase por unha relación máis lonxeva e

instrumental, onde a figura do patrón é remplazada pola do partido político, e os

clientes apoian ao patrón sen coñecelo persoalmente en tanto aos beneficios que este lle

garantiza.

Estes beneficios poden ser beneficios de tipo grupais pavimentación de rúas,

construción dun centro de saúde, dun centro social, dunha escola. Polo que o

clientelismo serve tanto de xeito individual como grupal.

7.1 O clientelismo político e a cultura política:

Este incremento do clientelismo político ven dado se cabe polo concepto de cultura de

política, que foi introducido por G. Almond e S. Verba, en The Civic Culture28

definían

a cultura política baixo tres tipos.

1. Unha cultura cívica e participativa, compartida por individuos inclinados a

introducir as súas demandas no proceso político é dicir aquí estaríamos falando

do cacique que ten un interese real en introducirse na vida política. O cacique

utilizando estes conceptos serían inputs, é contribúen activamente ao sistema

político. Ou dito doutra maneira participan activamente no proceso político.

2. O cliente pola contra formaría parte da cultura de súbdito, xa que é un

individuo que esta atento ás decisión que lle afectan tanto positiva como

negativamente na súa situación ou nos seus intereses. É dicir coñece aquelas

políticas que lle benefician ou lle prexudican para logo negociar o seu voto co

28

Vid. Gabriel A. Almond, Sidney Verba. 1966. The Civic Culture: Political Attitudes and Democracy

in Five Nations cap 7

Page 21: Estudo do clientelismo político; o caso galego

21

cacique. Décimos pois que o cliente é un output do sistema. Convérteo máis en

un espectador que en un protagonista da política.

3. Na cultura parroquial, dentro das relación clientelares, destacamos neste tipo

de cultura a aquelas persoas que son manipuladas e enganadas polo cacique e

que descoñecen por completo o sistema político ou que simplemente o ignoran.

Tipo de Cultura Actores no clientelismo

Participativa Cacique: activo na vida política

Súbito Cliente: coñece os seus intereses

Cultura Parroquial Persoas que son manipuladas polo cacique

Ilustración 5: Relación do clientelismo coa cultura política.

Fonte: Elaboración Propia

7.2 Fundamentos do clientelismo político

Unha vez que temos identificados os actores dentro do contexto político. Agora

explicarei baixo as pautas de Roble Ojea 29

as principais características que ten o

clientelismo político:

1. Por un lado o particularismo e a efectividade: ao igual que no clientelismo

tradicional os suxeitos que compoñen a diada clientelar son persoas físicas que

se intercambian favores mutuamente. Pero que no clientelismo político pode

relacionarse estreitamente co clientelismo de masas ( un patrón e varios

clientes). O clientelismo de masas defínese como un padroado colectivo dun

conxunto de persoas integradas en relaciones de partidos ou mesmo en

administración publicas.

2. Reciprocidade e dependencia: contén as mesmas características que o

clientelismo tradicional é dicir aquí os intercambios son recíprocos entre ambos

actores, polo que se crea unha mutua dependencia entre eles.

3. Asimetría e verticalidade, ambos actores dispoñen de recursos desiguais. Xa

que o cliente só satisfai as súas necesidades básicas, mentres o cliente seguindo

as indicacións de Maslow chega ao punto da autor realización.

Pese a que normalmente o clientelismo político vaia ligado a corrupción, prevaricación,

fraude que son actos que vulneran a legalidade ou mesmo do nepotismo, que conduce a

29

Vid Antonio Roble Egea. El clientelismo político y la democracia en Andalucía, 1995 pp.6-14

Page 22: Estudo do clientelismo político; o caso galego

22

unhas relación familiares. O clientelismo político entendido como o vimos de definir

non vulnera a legalidade ou de infrinxila o delito non é coñecido.

7.3 Tipos de clientelismo político segundo a súa magnitude

Podemos definir dous tipos de clientelismo político segundo o alcance que este poida

ter na sociedade onde se instaura, pois ben é certo que dependendo do seu contexto o

clientelismo asentarase dunha forma ou outra.

1. Clientelismo subálterno: refírese a contratación laboral no sector público, a

distribución de subvencións, licencias urbanísticas, o exencións fiscais. Esta

práctica persegue a obtención de votos para o partido e a creación de

personalidades multiplicadoras de opinión partidista.

2. Por outro lado o clientelismo a gran nivel, “payroll- patronnage” asigna postos

de alta función públicas. Neste punto e en consonancia co xa descrito

anteriormente, a colocación do controlador do voto, ou bróker como pago a súa

lealdade nun alto cargo sería un clientelismo a gran nivel.

7.4 Tipos de clientelismo político segundo o contexto democrático:

Corzo 30

ofrece unha proposta analítica cntrada no clientelismo político, presenta un total

de tres tipos de relación clientelares que teñen como eixo os bens e os recursos que se

intercambian. Todas eles nun contexto democrático.

Clientelismo electoral: a relación entre un candidato e o seu electorado, e os elementos

que inflúen no voto.

Clientelismo de partido: formado polo intercambio entre recursos públicos entre actores

de un mesmo partido a cambio de apoios dentro e fora do propio ente.

Clientelismo burocrático: son as relación s de intercambio entre actores de un partido, a

partir da distribución de recursos e servizos públicos, para beneficiar ben aos electores

ou mesmo a institucións, entendidas como partidos, sindicatos,empresas ou mesmo

lobbies)

30

Vid. Susana Corzo Fernández. El clientelismo Político como intercambio. Documento de trabajo número 206, Barcelona: Institut de Ciències Politiques i Sociaals, 2002 páx 23

Page 23: Estudo do clientelismo político; o caso galego

23

O clientelismo electoral practícano todos os partidos políticos, sexa cal sexa a cor

política ou a ideoloxía que defendan. Pois segundo a definición que acabamos de

ofrecer trataríase de votos por promesas electorais, ou mellor dito promesas por

intencións de voto. Un exemplo na praxe deste clientelismo electoral pode ser unha

reunión de un alcalde con diferentes sectores da poboación nas que se lle ofrecen

promesas no caso de formar goberno a cambio de intencións de voto. Neste caso o voto

pode ser o pago a algún favor prestado anteriormente. Existen catro tipo de prácticas

clientelares.

1. Distribución territorial da candidatura. É dicir asociación territorial da

candidatura ao mesmo nivel que a súa opción política.

2. Campaña electoral personalizada. Preeminencia dos vínculos individuais sobre

os colectivos.

3. Reparto selectivo de papeletas de voto.

4. Carrexo de votos, é dicir transporte de electores aos colexios electorais por parte

dos afíns a unha opción política.

Xa no clientelismo burocrático distinguimos as seguintes prácticas que se poden dar:

1. Política de concesión selectiva de emprego público. Oferta limitada a círculos

próximos.

2. Política de distribución selectiva de recursos e bens municipais. Oferta

condicionada a clientela.

3. Política de concesión selectiva de licencia de obra. Oferta condicionada á

clientela.

4. Potenciación de canles particularizados de atención entre la cidadanía e a

administración pública.

Para poder dar unha definición clara das prácticas clientelares de partido deberíamos

facer un estudo en profundidade, e non dispoño de medios suficientes como para facelo,

podemos dicir que se tratan de prácticas nas que o cliente da o seu apoio a un líder.

Page 24: Estudo do clientelismo político; o caso galego

24

Facción ou corrente a cambio de obter un beneficio na distribución dos recursos e

servizos públicos cando o líder consegue chegar ao poder.

7.5 Tipos de intercambio no clientelismo político:

Segundo a tipoloxía que nos ofrece Graziano31 distinguimos dous tipos de

intercambios:

Indirecto, os partidos ofrecen conxuntos de obras públicas aos electores coa

promesa de que as implantarán unha vez que cheguen ao goberno. O

cumprimento ou incumprimento deste intercambio dependerá en boa medida

da reelección nos cargos de goberno.

Directo: os electores intercambian cos políticos votos por recursos materiais en

lugar do custoso proceso de agregación de intereses e decantación de ideoloxía

programática. Isto é o intercambio de un ben ou servizo directo a cambio do

seu voto. O intercambio directo en ocasión xera lazos de amizade.

7.6 Clientelismo político e corrupción:

A corrupción política, en termos xerais, é o mal uso público (gobernamental) do poder

para conseguir unha vantaxe ilexítima, xeralmente secreta e privada. O termo oposto a

corrupción política é transparencia. Por esta razón pódese falar do nivel de corrupción

ou de transparencia dun Estado ou Nación.

Sayed e Bruce32 definen a corrupción como "o mal uso ou o abuso do poder público

para beneficio persoal e privado", entendendo que este fenómeno non se limita aos

31

Vid Graciano, L.: Clientelismo e sistema político: Il caso dell´Italia. Milan, Angeli, 1980, p.15

32 Vid. Sayed, T. y Bruce, D. (1998) Police Corruption: toward a working definition en African Security

Review, Vol. 7, Nº 2.

Page 25: Estudo do clientelismo político; o caso galego

25

funcionarios públicos. Tamén se define como o "conxunto de actitudes e actividades

mediante as cales unha persoa transgride compromisos adquiridos consigo mesmo,

utilizando os privilexios outorgados, eses acordos tomados, co obxectivo de obter un

beneficio alleo ao ben común,". Polo xeral apúntase aos gobernantes ou os

funcionarios elixidos ou nomeados, que se dedican a aproveitar os recursos do Estado

para dunha ou outra forma enriquecerse ou beneficiar a parentes e/ou amigos.

Cando pensamos en clientelismo político ligámolo a corrupción, segundo o profesor

Maiz 33era considera como elemento máis do intercambio clientelar.

Pero na actualidade estes dous conceptos van separados. Un bo exemplo é a obra de

Caciagli que intenta separar os conceptos de clientelismo, corrupción e criminalidade

organizada xa citada anteriormente. Para elo da unha definición de cada concepto e

deslígaos entre si.

Podemos engadir por tanto un clientelismo corrupto, é dicir aquel cacique que precisa

de artimañas que están fóra da legalidade para cumprir co seus clientes.

Un dos motivos fundamentais polos que se confunde a corrupción coa clientelismo

reside en que, en ambas relacións se produce un intercambio, No obstante, esta

característica é insuficiente como para equiparalos pois ambos fenómenos non se

desenvolven nos mesmos parámetros da legalidade.

En ambos casos sobre pasase o límite da legalidade para obter beneficios

extraposicionais, é dicir alleos a remuneración da actividade económica que realizan.

En termos xurídicos a corrupción concretase no suborno, que consiste en pagar unha

cantidade de diñeiro a cambio de non cumprir unha obriga, e a extorsión que garantiza

a eficacia e a rapidez no cumprimento dunha obriga.

Della Porta e Ives Meny especifican o intercambio que se produce baseado en trocar

decisión con bens monetarios, non median a lealdade e a confianza como o fan nas

características especificas das relación clientelares.

Como vemos a corrupción pode estar ao servizo do clientelismo, pero tal situación non

significan que conteñan o mesmo significado. En resumo as diferencias entre ambos

conceptos son as seguintes:

33

Vid Ramón Máiz.2003. Jama, Caleta y Camello: la corrupción como mecanismo de autorrefuerzo del

clientelismo político .Revista Mexicana de Sociología, vol. 65, núm. 1.pp. 3–39.

Page 26: Estudo do clientelismo político; o caso galego

26

1. Os mecanismos de exclusión e inclusión son diferentes. Mentres no

clientelismo, é a captación de clientes, que logo se traduce en votos. Na

corrupción requírese actores con capacidade económica para o suborno e a

extorsión.

2. Na corrupción existe plena conciencia de ilegalidade. No clientelismo as

persoas que o realizan non teñen conciencia que están realizando algo que hai

que esconder en público.

3. A corrupción significa rexeitamento social.

7.7 Evolución do clientelismo político no Estado Español

A maioría das clientelas que se formaban en torno ao cacique, eran xeralmente

mecanismos a favor da dependencia económica dos clientes respecto ao patrón. O

cacique, en si mesmo, non se fundamentaba nestas clientelas senón que eran un

instrumento máis para corrixir os erros de “encasillado”, aínda dispoñendo dun bo

número de votantes incondicionais. En ningún caso a relación era libre, non se daba

algo a cambio de algo, senón que se obrigaba a realizar unha determinada acción baixo

o temor de perder a subsistencia económica.

Dende a Restauración no Estado Español manifestáronse dous tipos de favores que

xeraban dependencia do cliente respecto do cacique. Por un lado, o favor privado

concedía amizade, por protección dos dependentes e por relación familiar, e polo

outro, o favor público.

O cacique obtiña con estes favores o apoio incondicional de individuos e grupos que lle

concedía prestixio ante o poder central. Era en ocasións o representante ante o

goberno central34. No Coxo de Vilarelle, Eire explica como o cacique do pobo era o

único capaz de resolver os problemas de supervivencia e mellora económica. Esta

circunstancia tamén posibilitaba ao cacique o liderazgo do partido político no cal

militaba aínda que isto non era importante porque a reciprocidade do favor entre a

clase política española ía máis ala da cor política e definíase pola amizade entre os

caciques, isto podémolo ver na obra literaria o Coxo de Vilarelle cando os caciques se

reúnen durante a transición para negociar se apoian as candidaturas de AP ou de UCD.

34

Vid Alfonso Eiré , 2004 O Coxo de Vilarelle. Espiral Maior.

Page 27: Estudo do clientelismo político; o caso galego

27

Por tanto podemos asegurar que o cacique dispoñía de recursos tanto económicos

como humanos que ofrecía aos seus clientes. Polo que ou ben dispoñía dunha fortuna

herdada ou ben pertencía a unha rede clientelar e el converteríase nun propio cliente.

cacique era, xeralmente, propietario de inmobles, sobre todo de terra. Polo que tiñan

a posibilidade de contratar e empregar, e influían nas decisións políticas, económicas e

administrativas, pois pertencían ao mundo da Banca, A Igrexa, ao exercito ou mesmo

eran burócratas.

As relación clientelares non só se daban no momento da campaña electoral, como xa

dixen ao longo do traballo eran relación que permanecían no tempo. Pese a iso os

clientes en épocas de eleccións deberían devolver o favor en forma de votos.

As candidaturas que se presentaban eran por consenso entre os caciques das familias

máis poderosas. Quen determinaba os candidatos en cada lista era o poder central, a

partir da información que requirían dos gobernadores civis de cada provincia35,. O

subsecretario do Ministerio de Gobernación solicitaba a estes un informe das persoas

máis influentes de cada concello e das provincias. Xunto a este informe o nome dos

cargos ocupados a nivel local e provincial, as alcaldías que non tiñan posto vacante, o

número de simpatizantes de cada partido ou sindicatos e as posibilidade de conflito si

se impoñían resultados moi diferentes aos que esperaban a poboación.

A través do Ministerio de Gobernación estudábase onde existían vacantes para

introducir aos cuneros nesa localidade, ademais de que localidades eran afíns ao

goberno central e os contactos que existían con determinados caciques, para tentar

recadar o número de votos.

7.8 O éxito do clientelismo político:

Que o clientelismo político ala onde se instaura ten éxito non é ningunha novidade.

Presento agora unha serie de incentivos que fan que este éxito se vexa plasmado na

realidade política. Para elo analizamos as propostas que nos dá Knoke, 1990;

Dunleavy ao respecto:

Subminístraos de beneficios, o intercambio clientelar aporta beneficios

materias, divisibles e particularizados, dos que é posible excluír aos que non

35

Vid. Javier Tusell, Oligarquía y caciquismo en Andalucía (1890-1923).Barcelona 1976 pp.27-35

Page 28: Estudo do clientelismo político; o caso galego

28

pertenzan a rede. Os partidos inmersos en redes clientelares non poderán

excluír dos beneficios xerados pola súas políticas aos membros das redes que

teñen así garantido, as mesmas prestacións que os votantes programáticos.

A relevancia da participación individual. Os lazos clientelares derívanse de

relación persoais nas que ambos individuos, pese a asimetría, xogan papeis

relevantes para a consecución dos beneficios.

A visibilidade da non inclusión, nunha rede clientelar é moi difícil verificar se

cada actor cumpre co seu cometido. O clientelismo contrarréstao mediante

unha estrutura de redes locais en ámbitos onde todos se coñecen.

Permite o castigo a aqueles que deserción. Neste caso o clientelismo castiga a

aquéleas persoas que non están de acordo coa rede clientelar e premia aos

seguidores.

A desconfianza e a incertidumbre fóra da rede clientelar. A pesar de que o

clientelismo xera confianza dentro da propia rede, fóra do seu alcance xenera

desconfianza nos outros actores programáticos.

Pero un intercambio clientelar segundo Hate terá éxito si e só si:

As contribucións que o cliente prové ao partido clientelar ou ao bróker resultan menos

onerosas que acudir ao partido de compoñente programático ou a mobilización

colectiva de protesta.

As contribucións realizadas polo cliente deben ser menos costas para o partido

clientelar ou bróker, que as obtidas mediante o esforzo da organización máis o

programa.

Socialmente o clientelismo nun estudo realizado por Hallin, Daniel y Stylianos

Papathanassopoulos36 .presenta as seguintes causas que fan propicia a aparición do

clientelismo político. O estudo está basado no auxe do clientelismo no sur de Europa,

polo que afecta ao Estado Español.

1. A falta de tradición democrática do país, provoca un auxe do clientelismo. Pois

os cidadáns nacen nesa cultura política e os patrón son herdeiros dos réximes

anteriores.

36

Vid Hallin, Daniel y Stylianos Papathanassopoulos (2002). Political Clientelism and the Media: Southern Europe and Latin America in Comparative Perspective. Media, Culture, Society, 24 (2), pp. 175-195

Page 29: Estudo do clientelismo político; o caso galego

29

2. Existe unha falta importante de tradición de prensa independente, a que hai

está sometida aos intereses dos partidos políticos. Non existe nestes países un

modelo de periodismo como servizo público ao servizo da transparencia.

3. Inexistencia dun aparato xudicial e administrativo que sexa predecible,

transparente e equitativo.

4. Vulnerabilidade económica da prensa , a mercé dos poderes privados e

públicos

5. Dependencia dos subsidios do Estado. Se dependes economicamente dun

Estado non vas a denunciar as redes clientelares que existen nel.

8. Tipos de clientelismos post modernos:

Hernández Corrochano, presenta un clientelismo postomoderno que reúne elementos

do clientelismo tradicional e o clientelismo político.

Por un lado nos elementos tradicionais o patrón actúa como un empresario e o cliente

ten a obriga de lexitimar esa relación. Forma parte do clientelismo político a

interacción esporádica e impersoal entre os actores e o intercambio de favores por

votos.

Un novo elemento é que o cliente ten unha racionalidade condicionada e que dispón

de certa información, ten a capacidade de medir e comparar as vantaxes do

intercambio. Tensamos o concepto de clientelismo estribando en que existen por un

lado, a autonomía individual e a participación, e polo outro, a igualdade democrática e

a desigualdade económica do mercado.

En palabras do propio Corrochano37 “O cliente cede a autonomía como cidadán e o

patrón debilita o seu control xerárquico” . O cliente polo tanto non é explotado polo

patrón como acontecía antano, senón que voluntariamente escapa da súa

responsabilidade e participación na política formal.

O que nos fai supoñer, igual que o comenta o Profesor Bastos no Eloxio ao Cacique

Galego que as relacións clientelares poden chegar a fortalecer a participación cidadá e

37Vid.Hernández Corrochano, David 2007. Clientes imaginarios. la movilización electoral de

los pobres en el sistema electoral mexicano pp.14-22

Page 30: Estudo do clientelismo político; o caso galego

30

as rendicións de contas dos políticos, o que coñecementos por accountability, polo que

a democracia vese fortalecida polo clientelismo.

Os esforzos do patrón no clientelismo postmoderno centrase no cliente, xa que o

obxectivo principal é captar voto e manter o seu apoio. Non é raro visualizar unha

negociación con varios patróns co fin de ampliar o seu poder na relación, polo que o

cliente apoiará ao líder que o ofreza as condicións máis vantaxosas. Ao existir varios

patróns o nivel de presión que os clientes poden exercer, reduce a dependencia co

patrón, o cal poder retirar o seu apoio ao cambiar o intercambio do favor ao mellor

pagador.

Zuckerman38 utiliza o termo enlighted clientelism para describir esta mezcla de

clientelismo moderno e política do benestar, pola cal os patróns logran o benestar

para o seu municipio e rexión. Para este tipo de clientelismo, o autor parte da

presuposición de que patrón non ten conflitos graves con faccións do seu propio

partido e coas fraccións dos demais partidos políticos.

Neste clientelismo postomoderno, aparece a noción de clientelismo competitivo xa

que é usada de maneira diferente, Brusco39 usa para describir estrutura clientelares

dentro de un partido político. Existen polo menos dúas “máquinas” do mismo partido

que compiten polos clientes. Dado que todos representan a mesma ideoloxía, os

patróns ou mediadores necesitan unha cantidade máis grande de bens para distribuír,

así que as condicións de competencia volven máis caras as estratexias clientelares.

38

Vid Zuckerman, A. 2001 .: La política de clientelas en Italia pp. 42

39 Vid. Brusco, Valeria. 2005 El (difícil) arte de ser puntero. Nuevas condiciones para la actividad en

Argentina. P. 28

Page 31: Estudo do clientelismo político; o caso galego

31

9. O Caciquismo en Galicia:

9.1 A Restauración e Montero Rios

Pese que no ensaio nos centraremos puramente no clientelismo dende a morte de

Franco no ano 1975 ata os nosos días, faremos unha pequena introdución na cal

expoñeremos o comportamento das relación clientelares en Galicia. En primeiro lugar

falaremos do auxe principal do caciquismo durante o período da Restauración,

pasando pola ditadura de Primo de Rivera, a II República, o Franquismo e afondando

na Galicia democrática.

O clientelismo político instaurouse principalmente en Galicia dende comezos da

Restauración. Nesta etapa instauráronse as eleccións como simple formalidade

democrática, aparece en Galicia, o fenómeno do Cacique como controlador social e

electoral.

O funcionamento do clientelismo era moi sinxelo: os caciques eran os encargados de

recadar votos a nivel local ou provincial, para acadar un bo número de votos tecía

unha rede clientelar, na cal ofrecía distintos favores a cambio do apoio político.

Un dos baluartes do clientelismo político foi Montero Rios, destacou como político do

dereito na etapa do Sexino liberal. Logrou todos os cargos aos que podía aspirar

calquera dos oligarcas que procedían do caciquismo, acadando a presidencia do

goberno en 1905.

O fío que conduciu a Montero Rios foi a rede clientelar monterista na cidade de

Santiago de Compostela, dende os inicios da Restauración ate o 1914 e a partir da

dimensión cotiá do poder. Tentou incluso estreitar lazos con outras correntes

clientelares que se deron nun contexto contesto europeo, caso do turnismo na

restauración de España, o oportunismo francés ou o transformismo italiano.

O distrito de Santiago foi o “feudo caciquil” do monterismo por excelencia. Jose

Montero lograra xa anos atrás a primeira representación deste distrito entre o 1871-

1873 pero Eugenio conseguiuna en 1886. O sucesor, como é tradicional no padroado

político da Restauración veu da man do seu xenro Benito Calderón, pero trala súa

norte o patrón veuse no obriga de ceder o posto a outro dos seus xenros como

representante do distrito a partir do 1893, foi este o futuro sucesor como xefe do

Page 32: Estudo do clientelismo político; o caso galego

32

monterismo, Manuel Garcia Preto, que abondou o seu escano para converterse en

Senador Vitaliceo.

Neste escano foi clave a estratexia política de Montero en Galicia, a base da súa

complexa trama clientelar e un exemplo dun “distrito enfeudado” por unha das

“plataformas políticas” que facían as función de partidos na etapa da Restauración. A

partir de aí o seu dominio a nivel político consolidouse no goberno local de Santiago de

Compostela.

A Corporación Municipal foi rexentada durante estes anos polos caciques próximos a o

monterismo que funcionaba de paraugas do partido liberal, o partido conservador

pasa en Compostela por primeira vez a ser unha forza secundaria.

Entre os 1877 e 1905 Compostela respondía ante o poder caciquil que exercían os

Montero, salvo no ano 1881 cando Gutiérrez de la Peña acada a alcaldía que duraría

uns 6 anos, cando o propio Montero Rios dende o escano de deputado en Madrid e

con Sanjurjo Pardiñas ao fronte da candidatura consolidan o dominio da cidade por

parte dos monteristas.

Ilustración 6: Fonte: Margarita Barral Martínez Eugenio Montero Ríos: político del derecho 279

A pesar de que ao longo do traballo tentamos diferenciar o concepto de clientelismo e

de corrupción política, neste caso estes dous conceptos van estreitamente ligados

Page 33: Estudo do clientelismo político; o caso galego

33

entre si. As eleccións non as gañaban aqueles caciques que conseguirán máis votos,

senón aqueles que eran capaces de falsificar os datos ao seu favor.

Na restauración, os caciques eran vistos como o cidadáns como os consiguidores, e

eran os que ostentaban o poder ante os ollos dos cidadáns. Os cidadáns non

visualizaban os persoanxes electos, que nin sequera coñecían. O cacique logo de

resolver o seu problema facíalle ver os seus veciños que tiñan que apoiar as listas que

el apoiaba, neste caso a dos monteristas para poder solucionar os seus problemas.

Monteros Rios, nos últimos anos da súa vida atacou o mesmo sistema que o levara ao

máis alto da política estatal española.

Logo da Restauración e seguindo a cronoloxía histórica chega a Galicia, a ditadura de

Primo de Rivera, un dos obxetivos era incluír a simple sustitución da política caciquil,

reducida ao servizo das clientelas, pola que eles consideraban a auténtica política, a

dos cargos electos ou elixidos a dedo. Crían que o ditador era un mesías que

milagrosamente ía sacar ao Estado da súa postración.

Sen embargo, as novas medidas contra o caciquismo que aplicou o novo réxime

tuveron unha corta duración temporal: suspenderon concellos e deputacións, e

someteu a estas institucións a fiscalización das autoridades militares de cada provincia

primeiro e de delegados gobernativos por último. Estes delagados convertironse nos

sustitutos dos vellos caciques, o imposibilitou a labor rexeneradora por acción dos

xuices, que tamén formaban parte das redes caciquis.

9.2 A II República

Coa chegada da II República, apareceron novas ideas a Galicia. E con el dúas ideas

clave que penetrarán na sociedade galega:

A capacidade de decisión e influenza dos procesos electorias no sentido de

liberdade.

A extensión de beneficios que garantiron o benestar dos campesinos, através das

medidas de reformismo social impulsadas pola República.

Page 34: Estudo do clientelismo político; o caso galego

34

Numerosos labregos empezaron a empaparse de democracia, numerosas experiencias no

societarismo agrario, mitíns e conflictos abertos coas autoridade, a presencia de

emigrantes retornados que traían consigo numerosas experiencias políticas e sociais.

Pero no rural galego a política era ben distinta, os agricultores seguían pactando cos

grupos de poderes locais pois o beneficio era moito maior pactando cos vellos caciques

que através das institución democráticas.

Castelao di textualmente “Os caciques nascen e medran en calquera clima do mundo,

como os pelos da barba”. Isto quere dicir que en calquera estrutura de poder o

caciquismo sempre terá presencia. Non importa se a institución é democrática ou non.

El mesmo fai unha distinción entre os dous tipos de caciques.

Por un lado aqueles que denomina “mandóns”, son discípulos do poder central en

Galicia, froito dun sistema de corrupción política e administrativa.

Por outro lado os “verdadeiros” caciques, que defenden aos campesiños fronte ao

centralismo.

Como Castelao define o caciquismo como un problema puramente administrativo. Se o

cacique nace para a defensa dos campesiños fronte a posibles complicacións lexislativas

e burocráticas do poder central, suprimindo o ataque do centralismo. Segundo el, o

caciquismo desaparecería en Galicia se se empezase a lexislar pensando na terra. É dicir

conscientes das características propias dun país.

Debido a falta de implantación dos partidos republicanos no medio rural galego, os

caciques decidiron alistarse nas súas filas. Isto permitiu que se elaborasen listas para as

eleccións municipais e que os partidos republicanos tiveran representación tamén no

interior de Galicia.

Como vemos debido ao fracaso no intento de descentralizar as tomas de decisión no

estado español a partires da II República e durante a súa instauración en Galicia seguiu

existinte o fenómeno do clientelismo.

Page 35: Estudo do clientelismo político; o caso galego

35

9.3 franquismo

Para describir como funcionaba o caciquismo no franquismo, distinguimos a definición

que fai Cazorla na cal distingue dúas variedades do caciquismo durante o franquismo.

Ambas como veremos non respondes a criterios competitivos debido a falta de

eleccións democráticas.

1. Clientelismo laboral: que se caracteriza en gran medida pola distribución de

postos de traballo no sector público. Non é unha novidade que as persoas

influentes no ámbito local, tiveran a oportunidade de recomendar a algún veciño

para que ocupase algún posto dentro da propia administración.

2. Clientelismo concesional: expresas no outorgamento de concesións1, sobre

todo licencias de obra, explotacións, xogos, ou obtención de subvencións ou

exencións de relevancia colectiva ou individual.

9.4 A preautónomia

Logo do franquismo ábrese no Estado Español un novo proceso cara a democracia e o

caciqusimo tamén se adapta aos novos tempos. Os vellos alcaldes como veremos pasan

a militar en partidos políticos democráticos e a seren membros da vida publica

municipal. Antes de empezar a describir o perfil dos caciques durante a democracia en

Galicia. Veremos un pequeño contexto político onde movían este actores. Sobre todo

partidos de centro-dereita pois estes permitíanlle unha maior liberdade de movementos .

Logo de que se abrise a regulación das Asociación Políticas en xaneiro do 1975, os

partidos políticos foron aproveitados por diferentes personalidades públicas vinculadas

ao réxime para crear a súa propia rede clientelar. É dicir unha plataforma política que os

levase a cumprir as súas aspiracións de xogar un papel fundamental no proceso de

transición do franquismo a democracia que se abría en Galicia.

Varios exemplos deste intento de implantación de partidos post-franquistas son

Reforma Social Española de Manuel Cantero, ou a Unión Democráticas Española(UDE)

Page 36: Estudo do clientelismo político; o caso galego

36

de Federico Silva Muñoz que a posterior se integraría na Asociación Democrática

Española, tamén a Unión Nacional Española, e incluso Pueblo Español. Mais todas

estas formacións fracasaron no intento de consolidarse en Galicia cunha estrutura

territorial sólida, a pesares de contar con algúns homes de confianza que xa pertencían

ao mundo dos negocios e da política galega, salvo en nas provincias costeiras, onde

ADE consegue constituírse grazas a amizade do seu líder con Antonio Ramilo, ex-

alcalde de Vigo e destacado empresario, e a UNE da que procedían homes como

Francisco Millán, Mariano Rajoy ou Feliciano Barrera.

Os homes de Joaquín Garrigues Walker, do Partido Demócrata e Liberal conseguiron

algúns éxitos en Galicia da man do Partido Demócrata Galego (PDG) que máis tarde

ingresaría na UCD. Outro tanto hai que dicir dos pequenos grupos demócratas-cristiás

que nacen en Vigo e na Coruña no ano 1975. Son Unión Democrática de Galicia e

Izquierda Democrática Galega.

Manuel Fraga pola súa parte prefire utilizar a vía das Asociacións Anónimas para

patrocinar a Federación de Estudios Independientes (FEDISA) que, xunto co Gabinete

de Orientación e Documentación SA, será a semente da Reforma Democrática, que

pronto conseguirá organizar varias xestoras provinciais en Galicia.

Estes sectores de centrodereita, posible casa dos caciques galegos, non foron capaces de

organizarse como unha alternativa galeguista, como o caso de CIU ou PNV, polo que

acabaron desaparecendo ou absorbidos polas diferentes forzas estatais. Así, no ano 1976

nace o Partido Popular Galego.

Os caciques galegos, que permaneceron moi atentos a estas tentativas de construción de

partidos galeguistas de centro, finalmente viron na oferta da UCD que moi pronto

creceu en Galicia e se converteu nunha organización rexional forte e consolidada. O

partido estruturouse territorialmente tomando como base as catro provincias, e coa

axuda dos baróns ou caciques que coincidían en dispoñer de unha gran influenza

política nos seus territorios e outros que iniciarán a súa carreira política dentro do

réxime derivando en posturas máis reformistas.

Page 37: Estudo do clientelismo político; o caso galego

37

Na Coruña o home clave foi Xosé Luís Meilán Gil, catedrático de Dereito

Administrativo, e colaborador de Carrero Blanco, este funda no ano 1977 o Partido

Galego Independente, no que militaban un bo número de profesores de universidade e

catedráticos, altos funcionarios do estado, e os clásicos membros da policía local. O PGI

definíase ideoloxicamente como un partido demócrata e rexionalista, pero finalmente o

PGI incorporouse na UCD, deixando de lado as aspiración de Meilán Gil.

En Ourense Euloxio Gómez, empresario de profesión e presidente de Caixa Rural

Ourense, despois de rexeitar as insinuacións de Manuel Fraga para sumarse ao seu

proxecto, funda Grupo Orensano Democrático, unha plataforma política rebautizada

máis tarde como Acción Popular Ourensana que cubriría a práctica totalidade da

provincia. Pronto negociou a súa integración no Partido Popular de Pío Cabanillas, que

acabarían confluíndo coa UCD.

En Lugo os reformistas estaban encabezados po Otero Novás e por Antonio Rosón,

ambos ex-presidentes dá Deputación, e ex procurador da Cámara Oficial Sindical

Agraria e ben relacionado cos galeguistas do grupo Galaxia,

En Pontevedra, a ausencia dunha figura política indiscutible provocou que o seu control

o disputarán personaxes como J.Rivas Fontán, Vítor Moro e por último Sancho Rof,

moi ben relacionado coa cúspide do poder pero carente dunha base territorial sólida

como as anteriores.

Un caso semellante acontece coa construción de Alianza Popular (AP), ambas nacen

como resultado de integrar forzas políticas de distinta natureza e grao de implantación.

Pero a o partido de Fraga non foi quen de formalizar un liderazgo provincial claro. Polo

que as disputas polo poder debían ser arbitradas por Manuel Fraga.

En A Coruña conta co apoio do seu cuñado Francisco Puy e con María Vicotria

Fernández-España, vinculada a unha coñecida familia propietaria da Voz de Galicia, en

Lugo sígueo Antonio Carro Martín, ex-ministro de Franco, Aníceto Codesal e Francisco

Cacharro Pardo, quen adquirirán certo protagonismo na organización; en Ourense

incorpora a Luis Ortiz Álvarez e a Jaime Tejada, en Pontevedra a Cástor Alonso.

Page 38: Estudo do clientelismo político; o caso galego

38

Esta é a orixe de Alianza Popular, experimento que a posterior se revelará como un erro

estratéxico de Fraga: o inevitable escoramento cara a dereita que supuxo a atracción de

estas personalidade. Logo do desfeita electoral de xuño do 1977 e o tratamento da

cuestión autonómica permitiron desprenderse dos aliados, as catro organizacións

provinciais de AP pasaron a estar controladas por coñecidos fraguistas mentres

avanzaba lentamente o proceso de rexionalización do partido.

O proceso de elaboración do Estatuto e a súa vitoria electoral nas autonómicas do 1981

serían fundamentais neste proceso, a construción autonómica esixe a creación dunhas

estrutura organizadas e culturais moi lonxevas do tradicional discurso de AP e ademais

a súa xestión realizase na oposición dun poder central controlado primeiro pola UCD e

logo polo PSOE. A experiencia de goberno permite a emancipación dos órganos

directivos en Madrid. O desembarco de parte dos centristas ampliará a súa base

electoral, aínda que non sempre será fácil a súa convivencia, sobre todo en Ourense.

Durante o período de normalización democrática, o eixo centrodereita foise

consolidando nas mans da UCD e de AP pese que algúns centristas refundaron o novo

Partido Galeguista.

9.5 As eleccións de 1981 e o proceso democrático:

A propia Alianza Popular consegue modernizarse da man de Fernandez Albor, membro

de Realidade Galega, pese a súa inexperiencia política contou co apoio de coñecedores

do mundo público como XL Barreiro Rivas ou JM Romay Becaría.

Nas eleccións de 1982 a gran vencedora foi Alianza Popular que consigue 26 escanos,

seguida da UCD con 24 escanos, onde se funde precisamente nas zonas costeiras, onde

o poder dos caciques era moito máis débil. O PCG. Obtén 1 deputado, o PSOE obtén 16

actas e rexistra un pequeno ascenso. Os nacionalistas de esquerdas obteñen uns

resultados case ridículos comparados cos tres grandes partidos.

Partido Político Escanos

Alianza Popular 26

Page 39: Estudo do clientelismo político; o caso galego

39

Unión de Centro y Democrático 24

Partido Socialista 16

Partido Socialista Galego 1

PCG 1

BN-PG 3

Ilustración 7: Reparto de escanos Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

Fonte: MIR-Resultados Electorales

Logo de que a UCD deixase gobernar a AP, pero sen ningún tipo de acordo para non

converterse nun partido bisagra. Este veuse na obriga de formar un goberno monocolor

sen ningún tipo de acordo previo que garantizase unha lexislatura sen sobresaltos.

A UCD entrou nunha gran crise irreversible que se veu traducida na perda masiva de

votos nas eleccións xerais de 1982, pese a iso conseguiu 5 dos 27 escanos en xogo. A

gran gañadora foi a coalición formada por Alianza Popular e Partido Demócrata

Progresista con trece actas.

Logo da crise da UCD empézanse a formar novos partidos fóra desta plataforma,

A.Rosón aposta por unha converxencia galeguista e Franqueira, funda o seu propio

partido, Centristas de Ourense, pronunciándose en favor dun partido nacionalista de

centro aproveitando a estrutura organizativa da UCD.

Así varios dos deputados que proviñan da UCD, dan estabilidade ao goberno de Albor e

entran a formar parte do seu goberno. Así nace Coalición Galega. Outros dos membros

da UCD intégranse na PDP para buscar o entendemento con Manuel Fraga.

Nas eleccións de 1985,o panorama xa foi diferente. As principais novidades foron a

aparición do novo partido de centro Coalición Galega liderado por Pablo González

Mariñas e a desaparición por completo da UCD que finalmente e logo de varios intentos

non consegue presentarse.

Principalmente os escanos que perde a UCD repártanse entre a nova forza centrista

Coalición Galega e o Alianza Popular que aposta polo continuismo da man de Albor.

Alianza Popular concorre a estas eleccións con escisións de UCD como son Centristas

de Galicia de Franqueira, PDP e o Partido Liberal. Como vemos na ilustración 8

traducese nun ascenso de 11 escanos rozando a maioria absoluta soñada por Fraga.

Page 40: Estudo do clientelismo político; o caso galego

40

Partido Candidato Escanos

Alianza Popular + PL+CG+PDP Gerardo Fernández Albor 34

Partido Socialista Fernando González Laxe 22

Coalición Galega Pablo González Mariñas 11

PSG Camilo Nogueira 3

BNG Xosé Manuel Beiras 1

Ilustración 8: Resultados Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985,

Fonte: MIR

O Partido Socialista tamén consegue un ascenso no número de escanos, froito tamén do

contexto estatal onde o PSOE viña de gañar as súas primeiras eleccións. Un PSOE que

no ano 1986 acadaría a Presidencia da Xunta debido a falta de entendemento entre Xosé

Luis Barreiro Rivas e Albor, o que provocaría que este último e catro deputados de

Alianza Popular ingresaran en Coalición Galega, que apoiaría o pacto a tres bandas que

permitiu a Laxe ser Presidente da Xunta de Galicia.

A crise que se dou en Galicia en Alianza Popular e os cambios a nivel nacional do xa

fundado Partido Popular, fixeron que nas eleccións de 1989 Manuel Fraga se vise

obrigado a presentarse como candidato a Xunta, apoiado por Centristas de Galicia de

Baltar e Franqueira.

A catástrofe electoral veu da man de Coalición Galega, quen cambia de líder e converte

a Barreiro candidato a presidencia da Xunta, logo da escisión do Partido Nacionalista

Galego de Pablo González Mariñas. Nestas eleccións os coagas pasarían de 11 escanos

a 2, e a súa perda de 9 escanos distribúense entre o Partido Popular de Manuel Fraga

que acada a mayoría absoluta con 38 escanos, e o Partido Socialista acadaría os

mellores resultados na súa historia.

Partido Candidato Escanos

Partido Popular Manuel Fraga 38

Partido Socialista Fernando González Laxe 28

Page 41: Estudo do clientelismo político; o caso galego

41

BNG Xosé Manuel Beiras 5

PSG Camilo Nogueira 2

Coalición Galega Xosé Luis Barreiro 2

Ilustración 9: Resultados Eleccións ao Parlamento de Galicia.

Fonte: MIR

Logo das eleccións de 1989 e coa integración definitiva de Centristas de Galicia no

Partido Popular da man de Manuel Fraga, os caciques en Galicia atopan ao fin un

partido político nos que lles permite certa marxe de maniobra e no que se sinten agusto.

Podemos decir ademáis que logo destas eleccións o panorama político en Galicia no

eixo do centro-dereito permanece estable dentro do Partido Popular que alcanza unha

condición de partido rexionalista defensor a ultranza da autonomía.

Non Concellos, o territorio onde exercían o dominio os caciques en Galicia durante a

transición, tamén afectaban os cambios que se daban no conxunto do. Exemplo disto

son os cambios bruscos nos resultados electorais que se daban nunhas eleccións ou

noutras nun curto periodo de tempo. Os votos migraban duns partidos a outros,non

polas desparición dos partidos no panorma político, senón polos cambios que se daban

nas agrupacións locais, onde o cacique ía cambiando de partido ate atoparse cómodo

para realizar a súa acción política.

9.6 O caso do Grove

Os cambios electorais debíanse a que os caciques non encontraran aínda o partido ideal

no que poder desenvolver a súa acción. Un destes exemplos é o Concello do Grove no

que a presenza dun candidato nunha ou outra lista condicionaba por completo os

resultados electorais. É o caso de Bea, que logo de ter sido nomeado alcalde polo

Gobernador Cívil de Pontevedra e de crear a súa propia rede clientelar, basada en óbter

votos por favores, sobre todo urbanísticos, decide presentar as primeiras eleccións

municipais na historia da democracia en Galicia.

Como vemos os resultados entre a convocatoria de 1976, onde a UCD gañaba as

elección ao ano 1983 onde a CIGA é a vencedora moi próxima a maioría absoluta que

permitía un goberno mono color.

Page 42: Estudo do clientelismo político; o caso galego

42

Para encontrar as razóns que provocan este sobresalto electoral temos que remontarnos

ao clientelismo e as redes clientelares que se desenvolveron neste Concello durante a

pre-autónomia e no posterior período de normalización.

Bea foi nomeado alcalde no ano 1975 polo gobernador civil de Pontevedra, foi quen

durante dous anos afianzarse no poder e gañarse a confianza dos seus veciños. Pese a

forte oposición de PC, PSOE, PSG E PSP, que solicitaron ao gobernador civil a súa

dimisión no ano 1977 por supostas irregularidades no eido do urbanismo.

Así chegado ao 1979 e logo de varias irregularidades previas a súa dimisión obrigatoria

para poder encabezar unha candidatura e pese a que Bea estaba na órbita de Alianza

Popular, decide presentarse pola UCD como home de Suárez no Grove. Esta decisión

debese en gran parte a debacle electoral de Manuel Fraga nas eleccións xerais e

imposición Gobernador Civil e outros contactos fronte a organización da UCD na

localidade.

Bea incluiu na lista, xente próxima a el, é decir os seus propios bróker ou

intermediadores. Persoas de confianza que formaban parte do seu propio tecido

clientelar. Así se iniciou a primeira campaña electoral democrática no Grove, na cal a

UCD quedou a tan só uns 33votos de acadar a maioría absoluta. O PC, xunto co PSOE e

BNPG acordaron un pacto para desprazar do poder a Bea.

Ilustración 10: Resultados Eleccións Municipais en O Grove 1979:

Fonte MIR

Durante o primeiro goberno democrático do Concello de O Grove. Bea pasa a unha

segunda plana no eido municipal, pero como Deputado Provincial consegue que ala

onde ten máis presencia a súa rede clientelar se amplíe a partida para obras publicas,

pola contra consegue sancionar ao Concello co reparto de inversións ao cargo da

Deputación Provincial.

Page 43: Estudo do clientelismo político; o caso galego

43

Consegue ademais que PSOE e BNPG retire o apoio a normas subsidiarias que ten

previsto aprobar o Concello do Grove, para elo desenvolver unha serie de inciciativas,

sobre todo organizando numerosas protestas. Xunto a isto consegue que Adolfo Suárez

pase as vacacións neste Concello nun chalet que fora denunciado como unha

construción ilegal durante o seu mandato ao fronte da administración municipal.

Ademais de inaugurar numerosas obras que realizará a deputación sen sequera ter o

consentimento do goberno local.

Pero no ano 1983 deixa a UCD para unirse ao proxecto Converxencia Galega e

Independentes creado por Franqueira. Para explicar este cambio de rumbo de Bea

témonos que remontar a política nacional, pola cal a UCD sobre un forte debilitamento.

Con este novo proxecto Bea, consegue acadar a alcaldía con 8 concelleiros e o apoio do

concelleiro de Alianza Popular, partido no que ingresaría ese mesmo ano.

Ilustración 11: Resultados Eleccións 1983 en O Grove.

Fonte: MIR

O caso do Grove é un dos tantos que se deron en Galicia dende a chegada da período

democrático. Caciques que son nomeados polo gobernador civil da época franquista,

que ven na UCD unha boa oportunidade para encabezar proxecto de índole local. Un

dos exemplos máis claros é o de Xosé Luis Baltar Pumar, nun caso semellante ao de

Bea pero que perviveu ate hai apenas dous anos. Baltar é o barón por excelencia en

Galicia, símbolo do caciquismo e do clientelismo político no noso pais.

9.7 O caso Baltar

Para explicar o caso de Baltar, como xa expliquei na introdución cíngome a dúas claves

fundamentais. Entrevistas con Xosé Manuel Pérez Bouza e co propio Baltar así como

investigación en xornais de tirada nacional e provincial como son La Razón e La Voz de

Galicia na edición de Ourense.

Page 44: Estudo do clientelismo político; o caso galego

44

Xosé Luis Baltar Pumar, mestre de profesión destinado en Nogueira de Ramuín, apoia

todos os momentos cidadáns para o desenrolo dese concello do franquismo. O alcalde

farto de reínvidacacións do mestre decide nomealo concelleiro electo no ano 1968, polo

que Baltar da o salto a vida política. Logo do cese do alcalde, o Gobernador Civil

noméao no ano 1976 alcalde de Nogueira de Ramuín. O mestre, co seu carisma, a súa

formación e o trato persoal que lle dá a cada veciño, non tarda en gañarse o apoio da

veciñanza. Polo que consegue unha bo número de adeptos, clientes de aquí en diante.

Mostramos pois no seguinte gráfico a rede clientelar en 1978

Pronto chegan as eleccións municipais de 1979. Baltar non xoga con Alianza Popular

como foi o caso de moitos caciques, senón que se decide a aceptar a chamada do líder

provincial de Unión de Centro e Democrático, Euloxio Gómez. Os resultados darían a

maioría absoluta aos centristas e Baltar sería investido o primeiro alcalde da

democracia en Nogueira de Ramuín.

Ilustración 12: Rede clientelar Baltar 1976.

Fonte: Elaboración Propia

Page 45: Estudo do clientelismo político; o caso galego

45

Os puntos estrela do seu programa foron a atención diaria aos veciños e a resolución dos

seus problemas. Baltar nunca se presentou a unhas eleccións con grandes proxectos.

Senón prometendo ser el mesmo. Durante este ano goberna en Nogueira de Ramuín

con tranquilidade resolvendo soamente os problemas do día a día de cada veciño.

Esta maioría absoluta conseguea realizando unha serie de favores aos veciños e veciñas

da vila, a favor do seu benestar. Subvencións a asociacións, arranxo de estradas,

beirarrás ou mesmo solucionando os conflictos entre veciños, como se trátase dun xuíz

de paz. Baltar xa se gañará nestas eleccións a confianza da xente, factor fundamental

para que unha persoa sexa investida alcalde nun pobo do rural galego.

Pero pronto chegarán as elección municipais do 1983 co que se presenta desta vez coa

marca Coalición Galega, foron os peores resultados que coñece aínda así consegue

revalidar unha maioria absoluta, fronte aos dous concelleiros do PSOE, dous de Alianza

Popular e un do CDS de Adolfo Suárez.

Ilustración 13: Resultados electorais Nogueira de Ramuín 1979

Fonte: MIR

Baltar da no 1983 o salto como deputado provincial, sendo presidente da deputación

Victorino Nuñez de Coalición Galega. Aquí é onde empeza a gañar peso político na

provincia de Ourense. Únicamente el tiña firma delagada do presidente da deputación o

que lle permitía poder conceder subvencións de menos de 500.000pts ao seu antoxo,

Page 46: Estudo do clientelismo político; o caso galego

46

polo que se foi gañando o apoio de moitos alcaldes aos que lle solucionaba os

problemas de solvencia e lle solucionaba moitos dos problemas que lle aperecían día a

día na xestión diaria do Concello. Sobre todo no apartado de obras e servizos, onde a

Deputación puña ao antollo do alcalde unha serie de partida orzamentaria, o coñecido

agora como PXOM para o arranxo de camiños, estradas e beirarrúas.

Aquí vemos como o barón ourensán aumenta a súa rede clientelar dun xeito

considerable. Por unha parte gañase o prestixio da xente de Coalición Galega, que neste

época ocupa unha serie de Consellerías na Xunta de Galicia, polo que se concebía como

un gran conseguidor. Tamén disponía de apoio de distintos alcaldes da provincia e tiña

os seus propios clientes tanto en Esgos, localidade natal como en Nogueira de Ramuin

onde era alcalde.

Xa ocupando un posto de relevancia na deputación, e sendo alcalde de Nogueira de

Ramuin, como vimos, Coalición Galega sofre unha excisión, polo que Baltar fiel a

Franqueira, integrase en Centristas de Galicia, con un potencial enorme na provincia de

Ourense. Convértese entón en Secretario Xeral da organización a nivel galego.

Centristas de Ourense, será dende o seu inicios un aliado fiel a Alianza Popular de

Manuel Fraga na que se coaligarán en todas as eleccións ata que finalmente se integra

no Partido Popular. O de Esgos consegue así un posicionamento forte a nivel

Ilustración 14: Rede clientelar Baltar 1983.

Fonte: Elaboración Propia

Page 47: Estudo do clientelismo político; o caso galego

47

autonómico gañandose o respecto de máis dunha figura importante no panorama

político.

Catro anos máis tarde vólvese a presentar como cabeza de lista por Nogueira de Ramuín

onde alcanza os mellores resultados da súa historia no ano 1987 o que o converte en

Presidente da Deputación de Ourense grazas aos votos favorables de Alianza Popular.

Dende ese momento empeza a súa carreira como barón da provincia de Ourense,

convertendose no home de referencia de Manuel Fraga na provincial.

Ilustración 15: Resultados Nogueira de Namuín 1987.

Fonte: MIR

Pero non será ate a súa integración no Partido Popular cando Baltar asuma o control

absoluto da provincia de Ourense e das diferentes alcaldías. Nas eleccións do 1991 hai

unha forte discrepancia na dirección de Centristas de Galicia coa creación do Partido

Popular, debido a que Manuel Fraga decidira non presentarse conxuntamente, o que fai

que en Ourense se divida o numero de concelleiros entre o PP, que obtería 302 e a

Coalición Centrista cun total de 422. Pese a non ir en coalición o Partido Popular

apoiou a candidatura de Xosé Luis Baltar a presidencia da Deputación de Ourense.

A derrota do Partido Popular, fixo recapacitar a Manuel Fraga quen en 1992 ofrece

persoalmente a Baltar a presidencia do PP en Ourense e o seu apoio ao cargo da

deputación. Sen pensalo dúas veces, Centristas de Galicia integrase no PP e con el todos

os seus alcaldes e concelleiros principalmente na provincia de Ourense.

Será nesta época cando baltarismo cobre forza e con el toda a rede clientelar. A

integración foi un golpe de forza para a súa persoa pois aumentaría a considerablemente

a súa rede clientelar, pois os alcaldes que pertencían ao Partido Popular pasaron a ser

seguidores del e porse a súa disposición.

Page 48: Estudo do clientelismo político; o caso galego

48

Así a cargo da Deputación ianse concedendo unha serie de subvencións, cando menos

xenerosas a prensa provincial, sobre todo a La Región, o xornal con máis tirón no medio

rural de Ourense, o que lle garantía estar día a día nos medios de comunicación.

Como amosa o gráfico anterior e pese a que no ano 1987 deixa de ser alcalde de

Nogueira de Namuín, segue a ter a súa propia rede de clientes que o apoian e o que el lle

realiza favores sobre todo no eido administrativo, ou atraves do clientelismo

concesional polo cal o patrón lle adxudica obras ao cliente.

O poder que exerce sobre os alcaldes débese en gran parte a posibilidade que lle da o

Partido Popular, na súa organización interna de elixir aos candidatos de cada Concello

da súa provincia as eleccións municipais, ademáis incluso de elixir a lista provincial as

eleccións autonómicas e as xerais. O que se traduce nun maior poder para os baróns

provinciais, como é o caso de Baltar.

Ilustración 16: Rede clientelar Baltar 1992-2011.

Fonte: Elaboración Propia

Page 49: Estudo do clientelismo político; o caso galego

49

9.8 O perfil do cacique galego:

Como vemos o perfil do cacique galego é moi singular, nos casos que acabamos de

prensentar mostramos un claro clientelismo de partido que pronto se vai

institucionalizando.

Podemos citar as seguintes pautas a modo de conclusión para definir, logo das

descripcións feitas, as características fundamentais do clientelismo político en Galicia:

A cuestión de confianza é clave. Se un patrón non ten a confianza dos seus

clientes e dos seus superiores, non alcanza o éxito. Tanto Bea como Baltar foron

elixidos en primeiro lugar polo Gobernador Civil como alcaldes e logo gañaron

as eleccións democráticas as que se prensentaron, o que mostra o apoio das suas

propias redes clientelares.

O intercambio, aquí destacamos as concesións urbanísticas do propio Bea no

Grove, que permitía certa flexibilidade a hora da construcción a cambio dun bo

número de votos. Baltar pola contra facía uso da Deputación de Ourense, quen

por gastos menores de 500.000 pts non debería rendir contas. Outro dos

intercambios do propio Baltar era a contratación laboral na propia Deputación en

cargos que non requerían procesos de selección. Podemos observar en varios

artigos de prensa como contrataba aos familiares dos alcaldes da zona como

pago do favor político.

En ningún caso no clientelismo político en Galicia existiu a estorsión e a

violencia.

Ambos casos trátase de clientelismo subálterno, en ningún caso se nomean a

altos cargos da administración pública, pois nin os concellos nin as deputacións

se poden permitir este tipo de luxos.

O intercambio é directo, o patrón presenta unha serie de proxectos ante o seu

electores, estes consideran o seu beneficio e deciden apostar pola opción política

do patrón ou non.

10. Reflexión sobre o clientelismo

O caciquismo só nace nas sociedades onde a educación non esta ben desenvolvida e os

cidadáns precisan da figura dun intermediario entre a administración e eles mesmos,

Page 50: Estudo do clientelismo político; o caso galego

50

debido a que non son capaces de resolver os problemas que se lle plantexan día a día.

Isto débese por tanto a clara falta de formación.

Por tanto podemos decir que o caciquismo nace pola debilitación do propio Estado, por

exemplo en Suecia, Noruega ou incluso Alemaña o clientelismo non ten razón de ser

pois trátase de Estados fortes onde a educación está ben desenvolvida. Pero se viramos

cara o sur. Italia, España ou Grecia vemos como como o clientelismo está enormemente

desenvuelto.

E cando se desenvolve máis o clientelismo? O clientelismo ten o seu auxe, no caso de

Galicia, cando o réxime democrático é moi feble. Baltar ou Bea empezan a crear a súa

propia rede clientelar cando o Estado non dispón de instrumentos para frealos e están

amparados pola legalidade.

Un dos obxectivos que nos marcamos ao principio foi evaluar o papel que xogaron os

caciques no desenvolvemento económico do país, pois ben nesta conclusión final,

podemos decir que os caciques só tiveron como función principal manterne eles

mesmos no poder. Nunca na historia de Galicia tiveron a ben realizar grandes obras, por

unha razón moi sinxela, se gastaban nunha gran obra nun Concello determinado esto

xeraba un descontento debido sobre todo os localismos. Por iso era preferible como o

xeito de actúar de Baltar, os 3.000 euros para todos. Que había que arranxar unha

capela, pagarlle a un grupo de gaitas un vestiario novo, licitar un polideportivo

municipal ou un asfaltado da carretera… eses eran as inversión da Deputación de

Ourense.

Parece fácil loitar contra este tipo de clientelismo, pero non o é. Nun territorio onde os

veciños se contentan con solucionarlle os problemas do día a día, non é fácil elaborar

unha crítica. Posto que de facelo estas enfrontandote ao veciño que acaba de ver

solucionado o seu problema que el por el mesmo non o podería facer.

O clientelismo é a fin de contas un problema endémico da nosa Galicia, e seremos

capaces de erradicalo cando saibamos camiñar na democracia, de momento seguimos

sen saber camiñar, pois pese a que xa son case 40 anos de democracia aínda somos moi

novos comparados con outro países.

Entón podemos dar unha receta máxica para a solución do fenómeno do clientelismo.7

Page 51: Estudo do clientelismo político; o caso galego

51

Unha sociedade formada.

Unha democracia que lexisle tendo en conta as situación de cada

sociedade.

Control exahustivo dos pasos que se dan nos concursos públicos e nas

libres designacións.

Page 52: Estudo do clientelismo político; o caso galego

52

11. Bibliografía

ALMOND, Gabriel; y Sidney Verba (1966). The Civic Culture: Political Attitudes and

Democracy in Five Nations

ALONSO, L. E. (2007). Sujetos y Discurso: el lugar de la entrevista abierta en las

prácticas de la sociología cualitativa. En J. M. Delgado y J. M Gutiérrez (Coord.).

Métodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales (p. 228España:

Editorial Síntesis.

AUYERO, Javier. (1997) ¿Favores Por votos? Estudios sobre clientelismo político.

Buenos Aires: Losada,

AUYERO, JAVIER. (2001). La política de los pobres. Las prácticas clientelistas.

BASTOS BOUBETA, Miguel Anxo, Eloxio ao Cacique Galego

BARRAL MARTÍNEZ, Margarita (2012) Eugenio Montero Rios: Político del derecho

y cacique de la Restauración.

BRUSCO, Valeria. (2005) El (difícil) arte de ser puntero. Nuevas condiciones para la

actividad en Argentina. P. 28

CACIAGLI, Mario. (1996) Clientelismo, corrupción y criminalidad organizada. Centro

de Estudios Constitucionales de Madrid.

CASTELAO, Rodríguez Alfonso Daniel, (1944) Sempre en Galiza. Edición díxital

CAZORLA, José Del clientelismo tradicional al clientelismo de partido: evolución y

características Working Paper n.55 Barcelona

CAZORLA SÁNCHEZ, Antonio (2008) Hoy Azaña, mañana… Franco. Una

microhistoria de caciquismo en democracia y dictadura. Berja(Almería) 1931-1945.

Revista Española de Historia

CORZO Fernández,Susana. El clientelismo Político como intercambio. Documento de

trabajo número 206, Barcelona: Institut de Ciències Politiques i Sociaals

CRTVG, Documentales. A vida de Montero Rios

D E N ZIN G & LIN C O LN : Introduction: entering the field of qualitative research

EIRÉ, Alfonso , (2004) O Coxo de Vilarelle. Espiral Maior

.

El País edición de Galicia

FUKUYAMA, Francis (1998) Trust Ediciones B

GAMBETTA Diego, (1993). La Mafia Siciliana. Fondo de Cultura Económica

Page 53: Estudo do clientelismo político; o caso galego

53

GRACIANO, L. (1980) Clientelismo e sistema político: Il caso dell´Italia. Milan,

Angeli,

HALLIN, DANIEL Y STYLIANOS PAPATHANASSOPOULOS (2002). Political

Clientelism and the Media: Southern Europe and Latin America in Comparative

Perspective. Media, Culture, Society, 24

HERNÁNDEZ CORROCHANO, David (2007). Clientes imaginarios. la movilización

electoral de los pobres en el sistema electoral mexicano

HERNANDEZ R.FERNANDEZ C. & BAPTISTA P (1998): Metodología de la Investigación.

McGraw-Hill Interamericana editores 1998Moliner Manuel Diccionario del uso del

español 1984

JABLONSKI García, Paulo (2005) Clientelismo en democracia. Una propuesta para el

análises de las relaciones clientelares a nivel local.

J.S.TAYLOR Y R.BOGDAN. (1986) Introducción a los métodos cualitativos de

investigación. La búsqueda de significados. Barcelona. Paidós,

La Región

La Voz de Galicia edición de Ourense

MÁIZ Suárez, Ramón. (1996). Estrategia e institución: el análisis de las dimensiones

macro del clientelismo Político en Política en Penumbra

MINISTERIO DEL INTERIOR, RESULTADOS ELECTORALES..

MORENO LOUZÓN, Javier, (2010) Teoría del Clientelismo y estudio de la política

caciquil.

MORENO LOUZÓN, Javier, El clientelismo político: historia de un concepto

multidisciplinar

MORENO LOUZÓN, Javier,. Caciquismo y política de clientelas en la España de la

Restauración

MORENO LOUZÓN, Javier. (2008), Clientelismo Político: Historia de un concepto

multidisciplinar

PITT-RIVERS, Julian Alfred, (1961), People of the Sierra, Chicago University Press,

Chicago

POWELL, John (1970). Peasant Society and Clientelist Politics , APSR412

Page 54: Estudo do clientelismo político; o caso galego

54

PRADA RODRÍGUEZ, Julio. La transición política en Galicia. Una aproximación.

Universidade de Vigo

Roble Egea , Antonio. El clientelismo político y la democracia en Andalucía

RODRÍGUEZ LAGO, José Ramón. (2013) Iglesia Católica y la II República española.

Resistencias, progresos y retos pendientes. Revista Hispania Nova

SAYED, T. Y BRUCE, D. (1998) Police Corruption: toward a working definition en

African Security Review, Vol. 7, Nº 2.

SHCRÖTER, BÁRBARA, (2010) Clientelismo Político: ¿Existe el fantasma y como se

viste?

TROTTA, Miguel E. V. (2003). La Metamorfosis del Clientelismo Político.

Contribución para elanálisis institucional .Espacio Editorial. Buenos Aires

TUSELL , Javier, (1976) Oligarquía y caciquismo en Andalucía (1890-1923).Barcelona

ZUCKERMAN, A. (2001) .: La política de clientelas en Italia

Page 55: Estudo do clientelismo político; o caso galego

55

12. Apéndice 1; Entrevista a Xosé Luis Baltar Pumar.

Como se elixian aos alcaldes e concelleiros no franquismo?

Como é o día a día nun concello?

Como se xestioban as obras municipais? E na deputación?

Baixo que siglas se presenta as primeiras eleccións? Como era o procedemento

interno para elixir candidato?

Que feito histórico destacaría ao fronte da súa xestión?

Cal era o cauce normal para licitar unha obra da Deputación?

Que opinión lle merecen as actuaís de Deputacións?

Considera que participou activamente no desenvolvemento de Ourense?

Por qué se integra no Partido Popular?

Como se forma Centristas de Ourense?

Como nace Coalición Galega? Por que abandoan a súas filas?

Cal é a razón principal das maiorías absolutas?

Que relación ten vostede cos veciños?

Como se elixen os candidatos a alcaldía no PP de Ourense?

Page 56: Estudo do clientelismo político; o caso galego

56

13. Apéndice 2: Entrevista a Xosé Manuel Pérez

Bouza

Recordar que foi unha charla aberta, onde os meus interese recaían en resolver estas

cuentións:

Como era a política de Baltar?

Como era o seu trato cos veciños?

Que facían como oposición?

Cree que o clientelismo e a corrupción en Ourense van ligados?

Como chega Baltar a ser o barón por excelencia de Ourense?