11

Fedacepe febrero 2009

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Fedacepe febrero 2009
Page 2: Fedacepe febrero 2009

3sumario

4en portada

directora xeral de Relacións LaboraisPilar Cancela

8entrevista

Carme Adán

9entrevista

6entrevista

Isabel Iglesiaspresidenta de FEGA

¿Unha nova etapa na política galega? Indepen-dentemente do que pase o 1 de marzo, as cou-sas non teñen volta atrás. Como empresariastemos forza, mais tamén a experiencia quenos permite reflexionar sobre as persoas e asliñas políticas que rexerán o noso futuro inme-diato.

Esta lexislatura que remata foi de moito traba-llo e bo entendemento, especialmente coasmulleres que xa empezan a ter un lugar propiona nosa actividade política. Con todo, hai queseguir avanzando na igualdade, pero desde ocoñecemento interno da situación. É dicir,menos teorizar e máis posta en valor doaprendido. As empresarias non queremospaternalismos mal entendidos, a linguaxe daigualdade ten que ser tan competitiva como aempresa e as súas realidades.

Por iso, desde esta revista, o agradecementoao ben feito, co desexo de que o futuro sexacada vez máis real e beneficioso para tod@s.

editorial Ángeles de la Iglesiapresidenta de FEDACEPE

Consello editorial Dª Ángeles de la Iglesia Daviña. Dª Isabel Pacheco Lizcano. Dª Ana Armada Aneiros. Dª Marina Balsa Rubiños. Dª Isabel Vázquez Mallo. Dª Sara de la Fuente Pose. Dª Isabel Iglesias Oviedo. Dª Belén Vázquez Zas. Edita Fedacepe. C/Avda. Alcalde Pérez Ardá, n. 53-baixo dta.15009-A Coruña. Tel: 981 297870. Tel/fax: 981 297863. e-mail: [email protected] / www.fedacepe.org Deseño, maquetación epublicidade Atelier Gráfica Visual, S.L. Marqués deFigueroa, 4 bajo. 15007 A Coruña. Tel. 881 896 [email protected] / www.ateliergrafic.comDepósito legal C 1786-2008

10entrevista 11entrevista

14reportaxe

Formación e promoción de emprego

18actividade

Novos proxectos

secretaria xeral de Igualdade

Helena Veigueladirectora xeral de

Promoción Industrial e Sociedade da Información

Ana Luísa Bouzadirectora xeral

do Servicio Galego de IgualdadeTeresa Táboas

conselleira de Vivenda e Solo

Page 3: Fedacepe febrero 2009

Con que ferramentas contan as empresarias galegas para afron-

tar a actual crise?

O Goberno galego habilitou un conxunto de medidas específicas

para atender aquelas empresas afectadas pola crise, e das que

tamén sairán beneficiadas as empresarias galegas, como a orde de

axudas á formación que en próximas datas publicará a Consellería

de Traballo. Esta orde establece a posibilidade de cubrir os custos

salariais ás empresas que vexan diminuído o seu volume de activi-

dade por mor da crise, e están dirixidas a sectores estratéxicos da

economía galega, como a automoción, a construción, a alimenta-

ción, o téxtil e a madeira, coa posibilidade de abrirse a outras

empresas con dificultades, sempre que estas compañías non pre-

senten expedientes de extinción definitiva de emprego. A isto únen-

se as medidas baseadas no factor xénero, como o Decreto aproba-

do o 21 de xaneiro polo Consello da Xunta, que crea a “marca de

excelencia en igualdade” e que permitirá conceder axudas de

carácter anual ás empresas que queiran implantar políticas de

igualdade.

Considera que a importancia das empresarias na economía gale-

ga é visible para á sociedade?

Aínda hoxe en día a meirande parte da poboación ve garantida a

súa supervivencia e benestar a través de redes familiares constitu-

ídas maioritariamente por mulleres, sen que iso fose obxecto, ata

agora, dunha análise contable dos fogares e das familias como

axentes económicos activos. Segundo a conta satélite da produción

doméstica de Galicia, as mulleres supoñen o 74% do valor engadi-

do bruto da economía doméstica: as mulleres aportan case 11.200

millóns de €, cunha parte do seu traballo invisible.

Unha das principais apostas radica en potenciar a implantación de

empresas no eido rural, ¿en que medida beneficiará isto ás mulle-

res galegas?

É necesario máis que nunca o recoñecemento da inestimable con-

tribución das mulleres ao desenvolvemento da nosa comunidade, e

en especial do noso rural. Cómpre darlles ás mulleres rurais alter-

nativas laborais, xa que o fomento do emprego no rural pasa por

4en portada 5en portada

darlle prioridade ao traballo da muller no agro, mediante o impul-

so de cooperativas de servizos locais, polo que a Consellería de

Traballo tamén convoca este ano axudas para o fomento do coope-

rativismo e para promover mediante incentivos a afiliación á Segu-

ridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións

agrarias, especialmente das mulleres.

Que xacementos de emprego ofrecen máis oportunidades na

actualidade?

Atendendo ás dez ocupacións máis demandas no ano 2008, cons-

tátase que segue existindo unha importante demanda no ámbito

dos servizos (dependentes/as, persoal de limpeza, perruquerías) e

tamén existe neste momento un importante filón de emprego en

todo o que se refire aos servizos sociais, como é o caso de asisten-

tes a domicilio, coidadores, etc., xunto a ocupacións técnicas, como

a carpintaría. Trataríase polo tanto de mercados onde a muller ten

unha gran experiencia.

Acadarase algún día a igualdade real de oportunidades entre

homes e mulleres?

Sen dúbida a Lei do Traballo en Igualdade, os seus decretos de

desenvolvemento, as medidas acordadas no ámbito do emprego,

no seo do diálogo social, así como as políticas transversais postas

en práctica polo Goberno de Galicia farán efectiva esta igualdade a

curto prazo.

Cales foron as principias conclusións do I Congreso Internacional

de Prevención de Riscos Laborais celebrado en novembro?

Este foi un congreso pioneiro no que se debateron dous aspectos

moi importantes como son a prevención de riscos laborais e a res-

ponsabilidade social empresarial, que debe formularse como un

selo de calidade por parte das empresas nestes tempos de crise.

Entendemos que os difíciles momentos económicos non deben

facer baixar a garda nin deixar de investir no benestar dos traballa-

dores e da sociedade. Ademais, para fomentar a prevención de ris-

cos laborais e reducir a sinistralidade laboral, os participantes do

congreso coincidiron en sinalar que é preciso que os gobernos, os

empresarios e os traballadores realizen un traballo conxunto. A

implicación na formación e a información das tres partes resulta

fundamental á hora de que as políticas de prevención sexan postas

en marcha dunha maneira efectiva e levadas a cabo dunha manei-

ra responsable.

Como considera que se debe implantar unha verdadeira cultura

no que á prevención de riscos laborais se refire?

Desde hai varios anos vimos traballando desde a Consellería de

Traballo en crear esa cultura preventiva dende distintos ámbitos:

desde os propios axentes implicados, constituíndose en canles de

transmisión para os seus asociados e consensuando as políticas a

levar a cabo, e tamén desde hai dous anos comezamos a traballar

en actuacións dirixidas cara ao alumnado -tanto de educación pri-

maria e secundaria como de formación profesional- con tres pro-

gramas claves: a Escola de Prevención de Riscos Laborais, a cam-

paña “MOITOLLO” e a campaña “CONTRA MURPHY”, con este

obxectivo primordial de crear cultura preventiva.

“A igualdade de oportunidades farase efectiva a curto prazo”

“A meirande parte da poboaciónve garantida a súa supervivencia e benestar a través de redes familiares constituídas maioritariamente por mulleres”

Foto

graf

ía:A

ntón

Álv

arez

Page 4: Fedacepe febrero 2009

A que retos se enfrontan as empresarias neste 2009?

Está claro... ¿non? Se falamos de economía o reto é a crise, pero

non só a económica senón a crise de valores. A sociedade occi-

dental levaba anos “morrendo de éxito”, abotargada entre un

ritmo infartado e a parálise depresiva. Por iso o primeiro que

temos que recuperar son as persoas, os principios, o orgullo polo

traballo ben feito, a “insatisfacción permanente como motor de

cambio”. As persoas que estamos ao fronte das empresas somos

inconformistas, e probablemente a capacidade de loita que

temos demostrada neste ámbito as mulleres, teña nesta crise

global unha oportunidade especial para ser quen de ocupar

novos espazos. Son tempos de transformación total, de deseñar

novos obxectivos, de saber traballar en equipo, de cooperar para

competir. Ese é un dos principais retos contra este individualis-

mo desaforado que nos tiña na parálise. Por iso triunfou o discur-

so de Obama, porque foi unha bandeira á importancia do peque-

no: "Yo te pido que creas. No en mi capacidad para hacer el ver-

dadero cambio… sino en la tuya"

Que papel xogará FEGA neste contexto?

A misión da Federación é impulsar e normalizar a presenza das

empresarias nos ámbitos de representación e toma de decisións.

Nun momento en que todo se move, en que a necesidade de cam-

bio é un clamor, a oportunidade está en ser capaces de visuali-

zar e definir con claridade os obxectivos. O fallo está máis na

falta de coñecemento que de recoñecemento. É dicir, esa falsa

idea de “eternas principiantes”, que parece que vai pegada en

tódolos discursos, ten como consecuencia unha aparente falta de

madurez para a participación en primeira liña que nos prexudi-

ca. Cambiar esa imaxe social e dar visibilidade ás empresarias é

fundamental.

Dende a súa chegada á presidencia de FEGA, ¿cales foron os

principais acordos adoptados pola Xunta Directiva?

De momento van seis meses de traballo fundamentalmente inter-

no. A Federación está inmersa nun intenso proceso de cambio no

que a apertura e a modificación de Estatutos é seguramente o

acordo máis importante da Xunta Directiva. Non é sinxelo, xa que

non se trata de modificacións puntuais senón dunha renovación

case total que vai desde a definición da misión e obxectivos da

Federación, ata a transformación da estrutura de integración, ata

agora restrinxida ás asociacións provinciais. Son procesos que

implican moita reflexión, consenso e xenerosidade, porque o cam-

bio, aínda que desexado, ten moita resistencia non consciente.

7entrevista6entrevista

Corresponsabilidade, igualdade de oportunidades… ¿son uto-

pías ou cada vez se está máis preto de acadar a igualdade real

entre homes e mulleres?

Ben, sei que esta é unha pregunta inevitable pero non excesiva-

mente apropiada para contestar como representante dunha orga-

nización empresarial. Que non é unha sociedade igual, en moitos

aspectos, é obvio. Que o individualismo exacerbado nos converte

en seres egoístas, tamén. Pero o que está claro é que as empre-

sarias non nos adaptamos aos camiños establecidos. Segura-

mente teorizamos menos porque estamos ocupadas construíndo

e asumindo riscos e responsabilidades. Como empregadoras

témonos que ocupar, como é lóxico, dos problemas de corres-

ponsabilidade das persoas que traballan con nós. Desde a Fede-

ración témonos que ocupar de que os problemas de desigualda-

de non afecten á nosa capacidade de crecemento empresarial e

ao noso potencial como xeradoras de emprego e riqueza. A socie-

dade non anda tan sobrada de talento empresarial como para

desperdicialo.

A pesar de ser xeradoras de riqueza e emprego, as empresarias

aínda non contan co merecido recoñecemento social, ¿como

podería visibilizarse a súa labor?

Sería curioso contabilizar o incremento do paro se todas pecháse-

mos de repente as empresas, porque non só seriamos nós, senón

tódalas persoas que forman parte das nosas plantillas. Bromas

macabras aparte, o cambio empeza por nós, por reforzar a con-

ciencia da nosa aportación, da nosa importancia. Pero este cambio

vai da man da evolución nos discursos institucionais e da participa-

ción das empresarias na responsabilidade das decisións de cambio

e transformación. A Federación cumpre en abril 20 anos nos que se

teñen alcanzado importantes logros. O que esperamos é que den-

tro doutros 20 nos reunamos para recordar aqueles tempos en que

as organizacións de empresarias eran necesarias para fomentar a

normalización e a integración en tódolos ámbitos de decisión.

“A Federación está inmersa nun intenso proceso de cambio”

Page 5: Fedacepe febrero 2009

9entrevista8entrevista

Considera que algún día as empresarias acadarán a visibilidade

que merecen?

Necesariamente a acadarán. O papel das mulleres como creadoras

de riqueza, axentes de desenvolvemento ou como soporte da vida

ten sido invisibilizado historicamente, pero neste momento hai

moitos focos dando luz sobre el e amosando a importacia que ten

para Galiza. As empesarias galegas, pioneiras en moitos ámbitos,

loitadoras e cheas de enerxía son unha parte fundamental.

Ferramentas como a aplicación informática Exeria ¿son un

medio para poñer as novas tecnoloxías tamén ao servizo da busca

de igualdade?

As mulleres teñen que ter presenza en tódolos espazos da vida

pública e empregar tódalas ferramentas ao seu alcance e, por

suposto, isto inclúe as novas tecnoloxías. Exeria é unha aplicación

informática que contribúe a eliminar a linguaxe sexista e permite

dar visibilidade ás mulleres a través dunha linguaxe inclusiva. Cóm-

pre lembrar que as mulleres contribuiron de xeito decisivo ao des-

envolvemento da informática; científicas como Ada Lovelace son

unha mostra. O reto estriba en superar a fenda dixial e en posibili-

tar que as mulleres de diferentes puntos de Galiza e de diferentes

idades teñan acceso ás novas tecnoloxías. Desde o programa Tem-

pos de Mulleres incluimos un módulo de alfabetización dixital que

foi un autentico éxito durante o 2008.

A corresponsabilidade está aínda lonxe de facerse realidade, ¿que

medidas habería que implementar para avanzar polo bo camiño?

En primeiro lugar, é necesario rachar coa idea de que só concilian

as mulleres. As políticas de igualdade asumen o reto de amosar a

conciliación como unha necesidade de toda a sociedade, de homes

e de mulleres. Desde o 2007 establecemos a modo de programa

piloto a redución de xornada para os pais e as conclusións son inte-

resantes: marcan un camiño ata agora non explorado para incorpo-

rar aos homes ás tarefas de coidado. En segundo lugar, dotar á

sociedade dos servizos públicos necesarios para a infancia e as per-

soas dependentes. De feito, nesta lexislatura que agora remata, o

esforzo inversor realizado polo nacionalismo na creación de prazas

para a infancia de cero a tres anos non tivo comparación en épocas

anteriores. Desde 2005 a área de igualdade aumentou un 69% a

cobertura pública de prazas para a educación infantil. En terceiro

lugar, débese seguir a traballar desde o ámbito da empresa para

instaurar unha cultura da conciliación que non esté rifada coa pro-

dutividade -todo o contrario- e que camiñe na dirección de acadar

maiores cotas de igualdade para as mulleres no ámbito empresarial.

Neste eido ¿considera fundamental o apoio ás mulleres con ser-

vizos dirixidos á atención dos maiores e dos nenos?

Como acabo de comentar, considero prioritaria a creación de ser-

vizos e recursos, como se está a facer coa implantación do siste-

ma galego de benestar. Ese é o camiño. Tamén debemos seguir

afondando na incorporación dos homes ás cuestión relacionadas

coa igualdade e, ademais de contribuir á redestribución das opor-

tunidades, afondar na igualdade como redestribución de trato e

recoñecemento.

En que medida benefician as novas tecnoloxías a labor das

empresarias?

A utilización das TICs (Tecnoloxías da Información e da Comunica-

ción) beneficia a calquer empresaria ou empresario que teña feito

un bo diagnóstico do seu modelo de negocio, dos seus procesos e

da súa xestión, recolléndoos nas súas ferramentas informáticas.

Coas TICs existe unha total harmonía entre xénero feminino e a

súa utilización. Tamén no caso das empresarias. O 61% dos usua-

rios/as dos centros da Rede de Dinamización da Sociedade da

Información son mulleres. A posibilidade de ter informatizada

unha axenda, pedidos, clientes, facturación, etc., son factores que

aumentan a eficiencia e polo tanto a capacidade competitiva.

A rede de dinamización da sociedade da información está cum-

prindo os seus obxectivos?

Os obxectivos son cuantitativos e cualitativos. Así, un dos obxecti-

vos é contar, como mínimo, cun centro de dinamización por cada

concello, o que non se conseguirá até o final da próxima lexislatu-

ra. Canto aos obxectivos cualitativos, centrados nunha boa defini-

ción de proxecto, deseño adecuado da formación do persoal, des-

eño da rede e do modelo de xestión, todo isto sí que son obxecti-

vos alcanzados: temos 73 centros que funcionan con altos están-

dares de calidade, o que supón un gran logro. A partir de agora

imos intensificar o apoio á micro e pequena empresa, proporcio-

nando máis presentacións e charlas coloquio. Cabe sinalar que a

finais do 2007 o número de usuarios/as rexistrados na rede era de

4.150, mentres que a finais de 2008 xa eran 19.101. Ademais,

impartíronse 3.825 obradoiros, nos que se formaron 24.627 per-

soas até finais de 2008, das que a maioría se sitúan entre os 45 e

os 54 anos.

Que papel xogan as novas tecnoloxías á hora de fomentar o

emprego no rural?

As novas tecnoloxías reducen as fronteiras físicas, amplían os mer-

cados e aforran xestións, polo que colaboran de maneira decisiva

ao aumento do emprego no rural. Neste sentido, o esforzo realiza-

do pola Consellaría de Innovación e Industria para conseguir un

préstamo de 94 millóns de euros para infraestruturas de banda

larga de calidade dará como resultado que a meirande parte do

rural dispoña dunha conexión coa amplitude e calidade suficientes.

Con que axudas contan as empresarias galegas?

Con axudas xenéricas e específicas. O 16 de xaneiro publicouse no

DOG unha orde de subvencións aos investimentos das empresas

en materia das TICs dotada con 3,5 millóns de euros e até un 70%

de subvención. As autónomas tamén poden beneficiarse dunha

axuda de até 350 euros para a adquisición de computadores e

material informático. Destacan ademais dúas iniciativas da Vice-

presidencia: o programa Emega (www.redeemega.eu), que preten-

de ser unha fonte de recursos e asesoramento práctico e persona-

lizado para as emprendedoras e o Directorio de Mulleres Expertas

(mulleresexpertas.info), co que se pretende dotar aos medios de

comunicación dunha ferramenta que permita a procura da opinión

dunha experta, contribuíndo a unha maior e máis real visibiliza-

ción do traballo e do esforzo das mulleres galegas.

Page 6: Fedacepe febrero 2009

10entrevista Diferénzase entre empresarias e emprendedoras, pero as empresarias tamén teñen

que emprender cada día. ¿Que opina ao respecto?

Ser empresaria supón algo máis que ser emprendedora, o engadido de ter un proxec-

to convertido en realidade e o compromiso de manter esa empresa en pé. Todas teñen

en común o espírito emprendedor; todas arriscan o seu patrimonio, confían nas súas

ideas e teñen o valor de enfrontarse ás dificultades para saír adiante. No informe

GEM2007 destácase o emprendemento feminino en Galiza, aínda non equilibrado co

masculino, pero moi superior á media española. Debemos sentir orgullo por este

potencial feminino, pero dende as administracións debemos asumir a responsabilida-

de de apoialo para que se consolide e que, a pesar das dificultades de conciliación e

as específicas desta situación económica, sexa fonte de riqueza sostible para o país.

Considera que deberían realizarse máis iniciativas como a exposición Pioneiras?

A memoria é poder. A absoluta escuridade que segue a haber arredor de tantas mulle-

res que tiveron unha vida pública notoria non é casual nin un descoido. Unha parte do

traballo de recuperación da memoria histórica das mulleres que levamos realizando

nos últimos catro anos dende a Xunta é o proxecto PIONEIRAS, unha mostra divulga-

tiva itinerante da que se distribuiron copias aos concellos para que se poida facer per-

manente. E tamén presentamos a biografía de Celia Rivas, a primeira camioneira gale-

ga e exemplo de emprendedora da Costa da Morte, coa que se inicia a colección PIO-

NEIRAS, que agardamos teña continuidade no tempo.

Cre que este tipo de proxectos axudan a facer visible a labor das empresarias a

prol do desenvolvemento económico de Galicia?

Dende logo a iniciativa ten un compoñente de xustiza histórica e recoñecemen-

to particular e tamén un compoñente de reforzo da autoestima para as mulle-

res galegas. De sempre, como parte da nosa idiosincrasia, as galegas temos

carácter emprendedor. Temos a creatividade, o valor e a ambición precisas

e tamén a autonomía á hora de tomar decisións.

Como podería impulsarse a creación de redes de apoio entre as propias

empresarias?

Asociarse é o verbo a conxugar; asociarse sectorialmente permite obter

información de primeira man sobre axudas, mercados, posibilidades de

negocio... permite ter unha voz colectiva para facer interlocución de

peso coas administracións, entidades financeiras, etc., que en solitario

resulta moi difícil, e serve tamén para sentirse acompañada nas difi-

cultades do día a día e nos éxitos. No caso das empresarias é impres-

cindible que se asocien para que o empresariado asuma a súa proble-

mática específica e os valores do emprendemento feminino como pro-

pios, sen paternalismos, e tamén para ser interlocutoras sobre as

cuestións que interesan á sociedade, da que forman parte activa e fun-

damental.

En que medida a vivenda inflúe na calidade de vida dos galegos e

galegas?

A vivenda é o espazo privativo no que discorre a vida dos galegos e

galegas e tamén supón o maior esforzo inversor que fan a maior

parte das familias, moitas veces a costa dun endebedamento das

economías familiares ou persoais, que limitan a súa capacidade de

gasto noutros aspectos vitais tamén relevantes. O meu obxectivo

como responsable da política de vivenda ao longo desta lexislatura foi

traballar para que ese espazo privativo tivese a maior calidade posi-

ble. Por iso aprobamos as Normas do Hábitat Galego, que establecen

as calidades mínimas que deben cumprir tódalas vivendas, libres ou

protexidas, que se constrúan en Galiza. Con esta normativa os gale-

gos terán unha vivenda con superficies de máis calidade, máis espa-

zosas, con máis luz natural, máis accesibeis para as persoas maio-

res ou para as persoas con mobilidade reducida; vivendas mellor

integradas no territorio e con criterios de eficiencia enerxética.

Como muller, ¿como valora a situación das empresarias na actua-

lidade?

As mulleres galegas teñen amosado ao longo de séculos a súa

capacidade para enfrontarse a calquera reto e facelo con éxito, e

dentro desa capacidade contrastada hai moitas mulleres empresa-

rias que teñen posto en marcha proxectos innovadores e empren-

dedores, moitas veces en solitario. Queda moito por facer para o

recoñecemento real do traballo das mulleres na nosa sociedade e,

tamén das empresarias, pero pouco a pouco, e gracias á coraxe e

ao talento de moitas mulleres, estamos acadando que a igualdade

sexa cada vez máis real e non só unha plasmación lexislativa.

Desde o eido político propúgnase acadar a igualdade real de

oportunidades. ¿Pódese potenciar aínda máis este aspecto?

Sempre se pode facer máis, pero penso que desde o Goberno gale-

go, a través da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, se ten levado

a cabo unha labor rigorosa e transformadora para que as mulleres

teñan o papel que lles corresponde. Neste sentido, as medidas

adoptadas pola Vicepresidencia en favor da conciliación familiar e

laboral representan un paso decisivo en favor desa igualdade, para

que as mulleres non teñan que renunciar a ningunha actividade

profesional e tampouco teñan que renunciar a ningún proxecto per-

soal para apostar por iniciativas profesionais.

Cre que algún día as empresarias galegas acadarán o recoñece-

mento e a visibilidade que merecen?

Sen dúbida, xa temos dado pasos importantes, tanto no sector

público como no sector privado, en aras desa visibilidade do traba-

llo das mulleres, tanto das que ocupan cargos de responsabilidade

como das que exercen un traballo profesional menos vistoso pero

absolutamente imprescindible.

11entrevista

Page 7: Fedacepe febrero 2009

13asociadas12asociadas

O pasado 2 de febreiro a Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da Comar-

ca de Coruña (AECO) tamén renovou a súa Xunta Directiva, elixindo como nova presidenta a Ana

Isabel Ulloa Lobeiras, que substitúe no cargo a Isabel Pacheco Lizcano, que presidiu durante

dous anos a asociación coruñesa. Empresaria desde a súa incorporación á compañía de teleco-

municacións Sitelco, formou parte da Xunta Directiva de AECO durante oito anos.

Ana Isabel Ulloa considera que a súa elección como presidenta constitúe “unha oportunidade

para velar polos dereitos das empresarias e loitar pola erradicación da discriminación por cues-

tión de sexo no ámbito laboral”. Entre os obxectivos da nova presidenta atópase “constituír un

lobby de presión feminino para acadar a igualdade e asegurar a representación das empresarias

ante as institucións”. Segundo Ana Isabel Ulloa, o eido empresarial estase concienciando de que

“apostar pola igualdade é apostar pola eficiencia, o desenvolvemento e a competitividade”, polo

que é fundamental “formar parte do diáologo social e poder incorporar os plans de igualdade á

negociación colectiva”. “As mulleres temos que asumir e aceptar o noso propio liderazgo, pro-

piciando a nosa visibilidade para crear conciencia de xénero entre a poboación e reivindicar así

os cambios necesarios para estar presentes nos postos de toma de decisión”, indica. Entre

os proxectos que desenvolverá AECO nesta nova etapa destaca a renovación e actualiza-

ción do seu portal web, fomentar encontros empresariais e establecer un premio anual que

recoñeza a labor ou a traxectoria de destacadas empresarias.

RENOVACIÓNda directiva

FEDACEPE está integrada polas Asociacións de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras das comarcas de Coruña,Ferrol, Santiago, Arteixo e Sada. Dúas destas asociacións acaban de renovar a súa Xunta Directiva: AECO, que estará pre-sidida de agora en diante por Ana Isabel Ulloa Lobeiras, e AECOSAN, cuxa presidencia ocupa María Rosario Medina Gómez.

Asociacióncoruña

AsociaciónsantiagoO pasado 26 de xaneiro a Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da Comarca

de Santiago (AECOSAN) renovou a súa Xunta Directiva. A nova presidenta é a propietaria e directo-

ra do Colexio Santa Apolonia en Santiago, María Rosario Medina Gómez, que continuará a labor des-

envolvida pola anterior presidenta, Marina Balsa Rubiños. “A pedimento da presidenta da Federa-

ción, Ángeles de la Iglesia, dou un paso ao fronte desta asociación para impulsala e colaborar nos

seus retos a favor das empresarias”, explica María Rosario Medina. “Nos tempos que corren é fun-

damental que o papel feminino, ás veces oculto, teña cada vez máis importancia nesta sociedade,

especialmente en Galicia, que é un gran matriarcado e sempre o foi ao longo da historia. Así pois,

un dos retos será a posta en valor do papel da muller na sociedade galega”, engade.

Entre os principais proxectos destaca a formación das empresarias en tódolos ámbitos, “básica para

o seu desenvolvemento, valoración e amor propio”, sinala a presidenta. Tamén son fundamentais os

recursos para a conciliación, “que é o problema de base que temos as mulleres, pola falta de apoio

nos roles familiares”. Conseguir unha axente de emprego e fomentar a relación entre as empresa-

rias das zonas rurais e urbanas son outros dos obxectivos fixados.

María Rosario Medinapresidenta de AECOSAN

Ana Isabel Ulloapresidenta de AECO

Xunta directiva

De esquerda a dereita:Dona Fátima Barral Cancelo, Dona Mercedes Sánchez Rey, Dona Marta Zapata García,Dona Ángeles De La Iglesia Daviña, Dona Ana Isabel Ulloa Lobeiras (presidenta),Dona Irene Bonet González, Mª Rosa MosqueraPorto, Dona Belén Vázquez Zas, Dona MilagrosCarballo García, Dona Isabel López Arias.Ausentes: Clara María Varela Lema e Dona Carmen Borrego Fernández.

Xunta directiva

Foto

graf

ías:

Antó

n Ál

vare

z

Page 8: Fedacepe febrero 2009

N Asemade, no eido da formación, o Instituto Galego das Cualifica-

cións leva expedindo dende o ano 2006 certificados de profesiona-

lidade que acreditan oficialmente a competencia dos traballadores

en todo o territorio do Estado. Outro dos fitos salientado polo

director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, foi a

posta en marcha do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde

se imparte formación de calidade sobre as novas tecnoloxías da

información e da comunicación. Tamén se realizaron plans de for-

mación específicos para o naval e o comercio, e programas forma-

tivos dirixidos a mulleres, para fomentar a súa integración nas ocu-

pacións nas que están subrepresentadas. Por último, a Consellería

de Traballo publicou no DOG do 14 de xaneiro a orde que estable-

ce as bases reguladoras das subvencións para a posta en marcha

de escolas obradoiro e casas de oficio, obradoiros de emprego e

unidades de promoción ata o ano 2011. En total, Traballo dedica-

rá a esta iniciativa unha partida de 84 millóns de euros. Con esta

convocatoria consolídase a introdución dentro da formación dun

módulo de sensibilización en igualdade de xénero.

14reportaxe

Formación e

promoción de emprego

15reportaxe

No período 2005-2008, a Consellería de Traballo investiu máis de

60 millóns de euros en programas de economía social e autoem-

prego, dos que se beneficiaron un total de 13.741 mulleres gale-

gas. De cara ao presente ano, o departamento que dirixe Ricardo

Varela investirá case 20 millóns de euros neste tipo de iniciativas

para beneficiar a máis de 3.000 galegas. Ademais, entre as medi-

das de promoción de emprego dirixidas ás mulleres, destaca a

orde publicada no DOG do 14 de xaneiro deste ano, que ten como

finalidade promover a igualdade de oportunidades no acceso e na

permanencia no emprego e favorecer a corresponsabilidade; as

empresas poderán optar a axudas pola substitución de traballa-

doras en excedencia para coidado de familiares ou con redución

da xornada de traballo por motivos familiares, entre outras.

Nos orzamentos de 2009 a Consellería de Traballo destina máis

de 50 millóns de euros ás políticas de apoio ao emprendemen-

to. Segundo destacou o director xeral de Promoción do Emprego,

Álvaro Ansias, na clausura do curso de formación e asesoramen-

to para a creación e a consolidación de empresas celebrado en

xaneiro, Traballo ofrece incentivos e servizos de apoio para a

posta en marcha de novos proxectos empresariais, tanto de

emprego autónomo como societario. O director xeral tamén des-

tacou a importancia do tecido empresarial á hora de xerar

emprego, xa que as pemes son o motor da economía galega ao

crear e manter o 80% do emprego de Galicia.

Así, Traballo investirá seis millóns de euros durante 2009 para

fomentar a creación de novas iniciativas empresariais nos terri-

torios rurais. Neste eido, esta consellería destinará 500.000

euros a promover a creación de emprego no agro galego para

fomentar a incorporación das mulleres e dos mozos ao campo.

Outra das medidas céntrase en fomentar a contratación indefini-

da de mulleres maiores de 31 anos desempregadas e titulares

de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou de

unidades familiares nas que ningún dos seus membros en idade

laboral teña rendas superiores ao 75% do Indicador Público de

renda de Efectos Múltiples vixente no momento da solicitude.

Page 9: Fedacepe febrero 2009

HP ampliou a súa gama de portátiles cun novo equipo de orixinal deseño en cor bronce, o

Pavilion dv3500. Dotado con procesador Intel Core 2 Duo T5800 con 4 Gb de memoria,

tamén inclúe un disco duro con 320 Gb de capacidade de almacenamento. Dispón de

mando a distancia, excelente son, webcam, bluetooh e micrófonos dixitais, o que permite

interactuar en redes sociais. Asemade, conta cunha pantalla HP LED de 13,3 pulgadas, sis-

tema operativo Windows Vista Home Basic ou Premium, dúas baterías de serie intercambia-

bles e sistema de seguridade ProtectSmart, que permite salvagardar os datos máis impor-

tantes. Dende 999 euros.

17actualidade16actualidade

Parabéns para as empresarias e autónomas porque Vodafone

acaba de lanzar en exclusiva o terminal HTC Touch 3G, un móbil

con pantalla táctil de 2,8 pulgadas que incorpora importantes

melloras como a actualización a Windows Mobile 6.1 Profesio-

nal, máis potencia de procesador, máis memoria, GPS, conecti-

vidade HSDPA a 7.2 Mbps e cámara de 3,2 Megapíxeles. É máis

longo e estreito que o seu predecesor e só pesa 96 gramos. A

batería proporciona autonomía en conversación de ata 360

minutos en rede 3G e ata 400 minutos en rede GSM; en espera,

este terminal mantense ata 450 horas. Dende 29 euros con por-

tabilidade e permanencia incluídas.

O rei da ccoommuunniiccaacciióónn

novas TecnoloxíasPotente e luxoso

HTC

Touc

h 3G

Page 10: Fedacepe febrero 2009

fedac

epe modulos

19en portada18actividade

Novosproxectos

Dende finais de setembro, FEDACEPE forma parte do Grupo de Acción Costeira

(2007-2013) posto en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

para xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca, que ascende a 40

millóns de euros. Trátase dunha asociación de carácter local constituída por

organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, por organizacións

sociais, medioambientais, culturais, empresariais, e polas administracións

locais. O seu obxectivo é desenvolver un proxecto que fomente a sostenibilidade

social, económica e ambiental das zonas costeiras.

Ademais, o pasado 16 de setembro a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar

organizou unha das exposicións “Pioneiras: Mulleres Empresarias Galegas” en Fis-

terra. A encargada de presentar a mostra, centrada na primeira camioneira gale-

ga, Celia Rivas, foi a directora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza.

No acto tamén participaron a presidenta de FEDACEPE, Ángeles de la Iglesia, a

presidenta da Federación de Empresarias de Galicia, Isabel Iglesias Oviedo, o

alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, e diversos familiares da homenaxeada.

Xa no mes de outubro, FEDACEPE organizou a xornada literaria “Mulleres en

galego” en diversos puntos da provincia, concretamente en Arteixo, Carballo e

Narón. Subvencionados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de

Galicia, ditos encontros pretenden desenvolver o uso do galego no entorno da

muller traballadora. As ponentes desta orixinal iniciativa foron Cristina Corral,

que disertou sobre os paralelismos poéticos e vitais existentes entre Rosalía de

Castro e Juana de Ibarbourou, e Patricia Rey, que sorprendeu aos asistentes cuns

divertidos monólogos sobre situacións cotiás da lingua galega.

Entre as actividades formativas realizadas pola Federación destaca o curso de

300 horas centrado na prevención de riscos laborais, celebrado do 13 de setem-

bro ao 25 de outubro no Centro Telemática Galicia de Narón, que profundizou en

temáticas de gran interese como a seguridade e a hixiene no traballo, así como

a ergonomía e a psicosocioloxía aplicada. Asemade, do 3 ao 21 de novembro o

Centro Telemática Galicia acolleu o programa formativo “Capacitadas”, centrado

na avaliación e creación de perfís profesionais, no acceso ás novas tecnoloxías e

na orientación laboral. Por último, nos meses de outubro e novembro FEDACEPE

puxo en marcha un estudo centrado na investigación dos accidentes de traballo

e das enfermidades profesionais que deriven en trastornos musculares no ámbi-

to laboral das empresas, tralo que se fará entrega dun manual de boas prácticas.

1. Zona administrativa das instalacións de FEDACEPE en A Coruña.2. Presentación da exposición “Pioneiras: Mulleres EmpresariasGalegas” de Fisterra.3. Xornada literaria “Mulleres en galego” celebrada en Arteixo.

Foto

graf

ía:A

ntón

Álv

arez

Page 11: Fedacepe febrero 2009