28

FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 1

Page 2: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 2

Page 3: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

3ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Ao longo dos últimos anos foron moitos os esforzos emprendidos desde a Escolapara lograr altos niveis de calidade nas distintas actividades impartidas. Estesesforzos están ultimamente encamiñados a conseguir unha transformaciónconceptual da Escola, consistente en pasar de ser unha institución executora deactividades docentes entendidas e impartidas dun xeito tradicional, a ser unhaEscola dedicada á formación e capacitación profesional, cuxo eixe central é axestión do coñecemento entendida no seu máis amplo sentido, na que oimportante non é ensinar senón aprender e onde a aprendizaxe non é simplementea obtención de información, senón conseguir aumentar as nosas capacidades paralograr unha mellora sostida en calquera desempeño.

Procurando este obxectivo estamos traballando en mellorar os espazosdestinados a esa transferencia do coñecemento, facilitando actividades deformación de calidade e metodoloxicamente innovadoras, e pondo a disposicióndos profesionais sanitarios un espazo de innovación, intercambio, colaboración edifusión, facilitador e de recoñecemento do labor da nosa comunidade científica.

É indubidable que a credibilidade forma parte indisoluble da responsabilidade.Desde a Escola pensamos que a mellora continua é un dos valores fundamentaisde calquera organización, por iso traballaremos para ir incrementando a confianzano noso traballo dos profesionais aos que vai dirixida a nosa actividade, prestandoun servizo adecuado ás necesidades dos participantes nas distintas actividadesque ofertamos.

Pedímosvos que vos acheguedes a estas páxinas para coñecer un pouco mellor anosa oferta de servizos; nela, os profesionais sodes o eixe central.

Berta Rivera CastiñeiraDirectora da Fegas

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 3

Page 4: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

A Escola Galega deadministración Sanitaria éunha institución públicadedicada á formación,innovación e procura daexcelencia profesional noámbito das ciencias da saúdea da administración e xestiónsanitarias.

A misión da Escola é, polotanto, o enriquecemento docapital humano dos servizossanitarios mediante unproceso continuo deactualización decoñecementos en resposta ásvariacións nas demandassociais e á evolución dossistemas sanitarios.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4

Page 5: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

5ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Todo isto, sustentado nuns valores que enmarcan toda a súa actividade e que son:

Xestión do coñecemento en saúde: definindo e desenvolvendo unhaformación centrada na xeración, transmisión e xestión do coñecemento coafinalidade de engadir valor aos produtos e servizos.

Compromiso cos profesionais: de cara a ser un instrumento de motivación ecompromiso, de progreso persoal e profesional e de transmisión eactualización de coñecementos dos profesionais da sanidade galega.

Innovación constante, tanto tecnolóxica como metodolóxica, para conseguirser un espazo de intercambio de información e transferencia de coñecementosentre as institucións e os profesionais que integran o sistema público de saúdede Galicia.

Calidade: o traballo en equipo é a base da organización. A través do seusistema de xestión da calidade, certificado segundo os requisitos da normaISO 9001:2000, búscase a mellora integral na organización e a confianza notraballo desenvolvido. Coa avaliación constante dos cursos a través dasenquisas de satisfacción dos participantes, pretendemos incorporar as súasdemandas e ofrecer produtos formativos de calidade e en permanenteevolución.

Todo o persoal da Escola é consciente de que para alcanzar o éxito e prestar unservizo adecuado ás necesidades dos participantes nas súas distintas actividadesdebe realizar un esforzo continuo. Entendemos que a calidade de servizo é undereito dos nosos usuarios e como tal debe formar parte do estilo propio daspersoas que integran a nosa organización.

Sabemos que esta certificación, aínda que nos permite gañar confianza no nosotraballo, é só unha parte dos nosos obxectivos de calidade. A outra, quizais a máisimportante en canto á repercusión na formación, vén determinada polos resultadosda avaliación dos nosos cursos obtidos a través da análise das vosas enquisas desatisfacción.

Non vos caiba dúbida de que para nós é fundamental a vosa colaboración. Aanálise deses resultados, que pretendemos pór á vosa disposición a través donoso portal web, permitiranos incorporar as vosas suxestións e demandas paraofrecer produtos formativos de calidade e en permanente evolución.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 5

Page 6: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

6 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Quen somos?Para levar a cabo a súaactividade a Escola conta cunequipo multidisciplinar de 23profesionais con coñecementosno ámbito da saúde,administración e xestiónsanitaria, economía, formación,economía, documentación,comunicación e novastecnoloxías repartidos en tresunidades funcionais –Unidadede Formación, Unidade deXestión e Apoio Tecnolóxico eUnidade de Desenvolvemento eInnovación– que traballan aoservizo dos profesionais dasanidade e contan coasachegas de profesionaissanitarios e non sanitarios doSistema Sanitario Público deGalicia e doutras organizaciónsde prestixio que colaboran nosdistintos proxectos e liñas deactividade.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 6

Page 7: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

7ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 7

Page 8: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

8 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Que of

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 8

Page 9: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

9ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ue ofrecemos?

Actividades de formación Formación real para unha sanidade real

Actividades de apoio e difusiónUn espazo aberto de intercambio e innovación

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 9

Page 10: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

10 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Actividades de formaciónFormación real paraunha sanidade real

Na Escola consideramos que o coñecemento é un valorbásico para calquera organización e moito máis paraunha organización sanitaria. A actualización dese coñe-cemento é imprescindible para acadar os obxectivospermanentes de eficiencia, equidade e modernizaciónque se necesitan co fin de cumprir cada vez mellor asdemandas da sociedade e aumentar o nivel de saúdedos cidadáns e cidadás.

Consideramos tamén que a mellora dos coñecementosdunha organización radica fundamentalmente no feitode aprender por riba do feito de ensinar. Entendemosque xestionar o coñecemento non só significa xestionara formación –cantas máis actividades docentes mellor–nin dotarse de ferramentas avanzadas para esa xestión–aínda que estas sexan facilitadoras da tarefa–; significaconseguir que a organización aprenda cada día e quegrazas a esa aprendizaxe sexa máis eficiente e efectiva.

Tendo como referentes estes convencementos, quere-mos transformar o proxecto da Escola para convertelonun proxecto formativo de futuro máis amplo e ambicio-so, que englobe todos e cada un dos aspectos que levaa xestión do coñecemento, dirixido fundamentalmente aactualizar e avanzar nas competencias dos e das profe-sionais da nosa sanidade.

Para conseguilo ofrecemos :

FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN

Entendida como a formación que permite adquirir com-petencia profesional nunha área de coñecemento ou deinvestigación. As actividades incluídas nesta formaciónhabilitan en novidosas competencias profesionais.

Necesariamente incluirán no seu deseño curricular: rela-torios teóricos e prácticos, traballo individual, traballo engrupo, titorías individuais e proxectos de fin de estudos.

Formación de capacitación Formación continuada Formación con metodoloxías pedagóxicas innovadoras Formació

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 10

Page 11: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

11ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

FORMACIÓN CONTINUADA

As actividades de formación continuada son aquelasdestinadas a manter ou mellorar a competencia dos pro-fesionais sanitarios, unha vez obtida a titulación básicaou a especialidade correspondente.

FORMACIÓN CON METODOLOXÍAS PEDAGÓXICAS INNOVADORAS

Desde a Fegas traballamos para poder poñer á disposi-ción dos profesionais metodoloxías didácticas innova-doras como a teleformación, a simulación virtual, e asimulación robótica, entre outras.

TELEFORMACIÓN. Aula virtual da Escola: e-aula virtual

Como ben sabemos, a sociedade das tecnoloxías dainformación e comunicación trouxo consigo un grancambio, ao que non é allea a formación, todo o contra-rio, esta encontra nelas un contorno en que se podenpoñer en marcha formas e estratexias diferentes ás quese viñan usando tradicionalmente no ambiente académi-co e, máis concretamente, na formación continuada e decapacitación dos profesionais.

O feito de facer desaparecer as barreiras temporais eespaciais inherentes á formación presencial permiteunha maior flexibilidade e adaptación ás necesidadesdos destinatarios e, consecuentemente, un maior acce-so dos profesionais á actividade formativa.

Desde a Escola, en resposta ás novas expectativas, que-rémonos sumar a eses cambios impulsando o desenvol-vemento dunha oferta de teleformación de calidade cunprograma que abarca distintas áreas de coñecemento.

ovadoras Formación de capacitación Formación continuada Formación con metodoloxías pedagóxicas innovadoras

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 11

Page 12: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

12 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

"LEARNING COFFEE"

Desde a escola, estamos traballando nun novidoso pro-xecto no campo da información e da formación denomi-nado "learning coffee". Esta nova metodoloxía formativa,na modalidade de formación multimedia, accesible a tra-vés da aula virtual e descargable en mp3, pretende a tra-vés de pequenas pílulas de 30-45 minutos (que inclúendocumentación, vídeos multimedia, entrevistas, glosa-rio...) difundir formación e información en determinadasmaterias. O obxectivo principal desta nova estratexia édeseñar plans integrais de formación en distintas liñasestratéxicas, que nos permitan formar/informar a un maiornúmero de profesionais en distintos ámbitos profesionais.

Este ano 2009, iniciamos o proxecto con unidades de"learning coffe" na liña estratéxica de Prevención de Ris-cos Laborais, por ser unha das máis demandadas daEscola.

AULA DE SIMULACIÓN MÉDICA AVANZADA

A innovación metodolóxica máis importante que a Fegasvai implantar este ano 2009 é a simulación robótica,implementada a través da Aula de simulación médicaavanzada.

Esta formación está considerada como a máis idóneapara a adquisición ou perfeccionamento de distintascompetencias profesionais. Nela combínanse metodolo-xías pedagóxicas innovadoras coa máis alta tecnoloxía ea experiencia dun equipo humano constituído por profe-sionais do noso sistema sanitario amplamente recoñeci-dos dentro e fóra da nosa Comunidade Autónoma.

A educación médica baseada en simuladores ten comoprincipal obxectivo aumentar a seguridade dos pacien-tes. Esta metodoloxía emprega manequíns que reaccio-nan de forma similar ao ser humano en determinadosprocesos patolóxicos, permitindo ao participante actuaren contornas similares á realidade da súa actividadecotiá. Este adestramento en habilidades técnicas e prác-ticas permite adquirir destrezas de actuación paramanexo de distintas situacións clínicas antes de poñelasen práctica sobre pacientes reais.

Esta metodoloxía docente require unha coordinaciónimportante dos instrutores así como un manexo avanza-do do sistema informático, que permita adquirir datosclínicos de pacientes reais e incorporalos ao software desimulación, para poder construír escenarios veraces queofrezan aos alumnos unha simulación real.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 12

Page 13: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

13ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Os robots simulan os procesos fisiolóxicos de respira-ción, pulso, etc., e ata poden responder a preguntaspara determinar o seu diagnóstico mediante un sistemade son conectado ao panel de control do docente.

O deseño de escenarios é un proceso complexo xa quedeben terse en conta as modalidades terapéuticasopcionais que pode seguir cada alumno e prevelas deforma que na medida do posible o desenvolvemento doscasos sexa automático e non suxeito ás variacións inte-rindividuais entre instrutores.

A Aula de simulación médica avanzada contará condous manequíns simuladores: o simbaby e o sinman

Videoanálise ou debriefing A observación directa das manobras e técnicas desen-volvidas nas accións formativas e a análise delas a tra-vés da súa visualización posterior, permite optimizar oproceso de aprendizaxe dos alumnos grazas á observa-ción e corrección dos erros nos que incorreron na sesiónde simulación. O sistema de cámaras e micrófonos ins-talados na sala ofrece a oportunidade ao propio alumnode analizar o seu comportamento e reaccións, así comointercambiar opinións con outros profesionais asistentesá actividade de formación, en posteriores sesións deanálises.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 13

Page 14: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

14 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Actividades deapoio e difusiónUn espazo aberto de intercambio einnovación

Actividades de apoio e innovación Actividades de intercambio e colaboración Actividades de difusión Actividades d

A formación permanente e a reciclaxe profesional non sódependen de cursos e seminarios. Un labor formativocompleto e competente necesita, ademais, dun espazoaberto de intercambio de información e transferencia decoñecementos profesionais, que garanta a transmisióneficiente de ideas, resultados de investigación e distin-tas capacidades prácticas entre os profesionais sanita-rios, organismos de investigación, universidades e apropia sociedade.

Na Escola estamos en disposición de posibilitar unespazo que permita transferir ese coñecemento xeradoasí como recoñecer publicamente as achegas cara ámellora continua do sistema e do servizo prestado ácidadanía, dos profesionais da nosa sanidade.

Para iso poñemos á disposición dos profesionais asseguintes liñas estratéxicas de actividade:

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 14

Page 15: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

15ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

usión Actividades de apoio e innovación Actividades de intercambio e colaboración Actividades de difusión Actividades de a

ACTIVIDADES DE APOIO E INNOVACIÓNUn espazo facilitador e de recoñecemento do labor dacomunidade científica.

A Fegas conta entre os seus fins co de fomentar a for-mación e a investigación no ámbito sanitario na Comu-nidade Autónoma de Galicia.

Neste contexto nacen os tres programas que a conti-nuación indicamos.

Programa de estímulo á formación e investigación:no que se establecen os premios e bolsas FEGAS, querecoñecen a realización de actividades innovadoras noámbito da formación continúa, premian a publicación enrevistas científicas de resultados de traballos de investi-gación feitos en Galicia no campo da saúde e apoianaquelas actividades de participación en congresos, xor-nadas e reunións de carácter científico, nacionais einternacionais.

Premios Fegas: convócanse dúas modalidades depremios en distintas categorías para un total de 10premios.

Premios FEGAS a actividades formativas. Coneles quérese recoñecer e premiar a realización deactividades executadas no campo da formacióncontinua no ámbito da Comunidade Autónoma deGalicia. Convócanse tres premios dotados cunha contía eco-nómica de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, á que sesuma a posibilidade de inclusión da actividade pre-miada dentro da oferta formativa da FEGAS. Estesgalardóns están destinados a profesionais ou agru-pacións de profesionais dos centros sanitarios públi-cos de Galicia, de centros educativos financiadoscon fondos públicos, organizacións non goberna-mentais e asociacións sen ánimo de lucro.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 15

Page 16: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

16 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Premios FEGAS a publicacións científicas. Coneles quérese recoñecer e premiar o labor investiga-dor de todos e todas as profesionais que contribúena xerar achegas de relevancia en Galicia en materiasanitaria. Convócanse cinco premios nas modalidades desaúde pública, asistencia sanitaria, xestión e servizosxerais e teses de doutoramento. Pode presentar asúa candidatura aos distintos premios calquera pro-fesional da Consellaría de Sanidade ou entidadesadscritas a esta, do Servizo Galego de Saúde, ouprofesionais que desenvolvan o seu traballo nas uni-versidades galegas, en centros asociados ou en cal-quera outro organismo de investigación da nosaComunidade. A contía destinada a cada un dos pre-mios a artigos publicados é de 2.000 euros e o pre-mio á tese de doutoramento está dotado cunha con-tía económica de 3.000 euros.

Bolsas Fegas para a participación en reunións cien-tíficas: consistentes en axudas destinadas a sufragarparte dos gastos ocasionados pola participación encongresos, xornadas e reunións de carácter científi-co, nacionais e internacionais, en que se presentenresultados de estudos, e de acordo coas seguintesbases:Poden solicitalas profesionais que traballen na Con-sellería de Sanidade, e no Servizo Galego de Saúde,que realicen actividade investigadora activa nesta.

Estas axudas serán incompatibles con calqueraaxuda para o mesmo fin.

As contías establécense segundo o lugar de cele-bración do congreso e son as seguintes:

Península: ata 400 euros

Canarias e Baleares: ata 500 euros

Resto de Europa (máis de 1.000 km) e norte deÁfrica: ata 600 euros

Outros continentes: ata 800 euros

Cada investigador ou docente poderá solicitarunha única axuda na presente convocatoria.

No caso de comunicacións con varios autores,só poderá solicitar a axuda completa na presen-te convocatoria un deles.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 16

Page 17: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

17ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Programa de estímulo á produción científica: esta-blecido co fin de ofrecer un espazo público de colabo-ración e diálogo, ademais dunha oportunidade para adifusión rápida dos últimos avances en diferentes áreasda sanidade.

Para fomentar a produción científica de calidade resultamoi útil a existencia dun espazo de intercambio no calos membros da comunidade poidan discutir os últimosavances, propoñer ideas e comentarios ou obter axudapara avanzar nas súas investigacións.

A publicación de documentos de traballo adoita ser unmétodo eficaz para estes propósitos ao permitir unharápida circulación dos estudos e obter retroalimentaciónnun ámbito máis amplo que o do propio grupo de traba-llo ou a institución á que se pertence. Ademais, ao con-tribuír a incrementar a calidade dos estudos é un meca-nismo facilitador para a súa posterior publicación enrevistas científicas especializadas.

Estas consideracións constitúen a motivación principalpola cal a Escola Galega de Administración Sanitariadecidiu promover a edición da serie “Xestión e Admi-nistración Sanitaria” dos seus Documentos de Traba-llo, que leva parello un sistema de incentivos económi-cos para os autores dos documentos publicados. Asímesmo, os mellores traballos publicados que posterior-mente sexan aceptados en revistas científicas de pres-tixio, recibirán un accésit.

Na serie “Xestión e Administración Sanitaria” publícan-se traballos orixinais e inéditos, de interese no ámbitoda xestión e administración sanitaria. Considéranse conparticular interese resultados preliminares e todos aque-les traballos que pretendan fomentar o diálogo entreinvestigadores. Con respecto ao idioma, publicaranseindistintamente traballos en galego, castelán ou inglés,posto que a serie está aberta a contribucións de inves-tigadores en ámbito nacional e pretende favorecer a dis-cusión e posterior publicación en revistas científicasinternacionais. Os Documentos de Traballo publícanseunicamente en formato electrónico e están dispoñiblesa través do portal Web da Escola.

Para garantir a súa calidade, os estudos serán someti-dos a un primeiro proceso de avaliación na Escola paracomprobar a afinidade da temática tratada cos obxecti-vos da serie. A continuación, serán avaliados por unrevisor externo de recoñecido prestixio para contrastaro seu nivel técnico; como é habitual neste tipo de publi-

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 17

Page 18: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

18 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

cacións, garantirase o anonimato durante todo o proce-so de revisión. O grupo de revisores está formado porprofesionais, profesores e expertos na área de adminis-tración e xestión sanitaria a nivel nacional que aceptaroncolaborar no proxecto editorial.

Os investigadores interesados poden enviar un máximode dous traballos cada ano para a súa consideracióncomo posible publicación. As propostas de traballopódense enviar por correo electrónico ao enderezo:[email protected].

Incentivos á publicación

Os autores dos traballos publicados na serie “Xestión eAdministración Sanitaria” recibirán unha compensacióneconómica de 200 euros, independentemente do núme-ro de autores.

Ademais, no primeiro trimestre de cada ano os tresmellores traballos da serie posteriormente aceptados enrevistas científicas de prestixio durante o ano anteriorrecibirán un accésit de 1500 euros.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 18

Page 19: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

19ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACTIVIDADES DE INTERCAMBIO E COLABORACIÓNÁgora de sanidade

De todos é sabido que a Fegas está a colaborar con dis-tintas institucións de ámbito autonómico, estatal e inter-nacional, para favorecer o enriquecemento e a discusióncientífica entre os profesionais da nosa sanidade.

Con elas queremos contribuír á construción dun espazode colaboración e transferencia de coñecemento, unhaágora sanitaria na que os distintos profesionais poidanintercambiar ideas e experiencias innovadoras que con-tribúan á mellora da nosa sanidade e polo tanto á mello-ra da saúde dos nosos cidadáns.

Para facer realidade esta ágora, a Escola está a deseñardistintos espazos de colaboración e discusión, comopor exemplo:

Foros de debate por un mundo máis saudable

A Escola Galega de Administración Sanitaria, en colabo-ración coa Fundación Pfizer, organiza desde o ano 2007unha serie de encontros denominados “Foros de debatepor un mundo máis saudable”.

Estes foros teñen como obxectivo reunir personalidadesde distintos ámbitos para crear un espazo de debate ereflexión sobre aspectos de interese no ámbito sanitarioe ofrecer unha tribuna aberta de intervención cunhaperspectiva multidisciplinar.

Ao longo destes anos desenvolvéronse os seguintes:

“Retos do século XXI: sostibilidade dos sistemassanitarios e sociais”

“Presente y futuro de la investigación sanitaria enEspaña”

“Actividades de risco sanitario e social nos mozos”

“Putting health at the centre of policy making: expe-rience in environment and health in Europe”.

“Comunicación e saúde”

“Da práctica diaria á academia, ida e volta”

“Uso racional de medicamentos e produtos sanitarios”

“Mobilidade de pacientes e carteira de servizos sani-tarios”

“Hábitos de vida e riscos sanitarios: tabaco e saúde”

“I+D+i en saúde e fundamentos éticos”

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 19

Page 20: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

20 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Seminarios de “Experiencias en xestión sanitaria”

Dirixidos a afondar e avanzar no desenvolvemento deexperiencias en distintos temas de xestión sanitaria.

Entre os distintos temas tratados compre destacar osseguintes:

“Experiencias en gestión sanitaria: Accesibilidad yesperas en los sistemas públicos de salud”, no quese abordou o complexo problema da relación entreoferta e demanda nos sistemas públicos de saúde,para tratar de incorporar e enriquecer o coñecemen-to neste ámbito a través de achegas incorporadasdende o mundo académico, dende as experienciasinternacionais, dende o debate de xestión e prioriza-ción dentro do SNS español, e dende a perspectivapolítica e asociativa.

“Experiencias en gestión sanitaria: Historia clínicaelectrónica oportunidades y riesgos”, O obxectodeste seminario é identificar os principais conflitosrelativos á información e a confidencialidade paraintentar ofrecer ao profesional criterios para o seumellor manexo. Neste sentido, realizáronse achegasintentando contextualizar a realidade das tecnoloxíasda información coa realidade da práctica clínica.

Reunións científicas. Desenvolvidas en colaboracióncon universidades, sociedades científicas e asociaciónsde pacientes.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 20

Page 21: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

21ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Programa de participación e colaboración

A través del promóvense e/ou coordínanse proxectos decolaboración, tanto formativos como de difusión docoñecemento, con institucións públicas e privadas noámbito autonómico, nacional e internacional, fundamen-talmente nos campos da Saúde Pública e a Administra-ción Sanitaria.

Ao longo dos distintos anos docentes realizáronse dis-tintos tipos de colaboracións como a continuación serelatan:

Colaboración co Instituto de Salud Carlos III e distin-tas escolas de saúde a nivel do estatal e autonómico(a Escuela Andaluza de Salud Pública, por exemplo).

Colaboración coa Escola Galega de AdministraciónPública (EGAP).

Colaboración co Centro Cochrane Iberoamericano.

Colaboración coa Escuela para las administracionespúblicas de Caixanova.

Colaboración con numerosas sociedades científicasdo ámbito das ciencias da saúde.

Moi diversas institucións nacionais e internacionaisdo ámbito sanitario.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 21

Page 22: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

22 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN Un espazo de intercambio ao servizo dos profesionais

Con elas preténdese recoller o coñecemento e experien-cia existentes no ámbito das ciencias da saúde e trans-formalos nun activo intelectual dispoñible ao trasladar asoportes físicos ou electrónicos aqueles contidos deinterese para os profesionais dos distintos ámbitos esectores da sanidade.

Plan editorial da EscolaNo novo marco conceptual no que nos estamos a moverna Escola, no que a difusión do coñecemento xerado éunha peza estratéxica clave para o proceso de aprender,consideramos fundamental o establecemento dunha liñaeditorial propia que leve á edición, produción e difusiónde estudos e traballos de carácter científico, documen-tación docente e, en xeral, de toda clase de publicaciónsrelacionadas co ámbito sanitario, poñéndoa á disposi-ción dos profesionais do noso sistema sanitario.

Así, establécese a Liña Editorial da Fegas, composta pordistintas series temáticas e definida baixo os criteriosestablecidos para as publicacións editadas pola Conse-llaría de Sanidade.

Esta liña editorial responde tamén o principio de accesi-bilidade, polo que queremos invitarvos a participar dunxeito activo presentándonos para a súa edición manus-critos de traballos e investigacións que estimedes opor-tuno dar a coñecer a comunidade científica

¿Que ofrecemos aos autores?

Na Fegas ofrecemos diferentes servizos aos autorespara que poidan publicar os seus libros (con ISBN edepósito legal) proporcionando así a oportunidade dedar a coñecer obras de interese para a sanidade quedoutro modo non terían difusión, entre outros destaca-mos:

Deseño e maquetación do libro.

Xestión das tarefas legais, como son a tramitación doISBN, depósito legal, coas facilidades que a axudadunha institución como a FEGAS supón para o autor.

Fixamos o número de exemplares da edición en rela-ción co interese do tema a tratar.

Presentación do libro na biblioteca da FEGAS conacceso a texto completo ou a resumo segundo oscriterios establecidos para cada publicación.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 22

Page 23: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

23ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Coleccións da Escola

Colección Análise/Estudos: recolle as series temá-ticas de monografías, estudos e informes, documen-tos técnicos, libros de relatorios, etc.

_Monografías: as monografías da Escola tratantemas de vangarda expostos por expertos profesio-nais dende a multidisciplinariedade, a participación ea libre expresión, co fin de contribuír ao labor detransferencia do coñecemento en materia de saúde.O feito de que o libro a publicar sexa un traballo cien-tífico ou divulgativo influirá na súa presentación,ferramentas de acceso á formación (bibliografías,palabras clave etc), e prioridade de publicación.

_Libros relatorios: nos que se recollen os relatoriospresentados en distintos congresos, seminarios exornadas

_Cadernos de estudos de saúde: nos que se recollenos traballos máis destacados presentados polosalumnos dos másters e diplomas impartidos por estaEscola e contribuír desa forma a facilitar a súa publi-cación e difusión no ámbito científico.

Colección Guías de actividade: recolle as seriestemáticas de guías, manuais, materiais de formación

Colección Memorias

Colección Comunicación/mensaxes: recolle asseries temáticas de información divulgativa.

Publicacións periódicas:

_Boletín de actualidade: Publicación electrónica, edi-tada pola Fegas cunha periodicidade bimensual edistribución gratuíta, que informa das actividadesorganizados pola Escola e outros organismos e aso-ciacións e relacionadas coa formación e a actualiza-ción do coñecemento no ámbito das ciencias dasaúde.Para facilitar o rápido acceso a esa información, estádotado dunha sinxela estrutura de seccións informa-tivas, cun deseño que pensamos que favorece a cre-ación dun ámbito visual amigable que invita á súalectura. As devanditas seccións tratan temas deactualidade, novidade, axenda, recensións de publi-cacións e incorporan ligazóns de interese para osdistintos grupos profesionais.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 23

Page 24: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

24 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Nos dous últimos anos leváronse á edición, produción epublicación os produtos editoriais –en papel, dixitais eelectrónicos–, enumerados a continuación e dispoñiblesa texto completo na páxina web da escola

_ Guía de actividade docente 2008. Escola Galega deAdministración Sanitaria. Publicación que recolle aactividade docente a desenvolver pola Escola Gale-ga de Administración Sanitaria (FEGAS) durante oano 2008. Dispoñible a texto completo na páxinaweb da escola.

_ Memoria 2006 Fundación Escola Galega de Adminis-tración Sanitaria (FEGAS). Resumo da actividade daEscola Galega de Administración Sanitaria ao longodo ano 2006. Dispoñible a texto completo na páxinaweb da escola.

_ Seminario “Accesibilidad y esperas en los sistemaspúblicos de salud”. Experiencias en gestión sanitaria.Libro de relatorios dos seminarios FEGAS “Experien-cias en Gestión Sanitaria”. Dispoñible a texto com-pleto na páxina web da escola.

_ Seminario “Historia clínica electrónica, confidenciali-dad y protección de la información”. Experiencias enGestión Sanitaria. Libro de relatorios pertencente aosSeminarios FEGAS “Experiencias en Gestión Sanita-ria. Dispoñible a texto completo na páxina web daescola.

_ Atención sanitaria y nuevas necesidades poblaciona-les: inmigración y demanda. Monografía que analizaas distintas prioridades que en materia de saúde tena poboación inmigrante, e as respostas que o nososistema sanitario ten que lles dar.

Os interesados en enviar os seus manuscritos á editorialpara a súa edición ou adquirir os libros impresos enpapel poden enviar unha mensaxe ao seguinte enderezoelectrónico: [email protected]

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 24

Page 25: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

25ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Biblioteca virtualUnha ferramenta ao servizo dos profesionais

É para nós un pracer comunicarvos o inicio do funciona-mento da Biblioteca Virtual da Escola Galega de Admi-nistración Sanitaria no marco da biblioteca virtual daConsellería de Sanidade. Con ela pretendemos dar con-tinuidade aos cambios que estamos a experimentarnesta institución, encamiñados todos eles a conseguir asúa modernidade e aposta de futuro.

Nela acóllese a documentación producida pola Escolaen cada unha das súas actividades deste ano 2009 pre-sentando a información dun xeito estruturado e accesi-ble que faga posible recuperala en calquera momento edende calquera lugar polos distintos profesionais dasanidade.

Entendemos que unha institución destinada á formacióndebe poder prestar un servizo integral aos seus usua-rios. Ese servizo pasa, sen ningunha dúbida, por facilitaro acceso máis amplo e rápido á información e documen-tación requirida para abordar os distintos temas nos quese traballe.

Na actualidade a Escola desenvolve un gran volume deactividade formativa en distintas modalidades. En moi-tas desas actividades contamos coa participación deprofesionais de recoñecido prestixio a gran maioría danosa sanidade, que achegan un valioso coñecementoque se perde e non xera valor engadido ao non quedarrecollido de forma documental dun xeito accesible paratodos os profesionais interesados nela. De todos é sabi-do que a visibilidade da ciencia é fundamental para a súadifusión. A opacidade do saber científico xerado polosnosos profesionais, en calquera dos seus ámbitos, é unluxo que como institución dedicada á xestión do coñe-cemento non nos podemos permitir.

A elección do formato virtual con documentos dixitaliza-dos vén dado polo feito de que son moitos os colectivosdedicados á formación que loitan por conseguir a dixita-lización de distintos contidos docentes e investigadorespara poder universalizar o coñecemento. Nese contexto,as bibliotecas dixitais perfílanse como novas ferramen-tas para conseguir esta universalización.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 25

Page 26: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

26 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Esta biblioteca recolle coleccións organizadas de conti-dos (de formatos tan variados como documentos de tex-tos, PDF, vídeos, etc...) previamente dixitalizados e pos-tos á disposición dos usuarios para:

- Servir de documentos útiles que permitan aos profe-sionais sanitarios o seu desenvolvemento profesional.

- Controlar de xeito efectivo a documentación produci-da na Escola e mantela á disposición da Institución e osprofesionais.

- Dotar a escola dun sistema estandarizado e recoñeci-do internacionalmente de almacenamento e difusión dainformación, que posibilite compartir recursos en cola-boración con outras bibliotecas de ciencias da saúde.

Como importante complemento a esta fonte de informa-ción propia, a biblioteca poderá dotarse doutro tipo derecursos, de indubidable interese para a consulta e des-envolvemento profesional dos seus usuarios, dispoñi-bles en distintos ámbitos, aglutinados nun importantedirectorio Web transformando, deste xeito, a informacióndispersa nun activo intelectual que preste beneficios eque se poida compartir.

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 26

Page 27: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

www.fegas.es

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 27

Page 28: FolletoGuia2009 08Def.qxd:Maquetación 1...FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 4 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA 5 Todo isto, sustentado nuns

FolletoGuia2009_08Def.qxd:Maquetación 1 23/1/09 08:22 Página 28