12
@FIESTRA REVISTA DIXITAL ESCOLAR de MONTECASTELO Nº2 marzo 2015 1 Na inal do Young Business Talents O equipo “MLS”, formado por alumnos de 2º de Bacharelato de Montecastelo, clasiicouse para a inal da 4ª edición da fase nacional do certame, que se disputará o venres 24 de abril en Madrid. FOTO: Javier Arcas

@FIESTRA_2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número de marzo de 2015 da nosa revista dixital @FIESTRA

Citation preview

Page 1: @FIESTRA_2

@FIESTRAREVISTA DIXITAL ESCOLAR de MONTECASTELO Nº2 marzo 2015

1

Na inal do Young Business Talents

O equipo “MLS”, formado por alumnos de 2º de Bacharelato de Montecastelo, clasiicouse para a inal da 4ª edición da fase nacional do certame, que se disputará o venres 24 de abril en Madrid.

FOTO: Javier Arcas

Page 2: @FIESTRA_2

COLEXIOJorge González Alconchel & Álvaro Núñez González-Babé

2

Unha xornada en Montecastelo

O pasado 30 de xaneiro, os Colexios de Fomento de Vigo  celebraron unha nova edición do seu xa tradicional “Open Day”, unha xornada de portas abertas a todas as familias de Vigo.

Un dos proxectos expostos no Open Day foi o English Advanced Project. Os programas dun trimestre en Irlanda e un trimestre en Chicago foron explicados graicamente polo testemuño de varias familias que participaron neles no presente curso.

Os asistentes ao Open Day puideron tamén atender ás explicacións de varios alumnos que mostraron algúns dos proxectos de investigación cientíica nos que están traballando, como os presentados a Galiciencia.

Alejandro Sáenz prepara o “cofee break”

Alumnos explican proxectos cientíicos

Page 3: @FIESTRA_2

CURIOSIDADES CIENTÍFICASJuan Varela Toucedo & Daniel Filgueira Santos

3

Un mundo sen chocolate?

cultores están vivindo con menos de 2€ ao día.

As empresas produtoras, para facer fronte a este panorama crítico, non só modiicarán os tamaños dos seus produtos, senón que ademais busca-rán suplir a falta de cacao con outros ingredientes.

O crecente gusto polo chocolate en Asia, particularmente en China, está a provocar que os fabricantes empre-guen menos cacao nos seus produtos para poder manter a exportación.

Coa crecente demanda, os prezos do chocolate aumentarán nos vindeiros anos de maneira considerable. Preve-se que a demanda de cacao será in-sostible para o ano 2020, a menos que se tomen medidas para axudar ás comunidades produtoras dos países subdesenvolvidos.

A maioría das plantacións de cacao están situadas ao longo da costa oc-cidental de África, onde moitos agri-

Os investigadores airman que o cacao no mundo está acabándose rapidamente debido ao exceso no seu consumo.

Plantación de cacao en Colombia

Extracción e preparación do cacao

Page 4: @FIESTRA_2

CURIOSIDADES ARTÍSTICASJuan Varela Toucedo & Daniel Filgueira Santos

4

Pónselle prezo ao cadro máis caro do mundo

A familia real de Catar pagou 250 millóns de dólares (191,6 millóns de euros) por Os xogadores de cartas, cadro de Paul Cézanne. A venda, que supón un novo récord no mundo da arte, converte ao cadro no máis caro da Historia. O lenzo, que retrata a dous xogadores, pertence á época de madureza do artista, na que Cézanne produce as súas principais obras. O cadro máis caro ata o momento era o lenzo Number 5, de Jackson Pollock, vendido pola cantidade de 140 mi-llóns de dólares.

Darémoslle vida a un dinosauro?

Se a idea se lle ocorrese a calquera outro, seguramente non merecería nin unha soa liña de comentario. Pero o seu máximo impulsor é Jack Horner, da Montana State University, un dos paleontólogos máis prestixiosos do mundo; o que cambiou a nosa forma de ver os dinosauros; o que demostrou que, como as aves, eran criaturas sociais; o cientíico, ademais, en quen se inspirou Steven Spielberg para facer "Parque Xurásico". E resulta que, como na famosa película, Horner está completamente decidido, desde hai xa varios anos, a devolver á vida a un dinosauro.

O paleontólogo visitou Madrid para tomar parte en "O ser creativo", o III Congreso de Mentes Brillantes, no que participa xunto a outros vinte cientíicos das máis variadas disciplinas do coñecemento.

O paleontólogo Jack Horner

Os xogadores de cartas (Paul Cézanne)

Page 5: @FIESTRA_2

AS OUTRAS CARAS DO DEPORTEBernardo Borrajo Ruiz & Alejandro Sáenz Egerique

5

O deporte que naceu do inverno

O canadense James E. Naismith  tra-ballaba como monitor de educación física na Escola de Adestramento da Asociación de Mozoa Cristiáns, en Springlield. Debido ao frío e ao mal tempo que sufrían no inverno, o 15 de decembro de 1891 ideou unha activi-dade deportiva para realizar dentro das aulas. Cravou dúas cestas para colectar duraznos nos extremos opostos dun ximnasio, logo preparou unhas regras simples e así creou o que hoxe en día coñecemos como baloncesto.

Quen dixo que gañar era bo?

O equipo San Bernardino Arroyo Valley gañou 161-2, provocando unha forte controversia nos Estados Unidos.

De momento, o adestrador, Michael Anderson, está sancionado con dous partidos: "Non quería avergoñar a ninguén. Non esperaba que o meu equipo fose xogar así de ben".

"Creo que logramos cruzar o medio campo unhas catro veces", dixo o técnico de Bloomington trala derrota. "Anderson é un bo adestrador, pero eticamente sabe que o que ixo non estivo ben".

Sancionan a un adestrador ao gañar o seu equipo 161-2. "Non quería avergoñar a ninguén", dixo. Ábrese o debate: premio pola vitoria ou sanción por actitude antideportiva?

Marc Gasol e Pau Gasol na NBA

Un profesor de ximnasia decidiu crear un xogo para poder facer educación física nas aulas. E ese xogo foi o xerme do baloncesto.

O marcador da discordia

Page 6: @FIESTRA_2

CRÍTICA de CINE & LITERATURAÁngel Barrio Fernández

6

A vida é bela

País: Italia.

Ano: 1997.

Duración: 117 min.

Director: Roberto Benigni.

Reparto: Roberto Benigni, Nico-letta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano, Horst Buchholz, Sergio Bini Bus-tric.

Música: Nicola Piovani.

Argumento

En 1938, a punto de estalar a 2ª Guerra Mundial, Guido chega a Toscana coa intención de abrir unha libraría. Alí coñece a Dora e casa con ela. Pouco tempo despois, teñen un illo.

Ao estalar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio nazi debido á súa orixe xudía. Alí Guido fará o imposible para facer crer ao seu illo que a súa terrible situación é tan só un xogo.

Valoración

A película pareceume un pouco triste polo inal, pero é moi orixinal. Destacaría, sobre todo, como relata o sacriicio e a imaxinación do pai para facerlle crer ao illo que estaban nun concurso, e non nun campo de concentración alemán.

A posta en escena, a ambientación e o guión sorprendéronme moito. Por iso, recoméndolla a calquera persoa que queira lembrar que, por riba de toda a maldade, a bondade do ser humano é un motivo para a esperanza.

O cartel do ilme

Premios

O ilme foi nomeado a 7 Óscars, dos cales gañou 3: mellor actor (Benigni), mellor película de fala non inglesa e mellor banda sonora (Nicola Piovani).

Page 7: @FIESTRA_2

QUE SABES DE GALICIA?Humberto Pereira Castro e Pablo Lomba Martínez

7

San Dámaso I, o Papa galego

San Dámaso I (que, en latín, signiica 'domador') foi o trixésimo sétimo Papa. Naceu no 304 en Gallaecia. Foi Papa desde o ano 366 ata a súa morte no ano 384. O seu é o décimo oitavo papado máis longo con 18 anos, 2 meses e once días.

A súa onomástica é o 11 de decembro e é o santo patrón da arqueoloxía e dos arqueólogos. Foi o creador da doxoloxía “Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo...” e ordenou a tradución da Biblia ao latín (a célebre “Vulgata”).

Gallaecia, o primeiro reino europeo

Durante case 200 anos, a dinastía real sueva gobernou eicientemente o reino, creando un sistema monetario nacional galaico, unha igrexa nacional galaica e unha política exterior de alianzas estratéxicas con Borgoña e Constantinopla, no Imperio Romano de Oriente.

San Dámaso I (304-384)

Mapa do reino de Gallaecia

A dinastía sueva perdeu a coroa cando o Rei Andeca de Gallaecia foi derrotado en batalla polo rei visigodo Leovixildo, no ano 585.

Entre os anos 407 e 410 d.C. chegan a Gallaecia varios miles de xermanos da tribo sueva, asinan un tratado co Imperio Romano e asumen o control político deste territorio.

Page 8: @FIESTRA_2

@ENTREVISTAFernando Lorenzo Martínez

8

“Antes de ir ao estranxeiro, fai falta ir preparado e sabendo xa algo de inglés”

Don Gerardo Fernández Blanco, profesor de inglés do colexio, é licenciado en Filoloxía inglesa. Entre as súas afeccións destacan a historia da música e a natación. Con el tivemos a seguinte conversa...

¿Como aprendeu inglés?Aprendín inglés grazas ao esforzo persoal. O que recibía na aula non era suiciente e comecei a estudar inglés aos dez anos. Tiven a sorte de recibir a tele portuguesa e ver as películas en inglés.

¿Foi algunha vez ao estranxeiro?Si. Estiven en Inglaterra, dando clase e aprendendo e mellorando o inglés. Antes de ir ao estranxeiro fai falta ir preparado e sabendo xa algo de inglés.

¿Por que decidiu ser profesor?Non o decidín, a vida levoume por alí e gústame axudar aos demais, pero con dez anos non pensaba en ser profesor

¿Deu clase nalgún outro colexio?En España, só no colexio Montecaste-lo, pero en Inglaterra en dous co-lexios máis que tamén eran relixiosos.

¿Que é o que máis lle gusta de ser profesor?O feito de poder ensinar e facer que o alumno aprenda; así síntome útil para a sociedade.

¿E o que menos?Cando os alumnos pensan que poño moitos traballos e non consigo que entendan que é polo seu ben.

¿Fala algún outro idioma?Si. Falo portugués, alemán e galego, o primeiro idioma que aprendín foi o portugués, porque meus pais tiñan unha tenda en Portugal. O alemán aprendino ao pasar un ano en Alemaña, grazas a unha beca.

¿Pode contarnos algunha anécdota?En Inglaterra, 2 ou 3 nenos decidiron roubar dúas camisetas nun centro comercial e falei coa policía para que os soltaran e non lles abriran expediente. En Inglaterra son moi estritos!

¿Ten algún proxecto para o futuro?Seguir aprendendo como profesor e mellorando na docencia. E dar clases en alemán e portugués.

Page 9: @FIESTRA_2

CONCURSO DE LECTURAA Redacción

9

Page 10: @FIESTRA_2

CÓMIC: ULISES E AS SEREAS (I)Gonzalo Sánchez-Gamboa Díez

10

Na materia de Lingua Galega en 1º ESO, os alumnos debían facer unha adaptación da pasaxe de Ulises e as sereas, pertencente á Odisea (Homero, s. VIII a.C.)

Page 11: @FIESTRA_2

CÓMIC: ULISES E AS SEREAS (II)Gonzalo Sánchez-Gamboa Díez

11

Page 12: @FIESTRA_2

@CONTRAPORTADAO EQUIPO DE REDACCIÓN DE @FIESTRA

12

Os nosos redactores traballando ao 100% dende o primeiro día

Ilustración de Rubén Moledo González

O lobo¡Cousos do lobo!¡Cavorcos do xabaril!¡Eidos sósonde ninguén foi nin ha de ir!

¡O lobo! ¡Os ollos no lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosqueMovendo nas pólas dos teixosRuxindo na folla dos carreirosEn busca da valgada máis soa e máis

[medosa...Rastrexapárase e ventainca a pouta ergue a testa e ouleacoa noite na boca...

Uxío Novoneyra