2
EXAME LINGUA GALEGA SOCIOLINGÜÍSTICA 1 TEXTO: "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo." Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971. 1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno lingüístico que se constata no relato. 2. ¿Coñeces algún outro contexto lingüístico onde se produza un fenómeno semellante? ¿Cal? Explica a súa situación.(2 puntos) 3. Diferencia entre normalización e normativización. ¿Pode existir a primeira sen a segunda? 4. ¿Que tipo de medidas se deben pór en marcha para a normalización da lingua galega? ¿Cales son para ti os obxectivos máis importantes nestes momentos?(2 puntos) Desenvolve o seguinte TEMA: “consecuencia da coexistencia de dúas linguas nunha sociedade”.(3 puntos) 1 Para aprobar este exame terá que estar contestado o 80% do mesmo.

Exames sociolingüística

  • Upload
    xenevra

  • View
    776

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Exames sociolingüística

EXAME LINGUA GALEGA SOCIOLINGÜÍSTICA1

TEXTO:

"En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixen sentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíase insegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meu encargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafetería desta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentemente o inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar a factura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo."

Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971.

1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómeno lingüístico que se constata no relato.

2. ¿Coñeces algún outro contexto lingüístico onde se produza un fenómeno semellante? ¿Cal? Explica a súa situación.(2 puntos)

3. Diferencia entre normalización e normativización. ¿Pode existir a primeira sen a segunda?

4. ¿Que tipo de medidas se deben pór en marcha para a normalización da lingua galega? ¿Cales son para ti os obxectivos máis importantes nestes momentos?(2 puntos)

Desenvolve o seguinte TEMA: “consecuencia da coexistencia de dúas linguas nunha sociedade”.(3 puntos)

1 Para aprobar este exame terá que estar contestado o 80% do mesmo.

Page 2: Exames sociolingüística

TEXTO:

"Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".

Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid.

CUESTIÓNS2:1.a. Análise sociolingüística do texto anterior. Comenta todos os aspectos posibles.

1.b. ¿Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"?

2. Desgaleguización e regaleguización xeracional: ¿que é isto? ¿que é o que a motiva?

3. ¿Que ocorre se coexisten dúas linguas nunha mesma sociedade? Pon exemplos de países concretos e explica un pouco a súa situación actual.

4. Diferencia entre normalización e normativización: ¿pode existir a primeira sen a segunda? ¿e ó revés? ¿por que?

2 Valores das preguntas: 1 = 4, 2 = 2, 3 = 1'5, 4 = 1'5, 5 = 1.